Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 27  >  Verán 2013

Destacada presenza dos produtores de ecolóxico no Salón de Gourmets de Madrid e no Salón de Alimentación do Atlántico

> Premio internacional para as galletas de Granxa Maruxa

> Oferta formativa en

agricultura ecolóxica


Taboleiro de anuncios

sumario  3 |  Catas gourmets en Madrid  4 |  Degustación e talleres gastronómicos no Salimat  5 |  Participación noutras feiras de alimentación e eventos  6 |  Premio internacional para Granxa Maruxa  7 |  Oferta formativa especializada

▶ Repartimos caixas de verduras

ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)    Finca de horta en Vedra inscrita no Craega   miguel@tempocompartido.com

▶ Servimos pedidos de carne ecolóxica

de tenreira envasada ao baleiro    Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)    982 886 225   carniceriacaballada@hotmail.com

▶ Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó

  Sober (Lugo)    Marena: 627 214 476

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: Pendente IMPRIME: Ulzama Gráficas

Establecementos colaboradores minoristas ABC del Bío Amamos Comercial S.L. Padre don Rúa, 2 36203 Vigo - Pontevedra 986 117 303 www.abcdelbio.es info.@abcdelbio.es A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, caseta 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Despensa do Avó Francisco Mª Rosana López Álvarez Rúa Mallorca 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com A Tropical, Finarrei SL Rúa da Paz, 20 32005 Ourense 988 220 688 demetrio@finarrei.com www.finarrei.com A Xoaniña, SCG Rúa Venezuela, 78 15404 Ferrol - A Coruña 981 930 868 cooperativaxoaninha@ cooperativaxoaninha.org www.cooperativaxoaninha.org As Cabaciñas Gueimonde y Liste, SC Rúa Restollal, 79 baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

▶ Venda de produtos ecolóxicos:

legumes e hortalizas. Colleita propia    Agricultura Ecolóxica Cristimil    Román Viz Santomé: 625 202 417

▶ Véndense fabas ecolóxicas de

Lourenzá, a granel ou envasadas   Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

▶ Recibimos visitas guiadas de

escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega    Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)    650 343 777

Hortasán Seoane Albela, Purificación Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com

Establecementos colaboradores hostaleiros

Restaurante Biobania Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es/

Horta+Sá López Chamorro, Isabel Rúa Pérez Ardá, 26 baixo esqu. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es www.hortamaissa.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 restauranteanosaterra@gmail.com

Ecocentro Natureza Álvarez López, Mª Teresa Avenida de Galicia, 52 baixo 27400 Monforte de Lemos - Lugo 982 404 797

Horta Fresca Tenda Ecolóxica María Carrera Fernández Rúa Damas Apostólicas 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán - Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com

aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega    Albá (Palas de Rei, Lugo)    982 380 251 / 629 176 030   contacto@arqueixal.com   www.arqueixal.com

Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 405 portasantiago@mundo-r.com

Consumo Consciente Árbore, SCG Rúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo 36203 Vigo - Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horno Integral Pandarán, SL Avenida de Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra info@pandaran.es www.pandaran.com

▶ Descontos do 20% nas tarifas de

Todo Bío, SL Rúa Doutor Fleming, 7B 32003 Pontevedra 986 493 617 vbtienda@hotmail.com

Horta Verde, CB Rúa Irmáns Maristas, 38 36700 Tui - Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es

Eu Consumo Responsable Natalia Pérez Sousa Rúa Santo Domingo 41, local 5, Galerías Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

Matadoiro Comarcal de Sarria    San Xulián da Veiga, 27614    Luís López: 982 531 273

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitude a craega@craega.es

Cárnicas O Xurés Fernández Blanco, Juan Carlos R/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo 32004 Ourense 988 245 812 www.carnicasoxures.com

Ecogaliza, SLU Praza de Abastos, nave 7, caseta 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

▶ Realízanse sacrificios ecolóxicos.

