Issuu on Google+

Indice

A. INTRODUCIÓN

3

15. Tempo como consumidores de alimentos ecolóxicos

121

B. EXPLOTACIÓN DE RESULTADOS

9

16. Hábitos de consumo de produtos de alimentación ecolóxicos durante o último ano

129

1. Criterios empregados para mercar un alimento

11

17. Porcentaxe de consumo de alimentos ecolóxicos

137

2. Produtos mercados habitualmente en tendas especializadas

19

18. Intención de aumento de consumo. Motivos de non aumento

145

3. Adxectivos ou propiedades que transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento

27

19. Puntos de compra dos alimentos ecolóxicos

153

4. Coñecemento dos alimentos ecolóxicos

35

20. Variedade de alimentos ecolóxicos ofrecida polos establecementos de alimentación

161

5. Medios polos que se coñecen os alimentos ecolóxicos

41

21. Alimentos ecolóxicos máis difícil de atopar

169

6. Grao de acordo con certas afirmacións sobre os alimentos ecolóxicos

49

22. Criterios de compra dos alimentos ecolóxicos

177

7. Características asociadas aos alimentos ecolóxicos

57

23. Alimentos ecolóxicos de marca branca / marca do distribuidor

185

8. Definición dun alimento ecolóxico

65

24. Consumo de alimentos ecolóxicos no sector da hostalería

193

9. Asociación con logotipo identificativo

73

25. Presenza dos alimentos ecolóxicos en medios de comunicación

201

10. Frecuencia de consumo dalgún alimento ecolóxico

81

26. Confianza na certificación

207

11. Tipo e frecuencia de consumo dos distintos alimentos ecolóxicos

89

Categorías de consumo doutros produtos ecolóxicos

213

12. Motivos de non consumo de alimentos ecolóxicos

97

Cómo se autodefinen os consumidores de alimentos ecolóxicos

221

13. Motivación para comezar ou a seguir consumindo alimentos ecolóxicos

105

C. SÍNTESE

247

14. Primeiro produto ecolóxico consumido

113

D. ANEXO

253

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

1


A INTRODUCIÓN Obxectivo, método de realización e presentación de resultados

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

2


Introdución • Co obxectivo de coñecer o estado actual dos hábitos de consumo dos alimentos ecolóxicos de Galicia, levouse a cabo por segunda ocasión a elaboración deste barómetro. Mediante a comparación de parte dos resultados obtidos no actual barómetro co anterior, realizado en 2010, obtéñense datos suficientes para a análise de tendencias de consumo nos consumidores de alimentos en xeral e en particular, de aqueles consumidores habituais de alimentos ecolóxicos. • Os datos foron ponderados segundo sexo, idade, poboación de residencia e relación coa actividade para elevalos segundo a poboación real de Galicia. O marxe de erro é de ± 2.95%, cun nivel de confianza do 95%, para unha hipótese dunha heteroxeneidade do 50%. • As preguntas foron realizadas nalgúns casos de forma que os enquisados respondían aleatoriamente e noutros casos as respostas eran lidas. Alí onde as respostas eran múltiples e/ou aleatorias así se indica.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

3


Introdución • A presentación dos resultados segue unha estrutura fixa para cada unha das variables incluídas no estudo que se corresponden coas preguntas do cuestionario. Inclúense as distribucións univariadas e bivariadas para cada unha das variables de estudo seguindo a seguinte estrutura: –

4

A distribución de frecuencias e porcentaxes, ademais da gráfica representativa dos mesmos e comparativa co primeiro barómetro realizado no 2010, nos casos que foi posible. Hai que ter en conta que non se puido dispoñer dos datos completos de preguntas e respostas do anterior barómetro durante a fase de deseño do cuestionario, para intentar asemellarse aínda máis e facer máis comparativas entre os mesmos. Naqueles casos nos que as preguntas e respostas eran equiparables así se fixo. Onde non se aconsella a comparación, así se indica, aínda que poidan aparecer representados resultados do anterior barómetro. Tamén se incorporaron outras preguntas. As distribucións bivariadas de frecuencias e porcentaxes para os cruces coas seguintes variables de control: • Sexo • Idade en grandes grupos. Variable recodificada e estruturada en catro grandes grupos de idade equilibrados aos efectos de estudo e tamaño da mostra • Nivel de estudos en tres graos. Variable recodificada e estruturada en tres novos grupos, segundo a clasificación actual de graos de estudo do Instituto Nacional de Estatística • Relación coa actividade • Ocupación • Tamaño do concello. Variable creada con cinco categorías en base ó tamaño do concello de residencia do enquisado, construída respectando os tamaños de poboación incluídos no Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2013 Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Ficha Técnica Selección Ámbito A Galicia Universo

Poboación empadroada en Galicia de ambos sexos de 18 ou máis anos de idade

Tipo de enquisa

Telefónica, asistida por sistema CATI

S

U

D

T

R

Selección aleatoria de concellos e fogares entre os rexistrados en guía telefónica. Selección de individuos con base en 11 cuotas de sexo e idade

Data

Realizada entre 14/10/2013 e 13/11/2013

Realización

FIGUEROA & BERMEJO CONSULTORES, S.L.

