Issuu on Google+

テ]gel Vidal 1ツコ Bach


Baiona Robótica Na materia de tecnoloxía estivemos programando uns robots nunha proba de “Rescate” na que os robots tiñan que seguir un percorrido que simula unha situación de desastre, seguindo unha liña negra, detectando vítimas e esquivando obstáculos. Os días 3 e 4 de maio veu visitarnos ao noso instituto o alumnado do IES El Greco de Toledo. Aquí estivemos polas mañás traballando cos robots e preparando os programas para a competición. Na tarde do 3 de maio,estivemos dando unha volta por Baiona e ensinándolles os monumentos máis especiais da vila. Na tarde do 4 de maio fomos a Vigo a coller un barco dirección Cangas, onde pasamos un breve tempo da tarde. Á volta despedímonos d@s toledan@s ata os días 26, 27 e 28 no que un reducido grupo do alumnado do IES Primeiro de Marzo viaxamos ata Toledo onde proseguimos a programación dos robots no seu instituto. Na tarde do 26 estivemos dando unha volta por Toledo coñecendo os monumentos máis históricos da zona. Ó día seguinte pola tarde fomos ata Madrid, onde nos reunimos co alumnado de Velilla e fomos todos dar unha volta por Madrid. O día 28 pola mañá fomos ao IES Jovellanos en Fuenlabrada onde se organizou o campionato de robótica Robocampeones 2010, onde estivemos competindo co resto de institutos e no que os equipos do IES Primeiro de Marzo quedamos moi ben clasificados: Na Proba de Rescate o alumnado de 4º de ESO quedamos en terceiro e cuarto posto. Na Proba Libre, na que os institutos levaban diferentes proxectos, o alumnado de 1º de Bacharelato gañou o segundo premio coa súa máquina de caramelos “Lambetadas Baiona”, capaz de distinguir moedas de 50 e 10 céntimos e elixir entre tres tipos diferentes de caramelos. Foi unha experiencia inesquecible onde fixemos novas amizades. Pasámolo moi ben.

Jessica e Anxo, 4ºESO B


O Departamento de Relixión do I.E.S 1º de Marzo comezou este ano unha campaña de sensibilización da realidade africana enmarcada na ONG REDES. O material traballado nas aulas completouse cunha exposición de artesanía e de fotografías de Augusto R.Criado,voluntario en Mozambique e Tanzania, rematando coa charla de Ibrahima, un africano residente en Vigo. A exposición de obxectos e fotografías estivo aberta a todo o instituto durante dúas semanas do mes de marzo. Con esta campaña preténdese demostrar que África posúe unha enorme riqueza e un gran potencial de desenvolvemento grazas a abundancia de recursos e á mocidade da súa poboación; mais a maioría dos países africanos ocupan os últimos postos no índice de desenvolvemento humano e a esperanza de vida dos seus habitantes diminúe cada día. Esta realidade é cuestión de vida porque afecta ás necesidades sociais básicas como a alimentación, a educación, os dereitos básicos e a saúde.

En Educación a situación según o informe de seguimento das Nacións Unidas no 2009 sinala que en África subsahariana algo menos dun terzo dos nenos en idade oficial de cursar o ensino primario non vai á escola; ademais moitos acaban sen adquirir as competencias elementais en lectura, escritura e cálculo. -No apartado de Alimentación indícase que a carencia de auga potable é a principal causa directa da elevada mortalidade infantil en África. Sinálase no informe que no ano 2006 había un 30% menos de xente con acceso a auga potable que en 2002. - Os Dereitos sufriron un retroceso importante, pois a África subsahariana é a única rexión do mundo onde o número de persoas que viven en extrema pobreza se duplicou practicamente de 164 millóns en 1981 a 314 millóns na actualidade.

IBRAHIMA NIANG

O día 25 de marzo, visitou o instituto un mauritano-senegalés, chamado Ibrahima Niang, para darnos unha charla non só cultural, senón tamén ética e moral. É un home entrañable, que presentou unha breve historia do continente africano nestes séculos, ademais de abrirnos os ollos sobre a cuestión racista, facéndonos ver que a cor da pel depende do grupo étnico dende onde nos situemos.


