Issuu on Google+

ESTUDOS e PROFESIÓNS INFORMACIÓN

Í N D I C E 1. Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia 2. Centro autorizado de Artes Plásticas e Deseño. Aula D 3. Centro privado Atlántico de Artes Plásticas e Deseño 4. Escola de Canteiros de Pontevedra 5. Escola de Puericultura de Galicia 6. Anticuario 7. Enquisador 8. Centro Multimedia de Galicia 9. Algunhas titulacións propias 10. Técnico en prevención de riscos laborais 11. Graduado Universitario en Ciencias Policiais e Detective Privado 12. Deseño e moda 13. Estudos superiores de deseño textil e moda de Galiza 14. Máster en Medios de Comunicación e Máster en Producción e Xestión Audiovisual 15. Xemoloxía 16. Escolas de tempo libre 17. Pilotos universitarios 18. Tripulantes de Cabina de Pasaxeiros (TPC). Azafatas ou Auxiliares de Voo 19. Controladores Aéreos 20. Asesor Xurídico en Medio Ambiente 21. Axente forestal

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

1


22. Auxiliar de Veterinaria 23. Adestrador canino 24. Manipuladores de Alimentos 25. Enólogo 26. Intérprete de Lingua de Signos 27. Turismo 28. Exames para a habilitación de guías de turismo especializados de Galicia 29. Profesorado de autoescolas 30. Operador de aparellos de centros de bronceado 31. Capacitación profesional para o exercicio da actividade de transporte por estrada e operador de transporte e Certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas... 32. Xestión do transporte 33. Técnico en transporte sanitario e DESA (desfibrilación externa semiautomática) 34. Axente da propiedade inmobiliaria 35. Ciencias do seguro 36. Seguridade privada 37. Bombeiro 38. Obtención de carnés profesionais 39. Carné profesional de operador de guindastre móbil autopropulsado 40. Cualificacións profesionais pola experiencia laboral 41. Danza profesional 42. Arte dramática 43. Canto 44. Estudos de música e Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM) 45. Garda civil 46. Policía nacional 47. Ministerio de Defensa 48. Homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros no ensino non universitario

*

*

*

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

2


1. ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA 

Ensinanzas de réxime especial. Pontevedra. Tfno. 986 86 12 51

Requisitos para o acceso: Estar en posesión do título de Bacharelato LOXSE ou do COU.e superar unha proba de acceso. O 20% do total de prazas ofertadas, resérvase para o ingreso -nesta escola- dos Técnicos Superiores en Artes Plásticas e Deseño.

Prácticas en Museos (reguladas oficialmente: BOE de 15 de febreiro do 2001).

Estudos Superiores. Titulación equivalente -para tódolos efectos- a unha Diplomatura, recoñecida pola LOXSE (Artigo 49.1). Título de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Duración dos estudos: Tres cursos académicos. O primeiro ano está formado por materias comúns e os dous seguintes cursos distribúense en tres especialidades: escultura, pintura e arqueoloxía.

Requisitos para a inscrición nas probas de acceso a celebrar nos meses de xullo ou setembro: Formulario de inscrición cumprimentado, fotocopia do DNI, aboar as taxas académicas establecidas, aportar fotocopia do título de Bacharelato LOXSE ou do COU.

Estructura da proba: Tres exercicios. O primeiro escrito -20% da puntuación total- de madurez e formación (análise e comentario crítico dun texto relacionado cos bens culturais). O segundo tamén escrito -20% da puntuación total- tratará sobre materias de coñecementos específicos (Historia da Arte, Historia de España, Física e Química e Bioloxía). No último analizaranse aspectos da aptitude plástica -o restante 60% da puntuación total- con probas de debuxo, representación da cor e aptitudes específicas. A cualificación global será a media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios.

2. AULA D. CENTRO AUTORIZADO PLÁSTICAS E DESEÑO

DE

ARTES

Centro Privado de Artes Plásticas e Deseño . Centro adscrito á Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Enderezo: R/ Ourense Nº 4, Patio Central, Baixo, 36211 VIGO. Tfno. 986 21 36 27 

CS Gráfica Publicitaria, cunha duración de dous cursos.

CS Proxectos e dirección de obras de decoración , coa mesma duración que ten o anterior ciclo formativo.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

3


Condicións de acceso: 1. Directo 1.1 Na Familia de Deseño de Interiores (Proxectos e Dirección de obras de decoración): alumnado do Bacharelato Artístico que teña superadas as materias de Fundamentos de Deseño, Debuxo Artístico II e Debuxo Técnico. 1.2 Para a Familia de Deseño Gráfico(Gráfica Publicitaria): alumnado do Bacharelato Artístico que teña superadas as materias de Fundamentos de Deseño, Debuxo Artístico I e Imaxe. 1.3 Alumnado de Bacharelato Artístico experimental. 1.4 Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da mesma familia profesional. 1.5 Graduados de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da mesma familia profesional.

2. Mediante proba a. Con 20 anos cumpridos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas. b. Proba específica para alumnado con COU ou Bacharelato LOXSE.

3. CENTRO PRIVADO ATLÁNTICO PLÁSTICAS E DESEÑO

DE

ARTES

Centro Privado de Artes Plásticas e Deseño . Centro adscrito á Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Enderezo: Avda. da Ponte, 9 -Cabral- 36215 VIGO. Tfno. 986 26 60 58 Familia Profesional de Xoiería de Arte: 

CM de Engastado, cunha duración dun curso.

CM de Procedementos de xoiería artística, de dous cursos de duración.

Condicións de acceso: 1. Directo 1.1 Alumnado que posúa o Título de Técnico ou Técnico Superior de artes plásticas e deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional á que pretenda acceder. 1.2 Que teñan superados os tres cursos comúns correspondentes ao plan de estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. 1.3 Que superasen os dous cursos comúns do plan experimental de ensinanzas artísticas.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

4


2. Mediante proba a. Posuír a titulación académica de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente e ademais superar unha proba específica que consta de tres exercicios. b. De non ter a titulación indicada, sempre que teñan cumpridos os 18 anos ou que os cumpran no ano de realización da proba, deberán superar unha proba de madurez de contidos socioculturais e de educación plástica e visual, ademais da proba específica citada no punto anterior.

4.

ESCOLA DE PONTEVEDRA

CANTEIROS

DE

 UBICACIÓN e ENDEREZO: Concello de POIO. Illa do Santo -2- Boavista, 36005 Poio (Pontevedra). Tfno. 986 83 30 75. E-mail: escapo@arrakis.es  DEPENDENCIA ORGÁNICA: Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.  ACCESO: Despois de superar unha proba de selección, sempre que reúnan os requisitos académicos mínimos (estar en posesión do Título de Graduado Escolar ou equivalente). Ó longo do mes de xuño, o alumnado aspirante realizará a correspondente preinscripción para realiza-lo exame de ingreso.  DOCUMENTACIÓN: Para formaliza-la matrícula, unha vez superada a proba de selección, será necesario presenta-los seguintes documentos: DNI, fotos tamaño carnet, partida de nacemento, copia compulsada do certificado de estudios, certificado médico e cuota da matrícula.  MATERIAS: Cantería, Modelado, Escultura, Debuxo Técnico, Debuxo Artístico, Historia da Arte, Construcción, Laboratorio e Informática.  TITULACIÓN: Despois de supera-los tres primeiros cursos académicos -primeiro ciclo- o alumnado obtén o Título de Canteiro que será expedido pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. O Título de Mestre Canteiro pódese conseguir unha vez cursados outros dous anos máis, correspondentes ó segundo ciclo destes estudios.

5. E S C O L A D E P U E R I C U L T U R A A Escola de Puericultura de Galicia – Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, organiza CURSOS DE PUERICULTURA. No ano académico 2006/2007 convócanse en varios Centros Pediátricos de Galicia, destinados a Mestres/as, Enfermeiros/as, outras titulacións universitarias, Formación Profesional e Graduado Escolar. INFORMACIÓN SOBRE OS MESMOS: José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

5


 Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela: Tel. 981 95 00 89 (Srta. Marga).  Hospital Materno Infantil “Teresa Herrera” de A Coruña. Secretaría de Pediatría.  Hospital “Arquitecto Marcide - Novoa Santos” de Ferrol. Secretaría de Pediatría.  Complexo Hospitalario “Cristal - Piñor” de Ourense. Tel. 988 38 55 42 (Srta. Tina).  Centro San Francisco de Vigo. Tel. 986 29 70 00 / 986 29 70 04 (Srtas. Isabel ou Cristina). DATAS PARA A PREINSCRIPCIÓN: Do 18 ao 29 de setembro de 2006. Para obte-lo Diploma de Mestre/a Puericultor/a, Enfermeiro/a Puericultor/a e Puericultor/a Diplomado/a, o curso ten unha duración de 600 horas (un ano académico entre teoría e prácticas). Os estudos de Auxiliar de Puericultura teñen unha duración menor (un cuatrimeste entre teoría e prácticas para poder acada-lo Diploma de Auxiliar de Puericultura).

6. A N T I C U A R I O Estes estudos permiten que se poida traballar como asesores técnicos ou para o exercicio libre da profesión. Teñen unha duración de tres anos e pódense cursar en Barcelona ou Madrid. Os requisitos para o acceso son: Bacharelato, Formación Profesional de Grao Superior ou equivalente. As áreas de coñecementos que se deben cursar, ó longo dos tres cursos son: Historia, Historia Xeral da Cultura e das Ideas, Estética, Historia da Arte e Artes Aplicadas, Criterios de Conservación e Restauración, Iniciación Xurídica, Psicoloxía Aplicada, Contabilidade, Inglés, Libros; Feiras, Subastas e Exposicións; Dereito; Taxacións, Peritacións e Catalogacións e Deontoloxía Profesional do Anticuario.

7. E N Q U I S A D O R A titulación de enquisador é un certificado de profesionalidade outorgado a través da Formación Profesional Ocupacional. Os requisitos previos para poder realizar o curso -que se realiza nas Delegacións do Ministerio de Traballo ou centros autorizados- son: ter estudos de Bacharelato ou equivalentes. A duración do plan de estudos é de 180 horas de contidos prácticos, 105 teóricos e 15 para as avaliacións, distribuíndose nos seguintes módulos: Metodoloxía das Enquisas, Comunicación e factor humano, Técnicas da entrevista; Organización, Explotación e Tratamento da Información; Validación de Cuestionarios e Organización do Traballo de Campo á hora de face-la enquisa.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

6


8. C E N T R O M U L T I M E D I A D E G A L I C I A Funciona na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra. Depende da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Hai que face-la inscripción vía web. O curso é gratuíto. Lévase a cabo polo sistema de vídeo-conferencia. Existe un límite de prazas.

Para máis información: -

Web: www.cmg.xunta.es

-

www.cmg.xunta.es/formacion@centromultimedia.net

-

Teléfono: 981 54 50 62

9. A L G U N H A S T I T U L A C I Ó N S P R O P I A S Titulacións de 2º Ciclo. Universidade de Santiago de Compostela  Información xeral: Centro de Orientación e Información Estudiantil (COIE). Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 71 11 / 902 101 022 GRADUADO SUPERIOR EN ENXEÑERÍA AMBIENTAL Ten unha carga lectiva de 150 créditos a desenvolver ó longo de dous cursos académicos. Conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente.

O acceso está limitado: 15 prazas para titulados en Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar, Farmacia, Física, Química, Ciencias Ambientais…) e 25 prazas para as Ensinanzas Técnicas (Enxeñeiros Agrónomos, de Camiños, Canles e Portos, Industrial, Minas, Montes, Química; Enxeñeiros Técnicos Forestais, Telecomunicacións, Topografía, Agrícola, Industrial…). Máis información en: Enderezo electrónico: enx.ambiental@usc.es Web: www.usc.es/enxamb GRADUADO SUPERIOR EN XERONTOLOXÍA A carga lectiva desta titulación é de 132 créditos, cunha duración de dous cursos académicos. Ten límite de prazas: 50 na modalidade presencial e 30 adicionais en modalidade virtual para profesionais.

Acceso dende carreiras de ciclo curto e titulacións pertencentes a: Ciencias Experimentais e da Saúde (Enfermería, Fisioterapia, Óptica, Podoloxía, Bioloxía, Farmacia, Medicina, etc), Ciencias Sociais e Xurídicas (Educación Social, Traballo Social, Relacións Laborais, Mestre, Pedagoxía, Psicoloxía, etc.), Humanidades (Antropoloxía Social e Cultural, Xeografía, Filosofía e Humanidades) e Ensinanzas Técnicas (Arquitectura, Arquitectura Técnica e as Enxeñerías Técnicas en Informática).

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

7


Para máis información: Enderezos electrónicos: jmmayan@usc.es xrsecret@usc.es Web: www.usc.es/xeronto GRADUADO SUPERIOR EN BIOTECNOLOXÍA Nº de prazas: 20. Información: www.usc.es/biotecno GRADUADO SUPERIOR EN TECNOLOXÍAS INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS

DA

Número de prazas: 40. Carga lectiva: 127 créditos. Dous cursos académicos. Conta co patrocinio da Secretaría Xeral de I + D da Xunta de Galicia.

