Page 1

TRAZO

OROSO

Páx. 3

Pecha o colexio de A Polveira ao ter só catro alumnos/as

Páx. 6

A sorte elixe Sigüeiro, con dous premios da Lotería

CR ÓN I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 68 - Agosto de 2019

Liñares recorrerá a sentenza que o inhabilita 8 anos por prevaricación O Xulgado do Penal nº 2 da Coruña condenou ao alcalde de Cerceda, José García Liñares, a 8 anos de inhabilitación especial para cargo

público por un delicto de prevaricación administrativa no proxecto “Lagoas Naturalizadas” e a súa contorna no Xardín Botánico, en O Acevedo,

meses antes das municipais de 2015. O alcalde socialista rexeita demitir e anuncia que recorrerá a sentenza. Pola súa

banda, o PP pide un pleno extraordinario para tomar coñecemento da inhabilitación e o BNG esixe directamente a Páx. 2 súa demisión.

TORDOIA

Máis de 80.000 € para a nova cuberta do polideportivo Páx. 6

OROSO

O PP pide o arranxo dunha pista que xa está licitado nun proxecto do Agader Páx. 8

ORDES

Susana Seivane: “Fa está a chegar ao corazón da xente” Páx. 14

ORDES

Ordes é unha festa

Páxs. 9 a 14

Martínez Sanjurjo: “a maioría absoluta é un recoñecemento á nosa maneira de gobernar” Páxs. 12 e 13


2

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade CERCEDA O PP pide un pleno extraordinario e o BNG esixe a demisión do alcalde

Liñares recorrerá a sentenza que o inhabilita 8 anos por prevaricación OROSO

O Concello súmase ao “Camino del Reciclaje”, que permite obter a Compostela do Ecoperegrino O Concello de Oroso, a través do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI), vén de sumarse á iniciativa estatal “Camiño del Reciclaje”, o que permitirá que os peregrinos e peregrinas poidan obter a Compostela do Ecoperegrino. Para iso, deberán selar o documento no propio CEICI, no polideportivo, na Casa do Concello ou no Punto de Información do Camiño Inglés (PICI), emprazado na piscina municipal. Unha piscina onde o Concello vén de abrir á veciñanza dúas novas melloras: unha pérgola e unha nova zona de descanso. Dúas actuacións que forman parte do proxecto de reforma do complexo para mellorar o servizo que lle presta aos veciños. “O número de usuarios non para de medrar e queremos dotar este espazo de novos servizos, dando sempre resposta ás demandas veciñais”, asegura o alcalde Manuel Mirás. Cuberta Unha vez que remate a tempada de verán, comezaran as obras para construír a cuberta da piscina, licitadas en 210.475 euros. “Queremos desestacionalizar o uso da piscina, que estea máis meses a disposición dos orosáns”, afirma Mirás Franqueira. Ademais do servizo de piscina municipal, o exterior das instalacións é cada verán o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís incluídos na programación cultural do Concello de Oroso.

Sensación de déjà vu en Cerceda tras a sentenza do Xulgado do Penal nº 2 da Coruña que condena ao alcalde, José García Liñares, a 8 anos de inhabilitación especial para cargo público por un delicto de prevaricación administrativa en relación ás obras do proxecto “Lagoas Naturalizadas” e a súa contorna no Xardín Botánico, en O Acevedo, meses antes das municipais de 2015. Unha sentenza que tamén condena ao arquitecto municipal a catro anos de inhabilitación por un delicto de prevaricación e a outros nove meses de suspensión de cargo no Concello por falsidade nun certificado. O fallo considera probado que García Liñares deu orde verbal para iniciar as obras, presupostadas en máis de 306.000 €, antes da formalización do contrato. Así, indica que as obras comezaron o 31 de marzo de 2015, cando o contrato se formalizou o 10 de abril e a acta de replanteo data do 24 de abril. Uns feitos que supostamente terían como obxectivo que a obra estivera en execución de cara ás eleccións municipais de maio dese mesmo ano. Recurso Ante esta situación, García Liñares confirma que se manterá no cargo e presentará recurso contra a sentenza. Así mesmo, valora que o xulgado o absolvera dun delicto de fraude contra a Administración e que as penas sexan inferiores ás fixadas en decembro de 2018, que o sentenciaban a un ano e medio de prisión e 16 de inhabilitación. Unha primeira sentenza que foi declarada nula en abril pola Audiencia Provincial, quen entendeu que o xuíz

José García Liñares, durante a súa toma de posesión como alcalde de Cerceda

non fora imparcial, e que ordenou reabrir o xuízo oral actual. O recurso de García Liñares basearase en que a sentenza outorga maior credibilidade ás fotografías e documentación notarial achegadas polo denunciante, o PP de Cerceda, que ao perito xudicial e as tres testemuñas presentadas pola defensa, entre os que estaban os contratistas das obras. Unhas declaracións nas que o xuíz aprecia indicios dun posible delicto de falso testemuño. Reaccións Dende o PP de Cerceda, entidade que presentou a denuncia, José Francisco Santos Regueiro valora que a sentenza actual e a de decembro “son practicamente idénticas”, coa salvidade da absolución polo delicto de fraude, polo que considera que “confirman que non denunciamos por de-

nunciar, senón que había unha base legal e xurídica”. Por iso, o PP pedirá un pleno extraordinario no que se dea conta da sentenza e que o alcalde teña que deixar o seu cargo. Unha petición que podería supoñer a repetición da surrealista sesión do 27 de febreiro, convocada polo secretario municipal tras elaborar un informe no que establecía que non era preciso que García demitise, senon que bastaba con que o Pleno tomara coñecemento da sentenza. Aínda que nas tomas de coñecemento non hai votación, os concelleiros socialistas votaron en contra do punto e déronse por non informados. Uns feitos “tristísimos e bochornosos”, segundo o BNG de Cerceda, que pide a inmediata demisión de García Liñares para evitar “unha nova paralización do funcionamento do concello, como xa vivimos anteriormente”.

ORDES Instalouse un paso de peóns elevado no entronque coa DP-3802

A rúa Lagartos estrea novo firme O Concello de Ordes vén de rematar os traballos de aglomerado na rúa Lagartos. Trátase dunhas obras que supuxeron un investimento de 15.714 euros, que foi sufragado a través do remanente de tesourería ordense. A nova capa de rodaxe aplicouse ao longo dun tramo de 260 metros de longo e 8 metros de ancho. Así mesmo, levouse a cabo a instalación de dúas arquetas con sumidoiro, a reposición da sinalización horizontal (pintado de paso de peóns e demais sinais circulatorias), así como a instalación dun paso de peóns elevado no entronque coa estrada DP-3802 (Ordes-Pontecarreira).

O Concello investiu 15.700 euros procedentes de fondos propios


3

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade TRAZO Socialistas e nacionalistas rexeitan o peche, que cualifican como un ataque ao rural

A Xunta pecha o colexio de A Polveira ao ter só catro matrículas para este curso A unitaria da Polveira pecha as súas portas por falla de nenos. Así o vén de confirmar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que anunciou que “conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo seis escolas unitarias debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros”. Entre eses seis colexios figura o CEIP da Polveira que, con só catro matrículas formalizadas para o curso 2019/20, non chega ao mínimo de seis alumnos matriculados esixidos pola Consellería. Porén, dende a Xunta confirman que eses catro pequenos “teñen asegurada unha praza escolar noutro centro educativo próximo”. A nova foi acollida con pesar e resignación tanto pola veciñanza de trazo como pola dos outros cinco municipios onde se pecharán as escolas, polo que non se prevén mobilizacións como as producidas hai un par de anos. Os seis centros teñen un de-

O BNG de Trazo tamén lamentou profundamente o peche do CEIP A Polveira pois “mentres se fala de combater o despoboamento, suprímense servizos, algúns básicos como os educativos, e con contrastada contribución á dinamización do rural, ademais de representar un ensino máis personalizado e implicado na súa contorna”.

Os catro alumnos/as do CEIP da Polveira serán recolocados nun centro próximo

nominador común: están situadas en zonas rurais e sufren directamente os efectos da despoboación. Castigo ao rural Pola súa banda, os socialistas cualificaron a decisión da Xunta como “un novo castigo ao rural e ao ensino

público”. Así, o secretario de Ensino do PSdeG provincial, Antonio Álvarez, lamenta que “un ano máis, chegan os recortes, que afectan ademais a zonas con risco de despoboación”, ao tempo que advirte de que “reducindo os servizos é difícil atraer xente aos municipios pequenos”.

Material escolar Por outra banda, o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda colaborará coa Fundación Amigos de Galicia na recollida de material escolar para ás familias máis desfavorecidas. O material que máis se precisa son gomas, tesoiras, carpetas, libretas e mochilas. Todos os veciños e veciñas que desexen colaborar poderán entregar as súas achegas no terceiro andar da casa consistorial (Departamento de Servizos Sociais). O prazo de entrega remata o vindeiro 23 de agosto. Máis información no teléfono 981 686 068.