Tamaño da mostra M 1.139 enquisas a consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

5


B EXPLOTACIÓN DE RESULTADOS Representación dos datos obtidos de respostas ás preguntas da enquisa e a súa análise

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

6


Criterios empregados para mercar un alimento Pregunta 1: Que criterios emprega para mercar un produto de alimentaciรณn? Grรกfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

Barรณmetro de percepciรณn e consumo de alimentos ecolรณxicos en Galicia (2013)

7


Criterios empregados para mercar un alimento Pregunta 1: Que criterios emprega para mercar un produto de alimentación? Interpretación

• Nesta pregunta os enquisados escollían entre as respostas que se lles lían. Se lles pedía que escollesen dous criterios. • Para máis do 85,15% dos consumidores o criterio principal para mercar un alimento é a súa calidade, seguido de cerca polo seu prezo. Este indicador aprezase sobre todo en consumidores de mediana idade e faise mais pronunciado segundo vai aumentando o nivel de estudos. Son os estudantes os que lle dan mais importancia ó prezo fronte á calidade. • Calidade e prezo son tamén criterios comúns de compra, no cal o de calidade seguirá a ser un criterio moi importante para os consumidores de produtos ecolóxicos como se verá máis adiante. • Cabe destacar a baixa apreciación que ten a para os consumidores as certificacións de calidade con respecto a outros criterios, como a marca ou lugar de procedencia.l

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

8


Produtos mercados habitualmente en tendas especializadas Pregunta 2: Que produtos acostuma mercar en tendas especializadas? Gr谩fica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

Bar贸metro de percepci贸n e consumo de alimentos ecol贸xicos en Galicia (2013)

9


Produtos mercados habitualmente en tendas especializadas Pregunta 2: Que produtos acostuma mercar en tendas especializadas? Interpretación

• Respostas espontáneas múltiples para esta pregunta • O pan, o peixe, a carne, froitas e hortalizas, produtos de compra máis habitual en tendas especializadas, tenden á baixa, para venderse a través doutras superficies comerciais. Os viños e as conservas, outros produtos mercados habitualmente en tendas especializadas teñen un peso moi inferior con respecto aos outros preguntos.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

10


Adxectivos ou propiedades que transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento Pregunta 3: Que adxectivos ou propiedades lle transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento? Gráfica. Respostas (%) . Base: todos os consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

11


Adxectivos ou propiedades que transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento Pregunta 3: Que adxectivos ou propiedades lle transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento? Interpretación

• Respostas espontáneas múltiples dos enquisados. • Con respecto ó ano 2010 afianzouse a idea de que a calidade máis positiva que transmite un alimento é a de ser caseiro (43,46%), do país (38,95%), ou natural (32,54%). • Estes adxectivos máis positivos para os consumidores deben ser tidos en conta polos produtos ecolóxicos, e incorporar ditas propiedades ós mesmos, pois a propiedade “ecolóxicos” non está entre as máis indicadas. • Hai que ter en conta que cando menos nesta enquisa se formulou a pregunta sen ler as posibles respostas. Termos como “artesanal” ou “de paisano”, que poderían equipararse a outros termos como “caseiro”, “do país” ou “natural”, non foron tan nomeados como estes últimos.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

12


Coñecemento dos alimentos ecolóxicos Pregunta 4: Coñece o oíu falar dos alimentos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

8,1% NON 91,9% SI

2013

22,2% NON 76,3% SI

2010

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

13


Coñecemento dos alimentos ecolóxicos Pregunta 4: Coñece o oíu falar dos alimentos ecolóxicos? Interpretación

• Con respecto ó ano 2010, o coñecemento dos alimentos ecolóxicos aumentou en máis dun 10%, e segue a estar relacionado co nivel de formación dos consumidores, a maior nivel de estudos maior é o coñecemento dos produtos ecolóxicos a través de distintas fontes, como a televisión, prensa, amizades, ...