Acceso, coa orde de prioridade que se establece de seguido: 1) Alumnado que posúa o título de Enxeñeiro Técnico ou que teña superado o primeiro ciclo dunha Enxeñería Superior. Alumnado Diplomado en Estatística, Licenciados en Ciencias e Técnicas Estatísticas ou que teñan superado o primeiro ciclo de Física ou de Matemáticas. 2) Alumnos/as Diplomados ou que teñan superado o primeiro ciclo de calquera titulación da Área de Ciencias Experimentais ou das titulacións de Administración e Dirección de Empresas, Economía, Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Xestión e Administración Pública, Estudios Empresariais, Arquitectura, etc. 3) Outras Diplomaturas ou alumnado cun primeiro ciclo universitario superado.

Información sobre esta titulación: Enderezo electrónico: gstic@usc.es Web: www.usc.es/gstic C R I M I N O L O X Í A

Título Propio da Universidade de Santiago de Compostela. Accédese a estes estudos co Título de Bacharelato ou equivalente e as Probas de Aptitude para o Acceso á Universidade (PAAU) superadas. Impártense na Facultade de Dereito de Santiago, con prazas limitadas. Unha vez cursadas e superadas as correspondentes materias, obtense o Diploma de Criminoloxía. Os interesados poden solicitar máis información -se o desexan- no Instituto de Criminoloxía en Santiago, teléfono 981 59 24 15.

Observación: o MECD acaba de aprobar unha titulación de recente creación (BOE do 8 de xullo de 2003) de Licenciado en Criminoloxía, pendente de impartición. Esta licenciatura, de dous cursos académicos de duración, está constituída por ensinanzas só de segundo ciclo universitario. José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

8


CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA Títulos Propios da Universidade de Santiago de Compostela: Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras (Titulación de 1º Ciclo, tres anos de duración, aos que se accede con 2º de bacharelato máis PAAU ou Ciclos Formativos de Grao Superior ademais dunhas probas de acceso propias) e Gran Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras (Titulación de 2º Ciclo, dous anos, aos que se accede co Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras). Existen tamén uns estudos que conducen ao Certificado de Elaboración e Xestión de Cociña , aos que se accede con 2º de Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Superior e probas de acceso propias. Os interesados poden solicitar máis información -se o desexan- en www.turgalicia.es/cshg ou no propio Centro Superior de Hostelería: estrada Santiago-Noia., km. 1, Santiago de Compostela, teléfono 981 542 519.

10. TÉCNICO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS >>>

A Universidade de Santiago de Compostela vén impartindo dende hai uns anos o Curso Máster de Técnico Superior en prevención de riscos laborais , organizado polo Departamento de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. A duración do curso é de 506 horas (50,6 créditos), impartíndose o mesmo ó longo de 10 meses aproximadamente. Entre algúns dos requisitos que se esixen para acceder ó mesmo son: ser Licenciado ou Diplomado en casos especiais e presenta-lo currículum vitae. Os contidos deste Máster versan sobre técnicas de mellora do traballo, prevención dos distintos tipos de riscos, asesoramento xurídico, medicina do traballo, seguridade, ergonomía… e 150 horas de prácticas en empresas ou institucións. Para máis información, consúltese a seguinte páxina web: www.usc.es/cptf ou chamando ó número de teléfono 981 58 12 37, extensión 12302 (Juan Miguel Barros Dios) ou no propio COIE (teléfono 981 54 71 11).

>>>

Tamén a Universidade de Vigo ten organizados cursos nesta liña:

Máster/Especialista en Condicións de Traballo e Prevención de Riscos Laborais. Un Curso de Posgrao que se realiza no Campus de Pontevedra e que ten unha duración de 600 horas a desenvolver durante seis meses…metodoloxía a distancia, proxecto final e exame presencial. Entre os requisitos de admisión están o de posuí-la Licenciatura ou como mínimo ser Diplomados Universitarios. Máis información ó respecto, pódese solicitar chamando ó teléfono 986 22 07 13 de Vigo ou ó número 986 80 19 36 do Campus de Pontevedra (Luis Ortiz, na Escola de Enxeñería Técnica Forestal).

>>>

OBSERVACIÓN: Existe tamén un Ciclo Superior de Prevención de riscos profesionais, da Formación Profesional Regrada, que ten unha duración de 2000 horas (dous cursos académicos). Este ciclo formativo está formado por módulos de riscos derivados das condicións de seguridade, físicos e ambientais, químicos e José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

9


biolóxicos ambientais, prevención de riscos derivados da organización e a carga de traballo, tecnoloxías da información e comunicación na empresa, xestión da prevención, emerxencias, relacións no contorno do traballo, lingua estranxeira, formación e orientación laboral e formación en centros de traballo. Unha vez aprobadas tódalas áreas destes módulos, obtense o Título de Técnico Superior en prevención de riscos profesionais. Estas ensinanzas impártense no IES Politécnico de Vigo (teléfono 986 21 30 25, enderezo electrónico: ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es) e no IES Cruceiro Baleares de Culleredo en A Coruña (teléfono 981 66 07 00, enderezo electrónico: ies.cruceiro.baleares@edu.xunta.es).

11.

CIENCIAS POLICIAIS E DETECTIVE PRIVADO

Un Título Propio da Universidade de Vigo en colaboración coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Xunta de Galicia e a Academia Galega de Seguridade Pública. A duración destes estudos é de tres cursos académicos e un proxecto fin de carreira. Estas ensinanzas impártense na E.T.S. de Enxeñeiros Industriais, Campus Lagoas-Marcosende, 36310 VIGO, en quenda de tarde. Para máis información sobre o plan de estudos, envío e entrega de solicitudes e outros aspectos, pódese consultar na seguinte páxina web: www.uvigo.es/estudios/titulospropios/ciencias_policiais/, e-mail: detectives@uvigo.es, Fax. 986 81 22 01 e nos teléfonos: 986 81 22 00, 986 81 22 13 / 647 34 30 68 (Profesor Ánxo Sánchez).

Requisitos de acceso: 1) Titulado universitario de 1º ou 2º ciclo, 2) COU con ou sen selectividade, 3) FP2, 4) Bacharelato LOXSE con selectividade, 5) Ciclo Formativo de Grao Superior ou equivalente, 6) Probas de acceso para maiores de 25 anos e 7) Estudos estranxeiros validables.

Titulacións: Os alumnos/as que superen tódalas materias correspondentes ao 1º e 2º curso poderán acadar o título propio da Universidade de Vigo de Técnico en Criminoloxía, Especialista en Criminoloxía e Máster en Criminoloxía. Os que superen as materias correspondentes aos tres cursos obterán a título propio da Universidade de Vigo de Graduado Universitario en “Ciencias Policiais” ou Graduado Universitario en “Detective Privado”.

12.

D E S E Ñ O

E

M O D A

Un Título Propio que se imparte en varias cidades españolas. Para poder acceder a esta titulación, cómpre ter superado o COU / Bacharelato Artístico ou Científico-Técnico e as probas de aptitude para o acceso á Universidade (PAAU). O plan de estudos da Escola de Artes e Técnica da Moda de Barcelona abrangue unha series de materias, entre as que citamos: Debuxo, Deseño de liña, Cor e técnicas de composición visual, Historia social da moda, Técnicas textís, Patronaxe José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

10


industrial, Prácticas de taller, Publicidade, Estudios de mercados, Indumentaria popular, Morfoloxía da indumentaria, Deseño e creatividade en modas, deseño imaxinativo, Historia da arte actual, Lingüística da imaxe, Relacións públicas, Organización e promoción de ventas, Ciclo completo da realización de coleccións, Peculiaridades da moda maculina, xuvenil, et., Punto, Pel, Patronaxe… A duración destas ensinanzas é de tres anos.

13. ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO TEXTIL E MODA DE GALIZA Titulación propia da Universidade de Vigo, de tres anos de duración. Depende organicamente da Facultade de Belas Artes (Campus de Pontevedra). Condicións de acceso: Calquera titulado universitario, tódalas modalidades de COU (preferentemente coas PAAA), tódalas modalidades de Bacharelato + PAAU, tódalas ramas de FP2, tódolos ciclos formativos de Grao Superior, tódalas ensinanzas artísticas especializadas e autorizadas, ter superadas as probas de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, estudos estranxeiros validables, profesionais cun mínimo de tres anos de experiencia profesional (reservadas neste caso, cinco prazas). Número total de prazas ofertadas: 30. Destas prazas, 25 son para acceso libre e as outras 5 para profesionais (acumulables). Prezo da matrícula por curso: sobre uns 3.030 euros. Probas de acceso. Son obrigatorias para tódolos candidatos e consistirán nos seguintes apartados:

>> Comentario escrito sobre un tema de actualidade: duración máxima, 1 hora. >> Realización dun deseño-composición sobre papel: 4 horas. >> Entrevista persoal (opcional e a criterio da comisión de avaliación). A preinscripción para a realización das probas farase entre os días 27 de xuño e o 4 de xullo de 2007 (segundo prazo: 1, 2 e 3 de outubro). Pódese presentar a solicitude nos rexistros da Universidade de Vigo ou a través do enderezo electrónico: http://esdemga.uvigo.es

Matrícula: do 18 ao 27 de xullo de 2007 (segundo prazo: 9, 10 e 11 de outubro). Das 9.30 ás 14,30 horas. Data e lugar de realización da proba: xullo de 2006, na Facultade de Belas Artes. Teléfono 986 80 18 00, extensión 13 (R/ Maestranza, 2. 36002 PONTEVEDRA, entre as 09,00 e as 14,00 horas. O plan de estudos que consta de 180 créditos, abrangue materias cuatrimestrais, que teñen un elevado compoñente práctico, entre outras: historia e teoría da arte e do deseño, psicoloxía da percepción, fundamentos informáticos do deseño, inglés profesional, teoría e técnica da cor, fundamentos artísticos, antropoloxía

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

11


e socioloxía do consumo, patronaxe por ordernador, estilismo e estética, fotografía aplicada ó deseño e á moda, mercadotecnia textil e da moda…

Itinerarios: No terceiro ano de carreira -primeiro cuatrimestre- será cando os estudantes teñan que elexir entre as dúas especialidades existentes, Confección Textil e Xéneros de Punto. O último cuatrimestre do terceiro curso inclúe o proxecto de fin de carreira e a realización de prácticas en empresas. Estas prácticas terán unha duración de cincocentas horas, homologables por dez créditos académicos. Os Graduados en Deseño Textil e Moda serán profesionais preparados para a coordinación de tódolos procesos, tanto de creación como de fabricación e elaboración de productos relacionados coa moda e a confección. Esta titulación ofrecerá saídas profesionais como deseñador de estampación, estilista ou técnico, crítico de moda ou administrasdor de produción e comercialización de moda.

14.

M Á S T E R E N M E D I O S DE COMUNICACIÓN e MÁSTER EN PRODUCCIÓN E XESTIÓN AUDIOVISUAL

Títulos Propios da Universidade de A Coruña. Ámbolos dous pódense cursar na Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia, situada na Avda. de la Prensa 84-85 -Polígono de Sabón- 15142 Arteixo (A Coruña). Para acadar máis información sobre o Máster en Medios de Comunicación, chamar ao teléfono 981 18 03 04, consultar no enlace Máster-la Voz en www.lavozdegalicia.es ou no enderezo electrónico mastermedios@lavoz.es. A información sobre o Máster en Producción e Xestión Audiovisual pódese obter na Facultade de Socioloxía. Universidade da Coruña. Campus de Elviña s/n (A Coruña), teléfono 981 16 70 00 (extensión 4877) ou en Internet: www.mpxa.net así como no enderezo electrónico: mpxa@udc.es.

15. X E M O L O X Í A Título Propio que se pode cursar en Barcelona (Facultade de Bioloxía). Ten unha duración de dous anos académicos , sendo preciso estuda-las seguintes materias: Cristalografía, Física elemental, Óptica aplicada á Xemoloxía, Sistemática Xemolóxica, Talla de xemas, Descrición exhaustiva das xemas, Síntese e produtos artificiais, Xemas de carácter orgánico e Prácticas.

