Issuu on Google+

Crónicas

VENDO PISO SEN ESTREAR EN ORDES

- No número 26 da rúa Rosalía de Castro - Terceiro con ascensor - 3 dormitorios, 3 baños, salón-comedor - Dúas prazas de garaxe - Trasteiro

Bo prezo!!!

696 813 090

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 2 - Febreiro de 2014

Ningunha administración quere asumir a estrada de Mercurín A estrada de Mercurín, entre os polígonos industriais de Ordes e Cerceda, foi cortada ao tráfico pesado no seu

tramo ordense para evitar un deterioro aínda máis grave do que xa ten. A decisión, do Concello, prodúcese tras

varios anos á espera de que se acometese o proxecto de acondicionamento no Plan Miner. O alcalde cre que o

vial debería pasar a ser autonómico e os principais opoñentes acúsano de falta de Páx. 3 xestión.

COMARCA

Os temporais déixanlle paso á avaliación de danos Páx. 10

MESÍA

Un equipo do CPI de Xanceda, no Parlamento Xoven Páx. 24

COMARCA

A Mancomunidade rexeita os recortes no transporte 065 Páx. 8

Entroido sen límites

ORDES Páx. 17

Rosa Quintana defende en Ordes a nova PAC Páx. 7

ORDES

As revelacións da Pokémon tensan o pleno deste xoves

Páx. 2

COMARCA

DEPORTES

Páx. 5

Entrevista con Rebeca Puente, capitana do Tordoia

Mesía e Oroso aproban os seus orzamentos para 2014

Páx. 21


Crónicas - Febreiro 2014

2

Actualidade ORDES Os nacionalistas reclaman a dimisión de Regos, Marín e Vázquez

O levantamento do segredo do caso Pokémon alimentará o debate no pleno

En canto a Marín, a petición de dimisión xa vén de meses atrás, en consonancia cos acordos plenarios de abril e maio de 2013, que implicarían a renuncia dos integrantes da corporación imputados nun proceso penal por actividades relacionadas co exercicio do seu cargo.

Se un asunto vai suscitar controversia no vindeiro pleno de Ordes, previsto para este xoves 27 de febreiro, ese vai ser o das consecuencias do levantamento do segredo de sumario xudicial na coñecida como Operación Pokémon. Segundo foron trascendendo as declaracións da tenente de alcalde, Silvia Marín, ante a xuíza que leva o caso, o goberno local e a maioría das forzas políticas mantiveron o silencio, sen pronunciamento públicos. Sen embargo, o BNG presentou primeiro unha moción reclamando

explicacións do alcalde, Manuel Regos, e a dimisión de Marín. E despois, ante a publicación de máis secuencias da declaración xudicial, reclamou celebrar un pleno extraordinario urxente e estendeu a petición de dimisión a Regos e ao concelleiro de Cultura, Ramón Vázquez. Nun principio o Bloque conformábase con que o rexedor detallase “cantos agasallos, e o valor dos mesmos, recibiu do Grupo Vendex”, do que forma parte a empresa que xestiona a gardería municipal. Logo, xa pediu a súa renuncia por “ocultar e

PRESUNCIÓN DE INOCENCIA Nin o goberno nin os demais partidos da oposición (PP, PSOE e CIDEGA) se pronunciaron sobre a cuestión. Probablemente haxa que agardar ao pleno deste xoves para coñecer o seu parecer. Sen embargo, cabe lembrar que o executivo defendeu que se respecte sempre a presunción de inocencia. No pleno do 7 de maio de 2013, indicou que unha dimisión “sería tomada pola cidadanía como unha confesión de culpabilidade” que unha sentencia exculpatoria posterior xa non podería solventar.

MESÍA

ORDES O goberno asegura que sairía máis caro e que non dispón de persoal abondo

Casa Grande de Xanceda, premio Alimentos de España á produción ecolóxica

Rexeitan por “imposible”asumir os desbroces só con medios públicos

A Casa Grande de Xanceda, S.A.T., foi distinguida co premio Alimentos de España á produción ecolóxica. Trátase dunha condecoración concedida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para recoñecer o labor das empresas e profesionais que destacan por producir, ofrecer e divulgar entre os consumidores alimentos de calidade. Da empresa de Mesía, coñecida principalmente polos seus iogures de produción ecolóxica, destacan a “alta calidade no produto e a súa aposta pola innovación na produción ecolóxica”, unido a unha actitude de conciencia e respecto á biodiversidade mediante o fomento de actuacións favorables á flora e á fauna salvaxes. Na súa argumentación do premio, o Ministerio indica que Casa Grande de Xanceda é un proxecto que aúna as bondades da produción ecolóxica coa rendibilidade e a potenciación dos recursos locais, a educación ambiental e o fomento do emprego nas zonas rurais. Por suposto, tamén mencionan o “esforzo e entusiasmo” para comercializar os produtos con estratexias creativas de promoción.

O goberno de Ordes botou contas e asegura que non lle compensa acometer as tarefas de desbroce con maquinaria e persoal propios. A portavoz, Silvia Marín, explicou que o custo anual dos dous tractores e dous operarios sería de 82.578 euros, cando a contratación externa a unha empresa está supoñendo menos de 70.000 euros. Foi ese o principal argumento para desbotar a proposta do PP para que o Concello poña a funcionar de novo os seus dous tractores, en desuso e resgardados desde hai tempo nunha nave particular, asignando persoal para desbrozar toda a rede viaria local polo menos unha vez ao ano. Para o goberno, que fixo as súas estimacións cun informe técnico de Intervención, sería “imposible”. Sen embargo, os cálculos non convenceron o PP, que mencionou que con menos diñeiro Concellos como Frades, Mesía, Oroso ou Trazo manteñen ao día as súas pistas “e nótase a diferencia ao pasar dun municipio ao outro”, en palabras do seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo. O PP pediu un estudo económico a medio prazo e reclamou ter en conta que o custo actual da empresa

Crónicas

protexer as actividades de tráfico de influencias exercidas pola tenente de alcalde”, segundo interpreta o grupo dirixido por Ramiro Recouso. A petición de dimisión do edil de Cultura xustifícana en que foi “beneficiario directo” dese “tráfico de influencias”. Segundo as revelacións do sumario, a muller de Vázquez foi contratada na gardería, nun dos catro casos de “enchufismo” que Marín tería recoñecido ante a xuíza. Outro deles foi o dunha persoa vinculada á concelleira de CIDEGA, coa esperanza de que facilitase aprobar os orzamentos.

só dá para traballar sobre unha parte limitada dos viais, xa que existen pistas de parcelaria que levan anos sen tocarlles, e “desbrozando mal” algunhas polas que pasan, dixo Martínez. A portavoz do goberno tamén indicou que un dos tractores precisa unha reparación moi custosa, que Xesús Pedreira, edil do PSOE e no seu día concelleiro de Medio Ambiente, valorou en 32.000 euros. A eso engadiu Marín que a desbrozadora para cunetas “está totalmente rota” e unha nova custaría 24.000 euros. Ramiro Recouso, BNG, propuxo renovar a maquinaria e defendeu que “é asumible e sae máis barato” municipalizar este servizo: “as empresas públicas ben xestionadas traballan mellor”, argumentou. Marín, que de todos os xeitos non descartou recuperar “pouco a pouco” os desbroces con medios propios, insistiu en que non dispoñen de persoal suficiente para asignalo a esas tarefas: “xa nos gustaría”, comentou. Polo demais, o portavoz socialista reprochou que a Xunta non colabore con máis diñeiro mediante convenios. E a representante de CIDEGA, Ana Álvarez, pediu abordar detidamente o tema nunha comisión.

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Recouso apreza tratos arbitrarios na petición de avais a madeiristas, e o goberno négao O portavoz municipal do BNG, Ramiro Recouso, instou ao goberno a cumprir a normativa sobre plantacións forestais, tanto no relativo ás distancias respecto a vivendas, mananciais e viais como no que atinxe ao control dos traballos dos madeiristas. Neste sentido, afirmou que mentres en parroquias como Lesta si lles esixiron aval noutras como Beán ou Pereira “non o fixeron porque se trata da empresa dun amigo socialista do señor Regos”. A portavoz do goberno, Silvia Marín, replicou que o Concello cumpre a normativa “na medida do posible”, negou calquera trato de favor a ningunha empresa, e emprazou ao BNG a “denunciar aos veciños que plantan”, calificando a Recouso de “covarde”.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Crónicas - Febreiro 2014

3

Actualidade ORDES O Concello, titular do vial, veta o tráfico pesado, mentres a Xunta e Madrid calan sobre o Plan Miner

Ninguén asume a estrada de Mercurín A estrada de Mercurín quedou orfa. Todas as administracións (municipal, autonómica e estatal) desentendéronse xa do vial que enlaza o polígono de Merelle co de Cerceda e que nos últimos anos acumulou un deterioro maiúsculo no seu tramo ordense, en boa medida polo paso do tráfico pesado de Sogama, sen que ninguén avanzase nunha solución. A situación levou ao goberno de Manuel Regos a prohibir a circulación do tráfico de máis de 5,5 toneladas desde comezos de febreiro, salvo para prover de servizos e mercadorías aos veciños da zona. INSOPORTABLE Segundo o alcalde, o Concello, titular da estrada, “non pode soportar” o acondicionamento do tramo, duns nove quilómetros: “temos ganas de que estea ben pero é imposible, bacheamos hoxe e mañá volve estar igual”, lamentou Regos. O rexedor criticou a Xunta e o goberno central por paralizar o proxecto do Plan Miner aprobado hai un lustro, que tería permitido un investimento de arredor de 2,3 millóns de euros para deixar a estrada en condicións. Regos pediulle explicacións ao PP por “restrinxir” ese investimento, cando outros aprobados nese mesmo momento se acometeron xa. Do relato do alcalde, que insiste en que a estrada debería ser provin-

cial ou autonómica, dedúcese que o detonante da decisión produciuse na visita do Conselleiro de Medio Ambiente a Cerceda, para inaugurar unha planta de tratamento de vidro. Alí, o alcalde veciño, José García Liñares, lembroulle ao cargo autonómico o estado do vial, ao que Agustín Hernández tería contestado que a Xunta carece de fondos para a obra. DESVIAR A ATENCIÓN A prohibición foi rexeitada por PP e BNG. O principal grupo da oposición cre que o goberno de Ordes “só busca desviar a atención sobre a súa responsabilidade en relación co mal estado que presenta o vial”. O seu portavoz, José Luis Martínez Sanjurjo, asegura que a estrada leva anos en deterioro e que o Concello “puido ter adoptado medidas para frealo”. Segundo desvelou, el ofreceuse en “polo menos dúas ocasións” para negociar unha axuda “máis acaída aos tempos que corren”. O alcalde replicou que non pensa renunciar ao proxecto inicial porque é “un dereito adquirido” e a súa reducción ou anulación iría contra os intereses dos veciños. Acusou ao PP de aplicar “criterios políticos” e insistiu en que a envergadura do vial fai necesaria a súa cesión á Xunta. O portavoz do PP, por contra, afirmou que “o único traspaso que necesita o Concello é o da alcaldía”.

Á esquerda, sinal de prohibición ao tráfico pesado no inicio da estrada en Merelle

Para o BNG, o alcalde “fuxe e deixa tirados aos veciños”. Ramiro Recouso responsabiliza a Regos “pola súa falta de interlocución da Xunta” para buscar unha saída. “Non está á altura do cargo que ostenta, estivo de brazos cruzados esperando que a solución lle caese do ceo”, di o portavoz do Bloque, que coida que pasarlle o vial á Xunta non garantiría o seu bo estado, á vista das fochancas que presentan diversos viais autonómicos. Recouso viu máis convinte unha reclamación formal avalada por todas as forzas municipais. Regos acusou ao BNG de ir da man do PP e defendeu que lle pediu o desbloqueo do proxecto á conselle-

E A TI, QUE CHE PARECE?

ría por varios cauces, incluso en reunións. Así as cousas, o único apoio para o goberno local veu do PSOE e de CIDEGA. O socialista Xesús Pedreira “celebrou” a decisión a acusou á Xunta de “incumprir” o arranxo. Pedreira cre que PP e BNG contradinse ao rexeitar a proposta, aprobada por unanimidade nunha moción socialista en 2012. Ana Álvarez (CIDEGA) expuxo que “á marxe da guerra de partidos, queremos unha solución”. Mentres, parte dos camións volven pasar polo centro de Ordes, para tomar a estrada de Carballo, provincial, desoíndo a recomendación do Concello de que vaian pola N-550 ata o Mesón do Vento, e de aí a Cerceda.

A CRONOLOXÍA

ANTONIO “Se a estrada servise para circular, deberían permitir ir por ela, pero como non vale... Ten moito tránsito de camións e sen beiravía é perigosa. Ten habido moitas mortes. Necesita unha ampliación e que estea ben para meter por ela tanto tráfico como hai”

DANIEL “Impedir o tráfico pesado é o máis lóxico para non acabar de estropear a estrada. Pero o acerto de verdade do Concello sería arranxala. Se a estrada é do Concello, a culpa é do Concello, non dos que pagamos impostos e estamos estropeando o coche a diario”

DANIEL “Paréceme ben que non deixen pasar os camións de Sogama. A culpa desto é da Xunta e de Sogama. Sogama é quen quería pasar os camións por aí e a Xunta é quen ten que mirar de arranxalo. A Xunta é a nosa ‘nai’ e tócalle facelo, porque a ‘avoa’ está en Madrid...”