Nesta charla, tratou os seguintes puntos:

A visión de África no mundo, mediatizada pola influencia etnocentrista occidental e sen coñecementos da realidade africana. • A división de África: África negra (sur) e branca ( norte). • A separación de África á Europa só dista uns quilómetros, pero as súas condicións de vida son moi distintas. • Hai moitas partes de África que sobreviven grazas a súa materia prima, pero outras debido a falta de infraestruturas teñen que sobrevivir co que gardan na súa despensa, que é moi pouco. • Antes da colonización europea de África, parte do continente africano eran autosuficiente, polo tanto a situación empeorou nestes últimos tempos. • En canto aos roles familiares, a muller africana encárgase da casa e os fillos, vai buscar leña, auga..., mentres que o home traballa fóra nunhas condicións tamén, duras, ou debe buscar traballo en terras lonxanas (Europa).

• Os nenos africanos teñen máis interese por aprender que nós, a pesar das grandes dificultades que atopan para acceder á educación. Unha gran parte deles debe erguerse moi cedo antes de ir á escola para buscar auga e leña, percorrendo varios quilómetros a pé porque tamén as escolas están lonxe. En definitiva foi unha charla moi interesante na que aprendemos a ver África doutro xeito diferente a como a víamos. A verdade é que foi moi entretida xa que foi acompañada en todo momento dunha dose de humor que nos fixo rir a todos /as e pasar un bo momento. Ao final sacamos unhas fotos con el, e lembrounos que axudásemos na casa a facer as tarefas domésticas, e que saudáramos sempre xa que isto é unha cousa moi importante en África.

A persoa á que máis cousas lle teño que agradecer… Grazas por estar comigo sempre que te precisaba Grazas por facerme ver a parte boa das cousas, por alegrarme o día cando nada me saía ben, por preocuparte cando pensabas que estaba triste, por eses días nai-filla que eran só nosos Grazas por esas bromas, que aínda agora me fan rir cando me acordo delas, polas veces que celebrábamos cousas, polo simple feito de ser ese día Grazas por quitarlle importancia as cousas que non facía ben Grazas por ter en conta a miña opinión para todo, por facer todo o posible para que nunca me faltara de nada Grazas por aquela forma que tiñas de dicir as cousas Grazas por atenderme sempre que tiña algo que dicir Grazas por non terme berrado nunca Grazas: a sinceridade e valentía que tiveches para enfrontarte á túa enfermidade e sempre pór boa cara cando estabas comigo Grazas por ter loitado ata o último momento, Grazas polo simple feito de terme dado a vida e terme feito feliz estes anos… e por último... GRAZAS POR SEGUIR EXISTINDO NO MEU CORAZÓN

Sara Costas, Elisabeth Durán, Roberto Garbín, Belén Garbín, Jacobo González, Anxo Rodríguez, Jesús Suárez (4º ESO Relixión)


Por Silvia Rodríguez

Naceu en Cangas do Morrazo a finais do século XVI. O seu status económico supúxolle o seu arresto polo Santo Oficio, no declive económico da vila, tralos ataques turcos. Hoxe en día atópanse poucas referencias, investigacións ou obras que traten a figura desta muller. Sábese que naceu no 1551, a data da súa morte descoñécese. Non existe partida de defunción. Casou con Pedro Barba, un pescador da vila, que tiña embarcación propia: unha dorna. O matrimonio tivo fillos, aínda que se descoñece o número. Posesións: A familia Barba vivía nunha casa de 2 plantas de pedra no centro da vila, as típicas casas de patín de Cangas. María Soliño, por herdanza, posuía varias fincas. Pedro Barba e o seu cuñado, irmán de María, crearon una empresa para pescar, manufacturar e exportar peixe da Ría. Pero, as posesións máis importantes da familia eran os dereitos de presentación na Colexiata de Cangas de Morrazo e na Igrexa de San Cibrán de Aldán. Os Dereitos de Presentación consistían en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propor o seu titular cando quedara vacante, e a súa vez participar dos beneficios que aquela xerara. Acusacións contra María Soliño Aínda que a causa real foi a súa riqueza material, nunha época de baixas rendas para nobres e burgueses, acusación oficial, ante o Tribunal do Santo Oficio de Compostela foi a de bruxería. Baseábanse nos continuos viaxes de María, pola noite, á praia, lugar onde morreron o seu home e seu irmán loitando contra os turcos.

Implicación de María Soliño na "Caza de Bruxas" Era unha das mulleres máis ricas do pobo. Nove mulleres en total, entre elas Soliño, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxería. Cos datos necesarios encontrados, e os que non, inventados, foi levada a cárceres secretas do Santo Oficio. Os burgueses e a Inquisición, para disimular o seu propósito, mesturaron algunhas mulleres que si posuían dereitos de presentación con outras que eran "pobres de solemnidade". Moitas delas encontrábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.