16. E S C O L A S

D E

T E M P O

L I B R E

A Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia fai un listado da programación de cursos que se convocan case tódolos anos. Moitas destas actividades organízanse nas Escolas de Tempo Libre, por exemplo os cursos de Director/a e Monitor/a de actividades de tempo libre e Director/a de campos de José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

12


traballo, que teñen unha duración aproximada entre un e catro meses. Ó remata-las actividades formativas que compoñen os citados cursos, ós participantes que os superen satisfactoriamente expediráselles o correspondente título de escolas de tempo libre. De seguido imos citar algunhas destas escolas, oficialmente recoñecidas a nivel da Comunidade Autónoma de Galicia:  ESCOLA DE TEMPO LIBRE RÍAS BAJAS (PONTEVEDRA). Praza. Méndez Núñez, 1. Teléfono 986 85 02 51.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE PASPALLÁS (PONTEVEDRA). R/ Isidoro Millán Mariño, 9, 3º esq. Teléfono 986 86 58 84.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE FERVENZA (VIGO). Pobladores, 9, 1º. Teléfono. 986 43 80 27.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA (VIGO). Apdo. de correos 3232. Teléfono 639 40 69 94.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE DAJALCA (VIGO). R/ Pi y Margal, 53, Entlo. Apartado 456. Teléfono 629 83 49 33.  PASATEMPOS ESCOLA DE TEMPO LIBRE (VIGO). Avda. Alcalde Portante, 5 baixo. Teléfono 986 24 23 13.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE MISTURA (A ESTRADA). R/ Justo Martínez, 15, 3º. Teléfonos 986 57 26 70 / 629 84 01 79.  ESCOLA GALEGA DE TEMPO LIBRE (A CORUÑA). Praza de Pontevedra 14-16, 1, 1º B. Teléfono 981 27 68 12.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE E ANIMACIÓN DA CRUZ VERMELLA XUVENTUDE (A CORUÑA). R/ Curros Enríquez, s/n. Teléfono 981 20 59 75.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE KELTIA (A CORUÑA). R/ Adelaida Muro, 66, baixo 1º. Teléfono 981 21 37 30.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE CAMPA (A CORUÑA). Rúa Nova, 18, 1º D. Teléfonos 981 21 44 44 / 629 83 37 34.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE INEF DE GALICIA (BASTIAGUEIRO). INEF Galicia, Bastiagueiro s/n. Teléfonos 981 16 70 00 -extensión 4034- / 607 48 21 52.  ESCOLA SCOUT INSIGNIA DE MADEIRA (SANTIAGO). R/ Hórreo, 96, 1º C. Teléfono 981 57 60 04.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DON BOSCO (SANTIAGO). R/ Belvís, 2. Teléfono 981 58 22 43.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

13


 ESCOLA DE AIRE LIBRE DE CÁRITAS DIOCESANA (SANTIAGO). R/ Hospitalillo, 2-bis. Teléfonos 981 58 79 40 / 55 21 40.  ESCOLA GALEGA DE LECER E TEMPO LIBRE (SANTIAGO). Consellería de Familia… San Caetano, Bl. 3, 1º. Teléfono. 981 54 48 55.  ESCOLA DIOCESANA DE EDUCADORES NO TEMPO LIBRE DE MONDOÑEDO-FERROL (FERROL). R/ Magdalena, 153, 2º Esq. Teléfono 981 35 31 50.  ESCOLA DE TEMPO LIBRE ÍCARO (FERROL). Ctra. de Castilla, 58-64 Esc. C Baixo. Teléfono 981 33 30 11.  ESCOLA LUCENSE DE TEMPO LIBRE (LUGO). R/ Cabo Estaca de Bares, 27, 2º. Teléfono 982 25 01 19.  BUGALLO ESCOLA DE TEMPO LIBRE (LUGO). Galerías 18 de Julio, 66, local 19. Teléfonos 636 04 74 42 / 679 48 47 96/97.  ESCOLA DE T. L. ANIMACIÓN (OURENSE). Murillo 20, baixo. Teléfono 988 39 13 89.

17. P I L O T O S U N I V E R S I T A R I O S 17. 1 O piloto civil é un profesional capacitado para pilotar aeronaves, probar avións prototipo e asesorar nos procesos de deseño aeronáutico. É o responsable do voo de avións comerciais e xefe da tripulación auxiliar, responsabilizándose á súa vez da seguridade dos pasaxeiros e das mercadorías que transporta. A titulación outórgalla SENASA (Sociedade Estatal de Navegación Aérea) avalada pola Universidade de

Salamanca. TITULACIÓN Piloto Privado Piloto comercial helicóptero

de

avión

CAPACITAC I Ó N Pilotar aparatos particulares: avións ou helicópteros monopraza ou biprazas. Ten carácter estritamente deportivo. ou Exercer de segundo piloto de liñas aéreas. Realizar traballos de fumigación de terreos, fotografías aéreas ou tarefas publicitarias.

Piloto de transporte de liñas aéreas.

(O título é equivalente a tódolos efectos a Categoría de primeiro piloto. Diplomado Universitario salvo o acceso a Transporte de pasaxeiros e mercadorías. segundos ciclos). A duración das licencias necesarias para poder facer voos de carácter comercial poden obterse no prazo de catro cursos académicos. Requisitos de acceso: -

Ter 18 anos Bacharelato ou COU

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

14


-

Supera-lo recoñecemento médico CIMA Clase 1 Realizar e superar unhas probas de carácter psicotécnico Entrevista persoal na que se avalían nivel cultural e dominio de inglés.

17. 2 A Universidade de A Coruña aprobou unha titulación universitaria (Título Propio) para formar pilotos comerciais, na escola de pilotos Aeroplota del Noroeste (AFN). Estes pilotos serán os xestores de avións, por iso deben estar moi preparados en canto a competencias e coñecementos técnicos ademais do estudio de materias que completen unha verdadeira formación universitaria. Os aspirantes a pilotos recibirán na escola de pilotos de Alvedro un adestramento axeitado baseado en clases teóricas, computerizados, simuladores e máis de 200 horas de voo real. Durante tres anos -na Diplomatura- e catro anos -na Licenciatura- o alumnado seguirá as clases das asignaturas ofertadas pola Universidade de A Coruña.

Requisitos de admisión: - Superar un recoñecemento médico no Hospital del Aire. - Título de Bacharelato, Técnico Superior ou equivalente. - Supera-los exames de ingreso na escola. O custo destes estudios, que coinciden co calendario escolar, é lixeiramente superior a unha matrícula universitaria. Para máis información, poden chamar los seguintes teléfonos de información que posúe a escola: 981 16 70 00 / 981 18 72 80.

17. 3 Existen outras cidades -Barcelona e Madrid- nas que se imparte esta titulación de Piloto de transporte de Línea Aérea , equivalente a Diplomado Universitario. Os requisitos son: 18 anos cumpridos, Bacharelato, COU ou equivalente, probas de selección e exame de idiomas. Para a preparación das probas de selección compre un curso, como mínimo. O resto da formación para acada-la titulación, dura entre 26 e 28 meses. O plan de estudios de SENASA está constituído por 2.710 horas de clases teóricas (básicas, especiais, teórico de avións, Briefing e Debrieefing) e 355 horas de instrución práctica (simulador estático e voo). Ó parecer, o custo destes estudios é moi elevado.

18. TRIPULANTE DE CABINA DE PASAXEIROS (TPC) Características: profesionais a quen se lles encomenda unha lista de tarefas imprescindibles para que o avión e a súa pasaxe gocen dunha boa viaxe. Persoal cualificado con formación en psicoloxía, idiomas ou protocolo, entre outras materias. As compañías aéreas desexan que a parte da tripulación que atende á pasaxe estea integrada tamén por homes. Os TPC deben acomodar correctamente ós pasaxeiros, comunicarlles as consignas de seguridade e infundirlles tranquilidade.

Requisitos: para ser admitidos nas academias que imparten os cursos de Azafatas ou Auxiliares de Voo (masculino/feminino), a Dirección Xeral de Aviación Civil esíxelles ós aspirantes ser maiores de 18 anos e menores de 29 (Air-Europa ata 35 anos), superar diferentes exames de agudeza visual, auditiva, psiquiátricas, etc. e ter estudios de Bacharelato ou equivalente.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

15


Calidades: Persoas cunha estatura determinada (entre 1,60 - 1,82 metros ás mulleres e 1,70 - 1,90 ós homes). Bo dominio do inglés, boa presenza (peso acorde coa estatura) e que sexan capaces de nadar 100 metros en pouco máis de dous minutos. Plan de estudos: Os cursos de TPC divídanse en dous módulos. O primeiro dura tres meses, con asignaturas de carácter xeral (normativa aérea, nocións en seguridade e salvamento, meteoroloxía, instrución artístico-turística e técnicas para o trato persoal cos pasaxeiros). O segundo módulo - posta en práctica da teoría aprendida- cunha duración de nove meses, diríxese a perfecciona-los coñecementos de todo o alumnado que ten un bo dominio de idiomas, prácticas de voo nas instalacións da compañía Iberia, en Madrid, visitas ós aeroportos e a empresas de catering. O curso de Tripulantes de Cabina de Pasaxeiros débese cursar en escolas homologadas por Aviación Civil dado que nos procesos de selección, as compañías aéreas danlle prioridade ós certificados de estudios impartidos nestes centros. Na Coruña e en Santiago de Compostela existen academias privadas homologadas –AIR HOSTESS- que imparten formación durante todo o ano. Para máis información, chamar ós números de teléfono 981 20 95 72 de A Coruña e 981 55 24 65 de Santiago.

19. C O N T R O L A D O R E S

A É R E O S

AENA convoca ás veces, en función das necesidades de persoal, prazas para aeroportos. Preparación da oposición en Academias, por exemplo en Vigo -no Centro de Formación APROBADOS- na rúa Gran Vía 160, 1º B. Teléfonos 986 110 040 / 986 110 041.

As probas versan sobre os seguintes apartados e áreas:  Coñecementos básicos: materias de aerodinámica, xeografía, meteoroloxía, matemáticas, física, informática, lexislación, aeronáutica…  Discriminación auditiva de inglés e castelán: escoitar un texto e respostar ás preguntas que se fagan sobre o mesmo.  Test psicotécnico (aptitudes, razoamento, percepción, memoria, axilidade mental, resistencia á fatiga, orientación espacial…).  Avaliación oral de idiomas (inglés e no caso dos estranxeiros, castelán).

Requisitos: Ser Diplomado ou Licenciado Universitario e menor de 35 anos. Ter un bo nivel de inglés. Para máis información: - www.aena.es - www. buscaoposiciones.com/Oposiciones-AENA-bcat7.htm – 17k

20. A S E S O R X U R Í D I C O EN MEDIO AMBIENTE Profesionais que, con novos modelos e estratexias, fagan compatible o desenvolvemento industrial coa protección do medio ambiente, capacitando ó alumnado para interpretar de forma eficaz a lexislación e as diferentes normativas. A Escola de Organización Industrial -en colaboración co Instituto Tecnolóxico de José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

16


Galicia (IGT)- organiza o curso que ten como obxectivo formar -ó máximo nivel- en temas de dereito ambiental ós futuros asesores xurídicos das empresas e orientalos, moi especialmente, cara ás Pymes.

Duración e contidos: 500 horas. Unha parte teórica de 300 horas e actividades prácticas na que o alumnado resolva problemas reais, visite empresas, elaborando un traballo final polo que serán avaliados. Entre os contidos do curso está o saber seleccionar técnicas de prevención e control da atmosfera, das augas, o tratamento e xestión dos residuos, realizar auditorías medioambientais, etc. Condicións para o acceso: Estar en posesión dun título universitario afín ou que garde relación profesional coa asesoría xurídica. Na selección para o acceso terase en conta a certificación académica e o currículum vitae. Hai que adxuntar, ó facela inscrición, tres fotografías. O curso de Asesor Xurídico en Medio Ambiente é gratuíto. A información sobre o mesmo pódese obter no Instituto Tecnolóxico de Galicia, teléfono 981 17 32 06. Os alumnos e alumnas que cumpran unha asistencia mínima (o 80%) e que aproben o proxecto final, recibirán o título da Escola de Organización Industrial e do ITG, recoñecido pola Xunta de Galicia.

21. A X E N T E

F O R E S T A L

No Centro de Capacitación Agraria (CECA) de Lourizán, en Pontevedra, dependente da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, impártense as seguintes ensinanzas de Formación Profesional Regrada (titulacións recoñecidas oficialmente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria): •

Ciclo formativo de grao medio. Técnico en traballos forestais e de conservación do medio natural.

Ciclo formativo de grao superior. Técnico Superior en organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

O citado centro de Lourizán, antiga Escola de Capataces, imparte tamén ensinanzas non reguladas, por exemplo: 1.

Cursos de especialización profesional., entre outros, Prevención e Extinción de Incendios Forestais (dous cursos de 40 horas) e Seguridade e Hixiene no manexo de ferramentas forestais (40 horas).

2.

Cursos de formación ocupacional: Viveirista forestal (250 horas) ou Especialista en recuperación de marxes de ríos (350 horas).

Para conseguir máis información, pódese chamar ós números de teléfono do centro: 986 80 50 88 / 986 80 50 90.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

17


O Axente Forestal é un profesional que se encarga sobre o terreo de que se cumpra a normativa vixente sobre medio ambiente, a observación da natureza e a súa conservación. Os estudos citados con anterioridade, tanto os regrados como os non regrados, son moi importantes para poder afrontar con éxito as oposicións que ó respecto se puidesen convocar por parte das Administracións Publicas ou para traballar nas mesmas como contratados laborais de carácter temporal.

22. A U X I L I A R D E V E T E R I N A R I A Centro de Estudos CCC •

Existen cursos con metodoloxía a distancia: Auxiliar Clínica Veterinaria. Tipo de curso: Ciclo Grao Superior. Duración do curso: 300 horas. Unha vez finalizado e superado o curso, o alumnado pode acceder ás Prácticas optativas que se realizarán en centros concertados baixo a supervisión dun veterinario profesional, podendo obte-lo Certificado de Prácticas Profesionais de Auxiliar de Clínica Veterinaria. O temario está baseado no Programa de Estudios do Royal College of Veterinary del Reino Unido.