DIEGO “Creo que era necesario o peche porque a estrada está moi dañada por tanto tránsito de camión pesado. É unha boa opción, sempre e cando agora a reparen, porque a verdade é que está moi, moi mal e usala a diario representa un problema”

SANTIAGO “Por aí xa non deberían pasar nin os coches, tal como está o tramo de Ordes cheo de baches. Pechala non é solución, hai que tomar outras medidas. Os camións fan moito mal, si, e o tempo non axudou, pero o certo é que agora é intransitable”

SERGIO “É unha estrada moi transitada. Necesita unha reparación polo mal estado que ten, ou facer un acceso novo. É necesario que a unión entre Ordes e Cerceda estea aberta e en bo estado. Pechala sen máis non é solución, porque obriga a dar bastante volta”

2008. Coa colaboración de Cerceda, o Concello de Ordes logra incluír no Plan Miner de 2009 o acondicionamento da estrada de Mercurín. O investimento sumaría uns 2,3 millóns de euros. 2009. Asínase o convenio coa Xunta para redactar o proxecto técnico, listo desde 2010. 2010. O deterioro da estrada é cada vez máis notorio. O proxecto segue pendente da sinatura dun convenio entre Concello, Xunta e Ministerio. 2011. O Concello diríxese varias veces a Economía e Industria para desbloquear os fondos. 2012. Encontro do alcalde co conselleiro de Medio Ambiente para abordar o caso. O Concello aproba en xaneiro unha moción do PSOE para cortar a estrada. 2013. Os contactos do Concello coa Xunta non dan froitos. O PP ofrécese a xestionar un arranxo de menor custo. 2014. Peche aos camións.


Crónicas - Febreiro 2014

4

ACTUAlIDADE

Organiza:

CONCELLO DE TRAZO

Fomento comeza a reparar as partes máis deterioradas da N-550 da Coruña a Santiago O Ministerio de Fomento acaba de comezar a reparar as partes do firme máis deterioradas na N-550, entre os puntos quilométricos 4,0 e 57,7. Na práctica, equival a case todo o traxecto entre Santiago e A Coruña, que hai anos que foi empeorando e que cos temporais recentes ía camiño do colapso. As “obras de emerxencia”, tal como as define o goberno, paliarán os “deterioros superficiais”. Consisten en reparar o pavimento, co fresado e a reposición das capas de firme. Deste xeito, ademais de eliminar as fochancas, poderán mellorar a impermeabilidade do vial para mellorar as condicións de conservación das capas máis profundas. O investimento na N-550 achégase aos 300.000 euros. As actuacións vanse ir desenvolvendo nas vindeiras semanas. Ademais desta estrada, Fomento acomete obras semellantes na N-VI e na A-6, con preto dun millón de euros.

COMARCA En nove actuacións de mantemento, reparación e sinalización

A Deputación investirá máis de 450.000 euros nas súas estradas na comarca As estradas de titularidade provincial na comarca recibirán este ano case 454.000 euros en intervencións de mantemento e reparación, no conxunto de once millóns de euros que o pleno da Deputación coruñesa aprobou no Plan de Conservación de Vías Provinciais. De xeito concreto, na bisbarra aprobáronse nove actuacións. A primeira corresponde coa estrada entre Lanzá (Mesía) e Boimorto, con 51.500 euros. Na de Sigüeiro a San Amaro, o investimento será de 28.500 euros. Na estrada entre Ordes e Ponte Carreira, compútanse 193.700 euros. Entre Castro e a N-634 gastará 22.600 euros. Nun acceso a Poulo desde a estrada que vai de Ordes á Ponte Carreira prevé case 3.000 euros. Na estrada de Gorgullos, a que comunica a estrada de Carballo con Tordoia, contempla 28.400 euros. Na provincial de Ordes a Portomouro por Pontechonia orzamentaron 90.000 euros. Na da Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra asignáronse case 36.000 euros. E por último, figuran 91 euros para o acceso á estación de Ordes-A

Un treito da estrada provincial que vai desde Ordes ata Ponte Carreira

Pontraga, que presumiblemente correspondan con algunha sinalización. A Deputación explica que os proxectos que se acometerán decidíronse a raíz da avaliación continua que efectúa o persoal dependente do seu departamento de Vías e Obras para determinar cales son as principais necesidades.

coorudene sels o

Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net

15680 ORDES A Coruña

Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09

Un dos traballos máis frecuentes son a limpeza de practicamente toda a rede provincial de estradas, unido ao revestimento de cunetas con formigón en puntos propensos á erosión, a renovación do 10% da capa de rodadura do conxunto da rede, sinalizacións, instalación de varandas ou drenaxes.


Crónicas - Febreiro 2014

5

Actualidade OROSO Aprobounos o goberno e a oposición criticou falta de transparencia

ORDES

O Concello eleva un 6,3% os seus orzamentos, ata preto dos 5,2 millóns

Os socialistas piden transformar en local social a antiga sede da Cruz Vermella no Conde

O pleno de Oroso aprobou os orzamentos municipais para 2014, cos votos a favor do goberno (PSOE) e en contra de PP, BNG e PG. Suman 5,18 millóns de euros, cun incremento do 6,33% con respecto a 2013. O goberno destacou o incremento do capítulo de investimentos nun 25%, ata os 1,23 millóns, ao que lle suma os 164.000 euros consignados en transferencias para a nova gardería. A reurbanización de rúas, a rede viaria, saneamento e abastecemento son o destino principal deste diñeiro. En persoal, o Concello logra un pequeno descendo do gasto. Pasa de 1,28 a 1,27 millóns de euros. O gasto corrente, en cambio, increméntase levemente, uns 19.000 euros, ata os 1,93 millóns. O alcalde, Manuel Mirás, definiu o orzamento como “equilibrado” e fixo fincapé no incremento da capacidade investidora da administración para este exercicio. A oposición rexeitou as contas, nun debate un tanto agrio. Entre os argumentos, un común ás tres formacións. Aseguran que non

Os socialistas solicitaron transformar en local social a antiga sede da Cruz Vermella no lugar do Conde, ao pé da N-550. O concelleiro Xesús Pedreira coida que lles viría ben aos veciños da zona porque “na actualidade teñen que desprazarse ata Leira ou ata Ordes para xuntanzas, charlas e actividades”. O inmoble xa pertence ao Concello, que se fixo con el mediante un convenio coa Cruz Vermella, Esta entidade dispón agora dun espazo nos baixos da Alameda, no centro da vila. Pedreira describiu que o vello edificio está “semiabandonado” e apostou por darlle uso social coa súa proposta, formulada no pleno de xaneiro. A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicoulle que no Concello teñen presente a petición. De feito, afirmou que tempo atrás xa valoraran a posibilidade de “adecentar” o local, se ben as circunstancias económicas fan que neste momento “non se pode”.

Os orzamentos de Oroso para 2014 debatíronse nun pleno monotemático

se lles facilitou suficiente documentación e cren que a que recibiron lles chegou sen antelación abondo. Acusaron ao goberno de desprezalos. Mirás rexeitou tales acusacións e máis ben observou que “nin se molestaron en estudar os orzamentos”, de modo que “non valoraron as cifras que lles presentamos”, pese a que “son unha das oposicións mellor re-

tribuídas de toda a provincia”. Nas cuestións concretas, o PP pediu seguridade vial no novo colexio. O alcalde indicou que non precisa ir nos orzamentos, ao estar contemplado no proxecto de urbanización. E sobre o plan de emprego xuvenil demandando polo BNG, o goberno explicou que o goberno central podería botalo abaixo.

MESÍA Ascende a 1,9 millóns de euros e foi aprobado coa abstención da oposición

OROSO

O orzamento de 2014 reduce en persoal e gasto corrente e incrementa en obras

Torrente Ballester dálle nome ao actual CEIP de Sigüeiro, e Díaz Pardo ao que está en obras

Os orzamentos do Concello de Mesía para 2014 son lixeiramente inferiores aos do ano pasado. En concreto, o 1,5% menos, ata quedar en 1.906.288 euros. Non obstante, contemplan máis diñeiro para investimentos que en 2013, xa que as principais reduccións se dan nos capítulos de persoal e gasto corrente. As contas foron aprobadas en pleno polo goberno municipal, do PSOE, coa abstención do PP e do BNG. Os gastos de persoal supoñen o 37% do total. Caen en 23.000 euros, sobre todo por suprimirse, por xubilación, a praza de electricista, nun servizo que se tratará de prestar de forma externa “á espera de ver como evoluciona durante o ano”, segundo o alcalde. Mariano Iglesias explicou que o gasto corrente se rebaixa en 32.000 euros, debido “ao aforro xerado en cada unha das partidas”. E o outro gran capítulo do orzamento, o dos investimentos reais, sobe ata case 498.000 euros, arredor do 26% do total. O rexedor debullou as obras previstas, coa rede viaria e as infra-

O actual CEIP de Sigüeiro levará o nome do escritor Gonzalo Torrente Ballester, tal como figura nunha proposta trasladada polo Concello de Oroso á Consellería de Educación. A iniciativa do goberno foi aprobada en pleno co único voto en contra do PP. A proposta inclúe tamén ‘A Ulloa’ como nome oficial da escola infantil actual. O executivo de Manuel Mirás asegura que se decidiu nominar os centros educativos para distinguir o actual CEIP do novo, en obras, que levará o nome de Isaac Díaz Pardo, e a gardería da que está en proxecto. O PP ve “un agravio” a Sigüeiro a opción escollida e defendeu que os colexios leven o nome das poboacións nas que se atopan. O alcalde replicou que con esa lóxica “os colexios de Santiago chamaríanse Santiago I, II, III...” e botou en falta que o PP propuxese nomes. O edil de Ensino, Antonio Leira, matizou que o nome será “Torrente Ballester de Sigüeiro”.

estruturas sociais, deportivas e culturais como principais beneficiadas. Iglesias destacou que se trata dun orzamento “axeitado” á vista da dependencia financeira que Concellos como Mesía teñen doutras administracións. Precisamente nas percepcións que recibe delas xustificou a reducción de ingresos, xa que noutros como a contribución, coa chegada dos novos valores catastrais, ou as licenzas de obras, coa entrada en vigor do Plan Xeral, conseguen aumentos. A modo de defensa xeral, o alcalde manifestou que “somos prudentes no gasto tratando sempre de atender os servizos que estamos a prestar”, resaltou o elevado grao de execución das contas nos últimos anos a relevancia orzamentaria dos servizos sociais. Segundo a acta do pleno, o portavoz do BNG, José Manuel Raposo, afirmou que “o orzamento está claro e non teño nada que preguntar”. Pola súa parte, o portavoz do PP, Severino Álvarez, coincidiu co alcalde en “lamentar a escasa capacidade de xe-

rar ingresos, pero as administracións locais están pasando polo que están pasando”, dixo, antes de “felicitar ao alcalde pola súa sensatez e pola explicación para gastar o pouco que hai”. 908.000 € en bancos Por outra parte, o alcalde de Mesía tamén deu conta da boa situación financeira do Concello. Iglesias explicou que o Concello paga todas as facturas ao día e que unicamente debe un préstamo bancario, do que lle restan 185.000 euros ata 2024. Non obstante, matizou que estaría en condicións de amortizar integramente esta débeda de inmediato, xa que pechou 2013 con 908.000 euros en contas bancarias. Por que non o fai? Iglesias comentou que “ata agora era máis rendible o que cobramos por intereses dese diñeiro que os intereses a pagar polo préstamo”. E a esto habería que engadirlle que a amortización anticipada custa tanto como os intereses pendentes, segundo lle informou a entidade bancaria.


Crónicas - Febreiro 2014

6

ACTUAlIDADE

www.leis-negocios.com

Crónicas

Con Crónicas, a túa publicidade funciona cronicas.comarcadeordes@gmail.com

617 917 130

Dr. Teixeiro 13, 3º 15701 SANTIAGO Telf: 881 97 83 70 pilar-leis@leis-negocios.com

ORDES

COMARCA O encarecemento nun 34% comezará a aplicarse en marzo

O goberno explica que o reloxo gañará visibilidade co tempo

Pancartas contra o canon do lixo

O novo reloxo da antiga casa consistorial de Ordes segue sendo motivo de comentarios. No último pleno, o PP queixouse de que durante boa parte do día, a certa distancia, non se ve que hora ten. A portavoz do goberno, Silvia Marín, explicou que as agullas e os números precisan “un proceso natural de oxidación”, ao que lle restaría arredor dun trimestre, para gañar visibilidade. Marín, que contactou coa empresa responsable do mecanismo, indicou que en toda España instalouse media ducia de reloxos como o ordense “e en ningún sitio houbo queixas”. De todos os xeitos, matizou que se persiste o problema a compañía responsable do reloxo buscará outras solucións.