La Aldea Biomarket, SL Avenida Finisterre, 25 baixo 15004 A Coruña 626 765 567 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com Maguz Ecolóxicos Rosa María Castro Conde Mercado de San Agustín Posto 3 15001 A Coruña alfredosessa300@gmail.com Menta - Ortega Río, Mª Soledad Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño - Ourense 988 274 123 salchasa@yahoo.es Ourense Bío, SL Rúa San Rosendo, 9 baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Tenda Ecolóxica Equilibrio, SL Avenida Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Restaurante Campos Rúa Nova, 4 27001 Lugo 982 229 743 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.com Restaurante España Rúa do Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 restaurantespana@gmail.com www.restespana.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com

Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com

Fogar do Santiso Trasellas, 13 - Luou 15883 Teo 981 805 948 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es

Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es

O Lar de Adrián Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com www.lardeadrian.atagalicia.com

Taberna Do Labrego Camiño Real, 32 Pacios 27372 Begonte 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com

Picota Espazo Gastronómico Rúa Bailén, 17 - Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos 982 418 408 karrasquito@hotmail.com


Posto de Porto-Muíños Posto da empresa de Miguel Areán

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, no inicio da cata

Catas gourmets de produtos ecolóxicos galegos en Madrid

N

O XXVII Salón de Gourmets, celebrado no recinto feiral Juan Carlos I do Ifema de Madrid do 8 ao 11 de abril, acolleu a degustación “A comida sá con alimentos ecolóxicos”, a cargo do Craega.

esta cata gourmet, ofrecida o día 9 no stand institucional da Consellería do Medio Rural e do Mar, contouse con varios produtos procedentes da agricultura ecolóxica de Galicia, cos que se preparou o seguinte menú: croquetas de espinacas, pasas e noces, croquetas de espinacas e algas, empanada de atún e suxi, coma entrantes; capón ao forno con castañas, coma prato principal; e requeixo con mel e queixo San Simón, de sobremesa. Esta comida acompañouse de viño da Ribeira Sacra branco e tinto e sidra achampañada.

O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente degustando produtos no stand da Consellería do Medio Rural e do Mar

A produción ecolóxica galega tamén tivo presenza nesta Feira Internacional de Alimentos e Bebidas de Calidade a través de varias firmas. Por unha banda, na presentación da agrupación de industrias elaboradoras Gosto Productores, que deu a coñecer a súa ampla gama de máis de 90 referencias, entre as que ten en ecolóxico carne avícola, meles, pole, froitos secos e outros produtos que están en proceso de inscrición no Craega. Así mesmo, dous operadores do Consello, Porto-Muíños e Miguel Areán, contaron con expositor propio para mostrar algas e outros produtos do mar, no primeiro caso, e a produción de castañas, no segundo. CRAEGA 

> 3


O Craega ofreceu unha degustación comentada no Salimat

O

13 de xuño, día da inauguración da 17ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), o Craega ofreceu unha degustación de produtos ecolóxicos no posto da Consellería do Medio Rural e do Mar, á que asistiron tanto a titular deste departamento, Rosa Quintana, coma o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. O condutor desta degustación, Javier García Lozano, foi proporcionándolle ao público información sobre os alimentos ecolóxicos que se serviron: mexillón en escabeche, mariñeira con paté de atún e vexetais, capón ecolóxico, sidra achampañada como bebida e iogur batido de sobremesa.

A Semana Verde acolleu varios talleres de gastronomía ecolóxica

O

restaurante Fogar do Santiso preparou un amplo programa de obradoiros de gastronomía ecolóxica para impartir do 13 ao 16 de xuño, no marco da Semana Verde de Galicia.

O propietario de Fogar do Santiso recibindo ao vicepresidente da Xunta de Galicia

A comitiva oficial fixo un alto no posto para degustar os produtos ecolóxicos

O xoves 13 desenvolveuse un taller de cociña para nenos, con produtos ecolóxicos locais e de tempada, así como unha cata maridaxe de viños ecolóxicos dirixida ao sector da restauración. O día seguinte celebrouse unha xornada técnica para abordar os retos da produción agraria ecolóxica, que correu a cargo do director técnico do Craega, Ernesto Sánchez Salgado. Ernesto analizou as potencialidades do sector alimentario en ecolóxico, as principais producións, os nichos de mercado aos que orientarse e os retos a curto e longo prazo, coma o da comercialización dos produtos. O sábado foi a quenda do foro participativo “A colaboración como estratexia para o sector agroecolóxico” e, o domingo, dun show cooking de comida ecolóxica á brasa. Ademais, todos os días que durou a feira mantivéronse no posto de Fogar do Santiso, de cinco a sete da tarde, microencontros entre produtores, comercializadores e cooperativas de consumo para a busca de sinerxías.

