Page 1

MEMORIA PROVINCIAL

2016 OURENSE


Foto de familia do 8 de maio, Día Mundial da Cruz Vermella. Persoal técnico e voluntario da Asemblea de Ourense celebrou o XX aniversario da inauguración da actual sede en Díaz de la Banda. Ata ese momento desenvolvera o seu labor na planta baixa da Deputación Provincial, onde se constituíra en 1893.


1. Saúdo do Presidente . . . . . . . . . . . 5 2. Resumo de actividade . . . . . . . . . . 6 3. Voluntariado e Formación 3.1. Voluntariado . . . . . . . . . . . . . . 8 3.2. Formación . . . . . . . . . . . . . . 10 4. Programas e actividades 4.1. Extrema vulnerabilidade . . . . . . 12 4.2. Emprego . . . . . . . . . . . . . . . 16 4.3. Persoas Maiores . . . . . . . . . . . 20 4.4. Infancia en dificultade social . . . . 24 4.5. Persoas con capacidades diferentes . . . . . . . . . . 26 4.6. Traballos en Beneficio da Comunidade . . . . . . . . . . . . . . 28 4.7. Saúde e Socorros . . . . . . . . . 29 4.8. Cruz Vermella Xuventude . . . . . . 34 4.9. Medio Ambiente . . . . . . . . . . . 38 4.10. Cooperación Internacional . . . . . 40 5. Xestión económica 5.1. Fontes de financiamento . . . . . . 42 5.2. Destino dos fondos . . . . . . . . . 45 5.3. Agradecementos . . . . . . . . . . 47 6. Comité Provincial . . . . . . . . . . . . . 48 7. Principios Fundamentais . . . . . . . . 49


4


1

Saúdo do Presidente

MEMORIA 2016 ourense

O tempo pasa moi rápido, e unha vez máis convidámosvos a coñecer o labor social desenvolvido o pasado ano por Cruz Vermella na provincia de Ourense. Nunha sociedade na que estamos saturados de datos, pero que ao mesmo tempo reivindica transparencia a todas as organizacións, tentamos amosar as nosas actividades dende a cercanía, sabendo que estamos a falar de persoas, de vidas coa súa propia historia na que as acompañamos nun treito do seu camiño. Para as persoas coas que traballamos, para as que nos necesitan hoxe e as que o farán no futuro, a Cruz Vermella sempre terá as portas abertas. Felipe Ferreiro Feijóo Presidente Provincial de Cruz Vermella en Ourense

5


2

Resumo de actividade

Misión Estar cada vez máis preto das persoas vulnerables nos ámbitos nacional e internacional, a través de accións integradas, realizadas por voluntariado e cunha ampla participación social e presenza territorial.

6

resumen de actividade

Visión Cruz Vermella Española, como organización humanitaria e voluntaria arraigada na sociedade, dará respostas integrais ás persoas vulnerables, dende unha perspectiva de desenvolvemento humano e comunitario, reforzando as súas capacidades individuais no seu contexto social.


MEMORIA 2016 ourense

4.525 PERSOAS VOLUNTARIAS 9.173 SOCIOS /AS

22.492 6.409

INTERVENCIÓN SOCIAL

SAÚDE E SOCORROS

12.988 CRUZ VERMELLA XUVENTUDE

1.214 EMPREGO

1.223 MEDIO AMBIENTE

499

3.273

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

FORMACIÓN

Contamos con 48.098 participantes nos nosos programas. Moitas das persoas atendidas precisaron axuda dende distintos proxectos para cubrir as súas necesidades, recibindo unha atención integral, de forma individual ou en grupo.

TOTAL

48.098 PARTICIPANTES

7


3

Voluntariado e Formación 3.1 Voluntariado

XIX Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia, celebrado no Ribeiro.

O Voluntariado é o corazón da nosa Institución, e o seu labor a tradución do seu compromiso cos problemas e dificultades da nosa sociedade. No 2016, sumáronse 352 persoas aos diferentes proxectos que a Institución desenvolve na provincia de Ourense.

8

v o l u n ta r i a d o e f o r m a c i ó n

En total, contouse coa colaboración puntual de 4.525 persoas, das que 1.248 participaron habitualmente nas actividades de Cruz Vermella.


MEMORIA 2016 ourense

Voluntariado e persoal técnico visitando as antigas instalacións de Cruz Vermella no Pazo Provincial, acompañados do Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar Blanco.

Humanidade Imparcialidade Neutralidade Independencia Voluntariado Unidade Universalidade 9


3.2 Formación FORMACIÓN PARA VOLUNTARIADO E PERSOAL TÉCNICO

86 924

FORMACIÓN PARA A POBOACIÓN XERAL

61 801

Curso de instalación de sistemas de teleasistencia domiciliaria.

10

Co Plan de Formación que desenvolvemos durante o 2016 tentamos incidir na capacitación de diferentes grupos de persoas: voluntariado e persoal laboral, para garantir os procesos de calidade dos seus resultados e a conquista dos seus obxectivos; persoas vulnerables, porque precisan fortalecerse e incrementar a súa capacidade de afrontar con garantías de éxito a súa situación; e o conxunto da sociedade porque aspira a ser mellor, máis xusta e equitativa, solidaria e integradora.

v o l u n ta r i a d o e f o r m a c i ó n

CURSOS ALUMNADO

TOTAL

147 1.725


MEMORIA 2016 ourense

Alumnado do C.I.F.P. Portovello nunha charla sobre a actividade de Cruz Vermella.