Pancarta contra a suba do canon do lixo na fachada da Casa do Concello de Oroso

¿Estás buscando un disfraz? Acércate a nuestra tienda en la rúa da Canteira y pídenos lo que necesites

Rúa da Canteira, nº2 (antigo vodafone). ORDES (A Coruña). Teléfono: 981 688 646

¡¡Aún estás a tiempo!! Disfraces de todos los precios

Gran va ri en maq edad uill y acces ajes orios

A suba nun 34% do canon que pagan os Concellos polo sistema autonómico de tratamento do lixo, que en principio comezará a aplicarse nas vindeiras semanas, continúa xerando o rexeitamento municipal. Os Concellos de Ordes e de Oroso mesmo o expresaron colgando pancartas nas fachadas dos seus consistorios. A negativa á medida da Xunta, derivada do novo réxime enerxético, xa se decidira, por unanimidade, no pleno da Mancomunidade. No ámbito autonómico, o debate segue vivo. O PSOE critican que Galicia teña un sistema de tratamento do lixo “propio da Idade Media”, o BNG cre que o modelo é “insostible” e precisa “darlle a volta”, e AGE observa “riscos para a saúde humana” na incineración. O PP acusounos de intentar a caída de Sogama na procura de “réditos políticos”.

es Disfrac cia n e c i l n co

---y todo lo que te puedas imaginar de tus personajes favoritos


Crónicas - Febreiro 2014

7

Actualidade COMARCA Rosa Quintana visitou a Oficina Agraria Comarcal e felicitou ao plantel

MESÍA

A conselleira de Medio Rural defende en Ordes as magnitudes da nova PAC

Un curso forma catorce persoas no manexo de carretas mecánicas elevadoras

A conselleira do Medio Rural defendeu os resultados da negociación da nova Política Agraria Común (PAC) en Galicia durante a súa visita á Oficina Agraria Comarcal en Ordes. Rosa Quintana saiu así ao paso das críticas que recibiu a PAC do periodo 20142020 de parte dos principais sindicatos agrogandeiros. O principal argumento da conselleira foi o volume de axudas, que segundo afirmou sumarán 2.380 millóns de euros no rural galego durante os sete anos, cunha media de 340 millóns anuais. A Consellería asegura que son “cifras similares” ás do periodo 2007-2013, tanto nas axudas directas a explotacións como nas correspondentes aos fondos de desenvolvemento rural. Quintana non obviou que estaba nunha zona leiteira e citou que as axudas ligadas á produción supoñen 94 millóns de euros anuais para o sector español, cun incremento do 63%. Arredor da metade da contía correspóndelle a Galicia. E para o desenvolvemento rural, a nova etapa supón

Os alumnos, durante a clase teórica

Encontro da titular de Medio Rural con traballadores da Oficina Agraria Comarcal

890 millóns de euros en toda Galicia, o que supón 33,4 millóns máis que na PAC previa, segundo a conselleira. Durante a visita á Oficina Agraria ordense, Quintana “agradeceu” o traballo dos responsables e técnicos destas entidades, que en toda Ga-

licia son 68 e contan con 300 profesionais. A conselleira destacou o labor efectuado na xestión das axudas da PAC no periodo anterior. Un dos obxectivos da visita era coñecer as inquedanzas dos profesionais para xestionar a PAC de 2014-2020.

Catorce alumnos acudiron ao curso de manexo de carretas mecánicas elevadoras desenvolto polo Concello de Mesía. Esta iniciativa de formación tivo unha duración de dez horas, a metade correspondente ao contido teórico e a outra metade aos exercicios prácticos. A teoría impartiuse na Casa da Cultura en Xanceda, e a práctica nunhas instalacións axeitadas para a carga e descarga coas máquinas. Co curso, que lles custou 100 euros a cada alumno, o Concello di que lles facilita aos asistentes a mellora do seu currículo profesional.


8

Crónicas - Febreiro 2014

Actualidade FRADES

COMARCA Advirten de que podería levar á anular o curso de habilidades sociais

Roberto Rey xestiona a consecución de novos investimentos da Xunta

Todos os alcaldes da comarca rexeitan os recortes no servizo de transporte 065

Roberto Rey e Belén do Campo

O alcalde de Frades, Roberto Rey, reuniuse coa delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, para interesarse sobre diversos plans e subvencións aos que o Concello quere concorrer, tanto só como en conxunto con municipios colindantes. Rey, que acudiu só á reunión, informouse en especial sobre as axudas do INEGA para actuacións de mellora da eficiencia enerxética, similares ás que xa acometeu o ano pasado no alumeado público. Polo demais, o rexedor e a delegada repasaron no encontro varios investimentos que as administracións local e autonómica están acometendo no municipio. De mameira concreta, citaron os 44.500 euros que a Consellería de Medio Rural destinou á mellora de pistas en Abellá, Aiazo, Frades, Ledoira e Papucín, cunha achega duns 9.000 euros do Concello.

OROSO

As solicitudes de novo ingreso na gardería só poderán presentarse coa criatura xa nacida Cambios no regulamento da gardería municipal A Ulloa, de Oroso. O pleno acordou por unanimidade unha serie de modificacións, entre as que destaca que será obrigatorio que a criatura teña nacido no momento de presentar a solicitude de novo ingreso. Esta condición engádese ás xa existentes de que cómpre ser veciño do municipio e cumprir unha serie de criterios económicos. Ademais, tamén varían os prazos ordinarios para solicitar prazas, co propósito de axustarse aos prazos das axudas do cheque infantil. Tamén se aprobaron novos modelos de impresos, coa intención de que sexan máis sinxelos e que eviten posibles confusións.

Todos os Concellos da comarca de Ordes, incluídos os tres gobernados polo PP, posicionáronse en contra dos recortes aprobados pola Xunta no servizo de transporte 065, adaptado a persoas con discapacidade. Os representantes municipais tomaron o acordo no recente pleno da Mancomunidade e non dubidaron en falar de “desmantelamento” do servizo. A entidade supramunicipal asegura que a medida prexudica a “centenares” de veciños dos sete municipios. Entre eles, mencionan os vinte que acoden ao curso de habilidades sociais que se desenvolve na aula adaptada e homologada no recinto feiral do Mesón do Vento. Explican que a miúdo se trata de persoas con escasos recursos e diversas procedencias e que “a suspensión ou recorte” do transporte implicaría incluso a desaparición do curso, ao non poder acudir os participantes. A Mancomunidade afirma que a posible anulación do curso suporía

Os sete representantes municipais na reunión da Mancomunidade

“un retroceso na integración e promoción” das persoas con discapacidade. Lembran que o curso, cunha educadora social e unha auxiliar de apoio, se mantivo a pesar doutros recortes autonómicos. Por eso, califican de “inxusto” o paso atrás no servizo 065, o único transporte do que

dispoñen boa parte dos usuarios. Por outra parte, os sete representantes municipais acordaron solicitar unha entrevista co delegado de Gas Natural FENOSA en Galicia, para abordar as dificultades do servizo eléctrico na zona, e avaliar ante a Xunta os danos dos temporais.

OROSO O alcalde valora incorporar no futuro unha planta de compostaxe industrial

Oroso construirá unha nave para reciclaxe O goberno de Oroso decidiu construír unha nave no polígono de Oroso Pequeno, en Sigüeiro, para a separación e posterior reciclaxe de residuos. Terá unha superficie de 500 metros cadrados, nunha parcela dun total de 2.200, e acollerá pilas, disolventes, electrodomésticos, aerosois, baterías ou produtos de informática, entre outros, ademais de colectores para a separación de papel, vidro, envases e téxtil. O alcalde, Manuel Mirás, anunciou ademais que habilitarán un espazo para recoller plásticos agrícolas

e outro para recoller pequenos restos de obras e que “será de uso exclusivo para particulares”, describiu. A construción será modular, e polo tanto posibilitará eventuais ampliacións no futuro. O propio rexedor adianta que “a medio prazo estamos estudando instalar neste punto unha planta de compostaxe industrial para materia orgánica”. Este punto de reciclaxe, ao que o Concello nominou como ‘Oroso Verde’, suporá un investimento de 101.000 euros, incluídos nos orzamentos municipais para 2014. O go-

berno afirma que optou por acometelo en solitario co propósito de mellorar as condicións do servizo. Ata agora, e desde hai xa uns anos, o Concello de Oroso ofrece un servizo similar de maneira provisional nunha parcela próxima ao río Carboeiro. Os cidadáns poden levar alí electrodomésticos, chatarra, residuos metálicos, madeira, plásticos, colchóns e entullos de obras menores particulares. O horario para acudir a desfacerse dos refugallos é os venres de 12:30 a 14 horas e os sábados de 12 a 13:30 horas.

ORDES Critica que recade 125.000 euros co canon da auga e non gaste ningún

Pedreira reclama de novo obras hidráulicas Os socialistas de Ordes volven subir a un dos seus cabalos de batalla favoritos dos últimos anos: a que consideran falta de investimento en infraestruturas hidráulicas por parte da Xunta. O concelleiro Xesús Pedreira cargou contra o goberno autonómico por “cobrarlles 125.000 euros aos veciños e veciñas de Ordes en concepto de canon da auga durante 2013, sen que teña previsto investir nin un só euro no municipio”.

Pedreira afirmou que “confírmanse os nosos peores temores e demóstrase que a Xunta só utiliza este canon para recadar máis”. Coida “especialmente grave” o trato que está recibindo o municipio porque “levamos varios anos sen ningún investimento da Xunta, especialmente da Consellería de Medio Ambiente. O PSOE cre que se trata dunha “discriminación”, dado que o recadado en Ordes beneficiará a outros muni-

cipios, segundo din. Entre os proxectos que anotan no haber do goberno autonómico, citan o arranxo dos depósitos de abastecemento de auga do núcleo urbano, actuacións de mellora da calidade da auga potable no Mesón do Vento, e para o abastecemento de auga e o saneamento nos lugares de Reboredo e da Gorita, da Brea, do Mesón do Vento; entre Poulo e Lavandeira e desde Vilariño ata Buscás.


Crónicas - Febreiro 2014

9

Actualidade ORDES PP e BNG criticaron a supresión das anteriores ramplas na obra de reforma

COMARCA

O goberno garante que a praza contará con zonas de carga e descarga axeitadas

Os afectados polas sancións ás pensións do estranxeiro tramitan as súas reclamacións

A Praza de Abastos de Ordes volverá contar con zonas de carga e descarga “adaptadas” ás necesidades dos usuarios. Así se comprometeu a portavoz do goberno, Silvia Marín, en pleno, ante as críticas do PP e do BNG pola supresión das anteriores ramplas de acceso de mercadorías durante as obras de reforma do mercado. Estrella Vázquez (PP) queixouse de que as obras fixesen desaparecer as tradicionais ramplas e solicitou unha solución para facilitar a tarefa cotiá dos praceiros. Ramiro Recouso (BNG) cuestionou que o executivo, ademais de anchear as beirarrúas, colocase xardineiras para que os usuarios non accedesen polos lugares habituais. O edil nacionalista preguntou tamén pola construción do centro de emprendemento na parte superior do inmoble. A portavoz do executivo explicou que habilitarán os espazos para descargas e anunciou que os contedores de lixo se disporán nunha illa. A intención é “facer agradable o lu-

A plataforma de afectados polas sancións da Agencia Tributaria ás pensións do estranxeiro avanzou nas últimas semanas na tramitación das reclamacións, mediante encontros dos sancionados coa avogada da plataforma, Vanesa Pedrouzo. Nestas reunións, os emigrantes retornados, con paga doutros países, entregáronlle documentación á letrada, co propósito de presentar alegacións. Pedrouzo cre viable que os prexudicados recuperen o diñeiro das sancións e os intereses, dado que xa existen casos positivos na Plataforma da Costa da Morte. As sancións de Hacienda, que lles chegaron nos últimos meses, débense a que as pensións non estaban sendo declaradas. Os afectados, milleiros en toda Galicia, aseguran que non tiñan coñecemento desta obrigación e rexeitan que os traten como defraudadores fiscais. A plataforma, creada en outubro pasado, suma xa máis de 300 asociados na comarca ordense. Está aberta a novas incorporacións de calquera dos sete municipios da bisbarra.

Aspecto actual dun lateral da praza de abastos, coas obras a punto de rematar

gar e retirar os coches permanentemente aparcados” nas inmeciacións do mercado. Son, segundo Silvia Marín, as principais actuacións que restan con cargo á subvención para a praza, coa que tamén se “humanizou” o exterior e se separou o espazo do mercado do futuro centro de emprende-

dores. Sobre este, Marín indicou que non forma parte da subvención. Por outra parte, o PP criticou que o Concello retirase o cartel de obras no que figuraba o apoio financeiro da Xunta e da Deputación ás obras na Praza. A portavoz do goberno replicou que era “responsabilidade” da empresa que acometeu a obra.