4

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade ORDES

COMARCA Formou a 20 alumnos e alumnas de Ordes, Frades e Mesía

As Desordes Creativas abren os “52 plans de fin de semana” da Deputación da Coruña

Rodeiro clausura o obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo

O festival de arte urbana Desordes Creativas de Ordes foi a encargada de abrir os “52 plans de fin de semana” da Deputación da Coruña, unha campaña de promoción turística nas redes sociais que se desenvolverá ao longo de todo o ano. Trátase de propostas para coñecer a provincia de maneira activa que será divulgada todos os venres a través do Facebook e Instagram da entidade que preside Valentín González Formoso.

O delegado territoral da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, clausurou o obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo I, que durante nove meses formou a 20 alumnos e alumnas de Ordes, Frades e Mesía en conservación e mellora de montes, repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Un acto celebrado na estación da Pontraga e ao que asistiron os alcaldes Ordes, José Luís Martínez; Frades, Roberto Rey; e Mesía, Mariano Iglesias. Rodeiro felicitou ao alumnado e destacou a importancia de mellorar a cualificación dos galegos e galegas para favorecer o seu acceso ao mercado laboral, xa que os estes obradoiros “se adaptan ás necesidades das empresas da contorna, o que facilita a busca posterior dun emprego”. De feito, o 60% do alumnado destes obradoiros adoita atopar traballo nos seis meses seguintes á rematar a súa formación.

FRADES

Tres empresas terán acceso a Internet de ata 600 Mpbs co Plan de Banda Larga da Xunta Tres empresas do concello de Frades terán acceso a Internet de ata 600 Mpbs grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta, que vén de outorgarlles unha subvención de 51.703 euros. Esta achega subvenciona entre o 70 e o 100% dos custos e beneficiaron este ano a 25 empresas de 17 municipios. Frades é o único municipio da comarca incluído no plan.

Actuacións Os 317.000 euros achegados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria permitiron a realización de traballos prácticos do alumnado, en beneficio da veciñanza de Ordes, Frades e Mesía. Así, en Ordes procedeuse á repoboación forestal na área de esparcemento do polígono de Merelle e en labores de mantemento,

O alumnado formouse durante nove meses en temas silvícolas e coidado do monte

conservación e reforestación no parque Félix Rodríguez de la Fuente, rúa Nova, praza do Campo da Feira, colexios Castelao e Campomaior, na área de Adina, no campo da festa de Parada, na contorna da capela de San Pedro de Adrán e dos Marchás, así como no antigo campo de fútbol de Barbeiros. En Frades leváronse a cabo labores de mantemento e conservación nas áreas recreativas de Ponte Carballa, Os Pasos de Aiazo e O Muíño de Céltigos, así como na piscina municipal de Papucín, no campo de fútbol

de Vitre, na praza de Ponte Carreira, no punto limpo e na contorna do local social de Papucín. Finalmente, en Mesía fixéronse traballos de limpeza e conservación nas prazas de Albixio, Bascoi, Boado, Mesía, Visantoña e Cumbraos; na área recreativa de Olas, no viveiro municipal e nas fincas de Rivas, Brañas do Vilar e Brañas de Valga. Ante estes bos resultados, os tres alcaldes xa solicitaron en xuño un novo obradoiro dual de emprego Brañas do Illó-Río Samo II, cun orzamento de 376.000 euros.

CERCEDA Supón un aumento de 85.000 toneladas

Medio Ambiente autoriza unha ampliación da capacidade do vertedoiro da Areosa

Estado do vaso de vertedura no inicio da tramitación ambiental do proxecto

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de emitir un informe de impacto ambiental favorable á ampliación da capacidade do vertedoiro de residuos non perigosos da Areosa. Un proxecto promovido por Daorje medio ambiente SAU que pretende un aumento de 85.005 toneladas na súa capacidade de vertedura, sobre unha superficie de 20.484 m2, o que aumentaría en 24 meses a súa vida útil. A Xunta considera que “o proxecto é ambientalmente viable”, sempre que se cumpran as condicións incluídas no estudo de impacto ambiental. Entre outras cousas, o Servizo

de Avaliación Ambiental de Proxectos lembra a prohibición de alterar a condición natural das augas, coma o regato da Areosa, ou a necesidade de incorporar especies da zona nas tarefas de revexetación e prantación de arbolado tras o selado do vertedoiro. Así mesmo, pídeselle á promotora a elaboracion dun plan de xestión de olores no que se identifiquen e cuantifiquen os focos ou actividades que os xeren, así como un estudo da dispersión dos cheiros que inclúa as zonas habitadas próximas ás instalacións. Un plan de xestión de olores que deberá ser presentado nun prazo de seis meses para a súa aprobación definitiva.


CRÓNICAS - Agosto 2019

5

PUBLICIDADE


6

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade TORDOIA As obras evitarán as actuais filtracións de auga ao interior da instalación

Máis de 80.000 € para a nova cuberta do polideportivo municipal MESÍA

Verea organiza unha xornada de portas abertas o sábado 14 de setembro Verea organiza unha visita guiada ás súas instalacións en Lanzá (Mesía), que terá lugar o sábado 14 de setembro en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas, e de tarde, de 16:00 a 18:30 horas. A participación é totalmente de balde pero, como o número de prazas é limitado, é preciso reservala previamente chamando ao 981 687 053 ou enviando un mail a comunicacion@tejasverea.com. Os participantes sairán en varios grupos, a intervalos de 30 minutos, para visitar a fábrica de Verea e coñecer o proceso de fabricación das tellas Verea. Como en edicións anteriores, terán a ocasión de ver en vivo o traballo dun cabaqueiro, aquel que elabora as tellas de forma tradicional, para sentir a evolución experimentada no traballo de elaboración de tellas cerámicas. Na primeira edición destas xornadas de portas abertas participaron preto de 200 personas dos concellos de Mesía, Boimorto, Curtis, Frades e Ordes.

O Concello de Tordoia vén de sacar a licitación por 80.963 euros as obras de substitución da cuberta do polideportivo municipal de Pontepedra, que na actualidade se atopa nun estado de conservación deficiente. Isto provoca filtracións de auga no interior do pavillón, o que prexudica o seu uso por parte da veciñanza. Con esta actuación, o Concello de Tordoia eliminará as actuais pranchas metálicas e as substituirá por paneis sándwich, o que permitirá mellorar non só as condicións estéticas da cuberta, senon mellorar tamén as condicións térmicas do interior do polideportivo, o que de seguro agradecerán os seus usuarios, especialmente coa chegada do inverno. Actuacións Os traballos inclúen a desmontaxe a man da actual cuberta de placas metálicas e a súa substitución por paneis sándwich colocados sobre a estrutura actual, incluidos os remates laterais e as unións cos muros. Ademais, colocaranse dous caneiros de

As obras evitarán as pingueiras e mellorarán a temperatura interior do pavillón

chapa de aceiro e seis baixantes, que garantirán a estanqueidade da instalación e a correcta recollida das aguas da chuvia. As obras de substitución da cuberta do polideportivo municipal de

CERCEDA

OROSO

A Administración Nº 2 de Oroso reparte dous primeiros premios da Lotería en xullo e agosto

TORDOIA

A Xunta achégalle unha axuda de 2.000 euros á asociación de mulleres A Ponderosa A asociación de mulleres A Ponderosa, de Tordoia, recibirá unha achega de 2.000 euros por parte da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Unhas axudas que buscan impulsar e dinamizar a vida interna das asociacións de mulleres como elemento clave do cambio de valores e da transformación necesaria para avanzar cara unha igualdade real. A Ponderosa é unha das 19 entidades que recibirán estas axudas na provincia e a única na nosa comarca.

O loteiro Antonio Nogueira amósase satisfeito pola boa racha de sorte

A sorte semella mirar este verán a Oroso. A Administración de Loterías Nº 2 da localidade, emprazada na rúa do Camiño Real (Sigüeiro), vendeu o 61.047, número agraciado co primeiro premio da Lotería Nacional do pasado 8 de agosto e dotado con 300.000 euros ao número.

Tordoia teñen un prazo de execución de 3 meses e o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 19 de agosto, polo que os traballos poderían comezar este mesmo ano.

Pero é que un mes antes, o 6 de xullo, o loteiro Antonio Nogueira repartiu outro primeiro premio, que nesta ocasión recaeu no 99.294, con 200.000 euros ao número. Dous exemplos de sorte que se unen aos 174.447 euros do premio da Bono Loto selada o pasado novembro de 2018.