Por culpa das súas posesións e a avaricia dos nobres, María Soliño morreu pobre e soa. Pero sempre se mantivo na memoria colectiva, aínda que a súa imaxe fose deformada como bruxa e tola.

Proceso Penal de María Soliño María Soliño foi capturada e torturada en Santiago de Compostela ata que confesou ser bruxa dende facía dúas décadas. Requisaron todos os seus bens e condenárona a levar o hábito de penitente por seis meses, pero non se sabe se morreu antes ou despois do castigo, pois non hai acta de defunción. A sua morte é presumible pouco tempo despois da tortura xa que, con setenta anos, os danos físicos e psíquicos producidos nela non podían deixar de notarse.

Poema de Celso Emilio Ferreiro a Maria Soliño

Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas, Muros de noite se erguían: Ai, que soliña quedache, María Soliña. As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, que soliña quedache, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de agua fría: ai, que soliña quedache, María Soliña.


Por Ana Amorín e Nerea Pereira

ROTEIRO “A PRAIA DOS AFOGADOS” O día xoves 22 de abril, os alumnos de 1º de BACH do IES 1º de Marzo trasladámonos, xunto coa compañía do instituto de Boiro “Praia Barraña” ata Panxón para facer o roteiro dunha novela que léramos anteriormente: A praia dos afogados, escrita por Domingo Villar.

O roteiro comezou na praia da Madorra, lugar onde atoparon o cadáver de Xusto Castelo na novela. Alí, axudados pola nosa guía, Ana, poidemos observar de primeira man todos os detalles presentes no libro. Seguidamente, continuamos a nosa visita ata o Templo Votivo do Mar, igrexa construída en honor á Virxe do Carme e deseñada polo arquitecto Antonio Palacios. A nosa guía explicounos a importancia desta igrexa na novela e a forma na que estaba construída, coma se fora un barco dado a volta. Para comprobar isto, entramos ao templo e vímolo cos nosos propios ollos. A continuación avanzamos ata o porto pesqueiro, onde Ana explicounos diferentes partes do libro, axudándose de diversos alumnos que representaban os papeis dos protagonistas. Aquí rematou a primeira parte do roteiro, pois seguidamente dispuxémonos a coller de novo o bus no Pavillón de Panxón e subir ata o cumio de Monteferro, onde nos esperaba outra persoa, Xosé Lois Vilar Pedreira, para explicarnos outra maneira de interpretar a novela e fornecernos de información sobre o patrimonio inmaterial da nosa costa, é o maior coñecedor da toponimia e da cultura tradicional mariñeira, tal como podemos comprobar no seu libro: Talasonimia da costa sur de Galicia.

Ao chegar a Monteferro, xa nos agardaba o noso novo guía, que comezou a relatar a importancia de todos os topónimos presentes no libro e tamén os que non aparecían nel, e a necesidade de respectar este gran legado cultural. Tras isto, baixamos pola aba do monte ata chegar a unha chaira, onde Xosé Lois explicounos as diferentes técnicas de pesca empregadas no libro e as máis utilizadas nos arredores, e as marcas de referencia que os mariñeiros utilizan para localizar os aparellos que largharan ao mar. Tamén enumerou os tipos de peixe que se atopan nesta zona das Rías Baixas e como se utilizaba o escandallo, unha pedra con sebo, para recoñecer o tipo de fondo e os peixes que se poderían atopar. Despois, continuamos baixando a ladeira ata chegar a un camiño dende onde se podía ver con exactitude o lugar onde afundira o barco de Xusto Castelo. Descubrimos que non existía A Punta Lameda, tal como aparece no libro, senón que é A Meda, pola súa forma arredondada, similar a unha meda. Finalmente, seguimos o camiño e, arrodeando Monteferro, chegamos onda os buses para voltar ao colexio. Pareceunos unha excursión moi interesante, xa que puidemos ver por nós mesmos todos os detalles do libro e reproducir na nosa mente o que aconteceu neses lugares. Recomendámolo a calquera persoa que lea o libro.