Temas de estudo: anatomía e fisioloxía, enfermidades máis comúns, coidados xerais e específicos, hixiene e nutrición, urxencias e primeiros auxilios, medicina preventiva... (sempre relacionados co mundo animal).

Obxectivo: Adquiri-los coñecementos necesarios que capaciten para o coidado profesional dos animais, entre outros. Traballar como Auxiliar en Clínicas Veterinarias; ser asesor/a, encargado/a ou dependente en tendas dedicadas á venda de animais de compañía, en zoolóxicos, garderías de animais como coidador/a, etc.

Centro de Estudos E-Learning. Madrid. Auxiliar de Clínica Veterinaria, entre outros. Tfno. 91 542 33 85. E-mail: epa@epa.es

Master – D. Zaragoza. Auxiliar de Veterinaria. Tfno. 976 76 41 22. http: //www.masterd.es. E-mail: sbarranco@masterd.es

23. A D E S T R A D O R C A N I N O Profesional que se dedica a ensinar determinadas conductas ós cans, para que sirvan ós seus amos. As condicións de vida das grandes cidades e a atención crecente que as sociedades modernas dedican ós discapacitados fai que exista máis demanda de adestradores de cans asistenciais (guía de cegos, axuda a parapléxicos, etc.).A policía e os bombeiros utilizan tamén estes animais para a detección de explosivos e de drogas ou para rescatar persoas. En España só a ONCE dispón dun centro -en Madrid- que imparte cursos de adestramento para cans, que serven de guía ós cegos. Como perfil dos candidatos, cómpre que este tipo de profesionais amen profundamente ós animais, teñan moita paciencia, dominen a psicoloxía animal e sexan bos especialistas na comunicación xestual.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

18


Os estudios son de duración variable -segundo o centro- e realízanse en centros privados, por exemplo na Escola Técnica de Adestramento Canino (ETAC) de México que ten a súa páxina web www.etac.com.mx/html/home.html ou no Centro de Estudios CCC (metodoloxía a distancia), páxina web www.cursosccc.com/2002/adiestramiento_canino.asp?codigo=JZB. Accédese ós mesmos co Graduado Escolar ou equivalente. Existen tamén asociacións de cazadores que organizan cursiños de adestramento para cans de caza (buscar en www.google.es).

24. M A N I P U L A D O R E S D E A L I M E N T O S A formación de Manipuladores de Alimentos ríxese na actualidade polo Decreto 290/2003, do 4 de xuño (DOG do 26 de xuño de 2003) da Consellería de Sanidade e Asuntos Sociais, en relación á hixiene nas empresas do sector alimentario. Existen centros de formación autorizados para imparti-las correspondentes ensinanzas que conduzan á obtención do Carné de Manipuladores de Alimentos , por exemplo no Control y Análisis Alimentarios del Salnés S.L.L. situado en Vilanoviña 15 B – Paradela, en MEIS (Pontevedra), teléfono 686 47 56 99 ou na Academia Auden Consultores de VILAGARCÍA DE AROUSA, situada na rúa Arcebispo Lago, 25 Baixo, teléfono 986 56 54 79. Son cursos de curta duración. Precísase aportar dúas fotos ademais de paga-los correspondentes gastos de ensinanza e matrícula.

25. E N O L O X Í A O enólogo é o encargado de dirixi-lo proceso de produción de viños así como a súa comercialización. Necesítase cursa-la carreira de Enoloxía, Licenciado en Enoloxía, que son ensinanzas de segundo ciclo universitario (dous anos de duración). Estes estudos impártense nas Universidades de A Rioxa (Logroño), Cádiz, Córdoba, Estremadura, Miguel Hernández de Elche (Campus de Orihuela), Politécnica de Valencia, Rovira i Virgili (Tarragona) e Valladolid (Campus de Palencia).

26. I N T É R P R E T E D E L I N G U A DE S I G N O S A linguaxe das mans é imprescindible para facerlles ós xordos un pouco máis asequible o mundo exterior. Cada vez son máis as empresas, entidades bancarias e medios de comunicación que precisan os servizos deste tipo de profesionais. Dentro da Formación Profesional Específica existe un ciclo formativo de Grao Superior chamado Interpretación da Lingua de Signos que ten unha duración de 2000 horas, impartíndose ó longo de dous cursos académicos. Unha vez superados tódolos módulos que compoñen o devandito ciclo, acádase o Título de Técnico Superior en Interpretación da Lingua de Signos que permite interpretar dende as linguas de signos galega e española, así como dende o SSI, ás linguas galega e española e viceversa ademais de realiza-las actividades de guía-interpretación de persoas xordo-cegas, utilizando correctamente os sistemas lingüísticos que interveñen no proceso de comunicación e aplicando as técnicas adecuadas de interpretación segundo o modelo e tipo de servizo. José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

19


Estas ensinanzas pódense cursar no Instituto de Educación Secundaria “Ánxel Casal-Monte Alto” de A Coruña, en réxime ordinario ou en réxime de persoas adultas. Teléfono 981 21 01 12. Enderezo electrónico: ies.anxel.casal@edu.xunta.es O mesmos estudios –homologados pola Xunta de Galicia- impártense tamén no centro privado Tomás Barro de A Coruña. No primeiro curso apréndese a lingua de signos española, expresión corporal aplicada a esa linguaxe, psicosocioloxía da poboación xorda e xordocega e lingua estranxeira. No segundo ano impártense as materias de interpretación do sistema de signos internacional, lingüística aplicada á lingua de signos, guía para a interpretación de persoas xordocegas, ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española e formación e orientación laboral. Ó final, o alumnado ten que presentar un proxecto ademais de realiza-las correspondentes e obrigatorias prácticas, durante tres meses, en diversos centros de traballo. Para máis información, o número de teléfono do centro de Formación Profesional “Tomás Barro” é o seguinte: 981 27 01 63.

27. T U R I S M O A Diplomatura de Turismo é unha titulación oficial, de tres cursos académicos de duración, que se imparte na Coruña (Universidade de A Coruña) e en Ourense (Universidade de Vigo). Existe tamén a posibilidade de poder cursar estes estudios, nos seguintes centros privados de Vigo: 

C E B E M: R/ Hispanidade 33. Teléfono 986 41 98 99.

M A R C O T E: Avda. da Ponte (O Sello - Cabral). Teléfono 986 25 15 11

Neste último suposto dos citados centros privados, os estudios de Diplomado en Turismo están avalados pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

28.

EXAMES PARA A HABILITACIÓN DE GUÍAS DE TURISMO ESPECIALIZADOS DE GALICIA

Para tomaren parte nestes exames que se celebran en Santiago de Compostela, os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos: 1) Ser maior de idade. 2) Te-la nacionalidade dun país membro da Unión Europea. 3) Estar en posesión, como mínimo, dalgún dos seguintes títulos: Técnico Superior en Información e Comercialización Turística, Técnico en Empresas e Actividades Turísticas, calquera outro título superior, Licenciatura ou Doutoramento.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

20


4) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física que poidan ser incompatibles coas funcións de guías de turismo. 5) Acredita-lo dominio das linguas cooficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e algunha lingua estranxeira das que se soliciten.

As probas de habilitación están constituídas por dous exercicios eliminatorios (cuestionario de 60 preguntas tipo test -extraído ó chou entre tres cuestionarios- en 60 minutos e contestar de forma oral durante un tempo mínimo de 20 minutos ás preguntas que formule o tribunal, sobre dous temas extraídos tamén ó chou polos interesados). Os aspirantes que superen os exercicios anteriores terán que facer un terceiro exame que consta de dúas probas (tradución dun texto castelán para o galego e doutro galego para o castelán, nun tempo máximo dunha hora, e manter unha conversa cos membros do tribunal ou coas persoas que o asistan, nun tempo máximo de 15 minutos, en cada un dos idiomas solicitados). Para a súa preparación existe un programa co temario cultural (20 temas) e outro de itinerarios e recursos turísticos (18 temas). Ó respecto e para máis información, ver Orde do 28 de abril de 2006 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Innovación e Industria, ó abeiro do establecido no Decreto 42/2001. Ós candidatos que superen tódalas probas outorgaráselles -por parte do Conselleiro de Innovación e Industria- a habilitación como Guías de Turismo Especializados/as de Galicia, unha vez que a soliciten e despois de entregada toda a documentación que se lles esixe.

29. P R O F E S O R A D O D E A U T O E S C O L A S Para poder obte-lo Certificado de Aptitude como Profesor de Formación Vial, necesítase segui-las instrucións que ó respecto dita o Ministerio do Interior a través da Resolución do 7 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Tráfico (BOE do 28 de outubro do citado ano), pola que se convoca a correspondente formación.

Requisitos para tomar parte no curso: •

Graduado Escolar (EXB) ou acredita-la posesión de estudios equivalentes ou superiores.

Ser titular do permiso de conducir da clase B, alomenos cunha antigüidade mínima de dous anos.

Te-las condicións psicofísicas e psicotécnicas que na actualidade se esixen para a obtención do permiso de conducir de clase C.

Proba previa á selección. Esta realizarase na provincia de residencia do solicitante. Os aspirantes admitidos serán sometidos a unha proba previa de selección que constará de dúas partes: a. Unha proba teórica, de carácter eliminatorio, que tratará sobre as normas e sinais reguladores da circulación e cuestións de seguridade vial. Consistirá en

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

21


contestar por escrito a un cuestionario de 40 preguntas (non se poden cometer máis de dous erros), nun tempo máximo de 30 minutos. b. A proba práctica versará sobre a técnica e dominio da condución e circulación en vías abertas ó tráfico. É tamén de carácter eliminatorio, sendo a súa duración dun máxima de 30 minutos. Os que aparezan na relación de declarados como aptos, nas dúas partes da proba previa de selección, pasarán a realiza-lo curso que terá carácter teórico e práctico e que constará de dúas fases: 1)

Fase de ensinanza a distancia ou correspondencia , de carácter teórico (normas, sinais, seguridade vial, accidentes de tráfico, medio ambiente, contaminación, regulamentación de vehículos pesados, de transporte de persoas e de mercadorías, seguro de automóbiles, pedagoxía e psicoloxía aplicada á condución, mecánica, comportamento e primeiros auxilios…). Unha vez finalizada esta fase, farase pública a lista de persoas aprobadas por orde das cualificacións acadadas. As avaliacións desta fase desenvolveranse tamén na provincia de residencia do solicitante

2)

Fase de presenza. Os solicitantes que superen tódalas materias da fase anterior, pasarán a realizar esta fase presencial (ensinanzas teóricas e a súa aplicación práctica) que terá unha duración de dez semanas aproximadamente, celebrándose en Madrid.

A superación desta última fase presencial (avaliación continua da integración e globalización de coñecementos) permite a obtención do citado Certificado de Aptitude como Profesor de Formación Vial. Para máis información, consultar na Confederación Nacional de Autoescolas. Enderezo electrónico: secretaria@cna.com, teléfono 91 352 02 57.

30. O P E R A D O R D E APARELLOS DE CENTROS DE BRONCEADO Os operadores de aparellos de centros de bronceado son as persoas responsables do manexo dos aparellos de raios UV, nos citados centros. Poderán exercer a súa actividade profesional unha vez superado o correspondente programa de formación. Ó respecto, acreditarán a súa cualificación mediante certificación individual expedida pola entidade autorizada segundo a Orde do 2 de decembro de 2004 (DOG do 28 de decembro), da Consellería de Sanidade, pola que se regulan as condicións da formación deste persoal en Galicia así como o procedemento para a autorización das entidades de formación.

31. CAPACITACIÓN PROFESIONAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE TRANSPORTE POR ESTRADA E OPERADOR José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

22


DE TRANSPORTE e CERTIFICADO CE DE CONSELLEIROS DE SEGURIDADE... Resolución do 3 de xaneiro de 2007 (DOG do 2 de febreiro), da Dirección Xeral de Transportes -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivendapola que se convocan probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor. A convocatoria para a celebración dos correspondentes exercicios está fixada para o día 26 de maio de 2007, en Santiago de Compostela, segundo aparece no DOG citado con anterioridade. Para máis información: Dirección Xeral de Transportes, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 45 90. As materias do programa, figuran no temario do Anexo B (Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999 – BOE Nº 139, do 11 de xuño). A preparación das probas pódese facer en determinadas Academias, por exemplo na Xestoría Administrativa – Auto Escola PERNAS de Pontevedra. R/ Michelena, 15, 1º A. Teléfonos 986 85 91 50 / 986 85 94 12.