Aberta a preinscrición no servizo Bos Días Cole no CPI O Cruce O Concello de Cerceda vén de abrir o prazo de preinscrición no servizo de Bos Días Cole no CPI O Cruce, ao que poden acceder alumnos e alumnas de todos os ciclos que se imparten no centro. Un servizo de conciliación familiar que ofrece coidado e/ou almorzo para os escolares antes do inicio das clases. Deste xeito, as familias poden optar por dous tipos de matrícula, con dous prezos diferentes dependendo de se inclúen ou non almorzo. Así, haberá unha matrícula para todos os días da semana por 30 ou 55 euros mensuais, e outra por ata un máximo de 12 días soltos por 2,5 euros ou 3,5 euros día. No caso de usar o servizo por máis de 12 días, haberá que aboar o mes completo.Tamén será posible empregar o servizo en días soltos, neste caso os prezos serán de 3,5 euros/día (sen almorzo) e 4,5 euros/día (con almorzo). Máis información nos Servizos Sociais de Cerceda ou no teléfono 981 686 068. O prazo de preinscrición remata o 23 de agosto e é necesario un mínimo de 13 anotacións para a prestación do servizo.


7

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade COMARCA Oroso licita a instalación dun novo alumeado LED no pavillón do complexo deportivo de Sigüeiro

Ordes e Frades investirán máis de medio millón de euros en aforro enerxético Os Concellos de Ordes, Oroso e Frades están a licitar nestes días proxectos de aforro e eficiencia enerxética por valor superior aos 630.000 euros. Nos casos de Ordes e Frades, trátase dunhas iniciativas que teñen lugar ao abeiro das subvencións do IDAE e que buscan un dobre obxectivo: reducir a factura da luz que cada ano afrontan as arcas municipais e diminuir a contaminación lumínica e as emisións de CO2 á atmosfera. No caso de Ordes, a inversión supera os 318.000 euros en dous proxectos. No primeiro contémplase a substitución de 413 puntos de luz por outros con tecnoloxía LED na Vila de Ordes (concretamente nas rúas Campeiras, Galicia, Rosalía de Castro, Alfonso Senra e Campo da Feira), así como no lugar de Guindiboo de Arriba. As previsións municipais falan dun aforro de arredor do 70% para as arcas municipais. O segundo proxecto inclúe a colocación dunha instalación solar térmica na piscina climatizada Iván Raña Fuentes, que servirá de apoio para a

des, Gafoi, Mesos, Moar, Papucín e Vitre por luminarias LED de última xeración e elevada eficiencia enerxética, que evitan a contaminación luminosa por teren un fluxo hemisférico superior por debaixo do 1%. Así mesmo, renovaranse e arranxaranse os cadros de mandos existentes, adaptándoos aos novos sistemas de alumeado e instalando un reloxo astronómico en cada un deles.

Luminarias LED instaladas polo Concello de Frades na área recreativa da Presa

produción de auga quente sanitaria e para o quentamento do vaso. Un terzo do alumeado Pola súa banda, o Concello de Frades está a licitar dous proxectos de aforro enerxético por valor de 212.000 euros para cambiar 280 puntos de luz en sete parroquias. Isto significará renovar un terzo do alumeado

público municipal, composto por 994 luminarias repartidas en 65 cadros. “Isto permitirá un aforro aproximado do 85% na factura de enerxía eléctrica”, adianta o alcalde de Frades, Roberto Rey. En concreto, substituiranse 280 puntos de luz de lámpadas de vapor de sodio alta presión e vapor de mercurio das parroquias de Abellá, Fra-

Polideportivo Finalmente, o Concello de Oroso está licitar tamén nestes días outros dous proxectos enerxéticos por un valor de máis de 104.000 euros. O primeiro deles, presupostado en 18.000 euros, incluirá a instalación dunha nova iluminación de tecnoloxía LED no pavillón do complexo deportivo Juanito Amigo Ferreiro. O segundo proxecto é a contratación dos servizos de conservación e mantemento das instalacións do alumeado público do Concello de Oroso, que parte cun presuposto de licitación de 86.000 euros.


8

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade OROSO O Concello xa sacara a licitación a obra en xuño por máis de 82.000 euros

CERCEDA

Sogama recibe máis de 1.100 visitas no primeiro semestre O complexo medioambiental de Sogama recibiu máis de 1.100 visitas durante o primeiro semestre de 2019. Visitas de distintos perfís: escolares, asociacións, universitarios e varias delegacións estraxeiras, procedentes da República Democrática do Congo, Arxentina, Cuba e Costa Rica. “Querían ver o que será en breve o complexo medioambiental de xestión de residuos urbanos máis moderno e eficiente de Europa”, explican dende Sogama.

TRAZO

O PSOE aposta por un Concello gobernable “polo ben dos veciños” Os socialistas de Trazo veñen de contestar ás críticas de Somos Trazo polo seu apoio ao Goberno do PP no pleno de organización. A súa voceira, Beatriz Domínguez, asegura que “o noso único obxectivo é que o Concello sexa gobernable polo ben dos vecios. Paralizar o seu funcionamento normal non favorece a ninguén”. Domínguez lamenta “as críticas e continuas falsidades de Manuel Pereiro e Somos Trazo” e lembra que “todos os veciños de Trazo coñecen o seu pasado e non toleraremos as súas infamias, derivadas sempre de intereses persoais”.

MESÍA

Nova varanda de seguridade no sendeiro das Brañas de Valga O Concello de Mesía vai investir máis de 40.000 euros na instalación dunha varanda de madeira de 521 metros de lonxitude nas Brañas de Valga (Visantoña) que servirá de protección no sendeiro que bordea a lagoa e que substituirá á actual, que se atopa nun estado deficiente e incluso perigoso para o tránsito peonil. As obras foron adxudicadas a Sergonsa Servicios SL, que ten seis meses para a súa instalación.

O PP pide o arranxo dunha pista que xa está licitado nun proxecto O pasado 31 de xullo, o grupo municipal do Partido Popular de Oroso denunciaba o estado de abandono no que se atopa na actualidade a contorna da Ponte Carollo, na parroquia de Cardama. Ese mesmo día, os populares rexistraban unha petición para urxir ao goberno local a que tome medidas que permitan solucionar un problema: a maleza excede as barandas e imposibilita o tránsito de persoas pola ponte senón é pola calzada. “Falamos dun lugar de paso para as persoas que une Carollo co resto da parroquia de Cardama e que se atopan con moitos problemas para poder transitar por esta zona”, lamentaba o voceiro popular, Alexander Doval, quen consideraba “imperdoable” que o goberno local “siga mirando para outro lado” e non leve a cabo as tarefas de limpeza necesarias para arrombar esta zona. Proxecto xa en marcha E se ben o voceiro popular está no certo sobre o lamentable estado de conservación da contorna de Ponte Carollo, non o está tanto en canto á suposta inacción do Concello de Oroso que, como puido comprobar Crónicas, o 26 de xuño iniciou a licitación da segunda fase do

Estado actual na contorna de Ponte Carollo

proxecto de mellora da rede viaria en Couso (Senra) - Carollo (Cardama). O proxecto está actualmente en fase de evaluación de ofertas e ten un presuposto de máis de 90.000 euros. Unha actuación que ten por obxecto a pavimentación do vial público que une os lugares de Couso e Carollo, para o cal será preciso preparar o camiño (limpeza, esplanación, apertura e perfilado de cunetas), así como estender zahorra artifical e pedra previo á súa pavimentación con rego asfáltico.

A actuación está incluída no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019/2020 e financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural xa que une dous núcleos rurais importantes no municipio e é bastante transitado, sobre todo por maquinaria pesada de tipo agrícola, polo que o Pleno da Corporación Municipal decidiu pavimentalo con triplo rego asfáltico para conseguir unha capa de rodadura máis estable e perdurable no tempo.

CERCEDA

MESÍA

O Concello investirá 70.000 € na mellora do camiño de Xeixas a Cavadas, en Rodís

Arranxo en tres pistas municipais con cargo ao Agader

O Concello de Cerceda está a licitar o proxecto de mellora do camiño de Xeixas a Cavadas, en Rodís. Trátase dunha estrada de 2.144 metros e que é moi utilizada para o tránsito de maquinaria agraria e forestal. O Concello procederá á limpeza de gabias en ambas marxes e ao afirmado do seu firme con quince centímetros de zahorra de canteira. Ademais, contémplase a mellora da sinalización vertical do camiño, incluíndo a colocación dun sinal de stop. Estes traballos teñen un orzamento de 70.282 euros e un prazo máximo de execución de seis meses.