ANTONIO PALACIOS: PEQUENA HOMENAXE EN “A PRAIA DOS AFOGAAntonio Palacios, atento ao rumbo da arquitectura catalá quixo practicar en Galicia un concepto rexionalista da arquitectura. Cara aos anos 20 e 30, dábase na comunidade un rexurdir nacionalista, un recoñecemiento dos propios sinais de identidade. Vinculado á Xeración Nós, o arquitecto porriñés propón seguir unha arquitectura ambientada no seu entorno xeográfico e apoiada nos sinais da arquitectura galega do pasado e nas casas populares. No Templo Votivo do mar (Panxón 1932-1937) recolle a esencia das catedrais-fortaleza de Tui e Ourense. En palabras de Iglesias Veiga, "un templo case de colaxe: recortes de pedra para os paramentos, restos e anacos de azulexo para os mosaicos interiores, pavés para as vidreiras, retallos de mármore para o pavimento, etc. Unha forma de entender a arquitectura desde unha poética persoal, trala que se percibe a pegada de Gaudí". Como na Virxe da Rocha, o tema do descubrimento de América está tamén tratado nos mosaicos que decoran a ábside.

“Nas primeiras décadas do século XX, o párroco e os fregueses de Panxón decidiran demoler a igrexa antiga, que quedara pequena, para construíren unha dun tamaño maior. Sabedor desas intencións, o arquitecto Palacios viaxou ata a vila e convenceu os veciños para que respectasen o arco visigótico que escondía a vella capela. A cambio, Palacios comprometeuse a realizar os planos dun novo templo consagrado á xente do mar”. “Levantouse no alto dun outeiro próximo ao arco para que a súa silueta lle servise de guía aos mariñeiros, coas paredes de pedra envolvendo unha cúpula octogonal”. “O interior do templo recordaba o casco dun barco colocado boca abaixo. Sentou a esperar polo sacerdote nun banco próximo ao altar, e entretívose contemplando os mosaicos que decoraban as bóvedas e a parte alta do prebisterio. Había representación de santos aparecéndose e náufragos, e outras escenas relixiosas e mariñeiras. Caldas só recoñeceu a que reproducía a arribada da carabela Pinta a Baiona coa noticia do descubrimento de América.”

“Nun lateral, apenas iluminada pola luz lánguida que se filtraba a través das vidreiras, distinguiu unha figura da Virxe do Carme co neno no colo alzándose enriba dun mar embravecido. A imaxe estaba colocada sobre andas como para ser levada en procesión. Aos pés da Virxe, entre as cristas das ondas, tres mariñeiros aferrábanse aos restos dun barco esnaquizado. Tiñan os brazos estendidos cara arriba implorando protección.”