4 

< 

CRAEGA


Cambados estreará mostra ecolóxica Hifas da Terra presentou o seu produto en Ecosalud

H

ifas da Terra tivo presenza na décimo quinta convocatoria de Expo Ecosalud, o Salón da Saúde e da Calidade de Vida, Produtos Naturais, Ecolóxicos e Dietéticos que tivo lugar do 19 ao 21 de abril no recinto Fira de Barcelona. Esta empresa pontevedresa, inscrita no Craega, dedícase ao cultivo ecolóxico de cogomelos.

Estrella Galicia compra mazás para Maeloc

E

strella Galicia ten no mercado sete variedades de sidras coa marca Maeloc, que se produce na fábrica de Custom Drinks de Chantada (Lugo); esta sidra recolle a marca Manzanova e incorpora por primera vez en España sabores a pera, mora e fresa, que se suman aos xa existentes natural, doce, seco e extra. Aqueles produtores de mazá ecolóxica da zona poden levar os seus froitos ata as instalacións chantadinas, onde teñen previsto recollelas todas.

Créase a I Feira Virtual de Viños Ecolóxicos

D

o 21 ao 30 de xuño desenvolveuse na Rede a I Feira Virtual de Viños Ecolóxicos, a FIVE Virtual, que contou con 56 adegas de España (dúas delas galegas), Francia e Italia. Trátase dunha iniciativa pioneira no mundo, organizada pola Asociación de Empresas de Agricultura Ecolóxica de Navarra, na que se fixo promoción de 28 denominacións de orixe e preto de 300 viños.

O

Concello de Cambados impulsou este ano, coa colaboración do Craega, a súa primeira Feira de Produtos Ecolóxicos que, baixo o nome de EcoLogical Galicia, se vai celebrar entre o 15 e o 18 de agosto. Haberá 40 postos, ademais dunha carpa para as degustacións, e organizaranse charlas e outras actividades paralelas.

Edición especial do Mercado da Terra de Lugo

A

asociación O Bandullo Ecolóxico organizou o 6 de xuño na cidade de Lugo unha edición especial do semanal Mercado da Terra. Unha quincena de produtores da provincia puxo á venda na praza de abastos a súa produción ecolóxica, da que boa parte xa loce certificación do Craega.

Maeloc e Ribela, expositores na II Feira da Sidra da Estrada

A

Estrada, comarca que concentra boa parte dos produtores de mazá e sidra ecolóxica galega, acolleu o día 15 de xuño na capital a II Feira da Sidra, unha festa na que se escanciou máis dun milleiro de botellas e á que acudiron máis de 2.000 visitantes. No posto de lagares atopábanse as firmas Maeloc (de Chantada) e Ribela (da Estrada), que ofreceron sidra ecolóxica. Así mesmo, Luis Rivas, de Ribela, obtivo o segundo posto no II Concurso de Sidra de Autor, unha competición na que estivo presente o director técnico do Craega, Ernesto Sánchez. CRAEGA 

> 5


O xurado do concurso estivo composto por 60 chefs e sumilleres de todo o mundo

Os sistemas agroecolóxicos, protagonistas dunhas xornadas

A O equipo de Granxa Maruxa co presidente do iTQi, Christian De Bauw

Asociación de Produtor@s Ecolóxic@s Galeg@s (Apega) promoveu para o 13 e o 14 de xullo a celebración das xornadas abertas “Sistemas agroecolóxicos para un rural vivo” en Ponteareas (Pontevedra), no auditorio Reveriano Soutullo. No programa incluíuse unha charla sobre a certificación ecolóxica en Galicia a cargo do secretario do Craega, Javier García Lozano; ademais, contempláronse outros temas coma a venda e o etiquetado de produtos agrarios, as pequenas producións apícolas e avícolas, a evolución das razas autóctonas e a acción dos bioprodutores no Alto Miño (Portugal), así como se organizou unha visita á horta ecolóxica Santa Clara, situada no Covelo.

