Page 1


ÍNDICE: 1.SAÚDO DA DIRECCIÓN 2.INFANTIL LEVA O TEMÓN NAVEGANDO A SAN SIMÓN 3.O

CORO

“COMPARTIMOS AS NOSAS VOCES, MULTIPLICAMOS AS

VOSAS EMOCIÓNS” 4.UN MUNDO DE VAINILLA E CHOCOLATE 5.NOVAS RUTAS FESTEXA O SEU CAFÉ-CONCERTO ANUAL 6.PROXECTO AMAR O MAR 7.AS NOSAS GRULLAS CHEGARON AO SEU DESTINO: XAPÓN! 8.EXCURSIÓN DE INFANTIL NO DÍA DE MAÍN 9.EXCURSIÓN DE PRIMARIA NO DÍA DE MAÍN 10.EXCURSIÓN DA ESO NO DÍA DE MAÍN 11.EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º PRIMARIA - MANZANEDA 12.EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4º ESO 13.CLUB DE LECTURA 14.CONVIVENCIAS CRISTIÁS DOS RAPACES E RAPAZAS DA ESO 15.ENTREVISTA A “GELINES” 16.LIBRO DE VISITAS: - LEDICIA COSTAS - OBRADOIROS DE POESÍA IMPROVISADA: AS REGUEIFAS - CHARLA SOBRE AS DROGAS - CHARLAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA PRIMARIA - COÑECEMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO - APRENDENDO A CONVIVIR COA FUNDACIÓN AMIGÓ - VISITA DE X.H.RIVADULLA CORCÓN - TEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL!


SAÚDO DO E. DIRECTIVO O curso está a piques de rematar. O tempo, como dicimos moitas veces, ten menos consistencia que unha burbulla que se desvanece como pompa de xabón. Pero se botamos unha mirada atrás, temos a impresión de que foi onte cando iniciábamos o navío no noso barco Arroás* cos nosos macutos cheiños de ledicia, os nosos cadernos de bitácoras esperando acoller millares de ideas, propostas, rumbos a seguir acompañados polo vento de Don Bosco, a bandeira de María Auxiliadora ondeando no pau maior. O noso catalexo despregado, preparados para surcar novos mares con pistas que nos levaban de illa a illa seguindo un percorrido cara a primeira cruz vermella, a primeira meta a lograr que nos levou a conseguir un dos moitos tesouros que lograremos na nosa vida. Por agora navegantes, concluímos o curso escolar 2017-18. Un curso no que cada un dos tripulantes que forman o noso colexio, compartiu e multiplicouse. Non tedes a sensación de que, en efecto, as pequenas sementes que salpicamos na nosa travesía, día a día, con esforzo e ilusión, con cariño, tenacidade, ledicia compartida, coraxe e ata dor, transformáronse en froitos que todos levamos como agasallo, como don? Como equipo directivo invitámosvos a mergullar con agarimo nestas novas páxinas da nosa revista A Curuxa como escotilla aberta á vida, ó ano que conclúe, expresión do vivido en festas, obradoiros, celebracións, todo tipo de actividades nas que nos embarcamos neste curso. *(Nome do barco onde se encadra a historia do libro Mar Adiante de María Victoria Moreno- premio Letras galegas 2018)

“Educar es lo mismo que poner motor a una barca… Hay que medir, pesar, equilibrar… …y poner todo en marcha…” (G. Celaya)


INFANTIL LEVA O TEMÓN NAVEGANDO A SAN SIMÓN

Igual có Capitán Nemo, a etapa de Infantil tomamos rumbo á Illa de San Simón e ao Museo Meirande. A primeira parada foi no Museo. Alí a guía explicounos a historia da batalla de Rande. Vimos maquetas de galeóns, cadros sobre o combate, o camarote do Capitán… pero o que máis nos gustou, foi ver os canóns dos barcos a tamaño real. Logo de quedar marabillados co Museo, seguimos a nosa travesía á Illa de San Simón. Unha das monitoras ensinounos a capela en

honor ao

Santo para a continuación seguir de ruta ata chegar á escultura do Capitán Nemo mergullado na auga. Xa para rematar a excursión, saboreamos pasmamos cos golfiños saltando no mar.

un tesouro de chocolate e


O CORO COMPARTIMOS AS NOSAS VOCES, MULTIPLICAMOS AS VOSAS EMOCIÓNS “Acto no cal un individuo comparte a súa voz para uso dos seus compañeiros e gozo persoal e de terceiros”. Así definen, aqueles que entenden, o canto coral. E con iso nos quedamos, con compartir. Compartir momentos, experiencias e emocións, e mostralas a todo aquel que desexe escoitarnos. Este tan só é un punto de partida para nós, pero con moita ilusión podemos anunciar a formación do “Coro Don Bosco”, no que quince rapaces e rapazas poñemos todo o noso empeño en facer música. E así o facemos en cada ensaio, empregando o noso tempo libre en formarnos, en facer equipo e en acadar a nosas metas persoais co maior éxito posible. Polo pronto xa estreamos parte do noso traballo nas festas e celebracións do cole. Cada reto é un camiño cheo de novidades que desexamos percorrer e esperamos que estes sexan os primeiros pasos, nalgúns momentos con dúbidas, dunha travesía sen fin, na que poidamos expresarnos coa única linguaxe universal: a música.