Rosendo Fernández, Vicepresidente da Deputación Provincial e membro do Comité Provincial de Cruz Vermella, realizando unha demostración da reanimación cardiopulmonar.

11


4

Proxectos e Actividades 4.1 Extrema vulnerabilidade ou risco social

Obradoiro sobre “Educación en Igualdade e Vínculos Afectivos” para mulleres con fillos/as ao seu cargo.

O perfil de persoas que acoden a Cruz Vermella en busca dunha axuda para solventar as súas problemáticas é moi diverso. Non vai ligado á orixe, idade, ou crenza relixiosa, senón que é consecuencia dunha situación continuada de alta precariedade, que incide especialmente en colectivos moi vulnerables. A característica común dos/as beneficiarios/ as destes proxectos é a falta de recursos para a cobertura das necesidades básicas, tales como a vivenda, os recibos básicos, a alimentación, a medicación, etc. Neste senso, o desemprego é un factor determinante,

12

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

aínda que non o único, xa que hai casos de persoas que pese a estar traballando, e polo tanto ter ingresos, continúan precisando axuda porque os ingresos son mínimos ou temporais, non permitindo abandoar a situación de pobreza. Moitas persoas teñen afectada a súa esfera emocional: situacións de estrés, ansiedade, preocupación e expectativas negativas, baixa autoestima, sentimento de culpabilidade, bloqueo na toma de decisións, con poucas oportunidades de ocio, nula participación na sociedade e escasas habilidades persoais.


MEMORIA 2016 ourense

Perfil das persoas atendidas: muller de nacionalidade española de entre 30 e 39 anos.

Charla da Unidade de Familia da Policía Nacional sobre prevención de violencia de xénero.

2.626 persoas recibiron prestacións, apoio psicosocial de forma individual ou grupal e formación en obradoiros sobre aforro doméstico, consumo responsable ou autoconfianza. O 68% das persoas atendidas nesta área son de nacionalidade española. 34 mulleres formaron parte do programa de Atención e Protección ás vítimas de violencia de xénero (ATENPRO). Dende o proxecto Sen teito ou Atención a Persoas sen fogar atendéronse a 299 persoas sen fogar, transeúntes ou en situación de grave risco de exclusión social. A Unidade de Emerxencia Social fixo de xeito periódico 89 saídas diúrnas e nocturnas, nas que

se realizaron 579 atencións a persoas que precisaban bebidas quentes, mantas, sacos de durmir, luvas, etc.

No 2016, na Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Valdeorras acollemos a 10 persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo, no marco do proxecto de protección internacional que desenvolvemos en coordinación co Ministerio de Emprego e Seguridade Social dende o mes de agosto.

13


3

Proxectos e Actividades 4.1 Voluntariado

2016 SEGUNDA FASE

144.273,888 kg 76

Entidades

4.940

Persoas beneficiarias na provincia

2015 TERCEIRA FASE

97.115,20 kg 81

Entidades

5.039

2016 PRIMEIRA FASE

82.138,856 kg 77

Entidades

4.996

Persoas beneficiarias na provincia

Cruz Vermella distribuíu os alimentos do Programa 2016 de Axuda Alimentaria (FEAD) entre máis de 80 entidades colaboradoras e directamente a 504 beneficiarios/as dos programas da Institución. 14

Charla sobre migracións e asilo para Cruz Vermella Xuventude.

Persoas beneficiarias na provincia

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS SEN FOGAR (UES)

ATENCIÓN URXENTE A NECESIDADES BÁSICAS

PRESTACIÓNS DO CHAMAMENTO

4.021

5.042

6.322

299

1.385

958


MEMORIA 2016 ourense

Sesión grupal do proxecto “Benestar persoal e activación social”.

APOIO NA PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN ESCOLAR EN TEMPOS DE CRISE

PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN RESIDENCIAL

BENESTAR PERSOAL E ACTIVACIÓN SOCIAL

INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES

SOLICITANTES DE ASILO E PERSOAS REFUXIADAS

ACOLLIDA, ATENCIÓN E ASESORAMENTO A MULLERES EN SITUACIÓN DE PRECARIEDADE

ATENPRO

535

600

1.644

5.127

438

790

360

386

149

117

286

10

126

34 15


4.2 Plan de Emprego

60+40z

60 %

NACIONALIDADE ESPAÑOLA

65+35z

30 %

NACIONALIDADE ESTRANXEIRA

Sinatura dun convenio de colaboración co Director Xeral de Coren, Emilio Rial.

Dende os proxectos desta área traballamos para potenciar a empregabilidade de persoas en situación de desvantaxe á hora de acceder ao mercado laboral, ampliando e reforzando as súas propias habilidades e capacidades. Ademais contamos coa complicidade do tecido empresarial ourensán en prol da igualdade, camiñando xuntos para acabar cos estereotipos, prexuízos e prácticas discriminatorias no ámbito laboral. Para conseguilo realizamos diferentes tipos de colaboracións: prácticas non laborais, participación en sesións de orientación, tramitación de ofertas de emprego, definición dos perfís profesionais en termos competenciais, etc.