OBSERVACIÓN: Segundo a Resolución do 23 de febreiro de 2006 (DOG do 7 de marzo), da Dirección Xeral de Transportes, convócanse probas para a obtención e renovación do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril . Trátase da adquisición dunha cualificación profesional de conselleiros de seguridade para o transporte por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable de mercadorías perigosas (esíxese como medida preventiva para as empresas que disporán dun ou varios deses conselleiros). Na citada Resolución do 23 de febreiro de 2006 fálase do exame: dúas probas, unha de 50 preguntas tipo test e outra dun suposto práctico referido á especialidade correspondente. O ADR sobre o que versarán os exercicios será o publicado no BOE nº 18, do 20 de xaneiro de 2005. Estes exercicios realizaranse sobre o coñecemento das materias incluídas no programa que figura como anexo do R.D. 1566/1999, do 8 de outubro (BOE do 20 de outubro).

32. XESTIÓN DO TRANSPORTE Dentro da Formación Profesional Específica existe un ciclo formativo de Grao Superior chamado Xestión do transporte que ten unha duración de 2000 horas, impartíndose ó longo de dous cursos académicos. Unha vez superados tódolos módulos que compoñen o devandito ciclo, acádase o Título de Técnico Superior en xestión do transporte que permite desempeñar actividades de xestionar e comercializa-lo servizo de transporte de mercadorías e viaxeiros, organizar e planificala explotación das operacións terrestres a nivel nacional e internacional e no marco dos obxectivos e procesos establecidos. Estas ensinanzas impártense, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seguintes Institutos de Educación Secundaria: José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

23


IES As Mercedes de Lugo. Teléfono 982 22 12 12. Enderezo electrónico: ies.asmercedes@edu.xunta.es

IES A Guía de Vigo. Teléfono 986 37 51 11. Enderezo electrónico: ies.guia@edu.xunta.es

33.

TÉCNICO EN TRANSPORTE SANITARIO E DESFIBRILACIÓN EXTERNA SEMIAUTOMÁTICA

Este profesional desenvolverá a súa actividade como Técnico nas Unidades de Soporte Vital Avanzado e nas ambulancias asistenciais da Rede de Transporte Sanitario Urxente do 061. A titulación necesaria para o acceso laboral a este posto de traballo acádase trala realización dun curso, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, para a otención do Diploma de Técnico en Transporte Sanitario e DESA.

Carga lectiva: 212 horas teórico-prácticas, impartidas en dous días á semana e en horario de tarde (unha duración aproximada de 4-5 meses). Importe da matrícula: 600 euros. Requisitos: Ter 16 anos cumpridos e estar en posesión do graduado escolar ou equivalente. Aos interesados faráselles tamén unha entrevista de selección que se realizará en Santiago de Compostela, despois de recibi-las correspondentes preinscipcións. Lugares: Os cursos levaranse a cabo en cada unha das bases medicalizadas do 061 de Galicia, ubicadas nas cidades de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Para máis información, consúltese no teléfono 981 54 74 36 ou na páxina web: formación.061@sergas.es. Fax. 981 54 66 43. Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Hospital Psiquiátrico de Conxo, Praza Martín Herrera, Nº 2, 2ª Planta (Santiago de Compostela).

34. A X E N T E D A PROPIEDADE INMOBILIARIA Título oficial expedido polo Ministerio de Fomento que habilita para a intermediación de compra e venda, arrendamentos, peritacións e taxacións xudiciais, convenios con organismos oficiais, etc.

Requisitos para o acceso: Ser Diplomado ou Licenciado Universitario. Para conseguir esta titulación cómpre superar un exame, en Madrid. As persoas que acaden o título, pódense colexiar. A convocatoria deste exame así como o correspondente temario publícanse no BOE, segundo o Decreto 4/2000 do citado Ministerio de Fomento.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

24


Existen centros de formación que preparan especificamente para esta proba, por exemplo a Academia Adams de Madrid (teléfono 902 33 35 43). Ó respecto e para máis información, pódese consultar ou aclarar dúbidas no Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da provincia de Pontevedra, que ten a súa sede en Vigo (teléfono 986 22 23 15).

Observacións: Hai tamén Títulos Propios de Estudios Inmobiliarios nalgunhas Universidades, como a de Barcelona ou Alcalá de Henares. Estes estudos -de tres cursos de duración- tratan de contidos relacionados coa informática, marketing, organización de empresas, recursos humanos, marco legal específico, análise técnica da construción, etc. Os requisitos para o acceso son: ter superado o COU ou Bacharelato, para Alcalá e para Barcelona esíxeselles ademais as PAAU.

35. C I E N C I A S

D O S E G U R O

Pódense realizar estes estudos, de catro anos académicos de duración (750 horas por cada curso), en Madrid ou en Salamanca. Os requisitos de acceso son: superar un exame de idiomas e ter superado o COU ou o Bacharelato de Humanidades así como as probas de aptitude para o acceso á Universidade (PAAU). O plan de estudos da Fundación Mapfre Estudios Universidade Pontificia de Salamanca está constituído polas seguintes materias: Área Xurídica, Contabilidade, Economía Xeral, Economía e Administración de Empresas, Matemática-Estatística, Área Ético-Social, Seguros e Xerencia de Risco, Economía do Seguro, Área Actuarial e Idioma Inglés.

36. S E G U R I D A D E P R I V A D A  

  

Requisitos: Título de Graduado EXB / ESO e non ter antecedentes penais. Acreditación: Cursos homologados polo Ministerio del Interior, impartidos en centros de formación autorizados. Formación teórica e práctica. Preparación Física. Práctica de Tiro. Defensa Persoal. Centro de Formación Ocupacional e Formación Continua ALFER (homologado polo Ministerio del Interior): R/ Riestra Nº 30, 1º - Pontevedra. Tfno. 986 84 04 12

 Cursos impartidos e duración dos mesmos: Vixiante de seguridade: 180 horas. Escolta privada: 60 horas. Vixiante de explosivos: 30 horas. Garda particular de campo: (Especialidades de Caza e Pesca Marítima): 80 horas.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

25


>>>

Nalgunhas academias necesitan Licenciados en Dereito, para dar clases sobre determinadas materias, en relación ás citadas especialidades dos profesionais da seguridade privada.

37. B O M B E I R O DESCRICIÓN: Teñen unha clase diaria obrigatoria de ximnasia de hora e media ademais de dúas horas de maniobras polas tardes. Requírese vocación, entrega no servizo e sacrificio polos demais, responsabilidade, traballo en equipo e calidades físicas como a potencia, a fuerza e a resistencia ademais dun estado físico saudable. Superadas as oposicións, accédese ás Escolas de Bombeiros. Logo de superar as probas, os aspirantes propostos polo Tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas no momento no que dea comezo o curso obrigatorio de formación teóricopráctico na Academia Galega de Seguridade, nas condicións que regulamentariamente se determinen. Durante o período de permanencia no curso de formación na Academia Galega de Seguridade, os aspirantes percibirán, con cargo ó Presuposto da Corporación, as retribucións que a normativa vixente establece para os funcionarios en prácticas.

ESCALA OPERATIVA -

cabo sargento suboficial

ESCALA TÉCNICA DE MANDO (licenciados en arquitectura ou enxeñería). REQUISITOS: a) Ser español/a. b) Ter cumpridos 18 anos e non exceder daquela sinalada para a xubilación forzosa por idade. c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. d) Estar en posesión do carnet de conducir da clase C-2 antiguo ou C+E con BTP actual na data en que remate o prazo de presentación de instancias. e) Acredita-la aptitude física coa presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que reflicta o certificado médico.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

26


f) Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin separado/a do servicio ás administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

ACCESO: Superar unha oposición “con probas físicas” Debes ter en conta que estas prazas dependen da oferta de cada concello , polo que a información sobre as probas selectivas é orientativa, xa que pode variar en cada convocatoria. Primeira proba: De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito no tempo que determine o Tribunal un test de persoalidade dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da persoalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que vaia desenvolver. Segunda: De carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá nun recoñecemento médico no que se valorará se os/as aspirantes posúen as condicións físicas mínimas. Para a realización desta proba aplicaranse ós/ás aspirantes as técnicas médicas de uso convencional que se estimen oportunas, incluída a analítica de sangue e orina. Ámbalas dúas probas cualificaranse como apto ou non apto. Terceira proba: De carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización das probas físicas que a seguir se relacionan: a) Gabear unha corda. O/a aspirante deberá subir a pulso, por unha corda lisa, á altura de 7 m. nun tempo máximo de 13 segundos. b) Salto de lonxitude con carreira. c) Carreira de 1.000 m. d) Proba de equilibrio. Faráse o recorrido pasando a pé sobre un taboleiro situado a unha altura de 1 m, unha anchura de 11 cm e unha lonxitude de 5 m, ida e volta e todo o exercicio en 12 segundos de tempo máximo. e) Carreira de velocidade. Consistirá en percorrer a ditancia de 200 m. cunha carga de 30 kg. f) Natación. Percorrido de 50 m. en piscina, a estilo libre. Non está permitido agarrarse á parede ou ás corcheiras, nin tocar cos pés no fondo. Cuarta, de carácter teórico. Consta de dúas partes: A primeira, relativa aos coñecementos de toponimia dos Concellos. Consistirá en respostar por escrito, nun tempo máximo de 30 minutos, 20 preguntas relativas á situación de edificios singulares, históricos e oficiais, situación de rúas, prazas, lugares, vías de comunicación, sentidos de circulación, ríos etc. A segunda parte versará sobre coñecementos xerais e específicos. Hai que contestar por escrito a tres temas, nun tempo máximo de 120 minutos: un tema da primeira parte do programa (parte xeral) e dous correspondentes á segunda parte do programa (parte específica).

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

27


Quinta proba, de tipo práctico: ten carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en efectuar as probas prácticas de área, autoescada, oxicorte, aparcamento e conducción. Deberán ser superadas nos tempos máximos -cando se indiqueestablecidos para cada unha delas, sendo preciso obter un mínimo de 5 puntos para poder superar a proba dun xeito global. Sexta .- De carácter obrigatorio e non eliminatorio.- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario integrado por 20 preguntas tipo "test" con respostas múltiples, e sendo só unha delas a correcta, nas que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega, nun tempo máximo de vinte minutos, sen axuda de diccionario.

TEMARIO PARTE XERAL 1. A Constitución española de 1978: Estructura.- Dereitos e deberes fundamentais.- Garantías das liberdades e dereitos fundamentais.- Suspensións dos dereitos e liberdades. 2. Organización territorial do Estado: Ideas xerais.- As Comunidades Autónomas.- O Estatuto de autonomía de Galicia.- O Parlamento de Galicia.- A Xunta de Galicia e o seu presidente. 3. A administración local na Constitución: Entidades que comprende a regulación actual.- O municipio: Elementos que o compoñen.- Competencias.- O termo municipal.- A poboación municipal.- O empadroamento. 4. Organización municipal e normas polas que se rexe.- O alcalde: competencias.- Os tenentes de alcalde.- O Pleno: composición e atribucións.- A Xunta de Goberno.- Órganos complementarios. 5. A Lei de normalización lingüística de Galicia. A lei do uso do galego na administración local. Normativa municipal na materia. PARTE ESPECÍFICA 1.- O lume: A súa natureza. Triángulo e tetraedro do lume. Definición da calor e temperatura. Tipos de combustión. Clasificación segundo o combustible. Transmisión da calor. Rango de inflamabilidade. Punto de inflamación. Punto de autoinflamación. Poder calorífico. Productos da combustión. 2.- Explosións: Definición. Tipos. Fases no desenvolvemento dos fenómenos "bleve", "backdraft" e "flashover". Formas de prevención. 3.- Axentes extintores: Auga, humectantes, espumas, polvo, anhídrido carbónico. Mecanismos de extinción. Propiedades físicas e químicas. Utilización. Vantaxes. Inconvenientes. 4.- Extintores portátiles: Definicións. Características. Clasificación. Elección e utilización. Mantemento. Normativa. 5.- Os incendios forestais: Tipos. Factores de propagación. Métodos de extinción.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

28


6.- Detección e extinción automática: Tipos de detectores. Tipos de extinción. Campo de aplicación. Instalacións fixas de apoio. B.I.E. Columnas secas. Hidrantes. 7.- A prevención na construcción. Os materiais (reacción e resistencia). Importancia dos dous criterios de comportamento ante o lume. Estabilidade ó lume. Sectorización. 8.- Apeos: Principios básicos dun apeo. Nomenclatura dos elementos constructivos dun apeo. Apeo de ocos. Apeo de forxados e muros. 9.- Protección respiratoria: Gases derivados dun incendio. Equipos de protección respiratoria. Tipos. Utilización. Mantemento 10.- Transporte de mercadorías perigosas: Identificación das mercadorías perigosas. Clasificación segundo TPC-ADR. Identificación do risco. Panel laranxa. Etiquetas de perigo. Ubicación da sinalización. Riscos derivados da natureza do producto. 11.- Rescate en accidentes de tráfico: Método xeral de actuación. Secuencias. Normas básicas de auto-protección. Técnicas de excarcelación. 12.- Equipos utilizados en excarcelación: Características xerais, conceptos de presión e forza. Compoñentes. Mantemento. 13.- Material móbil: Auto-bombas. Auto-escalas. Tipos de bombas utilizadas polos servicios de bombeiros. Características. Causas polas que unha bomba non aspira. Golpe de ariete. 14.- Principios xerais de socorrismo. 15.- Asfixia e intoxicacións. Clases. Forma de actuación en cada caso. 16.- Queimaduras. Causas, tipos concepto de gravidade. Actuación en cada caso.