UN MUNDO DE VAINILLA E CHOCOLATE Existe un mundo no colexio Don Bosco máxico e especial. Un lugar xeometricamente perfecto, formado por sesenta e catro cadrados de vainilla e chocolate e habitado por trinta e dúas personaxes moi especiais. O alumnado do noso centro ten o privilexio de coñecer e poder mergullarse neste apaixoante e interesante mundo dentro das clases e desenvolver as súas competencias básicas xogando e divertíndose sempre que queiran. As nosas nenas e nenos exercitan a diario o seu órgano máis importante, o seu cerebro, xa que cada paso que dan neste incrible mundo supón un reto e un desafío intelectual. Activan os dous hemisferios do cerebro de maneira inconsciente, mellorando a súa creatividade e orixinalidade, concentración, a capacidade de resolución de problemas, planificación de accións e mellora na toma de decisión, entre moitas outras cousas. Pero sobre todo, este máxico lugar os motiva e entusiasma a través do xogo para interactuar cos seus compañeiros e compañeiras e tentar superar novas adversidades que xorden cada vez que avanzan nos cadrados de vainilla e chocolate. Este ano, os alumnos e alumnas de terceiro de Primaria foron invitados a participar no “Open Chess”, onde varios centros educativos da nosa cidade reuníronse para xogar ao xadrez. Nesta xuntanza os nosos rapaces tiveron a oportunidade de demostrar todo o aprendido ata a data mediante partidas rápidas contra outros rapaces e rapazas. Pasárono xenial e están ansiosos por que chegue a próxima invitación.


NOVAS RUTAS FESTEXA O SEU CAFÉ CONCERTO ANUAL As rapazas do grupo de Novas Rutas estiveron moi volcadas este ano na preparación do Café-Concerto anual. A invitación estendeuse a familiares, profesores, amigos e compañeiros, e membros da comunidade educativa que quixeran asistir.

Pasámolo en grande! Foi unha tarde chea de risas, actuacións e bailes que fixeron as delicias de maiores e non tan maiores. As rapazas ensináronnos que son un gran equipo,

xa que todas participaron na organización das

coreografías e vestiarios. O primeiro de todo foi o teatro, seguidos de dous bailes grupais cheos de piruetas, pasos, e algunha que outra risa. En definitiva, pasámolo en grande!


PROXECTO AMAR O MAR INFANTIL Este proxecto xurdiu pola conmemoración do 150 aniversario da chegada do Nautilus a Vigo. Dende o comezo do proxecto as profes de infantil pretendemos revivir todas aquelas historias relacionadas coa batalla de Rande, os tesouros, San Simón… Fixemos diferentes actividades e obradoiros… A motivación do proxecto comezou co Entroido. Fixéronse disfraces de Nautilus, Buzos e Illa de San Simón… O día 6 de abril fomos en barco ao Museo Meirande e á Illa de San Simón !!!!! Os nenos e nenas disfrutaron moito da viaxe, da recreación da batalla de Rande e dun paseo pola Illa. Ata vimos saltar golfiños!!!

PRIMARIA E ESO Na escola Don Bosco traballamos ao longo deste ano nun proxecto pedagóxico multidisciplinar relacionado co mar. O título “Amar o mar” vén dado pola importancia que este elemento ten na cidade de Vigo e a súa contorna engadindo que este ano cúmprense os 150 anos da “chegada” do Nautilus a Vigo. O proxecto engloba todas as áreas do saber e pretende achegar ao alumnado ao mundo mariño en todos os aspectos: económicos, sociais e culturais. Tratamos tanto a pesca e o marisqueo como o mundo submarino e a literatura.


Ademais de facer especial fincapé no coidado das nosas costas e a investigación das especies mariñas. O alumnado de 4º ESO investigou e comparou os peixes, o marisco e artes de pesca de Galicia e a Bretaña Francesa Os piratas estiveron tamén polas nosas costas e por isto, xunto con James, o auxiliar de conversa, o alumnado de ESO investigou e expuso as súas pescudas sobre os piratas e en especial o pirata de orixe británico Francis Drake, do cal se di que estivo na procura de tesouros na illa de S. Simón.

Coa lectura da obra de Verne

relacionamos a decoración da escola co mundo

mariño así como a produción artística na área de “Arts” (Plástica). Realizamos visitas

ao porto, a Illa de San Simón

e outras institucións que teñen que ver

co proxecto. A idea é seguir innovando nas nosas aulas. Con ese obxectivo, pero aproveitando tamén as boas prácticas do pasado neste campo, fixemos este proxecto cercano á cidade de Vigo, coa inclusión das “Intelixencias Múltiples” e das Competencias. Traballamos usando rutinas de pensamento e actividades cooperativas