TORDOIA

Licitan o arranxo do viario que une Seixán, Vilarchán e Castrillón O Concello de Tordoia vai investir máis de 78.000 euros na mellora do camiño rural que une as localidades de Seixán, Vilarchán e Castrillón. Unhas obras que serán licitadas neste mes de agosto e que teñen un prazo de execución de 6 meses. Ademais de limpar ambas marxes da estrada, mellorarase a capa de rodaxe dos seus 3.275 metros cun tratamento asfáltico superficial e rego de selado para toda a plataforma.

O Concello de Mesía vén de sacar a licitación por 73.806 euros a mellora de tres camiños no municipio: camiño xeral de Albixoi en dirección Cabrui, camiño de Lanzá a Cumbraos e camiño no Pazo (Castro). Tres actuacións financiadas con cargo ao Agader e que permitirán mellorar a capa de rodaxe destas tres vías, que suman 3.615 metros de lonxitude. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses.


9

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí ORDES Susana Seivane, Javier Gurruchaga, Combo Dominicano e París de Noia...

Unha semana de festas Ordes prepárase para vivir as súas festas patronais na honra á Santa María, que terán lugar do martes 13 ao sábado 17 de agosto. Cinco días de festa por todo o alto, onde a diversión e a alegría está garantidas, coa alameda como centro das actividades. A programación deste ano comeza o martes 13 de agosto, a partir das 23.30 horas, a alameda de Ordes converterase nunha gran pista de baile cos DJ´s no Camiño. Unha cita que conta cun cartel de luxo formado por Magán, CDC D´JS e David Expósito. Haberá lanzamento de agasallos, fogos artificiais e canóns de confetti. A sesión vermú do mércores 14 estará amenizada pola orquestra Compostela, que volverá a repetir pase pola noite a carón da París de Noia. Día grande No día grande das festas a gran protagonista será a patroa de Ordes: a Santa María. A misa solemne terá lugar ás 12 horas e rematará coa tradicional procesión. Os gaiteiros e cabezudos de Cultural Espadana darán conta dende ben cedo de que se trata dun día de festa por todo o alto. Ademais, a Banda de Música de Teo ofre-

Milleiros de persoas ateigarán a alameda de Ordes para desfrutar das festas patronais

cerá un concerto na alameda para darlle paso á orquestra Trovadores, que serán os encargados de facer bailar a todos e a todas tanto a mediodía como na verbena nocturna, neste caso acompañados por Los Satélites. O venres día 16, o Concello de Ordes renderá a tradicional homenaxe aos seus emigrantes, que este ano estarán representados por Dolores Carrera Viqueira, quen acudirá coa su familia tanto aos actos relixiosos (que darán comezo ás 13 horas) como á

ofrenda floral ante o monumento ao emigrante. A sesión vermú correrá a cargo da Banda de Música de Ordes e a verbena da noita da Orquestra Principal e o Combo Dominicano. Finalmente, o derradiero día de festexos, o sábado 17, a orquestra Paraíso protagonizará a sesión vermú. Entrada a noite a gaiteira Susana Seivane xunto a Javier Gurruchaga e a Orquestra Mondragón serán os protagonistas do III Festival Sons de Ordes.

Outras citas do verán... Domingo 18 de agosto. Cardama (Oroso) celebra as festas na honra ao santísimo con misa ás 13:15, sesión vermú coa Charanga TNT e a orquestra Nueva Fuerza, que amenizará a verbena. Domingo 18 de agosto. Aiazo (Frades) celebra a festa na honra a San Roque con misa ás 13:20 e sesión vermú e gran verbena coa orquestra Nova Imperial. Venres 23 e sábado 24 de agosto. Ardemil (Ordes). O venres, ás 21:30, degustación de panceta e criollos (5€). Verbena con Dúo Calú e Orquestra Stéreo. O sábado, misa na honra ás Virxes do Carmen e das Neves, sesión vermú e verbena co Dúo D´Vicio. Sábado 24 e domingo 25 de agosto. Buscás (Ordes). O sábado, Festa na honra a San Agustín con misa ás 12:00 e sesión vermú con Embruxo de Leira e Arena de Canarias, que actuará na verbena canda Disco Móvil Glass. O domingo, Festa na honra á Virxe do Carme, con misa ás 13:30 e sesión vermú co grupo Fama. Sábado 7 de setembro. Vitre (Frades). Festa das Virtudes. Sesión vermú co dúo Calú e verbena coa orquestra Foliada.


10

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí ORDES Organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa, en colaboración co Concello e empresas da zona

A malla volve á vida en Ardemil Decenas de veciños e veciñas da parroquia de Ardemil, así como numerosos visitantes, protagonizaron un ano máis a tradicional festa da malla, que organiza a Asociación Cultural Castro da Croa e que conta coa colaboración do Concello de Ordes e dunha trintena de empresas da contorna. Aínda ca festa xa comezara o venres 9 de agosto, coa degustación de panceta e unha actuación musical, o día grande foi o sábado, coa malla tradicional a mediodía. Unha tradición recuperada que permitiu á veciñanza lembrar tempos pasados e que tamén foi descuberta por algún que outro curioso presente. Como na edición pasada, en Ardemil tamén tivo lugar unha feira de antigüidades e unha gran exposición de tractores novos e antigos, así como coches e motos de época. A música correu da man do Dúo Suso e a festa culminouse cun gran xantar popular con polbo e carne ao caldeiro.

Decenas de veciños e veciñas gozaron da recuperación da tradición da malla na parroquia de Ardemil

ORDES

Agosto remata con observacións astronómicas e actos para os máis pequenos

ORDES Incluíu unha quincena de actuacións gratuítas para todos os públicos

Gran participación no verán cultural As Festas Patronais de Ordes pecharán esta semana unha exitosa edición do verán cultural, que durante quince días encheu a vida de música, baile, xogos infantís, maxia, teatro, festa... Unha programación que foi desfrutada en familia e de

forma totalmente gratuíta na súa maioría na alameda de Ordes, se ben os trebóns destes días tamén motivaron o traslado á Casa da Cultura de actuacións como a “Máquina do tempo” de Ghazafellos. Especialmente aplaudidas e

concorridas foron as actuacións do grupo “Néboa”, o espectáculo de narración oral con música “Cardume” de Xarope Tulú, o concerto de Mama Cabra, o festival DJs no Camiño ou a actuación da clown “Mireira Miracle”.

Unha vez rematadas as festas patronais, o Concello de Ordes ten preparado un novo programa de activiades para o que resta de mes e a primeira quincena de setembro. Así, “Cultura e deporte na rúa” acollerá tres observacións astronómicas e diversas actividades para o público infantil nas tardes dos venres. O programa “O Camiño das Estrelas” achegará ás parroquias os segredos do universo. As citas son ás 22:00 horas do martes 20 de agosto en Buscás e do martes 27 en Poulo (xunto ao albergue de peregrinos), así como o mércores 4 de setembro, ás 21:30 horas, en Barbeiros. O punto de encontro será a carón dos locais sociais, onde tería lugar unha charla en caso de que o tempo non permitira a observación. A maiores, a alameda de Ordes acollerá o espectáculo de circo “Cía Vaya”, o 23 de agosto, e o clown “Bambolina” de Barafunda, o 30 de agosto, en ambos casos ás 20:00 horas. O venres 6 de setembro, a actividade adiántase ás 19:00 horas: a Xanela do Maxín presenta o espectáculo de monicreques “Títeres musicontos”. O programa rematará co Día do Deporte, o 13 de setembro.


CRÓNICAS - Agosto 2019

11

PUBLICIDADE


12

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade

ENTREVISTA José Luís Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, agarda unha lexislatura “sen os infinitos atrancos aos que a opos

“A maioría absoluta é un recoñecemento á nosa maneir honestidade, transparencia e sempre a disposición da v Tras catro anos gobernando en minoría, as urnas do pasado 26 de maio concedéronlle ao Partido Popular de Ordes unha rotunda maioría absoluta. Un apoio que o alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, considera un “recoñecemento á nosa maneira de gobernar, coa honestidade e transparencia como bandeira e sempre a disposición da veciñanza. E así

será con maior intensidade aínda no mandato que acaba de comezar”. Sobre a mesa, varios temas aos que agarda dar solución. Uns a longo prazo como o PXOM, onde “o resultado das eleccións facilitará a tramitación”. Outros de inmediato, como as beirarrúas de Alfonso Senra, nas que “poido anunciar que este mesmo mes vanse a reiniciar as actuacións”.

