Issuu on Google+

ยก Loitando contra...

... os filibusteiros!


UN AMOR CON ALZHEIMER. Celia e Lois eran dous anciáns que se namoraron na residencia de maiores en donde as súas familias os meteron, por non poder coidalos. Íanos a visitar só os domingos. Facían excursións e actividades xuntos, ían aos bailes e moitas máis cousas, queríanse moito. Un día Lois, comezou a facer e dicir parvadas. Un médico, diagnosticoulle alzheimer. Pobre Lois, tivo que ingresar noutra residencia especializada para elo. Celia chorou moito, estaban tan ben e, de súpeto todo cambiou. No novo centro, Lois só preguntaba por Celia, non quería comer nin rir, nin escoitar a ninguén. Volveuse agresivo, ata o punto de escapar de alí. Comezou a búsqueda por toda a vila. Policías, familiares, amigos non conseguiron atopalo. Celia estaba desesperada,pero non podía axudarlles por estar interna no centro. Sentíase impotente, quizáis se estiveran xuntos esto nontería ocurrido. Despois de dous meses, deixaron de buscalo, dándoo por morto. Non había día que Celia non se lembrase de Lois. Pasados dous anos, alguén preguntou por Celia na secretaría do centro. Celia, xa en silla de rodas, acudiu para ver de quen se trataba, pois a enfermeira comentáralle que era un vagabundo que traía un ramo de rosas. Detrás do ramo agochábase Lois, totalmente descoñecido, pero non para Celia que non dubidou nin un intre en recoñecelo. A Lois esquecéraselle todo. Pero nalgún momento de lucidez aparecíalle na súa mente a historia tan bonita que vivira con Celia. Dende entón, nunca máis se separaron. Lois foi atendido na mesma residencia que Celia e os dous compartían habitación. De todo isto sacamos que aínda con alzheimer o amor nunca se olvida.

FIN PABLO 1ºB


Andrés e a súa familia A familia de Andrés vivía en Padrón. Era unha familia pobre que traballaba a terra aínda que o seu fillo, Daniel, tamén traballaba no concello. Daniel cobraba pouco e a súa muller, Maica, non traballaba máis ca na terra. Andrés, moitas veces, esquecía as cousas aínda que non dicía nada por medo a que o levaran ao médico. El temíalles ás agullas e cando ía poñer unha vacina semellaba un neno pequeno. Daniel e Maica tiñan unha filla e un fillo, Niobe e Brais. Niobe tiña seis anos. Tiña ollos azuis, cara redonda e pelo louro. Brais tiña catro anos. Tiña ollos marróns e o pelo escuro. Era hiperactivo e non aguantaba un segundo quieto, por eso precisaba da atención dos seus pais. Un día ás tres da tarde, Andrés saíu para tira-lo lixo. Como ía cerca, Daniel marchou a traballar e Maica marchou ao parque cos nenos. Ás catro da tarde Maica chamou á casa pero non contestaron. Pensou que Andrés estaría durmindo a sesta, coma todos os días. Ás cinco volveu chamar porque, normalmente, levantábase ás catro e media. Pero non contestaron. Ela asustouse e chamou a Daniel: ―Daniel, foi a verte teu pai?―preguntou Maica. ―Non, porque o dices?―respondeu Daniel. ―Porque o chamei para decirlle que xa ía para a casa e non contesta―dixo Maica asustada. ―Bueno, vaite para a casa que xa vou eu e miramos o que pasou. Ti tranquila, por favor―pediulle Daniel. Cando chegaron miraron se estaba durmido, pero non estaba nin durmido nin desperto, non estaba na casa. Entón, saíron mirar se o atopaban por donde fora a levar o lixo pero polo camiño non aparecía. Chegaron ao recolector de lixo pero por alí non o viron. Mais fixáronse nun camiño que había cara arriba e foron por alí. Ao fin, atopárono e explicóullelo todo: que se perdera e que moitas veces se lle esquecían as cousas. Dous días despois levárono ao médico e dixéronlles que tiña alzheimer, que os precisaba ao seu carón agora máis ca nunca. Co paso do tempo…a Brais, o fillo máis novo de Daniel e Maica, descubríronlle unha enfermidade no corazón e someteuse por dúas veces a operacións con risco de morte. Andrés morreu despois de dous anos indo a un centro de día. Daniel e Maica tiveron outro fillo, Kevin.