AS NOSAS GRULLAS CHEGARON AO SEU DESTINO: XAPÓN! Existe en Xapón a bonita tradición de que, se se fan 1.000 grullas de origami, os kami ou deuses concederannos un desexo. E esta tradición popularizouse grazas a unha nena, Sadako Sasaki. Esta rapaza tiña tan só 2 anos cando explotou a bomba de Hiroshima. Debido á radiación diagnosticóuselle leucemia en 1955 e foi hospitalizada. No hospital foi onde outro enfermo faloulle desta tradición e ela decidiu facer estas mil grullas para pedirlle aos kami a súa recuperación. Con todo, a pesar de completar as mil grullas e a continuar facendo máis, Sadako morreu en outubro de 1955. En Hiroshima construíuse o Parque Conmemorativo da Paz, de máis de 122.000 metros cadrados, está dedicado ao legado de Hiroshima como a primeira cidade en sufrir un ataque nuclear e á memoria de todas as vítimas da bomba. Nel podemos atopar “O Monumento á Paz dos Nenos” o cal é un dos monumentos máis visitados da cidade, neste caso porque lembra a triste historia da nena Sadako Sasaki. Cada ano, e provintes de todo o mundo, recíbense miles de grullas de origami neste monumento, sobre todo nos días ao redor do aniversario da bomba atómica.

Para iso,

existen

ao

redor

do

monumento unhas

estruturas que albergan estas miles de grullas de origami de todas as cores. Nelas podemos ler a inscrición 平和 ou heiwa, que significa “paz”. Os rapaces e rapazas de Primaria quixeron ser partícipes desta tradición e mandaron a súa mensaxe de paz a través dun bonito móbil nas que escribiron os seus nomes por cursos.

de grullas


EXCURSIÓN DE INFANTIL NO DÍA DE MAÍN Por fin chegou o día de María Mazzarello e na etapa de Infantil celebrámolo no parque de xogos INDIANA BILL. Ao

chegar quitamos os

zapatos,

escoitamos

monitores e corremos ás piscinas de bólas,

as indicacións

dos

ós bambáns…..

Fixemos dúas paradas para coller enerxía, unha para a merenda e outra para o almorzo pero o que queríamos era seguir xogando e xogando. Sen dúbida, foi un plan xenial para celebrar o día de M. Mazzarello e pasar un día formidable.


EXCURSIÓN DE PRIMARIA NO DÍA DE MAÍN O 11 de maio, como é costume no noso colexio, para celebrar o Día de Madre Mazzarello saímos de excursión. Este ano Primaria decantouse pola Illa de San Simón, xa que ía fenomenal co proxecto deste curso : “Amar o mar”. Traballamos sobre o mar todos os trimestres, sendo o noso libro de cabeceira “ 20.000 leguas de viaxe baixo os mares” de Jules Verne. Dende a illa e en dirección Cesantes hai unha escultura de Jules Verne e tamén se fai mención a el na illa.

A illa de San Simón a pesar de ser habitada desde tempos prehistóricos ata a ocupación romana da Península Ibérica, foi a Orde dos Templarios que rescatou do mapa, coa fundación dun mosteiro no século XII, que máis tarde tornouse a orde dos franciscanos. Séculos máis tarde, a illa pasou a mans de Isabel a Católica.

O famoso pirata e corsario Sir Francis Drake saqueou a illa de San Simón a finais do século XVI. Este foi, sen dúbida, un dos acontecementos históricos máis relevantes da illa. Ademais, a súa entrada foi a escena da Batalla Naval de Rande, unha historia de tesouros escondidos baixo as súas augas que marcaron a historia deste fantástico lugar.

Máis tarde, a illa foi esquecida ata que se fixo un lazareto, de 1842 a 1927. Era unha zona illada e remota da cidade en que eles poderían pasar períodos de 40 días en tempos de enfermidade contaxiosa como a lepra e o cólera.Xa durante a guerra, durante a Guerra Civil española, a illa de San Simón foi utilizada como campo de concentración para prisioneiros políticos. Entre 1936 e 1943 pasaron máis de 6.000 prisioneiros. Máis tarde, en 1955, converteuse no Fogar Méndez Núñez, un orfanato masculino para orfos de mariñeiros ou familias con poucos recursos.


Na súa última etapa, en memoria da memoria, a illa foi adaptada como un espazo protexido, coa rexeneración de xardíns e árbores. Tamén foi dotado dun centro cultural cun auditorio e biblioteca. Hoxe é coñecida como a Illa do Pensamento, un espazo onde a cultura é promovido coa intención de atraer pensadores de importancia internacional, celébranse conferencias e seminarios sobre ciencia e investigación, organízanse campamentos e concertos, como o famoso Concerto de Sin Sal, entre outros. Unha vez coñecida a historia da illa, pasear por ela y visitalo museo xantamos. Logo os nenos tiveron un tempiño de xogo libre para rematar cunha búsqueda do tesouro. Pasámolo xenial e aprendimos moreas de cousas sobre a illa.