- En primeiro lugar noraboa polos resultados das eleccións, que valoración fai do pasado 26 M? - Antes de nada, o meu profundo agradecemento a todas as veciñas e veciños que co seu voto conformaron unha maioría absoluta que nos permitirá xestionar o Concello de Ordes nos vindeiros catro anos sen os infinitos atrancos aos que a oposición nos someteu no mandato que vén de rematar. Este respaldo maioritario á candidatura do Partido Popular de Ordes pon de manifesto o acerto da nosa maneira de gobernar, coa honestidade e transparencia como bandeira; permanentemente a disposición da veciñanza. Así foi na pasada lexislatura e así será, con maior intensidade aínda, no mandato que acaba de comezar. - Despois de catro anos gobernando en minoría, que supón esta maioría absoluta? - Por unha parte evidencia que o noso xeito de traballar, sempre escoitando aos veciños, sempre coa verdade por diante, e sen máis ataduras que o interese xeral de Ordes, responde ás demandas da xente de Ordes. E, como xa dixen, a maioría facilitará a xestión cotiá do Concello, xa que nos pasados catro anos, a oposición -pensando máis nos seus interese políticos, que nas necesidades de Ordes- púxonos todo tipo de trabas. Pero aínda así fomos quen de facer un traballo rigoroso cos resultados á vista de todos.

Martínez Sanjurjo di que “desde o Concello, a predisposición é absoluta para poñer en valor o Camiño ao seu paso por Ordes”

- A nosa folla de ruta é o noso programa electoral que agardamos executar nunha porcentaxe semellante á da pasada lexislatura, no que con un programa a 8 anos superamos o 68%. É dicir, somos xente de palabra que materializa o que compromete previamente. Agardo que o Plan Xeral de Ordenación Municipal se poda aprobar - Que diferendefinitivamente “A nosa folla de ruta é o zas van atopar os e entre en viveciños/as con noso programa electoral que gor na presente respecto á anteporeagardamos executar nunha lexislatura, rior lexislatura? mos en funcioporcentaxe semellante á - Desde logo a namento o novo xestión municipal da pasada lexislatura, na centro sociocoserá máis fluída, munitario que que superamos o 68%” non se repetirán se está a consespectáculos botruír no campo chornosos como os que todos presen- da feira e confío en que podamos uticiamos, moi ao noso pesar; e aproba- lizar prioritariamente aglomerado en remos os orzamentos en prazo, sen quente en todas ou na inmensa maionecesidade de pagar peaxes como su- ría dos arranxos da rede viaria local, cedeu no pasado. mellorando así a calidade a durabilidade das capas de rodadura. Son al- Que proxectos teñen previsto gunhas das nosas promesas e, para acometer nos próximos meses? nós, o prometido é débeda.

- Que peticións ten o Concello ainda vixentes- na estrada N-550, na para unha Deputación novamente saída da vila, en dirección Santiago. encabezada polo socialista González Agardamos a axuda da Xunta para Formoso? E para a Xunta? a posta en servizo do centro socio- Somos xente de palabra e ta- comunitario, para mellorar o centro mén persoas coherentes. Pedimos de saúde e tamén, por suposto, para o mesmo que pediamos na pasada completar as concentracións parcelalexislatura. Á Deputación pedímos- rias pendentes. lle un trato equitativo, que non disO bo do presidente Feijóo é que crimine ao Concello de Ordes por ter nos garante unha interlocución perun alcalde do PP. manente coa “O resultado das pasadas Xunta que preEsa discriminación produciuse side, de maEleccións Municipais nos pasados caneira que cada facilitará a tramitación e tro anos, e agardo vez que se preespero que, entre todos, que iso non volva senta unha nesuceder. seremos quen de dotar a cesidade non Ás demandas teño máis que Ordes de Plan Xeral” á Xunta son as chamar por telémesmas. Querefono. E o mesmo mos prolongar a rolda leste, enlazán- podo dicir, obviamente, de todos os doa coa estrada de Carballo pola zona conselleiros e directores xerais. do tanatorio. Para iso, precisamos a implicación da Xunta, e tamén a do - Algún avance significativo na reMinisterio de Fomento para executar novación das beirarrúas de Alfonso previamente a rotonda comprome- Senra e na rotonda da N-550 coa tida e que se atopa incluida nos Or- Rolda Leste? zamentos Xerais do Estado de 2018 – - En canto a incidencia nas obras


13

CRÓNICAS - Agosto 2019

Actualidade

sición nos someteu na que vén de rematar”

ra de gobernar: con veciñanza. E así seguiremos” de renovación das beirarrúas de Al- preocupacións no municipio. Que fonso Senra, poido anunciar que este medidas ten previsto tomar nesta mesmo mes vanse a reiniciar as ac- lexislatura? tuacións. Rescindiuse o contrato e li- Como comprenderá, a capaciquidouse coa anterior empresa adxu- dade de manobra dun concello en dicataria e confío en que os traballos materia de creación de emprego é lise poden retomar agora xa con to- mitada. As empresas precisan segudas as garantías. Foi unha situación ridade xurídica e previsibilidade por lamentable que nunca se debería ter parte dos poderes públicos, e iso en producido e pola que todas as descul- Ordes está asegurado. Temos boas pas aos afectados son poucas. comunicacións e teremos un PXOM Sobre a roavanzado que actonda na saída “Este mesmo mes vanse a tuará como un sur da vila na reiniciar as actuacións nas revulsivo para N-550 seguideterminados beirarrúas de Alfonso Senra. proxectos. mos sen novidaFoi unha situación des. Un contratempo máis do - Tras a inaulamentable pola que todas embrollo no que guración do novo as desculpas son poucas” albergue nos meteu Pedro de Sánchez. Estou Poulo, que meseguro de que tanto os veciños de Or- didas teñen previsto poñer en mardes como os usuarios habituais da es- cha de cara ao Xacobeo 2021? Estará trada tomarán boa nota. É realmente listo en outubro o roteiro San Paio impresentable, porque como xa dixen de Buscás-Poulo? antes, a obra estaba presupostada - O Camiño de Santiago é o petrónos Orzamentos Xerais do Estado, e o leo de Galicia, como se ten dito en Concello adquiriu con fondos propios datas recentes. Dentro das diferenno ano 2018 os terreos necesarios tes rutas, o Camiño Inglés é, arestora, para poder executala a maior brevi- o de maior potencial de crecemento. dade e evitar os retrasos propias de Ordes pode e debe sacar proveito calquera expropiación. del. De feito, a hostalaría local xa está a notar os efectos positivos desa cre- Que previsións hai sobre o cente afluencia de peregrinos. PXOM? Danse agora condicións poDesde o Concello, a predisposilíticas máis estables? ción é absoluta para poñer en valor - O PXOM é un documento de o Camiño ao seu paso por Ordes. O suma importancia e como tal precisa roteiro entre Buscás e Poulo é un bo da colaboración de toda a Corpora- exemplo, que agardamos estea remación para ser aprobado. O resultado tado na data sinalada acorde a subdas pasadas Eleccións Municipais fa- vención recibida. E tampouco podecilitará a tramitación e espero que, mos esquencer que no ano 2020 xa entre todos, seremos quen de dotar contamos de ter lista a senda que coa Ordes de Plan munique a vila co “As empresas precisan Xeral aprobado lugar de O Oudefinitivamente teiro ao longo da seguridade xurídica e canto antes no previsibilidade por parte dos AC-524. presente manpoderes públicos, e iso en dato. - Pode ser o turismo vincuOrdes está asegurado” - A Senda lado ao Camiño Verde Santiago-Cerceda será unha Inglés unha alternativa económica á realidade esta lexislatura? perda de emprego nas grandes fábri- Iso parece e iso agardo. Somos cas para Ordes a súa comarca, podevarios concellos e varias administra- mos confiar nun modelo económico cións participantes neste proxecto. baseado no turismo e no sector serSe todos poñen o mesmo interese vizos? e o mesmo apoio que Ordes, estou - Non cometerei o erro de efecseguro de que senda verde tomará tuar unha afirmación tan categórica. forma en moi pouco tempo. É un Son o primeiro en lamentar a crise do proxecto bonito, novidoso e moi in- téxtil local, que mesmo por razóns fateresante, longamente agardado por miliares e de persoas moi achegadas moita xente. Vou apostar pola posibi- me tocan a fibra sensible. Pero dito lidade de que poida estar lista para o iso, temos a obriga de explorar todas Xacobeo 2021. as posibilidades, e o turismo é unha delas. O que nós non fagamos, o fa- O emprego é unha das grandes rán nos concellos limítrofes.

“É imprescindible unha maior implicación da veciñanza e do sector hosteleiro, comercial e empresarial” - Que valoración fai sobre a - Que nivel de colaboración/ programación das festas de Ordes resposta da cidadanía atoparon deste ano? este ano? - Creo, honestamente, que te- Teño dito, e o manteño, que mos unha programación razoable, se queremos grandes festas resulta acorde coas posibilidades econó- imprescindible unha maior implimicas coas que conta a Comisión cación, tanto da veciñanza como de Festexos do sector hose a aporta- “Temos unha programación teleiro, coción propia razoable. Creo que o avance mercial e emque fai o Conpresarial. Con cello. Gusta- rexistrado nos últimos catro todo, creo anos é alentador” ríanos a todos que o avance ofrecer un carrexistrado nos tel moito máis extenso, pero as no- últimos catro anos é alentador. O sas posibilidades son as que son meu agradecemento e recoñecee, como alcalde, teño a obriga de mento sincero a todas as persoas atender todas as necesidades. Hai que, desinteresadamente, colaboque buscar o equilibrio e creo que ran na comisión de organización; o conseguimos para esta anuali- e tamén a cantos, na medida das dade. Agradecer polo tanto o es- súas posibilidades, brindan apoio forzo dos integrantes da comisión. económico.


