Issuu on Google+

D.O.

Ribeiro

Boletín informativo do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro

fotografía de portada por Alejandro López

Nº8 xaneiro/abril 2012

en

novas

Portada

Celebrouse no Castelo de Santa Cruz (Oleiros- A Coruña) a exposición “Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia”, unha mostra que recolle o estudo de Luis Paadín e na que colabora o Consello Regulador da Deno-

minación de Orixe Ribeiro, a cargo dun completo programa de actividades paralelas centradas nos viños da D.O. Deste xeito a exposición inicia o seu percorrido, con próxima parada no Museo Etnolóxico de Ribadavia no mes de maio.

Sumario

6

O Ribeiro nos principais eventos gastronómicos

O Consello Regulador participou nos principais eventos gastronómicos celebrados nesta primeira fase do ano. Facemos resumo destas citas así como dos seus protagonistas, cunha ruta con paradas na feira Xantar, o Fórum Gastronómico de Santiago, o Salón Internacional del Club Gourmets e Alimentaria.

8

ProWein 2012

O C.R.D.O.Ribeiro formou parte da representación española do ICEX na feira internacional ProWein 2012. Celebrada en Düsseldorf (Alemania), esta feira profesional contou coa presenza como expositor do Consello Regulador do Ribeiro e das súas adegas.

Maio 2012

Breves

O Ribeiro viaxa a Málaga en apoio á candidatura do audiovisual galego aos premios do Festival de Cine de Málaga, e a Oviedo como viño oficial dos premios CREAsturias.

ce n a v A

Premios D.O. Ribeiro 2012

Este ano o Consello Regulador fará entrega dos seus premios nun acto programado para o vindeiro xoves 21 de xuño. Esta edición dos premios incorporará novidades que serán anunciadas no mes de maio na web www.ribeiro.es


Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia

O

Castelo de Santa Cruz acolleu no mes de marzo esta mostra, na que se realiza un percorrido polas orixes de elaboración de viño en Galicia, a través dun estudo realizado por Luis Paadín. Paralelamente á exposición, o Consello Regulador celebrou un completo programa de actividades complementarias que incluíu xornadas de achegamento ás escolas de hostalería, veladas de música e viño, coa colaboración do cuarteto de música clásica “Thiasos”, o encontro do Ribeiro cos iconos da cidade herculina a bordo de autos de época, así como unha xornada profesional na que Gallaecia presentou unha selección de viños da nosa Denominación de Orixe

Veladas de Son e Viño. A música de “Thiasos” acompañou ao visitante no seu percorrido pola mostra, un cuarteto composto por Adrian Vinale ao violín, Teresa Morales ao violonchelo, David Villa como oboe e Álex Salgueiro ao fagot.

Ribeiro

novas 2

D.O.

xaneiro/abril 2012


Cerimonia inaugural. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, o director do CEIDA, Carlos Vales, o presidente do C.R.D.O.Ribeiro, Luis Anxo Rodríguez, e o autor do estudo, Luis Paadin, inauguraron a mostra, nun acto que estivo respaldado por máis dun centenar de persoas

O Ribeiro histórico. Completou a mostra unha escolma de publicacións, documentos e arquivos do fondo bibliográfico do Museo Etnolóxico de Ribadavia, proporcionando unha visión complementaria do universo vitivinícola na comarca do Ribeiro, a máis emblemática culturalmente de Galicia.

xaneiro/abril 2012

Ribeiro

novas 3

D.O.


Xornada Profesional. Unha das actividades de maior interese foi a celebrada en colaboraci贸n coa asociaci贸n de sumilleres de Galicia Gallaecia, na que se presentou ao sector profesional unha selecci贸n das marcas mellor valoradas polos membros desta Asociaci贸n.

Ribeiro

novas 4

D.O.

xaneiro/abril 2012


Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia

Autos de Época. Os viños do Ribeiro viaxaron a bordo de autos de época nun percorrido que tivo por punto de partida o Castelo de San Antón e parada nos iconos históricos da cidade ata chegar ao Catelo de Santa Cruz. Esta actividade sumou un novo reclamo que resultou nun éxito da convocatoria de asistencia á mostra.

Xornadas de achegamento ás escolas. Ao longo do mes convidouse ás escolas de hostalería do entorno a visitar a mostra, nunha actividade que incluíu ademais un seminario de aproximación aos viños da D.O. Ribeiro e cata das principais elaboracións. Participaron así a Escola de Hostalería San Javier (A Coruña), o IES As Pontes (A Coruña) e o IES Fraga do Eume (Pontedeume).

xaneiro/abril 2012

Ribeiro

novas 5

D.O.