EXCURSIÓN DA ESO NO DÍA DE MAÍN Cando estudas un pouco de vagar a nosa poesía, decátaste de

que

en Galicia, sobre todo no S.XIX, hai unha inmensa produción de poesía paisaxística. Un, así, sen contextualizar (estamos demasiado afeitos no cotián a ver paisaxes como o da Ría de Vigo e non nos decatamos) sorpréndelle un chisco esta afección, teima ou, nun momento dado, case obsesión, por este tipo de poesía. Agora ben, hai momentos da vida nos que pequenos detalles, pequenos acontecementos ou mesmo unha visita fainos entender polo miúdo o por qué das cousas. A nós este momento chegounos o día de Maín (que día tan acaído para depende que sensacións…). A excursión ás fervenzas da Barosa, no Concello de Barro, provocounos unha reacción estético-poética que deu para entender todo aquel lirismo que prendeu no S.XIX e tamén a principios do século pasado.

Se cadra, a síndrome de Sthendal (aquela que se bautizou así desde o momento en que o escritor francés co mesmo nome desmaiouse ante a imposibilidade de asimilar tanta fermosura xunta nunha cidade coma Firenze) non chegou a invadirnos, pero achegouse un algo dada a fermosura de todo aquilo que se presentaba perante nós.


Seguro que Maín estaría ben contenta de poder vivir unha experiencia así con nós e, de feito, é moi probable que, dalgún xeito estivese alí inspirando todas as boas sensacións que nos embargaron ao longo da xornada. Sendeirismo, algo de fútbol, compañía, amigos, felicidade… parécevos pouco para unha única xornada? En verdade, a excursión de Maín (que tivo como encomenda non deixar que nos chovera ao longo do día) quedará na nosa retina como un momento para compartir, para sermos felices, para sacar o máis fermoso de todos nós, que non se percibe polos ollos, pois está en cada un dos nosos corazóns.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º PRIMARIA MANZANEDA Os días 14, 15 e 16 de maio, as/os nenas/os de 6º curso de Primaria, realizamos a tradicional excursión á Estación de Montaña de Manzaneda, onde levamos a cabo distintas actividades deportivas e de lecer como

sendeirismo,

equitación,

piscina,

escalada,

multiaventura, velada de xogos, entre outras.

karts,

parque

de

Pasámolo moi ben, nunha

contorna natural inigualable, onde tivemos tempo de convivir fóra do ámbito escolar. Este ano, ademais da estancia e actividades na propia estación de montaña, levamos a cabo dúas visitas culturais, na viaxe de ida e de volta a Manzaneda. O primeiro día fomos a visitar o Mosteiro de Montederramo, alí levamos

a

cabo

un

percorrido

polos

seus

claustros,

igrexa

e

demais

dependecias nos que puidemos imaxinar como era a vida monacal naquela época. Na viaxe de volta, fixemos unha parada na vila medieval

de Castro

Caldelas para visitar o Castelo dos Condes de Lemos e realizamos un xogo de pistas para descubrir a historia que gardan aqueles grandes muros e torres de pedra. Pasamos uns días de convivencia cos nosos compañeiros e os profesores Patri e Javi, cos que puidemos compartir diferentes actividades deportivas, lúdicas, de lecer e tamén culturais, que serán difíciles de esquecer co paso do tempo. As/os nenas/os de 6º curso de primaria,


A NOSA EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4º ESO Antes de adentrarme nesta aventura non tiña moi claro o obxectivo das excursións, para min (e probablemente para meus compañeiros tamén) era unha viaxe máis, unha experiencia nova, sen máis... Agora que o penso, a verdade é que estaba moi equivocada. Falaríavos de Salamanca e as súas construcións que semellaban estar feitas de area dourada, tamén engadiría a mala experiencia da viaxe en bus (que ao final non foi tan mala), intentaría poñer en palabras o emocionados que estabamos e todos

os

sentimentos

tan

eufóricos

e

desbordantes

de

alegría

que

experimentamos. Non me esquecería da maxia envolvente de Segovia e as súas paisaxes verdes que se vían tan afastadas, a nosa visita ao zoo ou a expedición por Madrid, tampouco deixaríame o Museo do Prado e todas as obras de arte que este contía. Podería falarvos de todas estas grandes experiencias pero non o vou facer, porque foron tan marabillosas, que aínda que intente describilas non atoparía as palabras exactas. É por iso polo que comprendín o significado das excursións, están moi lonxe de ser unha simple viaxe ou unha simple vivencia, penso e defendo profundamente que serven para crear

recordos

felices

xunto

a

persoas

xeniais

e

máxicas

(os

meus

compañeiros). Faime tan feliz saber que dentro de dez anos poderei lembrar con tanta estima a nosa aventura por Madrid, que o sorriso non me cabe no rostro. Esta viaxe, mellor dito, a viaxe dos alumnos de 4º da ESO do Don Bosco, sempre quedará na nosa memoria.


CLUB DE LECTURA: Durante o mes de maio levouse a cabo no centro un club de lectura onde participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. Aproveitando a visita ao centro da autora Ledicia Costas, escolleuse unha das súas obras para traballar cos membros do devandito club. O libro escollido foi “A Señorita Bubble”. Os rapaces e rapazas quedaron abraiados, por un lado, coa imaxinación da autora e as boas descricións realizadas pola mesma (tanto dos personaxes, como da súa contorna); por outro lado, sorprendeulles a crítica que se fai da sociedade actual, na que a xente que “sae un pouco da normalidade e do común”, soe ser mal considerada, marxinada e calificada de “xente rara” (como é o caso da protagonista do conto, a Señorita Bubble). Os lectores e lectoras recordaban ata os máis mínimos detalles da historia, e así o demostraron a través da plataforma Plickers, coa cal se traballaron diferentes aspectos relacionados coa lectura a partir de diferentes preguntas sobre a mesma (demostrando todo o que sabían e aprenderon). A parte de traballar o libro en profundidade a través destas preguntas, tamén déuselle importancia a portada e ao título: antes de comenzala lectura, os alumnos tiveron que “imaxinar” e reflexionar sobre o que crían que ía a acontecer na historia, cómo sería esa Señorita que tiña un parche nun ollo, por qué ía así vestida...