16

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

64,4 % MULLERES

35,6 % HOMES

TOTAL

1.214


MEMORIA 2016 ourense

Curso de mozo/a de almacén no sector vitivinícola no Ribeiro.

Moito máis que un traballo: achegamos oportunidades laborais a 1.214 persoas, melloramos a calidade de vida a través da inserción laboral de 253 persoas, e traballamos con 201 empresas en materia de responsabilidade social e igualdade de oportunidades.

17


Acto de recoñecemento ás empresas colaboradoras do Plan de Emprego no marco do proxecto Alianzas.

ITINERARIOS INTEGRAIS PARA PERSOAS DE DIFÍCIL INSERCIÓN

ITINERARIOS INTEGRAIS INTENSIFICADOS PARA PERSONAS DE MOI BAIXA EMPREGABILIDADE

ITINERARIOS INTEGRAIS DE ACCESO AO EMPREGO: PRIMEIRAS OPORTUNIDADES LABORAIS CON MOZOS/AS

ITINERARIOS LABORAIS A TRAVÉS DA R.S.C. INCORPORA

MOTIVACIÓN, ACTIVACIÓN E ACOMPAÑAMENTO CARA O EMPREGO: OBRADOIROS DE MELLORA DA EMPREGABILIDADE PARA MULLERES

MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: APRENDER TRABALLANDO PARA MOZOS/AS DE GARANTÍA XUVENIL

PROXECTO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPREGO DE MULLERES INMIGRANTES: SARA

14.802

6.971

8.476

6.367

719

6.288

6.636

208

78

74

93

16

20

63

18


MEMORIA 2016 ourense

Alumnado do proxecto Aprender Traballando coñecendo o sistema loxístico do Grupo Cuevas

Xincana “Acada a túa cima” para alumnado do proxecto Pulsa Emprego.

MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: FORMACIÓN PARA O EMPREGO CON MOZOS/AS DE GARANTÍA XUVENIL

MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: ACTIVACIÓN, ORIENTACIÓN E ACOMPAÑAMENTO SOCIOLABORAL MOZOS/ AS DE GARANTÍA XUVENIL. PULSA EMPREGO

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O ACCESO AO EMPREGO: EMPREGA REDES

INFORMACIÓN LABORAL

ESPAZOS DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (EBAE)

MERCADOS INCLUSIVOS PARA A INSERCIÓN LABORAL: RETO SOCIAL EMPRESARIAL EN MATERIA DE INSERCIÓN: ALIANZAS

2.826

4.261

3.778

8.445

2.813

1.501

21

40

61

426

181

201 19


4.3 Persoas Maiores

F + 19 81 +65 ANOS

81,8 % MULLERES

TOTAL PERSOAS MAIORES ATENDIDAS

3.970 Obradoiro de memoria en Maceda.

Ourense é unha das provincias españolas co índice máis alto de envellecemento: o 28.4% da poboación é maior de 65 anos, polo que os proxectos do noso Programa de Persoas Maiores son especialmente importantes. No 2016 atendemos a 3.970 persoas maiores entre os distintos proxectos, ampliando a cobertura dos nosos servizos ás zonas rurais máis despoboadas. Con actividades complementarias como xerontoximnasia, informática, pintura, estimulación específica para a prevención e atención do deterioro cognitivo, ata clases de zumba

20

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

ou relaxación, fomentamos un envellecemento activo que permita evitar illamentos innecesarios, mellorando así as súas relacións sociais e calidade de vida. Ademais, mediante a metodoloxía de Proximidade Local, as nosas chamadas achegáronlle ás persoas maiores información de interese de carácter preventivo e socio-sanitario, como as campañas “Vaga de Frío/ Calor”, ou a campaña de apoio á vacinación da gripe.


MEMORIA 2016 ourense

Ensaio do grupo de teatro de Maiores na Gudiña.

Excursión ao Balneario de Laias.

21


Curso para maiores sobre redes sociais e novas tecnoloxías na Rúa (Valdeorras), co apoio da Fundación Vodafone.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

22

Visita dun voluntario da Asemblea de Celanova a un usuario de teleasistencia en Lobios.

APOIO TEMPORAL A FAMILIAS CON PERSOAS MAIORES AO SEU CARGO

CENTRO DE DÍA

AXUDA A DOMICILIO COMPLEMENTARIA

PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO SAUDABLE: SAÚDE CONSTANTE

2.021

20.439

7.941

8.138

161

46

1.158

509


MEMORIA 2016 ourense

Terapia con animais no Centro de Día coa colaboración de Contacto.

REDE SOCIAL PARA PERSOAS MAIORES: ENRÉDATE

ATENCIÓN A PERSOAS CON FUNCIÓNS COGNITIVAS DETERIORADAS

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

8.935

9.280

6.098

771

362

963

Actividade interxeracional na Semana das Persoas Maiores.

23


4.4 Infancia en dificultade social

Sesión formativa das familias da rede de Acollemento.