38. OBTENCIÓN DE C A R N É S P R O F E S I O N A I S A Orde do 13 de xaneiro de 2004 (DOG do 20 de febreiro) modifica a Orde da Consellería de Industria e Comercio do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención destes carnés así como as esixencias ás empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial. No seu Artigo 5 di que a convocatoria de exames publicarase anualmente, mediante resolucións da dirección xeral competente en materia de industria. Véxase por exemplo a Resolución do 31 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas -Consellería de Innovación e Industria- (DOG do 8 de febreiro), pola que se convocan exames ordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2007, nas seguintes especialidades: 1.

Instalador de fontanería.

2.

Operador industrial de caldeiras.

3.

Instalador de calefacción e auga quente sanitaria.

4.

Instalador de climatización.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

29


5.

Mantedor de climatización.

6.

Mantedor de calefacción e auga quente sanitaria.

7.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría básica.

8.

Certificado de cualificación individual en baixa tensión, categoría especialista.

9. Instalador de gas, categoría A. 10. Instalador de gas, categoría B. 11. Instalador de gas, categoría C. 12. Instalador frigorista. 13. Conservador-reparador frigorista. 14. Instalador de aparellos para a preparación rápida de café. 15. Conservador-reparador de aparellos para a preparación rápida de café. 16. Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría I. 17. Instalador de produtos petrolíferos líquidos, categoría II. 18.

Reparador de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

Requisitos dos aspirantes: Ser maior de idade. Estar en condicións de obte-lo título de estudios e/ou, de se-lo caso, certificado da especialidade solicitada expedido pola entidade recoñecida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio, de asistencia e superación das probas de aptitude do curso teórico-práctico impartido polo centro de formación homologado, antes de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes para participar no exame. Establécense dúas convocatorias anuais para realiza-las probas, nos meses de maio e novembro respectivamente (o prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de abril para a convocatoria de maio e o 1 de outubro para a convocatoria de novembro). Os exames, que se realizarán nas catro provincias, constan de dúas partes: un exercicio teórico por escrito e un suposto práctico, cualificándose como apto ou non apto (para ser considerado apto deberanse aproba-las dúas partes independentemente).

***

Resolución do 16 de decembro de 2005 (DOG do 14 de febreiro de 2006), da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e inscribe a Federación gallega de asociaciones provinciales empresariales de fontanería, calefacción, gas, climatización, mantenimiento y afines Fegafon, co número de rexistro EFCA-4, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e

mantedor autorizado de calefacción, auga quente sanitaria (AQS) e de climatización, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

***

Resolución do 16 de decembro de 2005 (DOG do 14 de febreiro de 2006), da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

30


autoriza e inscribe a Federación gallega de asociaciones provinciales empresariales de fontanería, calefacción, gas, climatización, mantenimiento y afines Fegafon, co número de rexistro EFIG-4, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador gas de categorías IG-1, IG-II, IG-III e IG-IV, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

39.

CARNÉ PROFESIONAL DE OPERADOR GUINDASTRE MÓBIL AUTOPROPULSADO

DE

A Orde do 13 de xaneiro de 2004 (DOG do 20 de febreiro) modifica a Orde da Consellería de Industria e Comercio do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención destes carnés así como as esixencias ás empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial. No seu Artigo 5 di que a convocatoria de exames publicarase anualmente, mediante resolucións da dirección xeral competente en materia de industria. Véxase por exemplo a Resolución do 22 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas -Consellería de Innovación e Industria- (DOG do 31 de xaneiro), pola que se convocan exames ordinarios para a obtención do carné profesional de operador de guindastre móbil autopropulsado no ano 2007, nas seguintes especialidades: 1. Operador de guindastre móbil autopropulsado, categoría A. 2. Operador de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Requisitos dos aspirantes: Ter cumpridos 18 anos. Estar en posesión do título de estudos primarios. Superar un curso teórico-práctico e un exame médico, psicotécnico e físico. Establécense tres convocatorias anuais para realiza-las probas, nos meses de abril, xuño e novembro respectivamente (o prazo de presentación de solicitudes remata o día 18 de marzo para a convocatoria de abril, o 16 de maio para a convocatoria de xuño e o 3 de outubro para a convocatoria de novembro). Os exames, que se realizarán nas catro provincias, constan de dúas partes: un exercicio teórico por escrito e un suposto práctico, cualificándose como apto ou non apto (para ser considerado apto deberanse aproba-las dúas partes independentemente).

*** Orde do 8 de febreiro de 2006 (DOG do 23 de febreiro de 2006), da Consellería de Innovación e Industria, pola que se establece o procedemento e requisitos para a obtención do carné profesional de operador de guindastre torre ao abeiro da disposición transitoria primeira, e punto 4.2 do anexo VI, do real Decreto 836/2003, do 27 de xuño. Nesta orde establécense os requisitos e o procedemento ao que se suxeitará a expedición do devandito carné profesional e regúlase o procedemento para a acreditación da experiencia profesional que faculta para a obtención do mesmo. Na Resolución do 9 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

31


Minas -Consellería de Innovación e Industria- (DOG do 25 de xaneiro), convócanse exames ordinarios para a obtención do carné profesional de operador de guindastre torre durante o ano 2007.

40.

CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS POLA EXPERIENCIA LABORAL

Segundo o disposto no Real Decreto 390/92, de 15 de abril, que se refire á liberdade de establecemento e libre prestación de servizos en actividades artesáns e que están incluídas no Anexo da Directiva do Consello sinalado 1999/42/CEE, establécense as condicións para o recoñecemento de cualificacións profesionais en función da experiencia profesional sempre que non conten coa correspondente titulación da formación profesional regrada. Neste caso -en función da presente normativa- as persoas que lles interese terán que facer unha instancia dirixida á Consellería de Innovación, Industria e Comercio, na que solicitarán ser dados de alta como Responsables Técnicos do taller, en relación á súa experiencia.

Requisitos: Os interesados deberán demostrar que levan seis anos traballando, polo que cómpre axunta-lo correspondente certificado da vida laboral.

41. D A N Z A P R O F E S I O N A L Estas ensinanzas de réxime especial impártense nos Conservatorios de Danza, en centros autorizados e nas escolas de danza privadas (centros de grao medio). Teñen como finalidade asegurar unha formación que proporcione o nivel de expresión artística propio desta especialidade, sendo a súa meta o exercicio profesional. Son estudos destinados a aquel alumnado que posúe aptitudes específicas e vontade para dedicarse ós mesmos e á profesión. En relación ós mesmos pódese consulta-lo número dos centros existentes na nosa Comunidade Autónoma, así como as súas especialidades e ensinanzas regradas ou non regradas, na Guía do Ensino non Universitario de

Galicia 2004-2005 (páxinas 215-216). O currículo non se limita ó dominio da técnica, senón que inclúe outros aspectos inherentes á danza como fenómeno histórico-social, estético e psicolóxico. As ensinanzas comprenden tres graos: ELEMENTAL, MEDIO e SUPERIOR. Os plans de estudos, do Grao Elemental e Medio, pódense cursar paralelos ás ensinanzas de réxime xeral.

Especialidades: 

No grao medio: Danza Clásica, Danza Española e Danza Contemporánea.

No grao superior: Pedagoxía e Coreografía e Técnicas de Interpretación de Danza.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

32


GRAO Elemental

Medio

DURACIÓN

ACCESO

4 anos

Superar unha PROBA ESPECÍFICA, a cal será pública e constará de 4 partes: 1. Exercicio práctico de base 6 anos (tres ciclos de académica. dous cursos cada un) 2. Exercicios prácticos referentes á especialidade pola que se opta. 3. Un exercicio de improvisación de danza sobre un fragmento musical. 4. Un exercicio de carácter musical para valora-las aptitudes musicais do aspirante. -

Superior

4 cursos académicos

42. A R T E

TITULACIÓN

Cada centro establece o procedemento para a avaliación das aptitudes dos aspirantes en Certificado acreditativo relación coa DANZA, sentido musical e de estudos. idade idónea.

Título de Bacharelato LOXSE. Título de Grao Medio de Danza. Proba específica de ingreso, na que se demostre reuni-los coñecementos e habilidades profesionais necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes. Esta proba constará dunha parte teórica (coñecementos de textos sobre a Danza ou de cultura xeral...) e doutra práctica: exposicións didácticas, realización dunha variación ou duna clase de Danza...

Título profesional da especialidade correspondente. Se ademais se superan as materias comúns do Bacharelato, obtense o título de Bacharelato en Música.

Título superior de Danza na especialidade correspondente, que será equivalente a tódolos efectos ó de Licenciado Universitario.

D R A M Á T I C A

Impártese en centros públicos -Escolas Superiores de Arte Dramática- e en centros privados autorizados de varias cidades como Barcelona, Cartaxena, Córdoba, Xixón, Madrid, Málaga, Murcia, Santander, Sevilla, Tarragona, Torrelavega, Valencia e Zaragoza. Para poder realizar estes estudos precísase contar co título de Bacharelato ou equivalente e superar as correspondentes probas de acceso. Excepcionalmente tamén se pode acceder despois de superar unhas probas de aptitude, convocadas ó efecto, para persoas maiores de 20 anos que acrediten unha experiencia profesional significativa. As áreas de coñecementos do plan de estudos -na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid- son: Ortofonía e Tónica Vocal, Expresión Corporal, Interpretación, Historia da Literatura. Dramática, Socioloxía do Teatro, Historia da Arte, Esgrima, Dramaturxia e Análise de Textos, Iniciación á Escenografía e Caracterización. Unha vez aprobadas tódalas materias destas ensinanzas -de catro anos de duración- obtense o Título Superior de Arte Dramática, equivalente ó de Licenciado Universitario. José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

33


Na Comunidade Autónoma de Galicia, estes estudos poderanse cursar no IES de Bouzas (VIGO), a partir do ano académico 2005-2006, nas seguintes especialidades: Dirección de Escena e Dramaturxia (dúas opcións), Escenografía e Interpretación (catro opcións). Para máis información consúltese a páxina web www.edu.xunta.es ou ben chamando ao teléfono 981 54 65 55 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Prazo de inscrición para participar nas probas de acceso aos estudos superiores de Arte Dramática (curso 2005-2006): do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2005. Os aspirantes que non posúan a titulación de bacharelato ou equivalente deberán realizar a súa inscrición entre os días 6 e 20 de xuño de 2005. O día 9 de setembro, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia fará público o calendario das probas de acceso. A convocatoria para o primeiro exercicio realizarase entre os días 12 e 15 de setembro e para o segundo, entre o 19 e o 22 do citado mes de setembro de 2005.

43. C A N T O Pódense realizar estes estudos nas Escolas Superiores de Canto de León, Madrid e Palma de Mallorca. Os requisitos que se esixen son: ter cumpridos 14 anos, as rapazas e 18 anos os mozos, ademais de superar unhas probas. O plan de estudos da Escola Superior de Canto de Madrid está constituído polas seguintes seccións: •

Sección de Cantante de Conxunto CORAL , cunha duración de dous cursos académicos e reválida. Ó finalizar estes estudios e unha vez superados os mesmos, acádase o Diploma de Cántente de Conxunto coral.

Sección de cantante de ÓPERA. A duración destes estudios é de catro anos e tamén unha reválida. Unha vez aprobado todo obtense o Diploma de Cantante de Ópera.

Sección de SOLISTA especializado. Co Diploma de Cantante de Ópera e dous anos máis de estudios aprobados, conséguese o Diploma Superior de Especialización para Solistas.

44. E S T U D O S D E M Ú S I C A Estas ensinanzas pretenden proporcionar ós alumnos unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais da música. A ensinanza profesional da música estrutúrase en tres graos: ELEMENTAL, MEDIO e SUPERIOR.

Estas ensinanzas de réxime especial impártense en Centros Públicos -conservatorios- ou en centros privados autorizados pola Administración Educativa. José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

34


Ao respecto pódese consultar o nome dos centros existentes na nosa Comunidade Autónoma -públicos e privados- así como as súas especialidades ou graos, na Guía do Ensino non Universitario de Galicia 2006-2007 (páxinas 205-214). A titulación académica que se consiga, faculta para o exercicio profesional.

Saídas profesionais:

GRAO

Elemental

Medio

Superior

DURACIÓN

1. Interpretación 2. Docencia 3. Creación

ACCESO

- A idade idónea para iniciar estes estudios é de 8 a 12 anos. - Realizar unha proba de aptitude. - A cualificación negativa en 2 ou máis 4 cursos académicos asignaturas impide a promoción ó curso seguinte. Cursarán de novo tódalas asignaturas. - O límite de permanencia deste grao é de 5 anos. Proba de acceso con independencia de haber cursado ou non o Grao Elemental, 6 anos (tres ciclos de na que se demostre posee-la capacidade dous cursos cada un) e os coñecementos necesarios para cursar estes estudios.

TITULACIÓN

Certificado acreditativo de estudos.