14

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Medios polos que se coñecen os alimentos ecolóxicos Pregunta 5: Como chegou a coñecelos? Gráfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

15


Medios polos que se coñecen os alimentos ecolóxicos Pregunta 5: Como chegou a coñecelos? Interpretación

• Respostas espontáneas múltiples • Con respecto o ano 2010 a televisión, a prensa, revistas, a través de familiares e amigos, seguen a ser os medios polos que os consumidores chegaron a coñecer os alimentos ecolóxicos. • Descendeu o coñecemento a través da presenza en establecementos habituais, que sen embargo gañan peso nos lineais, pero que probablemente empecen a competir en calidades e prezo con algúns produtos convencionais presentes nos mesmos lineais, aínda que gañaron presenza en tendas especializadas.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

16


Grao de acordo con certas afirmacións sobre os alimentos ecolóxicos Pregunta 6: Diga se as seguintes afirmacións sobre os alimentos ecolóxicos son verdadeiras ou falsas Gráfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

17


Grao de acordo con certas afirmacións sobre os alimentos ecolóxicos Pregunta 6: Diga se as seguintes afirmacións sobre os alimentos ecolóxicos son verdadeiras ou falsas Interpretación

• Resposta múltiple (verdadeiro/falso/non sabe), lidas ós enquisados • Aumentou o recoñecemento como produtos certificados a través dun organismo de control, ademais de contar cunha etiqueta identificativa. Aínda así existen algunhas características que lles atribúen ós alimentos ecolóxicos que poden suscitar a erros de definición dos mesmos.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

18


Características asociadas aos alimentos ecolóxicos Pregunta 7: Que características asocia Vd. aos alimentos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%) . Base: todos os consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

19


Características asociadas aos alimentos ecolóxicos Pregunta 7: Que características asocia Vd. aos alimentos ecolóxicos? Interpretación

• Respostas espontáneas múltiples. Non comparable con datos de 2010 pois as categorías de resposta eran diferentes. • O 77,72% dos consumidores asocian a exclusión dos pesticidas químicos, aditivos e colorantes ós alimentos ecolóxicos. Consideran que son máis sans e naturais. • Sen embargo a ausencia de transxénicos ou a existencia de controis adicionais para os produtos ecolóxicos apenas destacou entre as respostas. Hai que ter en conta que ó tratarse de respostas espontáneas non quere dicir que non estean de acordo con algunhas características (máis adiante compróbase con outras preguntas con respostas a escoller), senón que de maneira espontánea non son as máis destacables para os consumidores.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

20


Definición dun alimento ecolóxico Pregunta 8: Cal das seguintes definicións corresponde a un alimento ecolóxico? Gráfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

É aquel que foi cultivado de forma tradicional coas técnicas de toda a vida e é integral É aquel que foi producido dunha forma natural e non contén produtos prexudiciais para a saúde

É producido sen pesticidas e fertilizantes sintéticos. Evita a alteración transxénica respectando o sistema natural

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

21


Definición dun alimento ecolóxico Pregunta 8: Cal das seguintes definicións corresponde a un alimento ecolóxico? Interpretación

• O 76,2% dos consumidores galegos definen os alimentos ecolóxicos como sans, sen aditivos e producidos sen pesticidas químicos. Unhas apreciacións que son directamente proporcionais ó nivel de estudos. Esta definición aumentou lixeiramente dende 2010. • A forte identificación de alimento ecolóxico coa ausencia de química de síntese pode comprobarse noutras preguntas, onde características como produtos máis saborosos, sans ou artesanais está moi por debaixo da primeira.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

22


Asociación con logotipo identificativo Pregunta 9: Asocia algún logotipo aos produtos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

23


Asociación con logotipo identificativo Pregunta 9: Asocia algún logotipo aos produtos ecolóxicos? Interpretación

• Tras realizar unha análise exhaustiva dos datos obtidos, cabe dicir que esta pregunta non é representativa, xa que a definición dos elementos gráficos a través dunha enquisa telefónica é pouco fiable. Fíxose coa pretensión de coñecer ata que punto poderían coñecer os distintos logotipos (europeo e galego). Logotipos de marcas comerciais e outras denominacións de calidade diferenciada poden ser memorizados máis facilmente pola sinxeleza dos seus elementos gráficos. • Son moitos os consumidores que a través dunha enquisa presencial si poderían recoñecer visualmente o logotipo, máis non memorizalo correctamente para poder ofrecer a través do teléfono unha correcta definición gráfica.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

24


Frecuencia de consumo dalgún alimento ecolóxico Pregunta 10: Con que frecuencia consume algún produto de alimentación ecolóxica? Gráfica. Respostas (%). Base: todos os consumidores

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

25


Frecuencia de consumo dalgún alimento ecolóxico Pregunta 10: Con que frecuencia consume algún produto de alimentación ecolóxica? Interpretación

• Resposta espontánea por parte dos enquisados • O 76,10% dos consumidores consumen alimentos ecolóxicos menos dunha vez ó mes. • Apenas existen diferenzas nos perfís dos consumidores. Pero podería destacarse unha lixeira vantaxe como consumidores de produtos ecolóxicos a poboación de 18 a 44 anos fronte ós de máis idade, ó igual que sucede cos consumidores de estudos de terceiro grao.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

26


Tipo e frecuencia de consumo dos distintos alimentos ecolóxicos Pregunta 11: Que tipo de produtos ecolóxicos adoita consumir e con que frecuencia? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

