PROXECTO: A XENTE DO MAR
Boletín Informativo da Biblioteca Fina Casalderrey e EDLG CEP Plurilingüe Igrexa – Valadares MARZO 2018
LIBROS MÁIS LIDOS
Neste trimestre os libros que máis éxito tiveron foron: En terceiro lugar: “ Harry Potter y la piedra filosofal”; en segundo lugar: “La vaca Victoria” e o libro campión “Futbolísimos, el misterio del día de los inocentes.
CLUB DE LECTURA Estes foron os libros que se leron no club de lectura, LKTL, ao longo deste trimestre: “Un cesto de mazás” de Montse Fajardo Pérez e “La noche soñada” de Màxim Huerta. O libro previsto para o vindeiro trimestre é “Por encima de la lluvia” de Victor del Árbol.
Convidamos a todos /as a formar parte deste club.
Anímate!
NOVIDADES DA BIBLIOTECA FINA CASALDERREY
Participa connosco de todas as actividades da Biblioteca: Lecturas variadas. Visionado de documentais. Actividades de investigación e animación á lectura. Buzón de suxestións. “A túa opinión tamén conta”
HAI OUTRAS MOITAS NOVIDADES ESPERANDO POR TI!! VEN DESCUBRILAS!!
ESTE TRIMESTRE PRESENTAMOS... DÍA DA PAZ: O 30 de xaneiro conmemoramos conxuntamente coa EEI Monte do Alba o Día da Paz e a Non Violencia. Decoramos o colexio cun mural colectivo con mensaxes en forma de pingas de Paz, lemos un manifesto, presentamos os lemas e debuxos premiados no concurso da Paz e interpretamos unha canción na que integramos a linguaxe de signos. O alumnado de infantil agasallounos tamén cunha canción.
DIA DE SAN VALENTÍN Recoñecemos e valoramos as relacións interpersoais como instrumento para a mellora da convivencia. Destacamos nos demais aqueles valores que nos fan sentir ben.
FROITA NA ESCOLA: Do 15 ao 25 abril os alumnos/as do colexio participamos nun Programa de Consumo de Froita Fresca organizado polo Fondo Galego de Garantía Agraria en colaboración coa Xunta de Galicia.
DÍA DE ROSALÍA: O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Este ano fixémolo dun xeito moi especial: creamos, seguindo a técnica Warhol, un mural colectivo coa imaxe da poeta. Ademais, os compañeiros/as de terceiro agasalláronnos co recitado dalgúns dos seus poe-
DÍA SEN BALÓN: Como proposta de dinamización do patio de xogo contamos este curso con novos xogos que conforman unha proposta alternativa ao xogo tradicional: parchís, twister, o pobo dorme, etc. Ademais, continuamos coa actividade de xadrez.
CONMEMORACIÓN DE FESTAS POPULARES: “O ENTROIDO” Durante o mes de febreiro organizamos o “Entroido”, realizamos unidades didácticas, creamos comparsas, elaboramos o noso Meco e participamos nun proxecto de redacción de regueifas. Esta organización fíxose en colaboración coa EEI Monte do Alba e a inestimable participación de pais e nais do colexio. A todos/as, moitas grazas pola vosa axuda!
CERTAME DE POESÍA: O 23 de marzo organizamos o IV Certame de Poesía Galega. Foron moitos os participantes e marabillosas as actuacións.
OBRADOIROS OBRADOIRO “BEIZOS BRANCOS”: O 16 de xaneiro, tivo lugar un obradoiro de hábitos saudables en colaboración coa Obra Social La Caixa e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentaras. Foi moi interesante e saudable. Que saboroso!
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA: O 23 de febreiro, participamos nun obradoiro de alimentación saudable pertencente ao Plan Proxecta da Consellería de Educación. Recibimos unha charla moi interesante e degustamos “bocatas” confeccionados por nós mesmos con productos do mar en conserva. Moi saudable!
LUDOTECA LINGÜÍSTICA: O 21 de marzo os nenos e nenas de 5º participamos nun obradoiro lingüístico baseado en xogos tradicionais co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega. Foi unha xornada moi divertida!
PRIMEIROS AUXILIOS: O 23 de febreiro, os nenos e nenas de 4º curso, participamos nunha xornada moi especial, recibimos formación en Primeiros Auxilios. Agora estamos máis preparados para responder ante unha emerxencia. O noso lema: “COIDAR, AVISAR, CORRER, AXUDAR”.
OUTRAS ACTIVIDADES VISITA AO CONCELLO: O 20 de febreiro os alumnos/as de 5º e 6º curso desprazámonos ao Concello de Vigo para coñecer as súas instalacións: o Salón de Plenos onde fomos recibidos polo Sr. Alcalde, a sala de control de tráfico, o laboratorio, etc.
MUSEO DO MAR: O 22 de marzo os alumnos de 3º e 4º curso visitamos o Museo do Mar onde participamos de distintas experiencias sobre a pesca: diferentes artes, simulación pesqueira a bordo dun barco, elaboración dunha “raña”, instrumento empregado na pesca do polbo.
SAÍDA AO CUVI: O 1 de febreiro os nenos/as de 6º curso visitamos a facultade de química da Universidade de Vigo. Descubrimos moitas curiosidades e participamos de experiencias moi interesantes. Unha experiencia inesquecible!
XI CONCURSO DE PINTURA “O NADAL”: Laura Ceprián Rodríguez, de 4º curso, gañou o XI Concurso de Pintura do IFEVI 2018 . O 22 de febreiro acudiu ao Concello para a entrega de premios.
XA NON TEÑO MEDO! Eu durmo na bufarda porque son malo, porque esperto de noite e porque falo. Mais mamá dixo que podía chamala de ser preciso. Anque os primeiros días pasei medo coas sombras, cos ruídos e co silencio, Souben axiña que a noite é unha festa moi divertida.
PÁXINAS WEB DE INTERESE: http://www.edu.xunta.es/centros/ cepigrexavaladares/ http://www.culturageneral.net/ http://bibliovaladares.blogspot.com.es/
……………………… Fragmento Libro Catavento
Mª Victoria Moreno
CONCURSOS CONCURSO “DEBUXOS E LEMAS POLA PAZ” 1º A:
Gabriel Rodríguez Lago
2º A: Sandra Alonso Almuíña
3º A:
Elba Domínguez López
4º A: Laura Ceprián / Lea Pérez
5º A:
Brais Sanroman
6º A : Noelia Figueiras
Os equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística agradécenlle a toda a Comunidade Educativa (familias, profesorado …) a súa colaboración na realización de todas estas actividades, sen a cal non poderían levarse a cabo.