De esquerda á dereita, Héctor López e Rafael Centeno Francisco López, no centro, e o xornalista Pablo Márquez, presentador da actividade.

Fórum Gastronómico de Santiago Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro foron os convidados no obradoiro de Héctor López, do Restaurante España -Lugo- e Rafael Centeno, de Maruja Limón -Vigo-, que estivo adicado á “Cociña do mar con moluscos de Galicia” e na que participaron preto dun centenar de persoas. O sumiller Francisco López propuxo as harmonías ao menú elaborado para a ocasión, nunha actividade promovida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Neste mesmo contexto pero, no propio stand da Consellería, os viños do Ribeiro presentáronse nas actividades “Irmáns de leite”, xunto cos queixos galegos con D.O.P., e en “O sabor do Mar en conserva”, xunto cos produtos de ANFACO e a I.X.P. Pan de Cea.

Ribeiro

novas 6

D.O.

Salón Gourmets Madrid Xoan Cannas, Nariz de Oro 2004 e sumiller do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, presentou os viños do Ribeiro no Salón Internacional do Club Gourmets de Madrid, nunha actividade irmanada coa D.O.P. Mexillón de Galicia.

xaneiro/abril 2012


O Ribeiro

Javier Rodríguez “Taky” e Pablo Vidal

nas principais citas gastronómicas Xantar Ourense

A D.O. Ribeiro participou no VII Econtro Ibérico sobre dieta e saúde, estando representando en dous obradoiros. No primeiro deles, o cociñeiro Javier Rodríguez “Taky” e o director técnico do C.R.D.O. Pablo Vidal, presentaron o “Obradoiro de elaboración de pratos con conservas de peixes e mariscos e harmonías cos viños da D.O. Ribeiro”. Nunha segunda actividade, o co-

ciñeiro Flavio Morganti e os viños do Ribeiro compartiron un obradoiro no que as receitas de cociña en base a razas autóctonas galegas foron presentadas na compaña dos viños da D.O. Finalmente, para un público profesional, nunha actividade celebrada na aula de catas de Xantar, Pablo Vidal dirixiu unha singular proposta baixo o nome “cata vertical e análise das posibilidades de garda dos viños da D.O. Ribeiro”.

Alimentaria Barcelona Flavio Morganti e Luis Paadín

O Consello Regulador participou como expositor nesta edición de Alimentaria, na que tamén estiveron representadas algunhas das súas adegas. O Ribeiro promoveu distintas propostas dentro do programa da Consellería, que incluíu a cata dos viños da D.O. nunha actividade compartida con PescadeRías e que estivo impartida polo sumiller Xoan Cannas, e a actividade “Evolución e revolución dos viños na D.O. Ribeiro”. Esta última realizou un percorrido polas últimas cinco colleitas da D.O. analizando as súas peculiaridades e influenza sobre a capacidade de garda dos viños brancos do Ribeiro. Por último, o Ribeiro tamén estivo representado na cata dedicada aos viños galegos organizada pola Consellería, que estivo dirixida polo xornalista Jose María Campos, director da revista Epicur. xaneiro/abril 2012

José María Campos

Ribeiro

novas 7

D.O.


Prowein2012

U

n ano máis o C.R.D.O. Ribeiro acudiu a Düsseldorf para participar nunha nova edición de ProWein. As adegas Casal de Armán, Coto de Gomariz, Eduardo Peña e Viña Costeira foron coexpositoras co Consello Regulador nun stand integrado na área expositiva habilitada polo ICEX nesta feira. Cun elevado grao de profesionalización e mantendo altos niveis de participación, ProWein segue a conservar o seu posto entre as citas internacionais de maior relevancia no sector do viño.

breves Tamén acompañou ao audiovisual galego no Festival

de Cine de Málaga, como viño oficial no acto Galicia en Málaga celebrado con motivo da participación das producións galegas na 15ª edición do Festival, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad.

Á esquerda: imaxe na transcurso da cerimonia de entrega dos premios CREAsturias, celebrada no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo. Fotografía inferior: o presidente de AdaPPA, Félix Caso, facendo entrega dun dos galardóns. Á dereita: imaxe do Ribeiro en apoio aos participantes do audivisual galego no Festival de Cine de Málaga.

Edita: C.R.D.O.Ribeiro con dirección en C/ Salgado Moscoso, 11- 32400 Ribadavia e tlf. 988 477 200 DEP.LEG.:OU74-2010

O Ribeiro foi o viño oficial na cerimonia de entrega dos premios CREAsturias que concede a Asociación de Agencias de Publicidad del Principado de Asturias -AdAPPA-.


Novas D.O. Ribeiro bolletin nº8