Os “lectores” tamén fixeron un importante esforzo por poñerse no lugar dos personaxes, razoando sobre como actuarían eles se pasaran polas mesmas situacións que se presentan na historia. Por último, trataron de pensar un final alternativo á historia, onde ninguén tivese que fuxir da cidade e todos conseguiran vivir en harmonía. Non cabe dúbida de que o club foi unha moi boa experiencia para todos, pois o alumnado que participou mostrou moito interese e ganas, demostrando ser moi bos lectores. Quen sabe se no futuro serán eles os que visiten un colexio para falarlle aos alumnos sobre o seu libro...


Rematando outubro, gozamos cos alumnos da ESO de dous días de Convivencias Cristiás. Propoñiamos como obxectivos para estas dúas xornadas o que o nome indicaba: por un lado a CONVIVENCIA entre rapaces (para fomentar o sentido de pertenza ó colexio e á etapa) e entre rapaces e profesores: seguindo o camiño que nos amosou Don Bosco, dentro do Sistema Preventivo, un achegamento e acompañamento dos rapaces durante o tempo de lecer, que permita crear unha confianza, que vai servir para que o alumnado teña ó profesorado como adulto de referencia accesible, ó que poder acudir ante calquera problema, mellorando desta forma a “convivencia” no colexio. E por outro lado, o carácter CRISTIÁN, traballando os valores de Xesús, amosando que non se diferencian moito dos valores positivos polos que aposta tamén a sociedade laica. Na procura de crentes do século XXI e abandonando prexuízos derivados da impopularidade de ser adolescente e crente na sociedade de hoxe. Podemos dicir que as reflexións foron dunha enorme profundidade (desas que xamais conseguiriamos no contexto do colexio, pero si nun entorno totalmente distinto), e nos momentos de meditación-oración conseguiuse unha conexión moi rica.

Pero ademais de traballar, fixemos outras cousas: tivemos un “Xogo da Oca” con probas (os rapaces motiváronse tanto que todos gañaron chuches como premio!!!), un xogo nocturno (que case nos custa a voz a algúns da friaxe que ía...) e moitos momentos de relax, que algúns aproveitaron para xogar ó fútbol (como non), e outros para contar confidencias (non sabemos como tantas teñen...).


Estamos moi orgullosos de poder dicir que a convivencia foi todo un éxito, primeiro, porque acadamos sobradamente os obxectivos propostos; segundo, porque o ambiente foi estupendo os dous días que durou a convivencia: todos de moi bo humor, respectando escrupulosamente ás regras (incluso as máis “polémicas”: as referentes aos horarios de descanso, e ás restricións no uso do móbil, sen queixas nin malas caras); e terceiro (e para nós, máis importante), tanto os rapaces coma os maiores, gozamos moitísimo, e fabricamos un recordo máis de felicidade que levarnos do paso polo colexio Don Bosco.


ENTREVISTA A “GELINES” Cando unha persoa bota moitos anos nun posto de traballo, os que a rodeamos parécenos que non vai marchar nunca, case, case que forma parte da esencia mesma do colexio. Por iso cando este ano Angelines colgou a ferramenta de traballo e decidiu xubilarse provocou un oco en nós semellante ao que antes deixaran Encarna, María José e Milucha. Pareceunos boa idea falar un chisquiño con Angelines, sabedores tamén de que é boa conversadora, e isto foi o que nos contou.

1º- Cantos anos estiveches no colexio? Entrei en xaneiro do 72. Bota contas. 2º- Cales son as túas primeiras lembranzas? Lembro que non tiñamos luz, os obreiros andaban polo medio e nos atopábamos que nós limpábamos e viñan eles a emporcallar todo por cousa do seu traballo. Era a incomodidade dos inicios. Con dicirche que cociñábamos nunha cociniña de dous fogóns no que hoxe é o despacho de Sor Gauden… Máis tarde pasamos ao recinto de hoxe, pero inda seguíamos coa cociña pequeniña. A cousa non se normalizou ata que inauguraron as instalación. Foi un evento por todo o alto. Viñeron os xefazos da Caixa Vigo e o cóctel foi de moita categoría. Parece que inda o estou saboreando (risas). Eran os tempos nos que iamos uniformadas coa cofia alta. Consérvanse fotos. 3º- Poderías dicir cantos alcaldes e alcaldesas pasaron neste período por Vigo? Cando entrei estaba Portanet e desde aquela nin che conto a cantidade de alcaldes que pasaron… .


