Page 20

20

CRÓNICAS - Agosto 2019

DEPORTES ATLETISMO Gran actuación do Club Atlética A Silva no Campionato Galego Absoluto e no de Combinadas

María Pena gaña o Meeting Internacional de Leiría de lanzamento de xabalina María Pena Ferreiro, atleta do Club Atlética A Silva-Ordes, vén de culminar unha fantástica temporada ao proclamarse campioa do Meeting Internacional de Lanzamentos de Leiría (Portugal) na categoría sub 18, unha das probas máis importantes de Europa. María Pena logrou o ouro cun lanzamento de xabalina de 44,21 metros, o que supón a súa segunda mellor marca persoal. Ademais, días antes do Meeting portugués, María Pena proclamouse tamén campioa galega sub 18 no Campionato Galego de Combinadas e logrou un meritorio cuarto posto no Campionato Galego Absoluto. Dúas probas nas que tamén tivo unha destacada participación a súa compañeira de club María Aguiar Mosquera (sub 16), que logrou sendas quintas prazas en ambas competicións na modalidade de salto de altura. Pola súa banda, Daniel Loureiro Mosquera, proclamouse subcampión galego sub 16 no Campionato de Combinadas.

María Pena logrou a medalla de ouro en lanzamento de xabalina coa súa segunda mellor marca persoal: 44,21 metros

Daniel Loureiro e María Pena foron subcampión e campioa no Campionato Galego de Combinadas. María Aguiar foi quinta

TENIS

TENIS DE MESA

Clausuradas as clases de tenis impartidas en Ordes

A selección galega alevín e infantil adestra en Sigüeiro

A concelleira de Deportes entregou os diplomas aos participantes no curso

Oroso acolleu aos catorce seleccionados/as entre os mellores clubs de Galicia

A concelleira de Deportes de Ordes, Ana Soneira, foi a encargada de clausurar as clases de tenis que tiveron lugar ao longo de todo ano nos pavillóns Castelao II e Campomaior. Soneira aproveitou para entregarlles unha medalla e un di-

Catorce xogadores e xogadoras da selección galega alevín e infantil de tenis de mesa realizaron unha concentración de tecnificación nas instalacións do complexo deportivo de Sigüeiro (Oroso). Unhas xornadas formativas organizadas pola Federación Galega de Te-

ploma acreditativo a todos os rapaces e rapazas polo seu esforzo ao longo das clases, puidendo tamén constatar tanto a satisfacción do alumnado coas clases que se están impartindo como a positiva evolución que están tendo sobre a pista.

nis de Mesa en colaboración co club Oroso TM, e que reuniron en Sigüeiro ao mellorciño do tenis de mesa galego. O pasado mes de xullo, estas mesmas instalacións acolleron a concentración das seleccións galegas benxamín e prebenxamín.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

Advertisement