14

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí ORDES Susana Seivane preséntanos o seu disco o 17, compartindo cartel con Gurruchaga nos III Sons de Ordes

“Fa está a chegar ao corazón da xente” - Ven de presentar o seu novo disco en Bertamiráns, hai unha nova Susana nestes doce temas? - Si, este disco é todo de composición. Inspírome totalmente nos meus sentimentos e inquietudes a través da música, a través da inspiración que me trouxeron meus fillos, polo tanto este é o disco máis persoal e emotivo de todos os que levo feito. - O disco, como vostede di, é unha obra dedicada aos seus fillos, de que xeito influíu a maternidade na súa composición? - Creo que dun xeito súper positivo e xerminativo, posto que cando quedei embarazada do meu primeiro fillo, Fiz, entrei nun momento de inspiración que non tivera antes tan forte, e esa inspiración segue, cando naceu Fiz e máis Antón, o segundo. Fíxenlles moitas pezas mentres os arrolaba para durmilos. - E de que xeito están presentes os pequenos momentos da vida na súa obra? - Pois dende nanas que lles fixen na máis estrita intimidade, susurrándollas ao ouvido para durmilos e que logo transportei á gaita, ata cancións máis cañeiras e divertidas adiadas a como son eles. No caso de Fiz, “Papá pum pum”, dedicada ao seu pai máis el, polo que lles gusta o mundo do boxeo, Xesús Ferreiro “Cachorro”, a miña parella é tricampión de España de Boxeo profesional, e Fiz dende pequeno empezouse a interesar polo mundo de seu pai, menos mal que se lle foi quitando esa idea da cabeza, xa me chegou sufrir co seu pai :esta canción fala del, un neno alegre, creo que feliz, sen prexuízos, das cousas que lle gusta facer, do que me gusta a min del… E para Antón hai un tema que o describe moi ben polo seu título, “Antón Revolución”, un tema sen letra pero que ao escoitar o ritmo e melodía que ten, faste unha idea da marabillosa revolución que supuxo para nós a súa chegada, un neno cunha enerxía incrible, bastante traste pero moi moi cariñoso. - Despois de oito anos sen publicar disco, é difícil volver ou vólvese con enerxías renovadas? - Foron anos de silencio discográfico persoal, pero gravei para outros artistas, estiven en moitos proxectos de tele e radio e ademais seguín facendo xira todos os anos menos cando naceu Antón, que foi un 7 de agosto e ese ano non puiden facer xira de verán pero si a fixemos en inverno eu embarazada, foi moi especial. Así que, realmente non mar-

chei dos escenarios afortunadamente porque son tempos difíciles, pero sempre que sacas un novo traballo discográfico, e máis este tan especial, as enerxías renóvanse a tope desexando que todo o mundo escoite o que fixeches, o desfrute e lles axude, xa que hai un libro moi completo das historias de cada canción, dos meus pensamentos do mundo, da maternidade, das cousas da vida en xeral, que están axudando a moitas embarazadas a entender certas cousas que lles pasan, que están axudando a moitos nenos a durmir, e iso é unha grande alegría para min. - Que significa para vostede a música folk? - Para min a musica folk é a fusión de música ou instrumentos tradicionais con outros instrumentos modernos. Eu bebín sempre das fontes tradicionais, co gran referente para min que foi meu avó, Xosé Manuel Seivane, e con outros grandes gaiteiros como Ricardo Portela ou Moxenas, pero sempre me gustou revestir esas melodías cun son máis contemporáneo que creo que fun acadando ao longo de todos estes anos, mesturando a gaita con outros instrumentos como o saxo, a batería ou o baixo eléctrico, con melodías na gaita tradicionais ou de composición contemporánea, dándolles tratamento con outros estilos de música como pode ser o funky, o Rock ou o pop, encántame e divírteme moitísimo, non teño absolutamente ningún prexuízo nese aspecto. - Se puidera resumir nunha frase a súa percepción da acollida que está a ter o disco, cal sería? ¿E do público? - Fa, está chegando ao corazón de moita xente. O público, entregado e cariñoso. - Acumula xa unha longa traxectoria no mundo da música folk na nosa terra, e este é o quinto traballo da súa carreira. ¿hai felicidade absoluta na súa obra? - A felicidade completa creo que non existe, si tempadas nas que estás máis feliz, máis satisfeita, e tempadas nas que tes máis problemas, como todas as persoas teñan a profesión que teñan, pero a verdade é que durante toda miña carreira tiven máis cousas positivas que negativas, sen dúbida quédome co agarimo do público, síntome moi querida e respectada, e FA estame facendo moi moi feliz e cando estaba xestándoo súper feliz de ver que podía a través da música expresar todo o que sentía emocionalmente.


15

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí OROSO

A Semana Cultural programa actividades para todas as idades

ORDES

A Mostra de Cans de Caza reuníu máis de 2.000 exemplares e un concurso de parado sobre xabaril Máis de 2.000 exemplares de distintas razas exhibíronse na XXVIII Mostra de Cans de Caza, que tivo lugar o 28 de xullo no recinto feiral do Mesón do Vento. Un evento organizado pola asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil, en colaboración co Concello de Ordes, a Federación Galega de Caza e empresas como Arion ou Agro Visantoña. A novidade deste ano foi a celebración, por primeira vez en Galicia,

O evento foi organizado pola asociación Feira de Cans Amigos de Ardemil

dun concurso de parado sobre xabaril. Unha proba que espertou un grande interese na contorna e na que participou o recente campión de España de traílla, Chacho. Dende o Con-

cello destacan que a feira reafírmase como unha das grandes citas cinexéticas do norte de España, como demostra o feito de que haxa máis participantes de fóra que de Galicia.

Entre o 25 de agosto e o 6 de setembro terá lugar en Oroso a Semana Cultural 2019, “unha cita xa consolidada coa cultura, con moita programación para toda a familia”, apunta a concelleira de Cultura, Vanesa Boo, quen está convencida de que “será de novo un éxito pola calidade dos espectáculos que veremos”. O programa comeza o 25 de agosto coa Banda de Música de Ordes, ás 12.30 horas na praza Isaac Díaz Pardo. O martes 27 terá lugar a excursión ao Aquapark de Cerceda (inscricións ata o 23 de agosto no centro cultural). O exterior da piscina acollerá distintos espectáculos como o teatro cómico “Saabor” (mércores 28), o circo “OhLimpiadas” (xoves 29), a maxia de Dani García (mércores 4 de setembro) ou os monicreques de Mircromina (xoves 5). O venres 6 de setembro está programada a actuación de A Banda da Loba, co seu primeiro disco ‘Bailando’, e a inauguración da exposición GóisOroso Arte.


16

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí CERCEDA

ORDES - OROSO

A XXII Festa do Cochiño atrae a centos de visitantes a Acevedo

O II Campus de Verán do CP Galia reúne a 120 patinadores

O alcalde de Ordes e o concelleiro de Deportes de Oroso clausuraron o campus

Faíscas da Pontraga e a charanga Santa Compaña puxeron a nota musical

A Festa do Cochiño de Cerceda non deixa de crecer, como demostra que cada ano haxa que preparar máis exemplares debido á gran cantidade de visitantes que se achegan por Acevedo. De feito, nin a choiva da noite anterior amedrentou aos romeiros, que dende a mañá ateigaron o campo da festa

baixo a música de Faíscas da Pontraga e a charanga Santa Compaña. Tras degustar o cochiño, ben acompañado por polbo e churrasco, a festa continuou cunha exhibición canina. Pola noite, o broche de ouro chegou coa orquestra París de Noia, do Combo Dominicano e Nuria Fergó.

Un total de 120 patinadores e patinadoras, de entre 8 e 20 anos de idade, participaron no II Campus de Verán do C.P. Galia, organizado polo Concello de Ordes en colaboración co de Oroso. Os clubs que formaron parte do campus foron: C.P. Oroso, C.P. Galia, C.P. Brión, E.E. Lubiáns (Carballo), C.P. Conxuro (A Laracha), C.P. Omega (Ames), C.P.A. Boiro, C.P.A. Maxia (A Coruña), C.P. Oleiros, C.P. Buxaina (Ferrol), C.P. Valladares (Vigo), C.P. Gondomar, C.P.