Título profesional no que consta a especialidade cursada. O alumnado que houbera terminado o 3º ciclo de grao medio obterá o título de Bacharelato de Música se supera as materias comúns do Bacharelato. - Título de Bacharelato LOXSE e haber Título superior de Música na Catro ou cinco anos aprobado o 3º ciclo do grao medio. especialidade cursada segundo especialidade. - Título profesional. equivalente a tódolos efectos ó - Proba de ingreso. A lei permite Título de Licenciado acceder sen cumpri-los requisitos previa Universitario. superación da proba.

>>> OBSERVACIÓN:

Existe tamén unha Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM), creada ó abeiro do Decreto 270/1997 (DOG do 3 de outubro), pertencente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, na que se convocan anualmente probas de selección de alumnos para promocións bianuais -Sección de Especialización- nas especialidades de violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón e percusión. Ó respecto, pódese consultar a última convocatoria por Resolución do 31 de xaneiro de 2008 (DOG do 4 de marzo) do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, pola que se convocan probas de selección de alumnos/as para a promoción 2008/2010 na Sección de Especialización da Escola de Altos Estudos Musicais. O alumnado que o solicite poderá optar a unha bolsa de axuda para sufragar gastos de desprazamento, mantenza e aloxamento derivados da súa permanencia na escola. A duración do programa será de dous anos (desde o 1 de outubro de 2008 ata o 30 de xuño de 2010). Excepcionalmente, poderase engadir un terceiro período. A escola mantén un mínimo de 30 prazas de alumnos/as activos.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

35


45. G A R D A C I V I L A Garda Civil pertence ó Corpo de Seguridade do Estado, dependente dos Ministerios de Interior e Defensa. A súa misión é protexe-las liberdades e garanti-la seguridade dos cidadáns. Existen catro escalas: -

Básica: Cabos e Gardas.

-

Suboficiais: Sarxento, Sarxento 1º e Brigada. Suboficiais superiores: Subtenente, Suboficial Maior.

-

Executiva: Alférez, Tendente, Capitán, Oficiais Superiores: Comandante, Tte. Coronel, Coronel.

-

Superior: Xeneral de Brigada, Xeneral de División.

A formación para incorporarse a cada unha destas escalas, impártese na Academia de Oficiais de Aranjuez ou do Escorial (Madrid). Para os Gardas Civís e Suboficiais, en Baeza (Jaén).

O acceso a este corpo faise mediante probas de selección, tendo que cumprir ademais os seguintes requisitos xerais: -

Nacionalidade española.

-

Non estar privado de dereitos civís nin estar procesado por delito.

-

Acreditar boa conduta cidadán, conforme ó establecido na Lei 68/1980 do 1 de decembro, de expedición de certificacións e informes sobre conduta cidadán.

-

Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio das funcións públicas.

-

Ter cumpridos 18 anos.

Requisitos específicos: Escala de Cabos e Gardas Civís  Estatura mínima 1,70 homes e 1,65 mulleres.  Ser maior de 18 anos e menor de 30.  Permiso de conducir B ou superior.  Título de Graduado en E.S.O.

Escalas Facultativas Técnica e Superior Tenente -

Estatura mínima: 1,60

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

36


-

Non

haber cumprido os 22 anos de idade, salvo militares de carreira, militares profesionais e membros da Garda Civil que non cumpriran os 26.

-

Titulación esixida para acceder á ensinanza universitaria.

O ingreso na Garda Civil, despois de cumpri-los requisitos expostos con anterioridade, faise mediante o procedemento de concurso-oposición e previa superación das probas selectivas establecidas na correspondente convocatoria (valoración de méritos académicos e profesionais, probas de coñecementos, ortografía, idiomas, psicotécnicas, informe médico…). A modo de exemplo pódese consulta-la publicación do pasado ano 2003 (BOE do 23 de maio, onde se convocaban 2.250 prazas). Destas 2.250 prazas reservábanse 1.440 para Militares Profesionais, 250 para fillos de Gardas Civís e 710 para acceso libre. Para máis información, teléfonos 986 84 57 38 / 986 85 56 00 ou no 062 (gratuíto). Pódese consultar ademais a Orde do 9 de abril de 1996 do Ministerio da Presidencia (BOC núm. 11, do 20 de abril), pola que se aproban as bases e circunstancias aplicables ós procesos selectivos para ingreso nos centros docentes militares de formación para acceso á Escala Básica de Cabos e Gardas da Garda Civil). A Garda Civil é un corpo que conta con varias especialidades: 

Tráfico: Regulación do tráfico, vixiando a circulación de vehículos.

Fiscal: Resgardo fiscal do Estado, velando polo cumprimento das disposicións relativas ó contrabando.

Protección da natureza: Conservación dos recursos hidráulicos, riqueza cinexética, piscícola e forestal.

Intervención de armas e explosivos: Control e expedición de guías e licencias.

Policía xudicial: Investigación de delitos e detención de culpables.

Información: Obtención, análises e elaboración de informes de interés.

Aérea: Vixilancia e transporte aéreo, no apoio do resto de Unidades.

Montaña: Rescate e salvamento en zonas de montaña de difícil acceso.

Marítima: Vixilancia do mar e os seus recursos así como rescate e salvamento na auga.

Protección, seguridade e intervención: Vixilancia de edificios e mantemento e restablecemento do orden.

Cinolóxica: Adestramento e manexo de cans para facilita-lo desempeño das misións encomendadas ó corpo.

Desactivación de explosivos: Detección, neutralización e desactivación de artefactos explosivos e incendiarios non regulamentarios nas Forzas Armadas.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

37


Automobilismo: Apoio ó resto de unidades no transporte de mercancías e persoas así como mantemento e reparación de vehículos.

Transmisións: Manexo e reparación dos medios de transmisión para o apoio ás Unidades.

Armamento: Reparación e mantemento do armamento de dotación asignado ós membros da Garda Civil e as súas Unidades.

Información e estatística: Manexo e mantemento de equipos informáticos.

46. P O L I C Í A N A C I O N A L O Corpo Nacional de Policía ten o carácter de instituto armado de natureza civil e depende da Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior). A súa misión exprésase no Artigo 104 da Constitución: “As Forzas e Corpos de Seguridade, baixo a dependencia do Goberno, terán como misión protexe-lo libre exercicio dos dereitos e liberdades e garanti-la seguridade cidadá”. As súas funcións desenvolveranse tendo en conta a seguridade cidadá, a información e loita antiterrorista, a policía científica, a estranxeiría e documentación e a policía xudicial.

E S C A L A S o SUPERIOR o EXECUTIVA o SUBINSPECCIÓN o BÁSICA

C A T E G O R Í A S - Comisario principal - Comisario - Inspector xefe - Inspector - Subinspector - Oficial - Policía

O Ingreso no Corpo Nacional de Policía faise a través das categorías de Policía e de Inspector, mediante o procedemento de oposición libre e previa superación das probas selectivas establecidas na correspondente convocatoria que se publica case tódolos anos, no BOE. Ver por exemplo a publicación que apareceu no BOE do 22 de maio do pasado ano 2003, onde se convocaban 4.200 prazas. Para máis información sobre prazas na Policía Nacional: teléfonos 986 86 83 64 (Delegado de Formación en Pontevedra) e 986 85 38 00 ou na páxina web do Ministerio do Interior: www.mir.es O requisito académico que se esixe para aspirar a Policía é estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. Para aspirar á Escala Executiva -Inspector de Policía- esíxese como requisito académico ser Diplomado Universitario ou Enxeñeiro Técnico. Unha vez conseguida a citada categoría de Inspector, equivale a unha titulación de segundo ciclo universitario (Licenciatura).

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

38


Requisitos xerais:  Ser español, ter 18 anos e non haber cumprido os 30.  Estatura mínima 1,70 metros homes e 1,65 as mulleres.  Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas.  Non haber sido condenado por delitos nin separado do servizo da Administración do Estado, da Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.  Estar en posesión dos permisos de conducir B, A e a autorización de B.P.T., obtidos con anterioridade á data na que comparezan á realización da 4ª proba (momento no que deberán acreditalo).

A proba psicotécnica constará de dúas partes eliminatorias: I. Realización dun ou varios cuestionarios dirixidos a determina-la personalidade e as aptitudes do aspirante para o desempeño da función policial. II. Entrevista persoal. Os opositores poderán realizar tamén -con carácter voluntario- un exercicio de coñecementos de idiomas referido ó francés, inglés ou a ámbolos dous, a nivel esixido polo sistema educativo xeral na ensinanza básica obrigatoria. Isto pode mellora-la nota alcanzada na parte de coñecementos. Os aspirantes que superen a fase de oposición, incorporaranse ó Centro de Formación. Se aproban realizarán un período de prácticas. En ámbalas dúas situacións consideraranse funcionarios en prácticas. A fase de oposición, para INSPECTOR DE POLICÍA, constará das seguintes probas -de carácter selectivo- na orde en que se establezan dentro de cada convocatoria:

Aptitude física.- Para comprobar -entre outras- as condicións de forza, axilidade, flexibilidade, velocidade e resistencia do opositor. Coñecementos.- Consistirán na realización dos seguintes exercicios: a)

Contestación por escrito -en 50 minutos- a un cuestionario de preguntas para cada unha das materias de ciencias xurídicas, sociais e técnico-científicas, relacionadas coa función policial, das que figuran no temario que se estableza na convocatoria.

b)

Resolución por escrito -en 90 minutos- dun suposto ou supostos nos que deberán interrelacionarse as materias do temario, debendo o opositor, posteriormente, lelo ante o tribunal, en sesión pública, podéndolle facer preguntas ou requirir aclaracións.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

39


c)

Exercicio escrito en 40 minutos e oral de idiomas -francés ou inglés- a nivel de Bacharelato. Os aspirantes optarán por un ou outro idioma na solicitude de participación (no seu defecto, entenderase que elixen o idioma inglés).

Os tres exercicios serán valorados de 0 a 10 puntos. A cualificación desta proba farase en función da media aritmética dos citados tres exercicios que a compoñen, debendo obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superala. Con carácter voluntario, o opositor poderá realizar un exercicio dos idiomas francés ou inglés.

Proba psicotécnica.- Constará de dúas partes eliminatorias: a) Tests Psicotécnicos: Realización dun ou varios tests dirixidos a determina-la personalidade e as aptitudes do aspirante. b) Entrevista persoal. A cualificación desta proba e das partes que a compoñen será de “apto” ou “non apto”. Cómpre ademais supera-lo correspondente recoñecemento médico.

47. M I N I S T E R I O

D E

D E F E N S A

As Forzas Armadas Españolas están constituídas polo Exército de Terra, a Armada, o Exército do Aire e os Corpos Comúns, integrándose no Ministerio de Defensa. Son militares profesionais os españois vinculados ás Forzas Armadas cunha relación de servizos profesionais que adquiren a condición de Militar de Carreira, Militar de Complemento ou Militar Profesional de Tropa e Marinería. Así, a relación de servizos profesionais pode ser de CARÁCTER PERMANENTE (Militar de Carreira) ou de CARÁCTER TEMPORAL (Militares de Complemento -Oficiais- e Militares Profesionais de Tropa e Marinería). 

Os Militares de Carreira intégranse na estrutura de Corpos, Escalas e Especialidades, segundo os cometidos e facultades profesionais que teñen asignados dos seus respectivos exércitos. En cada Corpo poden existir unha, dúas ou tres Escalas:

-

Superior de Oficiais: Correspondese á educación universitaria de segundo ciclo.

-

Empregos: De Tenente ou Alférez de Navío a Xeneral do Exército, Almirante Xeneral ou Xeneral do Aire ou Xeneral de División ou Vicealmirante, dependendo dos Corpos. No de Músicas Militares o emprego máximo é o de Coronel.

-

De Oficiais ou Técnica de Oficiais: Correspóndese coa Educación Universitaria de primeiro ciclo.

-

Empregos: De Alférez ou Alférez de Fragata a Tenente Coronel ou Capitán de Fragata.

-

Suboficiais: Correspondes á Formación Profesional de grao superior.

-

Empregos: De Sarxento a Suboficial Maior.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

40


Os Militares de Complemento están adscritos a un Corpo ou Escala, completando as plantillas de oficiais dos Exércitos. A súa relación é de carácter temporal e poden alcanzar unha relación de servizos de carácter permanente, accedendo ás prazas convocadas para promoción interna. Os seus empregos poden ser de Alférez, Tenente ou Capitán e o tempo máximo de servizos é de 12 anos ou ata os 38 anos de idade.

Persoal de Tropa ou Marinería Profesional encádrase en cada Exército, nas diferentes especialidades. A relación coas FAS pode ser temporal ou permanente. Os seus empregos poden ser: Soldado, Cabo, Cabo Primeiro e Cabo Maior. Non están agrupados en Escalas senón nas

especialidades que se indican a continuación: TERRA: Administración, Almacéns e Parques, Artillería antiaérea e de Costa, Artillería de Campaña, Cabalería, Cartografía e Imprenta, Chapa e Soldadura, Electricidade, Guarnicionería, Hostelería, Infantería Acorazada Mecanizada, Infantería, Ingenieros, Instalacións, Loxística, Mantemento de Aeronaves, Mantemento de Armamento, Mantemento de Vehículos, Mantemento de Telecomunicacións, Mantemento Eléctrico, Música, Transmisións.