27


Tipo e frecuencia de consumo dos distintos alimentos ecolóxicos Pregunta 11: Que tipo de produtos ecolóxicos adoita consumir e con que frecuencia? Interpretación

• O tipo de produtos máis consumidos son a froita, as verduras frescas e lácteos en xeral, seguido de carnes e outros produtos a máis distancia. Curiosamente ocorre o mesmo cos primeiros produtos ecolóxicos consumidos. • Estes produtos máis consumidos son produtos frescos ou con duracións curtas de vida e que requiren da súa compra de maneira máis frecuente.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

28


Motivos de non consumo de alimentos ecolóxicos Pregunta 12: Por que motivos nunca consume...? (referida a aqueles produtos contestados con “Nunca” na pregunta anterior) Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

29


Motivos de non consumo de alimentos ecolóxicos Pregunta 12: Por que motivos nunca consume...? (referida a aqueles produtos contestados con “Nunca” na pregunta anterior) Interpretación

• O motivo principal polo que non se consumen alimentos ecolóxicos en Galicia ven dado polo prezo, segundo os consumidores son produtos moi caros e non poden permitirse mercar todos os produtos en ecolóxico • Tamén pode destacarse a dificultade para atopar os produtos, pois non están moi presentes nos puntos habituais de compra.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

30


Motivación para comezar ou a seguir consumindo alimentos ecolóxicos Pregunta 13: Cal é o principal motivo que o levou a comezar ou a seguir consumindo produtos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

31


Motivación para comezar ou a seguir consumindo alimentos ecolóxicos Pregunta 13: Cal é o principal motivo que o levou a comezar ou a seguir consumindo produtos ecolóxicos? Interpretación

• Resposta espontánea única • Entre os principais motivos de compra dos alimentos ecolóxicos, o 36,60% afirma que iniciaron o seu consumo por motivos de saúde, xa que teñen moi presente o feito de que son alimentos sen pesticidas e fertilizantes químicos (segundo motivo polo cal o 11,40% dos enquisados iniciaron o consumo de alimentos ecolóxicos) • Contrasta esta resposta dos consumidores de alimentos ecolóxicos coa escasa representación da saúde como un dos criterios na compra máis nomeados polos consumidores (todos, non só os exclusivos de ecolóxicos).

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

32


Primeiro produto ecolóxico consumido Pregunta 14: Cal foi o primeiro produto co que comezou o consumo destes alimentos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

33


Primeiro produto ecolóxico consumido Pregunta 14: Cal foi o primeiro produto co que comezou o consumo destes alimentos ecolóxicos? Interpretación

• Resposta espontánea única • A froita, os vexetais e os derivados lácteos, cun 21,90%, un 21,70% e un 18,90% respectivamente, son os primeiros produtos cos que comezaron os consumidores de produtos ecolóxicos. • En canto ó perfil dos que citan un ou outro produto, a froita e os derivados lácteos son consumidos maiormente polos homes, mentres que as mulleres se decantan máis polos vexetais. • Por outro lado, o consumo de froita e vexetais está máis comprendido entre un rango medio de idade entre os 30 e os 54 anos, e os de 18 a 29 anos os que mais leite e derivados lácteos consumen.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

34


Tempo como consumidores de alimentos ecolóxicos Pregunta 15: Fai canto tempo empezou a consumir este tipo de produtos? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

35


Tempo como consumidores de alimentos ecolóxicos Pregunta 15: Fai canto tempo empezou a consumir este tipo de produtos? Interpretación

• Resposta espontánea • Entorno ó 60% dos consumidores de alimentos ecolóxicos o levan facendo dende hai máis de tres anos, un valor que aumentou case un 20% con respecto o ano 2010, tempo no que os consumidores galegos aumentaron o gasto neste tipo de produtos.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

36


Hábitos de consumo de produtos de alimentación ecolóxicos durante o último ano Pregunta 16: Cambiou os seus hábitos de consumo de produtos de alimentación ecolóxicos durante o último ano? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

1,9%

20,8%

1,9%

75,4%

Si, antes non os consumía e agora si

Si, aumentou o número ou o gasto neste tipo de produtos

Si, reduciu o número ou o gasto neste tipo de produtos

Non, en xeral segue consumindo o mesmo

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

37


Hábitos de consumo de produtos de alimentación ecolóxicos durante o último ano Pregunta 16: Cambiou os seus hábitos de consumo de produtos de alimentación ecolóxicos durante o último ano? Interpretación

• Aínda que o 75,4% dos consumidores seguen a consumir o mesmo nivel de produtos ecolóxicos, un 20,8% admite haber aumentado o número e o gasto neste tipo de produtos. Dentro desta porcentaxe cabe dicir que o aumento de consumo é directamente proporcional co nivel de estudos, centrándose ademais nunha idade comprendida entre os 30 e 40 anos.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