E o máis importante… cantas directoras? Tamén moitas. Pero delas si que me acordó, e con moito cariño. Mira: María de la Cabeza, Dolores Lozano, Dolores del Río, Ángeles Campelo, Ángeles Ruano, Sor Feli, Lola Núñez, Consuelo e xa, dende hai 13 anos Rosa Ripaldo 4º- Que é o que máis che impactou de traballar nun colexio salesiano? Non sabería dicirche. En realidade sinto que xa me criei nese ambiente. Comecei a ter contacto coas salesianas con trece ou catorce anos. O estilo ía en min. Sen forzar nada. O que si che podo dicir é que dende un principio as salesianas fomentaron a unión, a harmonía e a alegría entre nós. Eu non me inhibía. Se me apetecía cantar, cantaba. Fun tremendamente feliz. Quedei moi satisfeita co colexio. Pero non só polo trato laboral, senón que tamén polo trato persoal. Grazas a elas puiden conciliar con maior facilidade a miña profesión coa miña familia. Se eu tiña que traballar, as salesianas quedaban coa miña filla primeiro e co meu fillo despois. Eu non tiña avós nin ninguén en Vigo. En Vigo tíñaas a elas. Traballei moitísimo, pero había outras cousas que facían que compensase. 5º- Que cambios notaches do paso da guardería ao cole? Moitísimo. Deu un xiro de 180º. Comezando pola limpeza, trato coas compañeiras… por todo. Antes era máis harmónico. Os mellores recordos son da gardería. Lembro que todas poñíamos cartos todos os meses para ir de mariscada. Isto aconteceu ata que fomos casando…Tamén hai que dicir que houbo unha época na que tivemos que sindicarnos porque á Caixa sobrábanlle traballadores. Fixemos presión e as salesianas apoiáronnos en todo. As monxas estaban con nós.

6º- Que tal a vida de xubilada? Estase fenomenal. (risas).


A MAXIA DE LEDICIA COSTAS INUNDA O NOSO COLE O día 28 de maio tivemos a honra de poder contar coa visita de Ledicia Costas no noso centro. Ledicia é unha escritora viguesa (Viguesa Distinguida no ano 2018) autora de moitos libros entre os que destacan dous que limos este curso no noso colexio: “A Señorita Bubble” (5º e 6º Primaria) e “Jules Verne e a Vida Secreta das Mulleres Planta” (ESO).

Durante a súa charla co alumnado confesounos que a súa profesión de escritora débese a gran cantidade de libros que leu na súa infancia e ao seu avó. O seu avó era un home moi peculiar, o seu oficio era…….. pero ao que dedicaba máis tempo era a coleccionar cousas absurdas: "pegatinas" de kiwis, tubos de pasta de dentes e tiña unha teima cos balóns de fútbol. Cando caía algún na súa finca adoitaba pinchalos para desespero dos cativos. Por todo isto e mais, o seu avó está presente en case todos os seus libros, podería ser Philippot en “Jules Verne e a Vida Secreta das Mulleres Planta”. A súa rutina para escribir non ten plans, só precisa a súa biblioteca e moitas horas por diante durante as cales pensa, pensa, pensa..... pensa moito ata que saen as ideas, considérase moi disciplinada para escribir. À pregunta do alumnado acerca dos seus libros favoritos e fontes de inspiración respondeu que Tim Burton gústalle moito, ao igual que as obras de Philip Pullman, “A Historia Interminable” de Michael Ende, “La Chica con Pies de Cristal” de Ali Shaw e “Ensaio sobre a Cegueira” de J. Saramago. Da literatura galega destaca como fonte de inspiración o libro “Cartas de Inverno” do escritor Agustín Fdez Paz A maioría dos seus libros están ilustrados pero adoita elixir ilustradores de renome porque ela di que non sabe facer ilustración, entre os seus fieis están Andrés Meixide, Víctor Rivas.


A inspiración do libro “Jules Verne e a Vida Secreta das Mulleres Planta” viulle por dous lados, unha porque J. Verne estivo en Vigo e a segunda xurdiu un día mentres paseaba pola R. Policarpo Sanz e ocorréuselle a imaxe dunha rapaza que lle saían do cabelo partículas de pole, era cheirosa, e pertencía a unha estirpe de plantas. No libro non hai homes planta porque, tal e como ela nos comentou, xa hai moito saber ao redor dos homes e ela defende o papel das mulleres na sociedade. E nisto Violeta, protagonista da novela “Jules Verne e a Vida Secreta

das

Mulleres

Planta”

ten

unha

posición

importante: o seu legado é custodiar o secreto das mulleres planta e representar a estirpe das mulleres planta en Europa.

Con este libro o que Ledicia quixo transmitir foi: a historia de Vigo, historia do escritor J. Verne, e resaltar a figura das mulleres valentes. Un alumno preguntou en que se inspirou para imaxinar as Nepheas e sorprendeunos dicindo que fora o extraterrestre da película E.T., exactamente na escena na que Elliott e E. T. están ligados a través do xirasol murcho. O final do libro é moi aberto e non adoita gostar a todo o mundo pero a Ledicia pareceulle moi interesante deixalo inconcluso porque o que realmente quería contar era a vida de Melissa. Nun principio pensou en escribir a segunda parte para contar o que pasaba na fraga. Esta obra foi traducida a catro linguas: italiano, castelá, catalán, búlgaro, inglés e proximamente en coreano. En canto ao estado da literatura galega ela opina que hai luces e sombras, a literatura infantil creceu moito pero hai moi pouca traducción da literatura galega e pouco apoio da administración. Foi unha marabilla e unha gran sorte poder contar coa visita de Ledicia Costas: a maxia, a ilusión e os soños inundaron o noso cole.