As galletas de Granxa Maruxa reciben un premio internacional

A

explotación ecolóxica de Monterroso (Lugo) Granxa Maruxa vén de acadar un novo galardón, o International Superior Taste & Quality Award (Premio Internacional ao Sabor e á Calidade Superior), concedido polo Instituto Internacional do Sabor e a Calidade (iTQi). As súas galletas de nata, comercialmente denominadas Maruxas de Nata, obtiveron dúas estrelas no certame de cata ás cegas deste instituto, onde o xurado estaba composto por 60 chefs e sumilleres de todo o mundo. A entrega do premio tivo lugar en Bruxelas o 30 de maio.

de y

6 

< 

CRAEGA

¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22


Proliferan as iniciativas divulgadoras da agricultura ecolóxica Mantense aberta a convocatoria do plan “Fórmate en verde”

A

Deputación Provincial de Lugo está levando a cabo dende o mes de marzo unha serie de cursos sobre produción ecolóxica, encadrados no plan “Fórmate en verde”. Estes cursos son gratuítos, constan de parte teórica e parte práctica e ofrécense en tres modalidades: on-line, presencial e mixta. Os de gandería ecolóxica corren a cargo da asesoría agrícola Agronovo, que está especializada en produción ecolóxica, e son de gando maior e menor (ovino e caprino, avicultura de posta, avicultura de carne e porcino). Os cursos continuarán ofertándose e executándose ata final de ano, polo que a convocatoria está aberta e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo na web do Plan Integral Gandeiro (www.planintegralgandeiro.info) ou por teléfono (982 246 762).

N

os últimos meses, foron moitas as xornadas e charlas técnicas coas que se difundiu información sobre agricultura ecolóxica en distintos puntos da xeografía galega:

Seminario de Formación en Vitivinicultura Ecolóxica. Organizado pola asociación O Batuxo Belesar no marco do proxecto “Potenciación da agricultura ecolóxica” da Deputación de Lugo, tivo lugar no Saviñao o 11 e 12 de xullo e incluíu no programa conferencias sobre a problemática da viticultura ecolóxica e sobre a súa normativa, así como catas de brancos e tintos e visitas a adegas e viñedos. Colaboraron Adegas Aurea Lux SL (Ribadavia), Adegas Docampo Gacio, CB (Rubiá), Bodegas Corisca SL, (Salceda de Caselas), Lagar de Sabariz SL (San Amaro), José Luís Mateo García (Verín), Roberto Regal López (Chantada), Regina Viarum SL (Sober), Beatriz Rodríguez González (Cortegada), María Esther Teijeiro Lemos (Chantada) e José Luís Pérez Vázquez (O Saviñao). Curso de Agricultura Biodinámica. Celebrou a súa primeira edición do 7 ao 9 de xuño no pazo de Sabariz (Ourense) e foi impartido por Jordi Querol, técnico asesor en agricultura biodinámica. No programa do curso, impulsado pola asociación We Are Organic (WAO) e avalado pola Asociación da Agricultura Biodinámica de España, figuraban os preparados biodinámicos, o calendario biodinámico e o compost. Xornadas Técnicas de Viticultura Ecolóxica. O Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Arbo, Pontevedra) foi escenario destas xornadas, desenvolvidas o 30 de abril e o 2 de maio na Semana Grande da Lamprea coa colaboración do Craega. O primeiro día ofreceuse unha charla acerca da produción de viño ecolóxico e natural e o día 2 celebrouse unha cata de viños ecolóxicos e naturais, coa participación de Corisca (Condado), Diego de Lemos (Ribeira Sacra), Biobra (Valdeorras), José Luis Mateo García (Monterrei), Muñiz Hermida (Ribeiro), A Pita Cega (Ribeiro), Aurea Lux (Ribeiro) e Lar dos Soños (Condado). Curso práctico de agricultura ecolóxica. Promovido polo Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, está desenvolvéndose en sesións semanais de tres horas na finca experimental de Santa María de Vigo (Cambre, A Coruña) dende o mes de maio, e continuará durante o de xullo. O temario abrangue a certificación en agricultura ecolóxica. Curso de agricultura ecolóxica en hortos urbanos. O Concello de Culleredo deulle resposta á demanda veciñal de formación en agricultura ecolóxica cun curso que comezou o 5 de xuño nos seus hortos urbanos, situados no pazo de Villa Melania. Talleres formativos para mozos. O programa de ocio “Ponteverán”, do que se encarga a Concellería de Xuventude de Pontevedra, incorporou á súa oferta de actividades para estes meses de verán os obradoiros formativos en agricultura ecolóxica e aproveitamento das plantas, dirixidos a mozos entre os 16 e os 30 anos. CRAEGA 

> 7


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

gobierno de españa

8 

< 

CRAEGA

ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente

FEADER Europa inviste no Rural

Profile for craega craega

Revista Craega Verano 2013  

Revista Craega Verano 2013  

Profile for craega
Advertisement