ORDES Regos sitúa o pago de expropiacións para o arranxo no vindeiro 20 de marzo

A Fraga da Galiña e a Rúa da Coruña agardan melloras no servizo eléctrico Os veciños das zonas da Fraga da Galiña e da Rúa da Coruña, en Ordes, agardan solucións aos frecuentes fallos de subministración eléctrica nos seus domicilios. A falta de tensión fai que a miúdo non poidan utilizar algúns electrodomésticos de forma simultánea, e mesmo que outros non funcionen, ademais de ocasionar avarías neles. A cuestión chegou ao pleno municipal da man do BNG. O concelleiro Ramiro Recouso calificou de “lamentábel” o mantemento do servizo por parte de Gas Natural FENOSA, compañía á que acusou de “desidia”. Os nacionalistas, que tamén se dirixoron á Xunta con sinaturas de veciños, emprazaron ao goberno municipal a xestionar a consecución dun “servizo digno, acorde ás tarifas que pagan os veciños”. Aínda que a proposta foi aprobada por todos, coa única abstención do PSOE, o alcalde, Manuel Regos, que dixo compartir a preocupación dos veciños, anunciou que a solución está en camiño. Segundo el, o

Zona da Fraga da Galiña, con deficiencias de tensión na corrente eléctrica

vindeiro 20 de marzo vanse pagar as taxas das expropiacións de terreos para dotar a zona cun transformador. Regos matizou que “non defende a Fenosa”, pero emprazou aos demais grupos a recoñecer que “si está facendo cousas, pouco a pouco”, como instalar media ducia de transformadores no municipio, froito de

peticións que se remontan a 2008, ao pouco de chegar el á alcaldía e con PSOE e BNG na Xunta. O rexedor, que concordou co PP en que o mantemento das liñas era mellorable, tamén negou que desde o Concello non se presenten reclamacións á empresa eléctrica, como o acusaba o Bloque.

COMARCA

Vítimas das cláusulas solo acusan de falta de transparencia a algúns notarios e rexistradores A crítica chega desde Vigo, pero os afectados non descartan que sucedese en máis lugares de Galicia. A plataforma de afectados pola cláusula solo e os abusos bancarios de Vigo denunciou a actuación de “algúns” notarios e rexistradores da propiedade neste tipo de operacións bancarias. Segundo din, as entidades financeiras galegas traballan “só con certo grupo de notarios, sen permitir en ningún caso ningunha transparencia na elección do fedatario”. Aseguran que en moitos casos o habitual foi obrigar ao asinante a escrituras “con moita présa” e sen ofrecerlle a suficiente información. Na práctica, din, pasaban do folleto promocional e o pacto verbal no banco á sinatura ante notario, sen comprobar se había ou non cláusulas abusivas.


10

Crónicas - Febreiro 2014

Actualidade COMARCA A sucesión de temporais de fortes ventos e chuvias persistentes deixa unha forte pegada na comarca

Petra, Qumaira, Ruth, Stephanie, Tini, Ulla...

Pista forestal de Frades arrastrada por un colapso nas súas canalizacións pluviais

A falta dunha boa nevada, aquela frase de “xa non hai invernos como os de antes” perdeu nas últimas semanas a súa razón de ser. Conseguiuno unha sucesión de borrascas profundas con fortes ventos e chuvias persistentes, nun encadeamento de fenómenos adversos sen precedentes para os meteorólogos e moito menos para a fráxil memoria popular. Okka, Petra, Qumaira, Ruth, Stephanie, Tini ou Ulla son os nomes dos temporais que quedarán para a lembranza, todos formados en cicloxénese explosiva. A pesar da súa virulencia, por si sós resultarían menos daniños que Hortensia (1984) ou Klaus (2009), pero ao vir en tropel as súas consecuencias agraváronse, deixando numerosos danos tras de si. Na comarca, por fortuna, foron todos materiais, ningún persoal. O principal prexuízo do vento foi a interrupción da subministración eléctrica e dos servizos de telefonía fixa, xeralmente debida á caída de árbores sobre o tendido ou a caída dos propios postes. Os fallos no servizo producíronse con maior frecuencia e duración nas aldeas pero tampouco as

Na área do Refuxio, preto de Sigüeiro, o Tambre acadou cotas moi elevadas

O vento tirou incontables árbores

Leve nevada captada no polígono empresarial de Ordes na mañá do 10 de febreiro

zonas urbanas se libraron. En Cerceda, varios raios causaron múltiples estropicios en electrodomésticos. Nas estradas, pólas e árbores fixeron traballar aínda máis do habitual aos servizos de protección civil e de emerxencias, para garantir a seguridade da circulación. No que respecta ás precipitacións,

con case 622 litros de auga por metro cadrado no que levamos de ano, non quedou cauce por grande que fose que non se vise desbordado. Os caudais anegaron as ribeiras, alcanzaron algunhas estradas, puxeron a proba a resistencia de máis dunha ponte e levaron canda si mobiliario urbano en áreas recreativas.

A chuvia foi especialmente negativa para a rede viaria, estragándoa aínda máis. Onde comezaba a haber unha fochanca, agora hai tres ou catro. E onde xa había varias, agora tende a desaparecer o firme. Os Concellos non concluíron aínda as valoracións, pero falan de centos de miles de euros para reparar todo.

ORDES

O PP percorre as parroquias para explicar a situación real do Concello en reunións con elevada afluencia O grupo municipal do PP de Ordes está a celebrar unha rolda de reunións nas parroquias para manterse en contacto directo cos veciños cun dobre obxectivo: informarse sobre o labor de oposición que desenvolve no Concello e pulsar as necesidades reais do medio rural ordense. Ata o de agora, os popu-

lares de Ordes reuníronse cos veciños de Mercurín, Vilamaior, Leira, Pereira e Ardemil; e xa están programadas as de Montaos (28 de febreiro, na escola unitaria de A Igrexa, ás 21:30 horas) e Buscás (2 de marzo, no local social, ás 11:45 horas). Nestes encontros, que contaron

cunha elevada afluencia de público, os asistentes cuestionan a deixadez da que teñen sido obxecto os núcleos rurais por parte do Goberno local, con carencias ignoradas, como o mal estado da rede viaria, problemas cos puntos de luz, suba excesiva do IBI ou erros na valoración catastral das propiedades.

Martínez Sanjurjo lembra a “desaparición” do alcalde, que “non volveu pisar as parroquias desde que foi pedir o voto”


Crónicas - Febreiro 2014

11

Actualidade OROSO

ORDES

Obras de rehabilitación no local social do Cachopal, nos Ánxeles

A ampliación do aparcadoiro de Vilamaior, á espera da Igrexa

Dos traballos de reforma encargáronse empregados municipais

O local social do Cachopal, na parroquia dos Ánxeles (Oroso), viuse beneficiado nas últimas semanas por obras de reforma. A principal intervención do Concello neste inmoble foi a rehabilitación da segunda planta, mediante a recuperación do teito e das paredes, a retirada dunha antiga co-

ORDES

Derradeiros días para inscribirse no circuíto cultural e deportivo do vindeiro trimestre Este 26 de febreiro remata o prazo de inscrición nas actividades do circuíto cultural e deportivo do Concello de Ordes para o vindeiro trimestre (marzo, abril e maio). As anotacións formalízanse no departamento municipal de Cultura e Deportes, cunha copia do DNI e o impreso de solicitude cuberto. Os listados de admitidos publicaranse o 28. A oferta deste trimestre inclúe bailes de salón, baile en liña para nenos e nenas de catro a dez anos e para adultos, obradoiros de cosmética natural, de xardinería, de prantas mediciñais, de relaxación e de musicoterapia. Tamén se contemplan dous grupos nos cursos de cociña, e clases de informática nos niveis de iniciación, medio e avanzado. O Concello indica que existen descontos na matrícula para os casos de persoas cunha discapacidade do 33% ou superior, para os maiores de 65 anos e para familias numerosas. As consultas aténdenas no propio Concello, por teléfono no 981 68 00 02, e na web municipal.

ciña, a colocación de nova superficie no chan e o pintado. O concelleiro de Relacións Veciñais de Oroso, Luís Rey, explicou que decidiron colocar tamén novas ventás de aluminio. O Concello lembra que recentemente mellorou tamén locais sociais como o de Pasarelos ou o da escola de Oroso.

A ampliación da zona de aparcadoiro nas inmediacións da igrexa e do cemiterio parroquiais de Vilamaior (Ordes) poderá ser unha realidade en canto as autoridades do Arcebispado concedan a súa autorización. Eso é cando menos o que sostivo a portavoz do goberno de Ordes, Silvia Marín, ante as peticións do PP e do PSOE para resolver a insuficiencia de espazo. Susana Mosquera (PP) instou ao Concello a xestionar a cesión de terreos da rectoral ou fincas próximas. Xesús Pedreira expuxo que en actos relixiosos os veciños deben estacionar ao longo da estrada, chegando ata as aldeas próximas, e propuxo colocar tubaxes en varios treitos de cuneta para gañar espazo para os vehículos. Silvia Marín indicoulles que o Concello xa ten un acordo coa Igrexa para a intervención, mais seguen á espera da autorización. “En canto chegue ese permiso, faremos a obra”, anunciou.

Por outra parte, o PP tamén demandou acondicionar as contornas dos locais sociais de Mercurín e de Vilamaior, onde proliferou a maleza nos últimos tempos. O goberno indicou que acometerá este tipo de tarefas en todos os locais sociais nas vindeiras semanas.

TORDOIA

CERCEDA

Repoñen o busto de Valcarce no aniversario da ocupación

Na homenaxe, o presidente da ‘Irmandade Moncho Valcarce’ leu un poema

Moncho Valcarce, o coñecido como Cura das Encrobas, conta xa cun novo busto en Pontoxo, no mesmo lugar que ocupaba o anterior, roubado hai uns meses. O Concello encargoulle o novo, de pedra, ao canteiro Pelayo Alfaya, por 3.267 euros.

Contorna da igrexa de Vilamaior

A colocación do novo busto, ao que acudiron veciños e integrantes da corporación, tivo lugar o 15 de febreiro, coincidindo xusto co 37 aniversario da irrupción de Fenosa na parroquia, na que os veciños e veciñas, apoiados polo párroco, se enfrontaron á Garda Civil.

O Concello organiza unha excursión a Cantabria e a Bilbao desde o 4 ata o 6 de abril O Concello de Tordoia organiza unha viaxe a Cantabria e a Bilbao, establecida para os días 4, 5 e 6 de abril. O inicio desa entretida fin de semana será o venres 4 ás 15 horas, momento en que a expedición tomará a saída cara Cantabria. O regreso está previsto para o domingo 6, arredor das dez da noite, sempre que se cumpran as estimacións iniciais do horario. A viaxe contempla unha visita a Bilbao. Ademais, efectuará un percorrido polo parque da natureza de Cabárceno, situado a uns quince quilómetros de Santander e cunha gran variedade de especies de flora e fauna. Outro dos destinos principais da excursión será Santillana del Mar, poboación costeira de gran beleza situada no occidente cántabro. Para participar hai que acudir ao Concello de Tordoia ou chamar ao 981 69 00 01. A participación na viaxe ten un custo de 140 euros por persoa. Este prezo inclúe todos os gastos da viaxe, segundo informan desde a Concellería de Cultura.


Crónicas - Febreiro 2014

12

Economía

OROSO Clases de habilidades sociais

FRADES-MESÍA Curso para obter o CAP

Curso para buscar emprego

Certificado de transporte

O curso de habilidades sociais para a busca de emprego, do programa Emprega Oroso, contou coa participación de dezaseis persoas. Ao remate das dezaseis horas lectivas, tivo lugar un acto de entrega dos diplomas de asistencia, de

Vinte veciños de Frades e de Mesía participaron nun curso para a obtención do certificado de aptitude profesional do transporte. É un carné necesario para o transporte de mercadorías ou de viaxeiros na UE.

manso do concelleiro de Ensino, Antonio Leira. O edil explicou que “con ese tipo de cursos pretendemos ampliar as posibilidades de inserción laboral dos alumnos”, ao abordar algunhas das ferramentas máis utilizas na busca de traballo.

¡¡¡Consúltenos!!! Presupuestos sin compromiso • Odontólogos Colegiados, Especialistas en Ortodoncia, Cirugía e Implantes • Prótesis Fija y Removible, Higienistas Colegiad@s, • Rx Digital Panorámica

na ó i c a ci Finan edida su m

TELÉFONOS: 981 682 985 / 664 455 361 / 606 364 369 Mail: clinica@albertorama.es / Búscanos en Facebook


Crónicas - Febreiro 2014

13

Economía COMARCA As pradeiras anegáronse e podreceu boa parte da herba que nacera

FRADES - MESÍA

As chuvias diminúen e retrasan a produción de forraxes para o gando

Convocan xornadas informativas sobre o potencial económico do sector forestal

Os gandeiros da comarca están avaliando os danos que lles ocasionan as intensas chuvias das últimas semanas. A saturación dos terreos, con numerosas pradeiras practicamente anegadas durante demasiados días, fai que a principal consecuencia estea na produción de forraxes, que se ve considerablemente minguada e que ademais se retrasará con respecto ao calendario normal. En xeral, o nacemento dos prados estaba sendo óptimo, pero xusto no momento en que debían medrar e desenvolverse foi cando lles comezou a chover. En moitos casos afectoulle á xerminación da semente, e na maioría podreceu unha porción considerable da herba. A maiores, a inconsistencia do terreo impediu a miúdo a entrada con maquinaria para fertilizar. Así as cousas, só unha primavera pouco chuviosa podería reaxustar a situación e impedir un novo golpe económico ás explotacións. Unha mala colleita fai que por unha parte non se aproveite o investido na pre-

Os Concellos de Frades e de Mesía acollerán nas vindeiras datas senllas xornadas informativas sobre o potencial económico do sector forestal. No caso de Frades, será este mércores 26 de febreiro, a partir das 16:30 horas no local multiusos. En Mesía, está programada para o 12 de marzo, tamén a partir das 16:30 horas, na Casa da Cultura en Xanceda. Nos dous casos, a asistencia é libre e gratuíta. Da charla encargaranse técnicos da Asociación Profesional de Selvicultores Silvanus e da empresa ENCE. Tratarán a certificación de xestión forestal como sistema para verificar a sostenibilidade ecolóxica e socioeconómica dos cultivos dentro dos parámetros establecidos pola Unión Europea, o xeito de rendibilizar e intentar facer sostible o cultivo de eucalipto, e as perspectivas de mercado que presenta a biomasa mediante a utilización de madeira, leña e outros produtos como fonte de enerxía renovable.