Non é a primeira vez que se desenvolve no colexio esta actividade, mais as persoas que se van incorporando a ela recoñecen que saen abraiados do resultado. Non en balde, unha das reaccións común nestes casos é rir a cachón coas ocorrencias vernizadas de coplas sabiamente rimadas que os regueifeiros e regueifeiras do cole Don Bosco fan a cada pouco. Son dúas as sesións. A primeira é teórica e a segunda práctica. Pinto de Herbón e Luís O Caruncho fannos ver a posibilidade da musicalidade e do enxeño mesturadas en sesións de divertimento e axilidade mental. As coplas son octosílabas e riman os versos pares deixando libre os impares. As técnicas para regueifar están asociadas a este principio estrófico e tamén ao ritmo que se lle aplica á copla. Pouco e pouco, máis rápido do que todas e todos nun principio pensamos, van saíndo as regueifas. Tanto Pinto de Herbón como Luís O Caruncho dixeron que “somos buenos” e que enseguidiña nos puxemos en marcha dándolle “lume”, expresións que empregaban os regueifeiros oficiais e que a algunha alumna de 1º ESO lle gustaron tanto que aínda hoxe as emprega cada vez que ten oportunidade. Gardamos un recordo marabilloso, e non só pola composición de regueifas, senón que tamén polos datos etnográficos que nos deron sobre a súa orixe, relacionados coa repartición do pan nas vodas de tempos xa pretéritos. Despois das sesións viguesas, tanto Pinto como o Caruncho cruzan a ría e van ao coles d´O Morrazo cos seus obradoiros de poesía improvisada. Quen sabe, ao mellor co tempo podemos competir cos nosos veciños do outro lado da ría….


O alumnado de 3º ESO tivemos opción de achegármonos a un mundo non necesariamente coñecido por nós: o mundo das drogas. Evidentemente, referímonos a que nos achegamos dende unha perspectiva teórica, pois, a nosa idade, dificilmente teremos un coñecemento realmente profundo sobre a cuestión. É por iso que o colexio decidiu organizar unhas charlas sobre drogas para así loitar contra un mal endémico para este e outros asuntos: o descoñecemento.

Cremos que as sesións que se desenvolveron ao longo do mes de febreiro foron realmente frutíferas porque nos sacaron a venda dos ollos con respecto a moitos prexuízos ou lendas urbanas que hai sobre a cuestión. Foi moi curioso comprobar, a medida que ían avanzando as conferencias, que moitos nenos dicían que escoitaran algunha que outra cuestión sobre as drogas que, en realidade, non eran máis que falacias.

Debemos estar, daquela, moi atentos e atentas. Non é unha cuestión menor. A información, o coñecemento son ferramentas que nos axudaran no futuro a tomar as decisión correctas. Un primeiro paso neste proceso é a sorpresa que levamos moitos de nós perante información que non manexabamos, mais que está aí e afecta a moita xente que, infelizmente, se lanzou ao consumo de substancias non recomendables (sexan estas ilegais ou non). A aprobación social con respecto ao alcohol, poñemos por caso, e cada vez máis, cara o cannabis, non é escusa para dar por válido o consumo do que igualmente son drogas.

O colexio fixo moi ben en convidar a estes poñentes e, gustaríanos que este proxecto siga adiante ao longo dos cursos. Se nalgo debemos insistir é na nosa educación, e estes eventos son exemplos clarísimos do proceso educativo no que nos vemos mergullados e que, de seguro, terá consecuencias moi positivas para nós e para a sociedade.


Este curso os nenos e nenas de quinto de Primaria tivemos un encontro en forma de charlas sobre a violencia de xénero e o machismo. Explicáronnos ben as consecuencias legais que puidera e por qué se produce no noso mundo. O alumnado pensamos que estas charlas son moi interesantes xa que aprendemos de forma lúdica que é a violencia de xénero e como é un problema da xente e a sociedade na que vivimos.

Ás veces, incluso as propias mulleres non son conscientes de que problemas teñen. Debemos ser educados para non maltratar. Os maiores cren que o machismo é algo normal e algunhas mulleres sen sabelo séntense inferiores aos homes Hai homes machistas e moitas mulleres que tamén o son. Todos xuntos temos que erradicar este problema para ter un futuro mellor.