Castrelos (Vigo), C.P. Coruxo e C.P. Arroyo e C.P. Zaratán (Valladolid). O campus contou coa participación de varios patinadores internacionais pertencentes á selección española (como Lucas Yáñez, Unai Cereijo ou Manuel Vila) e a adestradora da selección española, Rosa García. A concentración foi clausurada polo alcalde de Ordes, José Luís Martínez; polo concelleiro de Deportes de Oroso, Antonio Leira; e pola súa homóloga ordense, Ana Soneira.

OROSO

ORDES - OROSO

Gran festa de clausura dos cursos de natación

Alta participación nos cursos de verán de Ordes e Oroso

A entrega de diplomas estivo precedida dunha festa con inchables na piscina

Centos de veciños e veciñas participaron na tradicional festa de clausura dos cursos de natación, que cada ano organiza o Concello de Oroso durante o verán. Unha festa que tivo lugar na piscina municipal de Sigüeiro e que incluíu un espectáculo de animación cun inchable acuático.

Para rematar, procedeuse á entrega dos diplomas a todos os nenos e nenas que participaron no cursos de natación deste verán. A concelleira de Xuventude e Voluntariado, Beatriz Rodeiro Fernández, foi a encargada de entregar os diplomas, así como unhas lambonadas a todos os nenos e nenas.

As concelleiras de Ensino de Ordes, Susana García, e Oroso, Isabel Fernández, participaron nos actos de clausura dos seus respectivos

campamentos de verán, que reuniron a varios centos de nenos e nenas de ambos municipios durante o pasado mes de xullo.


17

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí

O misterio da Curva do Bispo Por Carlos Calvo Varela “Dejando Betanzos camino de Compostela por el Mesón do Vento, uno iba pensando qué maravilla ser arcediano de Nendos en el cabildo compostelano: el mejor enchufe a que un gallego ha podido aspirar del siglo XIII al XVIII. La desaparición de dignidad tal, paréceme a mí que invalida toda la evolución político-social de nuestro país en los últimos doscientos años”. En que cousas matinaba Cunqueiro nas súas viaxes de Castromil! Continuando pola estrada, nun lugar indeterminado preto de Ordes que talvez algunha lectora nos poida identificar, o autocar no que viaxaba o de Mondoñedo pasaría pola Curva do Bispo, microtopónimo viario probablemente relacionado cun deses “enchufados” que tanto envexaba Cunqueiro, que nomea o escenario dun misterioso acontecemento producido só tres anos despois, no luns do Primeiro de Novembro de 1954, ás once menos vinte da noite, para maior exactitude. Nesa noite:

“El señor G. Rubino Ramos detuvo su coche en el punto llamado la “Curva del Obispo”, en la carretera de Santiago de Compostela y Órdenes y, hacia la medianoche, llegaron sus amigos Rafael Corrollo Sabell y Juan Parde Ramos para remolcar el auto. Los dos amigos encontraron a Rubino dentro del vehículo en un estado de máxima excitación, con el rosario en la mano, comunicándoles que un objeto esférico, de unos 6 metros de diámetros, había aparecido cerca del suelo subiendo y bajando mientras los perros de los alrededores ladraban. Aquella misma noche, los receptores de radio fueron bloqueados y testigos de las localidades de Becerra y Mera reportaron haber observado un objeto volante desconocido. El señor Rubino es un hombre muy religioso, teniendo, además, dos hermanos en la Compañía de Jesús”. Os investigadores destas cousas (un dos pioneiros en rexistrar estes fenómenos, por certo, foi o filósofo – discípulo de Agostinho de Hipona – e historiador galaico Paulo Orosio,

nos tempos dos suevos!) clasificaron o misterio da Curva do Bispo como un dos últimos “coletazos” da chamada vaga francesa de avistamentos de OVNIs do verao-outono de 1954. Calquer paisano ordense, sen embargo, razoaría sen inmutarse se é que os tales investigadores non repararan no obvio: a data. Aquelo sucedeu na noite de Todos-os-Santos, e deixen ver se o que viu o señor Rubino non sería a Estadea. O misterio non remata aí, pois décadas despois, no 5 de setembro de 1989, segundo os arquivos do Exército español do Ar, os radares – e os veciños – detectaron a inexplicable presenza, durante quince horas seguidas, dun obxecto voador non identificado sobre a provincia da Coruña e que, pouco antes de multiplicarse o sinal en tres ecos no radar, “ ‘algo’ emitió una señal de SOS, de socorro, en un punto situado, aproximadamente, sobre la localidad coruñesa de Órdenes”. Foi un día que non esquecerá facilmente Eladio Tapia, responsable da torre de control do aeroporto de Lavacolla.

COMARCA

Frades, Mesía e Tordoia abren as inscricións en varias excursións O Concello de Mesía vén de sumarse á iniciativa de facer o Camiño de Santiago por etapas, iniciada hai un par de anos polo seu veciño municipio de Frades. Nesta ocasión, a proposta é percorrer o Camiño Inglés, dende Neda, os sábados 31 de agosto e 13, 20 e 27 de setembro. O prezo é de 5 euros por etapa e as inscricións poden facerse no Concello ata o 21 de agosto. Pola súa banda, o Concello de Frades propón cubrir a Vía da Prata, dende Xinzo de Limia. A primeira etapa, que sempre serán en sábado, será o 19 de outubro e o prezo é de 10 euros por persoa. Inscricións no Concello. Por outra banda, os Concellos de Tordoia e Frades coinciden este ano á hora de ofrecer unha excursión a Lourdes, Andorra e Zaragoza, se ben as datas e prezos varían. No caso de Frades, a viaxe terá lugar do 18 ao 22 de setembro e o prezo será de 330 euros (350 euros non empadroados). No caso de Tordoia, a viaxe será do 28 de setembro ao 3 de outubro e o prezo é de 345 euros por persoa.


18

CRÓNICAS - Agosto 2019

xente dE aquí COMARCA A celebración do Día do Neno/a en Ordes, Frades, Tordoia e Trazo reuníu a centos de persoas

O verán da comarca é dos nenos e nenas

ORDES. O pavillón do Campomaior acolleu o pasado venres 9 de agosto o Día do neno e da nena, programado dentro do programa “Unha viaxe pola cultura”. Centos de cativos desfrutaron dun sinfín de xogos, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros, animacións... e degustaron xeados e flocos de millo. Unha gran festa da escuma puxo punto e final á xornada organizada polo Concello de Ordes.

FRADES. Centos de persoas celebraron na piscina municipal de Papucín o Día do/a Neno/a, despois de que un dos habituais trebóns que nos acompañan este verán obrigara a suspender a festa na data inicialmente prevista. Finalmente, os nenos e nenas desfrutaron dos xogos inchables (acuáticos e de terra), así como dos xogos populares e a piscina de patiños. A actuación correu a cargo do Mago Píter e Bob Esponxa. Houbo merende e chuches para toda a rapazada.

TORDOIA. O Concello de Tordoia celebrou na piscina municipal o Día do/a Neno/a, que contou cunha gran afluencia de público. O tempo acompañou e os nenos e nenas desfrutaron durante varias horas de xogos, inchables acuáticos e terrestres, así como da tradicional Festa da Escuma que puxo o broche de ouro ás celebracións.

TRAZO. A piscina municipal acolleu na tarde do sábado 27 de xullo a celebración do Día do/a Neno/a do Concello de Trazo, que incluíu inchables, festa da escuma e distintos agasallos para todos os participantes. Unha festa que tivo continuidade o pasado sábado 10 de agosto cunha nova xornada lúdica, que nesta ocasión incluíu a maiores un concerto de Xoán Curiel “Danzamos no verán”.


CRÓNICAS - Agosto 2019

19

PUBLICIDADE


20

CRÓNICAS - Agosto 2019

DEPORTES ATLETISMO Gran actuación do Club Atlética A Silva no Campionato Galego Absoluto e no de Combinadas

María Pena gaña o Meeting Internacional de Leiría de lanzamento de xabalina María Pena Ferreiro, atleta do Club Atlética A Silva-Ordes, vén de culminar unha fantástica temporada ao proclamarse campioa do Meeting Internacional de Lanzamentos de Leiría (Portugal) na categoría sub 18, unha das probas máis importantes de Europa. María Pena logrou o ouro cun lanzamento de xabalina de 44,21 metros, o que supón a súa segunda mellor marca persoal. Ademais, días antes do Meeting portugués, María Pena proclamouse tamén campioa galega sub 18 no Campionato Galego de Combinadas e logrou un meritorio cuarto posto no Campionato Galego Absoluto. Dúas probas nas que tamén tivo unha destacada participación a súa compañeira de club María Aguiar Mosquera (sub 16), que logrou sendas quintas prazas en ambas competicións na modalidade de salto de altura. Pola súa banda, Daniel Loureiro Mosquera, proclamouse subcampión galego sub 16 no Campionato de Combinadas.