Os empozamentos nas pradeiras fan que se perda boa parte da herba sementada

paración de pradeiras e por outra ter que mercar forraxes fóra. A seguinte preocupación que teñen os gandeiros sobre a mesa, ou sobre o capó do tractor, será a de poder sementar a tempo o maínzo, que adoita ocupar as fincas das pradeiras tras o seu corte para silos forraxeiros.

O mal tempo tamén lles afectou aos produtores de horta. Neste caso, son só polo empozamento das terras, senón tamén polos estragos que o forte vento ocasionou nos invernadoiros. En moi poucos resistiu o plástico e outros non salvaron nin a estrutura.


14

Crónicas - Febreiro 2014

xente dE aquí CERCEDA

ORDES

Cerceda celebra unha gala para apoiar as familias sen recursos

Nova tarde de contos e lendas con máis de cincuenta nenos

Unha das actuacións da gala, organizada polo Concello e APROSACE

Os cativos participan activamente nas tardes de contos e lendas de Ordes

O Concello de Cerceda considera que a súa primeira Gala Benéfica obtivo un “grande éxito de participación”. O evento estivo organizado por Servizos Sociais, coa colaboración da Asociación de Profesionais Sanitarios de Cerceda (APROSACE). Os asistentes ache-

A tarde de contos e lendas da biblioteca municipal de Ordes correspondente ao mes de xaneiro reuniu máis de cincuenta nenos e nenas, e un bo número de persoas adultas que os acompañaron. Nesta ocasión, os relatos estaban dirixidos especialmente

FRADES

Saída a Salamanca os días 29 e 30 de marzo O Concello de Frades organiza unha viaxe a Salamanca, destinada a titulares e traballadores de explotacións agrarias e a toda a poboación interesada en xeral. Será na fin de semana do 29 e do 30 de marzo. Inclúe visitas a un centro veterinario e a un secadoiro de embutidos. A viaxe ten un custo de 40 euros por persoa, con aloxamento en hotel de tres estrelas. As inscricións poden tramitarse ata o 14 de marzo no Concello.

OROSO

Cursos de internet e de ofimática desde o día 3 A Aula Mentor de EducaOroso acolle a partir do luns 3 de marzo dous cursos presenciais de iniciación a internet e á ofimática. Para anotarse nas clases, o prazo remata este venres 28 de febreiro. Hai que acudir á aula municipal de informática, na rúa do Deporte de Sigüeiro. As clases prolongaranse durante dous meses e medio e o custo da inscrición é de 48 euros por cada curso.

garon numerosos lotes de produtos de primeira necesidade non perecedeiros, que se lles entregarán ás familias do municipio con menos recursos. Actuaron as escolas de judo, de música e baile, as pandeireteiras de Rodís e das Encrobas, e o grupo San Martiño.

OROSO Últimos días para presentarse

Concursos de relato breve e de fotografía co gallo do 8-M O Concello de Oroso convocou dous certames nos seus actos conmemorativos do Día da Muller, o vindeiro 8 de marzo. Un é o concurso de fotografía ‘Muller traballadora’, que acada a súa cuarta edición, e o outro é o de relato breve ‘Olla para min’, que organizaron por primeira vez este ano. O certame de fotografía está aberto a profesionais e afeccionados, sexan ou non do municipio. O único condicionante é que as imaxes teñan como temática a muller e o traballo, en calquera eido. Cada participante poderá presentar ata tres fotos, antes deste 26 de febreiro no centro cultural de Sigüeiro. Teñen que ser orixinais, non ter sido premiadas noutros concursos e deben presentarse no formato de 20x30 centímetros, en cor ou en branco e negro. Non se permite a utilización de programas de retoque fotográfico. De acordo coas bases, as fotos deben presentarse baixo o sistema

de plica e cun cedé coa imaxe en formato dixital. Se aparece nelas unha persoa identificable, deberá acompañarse o consentimento da persoa retratada. O fallo do xurado darase a coñecer o 8 de marzo. A fotografía gañadora recibirá 250 euros de premio. Ao segundo premio e ao terceiro corresponderanlles 150 e 100 euros. RELATOS O concurso de relato breve está dirixido ao alumnado de sexto de primaria do municipio e ten como obxectivo destacar o papel da muller na sociedade. Os textos, cunha extensión máxima de mil palabras, hanse presentar antes deste 28 de febreiro. Poderán estar escritos en galego ou en castelán, pero sen empregar linguaxe sexista. Poden presentarse en Servizos Sociais ou por mail en benestarsocial@ oroso.dicoruna.es. Os premios establecidos son lotes de libros.

aos cativos de tres a oito anos de idade, cos relatos ‘Aventuras dunha pinga de auga’ e ‘A árboreescola’. Con esta iniciativa, a biblioteca ordense pretende familiarizar os pequenos coas instalacións do centro e incentivar a lectura.

MESÍA

Tres actividades para o programa de celebración do Día da Muller O programa co que o Concello de Mesía celebrará o Día da Muller inclúe tres actividades específicas: ademais da habitual Cea da Muller Traballadora, un obradoiro de conservas e unha charla sobre dietética e nutrición. A cea terá lugar o sábado 8 de marzo, a partir das 21:30 horas no Restaurante Manteiga en Visantoña. Poden participar todas as mulleres do concello e ten un custo de 25 euros por persoa. As inscricións, ata o 5 de marzo na Casa da Cultura. O obradoiro de elaboración de conservas será o 15 de marzo pola mañá. Ofrecerá diferentes técnicas de conservación de alimentos. Conta con prazas limitadas, recolle inscricións na Casa da Cultura ata o 12 de marzo e custa 5 euros. E a charla sobre dietética e nutrición será impartida pola especialista María Viña o sábado 22 de marzo ás once da mañá na Casa da Cultura. A asistencia é gratuíta, pero cómpre inscrición previa por motivos de organización.


Crónicas - Febreiro 2014

15

MEDIO AMBIENTE A EFICIENCIA E PRODUTIVIDADE DO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL MEDROU UN 19,33% NOS ÚLTIMOS 5 ANOS

Sogama consegue reducir en preto dun 50% as cantidades de residuos desviadas a vertedoiro Nos últimos cinco anos, a Sociedade Galega do Medio Ambiente conseguiu reducir nun 48,81% as cantidades de residuos desviadas ao vertedoiro de Areosa, incrementando nun 19,63% a eficiencia e produtividade do seu complexo medioambiental. Se xa en 2012 a planta tiña superado, con 554.317,98 toneladas anuais de residuos procesadas, a súa capacidade nominal (establecida nun máximo de 550.000), no 2013 chegou a alcanzar as 576.651,33 toneladas, un 4,03% máis. E se ben a liña foi ascendente no caso do complexo cercedense, no do vertedoiro de Areosa a tendencia foi ben distinta, pois a cantidade de lixo depositado nel minguou notablemente nun ano, baixando das 256.057 toneladas en 2012 ás 212.416,99 en 2013, acadando unha redución do 17,04% en 12 meses. PLAN DE ACCIÓN Estas cifras foron posibles grazas ao plan de acción promovido pola Dirección da empresa e mediante o cal se optimizou a xestión das instalacións coa pretensión de incrementar a súa produtividade e rendibilidade, minorando o gasto económico e de recursos. Entre as actuacións que se levaron a cabo, cabería destacar a dimi-

a día de hoxe, triplicar as taxas de reutilización e reciclado, subindo do 12% ao 30%, e minimizar o vertido, que pasaría do 44% actual ao 24%.

Vista aérea do complexo medioambiental pertencente a Sogama en Cerceda

nución da duración da parada técnica anual do complexo industrial, o que permitiu tratar unha maior cantidade de residuos no mesmo. O obxectivo de Sogama é agora darlle continuidade a esta operativa e seguir mellorando a xestión da súa infraestrutura conforme á normativa vixente na materia. Tamén a máxima recuperación dos materiais contidos no lixo atópase entre as súas prioridades, recordando, neste sentido, que logrou clasificar o pasado ano, e por primeira vez na súa historia, o vidro e o aceiro

residual mesturados nos residuos en masa, incrementado as porcentaxes de reciclado en Galicia. Isto permitiralle diminuír as cantidades de refugallos destinadas a incineración, desviando a vertedoiro, única e exclusivamente, a fracción non reciclable nin valorizable enerxeticamente. O plan galego de xestión de residuos urbanos 2010-2020 é contundente neste aspecto, xa que, entre os seus retos, atópase reducir a produción de desperdicios nun 10%, obxectivo practicamente conseguido

AVAL DA UNIÓN EUROPEA Nun lustro, Sogama demostrou que é posible levar a cabo unha xestión máis eficaz e eficiente das súas instalacións. E proba disto é que ano tras ano conseguiu tratar máis residuos no seu complexo medioambiental e diminuír o vertido. O esforzo valeulle o recoñecemento da propia Comisión Europea, que no seu informe público de avaliación ex post, realizado no 2012 por unha consultora italiana independente, e que se atopa a disposición dos interesados a través da ligazón http://ec.europa.eu/regional_ policy/sources/docgener/evaluation/pdf/projects/sogama_galicia. pdf, manifestou de forma taxativa, e sen fisuras, os beneficios que a entidade trouxo durante todos estes anos para o medio ambiente, a economía e a sociedade no seu conxunto, contribuíndo á mellora da calidade de vida; un informe incontestable que xustifica, con datos e desde a plena obxectividade, a importancia do servizo público que a empresa impulsada pola Xunta de Galicia presta aos Concellos e, polo tanto, á cidadanía galega.

A empresa contribúe a incrementar un 80% o reciclado de vidro en Galicia A planta de recuperación de vidro posta en marcha por Daorje Medioambiente, S.A.U no lugar de Areosa (Cerceda), incrementará, nun 80% a reciclaxe deste material na nosa Comunidade Autónoma. Así o anunciou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, no acto inaugural da instalación, onde estivo acompañado polo presidente do Grupo Daorje, José Manuel Muriel, e o presidente de Sogama, Luís Lamas, entre outros. Hernández destacou as vantaxes da instalación, así como o seu carácter pioneiro a nivel nacional, integrando as tecnoloxías máis avanzadas e específicas do mercado. Nesta planta recibirase o vidro separado por Sogama no seu complexo industrial de entre o lixo en masa, da orde de 14.000 toneladas

anuais, ás que habería que engadir a evacuación progresiva de ao redor de 170.000 toneladas acumuladas no depósito de residuos non perigosos ubicado nesta infraestrutura. Unha vez cribado, o vidro transpórtase á planta de clasificación que Daorje ten en Verín, trasladándoo posteriormente ás vidreiras. É a primeira vez na súa historia que a Sogama promove unha iniciativa destas características, coa que, ademais de contribuír ao reciclado deste material, obterá uns importantes beneficios económicos, aproximadamente 450.000 euros anuais. Daorje Medioambiente é a firma adxudicataria do servizo por un período de catro anos. Se ben cobrará a Sogama 19,95 euros por tonelada de vidro recuperada, no marco dun acordo formalizado co Sistema In-

tegrado de Xestión Ecovidrio, a empresa pública percibirá 35 euros/tonelada, o que arroxará un beneficio neto de 15,05 euros/tonelada. Cunha superficie de 300 metros cadrados, a planta contou cun investimento de medio millón de euros, e un prazo de execución e posta en marcha de seis meses. BENEFICIOS A instalación trae consigo unha serie de beneficios ambientais, económicos e sociais de grande interese. A nivel medioambiental, reduce en gran medida o volume de residuos destinados a vertedoiro e contribúe a diminuír a contaminación do aire ata nun 20% debido a que se utiliza menos combustible para fabricar novos envases, minorando a produción de gases na fundición.

Tamén favorece o aforro de enerxía e materias primas. De feito, co reciclado de catro botellas de vidro, lógrase que un frigorífico funcione un día completo. Isto débese a que a temperatura necesaria para fundir o calcín é menor á esixida para fundir as materias primas orixinais. Así mesmo, reciclando 3.000 botellas de vidro, afórranse 1,2 toneladas de materias primas, co que se minimiza a erosión do solo por extracción. Cabe recordar que dunha botella de vidro pódese extraer outra con idénticas características, sen perder un ápice de cualidades.


16

Crónicas - Febreiro 2014

xente dE aquí FRADES

ORDES Impartida por un psicólogo

Comeza un novo curso de informática, con once alumnos

Unha charla aconsella a pais e nais sobre a hiperactividade

Intervención do psicólogo ante o auditorio da Casa da Cultura Os asistentes ao curso de informática, retratados na pausa dunha clase

O novo curso de informática iniciado polo Concello de Frades conta con once alumnos. Durante cincuenta horas, con clases todos os martes e xoves polas noites ata o 15 de abril, aprenden o funcionamento básico dalgúns dos programas de ofimática máis utili-

zados e tamén adquiren coñecementos para a navegación por internet. Ao tratarse dun número tan limitado de participantes, o Concello destaca que o curso se pode adaptar ao nivel e ás necesidades de cada alumno.

