Page 8

8

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade OROSO O Concello xa sacara a licitación a obra en xuño por máis de 82.000 euros

CERCEDA

Sogama recibe máis de 1.100 visitas no primeiro semestre O complexo medioambiental de Sogama recibiu máis de 1.100 visitas durante o primeiro semestre de 2019. Visitas de distintos perfís: escolares, asociacións, universitarios e varias delegacións estraxeiras, procedentes da República Democrática do Congo, Arxentina, Cuba e Costa Rica. “Querían ver o que será en breve o complexo medioambiental de xestión de residuos urbanos máis moderno e eficiente de Europa”, explican dende Sogama.

TRAZO

O PSOE aposta por un Concello gobernable “polo ben dos veciños” Os socialistas de Trazo veñen de contestar ás críticas de Somos Trazo polo seu apoio ao Goberno do PP no pleno de organización. A súa voceira, Beatriz Domínguez, asegura que “o noso único obxectivo é que o Concello sexa gobernable polo ben dos vecios. Paralizar o seu funcionamento normal non favorece a ninguén”. Domínguez lamenta “as críticas e continuas falsidades de Manuel Pereiro e Somos Trazo” e lembra que “todos os veciños de Trazo coñecen o seu pasado e non toleraremos as súas infamias, derivadas sempre de intereses persoais”.

MESÍA

Nova varanda de seguridade no sendeiro das Brañas de Valga O Concello de Mesía vai investir máis de 40.000 euros na instalación dunha varanda de madeira de 521 metros de lonxitude nas Brañas de Valga (Visantoña) que servirá de protección no sendeiro que bordea a lagoa e que substituirá á actual, que se atopa nun estado deficiente e incluso perigoso para o tránsito peonil. As obras foron adxudicadas a Sergonsa Servicios SL, que ten seis meses para a súa instalación.

O PP pide o arranxo dunha pista que xa está licitado nun proxecto O pasado 31 de xullo, o grupo municipal do Partido Popular de Oroso denunciaba o estado de abandono no que se atopa na actualidade a contorna da Ponte Carollo, na parroquia de Cardama. Ese mesmo día, os populares rexistraban unha petición para urxir ao goberno local a que tome medidas que permitan solucionar un problema: a maleza excede as barandas e imposibilita o tránsito de persoas pola ponte senón é pola calzada. “Falamos dun lugar de paso para as persoas que une Carollo co resto da parroquia de Cardama e que se atopan con moitos problemas para poder transitar por esta zona”, lamentaba o voceiro popular, Alexander Doval, quen consideraba “imperdoable” que o goberno local “siga mirando para outro lado” e non leve a cabo as tarefas de limpeza necesarias para arrombar esta zona. Proxecto xa en marcha E se ben o voceiro popular está no certo sobre o lamentable estado de conservación da contorna de Ponte Carollo, non o está tanto en canto á suposta inacción do Concello de Oroso que, como puido comprobar Crónicas, o 26 de xuño iniciou a licitación da segunda fase do

Estado actual na contorna de Ponte Carollo

proxecto de mellora da rede viaria en Couso (Senra) - Carollo (Cardama). O proxecto está actualmente en fase de evaluación de ofertas e ten un presuposto de máis de 90.000 euros. Unha actuación que ten por obxecto a pavimentación do vial público que une os lugares de Couso e Carollo, para o cal será preciso preparar o camiño (limpeza, esplanación, apertura e perfilado de cunetas), así como estender zahorra artifical e pedra previo á súa pavimentación con rego asfáltico.

A actuación está incluída no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019/2020 e financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural xa que une dous núcleos rurais importantes no municipio e é bastante transitado, sobre todo por maquinaria pesada de tipo agrícola, polo que o Pleno da Corporación Municipal decidiu pavimentalo con triplo rego asfáltico para conseguir unha capa de rodadura máis estable e perdurable no tempo.

CERCEDA

MESÍA

O Concello investirá 70.000 € na mellora do camiño de Xeixas a Cavadas, en Rodís

Arranxo en tres pistas municipais con cargo ao Agader

O Concello de Cerceda está a licitar o proxecto de mellora do camiño de Xeixas a Cavadas, en Rodís. Trátase dunha estrada de 2.144 metros e que é moi utilizada para o tránsito de maquinaria agraria e forestal. O Concello procederá á limpeza de gabias en ambas marxes e ao afirmado do seu firme con quince centímetros de zahorra de canteira. Ademais, contémplase a mellora da sinalización vertical do camiño, incluíndo a colocación dun sinal de stop. Estes traballos teñen un orzamento de 70.282 euros e un prazo máximo de execución de seis meses.

TORDOIA

Licitan o arranxo do viario que une Seixán, Vilarchán e Castrillón O Concello de Tordoia vai investir máis de 78.000 euros na mellora do camiño rural que une as localidades de Seixán, Vilarchán e Castrillón. Unhas obras que serán licitadas neste mes de agosto e que teñen un prazo de execución de 6 meses. Ademais de limpar ambas marxes da estrada, mellorarase a capa de rodaxe dos seus 3.275 metros cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado para toda a plataforma.

O Concello de Mesía vén de sacar a licitación por 73.806 euros a mellora de tres camiños no municipio: camiño xeral de Albixoi en dirección Cabrui, camiño de Lanzá a Cumbraos e camiño no Pazo (Castro). Tres actuacións financiadas con cargo ao Agader e que permitirán mellorar a capa de rodaxe destas tres vías, que suman 3.615 metros de lonxitude. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

Advertisement