A infancia é unha prioridade para nós: dende distintos proxectos ofrecemos alternativas e fórmulas de convivencia que propician un clima de maior estabilidade, socialización e normalización aos nenos/as en situacións de vulnerabilidade ou pobreza. Dende o programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, que xestiona Cruz Vermella, atopouse un fogar temporal para 31 menores que por diferentes motivos non podían vivir coa súa familia biolóxica. No Centro de Día de Menores de Verín, 16 nenos e nenas de entre 3 e 17 anos recibiron todas as atencións e coidados diarios

24

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

que necesitaban: manutención, vestiario, material escolar, traslados ao centro educativo, actividades lúdicas, apoio escolar e familiar. A través da xestión do proxecto Familias Monoparentais do Concello de Ourense, 29 menores recibiron atención no seu domicilio e/ou na ludoteca, para facilitar a vida laboral e familiar das súas nais. Demos ás mulleres un respaldo que foi máis aló do mero coidado dos seus nenos/as, o que favoreceu unha relación cálida e de confianza na que compartimos pautas educativas e ofrecemos apoio individualizado.


MEMORIA 2016 ourense

Convivencia en Puebla de Sanabria.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

Obradoiro con motivo do Día dos Dereitos da Infancia, no CC Ponte Vella.

ATENCIÓN FAMILIAS MONOPARENTAIS CON FILLOS/ AS MENORES A CARGO

ACOLLEMENTO FAMILIAR

CENTRO DE DIA DE MENORES DE VERÍN

956

2.228

648

29

197

16 25


F 17 + 83

4.5 Persoas con capacidades diferentes

MULLERES PARTICIPANTES NOS PROXECTOS

Dende Cruz Vermella axudamos a promover, manter ou restablecer a autonomía e independencia das persoas que presentan limitacións funcionais. Durante o 2016, realizouse o transporte adaptado, dun xeito diario na meirande parte dos casos, de 59 persoas con mobilidade reducida a centros de rehabilitación, de estudo, de ocio ou simplemente para a realización de pequenas xestións que non poderían facer por si mesmas. Ademais, 121 persoas recibiron en préstamo andadores, muletas, cadeiras de rodas, grúas, camas articuladas, etc. No obradoiro de ocio e tempo de lecer para persoas con discapacidade intelectual de Cruz Vermella no Ribeiro, participaron 16 persoas, maioritariamente homes de entre 35 e 64 anos de idade. Quincenalmente go26

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

46+54F

83,9 %

+65 ANOS

46 % PARTICIPANTES NOS PROXECTOS

zaron de obradoiros de manualidades e de habilidades sociais, de festas tradicionais como o Entroido, e se implicaron especialmente na elaboración dos obsequios do Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia, que se celebrou en Ribadavia. No Carballiño traballamos durante todo o ano con 20 persoas, nun proxecto que contou co apoio do Fondo Social Europeo, da Asociación Aspadisi e os Servizos Sociais do Concello do Carballiño. A importancia deste proxecto radica na mellora da autoestima das persoas que atendemos, xa que viven no ámbito rural e en moitos casos non teñen finalizados os seus estudos; esta é unha fiestra que se abre para eles e elas, para relacionarse, aprender cousas novas e mesmo poder optar nun futuro a un emprego.


MEMORIA 2016 ourense

Charla sobre produtos de apoio para persoas maiores ou con limitacións funcionais.

Obradoiro e actividades de horta con persoas con diversidade funcional no Carballiño.

PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO

TRANSPORTE EN VEHÍCULOS ADAPTADOS

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

AXUDA A DOMICILIO COMPLEMENTARIA

OCIO E TEMPO DE LECER NO RIBEIRO

APOIANDO A PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES NO CARBALLIÑO

INTERVENCIÓNS

232

10.692

108

5.784

565

7.94

PERSOAS ATENDIDAS

121

59

22

76

16

20

PROXECTO

27


4.6 Traballos en Beneficio da Comunidade

A través deste proxecto facilitamos a realización de traballos en beneficio da comunidade a persoas que cumpren condena, preto do seu domicilio e mantendo o seu emprego. En total, 87 persoas beneficiáronse desta medida durante o 2016 nas asembleas de Ourense, Monterrei, O Carballiño, Valdeorras, O Ribeiro, Maceda e Viana, Conso-Frieiras. Colaboraron en distintas áreas: acompañando a persoas maiores, facilitando tarefas administrativas ou axudando na organización de actividades de infancia e xuventude. Ademais, no 2016 puxemos en marcha o Programa de intervención, sensibilización e reeducación en competencias sociais (PROBECO), no que participaron 8 homes dunha idade media de 32 anos. O proxecto é unha aposta pola reinserción, a través de sesións grupais semanais dirixidas por unha psicóloga. O traballo relacionado co control de impulsos e a aprendizaxe de estilos de vida máis normalizados posibilita a reflexión sobre os comportamentos mantidos no pasado, abrindo a porta ao cambio e a aceptación das leis e das normas de convivencia social. 28

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

52,8 % TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE * Idade media

F 47 + 53 +14F

86

<40 ANOS

87

HOMES

86%

TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE

TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE

PROBECO

4.960

33

87

8


MEMORIA 2016 ourense

4.7 Saúde e Socorros

Simulacro de emerxencias no C.I.F.P. A Carballeira.

Saúde Para mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación, promovemos hábitos e estilos de vida saudables, así como condutas e actuacións de prevención de accidentes de tráfico, domésticos e de ocio. No 2016 contamos con 1.491 participantes en charlas ou actividades de rúa, dirixidas á poboación xeral. As redes sociais convertéronse tamén nunha canle de información

directa, e as publicacións relativas a diversos aspectos da saúde tiveron un alcance de 132.359 visitas. Nas distintas intervencións en relación coa atención e prevención da transmisión de VIH traballouse con 778 persoas, que de forma individual ou grupal recibiron atención socioeducativa, información ou apoio psicolóxico.