O psicólogo Javier Estévez impartiu unha charla sobre a importancia do nivel de atención nos nenos e nenas en idade escolar e sobre a hiperactividade. Esta actividade informativa tivo lugar na Casa da Cultura. Asistiron numerosos proxenitores e tamén profesionais de ámbitos que traballan con rapaces en idade es-

colar. Na charla colaboraron os departamentos de Orientación e as direccións dos institutos e colexios do municipio máis o Concello de Ordes. Por outra parte, o Concello ofreceu tamén unha sesión sobre o Alzheimer, con información sobre como detectar e que consecuencias ten esta doenza.

FRADES

ORDES Prazo de inscrición ata este 26 de febreiro

Primeiros pasos entre os fogóns para quince veciños

Remata un curso de cociña e convocan outro desde marzo

Dúas das alumnas, atendendo as explicacións do profesor de cociña

O cociñeiro Manuel Iglesias, con algunhas das alumnas que acudiron ao curso

Arredor de quince veciños e veciñas participan no curso de iniciación á cociña que o Concello de Frades desenvolve no local social da Ponte Carreira todos os venres de febreiro e de marzo polas tardes. En total, serán vintecatro horas

O curso de cociña do Concello de Ordes que se desenvolveu nos últimos meses rematou hai uns días. Con arredor de trinta alumnos, cubriu todas as prazas dispoñibles. O cociñeiro Manuel Iglesias Vieites aprendeulle ao alumnado novas receitas, trucos e consellos,

de clases, nas que aprenderán aspectos teóricos esenciais da manipulación de alimentos, a dietética e a nutrición como nocións prácticas básicas de cociña, con ingredientes de todas as tipoloxías, e de repostaría, con especial atención a algúns doces tradicionais.

nunhas clases nas que se abordou a elaboración de carnes, pescados, caldos ou repostería. Co mesmo cociñeiro, a partir de marzo comezará outro curso. O prazo de inscrición remata este 26 de febreiro, no segundo andar da nova Casa do Concello.


Crónicas - Febreiro 2014

17

xente dE aquí COMARCA Desfiles de disfraces e gastronomía protatonizan as festas dos vindeiros días

A comarca transfórmase co entroido Filloas, orellas, lacón, grelos, disfraces, comparsas, desfiles, bromas... O entroido xa está no ambiente. As celebracións gastronómicas e os desfiles e concursos de disfraces invadirán a comarca nos vindeiros días, con múltiples festas e eventos en todos os municipios da bisbarra. CRÓNICAS, o mensual independente da Comarca de Ordes, ofrece a máis completa axenda de actividades para os vindeiros días, concello a concello. CERCEDA.A Asociación Cultural Lucerna vende xa desde hai uns días nos locais do municipio as rifas para a súa cesta choqueira, que se sorteará o 8 de marzo, na gran festa (17 horas) do Antroido Veciñal que prepara a entidade. O 1 de marzo (12 h) presentan a Choqueira. FRADES.- O principal evento será o concurso de disfraces de entroido, este domingo 2 de marzo, a partir das 17 horas no polideportivo da Ponte Carreira. O prazo para inscribirse no Concello remata o 28 de febreiro. Non se admiten anotacións o día do concurso e poden participar veciños de Frades e da comarca. En total, concederanse 840 euros en premios, con categorías infantil e adulta, e modalidades individual, grupo e comparsa. O concurso compleméntase cunha festa de animación, música e unha chocolatada. MESÍA.- A Festa de Entroido do Concello de Mesía celébrase o sábado 1 de marzo, a partir das 16:30 horas no polideportivo municipal en Xanceda. Inclúe desfile de disfraces de nenos e adultos, unha festa de animación, touro mecánico e merenda. O Concello anuncia agasallos para todos os nenos disfrazados. As inscricións recóllense na Casa da Cultura. A seguinte proposta será o luns 3 de marzo, cun curso gratuíto de maquillaxe infantil e de fantasía pola mañá na Casa da Cultura. Ese mesmo día, pola tarde, está prevista unha saída ao Entrodo Musical da Cidade da Cultura, en Santiago. É unha viaxe gratuíta á que todos os participantes deben acudir disfrazados. Asistirán á representación de dous espectáculos musicais. Recollen anotacións ata o 28 de febreiro. ORDES.- O entroido comezará coa Tarde de Entroidada o martes 4 de marzo. A partir das 16:30 horas, na Alameda, os máis pequenos poderán participar en obradoiros propios destas festas e presenciar varias animacións de rúa. Se chove, trasladarase ao pavillón do Campomaior. O día grande será o 8 de marzo,

A comparsa de Camiño Real de Poulo iniciou en Arzúa a súa xira do Entroido 2014

Camiño Real: desde decembro preparando a comparsa Desde hai máis dun lustro, falar de Poulo (Ordes) por estas datas é falar de entroido. A asociación Camiño Real vive estes días intensamente os preparativos da súa comparsa, gañadora o ano pasado dos principais premios en Ordes e noutras vilas ás que acudiron. Este ano veñen con “máis teatro ca nunca”, tal como adianta a súa portavoz, Helena Noya. Xa se estrearon o pasado domingo en Arzúa e no seu calendario están lugares como Negreira, Carballo, Bertamiráns, Arteixo ou Ordes. Son moitos días a tope, que culminan o traballo de varios meses. Desde decembro preparan vestiario, coreografías, músicas... Coidan Sábado de Piñata, co desfile e concurso de disfraces. Comparsas e carrozas percorrerán as rúas da vila ata o Campo da Feira, onde continuará o espectáculo e se resolverá o certame, con case 4.500 euros en premios. As inscricións poden efectuarse ata o luns 3 de marzo. OROSO.- O Concurso de Disfraces de Oroso celébrase o sábado 1 de marzo no polideportivo en Sigüeiro, despois dun desfile polas rúas da localidade que comezará ás 18 horas. O certame entregará 3.170 euros en premios. O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro, e tamén se admiten anotacións o mesmo día do concurso, no pavillón,

ata o último detalle. E todo multiplicado por 74, o número de persoas que participan, entre nenos, xóvenes e adultos. Co vestiario, preparan todos os disfraces un a un. “Simplemente mercamos a tea e deixamos voar a imaxinación”, explica a portavoz. Para animar, buscan cancións “alegres e animadas, adaptadas á temática do disfraz”. Se a canción xa ten algunha coreografía de seu, a ensaiar. E senón, pois a argallar unha propia da comparsa e a ensaiar tamén. Noya confesa que lles dá moito traballo, pero tamén que o esforzo compensa: “pasámolo xenial e únenos moito como grupo; botamos de 16:30 a 17:30 horas. Durante a festa, daranse a coñecer tamén as receitas gañadoras do concurso ‘En galego sabe mellor’, que este ano chega á quinta edición. TORDOIA.A celebración concéntrase no martes de entroido. Pola mañá dese 4 de marzo, tras unha misa na Capela de Santa Susana en Gorgullos (13:00 horas), actuará o grupo folclórico ‘Espadana Gaiteiros’. Pola tarde, entre as 15:30 e as 19:30 horas, celebrarase no pavillón polideportivo municipal a Festa do Entroido. Nenos e maiores poderán acudir disfrazados e divertirse cos inchables, un tobogán, xogos mecánicos e un obradoiro de

o ano pensando no disfraz, pero que lle imos facer se nos encanta a troula!” Os éxitos acadados nestes anos son múltiples. En Camiño Real cren que “nos valoran moito a orixinalidade do disfraz e a posta en escea, ademáis do gran número de persoas que integramos a comparsa”, cunha coreografía tan coordinada entre adultos e nenos. A implicación dos cativos é un dos aspectos que máis chama a atención. A explicación do ben que se adaptan é que a maioría deles están habituados á disciplina das clases de baile, pandeireta e gaita que Camiño Real imparte durante todo o ano. maquillaxe. Non faltará a música para unha festa que concluirá coa xa habitual chocolatada, acompañada de rosca. TRAZO.- O luns 3 de marzo, de 16:30 a 19:30 horas, celébrase a Festa de Entroido no Centro Social Polivalente, en Viaño Pequeno. Terá xogos, obradoiros, e agasallos para todos os cativos disfrazados. Anotacións antes do 28 de febreiro. E o sábado 8 de marzo celébrase a Festa do Grelo, co espectáculo musical ‘Alba’. A entrada custa 18 euros e resulta de balde para menores de doce anos. Hai que recollelas antes do 1 de marzo nos bares da zona ou na comisión de festas.


Crónicas - Febreiro 2014

18

DEPORTES FÚTBOL

TAEKWONDO

Preséntase en Montaos unha nova peña oficial do Deportivo

Ainhoa Ramos, bronce no campionato español júnior

Acto de presentación da nova peña ‘Montaos no Dépor’

Entrega de medallas na categoría de Ainhoa Ramos, do C.D. Luar ordense

A nova peña de seguidores do Deportivo da Coruña ‘Montaos no Dépor’ celebrou o seu acto de presentación hai uns días na Cafetería ‘3 Tapas’, coa asistencia do adestrador do equipo, Fernando Vázquez, e do central arzuán do club coruñés, Pablo Ínsua, entre outros. A nova entidade, presidida por

Ainhoa Ramos Manteiga, deportista do Club Deportivo Luar (Ordes) e integrante da selección galega de taekwondo, acadou a medalla de bronce no Campionato de España júnior desta modalidade deportiva. A competición celebrouse en Pontevedra e a representante do

Alejandro Santos e con Álvaro Campos como secretario, pretende canalizar as enerxías do gran número de afeccionados que o equipo herculino ten na zona. Ademais do grupo humano, da peña destaca o seu logotipo, no que non esqueceron situar os afamados grelos da zona.

equipo ordense destacou polo seu labor nun campionato que acadou un “altísimo nivel”, tal como indica o Club Deportivo Luar. Ramos Manteiga competiu na categoría de 59-63 kg, na que se impuxo a madrileña Cecilia Castro e foi prata a vasca Jone Magdaleno.


Crónicas - Febreiro 2014

19

PUBlICIDADE Menú do día e carta

A DE COMIDAS S A C

SUSA

Especial ENTROIDO

Café-Bar

Avda Alfonso Senra 27, bajo ORDES

Comida para levar

- Que caracteriza a cociña do seu establecemento? - Queremos recuperar esa cociña caseira, tradicional e cercana mesturada con produtos de calidade, para chegar a ser unha casa de comidas de referencia. - Que poderán atopar os clientes no día a día? - Os clientes terán a oportunidade de elexir entre a carta con prezos axeitados a esta época e un menú do día variado con postre e café incluídos. O horario de comedor empeza de 13:00 a 16:30 horas a mediodía e de 21:00 a 23:00 horas pola noite. En cambio, na parte de cafetería abrimos as 9:00 e en

881 981 518

Cocido Laconada

Filloas / Orellas Postres caseiros

Bar Susa, a nova casa de comidas de referencia en Ordes canto á hora de peche... xa se sabe que neste sector sábese cando se abre pero non cando se cerra. - Cal vai ser a especialidade da casa? - Nestes momentos as referencias que temos dos clientes é que son un éxito as empanadas, o polbo á feira e o bacallau ao forno. - Que eventos especiais acollerán: celebracións, festas de empresa...?

Cal é a súa capacidade? - O establecemento conta cun aforo de 50 persoas que nos permite realizar diversos eventos tanto para empresas como para familias, adaptándose perfectamente ás súas esixencias. - Preparan encargos para levar? - Si, por suposto, tanto racións como platos elaborados e incluso empanadas. Estas hai que encargalas cun día de antelación.

- Avecíñase o Entroido. Que propostas nos farán? - Faremos un menú especial para o antroido con previa reserva no que elaboraremos os produtos típicos destas festas como o cocido, filloas, orellas... - Con que experiencia contan neste sector? - Temos unha ampla experiencia neste sector, avalado por máis de 15 anos traballando en cociña.

Susa - Que é o que lles parece máis importante na atención ao cliente? - O máis importante é ter un trato afable e educado co cliente, ofrecer produtos de calidade e facer que se sinta tan cómodo como na súa casa.