María Pena logrou a medalla de ouro en lanzamento de xabalina coa súa segunda mellor marca persoal: 44,21 metros

Daniel Loureiro e María Pena foron subcampión e campioa no Campionato Galego de Combinadas. María Aguiar foi quinta

TENIS

TENIS DE MESA

Clausuradas as clases de tenis impartidas en Ordes

A selección galega alevín e infantil adestra en Sigüeiro

A concelleira de Deportes entregou os diplomas aos participantes no curso

Oroso acolleu aos catorce seleccionados/as entre os mellores clubs de Galicia

A concelleira de Deportes de Ordes, Ana Soneira, foi a encargada de clausurar as clases de tenis que tiveron lugar ao longo de todo ano nos pavillóns Castelao II e Campomaior. Soneira aproveitou para entregarlles unha medalla e un di-

Catorce xogadores e xogadoras da selección galega alevín e infantil de tenis de mesa realizaron unha concentración de tecnificación nas instalacións do complexo deportivo de Sigüeiro (Oroso). Unhas xornadas formativas organizadas pola Federación Galega de Te-

ploma acreditativo a todos os rapaces e rapazas polo seu esforzo ao longo das clases, puidendo tamén constatar tanto a satisfacción do alumnado coas clases que se están impartindo como a positiva evolución que están tendo sobre a pista.

nis de Mesa en colaboración co club Oroso TM, e que reuniron en Sigüeiro ao mellorciño do tenis de mesa galego. O pasado mes de xullo, estas mesmas instalacións acolleron a concentración das seleccións galegas benxamín e prebenxamín.


21

CRÓNICAS - Agosto 2019

DEPORTES TENIS DE MESA

Sigüeiro acollerá o X Torneo Internacional Concello de Oroso

ATLETISMO A proba acadou un récord de participación con 255 corredores/as

Amador Pena e Eva de la Fuente gañan a IX Carreira Popular de Mesía Un total de 255 deportistas tomaron parte nas distintas categorías da IX Carreira Popular de Mesía, celebradas o pasado 3 de agosto en Visantoña. Unha cifra que supón un récord de participación e polas que o Concello agradeceu a colaboración prestada tanto da veciñanza como das empresas colaboradoras “para que estas carreiras fosen un éxito deportivo e de amizade”. A proba raiña, de 12 quilómetros, foi gañada por Amador Pena Torreira e Eva de la Fuente Iglesias, do Club Atletismo O Pino. O alteta santiagués chegou á meta cun tempo de 43 minutos, 27 segundos menos co segundo clasificado, Manuel Oliver Pérez López. Pola súa banda, Eva de la Fuente, chegou no posto 21 da clasificación xeral, cun tempo de 56 minutos e 22 segundos. Celerino Pedreira Coroas, do Olympo As Pontes, recibiu o premio ao atleta de maior idade.

O complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro acollerá do 30 de agosto ao 1 de setembro a décima edición do Torneo Internacional Concello de Oroso, que organiza o club Oroso Tenis de Mesa. O venres 30 de agosto, a partir das 18:00 horas, terá lugar unha xornada de portas abertas, mentres que as categorías federadas competirán o sábado, de prebenxamín a veteráns. Para o domingo queda o campionato absoluto federado e o de afeccionados. Aquelas persoas que desexen participar poden anotarse de balde no multiúsos deportivo de Sigüeiro, no mail orosotm@orosotm.es ou na páxina www.facebook.com/ OrosoTM. O prazo de inscrición remata o 27 de agosto.

FÚTBOL

Oroso e Frades celebran o 25 de agosto os seus torneos de fútbol Un total de 130 atletas tomaron parte na carreira 12k do Concello de Mesía

Na modalidade 6k, o triunfo foi para Antonio Teijido López, do Verxel Nutrición Deportiva, e para Natalia Rivas Suárez, do Club Atletismo O Pino, que entraron na meta cuns tempos de 21 minutos e 17 segundos e 27 minutos e 53 segundos, respectivamente.

A proba, organizada polo Concello de Mesía, contou coa colaboración de Protección Civil (Abegondo, Carral e Oroso), así como veciños de Olas, Visantoña e Mesía e numerosos voluntarios e voluntarias. Ao final, sorteouse material deportivo cortesía das empresas colaboradoras.

O XVII Torneo de Fútbol Concello de Oroso terá lugar o domingo 25 de agosto, ás 18:00 horas, no campo de fútbol muncipal de Deixebre. Xogarán a SD Deixebre e o Resmón CF. Media hora despois, ás 18:30 horas, a SE Abellá SDC e a SD Pontecarreira desputarán o Trofeo Concello de Frades no campo municipal da Chousa.


22

CRÓNICAS - Agosto 2019

DEPORTES FÚTBOL

XADREZ Participaron 69 xogadores de Galicia e de distintas provincias de España

A ED Xuventude Oroso e o FC Visantoña abren as inscricións para a temporada 2019/20

Aleksa Strikovic gaña o IV Torneo de Xadrez do Concello de Cerceda

As escolas deportivas dos concellos de Oroso e Mesía abren o prazo de inscrición para a temporada 2019/20. No caso da ED Xuventude Oroso ofrecen prazas para todas as modalidades, dende biberón a xuvenís. Uns cursos impartidos por adestradores titulados e instruídos na canteira do RC Celta de Vigo. Máis información e inscricións no mail sigueirofc@xuventudeoroso.com, na páxina www.facebook.com/Sigueiro-FC-ED-Xuventude-Oroso ou nos teléfonos 646 974 375 e 679 999 036. No caso do FC Visantoña, que tamén ofrece escolas deportivas dende biberón (nados en 2014 e 2015) ata xuvenil (nados entre 2001 e 2003). Máis información e inscrición a través do teléfono 650 354 624, antes do 30 de agosto. En Ordes, a SD Órdes mantén aberto o prazo de inscrición. Para anotarse só é preciso enviar un mail a sdordenes@gmail.com ou un whatsapp ao 603 167 366.

O gran mestre Aleka Strikovic, de Chantada, fixo bos os prognósticos e levouse a cuarta edición do Torneo de Xadrez do Concello de Cerceda, desputado no polideportivo Fernando González Laxe. Un torneo que reuníu a 69 xogadores/as de toda Galicia (especialmente de Cerceda e concellos da contorna, así como outros máis distantes como Verín, Viveiro, Chantada, Lugo ou Noia) e representantes de Málaga, Ponferrada, Xaén ou Valladolid. Finalmente, o triunfo foi para o gran favorito, Aleksa Strikovic, con 7,5 puntos dos 8 posibles. Completaron o podio o mestre internacional Diego Espiñeira, de Padrón a un punto do campión; e o mestre FIDE Luís Medarde, da Universidade de Santiago de Compostela, con 6 puntos. O xogador local Daniel González quedou na sexta posición, cos mesmos puntos co terceiro clasificado. Os premios foron entregados pola deputado provincial de Deportes, Cristina Capelán, e polo concelleiro de Deportes de Cerceda, Jesús Rama.

O torneo disputouse no polideportivo Fernando González Laxe

SALVAMENTO DEPORTIVO

PATINAXE

A ordense Lara López, campioa de España en Sprint Praia

Lucía Deus Recouso proclámase subcampioa galega alevín

O campionato desputouse na praia do Orzán (A Coruña)

Suma e segue. A ordense Lara López Fernández proclamouse campioa de España na proba de Sprint Praia nos Campionatos de España Absolutos de Salvamento e Socorrismo que tiveron lugar na praia do Orzán (A Coruña). Así mesmo, a atleta do Club SASA tamén conseguíu o bronce na proba

de Bandeiras. Aos seus dezasete anos, Lara López confírmase na elite do Salvamento e Socorrismo Nacional, onde o mes pasado conseguira outras tres medallas de ouro no Campionato de España de Verán Xuvenil e Júnior de Salvamento Deportivo disputado en Guipúzcoa.

A patinadora do Club de Patinaxe Galia recibiu en Vigo a medalla de prata

A patinadora ordense Lucía Deus Recouso vén de proclamarse subcampioa galega alevín no Campionato Galego de Patinaxe Artística Libre para as categorías benxamín, alevín e infantil, desputado no pavillón do CEIP Souto-Donas (Vigo). A patinadora

do Club de Patinaxe Galia conseguíu subirse ao podio entre dúas patinadoras do CP Oleiros. Tras este novo éxito deportivo, o próximo desafío para Lucía Deus será o Campionato de España, que terá lugar en Zaragoza do 17 ao 19 de outubro.


CRÓNICAS - Agosto 2019

23

PUBLICIDADE


CRÓNICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 9-08-2019. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

CRÓNICAS 68  

Número 68 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da comarca de Ordes.

Advertisement