Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014

Page 8

8

Crónicas - Febreiro 2014

Actualidade FRADES

COMARCA Advirten de que podería levar á anular o curso de habilidades sociais

Roberto Rey xestiona a consecución de novos investimentos da Xunta

Todos os alcaldes da comarca rexeitan os recortes no servizo de transporte 065

Roberto Rey e Belén do Campo

O alcalde de Frades, Roberto Rey, reuniuse coa delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, para interesarse sobre diversos plans e subvencións aos que o Concello quere concorrer, tanto só como en conxunto con municipios colindantes. Rey, que acudiu só á reunión, informouse en especial sobre as axudas do INEGA para actuacións de mellora da eficiencia enerxética, similares ás que xa acometeu o ano pasado no alumeado público. Polo demais, o rexedor e a delegada repasaron no encontro varios investimentos que as administracións local e autonómica están acometendo no municipio. De mameira concreta, citaron os 44.500 euros que a Consellería de Medio Rural destinou á mellora de pistas en Abellá, Aiazo, Frades, Ledoira e Papucín, cunha achega duns 9.000 euros do Concello.

OROSO

As solicitudes de novo ingreso na gardería só poderán presentarse coa criatura xa nacida Cambios no regulamento da gardería municipal A Ulloa, de Oroso. O pleno acordou por unanimidade unha serie de modificacións, entre as que destaca que será obrigatorio que a criatura teña nacido no momento de presentar a solicitude de novo ingreso. Esta condición engádese ás xa existentes de que cómpre ser veciño do municipio e cumprir unha serie de criterios económicos. Ademais, tamén varían os prazos ordinarios para solicitar prazas, co propósito de axustarse aos prazos das axudas do cheque infantil. Tamén se aprobaron novos modelos de impresos, coa intención de que sexan máis sinxelos e que eviten posibles confusións.

Todos os Concellos da comarca de Ordes, incluídos os tres gobernados polo PP, posicionáronse en contra dos recortes aprobados pola Xunta no servizo de transporte 065, adaptado a persoas con discapacidade. Os representantes municipais tomaron o acordo no recente pleno da Mancomunidade e non dubidaron en falar de “desmantelamento” do servizo. A entidade supramunicipal asegura que a medida prexudica a “centenares” de veciños dos sete municipios. Entre eles, mencionan os vinte que acoden ao curso de habilidades sociais que se desenvolve na aula adaptada e homologada no recinto feiral do Mesón do Vento. Explican que a miúdo se trata de persoas con escasos recursos e diversas procedencias e que “a suspensión ou recorte” do transporte implicaría incluso a desaparición do curso, ao non poder acudir os participantes. A Mancomunidade afirma que a posible anulación do curso suporía

Os sete representantes municipais na reunión da Mancomunidade

“un retroceso na integración e promoción” das persoas con discapacidade. Lembran que o curso, cunha educadora social e unha auxiliar de apoio, se mantivo a pesar doutros recortes autonómicos. Por eso, califican de “inxusto” o paso atrás no servizo 065, o único transporte do que

dispoñen boa parte dos usuarios. Por outra parte, os sete representantes municipais acordaron solicitar unha entrevista co delegado de Gas Natural FENOSA en Galicia, para abordar as dificultades do servizo eléctrico na zona, e avaliar ante a Xunta os danos dos temporais.

OROSO O alcalde valora incorporar no futuro unha planta de compostaxe industrial

Oroso construirá unha nave para reciclaxe O goberno de Oroso decidiu construír unha nave no polígono de Oroso Pequeno, en Sigüeiro, para a separación e posterior reciclaxe de residuos. Terá unha superficie de 500 metros cadrados, nunha parcela dun total de 2.200, e acollerá pilas, disolventes, electrodomésticos, aerosois, baterías ou produtos de informática, entre outros, ademais de colectores para a separación de papel, vidro, envases e téxtil. O alcalde, Manuel Mirás, anunciou ademais que habilitarán un espazo para recoller plásticos agrícolas

e outro para recoller pequenos restos de obras e que “será de uso exclusivo para particulares”, describiu. A construción será modular, e polo tanto posibilitará eventuais ampliacións no futuro. O propio rexedor adianta que “a medio prazo estamos estudando instalar neste punto unha planta de compostaxe industrial para materia orgánica”. Este punto de reciclaxe, ao que o Concello nominou como ‘Oroso Verde’, suporá un investimento de 101.000 euros, incluídos nos orzamentos municipais para 2014. O go-

berno afirma que optou por acometelo en solitario co propósito de mellorar as condicións do servizo. Ata agora, e desde hai xa uns anos, o Concello de Oroso ofrece un servizo similar de maneira provisional nunha parcela próxima ao río Carboeiro. Os cidadáns poden levar alí electrodomésticos, chatarra, residuos metálicos, madeira, plásticos, colchóns e entullos de obras menores particulares. O horario para acudir a desfacerse dos refugallos é os venres de 12:30 a 14 horas e os sábados de 12 a 13:30 horas.

ORDES Critica que recade 125.000 euros co canon da auga e non gaste ningún

Pedreira reclama de novo obras hidráulicas Os socialistas de Ordes volven subir a un dos seus cabalos de batalla favoritos dos últimos anos: a que consideran falta de investimento en infraestruturas hidráulicas por parte da Xunta. O concelleiro Xesús Pedreira cargou contra o goberno autonómico por “cobrarlles 125.000 euros aos veciños e veciñas de Ordes en concepto de canon da auga durante 2013, sen que teña previsto investir nin un só euro no municipio”.

Pedreira afirmou que “confírmanse os nosos peores temores e demóstrase que a Xunta só utiliza este canon para recadar máis”. Coida “especialmente grave” o trato que está recibindo o municipio porque “levamos varios anos sen ningún investimento da Xunta, especialmente da Consellería de Medio Ambiente. O PSOE cre que se trata dunha “discriminación”, dado que o recadado en Ordes beneficiará a outros muni-

cipios, segundo din. Entre os proxectos que anotan no haber do goberno autonómico, citan o arranxo dos depósitos de abastecemento de auga do núcleo urbano, actuacións de mellora da calidade da auga potable no Mesón do Vento, e para o abastecemento de auga e o saneamento nos lugares de Reboredo e da Gorita, da Brea, do Mesón do Vento; entre Poulo e Lavandeira e desde Vilariño ata Buscás.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.