29


No Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, 66 persoas reclusas participaron no proxecto de diminución de consumo de drogas a través de actividades educativas, deportivas e terapéuticas en grupo e de forma individual. O proxecto atendeu aos internos con perfil máis complexo debido á cronificación da súa problemática de consumo, combinada con frecuencia con patoloxías de tipo psiquiátrico. A necesidade de abordar ambas cuestións simultáneamente, para poder obter resultados positivos, fixo que a intervención requirira un maior tempo de evolución e unha maior profundidade das actuacións. O 89% das persoas atendidas foron homes, dunha idade media de 35 anos.

66

89%

PROXECTO DIMINUCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS * Idade media

30

F + 14 86

Demostración de como se realiza unha reanimación cardiopulmonar, no Paseo pola Saúde, organizado polo Concello de Ourense.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

DIMINUCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS NO C. P. PEREIRO DE AGUIAR

PREVENCIÓN DE VIH CON POBOACIÓN INMIGRANTE

FORMACIÓN E SENSIBLIZACIÓN ANTE A DISCRIMINACIÓN POR VIH

835

479

10

66

128

210


MEMORIA 2016 ourense

Obradoiro de prevención de VIH, hepatite e outras enfermidades de transmisión sexual.

Visita do Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, Eloína Núñez, Xerente do CHUO, Sofía Godoy, concelleira de Asuntos Sociais, e María Villar, Xefa Territorial da Consellería de Sanidade ao stand de Cruz Vermella no Paseo pola Saúde.

CAMPAÑA DÍA MUNDIAL RESPOSTA ANTE O VIH

PREVENCIÓN DE ACCIDENTES

ENFERMIDADES TRANSMISIBLES (RESPIRATORIAS)

PROMOCIÓN DE SAÚDE

ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS CON VIH EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

6

18

242

174

191

419

420

182

889

21 31


Socorros Un dos obxectivos principais dos servizos preventivos terrestres é prestar unha atención de urxencia a unha persoa en situación de risco vital en menos de 4 minutos. Durante o 2016 Cruz Vermella realizou 130 servizos preventivos en distintos actos na provincia de Ourense, maioritariamente de carácter deportivo e lúdico, nos que participaron 320 voluntarios/as. En total, de 318.665 persoas que participaron nestes eventos como público ou nas competicións, atendéronse a 293 persoas, das que 8 precisaron ser trasladadas a un centro sanitario en ambulancia. Voluntariado ourensá da ERIE Psicosocial participou no dispositivo posto en marcha tralo accidente de tren ocorrido no Porriño no mes de setembro, no que 4 persoas faleceron e 48 quedaron feridas. O tren facía a ruta Oporto-Vigo. Ademais, o voluntariado formouse en distintos cursos e asistiu a diversas reunións de coordinación, a nivel autonómico e nacional, cos equipos especializados no apoio psicolóxico e asistencia ás vítimas en catástrofes e accidentes, como o exercicio simulacro de emerxencias GAMMA de Sevilla. 32

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Participación no Simulacro de rescate en Manzaneda, durante o Congreso Galego de Neve e Montaña.

PROXECTO

SERVIZOS

PERSOAS ATENDIDAS

SERVIZOS PREVENTIVOS TERRESTRES

293 130


MEMORIA 2016 ourense

Actividade de difusión de primeiros auxilios na rúa do Paseo de Ourense.

Acto de entrega dunha nova ambulancia doada pola Deputación Provincial, co seu Presidente Manuel Baltar. A Deputación de Ourense investiu 56.311,38 € na adquisión desta ambulancia asistencial de tipo B de Soporte Vital Básico.

Servizo preventivo de Socorros e Emerxencias durante o Entroido de Verín.

33


4.8 Cruz Vermella Xuventude

Xogos co paracaídas no Campamento que se celebrou en Cangas no mes de agosto.

34

O proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvolveuse nas asembleas de Cruz Vermella, e o de Inclusión Social (INN) en Praza 200 e Barrocás, grazas á colaboración das asociacións de veciños dos barrios. No ámbito educativo, máis de 7.900 mozos/ as participaron nas actividades de Educación para a Saúde, Prevención de Condutas Violentas e educación non sexista, prevención da violencia de xénero, educación viaria e prevención de accidentes. As intervencións realizáronse nos centros educativos, centros comerciais ou nas rúas de distintas localidades da provincia. p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Grazas ao programa Xoguetes para educar 509 rapaces e rapazas da provincia recibiron xoguetes educativos, non bélicos e non sexistas. Nesta campaña foron especialmente importantes as achegas tanto dos particulares, como de Obra Social “la Caixa”, a Universidade de Vigo, Faurecia ou a Asociación Cultural “As Revoltosas”. No CHUO, 1.628 nenos e nenas hospitalizados compartiron con voluntariado de Cruz Vermella xogos e obradoiros para facer máis agradable o seu ingreso, en colaboración coa Obra Social “la Caixa” e o seu proxecto de Cibercaixas.


MEMORIA 2016 ourense

Voluntariado e rapaces/zas de Xuventude na Asemblea de Ourense.