Fin Belén 1ºB


XABIER E RODRIGO Coma sempre, Xabier estaba sentado no seu sofá. Ao pouco, como non, tamén coma sempre, xa estaba na fiestra falando co seu amigo Rodrigo: ―Que tal vai todo?― Preguntoulle Xabier a Rodrigo. —Imos tirando ―Respondeu Rodrigo. ― Non queda outra! ― Dixo Xabier. Os dous amigo continuaron así, entretidos, falando das súas cousas. Cando xa chegaba a hora do xantar, entrou Luísa, a muller de Xabier: —Xabier, que fas aí na fiestra? — Preguntoulle. —Falando co meu amigo Rodrigo. — Respondeu el. —Xa che dixen máis veces que Rodrigo non existe, que é todo cousa túa — Rosmou Luísa. —Non muller, si que existe. É Rodrigo, o que foi connosco á escola — Dixo Xabier levándolle a contraria a Luísa. —Que non home, que non! —Respondeu Luísa mentres facía a comida. —Luísa, non coñeces a María e a Roberto?— Preguntou Xabier. —Si, son os fillos de Alejandro. — Contestou Luísa. —Non, son os fillos de Rodrigo, o de en fronte.— Dixo Xabier mentres pechaba a fiestra. —Vale, veña, tés razón, ven xantar.— Rematou Luísa. Sentaron a xantar e botaron a falando outro cacho. Despois, cando Luísa recollía a mesa, dixo Xabier: —Señora Carmen, eu hoxe non como? —Xabier, acabas de comer, e eu chámome Luísa, son a túa muller!— Suspirou Luísa. —Mamá, xa preparaches as maletas para irnos a Barcelona? —Preguntou Xabier. —Xabier, que eu son Luísa e a Barcelona non volviches desde o 92… Xabier voltou a falar con Rodrigo. Luísa continuou facendo as tarefas da casa. Xabier pasou horas falando con Rodrigo, cearon e chegou a hora de durmir. Luísa foi para a cama. Xabier xa adormecera no sofá había media hora. Na habitación… —Como Xabier non comprende o que os médicos lle dicen sobre a súa enfermidade, é mellor deixalo e seguirlle o xogo. ¡Mañá será outro día! — Pensou Luísa. Iván 1ºB


LA ABUELA ¡Hola! Soy Martina. Tengo 13 años y vivo en Jaén con mi madre, mi tía y mi abuela en una pequeña casa que pertenece a mi abuela y que heredó de mi abuelo Pepe al morir. Cuando murió mi abuelo, mi tía Carolina se fue a vivir con mi abuela Josefa a esa casa. Un año después de nacer yo, mi madre y mi padre se separaron y mi padre se fue. Entonces, mi madre y yo nos fuimos a vivir con mi tía y mi abuela. Durante unos meses, mi madre estuvo muy triste hasta que empezó a conocer a gente nueva y a hacer muchas amistades. Una de ellas fue Carmen, su mejor amiga. Desde que mi madre conoció a Carmen, hemos ido todos los fines de semana de excursión. Pero un fin de semana de agosto, nos llamó la prima Nuria de Madrid, diciendo que el tío Marcos había muerto en un accidente de coche. Mi abuela quería mucho al tío Marcos. Ese fin de semana fuimos a Madrid al entierro. Ese mes fue el más triste de todo el año para mi abuela. Algún tiempo después, mi abuela aún seguía muy triste. Todos los días se acordaba del abuelo y de Marcos. Poco a poco se fue olvidando de las cosas. Nos dimos cuenta un día que quiso ir sola hacer la compra. Cuando salió de la tienda, nos llamó diciendo que la fuéramos a buscar que no sabía cómo llegar a casa. Ese día mamá la llevó al médico y le dijeron que tenía una enfermedad llamada alzheimer. El alzheimer es una enfermedad con la que se olvidan las cosas: te olvidas de quién es tu familia, de lo que hiciste el día anterior… Para que la enfermedad vaya más lenta, hay que hacer ejercicios para la memoria. Pero como entonces también había encontrado trabajo mi madre en un supermercado, no teníamos tiempo para ayudar a la abuela. Desde que ocurrió todo esto, una chica llamada María viene todos los días dos horas para estar con la abuela. María, como también es amiga mía, a veces se queda otro poco jugando conmigo desde que llego del instituto. Los sábados y los domingos juego mucho a las cartas con la abuela y con María. Mi tía juega al ajedrez con la abuela y mamá y Carmen, al parchís. Las tardes que jugamos todas juntas lo pasamos muy bien. Dos meses después, nació mi primo que es hijo de la tía Carolina. Desde que nació, la abuela está tan contenta que se olvidó de la muerte de Marcos y del abuelo. ¡¡Ahora sí que somos felices!!

FIN Paula 1ºA


RAMÓN

Esta é a historia de Ramón,o meu avó, un home de aldea que adicou a súa vida á agricultura e á gandeiría. A súa muller, miña avoa, chámase María. Teñen doce fillos e seis netos. O meu avó é unha gran persona, é moi bó e gústanme moito os seus contos sobre cando el era un neno, que me relata moitas tardes. Pero desde xa fai uns meses, o meu avó Ramón non está ben, está algo enfermo. Eu noteillo a pesar de que os meus pais non me dixeran nada. Eles falan do alzheimer, a que supoño que é a súa enfermidade. Consiste en que el non recorda nada, ¡nin o meu nome! .Non sabe quen son, nin a miña idade e confúndeme con outras persoas que eu non coñezo de nada. Serán antigos amigos ou xente de antes. Porque meus pais din que se acorda de antes, de cando el era un neno e un rapaz. Espero que ao meu avó non lle pase nada porque é o mellor avó do mundo. Alejandra 1ºB


Chamádeme simbad