inmunidade

Page 6

MEMORIA INMUNOLÓXICA. RESPOSTA INMUNE PRIMARIA E SECUNDARIA

O sistema inmunolóxico xera linfocitos de memoria capaces de recordar cada antíxeno, tras o seu primeiro contacto con el (resposta primaria). Se se produce un posterior contacto co antíxeno, a resposta (resposta secundaria) é moito máis rápiida e intensa. Polo tanto, a memoria inmunolóxica é responsable de que a resposta inmunolóxica específica poida ser primaria e secundaria.  A resposta primaria prodúcese tras o primeiro contacto co antíxeno. A primeira vez que un individuo entra en contacto cun determinado antíxeno ten que diferenciar unha cepa de linfocitos B específica capaces de fabricar anticorpos específicos contra o mesmo, a resposta ten un período de latencia que é o que tarda en desenvolverse a defensa específica. É máis lenta que a secundaria, porque necesita un longo período de latencia para que os linfocitos B se diferencien e formen células plasmáticas.  A resposta secundaria. Ante un segundo contacto co mesmo antíxeno, xa existe unha cepa de linfocitos B específica para o antíxeno e en moitos casos quedan anticorpos no plasma co que a resposta inmune é moito máis rápida e non ten opción a multiplicarse, de aí que existan enfermidades que só se padecen unha soa vez. A presenza de linfocitos con memoria fai que sexa máis rápida, máis intensa e máis duradeira.

TIPOS DE INMUNIDADE •

INMUNIDADE CONXÉNITA NATURAL: Resistencia especial a determinadas enfermidades desde o nacemento (por exemplo o home é inmune á peste porcina). Pode variar dunhas razas a outras. A orixe pode ser debida a: facilidade na producción de anticorpos o dificultade do microorganismo de fixarse nas células dun individuo, especie ou raza.

ADQUIRIDA: É a que contrae un organismo contra unha enfermidade infecciosa despois de padecela, pode durar a vida, anos ou meses. É debida a memoria inmunolóxica. Os tipos de inmunidade adquirida son: • ADQUIRIDA ACTIVA É o propio individuo, mediante o seu sistema inmunitario, o que fabrica anticorpos ante a presenza do patóxeno. Pode ser de dous tipos:  Inmunidade activa natural: é a que contrae o organismo contra unha enfermidade infecciosa despois de ter padecido esa mesma enfermidade. O sistema inmunitario crea anticorpos específicos contra estes antíxenos e cando o individuo entre en contacto de novo co antíxeno desenvolverá unha resposta secundaria inmediata que neutralizará ó patóxeno.  Inmunidade activa artificial: vacinas. A técnica consiste en inocular no paciente antíxenos do patóxeno contra o que se quere protexer. Os tipos de vacinas pódense obter a partir de: fragmentos celulares, toxinas inactivadas, antíxenos purificados, microorganismos atenuados… O sistema inmunitario formará anticorpos contra estes antíxenos, e cando o microorganismo queira invadir o paciente, antes de que se poida desenvolver quedará neutralizado polos anticorpos producidos polo sistema inmune previamente sensibilizado, capaz de responder rapidamente á agresión (resposta inmune secundaria). As vacinas teñen carácter preventivo, non curativo; polo tanto, a administración debe ser anterior ao padecemento da enfermidade.

6


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.