ARMADA: Administración, Armas submarinas, Artillería e Misis, Automoción, Comunicacións, Dirección de tiro, Electricidade, Electrónica, Hostelería, Infantería de mariña, Manobra e navegación, Mecánica, Música, Sistemas tácticos, Sonar.

EXÉRCITO DO AIRE: Administración, Hostalería, Instalacións, Loxística aérea, Mando e control, Mantemento de aeronaves, Mantemento de armamento, Mantemento de vehículos, Mecánica de Telecomunicacións e electrónica, Música, Operacións aéreas, Seguridade e defensa.

O ingreso na Profesión de Militar pódese realizar de tres formas, segundo se queira adquiri-la condición de MILITAR DE CARREIRA, MILITAR DE COMPLEMENTO ou MILITAR PROFESIONAL DE TROPA e MARINERÍA, accedendo mediante convocatoria pública a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso-oposición. O sistema utilizado normalmente é o de concurso-oposición.

As condicións xerais e específicas recóllense nas convocatorias que se publican no BOE. Así, para Militar de Carreira son: 1º Elixi-lo exército, o Corpo e a Escala da que se desexe formar parte. 2º Presentarse ás probas selectivas que cada ano se convocan. 3º Requisitos básicos: o Nacionalidade española. o Ter 18 anos cumpridos na data de incorporación ó centro militar. o Carecer de antecedentes penais. o Non haber sido separado do servizo das Administracións Públicas. o Acreditar boa conduta cidadá. o Non estar privado dos dereitos civís.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

41


As convocatorias para o ingreso nas Academias Militares por acceso directo publícanse no BOE, normalmente o 1º trimestre do ano. As probas selectivas fanse en Madrid para tódalas Escalas e Corpos, sendo o proceso de ingreso o seguinte: 1. CONCURSO: valórase o expediente de Bacharelato, nota das PAAU, Estudos Universitarios superados, Idiomas e tempo de permanencia nas FAS, se é o caso. 2. OPOSICIÓN que consta dos seguintes exames: a) Probas Teórico-Prácticas: valóranse os coñecementos do opositor en materias como Matemáticas, Física, Química e Idioma Estranxeiro. Na escala Básica, esta proba inclúe: Xeografía, Historia, Lingua e Literatura a un nivel equivalente ó Bacharelato. Nos Corpos Comúns, Enxeñeiros e Intendencia, estas probas están relacionadas cos estudios requiridos. b) Batería de test psicotécnicos. c) Recoñecemento Médico. Condicións: Miopía (ata –6), Hipermetropía (ata –6), Astigmatismo (ata + - 4). d) Probas físicas: Distintas para homes e mulleres, segundo a especialidade. As mesmas para tódalas escalas.

Para Militar de Complemento Anunciadas cada ano en convocatoria pública. As condicións de acceso varían para cada Corpo e Escala. Existen tres modalidades, segundo sexa a titulación requirida, a duración do compromiso, os Corpos ou Escalas ás que se adscriban e as funcións a desempeñar.

Requisitos específicos para cada Corpo e Escala: - MODALIDADE “A”, para completa-las plantillas dos Corpos Xerais, de Infantería da Mariña e de Especialidades. Duración do compromiso: 3 anos. - MODALIDADE “B”, para completa-las planeillas dos Corpos Xerais e de Infantería de Mariña que requiran a aptitude do voo para o exercicio das súas funcións. Duración do compromiso: desde un mínimo de 8 anos. Será sempre de 8 anos para os que obteñan a aptitude de voo, durante a súa formación para o acceso a militares de complemento. - MODALIDADE “C”: Para completa-las planeillas dos corpos de Intendencia, de Enxeñeiros e dos Corpos Comúns das Forzas Armadas, así como para completa-las planeillas de determinadas especialidades fundamentais dos Corpos de Especialistas nas que se esixa estar en posesión dos títulos de Diplomado Universitario, Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro Técnico. Duración do compromiso: desde un mínimo de tres ata un máximo de oito anos.

Para Militar Profesional de Tropa e Marinería Requisitos para o ingreso, permanencia e promoción: -

Idade comprendida entre 18 e 27 anos.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

42


-

Titulación: non é necesaria en numerosas especialidade e xeralmente a máxima que se pide é a de Graduado Escolar.

-

As vacantes e requisitos publícanse nunha convocatoria anual.

-

Pódese permanecer ata un máximo de 12 anos de servizo e ata os 35 anos de idade, coa posibilidade de obter diplomas ou certificados ademais de poder adquiri-la Condición Permanente ou acceder ás Escalas de Suboficiais por promoción interna e desde esta ó resto das Escalas.

O proceso de selección. As probas como soldado ou mariñeiro poderanse realizar nun só día no centro de selección asignado. Consta de tres fases: 1.

Valoración de méritos, profesionais e estudios realizados (que se deben acreditar documentalmente). A puntuación máxima dos méritos profesionais é de 32 puntos e a de méritos académicos xerais será de 8 puntos.

2.

Probas: Avaliaranse as aptitudes co fin de determinar a qué especialidade ou grupo de especialidades se adapta mellor ó perfil de cada un.

-

En primeiro lugar farase un recoñecemento médico que, entre outras, inclúe: a historia clínica, inspección xeral, medidas de talla e peso, auscultación cardiopulmonar, exploración aparato locomotor, exploración tensión arterial e frecuencia cardíaca, analítica de drogas e sanguínea.

-

Segundo o resultado das probas obterase o resultado de APTO ou NON APTO para o ingreso nas forzas armadas.

-

Tras supera-lo recoñecemento médico, realizaranse catro probas de aptitude física.

-

As últimas probas da oposición son as psicolóxicas que se practican mediante uns tests aptitudinais para os que se elaboraron os profesiogramas correspondentes ás especialidades existentes. Desta maneira clasificarase inicialmente, segundo a aptitude, para tarefas operativas, técnicas ou de servizos. Estes tests fanse por ordenador e co apoio dun psicólogo militar. As probas conclúen cos tests de intelixencia e de personalidade.

3.

Orientación. Ó longo dunha entrevista, o psicólogo orientador analizará os perfís aptitudinais, médicos e físicos sobre a base dos resultados das probas. Con todos estes parámetros concederalle unha puntuación para cada unha das especialidades, co obxectivo de conseguir que se desempeñe a actividade profesional -nas FAS- adaptada á área na que se acaden mellores resultados.

Observación: para a incorporación ás probas de selección, o aspirante disporá de transporte gratuíto por conta do Estado desde o Centro de Recrutamento da súa provincia (onde se lle entregarán os billetes e a documentación) ata o Centro de Selección e retorno ó domicilio no territorio español. En relación ás probas físicas, a principal novidade dende o ano 2002 consiste na aplicación dun test cardiorrespiratorio. Este exercicio, que substitúe ás carreiras de

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

43


50 e 1000 metros, consiste en sucesivas carreiras de ida e volta cada vez máis rápidas nunha distancia de 20 metros. Para ser declarado apto nestas probas hai que alcanza-las marcas mínimas esixidas para cada un dos exercicios, tal e como aparece na seguinte táboa:

NIVEL A Homes Mulleres

Probas a superar Salto de lonxitude sen carreira Abdominais Carreira progresiva (20 m) de ida e volta. Flexo-extensións de brazo.

NIVEL B Homes Mulleres

145 cm 15 5

121 cm. 10 3,5

163 cm. 24 5,5

145 cm. 15 4,5

4

3

7

4

O sistema educativo castrense estrutúrase nos seguintes niveis de ensinanza: Formación, Perfeccionamento e Altos Estudos Militares.

O nivel de Formación impártese nos centros docentes para o ingreso nas FAS como militar de carreira. As titulacións obtidas teñen a súa equivalencia no sistema educativo xeral. Ó supera-lo 1º nivel, adquírese a condición de militar de carreira e ingrésase na escala correspondente. Os que ingresan cunha ensinanza universitaria previa, reciben unha formación complementaria de carácter militar e técnico, para adapta-los seus coñecementos universitarios ás necesidades das FAS.

O nivel de Perfeccionamento está formado por Cursos de Especialidades complementarias, Capacitación para os empregos superiores e actualización de coñecementos. En relación ós Altos Estudos Militares cómpre sinala-los Cursos do Estado Maior, de ascenso a Xeneral I-D, sobre a paz, seguridade e defensa, alta xestión de recursos humanos e materiais.

Os interesados que desexen obter máis información , pódense dirixir á Delegación Provincial de Defensa en Pontevedra, situada na rúa Pastor Díaz s/n. Teléfonos 986 85 10 85 / 986 85 18 13 / 986 85 18 73, extensión 21.

48. H O M O L O G A C I Ó N E V A L I D A C I Ó N D E TÍTULOS E ESTUDOS ESTRANXEIROS NO ENSINO NON UNIVERSITARIO A homologación de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias cos correspondentes títulos do sistema educativo español supón a declaración de equivalencia -entre ámbolos dous sistemas- a efectos académicos, atribuíndolles ós mesmos validez e carácter oficial en todo o territorio nacional. A validación de estudios estranxeiros por cursos españois de educación non José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

44


universitaria supón así mesmo a citada declaración de equivalencia de aqueles con estes últimos, a efectos de continuar estudios no centro docente español que lle corresponda. Tanto a homologación como a validación poden ser solicitadas por aqueles cidadáns españois ou estranxeiros que cursasen estudos ou acadasen un título estranxeiro oficial de educación non universitaria, nun centro autorizado. O alumnado estranxeiro que desexe incorporarse a calquera dos cursos que integran en España a Educación Primaria ou a Educación Secundaria Obrigatoria, non deberán realizar ningún trámite de validación. Do mesmo xeito, tampouco será preciso realiza-la validación para realizar estudos en calquera nivel, curso ou modalidade do sistema educativo español que non teñan como requisito previo a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria. A incorporación destes alumnos e alumnas ó curso que lles corresponda por idade, efectuarase no centro educativo español no que o interesado vaia continua-los seus estudos.

Documentos que é necesario presentar: •

Solicitude.

Certificación acreditativa da nacionalidade do solicitante expedida polas autoridades competentes do seu país. Para os cidadáns da Comunidade Europea abonda coa fotocopia do pasaporte e no suposto de ser cidadáns españois, fotocopia do DNI ou da páxina correspondente do libro de familia.

Título ou diploma oficial do que se solicita a súa homologación ou, no seu caso, certificación oficial acreditativa da superación dos exames finais correspondentes.

Certificación acreditativa dos cursos realizados, na que consten as asignaturas cursadas, as cualificacións acadadas e os anos académicos nos que se realizaron os cursos respectivos.

Xustificante de ter aboadas as taxas correspondentes.

Cando se trate a homologación ou validación por estudos españois de Formación Profesional u de Ensinanzas de Réxime Especial, débense acreditar tamén: 1) Os requisitos académicos previos esixidos no sistema educativo de procedencia para poder comeza-los estudos dos que se solicita a súa validación ou homologación, así como os estudos efectivamente realizados polo solicitante, 2) A duración oficial do plan de estudos, así como a carga horaria total de cada unha das materias cursadas e 3) A realización de prácticas preprofesionais ou a experiencia laboral, no seu caso.

A documentación expedida no estranxeiro deberá estar legalizada por vía diplomática e ir acompañada no seu caso da correspondente tradución ó castelán. Presentarase na Dirección Provincial de Educación e Cultura ou na Delegación do Goberno, donde o solicitante teña pensado residir de forma habitual. Tamén nos Rexistros do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Rúa Los Madrazo, 15-17 / Paseo del Prado, 28 de Madrid. Os españois residentes no estranxeiro tamén poden presenta-la súa solicitude, na Oficina Consular correspondente ó seu lugar de residencia.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

45


Para máis información: •

Unidade encargada da tramitación. Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións. Servizo de Validación de Títulos e Estudos Estranxeiros non Universitarios. Paseo do Prado, 28, MADRID.

Puntos de Información. En España, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Centro de Información e Atención ó Cidadán. Sección de Información Educativa, R/ Alcalá, 36, 28014 MADRID. Teléfono 902 21 85 00. No estranxeiro, tódalas Oficinas Consulares das Embaixadas de España segundo o país no que se atope o solicitante.

Páxina web, http://www.mec.es/inf/comoinfo/titextranj/index.html Observación: a presentación da solicitude de validación de estudos estranxeiros nos correspondentes rexistros da Administración, da dereito á inscrición condicional no curso seguinte ó que se refire a validación ou -no seu caso- a inscrición nas probas de aptitude para o acceso á universidade (PAAU). Neste caso, o solicitante recibe un volante debidamente selado, no momento de presenta-la súa documentación. Esta inscrición condicional convértese en definitiva cando os expedientes son resoltos nos termos solicitados. No suposto contrario, a devandita inscrición quedaría sen efecto así como os resultados dos exames realizados a consecuencia da mesma.

José Raposeiras Correa. Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra. Equipo de Orientación Específico

46


estudos profesions