Page 16

16

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí CERCEDA

ORDES - OROSO

A XXII Festa do Cochiño atrae a centos de visitantes a Acevedo

O II Campus de Verán do CP Galia reúne a 120 patinadores

O alcalde de Ordes e o concelleiro de Deportes de Oroso clausuraron o campus

Faíscas da Pontraga e a charanga Santa Compaña puxeron a nota musical

A Festa do Cochiño de Cerceda non deixa de crecer, como demostra que cada ano haxa que preparar máis exemplares debido á gran cantidade de visitantes que se achegan por Acevedo. De feito, nin a choiva da noite anterior amedrentou aos romeiros, que dende a mañá ateigaron o campo da festa

baixo a música de Faíscas da Pontraga e a charanga Santa Compaña. Tras degustar o cochiño, ben acompañado por polbo e churrasco, a festa continuou cunha exhibición canina. Pola noite, o broche de ouro chegou coa orquestra París de Noia, do Combo Dominicano e Nuria Fergó.

Un total de 120 patinadores e patinadoras, de entre 8 e 20 anos de idade, participaron no II Campus de Verán do C.P. Galia, organizado polo Concello de Ordes en colaboración co de Oroso. Os clubs que formaron parte do campus foron: C.P. Oroso, C.P. Galia, C.P. Brión, E.E. Lubiáns (Carballo), C.P. Conxuro (A Laracha), C.P. Omega (Ames), C.P.A. Boiro, C.P.A. Maxia (A Coruña), C.P. Oleiros, C.P. Buxaina (Ferrol), C.P. Valladares (Vigo), C.P. Gondomar, C.P.

Castrelos (Vigo), C.P. Coruxo e C.P. Arroyo e C.P. Zaratán (Valladolid). O campus contou coa participación de varios patinadores internacionais pertencentes á selección española (como Lucas Yáñez, Unai Cereijo ou Manuel Vila) e a adestradora da selección española, Rosa García. A concentración foi clausurada polo alcalde de Ordes, José Luís Martínez; polo concelleiro de Deportes de Oroso, Antonio Leira; e pola súa homóloga ordense, Ana Soneira.

OROSO

ORDES - OROSO

Gran festa de clausura dos cursos de natación

Alta participación nos cursos de verán de Ordes e Oroso

A entrega de diplomas estivo precedida dunha festa con inchables na piscina

Centos de veciños e veciñas participaron na tradicional festa de clausura dos cursos de natación, que cada ano organiza o Concello de Oroso durante o verán. Unha festa que tivo lugar na piscina municipal de Sigüeiro e que incluíu un espectáculo de animación cun inchable acuático.

Para rematar, procedeuse á entrega dos diplomas a todos os nenos e nenas que participaron no cursos de natación deste verán. A concelleira de Xuventude e Voluntariado, Beatriz Rodeiro Fernández, foi a encargada de entregar os diplomas, así como unhas lambonadas a todos os nenos e nenas.

As concelleiras de Ensino de Ordes, Susana García, e Oroso, Isabel Fernández, participaron nos actos de clausura dos seus respectivos

campamentos de verán, que reuniron a varios centos de nenos e nenas de ambos municipios durante o pasado mes de xullo.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

Advertisement