38


Porcentaxe de consumo de alimentos ecolóxicos Pregunta 17: De todos os produtos que consume, que porcentaxe aproximadamente son ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

39


Porcentaxe de consumo de alimentos ecolóxicos Pregunta 17: De todos os produtos que consume, que porcentaxe aproximadamente son ecolóxicos? Interpretación

• Aínda que aumentou o gasto neste tipo de produtos, o cómputo total dentro da cesta da compra na maioría dos casos encóntrase entre o 10 e o 20%. • O crecemento na gráfica ó chegar ó 50% podería deberse a unha resposta pouco concreta en algún enquisados, pois contestaban que “aproximadamente a metade” máis podería non ser exacto.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

40


Intención de aumento de consumo. Motivos de non aumento Pregunta 18: Gustaríalle aumentar esta porcentaxe?. Por que non aumenta esta porcentaxe? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

NON

16% SI

84%

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

41


Intención de aumento de consumo. Motivos de non aumento Pregunta 18: Gustaríalle aumentar esta porcentaxe?. Por que non aumenta esta porcentaxe? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

42

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Intención de aumento de consumo. Motivos de non aumento Pregunta 18: Gustaríalle aumentar esta porcentaxe?. Por que non aumenta esta porcentaxe? Interpretación

• Resposta múltiple • O 84% dos consumidores ecolóxicos mostran a vontade de aumentar a porcentaxe de consumo, pero o prezo é o principal impedimento (máis que en 2010), ademais da dificultade para atopalos son factores claves para impedir este aumento do consumo neste sector. • Tanto o prezo como a escasa presenza nos establecementos habituais son elementos que se repetiron en máis dunha pregunta na enquisa, con similar resposta en todas elas.

43

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Puntos de compra dos alimentos ecolóxicos Pregunta 19: Onde acostuma mercar os produtos de alimentación ecolóxicos que consume? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

44


Puntos de compra dos alimentos ecolóxicos Pregunta 19: Onde acostuma mercar os produtos de alimentación ecolóxicos que consume? Interpretación

• Resposta múltiple. Comparación co 2010 non aconsellable, pois as opcións eran diferentes • Os super e hipermercados representan case o 60% de preferencia para a compra, aínda que en detrimento con respecto ao 2010, xa que aumentou case un 10% a compra destes produtos nas tendas tradicionais de barrio e lixeiramente nas especializadas.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

45


Variedade de alimentos ecolóxicos ofrecida polos establecementos de alimentación Pregunta 20: A variedade de produtos ecolóxicos ofrecida polos establecementos de alimentación encóntraa ampla, suficiente ou escasa? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

66,8% ESCASA

8,4% AMPLA

24,8% SUFICIENTE

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

46


Variedade de alimentos ecolóxicos ofrecida polos establecementos de alimentación Pregunta 20: A variedade de produtos ecolóxicos ofrecida polos establecementos de alimentación encóntraa ampla, suficiente ou escasa? Interpretación

• Un 66,8% dos consumidores consideran escasa a variedade de alimentos ecolóxicos nos establecementos, factor que aumenta de forma directamente proporcional co nivel de estudos. • Identifícase esta resposta con outras como un impedimento para incrementar o consumo destes produtos, e que tamén dificulta que ó non estar presentes nos establecementos e os seus lineais os consumidores non habituais destes produtos os coñezan.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

47


Alimentos ecolóxicos máis difícil de atopar Pregunta 21: Que produtos lle resultan máis difícil de atopar? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

48


Alimentos ecolóxicos máis difícil de atopar Pregunta 21: Que produtos lle resultan máis difícil de atopar? Interpretación

• Respostas espontáneas múltiples. Non comparable co 2010 pois as categorías eran distintas • A carne, bebidas, froitas e vexetais son os alimentos máis difíciles de atopar para os consumidores. Sen embargo destaca que sexan tamén dos máis demandados, salvo as bebidas, segundo se comprobou en preguntas anteriores.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

49


Criterios de compra dos alimentos ecolóxicos Pregunta 22: Que criterios segue á hora de comprar produtos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

50


Criterios de compra dos alimentos ecolóxicos Pregunta 22: Que criterios segue á hora de comprar produtos ecolóxicos? Interpretación

• Cando os consumidores compran produtos ecolóxicos, a orixe dos mesmos ten un gran peso (máis do 60%). Ésta apreciación subiu un 26% respecto do anterior barómetro. • Sen embargo ocorreu á inversa coa información da etiqueta, que baixou con respecto ó anterior barómetro en case un 30%. • A pesares de que os mesmos consumidores apenas variaron o consumo no último ano, a importancia do prezo á hora de confeccionar a cesta da compra é máis alta que no 2010. Increméntase directamente co idade dos consumidores, e tamén entre aqueles con estudos de 1º grao e de cidades máis grandes

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

51


Alimentos ecolóxicos de marca branca / marca do distribuidor Pregunta 23: Os produtos ecolóxicos que consume / consumiu, son de marca branca / marca do distribuidor? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

73,7% Marcas tradicionais

26,3%

Marcas brancas ou de distribuidor

mmmmmmmmmm

? ? ? ? ? ? ? ? ? ?