Programa de Actividades • Concurso de Disfraces. Sábado 1 de marzo. O desfile sairá ás 18:00 horas do Pavillón de Deportes e percorrerrá as rúas de Sigüeiro amenizado pola batucada da Aula de Música. Animación, inchables, mascotas, premios, música e moita diversión. Consulta as bases no centro cultural ou na páxina web www.concellooroso.com. • Festival do CRA. Venres 28 de febreiro. O salón de actos do centro cultural de Sigüeiro acollerá este festival infantil de Entroido. • Festa de Disfraces. Luns 3 de marzo, a partir das 19:00 horas no centro cultural. Haberá música, mascotas, diversión e sorpresas para todos e todas as asistentes, que poden colaborar traendo filloas e orellas. • Obradoiro reposteiro de cupcakes de Entroido. Mércores 5 de marzo, ás 18:00 h. De 8 a 13 anos. De balde, previa inscrición no centro cultural. • Concerto didáctico do grupo Vox Stellae: “O rodaballo con botas”. Venres 28 de febreiro, ás 19:00 h. Adaptación do conto do gato con botas con intervencións musicais de distintas épocas e estilos, dende o Renacemento ata a música popular galega. • Concurso de Receitas de Entroido “En galego sabe mellor”. As propostas deberán entregarse antes do 24 de febreiro no centro cultural de Sigüeiro. Terán que ser típicas do Entroido, escritas en galego. Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 25 de febreiro (de 09:00 a 14:00 horas ou de 17:00 a 18:00 horas). • Baile de maiores. Sábado 29 de marzo, a partir das 19:00 horas, no centro cultural de Sigüeiro. Co grupo “Satélite”. • Animación á Lectura. “Somos uns Entroidos”, o luns 3 de marzo, ás 11:00 horas. De 4 a 12 anos, previa inscrición na bibilioteca. Ademais, contacontos todos os sábados: “Animaliños”, na biblioteca municipal.


20

Crónicas - Febreiro 2014

DEPORTES FÚTBOL

TENIS DE MESA O equipo de segunda nacional dá por case acadado o ascenso

O goberno desmente ter negado o campo de herba artificial de Ordes para un partido

O Oroso TM da división de honra imponse con esforzo ao CTM de Granada

“Nunca lle neguei nada a ninguén nin lle prohibín nada a ninguén, xamais”. Así de categórico se amosou o concelleiro de Deportes de Ordes, Roberto Iglesias Calviño, para desmentir que desde o goberno tivesen negado o uso do campo de céspede artificial para un partido da S.D. Montaos, á vista que o propio deste equipo non presentaba un estado idóneo para xogar, tras as intensas chuvias das semanas previas. A cuestión chegou a pleno por boca de Ramiro Recouso (BNG), a quen lla tería trasladado “unha persoa da miña confianza”. Segundo esa versión, os horarios nos que se lle facilitaba o campo ao equipo non se amoldaban ás súas necesidades nin ao regulamento federativo. O edil de Deportes, que amosou a súa indignación co seu xa característico estilo informal, explicou que lle ofreceu tres alternativas ao Montaos para usar as instalacións de Vista Alegre. “Falei con todos, coa directiva, con xogadores e con outra xente do club, e todos dixeron que preferían o sábado ás oito da tarde”, afirmou Iglesias, que conclúe que “non pode vir despois unha persoa queixándose”. Neste sentido, o edil de Deportes reproboulle ao portavoz do BNG “que se traian cousas ao pleno sen contrastalas” porque “a xente vai pensar que eu non lle quero deixar o campo a ninguén” sen ser así. Pediu que noutra ocasión falen con el antes para aclarar os feitos en vez de presentar a iniciativa no pleno. O tono de Iglesias, que confesou ser “o que máis xenio teño” da corporación e advertiu de que “a quen non lle guste, venden azucre nos supermercados”, fixo que Recouso tratase de tranquilizalo dicíndolle que “esto vaille pasar máis veces”. Neste diálogo, o BNG pediu reparar os campos de herba natural ou do contrario “centralizar” toda a actividade no de céspede artificial e solicitar un novo na Deputación. Iglesias concordou en que, pola chuvia, “todos os campos están moi mal”, e anunciou que o do Montaos será acondicionado o vindeiro verán. Non obstante, deixou constancia de que “levantalos todos” sería moi caro e conseguir outro artificial da Deputación non parece doado. “Saen máis baratos os de terra”, dixo.

Aspecto do tanatorio municipal de Ordes, situado na zona do Balado

Esforzo e emoción para a victoria. O equipo masculino da división de honra do Oroso TM tivo que empregarse a fondo para vencer ao CTM Ciudad de Granada, nunha xornada que trouxo a Sigüeiro a un dos equipos de maior historia de toda España, que ostenta varias marcas de

ligas gañadas. Nos partidos individuais, os de Oroso conseguiron igualar (3-3). Lawal Abiodun comezou impoñéndose a Álvaro Pérez, pero despois Carlos Domínguez caeu ante Israel Rodríguez, Jacobo Enseñat ante Julio Reyes e de novo Carlos Domínguez

ante Álvaro Pérez. A remontada para os de Oroso acadárona os triunfos de Lawal Abiodun ante Julio Reyes e de Jacobo Enseñat fronte a Israel Rodríguez. Deste xeito, o partido de dobles resultou definitivo. Os do Oroso TM aproveitaron que xogaban na casa para vencer por 3-1. Cos dous puntos acadados, reforzaron a súa cuarta praza na clasificación e están lonxe dos postos de descenso, que era os que querían evitar a comezos da tempada. Con respecto ao equipo de segunda división nacional, o Oroso TM dá xa practicamente por conseguido o ascenso á primeira división, despois de acumular victorias como os dous 6-0 fronte ao Liceo Casino Vilagarcía e o CTM Coruña. Aínda faltan bastantes xornadas para concluír o campionato, pero o club considera que a vantaxe coa que ocupan a primeira praza fai case irreversible o salto de categoría, froito da capacidade de traballo e a crecente competitividade do conxunto.

MOUNTAIN BIKE Abad, Espiñeira, Vieites e Veiga superaron unha proba esixente

O Club Ciclista Tambre Bike exhibe o seu rendemento na 4Stage MTB Lanzarote Os catro ciclistas do Club Ciclista Tambre Bike que acudiron á 4Stage MTB Lanzarote demostraron un bo rendemento na competición, unha das principais por etapas no panorama da mountain bike. O máis destacado do equipo de Oroso foi Fernando Abad, que ocupou o posto 51º na clasificación xeral, cun tempo de 9 horas, 23 minutos e 30 segundos no conxunto das catro etapas da proba. Na súa categoría, a master 30+, foi 13º. Moi preto del clasificouse Amancio Espiñeira, 55º na xeral e 14º na categoría master 30+. Precisou 4 minutos e 19 segunos máis ca Abad. Máis atrás computaron Ismael Vieites e José Antonio Veiga, 80º e 86º na xeral. Vieites, con 10 h 44’ 50’’, posicionouse como o 30º na categoría master 30+. Veiga pertence a outra categoría, a master 40+, e o seu tempo de 10 h 56’ 55’’ permitiulle ser 17º nese grupo. A 4Stage componse de catro días de competición, que comezan por unha etapa de 30 km, proseguen con

Integrantes do Tambre Bike de Oroso desprazados á competición en Lanzarote

outra de 60 km, dan paso a unha contrareloxio de 25 km e culminan cunha etapa XL de 80 km. En Lanzarote percorreron algunhas das paraxes máis destacadas da illa, como os campos de lava, nun percorrido que este ano se caracterizou por ser extraordina-

riamente técnico. Cabe indicar que o gañador da competición foi o español Sergio Mantecón, da categoría elite, que competou as catro etapas en 7 horas, 30 minutos e 27 segundos. O alemán Simon Stiebjahn foi segundo.


Crónicas - Febreiro 2014

21

DEPORTES ENTREVISTA Rebeca Puente, capitana da S.D. Tordoia feminina, equipo campión de liga na segunda galega

“O ano que vén non será tan doado gañar pero eso motívanos aínda máis” - O equipo feminino da SD Tordoia proclamouse campión do seu grupo na segunda división galega 2013-2014, aínda cando faltaban tres xornadas para o remate do campionato. Canto traballo hai detrás deste éxito? - Pois todo empezou a finais de xullo. Desde o principio da pretempada intentamos esforzarnos o máximo posible para acadar unha boa tempada. Este ano sabiamos que tiñamos moitas posibilidades e tanto as xogadoras como o adestrador e a directiva implicámonos ao 100% no equipo. Adestramentos fortes, novas caras e moita ilusión foron o que nos levou a conseguir o obxectivo. - Este era o obxectivo real da tempada ou era algo co que non contaban a priori? - Desde un principio eramos conscientes de que tiñamos unha boa plantilla. Pero xa se sabe como é o fútbol, non podiamos confiarnos e

dar por sentado que nos íamos facer coa liga. Só pensabamos en xogar partido a partido e conseguir os tres puntos. - Nin un partido perdido en toda a competición. Resultados do calibre de 14-0, 11-0... Cales cres que son as claves máis salientables que fixeron este equipo tan superior aos demais? - Persoalmente creo que todo este éxito é froito do traballo que cada un aportou na súa maneira para o equipo. Tanto o adestrador, como algunha que outra persoa que nos viña adestrar pola semana cando Víctor non podía. E por suposto de nós, as xogadoras. Temos unhas gardametas excepcionais, unha delas Zamora da liga (Lucía Otero, con só 8 goles encaixados), unha defensa contundente, o medio do campo con moita calidade como Leticia Santos (xogadora da selección galega sub16) e arriba contamos con diantei-

Equipo da S.D Tordoia feminino, campioas de liga na segunda división galega

ras con moito gol, entre elas eu (Rebeca Puente, máxima goleadora con 43 tantos). - Sodes máis de xogo ensaiado e de técnica planificada ou de creatividade no terreo de xogo? - Sempre partimos dun esquema principal, cada unha xa sabe cal é o seu sitio e o que ten que facer en cada posto. A partir de aí cada xogadora ten as súas características e habilidades e intenta demostralas no terreo de xogo. - Os rivais mellor clasificados, aínda que a moitos puntos, foron o Orzán B e o Victoria B. En que se dis-

tingue a SD Tordoia destes equipos? - Creo que o noso punto forte está adiante, á fin e o cabo no fútbol gana o equipo que máis goles encaixe. Os partidos xogados contra estes equipos non foron fáciles, pero soubemos manter a calma. Xogamos á nosa maneira, cunha forte defensa e apoiándonos no medio do campo esperando que chegaran as oportunidades e o final todo saíu a perfección. - Na vindeira tempada os equipos cos que competiredes quizais estean un pouco máis á vosa altura. (SEGUE NA SEGUINTE PÁXINA)


22

Crónicas - Febreiro 2014

DEPORTES (VÉN DA PÁXINA ANTERIOR) Como estimades que será a nova categoría? Cal cres que sería o obxectivo máis razoable? - Pois como é razoable ao subir de categoría, o nivel tamén sobe. Xa non será tan fácil gañar os partidos pero iso motívanos aínda máis. Nos cremos en nós mesmas e imos con todas as ganas do mundo. Se facemos as cousas como ata agora conto con estar na parte alta da táboa. - Temedes dificultades para adaptarse á categoría? - Unha liga máis arriba sempre dá máis respecto e sabemos que temos que estar aínda máis en forma e loitar cada partido o máximo xa que os rivais serán moito mellores. - Que será o máis problemático? - O apartado físico creo que vai ser un dos pequenos problemas que podemos ter, polo resto véxonos capacitadas para estar a un bo nivel. - Que rivais che preocupan máis? - Todos os rivais que imos ter van ser duros e moi fortes, os que máis

- É obvio que á parte das xogadoras o adestrador tamén é o gran partícipe deste éxito. Dende un primeiro momento, Víctor encargouse de recordarnos o lonxe que podiamos chegar, axudounos a confiar en nós mesmas pero tamén nos advertiu de que tiñamos que esforzarnos e ir partido a partido que a tempada era moi longa. Outra parte que quero destacar do seu labor é o ben que soubo repartir os minutos e que toda xogadora xogase o máximo posible. Á parte deso, Víctor vive na Estrada, polo que para el foi un gran sacrificio vir adestrarnos e viaxar con nós, por iso aproveito para darlle as grazas por todo este esforzo que fixo polo equipo. - Resulta pouco habitual un equipo feminino nun municipio relativamente pequeno. Como e cando se creou? Hai moita tradición neste sentido? - O fútbol feminino cada vez avanza máis e neste sentido en Tordoia dou un paso de xigante. Creouse

A implicación da afección é un dos feitos que máis agradecen as xogadoras

destacaría son Villestro, Orzán ou Milagrosa. - Haberá moitos cambios no equipo ou poderedes manter a maior parte da alineación tan exitosa desta tempada? - En principio non se esperan cambios. Imos seguir todas as xogadoras, e incluso poida que haxa algunha que outra fichaxe. Xa que o salto a outra categoría o require, contamos quedarnos nunhas 24 fichas, máis ou menos. - Adestrades moito? Tedes que facer moitos encaixes para acoplar a preparación física e a competición á súa rutina diaria? - Actualmente estamos adestrando dous días a semana. Os martes, de 21:00 a 22:30 horas e os venres de 20:30 a 22:15. Non sempre podemos estar todas por estudios, traballo e demais, sobre todo os martes. Os venres xa intentamos poder reunirnos todas para falar do partido que nos toca e adestrar todas xuntas. - Que destacarías do labor do voso adestrador?

hai sete anos. Un grupo de amigas decidiron xuntarse e facer un equipo feminino aquí. Por que as mulleres non podemos xogar ao fútbol? Ao principio a idea non era moi apoiada nin lle vían moito futuro pero coa confianza dalgunhas persoas o proxecto foi adiante. E hoxe todo o mundo pode estar orgulloso deste equipo de rapazas que simplemente buscaban pasalo ben todas xuntas e divertirse xogando a un deporte que sempre foi de homes. - O fútbol feminino segue sendo o patiño feo? Tedes algunha desvantaxe con respecto aos equipos masculinos do club? Sentídesvos ao mesmo nivel ou estades nun segundo plano? - Neste aspecto, nós estamos moi orgullosas e agradecidas coa directiva e con todos os equipos da SD Tordoia. Non temos ningunha queixa, todo o contrario, trátannos como un quipo máis do club. Apoiáronnos e animáronnos moito para conseguir este ascenso. - Tedes moitas dificultades de fi-

