Page 14

14

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí ORDES Susana Seivane preséntanos o seu disco o 17, compartindo cartel con Gurruchaga nos III Sons de Ordes

“Fa está a chegar ao corazón da xente” - Ven de presentar o seu novo disco en Bertamiráns, hai unha nova Susana nestes doce temas? - Si, este disco é todo de composición. Inspírome totalmente nos meus sentimentos e inquietudes a través da música, a través da inspiración que me trouxeron meus fillos, polo tanto este é o disco máis persoal e emotivo de todos os que levo feito. - O disco, como vostede di, é unha obra dedicada aos seus fillos, de que xeito influíu a maternidade na súa composición? - Creo que dun xeito súper positivo e xerminativo, posto que cando quedei embarazada do meu primeiro fillo, Fiz, entrei nun momento de inspiración que non tivera antes tan forte, e esa inspiración segue, cando naceu Fiz e máis Antón, o segundo. Fíxenlles moitas pezas mentres os arrolaba para durmilos. - E de que xeito están presentes os pequenos momentos da vida na súa obra? - Pois dende nanas que lles fixen na máis estrita intimidade, susurrándollas ao ouvido para durmilos e que logo transportei á gaita, ata cancións máis cañeiras e divertidas adiadas a como son eles. No caso de Fiz, “Papá pum pum”, dedicada ao seu pai máis el, polo que lles gusta o mundo do boxeo, Xesús Ferreiro “Cachorro”, a miña parella é tricampión de España de Boxeo profesional, e Fiz dende pequeno empezouse a interesar polo mundo de seu pai, menos mal que se lle foi quitando esa idea da cabeza, xa me chegou sufrir co seu pai :esta canción fala del, un neno alegre, creo que feliz, sen prexuízos, das cousas que lle gusta facer, do que me gusta a min del… E para Antón hai un tema que o describe moi ben polo seu título, “Antón Revolución”, un tema sen letra pero que ao escoitar o ritmo e melodía que ten, faste unha idea da marabillosa revolución que supuxo para nós a súa chegada, un neno cunha enerxía incrible, bastante traste pero moi moi cariñoso. - Despois de oito anos sen publicar disco, é difícil volver ou vólvese con enerxías renovadas? - Foron anos de silencio discográfico persoal, pero gravei para outros artistas, estiven en moitos proxectos de tele e radio e ademais seguín facendo xira todos os anos menos cando naceu Antón, que foi un 7 de agosto e ese ano non puiden facer xira de verán pero si a fixemos en inverno eu embarazada, foi moi especial. Así que, realmente non mar-

chei dos escenarios afortunadamente porque son tempos difíciles, pero sempre que sacas un novo traballo discográfico, e máis este tan especial, as enerxías renóvanse a tope desexando que todo o mundo escoite o que fixeches, o desfrute e lles axude, xa que hai un libro moi completo das historias de cada canción, dos meus pensamentos do mundo, da maternidade, das cousas da vida en xeral, que están axudando a moitas embarazadas a entender certas cousas que lles pasan, que están axudando a moitos nenos a durmir, e iso é unha grande alegría para min. - Que significa para vostede a música folk? - Para min a musica folk é a fusión de música ou instrumentos tradicionais con outros instrumentos modernos. Eu bebín sempre das fontes tradicionais, co gran referente para min que foi meu avó, Xosé Manuel Seivane, e con outros grandes gaiteiros como Ricardo Portela ou Moxenas, pero sempre me gustou revestir esas melodías cun son máis contemporáneo que creo que fun acadando ao longo de todos estes anos, mesturando a gaita con outros instrumentos como o saxo, a batería ou o baixo eléctrico, con melodías na gaita tradicionais ou de composición contemporánea, dándolles tratamento con outros estilos de música como pode ser o funky, o Rock ou o pop, encántame e divírteme moitísimo, non teño absolutamente ningún prexuízo nese aspecto. - Se puidera resumir nunha frase a súa percepción da acollida que está a ter o disco, cal sería? ¿E do público? - Fa, está chegando ao corazón de moita xente. O público, entregado e cariñoso. - Acumula xa unha longa traxectoria no mundo da música folk na nosa terra, e este é o quinto traballo da súa carreira. ¿hai felicidade absoluta na súa obra? - A felicidade completa creo que non existe, si tempadas nas que estás máis feliz, máis satisfeita, e tempadas nas que tes máis problemas, como todas as persoas teñan a profesión que teñan, pero a verdade é que durante toda miña carreira tiven máis cousas positivas que negativas, sen dúbida quédome co agarimo do público, síntome moi querida e respectada, e FA estame facendo moi moi feliz e cando estaba xestándoo súper feliz de ver que podía a través da música expresar todo o que sentía emocionalmente.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

Advertisement