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

52


Alimentos ecolóxicos de marca branca / marca do distribuidor Pregunta 23: Os produtos ecolóxicos que consume / consumiu, son de marca branca / marca do distribuidor? Interpretación

• A meirande parte dos consumidores ecolóxicos decántanse polas marcas tradicionais en contraposición coas marcas brancas dentro dos alimentos ecolóxicos. Cabe destacar que tendo en conta os rangos de idade, son os de 18 a 29 e 55 a 70 anos os que máis consumen produtos de marca branca.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

53


Consumo de alimentos ecolóxicos no sector da hostalería Pregunta 24: Consumiu algunha vez produtos ecolóxicos no sector da hostalería? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

71,6% NON os consumiron nunca

28,4% SI os consumiron algunha vez

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

54


Consumo de alimentos ecolóxicos no sector da hostalería Pregunta 24: Consumiu algunha vez produtos ecolóxicos no sector da hostalería? Interpretación

• Só un 28,40% consumiron produtos ecolóxicos na hostalería, dato que aumenta de forma proporcional segundo os estudos. • Os estudantes son os que máis responderon que si os consumiron nos establecementos hostaleiros, e nos ocupados, aqueles autónomos e comerciantes destacaron sobre o resto.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

55


Presenza dos alimentos ecolóxicos en medios de comunicación Pregunta 25: Viu ou oíu nos últimos meses algún anuncio publicitario sobre produtos ecolóxicos en algún medio de comunicación? En que medios? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Viu ou oíu nos últimos meses algún anuncio publicitario sobre produtos ecolóxicos en algún medio de comunicación?

69,7% contestou

NON

30,3% contestou

SI

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

56


Presenza dos alimentos ecolóxicos en medios de comunicación Pregunta 25: Viu ou oíu nos últimos meses algún anuncio publicitario sobre produtos ecolóxicos en algún medio de comunicación? En que medios? Interpretación

• Un 30,30% si viu ou oíu algún anuncio publicitario sobre produtos ecolóxicos. O medio máis repetido entre os enquisados foi a televisión. • Destacan os homes, os pensionistas e xubilados e os de estudos de primeiro grao os que máis anuncios viron. • A pesares de que os produtores e empresas de alimentos ecolóxicos apenas teñen presenza en medios publicitarios (salvo os especializados), os enquisados responderon positivamente á pregunta nas porcentaxes indicadas segundo as distintas estratificacións. Sen embargo, probablemente o que lembraban non eran estritamente anuncios publicitarios de empresas, senón campañas institucionais ou reportaxes ou noticias destes alimentos.

57

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Confianza na certificación Pregunta 26: Cal é a súa confianza na certificación? Gráfica. Respostas (%). Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

moita

bastante

pouca

ningunha

21,9 %

53,5 %

23,5 %

1,1 %

60% 50% 40% 30% 20% 10%

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

58


Confianza na certificación Pregunta 26: Cal é a súa confianza na certificación? Interpretación

• A maioría dos enquisados (53,50% (bastante confianza) + 21,90% (moita confianza)) confían na certificación dos produtos ecolóxicos, e só un 23,50% desconfía do selo de garantía.

59

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Categorías de consumo doutros produtos ecolóxicos Pregunta 27: En que outras categorías consume produtos ecolóxicos? Gráfica. Respostas (%) . Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes)

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

60


Categorías de consumo doutros produtos ecolóxicos Pregunta 27: En que outras categorías consume produtos ecolóxicos? Interpretación

• Respostas espontáneas múltiples • Principalmente debido o gasto eléctrico nas vivendas, son moitos os que utilizan lámpadas de baixo consumo, no só por cuestións medioambientais. O mesmo pasa con electrodomésticos clase A. • Destacan o papel, tanto tipo folio como hixiénico, panos e de mesa e produtos de limpeza e outros produtos de droguería

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

61


Cómo se autodefinen os consumidores de alimentos ecolóxicos Pregunta 28: Ata que punto está vostede de acordo ou en desacordo? Distribución univariada. Base: só consumidores habituais de produtos ecolóxicos (unha vez ou máis ó mes) Totalmente de acordo Non compro marcas nin produtos dos que as súas empresas non sexan responsables co medio ambiente e a sociedade

Algo de acordo

Nin de acordo nin en desacordo

57

36,7%

41

26,2%

27

17,3%

32

20,4%

30

19,0%

19

63

40,2%

37

23,5%

23

Prefiro consumir produtos locais, cultivados cerca de onde vivo. Acostumo comprar algún produto de comercio xusto