35


Voluntariado da campaña Volta ao Cole Solidaria de Carrefour.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

36

Nenos e nenas de Valdeorras coñecendo o labor da Garda Civil.

EDUCACIÓN E PREVENCIÓN DO VIH-SIDA E OUTRAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS

COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA

EDUCACIÓN VIAL, PREVENCIÓN DE ACCIDENTES E PRIMEIROS AUXILIOS

5

47

68

58

43

26

210

1.787

2.233

1.698

1.366

818


MEMORIA 2016 ourense

Campamento celebrado en Cangas co apoio de Obra Social “la Caixa”.

Apoio escolar en Viana do Bolo.

INCLUSIÓN SOCIAL PARA NENOS E NENAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

PROMOCIÓN E PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA XOVEN NA VIDA ASOCIATIVA E INSTITUCIONAL

CIBERCAIXAS

XOGUETES PARA EDUCAR

OCIO E TEMPO LIBRE

PROMOCIÓN DO ÉXITO ESCOLAR

1.256

6

251

537

2.994

27.304

43

5

1.628

681

1.512

418 37


4.9 Medio Ambiente

Estímase que no ano 2050 haberá 150 millóns de persoas desprazadas do seu lugar de orixe debido á perda de recursos naturais que aseguren a súa supervivencia. Coidar e protexer o medio ambiente significa traballar pola saúde e calidade de vida das persoas. Cada xesto conta para acadar a eficiencia medioambiental do noso entorno. 38

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Por iso, ao longo do ano realizamos distintas actividades para concienciar sobre a necesidade de respectar o contorno natural no que vivimos e adquirir hábitos de consumo e estilos de vida que favorezan a protección do medio ambiente.


MEMORIA 2016 ourense

Nenos aprendendo a sementar hortalizas.

Limpeza das marxes do río Sil, recollida e lixo e plantación de árbores no Barco de Valdeorras, no Día Mundial do Medio Ambiente. PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

PROMOCIÓN DE HÁBITOS E CONDUTAS RESPECTUOSAS CO MEDIO AMBIENTE

86 1.223 39


4.10 Cooperación Internacional

Charla nun centro educativo sobre os Dereitos da Infancia, en colaboración con Cruz Vermella Xuventude.

40

No eido da Cooperación Internacional, Cruz Vermella dirixiu o seu labor a atender á poboación máis vulnerable en países empobrecidos, en guerra ou tras un desastre natural. En Ourense traballamos para achegar á cidadanía estas realidades e as nosas actuacións no exterior. Dende o proxecto de Educación para o Desenvolvemento buscamos crear unha conciencia social e unha cidadanía comprometida na construción dun mundo máis xusto e solidario. De aí que enfoquemos gran parte dos nosos esforzos na organización de charlas en centros escolares ou asociacións. p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Durante o 2016 o centro de atención mediático no eido da cooperación internacional centrouse no drama que están a vivir as persoas refuxiadas nos campos de Grecia, así como as que faleceron no Mediterraneo. Como mostra da solidariedade ourensá cos nenos e nenas refuxiados/as, fomos elixidos beneficiarios da iniciativa “Smiley Water”, vertebrada pola Deputación de Ourense, Expourense, o colexio Padre Feijóo Zorelle e o músico Alejandro Abad.


MEMORIA 2016 ourense

Actividades con nenos e nenas nun campo de refuxiados en Grecia. Fotografía: Ovi Vega.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PARTICIPANTES

EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

15 499

Destinamos o 1% do orzamento provincial ao Fondo de Cooperación, que dirixiu a maior parte dos fondos ao desenvolvemento ao FICR e a reforzar as capacidades de resposta a desastres de sociedades nacionais africanas.

41


5

Xestión Económica 5.1 Fontes de financiamento

Colaboración de Sergio Dalma co Sorteo de Ouro.

42

Para realizar o noso labor, contamos co apoio de administracións públicas, fundacións, obras sociais, socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e a sensibilidade da cidadanía ourensá, que amosou a súa solidariedade en distintos eventos como as Andainas Solidarias do Sorteo do Ouro ou concertos e desfiles benéficos de iniciativa privada. xestión económica

Ademais contamos coa colaboración de persoas de distintos campos das artes e medios de comunicación, de empresas e particulares que aportaron o seu saber á organización de eventos a beneficio da nosa Institución.


MEMORIA 2016 ourense

29.132,97 €

0,95 %

COTAS SOCIOS/AS

823.526,55 €

26,90 %

SORTEO DO OURO

207.050,00 €

6,76 %

FONDO SOCIAL EUROPEO

228.176,63 €

7,45 %

824.498,96 €

26,93 %

211.190,50 €

6,90 %

SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN

29.390,15 €

0,96 %

SUBVENCIÓNS CONCELLOS

37.172,93 €

1,21%

SUBVENCIÓNS PRIVADAS

109.473,68 €

3,58 %

PRESTACIÓNS SERVIZOS

532.641,77 €

17,40 %

28.939,58 €

0,95 %

3.061.193,72 €

100,00%

DOAZÓNS

SUBVENCIÓNS ESTADO SUBVENCIÓNS XUNTA

OUTROS INGRESOS

Colaboración do Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co Sorteo de Ouro.

Transparencia

Calidade

A Institución está suxeita á Lei de Subvencións e ao control das Administracións Públicas. A auditoría externa anual das nosas contas pola consultora Price Waterhouse & Coopers garante a eficacia e transparencia da xestión económica.

