Page 21

21

CRÓNICAS - Agosto 2019

DEPORTES TENIS DE MESA

Sigüeiro acollerá o X Torneo Internacional Concello de Oroso

ATLETISMO A proba acadou un récord de participación con 255 corredores/as

Amador Pena e Eva de la Fuente gañan a IX Carreira Popular de Mesía Un total de 255 deportistas tomaron parte nas distintas categorías da IX Carreira Popular de Mesía, celebradas o pasado 3 de agosto en Visantoña. Unha cifra que supón un récord de participación e polas que o Concello agradeceu a colaboración prestada tanto da veciñanza como das empresas colaboradoras “para que estas carreiras fosen un éxito deportivo e de amizade”. A proba raiña, de 12 quilómetros, foi gañada por Amador Pena Torreira e Eva de la Fuente Iglesias, do Club Atletismo O Pino. O alteta santiagués chegou á meta cun tempo de 43 minutos, 27 segundos menos co segundo clasificado, Manuel Oliver Pérez López. Pola súa banda, Eva de la Fuente, chegou no posto 21 da clasificación xeral, cun tempo de 56 minutos e 22 segundos. Celerino Pedreira Coroas, do Olympo As Pontes, recibiu o premio ao atleta de maior idade.

O complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro acollerá do 30 de agosto ao 1 de setembro a décima edición do Torneo Internacional Concello de Oroso, que organiza o club Oroso Tenis de Mesa. O venres 30 de agosto, a partir das 18:00 horas, terá lugar unha xornada de portas abertas, mentres que as categorías federadas competirán o sábado, de prebenxamín a veteráns. Para o domingo queda o campionato absoluto federado e o de afeccionados. Aquelas persoas que desexen participar poden anotarse de balde no multiúsos deportivo de Sigüeiro, no mail orosotm@orosotm.es ou na páxina www.facebook.com/ OrosoTM. O prazo de inscrición remata o 27 de agosto.

FÚTBOL

Oroso e Frades celebran o 25 de agosto os seus torneos de fútbol Un total de 130 atletas tomaron parte na carreira 12k do Concello de Mesía

Na modalidade 6k, o triunfo foi para Antonio Teijido López, do Verxel Nutrición Deportiva, e para Natalia Rivas Suárez, do Club Atletismo O Pino, que entraron na meta cuns tempos de 21 minutos e 17 segundos e 27 minutos e 53 segundos, respectivamente.

A proba, organizada polo Concello de Mesía, contou coa colaboración de Protección Civil (Abegondo, Carral e Oroso), así como veciños de Olas, Visantoña e Mesía e numerosos voluntarios e voluntarias. Ao final, sorteouse material deportivo cortesía das empresas colaboradoras.

O XVII Torneo de Fútbol Concello de Oroso terá lugar o domingo 25 de agosto, ás 18:00 horas, no campo de fútbol muncipal de Deixebre. Xogarán a SD Deixebre e o Resmón CF. Media hora despois, ás 18:30 horas, a SE Abellá SDC e a SD Pontecarreira desputarán o Trofeo Concello de Frades no campo municipal da Chousa.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

Advertisement