Festas Celtas: A Candelaria


Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, na serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelao, que segue conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará coa súa particular impronta as experiencias básicas da futura creación poética do autor. Da mesma maneira, o ambiente histórico represivo da convulsa situación da década dos trinta e comezos dos corenta, que coincide cos anos de nenez e mocidade, deixarase ver máis tarde na súa poesía cívica. En 1945 trasládase, durante o período escolar, a Lugo para estudar o bacharelato, que remata en 1948. Neste último ano, coñece nesta cidade ó seu compañeiro de xeración, o escritor da Terra Cha Manuel María. De 1949 a 1951 está en Madrid e alí matricúlase como ouvinte na carreira de Filosofía e Letras. Esta xeira madrileña é unha etapa de formación cultural, en gran parte autodidacta. Daquela comeza a súa recoñecida actividade como “dicidor” de poesía. En 1952 , Novoneyra volve a Galicia para facer o servizo militar, con estadías en Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, coincidindo outra vez con Manuel María. As experiencias composteláns son fundamentais pois espertan no escritor unha nova conciencia galega, que se vai forxando en contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura polifacética e patriarcal de Ramón Otero Pedrayo, tres personalidades esenciais na conformación da súa futura obra. É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ao Courel durante unhas vacacións no ano 1952, o que motiva o autor para escribir en galego. A continuación, de 1953 a 1962, permanece no seu lugar de nacemento tendo que gardar repouso a causa dunha pleuresía. Nesta situación de soidade nace o ciclo poético courelán, que se inicia co libro Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955), escrito entre 1952 e 1954. Máis, por outra banda, as relacións galeguistas lévano a participar en actos como o recital inaugural do ciclo “Homenaje a la poesía gallega” organizado en Compostela no año 1957. Neste acto atreveuse a utilizar o galego para dirixirse ao público, feito que supuña naqueles anos de represión un arriscado e valente compromiso coa lingua No período que vai de 1962 a 1966 o escritor vive en Madrid. Nesa capital traballa na radio e na televisión, sempre en programas relacionados coa poesía galega, española ou universal; participa na bohemia vida madrileña; e asiste ás tertulias do Café Gijón. Ao mesmo tempo, relaciónase cos membros do grupo Brais Pinto: o pintor Reimundo Patiño, o profesor Herminio Barreiro, o político Bautista Álvarez e os escritores Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín. Neste ambiente de vangarda artística e preocupación socio- política escribe, entre 1962 e 1965, a serie poética titulada “Elegías de Madrid”, editado en versión bilingüe galego- castelá. En 1966 retorna de novo ao Courel, debido á enfermidade dos seus pais, e xa desde este momento quedará a vivir en Galicia. O seu pai morrerá en 1971 e dous anos despois a súa nai, pero en 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa que casará en 1973. A parella terá logo tres fillos, Branca- Petra, Uxío e Arturo, e residirá ata 1983 entre Lugo e O Courel. Daquela recolle os poemas escritos entre 1954 e 1957,que conforman a obra titulada Os eidos 2, ilustrada con debuxos de Laxeiro e dedicada á memoria dos seus pais e de María Mariño. Esta nova entrega courelá leva un significativo subtítulo alusivo á poética contemplativa que a inspira, “Libro de olladas”, e está organizada en catro partes relativas ao ciclo de “Os eidos”, “Serra aberta”, “Follas de cantigas”, “Diario de enfermo” e “Don do silencio”, e dúas de nome cívico, “Letanía de Galicia e outros poemas” e “O Laxeiro pintor dunha Galicia”. Logo, as dimensións políticas e gráfico- visual aparecen conxugadas no seu seguinte libro, Poemas caligráficos . Nestes anos de marcada preocupación cívica, traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong. En 1983 vai vivir definitivamente en Compostela, desde onde exerceu a presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Desde o punto de vista creativo, na segunda metade da década dos oitenta comeza un reagrupamento temático da súa obra completa. A colección “Vento que zoa” Do Courel a Compostela 1956- 1986, é unha antoloxía que recolle todas aquelas composicións de temática política. Nos anos noventa dá a coñecer dúas publicacións de literatura infantil, O cubil do xabarín e Gorgorín e Cabezón, dous contos de aventuras protagonizados por rapazas e rapaces, ambientados na xeografía do Courel e cunha rica linguaxe poética. Neste último período, o poeta segue sacando á luz diversas mostras creativas en distintos medios, como as “Lendas de a cavalo”. Morre en 1999.


Jóshua Rodríguez

Un amigo odiado pola sua crenza, Xudeu era pero non se lamentaba, Indio ou alemán,todos somos humanos Odiado pero por min amado.

UXÍO NOVONEYRA Naciches na serra chea de brumas alá arriba escribiches da nosa terra nesas noites moi frías.

Navega só pola vida, Odiado e solitario O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Vividor de mal querer

Sonche grandes e preciosos.

Olvidado dos seus amigos Nin dos seus seres queridos

Están amarelos cando pensan atacar

Eterna pena con bágoas

Inmensa pelaxe escura,

Youtube os teus videos...

Dentes afiados e puntiagudos,

Roubarás as miradas de tristura Amargura da súa pobreza.

Oidos intelixentes, Saltan e corren polo monte sen parar.

Ana Vilar 

Tamara Vilar 

Viaxaches polo noso país buscando novas e alegrías coñeciches a moita xente que te recorda neste día. Moitas das túas obras de Galicia son a nosa terra tan fermosa deuche a súa inspiración. Antes de chegar o novo século a túa alma foi o máis alá deixáchenos cheos de letras e transmitiches o teu alalá.

Marcos Renda 1º ESO


MÚSICA e DANZA DAS ESPADAS

Tele Universal

Nin en soños vou perder a miña lingua

A historia xamais contada de Brancaneves e o Rei Artur

TEATRO

de maio, música, danza e teatro.

Para festexalo, un grupo de alumn@s e mailo Equipo de Normalización Lingüística van pór en escena, o 27 e 28

IES PRIMEIRO DE MARZO – BAIONA

ANO 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

17 DE MAIO


Non, a forza do noso amor non pode ser inĂştil!

Uxio Novoneyra . Do Courel a Compostela (1957) .



Lerias 18