117

74,7%

25

16,1%

O cambio climático e o deterioro medioambiental non me incumbe

25

15,8%

8

O deterioro medioambiental é inexorable e non hai solución

8

5,1%

22

Intento coller menos o coche xa que as cidades están cada vez máis contaminadas

78

49,9%

41

Estaría disposto a vivir con menos Adoito comprometerme cos problemas do meu entorno e adoito colaborar niso

82

52,3%

81

51,6%

Coñezo compañías que fan un esforzo polo medioambiente

55

Sigo os temas do medioambiente nos medios de comunicación Reciclo todo o que podo e reutilizo todo o posible Estou disposto a pagar máis por produtos respectuosos co medioambiente

Algo en desacordo

Totalmente en desacordo

Total

11

6,8%

20

13,1%

156

100,0%

12,2%

8

4,9%

68

43,5%

156

100,0%

15,0%

10

6,4%

23

14,9%

156

100,0%

10

6,6%

3

1,7%

1

0,9%

156

100,0%

5,4%

4

2,7%

7

4,4%

112

71,7%

156

100,0%

14,3%

14

8,8%

39

24,6%

74

47,2%

156

100,0%

26,5%

13

8,1%

11

7,0%

13

8,6%

156

100,0%

43

27,6%

15

9,3%

7

4,2%

10

6,6%

156

100,0%

44

28,4%

15

9,6%

10

6,2%

7

4,2%

156

100,0%

35,3%

44

28,3%

22

14,1%

7

4,3%

28

18,0%

156

100,0%

75

48,0%

42

26,7%

22

14,2%

9

6,0%

8

5,0%

156

100,0%

103

66,0%

28

17,9%

15

9,3%

6

3,7%

5

3,1%

157

100,0%

65

41,3%

43

27,7%

31

20,1%

8

5,2%

9

5,8%

156

100,0%

Coñezo a diferencia entre un produto ecolóxico e un produto natural, san ou da horta

87

55,8%

30

19,2%

21

13,2%

11

6,9%

8

4,9%

156

100,0%

Participo en boicots contra as marcas pouco respectuosas co medio ambiente Fíome pouco das marcas en xeral

Non todo o que se di que é ecolóxico é ecolóxico

98

62,4%

21

13,7%

19

12,1%

9

5,5%

10

6,2%

156

100,0%

Consumo alimentos ecolóxicos porque é a tendencia e están de moda

5

3,3%

1

0,6%

7

4,8%

21

13,6%

120

77,7%

154

100,0%

Leo as etiquetas dos produtos con coidado para saber os seus ingredientes, elaboración, contidos, calorías, etc.

82

52,2%

44

28,2%

14

8,9%

4

2,4%

13

8,3%

156

100,0%

Invisto máis na miña saúde que no meu aspecto

90

57,3%

29

18,7%

30

18,9%

2

1,4%

6

3,7%

156

100,0%

136

87,0%

19

12,2%

1

0,4%

1

0,4%

0

0,0%

156

100,0%

17 117

10,9% 74,8%

24 7

15,3% 4,2%

33 12

21,0% 7,6%

28 10

18,2% 6,6%

54 11

34,6% 6,8%

156 156

100,0% 100,0%

No que se refire á alimentación sempre estou buscando algo novo

22

13,8%

35

22,5%

36

23,2%

21

13,2%

43

27,2%

156

100,0%

Sigo unha dieta mediterránea e tradicional

46

29,3%

41

26,1%

30

19,5%

16

10,1%

23

15,0%

156

100,0%

Fago exercicio con regularidade

73

47,0%

35

22,1%

17

10,8%

14

9,1%

17

11,0%

156

100,0%

Cada vez consumo menos carnes e me oriento cara unha alimentación máis vexetariana

42

26,6%

31

20,1%

23

14,7%

17

10,6%

44

28,0%

156

100,0%

A miña alimentación e a da miña familia son moi importantes para min Intento darme un capricho todos os días Intento evitar as comidas preparadas

62

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Cómo se autodefinen os consumidores de alimentos ecolóxicos Pregunta 28: Ata que punto está vostede de acordo ou en desacordo? Interpretación

• Entre todas as cuestións formuladas ós enquisados, en tódalas categorías prevalece a alimentación propia e a da familia sobre calquera outro concepto referido ós produtos ecolóxicos (un 87% están moi de acordo). • O resto de conceptos que máis se repetiron como “moi de acordo” en máis dun 50%: – – – – – – – – –

Intento evitar as comidas preparadas Prefiro consumir produtos locais, cultivados cerca de onde vivo. Acostumo comprar algún produto de comercio xusto Reciclo todo o que podo e reutilizo todo o posible Non todo o que se di que é ecolóxico é ecolóxico Invisto máis na miña saúde que no meu aspecto Coñezo a diferencia entre un produto ecolóxico e un produto natural, san ou da horta Estaría disposto a vivir con menos Leo as etiquetas dos produtos con coidado para saber os seus ingredientes, elaboración, contidos, calorías, etc. Adoito comprometerme cos problemas do meu entorno e adoito colaborar niso