A implantación da calidade nos proxectos de Cruz Vermella susténtase na norma ISO 9001, contando coa certificación ONG Benchmarking.

43


Colaboración de María do Ceo co Sorteo de Ouro, coa Vicepresidenta Provincial, Nora Sola.

Colaboración de Álvaro Pino co Sorteo de Ouro.

Sinatura dun convenio de colaboración coa Obra Social “la Caixa”, con Fernando Garza, director da área de negocio de “la Caixa” en Ourense. 44

xestión económica


MEMORIA 2016 ourense

5.2 Destino dos fondos

MULLER, INMIGRANTES, REFUXIADOS E OUTROS COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

1,27 %

COOPERACIÓN NACIONAL

2,06 %

2,3 % LOITA CONTRA A PROBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL

8,67 %

FORMACIÓN

2,77 %

VOLUNTARIADO

PERSOAS MAIORES

4,71%

34,22 % EMPREGO

19,73 % INFANCIA

10,79 %

SAÚDE E SOCORROS

1,13 %

CAPACIDADES DIFERENTES

4,78 %

TOXICOMANÍA E VIH CRUZ VERMELLA XUVENTUDE

2,18 %

5,38 % 45


Francisco G. Soto, Vicepresidente Provincial, agradecendo a súa colaboración ás organizadoras do desfile benéfico Sisay: Pamela de Marco e Leticia Celaá.

Colaboración de Aberlardo Basdem co Sorteo de Ouro. Masterclass de zumba solidaria en Xinzo de Limia.

46

xestión económica


MEMORIA 2016 ourense

5.3 Agradecementos

Queremos dar as grazas ás administracións públicas, fundacións, obras sociais, a todos os socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e entidades de diversa índole que fixeron posible o noso labor social durante o ano 2016:

de Laias Caldaria, Grupo de Teatro El Cercano, Tanito, Centro de Danza Miriam, Pamela de Marco Imaxe, Leticia Celaá Beauty Lounge, Naviera Mar de Ons, Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Illas Atlánticas de Galicia, Ximnasio Artai, Frutas Mavaz, Panadería Roberto Rivela, Ourense Envialia Club de Fútbol, Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, Ilustre

Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación de Ouren-

Colexio de Avogados de Ourense, Club Fútbol-Sala Verín, Es-

se, Fondo Social Europeo, Concello de Ourense, Concello A

cola de Música do Barco de Valdeorras, Asociación Cultural

Gudiña, Concello do Carballiño, Concello de Celanova, Con-

e Deportiva Vía XVIII, Xavier Vaz, Estrella Galicia, Cabreiroá,

cello de Maceda, Concello de O Barco de Valdeorras, Conce-

Correos, Carrefour, Begano, Froiz, A Ponte Club de Fútbol, Clí-

llo de Ribadavia, Concello de Verín, Concello de Xinzo de Li-

nica Dental Floreano Vázquez Taín, Clínica Dental Mª del Mar

mia, Concello de Cenlle, Concello de Allariz, Concello de Riós,

Casares Gándara, Óptica Diagonal, Colexio Miraflores, Colexio

Concello de A Rúa, Concello de Oímbra, Concello de Beariz,

Malvedo, Colexio Pl. Sta Teresa de Jesus - Carmelitas, Colexio

Concello de Coles, Vicerreitoría de Ourense – Universidade

Marista Santa María, CEIP Xose Manuel Folla Repino (Vilamar-

de Vigo, CHUO, Centro Médico El Carmen, Obra Social “la

tín), CEIP Diocesano Pablo VI (A Rúa), CEIP O Bolo, CEIP

Caixa”, CEO – Confederación Empresarial de Ourense, Cá-

Manzaneda, CEIP de Casaio, IES Terrón Mendaña (Sobrade-

mara de Comercio de Ourense, Centro Comercial Aberto Ou-

lo), CEIP Julio Gurriarán (O Barco), CEIP Condesa de Fenosa

rense Centro, Centro Comercial Aberto Couto Centro, Centro

(O Barco), CEIP Otero Pedraio (Viloira - O Barco), IES Lauro

Comercial Ponte Vella, Grupo Coren, Grupo Cuevas, Urbanos

Olmo (O Barco), Sagrado Corazón, C.P.I Boboras, CPI San

de Ourense, La Región, La Voz de Galicia – edición Ouren-

Amaro, CPI Vila do Arenteiro, IES nº 1, IES Chamoso Lamas,

se, Faro de Vigo – edición Ourense, Telemiño, CRTVG, RTVE,

CPI Beariz, Carnicería Irixo, Farmacia Fontaiñas, Tienda Mundo

SER Ourense, Onda Cero Ourense, Cadena Cope Ourense,

Lar, Farmacia O Irixo, CPI Laureano Prieto, IES Taboada Chi-

Radio Líder Ourense, Radio Exterior, Ourense por Barrios, SER

vite, Colexio Princesa de Asturias de Verín, Colexio Rosalía de

Ribeiro, Cope Carballiño, Cope Valdeorras, Onda Cero Val-

Castro, Colexio Carlos Casares, Instituto Lagoa de Antela, Ins-

deorras, Televisión Local de Carballiño, Croco Toys, Sarabela

tituto Cidade de Antioquía, Colexio público Allariz, Colexio pú-

Teatro, Tempo de Lecer, Imgrafor, Helbagraf, Prosoda, Peugeot

blico de Xunqueira de Ambía, Colexio público Villar de Barrio,

España, Asociación de Comerciantes do Carballiño, Asocia-

Colexio público Castro Caldelas, Colexio público Maceda…

ción de Comerciantes do Ribeiro, ServiOcio, Volvo, Balneario

e moitos máis. 47


6

Comité Provincial Presidente D. Felipe Ferreiro Feijóo Vicepresidentes/as D. Francisco González Soto Dna. Margarita Cobián Llamas Dna. Nora Sola Fernández Presidentes/as comarcais D. Modesto Ojea Feijóo Cruz Vermella no Carballiño D. Amadino Pereira Fernández Cruz Vermella Terra de Celanova D. Antonio Fernández Fernández Cruz Vermella en Maceda Dna. Carmen Sobrino Cerdeiriña Cruz Vermella en Monterrei D. Antonio de la Peña Crespo Cruz Vermella no Ribeiro D. Maximino Alonso Alejandre Cruz Vermella en Valdeorras Dna. Pilar Vega Sánchez Cruz Vermella en Viana, Conso-Frieiras Secretaria Provincial Dna. Sofía García-Iturri Tosar Coordinadora Provincial Dna. Marisa Visitación López Casero

48

Vogais electos D. David González Gándara D. Jacinto González Gándara Dna. Patricia Susana Marcos Nicora Dna. Blanca Romero García Dna. Mari Carmen Janeiro Vences D. José María Rosell García D. Manuel Campos Taboada D. Amancio Isidro Lameiras Movilla D. Gonzalo Hervera Mené Dna. Mercedes Milagrosa García D. Miguel Ángel Estévez Valle Dna. Mª Esther Cruz Rodriguez Vogais designados D. Héctor González Menor Cruz Vermella Xuventude Dna. Marisol Díaz Mouteira Xunta de Galicia D. Rosendo Luis Fernández Fernández Deputación de Ourense D. Manuel Arias Carral Subdelegación do Goberno de España


7

Principios Fundamentais

MEMORIA 2016 ourense

Humanidade

Independencia

O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, ao que deu nacemento a preocupación de prestar auxilio, sen discriminación, a todos os feridos nos campos de batalla, esfórzase, baixo o seu aspecto internacional e nacional, en previr e aliviar o sufrimento dos homes en todas as circunstancias. Tende a protexer a vida e a saúde, así como a facer respectar á persoa humana. Favorece a comprensión mutua, a amizade, a cooperación e unha paz duradeira entre todos os pobos.

O Movemento é independente. Auxiliar dos poderes públicos nas súas actividades humanitarias e sometidas ás leis que rexen os países respectivos, as Sociedades Nacionais deben, non obstante, conservar unha autonomía que lles permita sempre actuar de acordo cos Principios do Movemento.

Imparcialidade Non fai ningunha distinción de raza, relixión, condición social nin credo político. Adícase unicamente a socorrer ás persoas na proporción cos sufrimentos, remediando as súas necesidades e dando prioridade ás máis urxentes. Neutralidade Co fin de conservar a confianza de todos, o Movemento abstense de tomar parte nas hostilidades e, en todo tempo, nas controversias de orde política, racial, relixiosa ou ideolóxica.

Carácter voluntario É unha institución de socorro voluntario e de carácter desinteresado. Unidade En cada país só pode existir unha Sociedade Nacional da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, que debe ser accesible a todos e estender a súa acción humanitaria á totalidade do territorio. Universalidade O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, no cal todas as Sociedades Nacionais teñen os mesmos dereitos e o deber de axudarse mutuamente, é universal.

49


Cada vez mรกis preto das persoas


Directorio: OURENSE 988 22 24 84 Rúa Díaz de la Banda, 40 32004 ourense@cruzroja.es

MACEDA 988 46 31 16 Vicente del Bosque, 14 32700 maceda@cruzroja.es

O CARBALLIÑO 988 27 30 42 Rúa Rosalía de Castro, 1. 1º D 32500 carballino@cruzroja.es

O RIBEIRO 988 47 71 86 Casa da Cultura - Avda. Redondela s/n 32400 ribadavia@cruzroja.es

TERRA DE CELANOVA 988 45 14 38 Estrada de Mourillós, 8 32800 celanova@cruzroja.es

MONTERREI 988 41 09 78 Praza da Merced, 16 32600 verin@cruzroja.es

VIANA, CONSO-FRIEIRAS 988 22 21 00 Ed. Multiusos - Rúa Beato Sebastián Aparicio 32540 A Gudiña - gudina@cruzroja.es

VALDEORRAS 988 32 71 95 Casa Río Cigüeño - A Veiguiña, 5 32300 O Barco valdeorras@cruzroja.es XINZO DE LIMIA 988 46 25 41 Ed. Servizos Sociais - Avda. Ourense, 19 32630 xinzo@cruzroja.es

Coa colaboración de:

Profile for Cruz Vermella

Memoria 2016 Ourense  

Memoria de actividad de 2016 de Cruz Vermella Ourense

Memoria 2016 Ourense  

Memoria de actividad de 2016 de Cruz Vermella Ourense

Advertisement