As celebracións do equipo sucedéronse e foron homenaxeadas no Concello

nanciación, loxística...? Está garantida a continuidade do equipo neste sentido? - É verdade que tal e como están as cousas se fai complicado algunhas veces tirar para adiante, pero polo momento todo vai indo ben e neste aspecto podemos estar tranquilas. - Por que cres que non hai máis equipos femininos na comarca? Que habería que facer para impulsalos? - É complicado, sobre todo en sitios pequenos como este. Aínda que cada vez son máis as nenas que lles gusta o fútbol, necesítase unha maior implicación e interese por parte dos clubs. - Tivestes que vencer moitos prexuízos para xogar ao fútbol? Cales vos molestaron máis? - Eu nunca tiven problema neste aspecto. Sempre me gustou o fútbol e tanto no colexio como cos meus amigos era unha xogadora máis, incluso se pelexaban por levarme para o seu equipo (ri). É verdade que as rapazas no colexio me vían como algo raro, en vez de estar con elas dando voltas e falando de rapaces estaba xogando o fútbol con eles. Na casa tamén tiven algunha que outra “discusión” cando empecei pero despois xa foi todo a mellor e

todos disfrutamos do fútbol e dos éxitos conseguidos. - Seguro que tamén recibistes moitos apoios. Con cal te quedarías? - Sen dúbida algunha quédome co partido do Conxo, onde nos proclamamos campioas de liga. O momento no que saio do campo e vexo toda a xente aplaudindo e berrando o meu nome foi algo impresionante. E ao que o árbitro pitou o final do partido Santa Isabel era todo negro e amarelo. Foi un día moi especial para tod@s. - Hai apoio social ou só se manifestou agora de maneira oportunista, co éxito acadado? - Non. Temos moito que agradecer a toda a xente, a verdade. Eu persoalmente nunca vin unha afección tan implicada co fútbol feminino. En cada partido que xogamos contamos cun lote de xente que nos daba moita forza e ánimo para gañar. - Cal sería o maior sacrificio que farías, ou que xa fixeches, polo fútbol? - Quizais o sacrificio máis grande que destacaría foi o traballo que pasou meu pai levando adestrar pola semana mentres eu non tiven carné de conducir.

A FICHA DO EQUIPO - Nome: S.D. TORDOIA FEMININO. - Ano de creación: 2007 - Número de socios: 400 - Instalacións: Campo “A Rega” (Cabaleiros) e Campo de Santaia de Gorgullos (Tordoia). - Xunta directiva: - Presidente: Óscar Golán. - Vicepresidente: José Domingo Ferreira. - Tesoureiro: José Ángel Costa. - Secretaria: Susana Pena. - Vogais: Amador Conde, Martín Cruz, Jesús Rodríguez, Alfonso Vázquez e Sergio Liñares. - Xogadoras: Lucía Otero, Marta, Ana, Anxa, Diana, Irene, Laura García, Laura Mata, Laura Raña, Lety peke, Lety, Lidia, Lucía Sánchez, María, Miriam, Mónica, Selenia, Tania Fariña, Tania González e Rebeca. - Adestrador: Víctor Brea. - Para non perderlle a pista ao club, Facebook e Twitter: SD Tordoia.


Crónicas - Febreiro 2014

23

OPINIÓN

Corrupción: entre a percepción e a realidade

Os paxariños da Alameda

Gonzalo-Henrique Castro Prado O recente informe de loita contra a corrupción da Unión Europea, sinala que no Estado Español un 63 % dos cidadáns (a porcentaxe máis elevada da UE) considérase afectado persoalmente pola corrupción na súa vida cotiá (a media da UE é do 26 %), en tanto que o 95 % manifesta que a corrupción é un problema moi extendido (a media da UE é do 76 %). Máis alá de percepcións, o certo é que a corrupción cotiá ou de “menor envergadura” é unha constante que remata con lastrar a eficiencia das Administracións Públicas e a competitividade económica, e datos como que o 52 % dos cidadáns considere que a única maneira de triunfar no mundo empresarial é dispoñer de contactos políticos, ou que o 93 % das empresas considere que o favoritismo e a corrupción obstaculizan a competencia empresarial, certifican a reali-

Con tanto vento como houbo nas últimas semanas, a algún paxaro voáronlle as ideas todiñas e a outro alteraronselle as poucas que tiña. De modo que os ornitólogos estes días fan pouco caso dos chíos que se escoitan, á espera de que repousen un pouco as plumas e o sentidiño. Porque o certo é que se escoita cada perla...

dade dun problema que ten un custo social de perto de 40.000 millóns de euros anuais no Estado Español, por situarnos: unha cantidade equivalente a case 5 veces o orzamento da Xunta de Galicia. Moitas son as receitas que se teñen proposto para abordar este problema: maiores controis e transparencia no financiamento dos partidos políticos, códigos de conducta exhaustivos para os cargos electos, aumentar o control e a fiscalización da contratación pública... Pero todas estas medidas quedarán nunha simple declaración de intencións, se non nos damos conta do evidente, que é que durante moitas xeracións se aceptou socialmente como normal aproveitarse da posición en beneficio propio, facendo de frases como “Todo o mundo o fai” ou “Non sexas

tonto e aproveita” auténticos leit motiv dos valores imperantes...por iso, a solución definitiva a este problema só pode vir da man dunha rexeneración social, que deberá comezar por formar ás vindeiras xeracións en valores cívicos, democráticos e de xustiza social... cando o Ministro Wert nos deixe e se adique a outros menesteres... Gonzalo-Henrique Castro Prado Avogado

Luz ao final da factura? Miguel López Crespo

Lembro o momento en que no ano 2009 escoitei falar por vez primeira do concepto Último Recurso e da sensación de desacougo que me produciu un termo tan apocalíptico. A pesares de que non supuña máis que unha nova forma de denominar á última das tarifas reguladas, curiosamente hoxe volvo a ter aquela mesma sensación de inquedanza, a sensación dunha persoa que queda desvalida, sen protección e que perde a última liña de defensa ante o perigo que supón un cruel mercado liberalizado. Anteriores experiencias non facían presaxiar nada novo cando fomos coñecendo os detalles do camiño que nos levaba cara a liberalización do sector eléctrico, basicamente porque non se prevían remedi0s a erros cometidos noutros sectores, e como no

título da novela de García Márquez, a crónica que lles relato anunciaba desde un principio a morte deste proceso. Así, podemos hoxe presumir dun mercado eléctrico que se caracteriza xusto por todo o contrario do que sempre se predica dun proceso desta natureza. Nin transparencia, nin claridade, nin baixada de prezos nin real competencia entre empresas. Da total falta de transparencia e claridade na conformación de prezos da electricidade seguro que non lle queda dúbida a ninguén, basta con asistir á lamentable confrontación entre Goberno e patronal do sector, botándose reciprocamente as culpas do brutal incremento no importe final das facturas que pagamos os usuarios. Menores prezos tampouco. Hoxe saír ao mercado libre supón para un usuario pagar máis do que xa paga na tarifa regulada, por iso máis de 16 millóns de españois seguen acollidos a aquel último recurso (mal chamado agora prezo voluntario para o pequeno consumidor), e dos que marcharon, sabemos que moitos non o fixeron voluntariamente, que foron enganados e traspasados con motivo dunha mala práctica comercial ou de resultas de calquera outra xestión. E da competencia nada que dicir. Atopar unha empresa que venda electricidade máis barata que a tarifa regulada é sinxelamente imposible.

Ante unha situación tan grave como a descrita, desde o Ministerio de Industria apuntan un novo mecanismo para fixar as tarifas que pagarán os usuarios e que desde o meu punto de vista se caracteriza polos seguintes elementos: - A desaparición das tarifas reguladas por outras baseadas na evolución de prezos do mesmo mercado cuxa última poxa tivo que ser anulada. - O descoñecemento do prezo que pagaremos pola electricidade, algo que choca abertamente cos principios básicos do dereito de consumo. - Unha discriminación entre os consumidores polo feito de ter ou non instalado un contador dixital, cuestión que depende da vontade das propias empresas. - Un prezo aínda máis caro para os usuarios receosos do mercado e que opten pola seguridade dun prezo estable. - Unha factura agora xa si, incomprensible para todos. En definitiva, o mellor caldo de cultivo para que paseniño sexamos expulsados do noso último refuxio. Última parada do camiño. Miguel López Crespo Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia.

Do que non se dan conta é de que o temporal acaba de comezar e quédanlle quince meses. Este non se chama nin Ruth nin Stephanie. Chámase precampaña e con ela voan ata as aves máis insospeitadas, unhas para poñerse a tiro e outras para tantear o terreo. Os observadores xa están ao tanto de varios castings que se van convocar e eso é o que axitou a varias especies. O certo é que nunhas árbores nin sequera hai vacantes e o paxaro xa voa só, noutras hai exceso de interesados, e noutras incluso os máis necesitados procuran non aniñar. Bastante máis aló da Alameda, os ornitólogos xa observaron que o mando púrpura voa tan baixo que non vai dar remontado o voo. A decadencia da especie cada vez parece máis inevitable, máis aínda desde que convida ao seu niño aos novos veciños, que se tinguen de vermello para disimular a súa condición de corvos. Corvos mariñáns. Corvos podres. Ha chegar maio e non han florecer as roseiras. E despois xa verán o que van tardar en florecer de novo. Xeracións enteiras! Avisados quedan. Despois non vaiades chorarlle a Paco, por aquelo de que só atende queixas... Para este xoves avecíñase temporal. Non vai haber paraugas que o torne. Pero debería ir con coidado quen afía coitelos porque cárgaos o demo. Aínda van agromar bágoas e saloucos. Pero que ninguén se angustie, que por se non o sabedes hai moi bos panos nos que sonarse, anque non sexan de marca...


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Dirección: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com Depósito Legal: C 900 - 2013 Imprime: Publicacións Tameiga, S.L.

MESÍA Un equipo do CPI de Xanceda participou no certame de debate xuvenil Parlamento Xove

Estudantes con argumentos ben afiados As victorias obtidas pola razón, manifestada a través da palabra, sempre son máis aconsellables que as que se acadan impoñendo a forza. Aínda que só sexa por unha cuestión de elegancia, un mal debate sempre vai ser mellor que unha boa pelexa. Por eso, a dialéctica pode resultar moi útil na vida, e quen a manexe ben sairá con bo pé das pequenas batallas do día a día. Todo esto sábeno ben os integrantes do equipo do CPI de Xanceda (Mesía) que participou no Parlamento Xove, o certame de debate da dirección xeral de Xuventude. Son os únicos que acudiron de toda a comarca, todos estudantes de ESO Jesús Manuel Sánchez Rama, Ana Varela Grobas, Yennis Fernández Randazzo e Marcos Méndez Méndez. Estiveron coordinados pola profesora Adela Figueroa Paz. Quedaron moi satisfeitos coa experiencia, que durante semanas os tivo preparando documentación e argumentarios na clase e mesmo nos recreos, botando man de internet e da biblioteca. Foi “unha experiencia única que cambiou o meu punto

de vista totalmente”, en palabras de Ana, que declara que decidiron concursar “por probar cousas novas”. Gañar un dos tres debates non foi abondo para superar a fase preliminar. Pero non se desaniman e teñen ganas de repetir polo ben que o pasaron e pola confianza que gañaron en si mesmos. Na próxima, xa saben que teñen que “lanzarse máis”, como di Yennis, ou “non ter tanta vergonza”, como engade Marcos. A timidez restoulles posibilidades porque non é boa compañeira da oratoria. Jesús Manuel precisa que é necesario “non poñerse nerviosos” para avaliar ben os argumentos dos rivais e dar co xeito de replicalos e botalos abaixo. Nese sentido, aínda que algúns integrantes do equipo deixan ver que por momentos lles faltaron reflexos, Ana e Yennis afirman que o punto forte do equipo foi “saber fiar ben as ideas” e expresalas ben. Todos concordan en que é vital saber improvisar para triunfar no debate. Tal como explica Ana, queda mellor ser creativos que “ter os argumentos chapados”. Pero a boa improvisación require moita prepa-

A coordinadora, Adela Figueroa, cos integrantes do equipo que competiu no certame: Jesús Sánchez, Ana Varela, Yennis Fernández e Marcos Méndez

ración previa e “é bonito improvisar sempre que se leve un guion ben feito”, destacan Yennis e Marcos. A dinámica do concurso establece que os equipos coñecen o tema do debate con antelación, pero non saben ata uns minutos antes se van ter que defender a posición contraria ou

favorable a unha tese. Decídese por sorteo. Eso xera complicacións se “os principios” do orador non concordan co designio do azar, segundo Ana, Marcos e Yennis. Mais Jesús Manuel cre que non debe de supoñer un problema se o tema está ben preparado de antemán.


Cronicas comarcadeordes n2 febreiro2014