• Estas respostas determinan cómo se autodefinen os consumidores de produtos ecolóxicos. Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

63


C SÍNTESE Resumo

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

64


Síntese Os adxectivos ou propiedades que transmiten unha imaxe máis positiva dun alimento O pan, o peixe, a carne, para o consumidor galego froitas e hortalizas, produtos están relacionados coa de compra máis habitual en calidade do mesmo tendas especializadas, Para máis do 85,15% dos tenden á baixa, para consumidores o criterio venderse a través doutras principal para mercar un superficies comerciais. alimento é a súa calidade, seguido de cerca polo seu prezo. A compra nas tendas especializadas, á baixa

Os alimentos ecolóxicos, cada vez máis e mellor coñecidos

Con respecto ó ano 2010, o coñecemento dos alimentos ecolóxicos aumentou en máis dun 10%. Na súa maioría coñecéronos a través da televisión, prensa ou por familiares e amigos. Aumentou tamén o recoñecemento como Con respecto ó ano 2010 produtos certificados, os que afianzouse a idea de que a o 53,5% lles conceden calidade máis positiva que transmite un alimento é a de bastante confianza, aínda que case o 80% dos ser caseiro (43,46%), do consumidores non definía país (38,95%), ou natural correctamente o logotipo. (32,54%).

65

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Resumo das conclusións Os alimentos ecolóxicos O consumo de alimentos non teñen pesticidas e son ecolóxicos aínda non é máis sans representativo en Galicia En torno ó 70% dos consumidores galegos definen os alimentos ecolóxicos como sans, sen aditivos e producidos sen pesticidas químicos, unhas apreciacións que creceron lixeiramente dende 2010.

O tipo de produtos máis consumidos

Son a froita, as verduras Máis do 70% dos frescas e lácteos en xeral, consumidores consumen seguido de carnes e outros alimentos ecolóxicos menos produtos a máis distancia. dunha vez o mes. Curiosamente ocorre o mesmo cos primeiros O motivo principal polo que produtos ecolóxicos non se consumen alimentos consumidos. ecolóxicos en Galicia ven dado polo prezo, segundo os consumidores son produtos moi caros e non poden permitirse mercar todos os produtos en ecolóxico.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

66


Resumo das conclusións Consumo moi recente Entorno ó 60% dos consumidores de alimentos ecolóxicos o levan facendo dende hai máis de tres anos, un valor que aumentou case un 20% con respecto o ano 2010, tempo no que os consumidores galegos aumentaron o gasto neste tipo de produtos, aínda que o cómputo total dentro da cesta da compra na maioría dos casos encóntrase entre o 10 e o 20%.

67

Os consumidores galegos están dispostos a aumentar o consumo se o prezo se reduce Máis dun 80% dos consumidores galegos están dispostos a aumentar o seu consumo, pero o condicionante principal que o impide segue a ser o prezo (máis que en 2010), así como o feito de non atopalos con facilidade.

Hipermercados, grandes superficies e tendas tradicionais, principais puntos de compra de alimentos ecolóxicos Os super e hipermercados representan case o 60% de preferencia para a compra, aínda que en detrimento con respecto ao 2010, xa que aumentou case un 10% a compra destes produtos nas tendas tradicionais de barrio.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


Resumo das conclusións Os principais alimentos consumidos: froitas, vexetais e derivados lácteos Con todo, case un 70% dos consumidores consideran escasa a variedade de alimentos ecolóxicos nos establecementos, sendo a carne, bebidas, froitas e vexetais dos alimentos con máis dificultade para atopar.

A orixe, principal criterio de compra

A saúde, principal motivación

Cando os consumidores compran produtos ecolóxicos, a orixe dos mesmos ten un gran peso (máis do 60%).

Máis do 35% dos que consumen habitualmente din facelo por motivos de saúde, so máis dun 5% teñen como principal razón o medio ambiente.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

68


Resumo das conclusións Peso das marcas As marcas brancas ou de distribuidor teñen un baixo peso (26%) con respecto a outras marcas (74%).

69

Pouca repercusión dos alimentos ecolóxicos na hostalería Máis do 70% da sociedade galega aínda non consumiu alimentos ecolóxicos en locais de hostalería.

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)


D ANEXO Presentación para o público

Barómetro de percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (2013)

70


Avda. Circunvalaci贸n, s/n 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Apdo. de correos 55 982 405 300 (tlf) 982 416 530 (fax)

craega@craega.es

FEADER Europa inviste no Rural

71

Bar贸metro de percepci贸n e consumo de alimentos ecol贸xicos en Galicia (2013)


Barómetro de Perceción e Consumo de Alimentos ecoloxicos en Galicia