Durante este ano os nenos e nenas da ESO tivemos diferentes actividades relacionadas coa violencia de xénero, tanto charlas de contido xeral para explicar do qué trataba como outras máis específicas para explicarnos ben as consecuencias legais que puidera haber, e para isto, precisamente, tivemos una charla impartida polo Plan Director da Policía Nacional. A continuación mostramos a opinión dalgunhas nenas de 2º da ESO. Nós opinamos que nas charlas recibidas non nos terminan de dar toda a información ou incluso ”nos minten” . Por exemplo, nunca nos mencionan que si un menor fai unha denuncia por violencia doméstica, o primeiro que fan é mandalo a unha casa de acollida. De todos os xeitos, pensamos que estas charlas fan moito ben porque sen elas non chegamos a ser conscientes do que pode pasar no mundo e temos que saber distinguir os riscos e o que nos pode pasar para ir con coidado. obstante, pensamos tamén que este é un tema que

Non

non ten que concienciar

soamente ós menores, senón a toda a poboación xa que a solución non é ensinar ás nenas a saber defenderse, senón ós nenos , que deben de ser educados para non maltratar. De feito, as personas maiores teñen tan normalizado o machismo e a violencia que aínda hoxe en día moitas mulleres séntense inferiores aos homes. Con isto, queremos dicir que non só hai homes machistas, senón tamén mulleres e esta mentalidade debe de cambiar inmediatamente. Queda moito camiño por andar pero imos en boa dirección.


O colexio comezou dende o mes de xaneiro un proxecto integral de prevención de conflitos onde está a participar toda a Comunidade Educativa. Para dar continuidade a este proxecto contamos coa colaboración da FUNDACIÓN AMIGÓ que propoñen o proxecto “CONVIVIENDO VIGO”, O proxecto "Conviviendo" é un servizo gratuíto de intervención familiar para a resolución positiva dos conflitos entre os menores e as súas familias, que a Fundación Amigó desenvolve en diversas cidades (Madrid, A Coruña, Bilbo, Vigo...). O obxectivo principal desta iniciativa é a mellora da convivencia familiar, a través dunha intervención socioeducativa e psicolóxica que lles proporcione ás familias estratexias e habilidades para afrontar situacións conflitivas. Ademais da intervención, lévanse a cabo campañas de sensibilización e prevención nesta temática nos centros educativos, asociacións ou entidades que o soliciten de Vigo e a súa comarca.

No noso centro levaron a cabo obradoiros de sensibilización, emocións e autorregulación nos cursos: 4º, 5º, 6º de EP; e 1º, 2º, 3º e 4º ESO. Charlas de sensibilización às familias de Primaria e a ESO e profesorado.


É habitual que os profesores nos recomenden libros. Un dos obxectivos lóxicos dun ensino obrigatorio é acadar o hábito lector e para iso os profesores e alumnado afanámonos en conxunto para poder desenvolver con eficacia esta destreza do ser humano. Por iso, nos dixeron que tiñamos que ler un libriño moi concreto: Os

piratas da illa da Esperanza, a priori non nos pareceu nada estraño. É lóxico. Mais, nese proceso, entre o que nos comentaron dende as aulas e o que fomos pescudando nós, descubrimos que o seu autor era unha persoa especial. Para comezar é director e presentador dun programa da TVG chamado Ribeiras de

salitre. X.H.Rivadulla Corcón vai polos distintos portos da costa galega destapando historias verdadeiramente fermosas e entrañables para encher a sobremesa dos domingos das casas de toda Galicia. Temos que recoñecer que este tipo de cuestión fan agromar a curiosidade a calquera e, con tal información pareceunos máis interesante adentrarnos no libro. A lectura, xa o dicimos para quen queira seguir o consello, foi moi moi gozosa. Pero o que xa podemos considerar a guinda dunha torta verdadeiramente colosal é a a visita coa que nos obsequiou… o propio X.H. Rivadulla Corcón!!!


Pareceunos xenial. Todo compromiso. Cos nenos, coa lectura, con temas como o cancro infantil que encheu de solidariedade o noso corazón… A verdade é que se hai algo importante que nos pode achegar á lectura é ese remexer da nosa conciencia, da nosa sensibilidade que pouco e pouco, pensamos, nos fan mellores para encarar dun xeito adecuado a vida. Foi fantástico ler Os piratas da Illa da Esperanza, foi fantástico contar coa presenza de Rivadulla Corcón e máis fantástico vai ser continuar a nosa mocidade e vida adulta gozando das innúmeras posibilidades que nos dá unha actividade tan vizosa e produtiva como é a LECTURA.


Os alumnos de quinto e sexto recibimos encantados a visita da alumna da Eso australiana Molly. Falounos dos costumes da súa terra. É unha rapaza moi deportiva, encántalle os deportes de Australia e o mar. Mostrounos un vídeo que fixo ela sobre o seu país. Falounos dos costumes, a comida, a política, os deportes e da súa familia. Ensinounos fotos das súas viaxes e moitas fotos do seu país, é moi bonito. Comen algunhas cousas que non comemos aquí e falan cun acento inglés diferente que James. É moi simpática e moi boa facendo vídeos. Gracias Molly por achegarnos Australia a nosa escola! Have Fun!!!!


“Amor non é mirarse o un ao outro, escribe A. de Saint Exupéry, senón mirar os dous na mesma dirección". E non é cuestión de que na nosa comunidade educativa camiñemos todos na mesma

dirección, mirándonos con idénticos ollos. Hai moitos camiños,

moitos itinerarios, pero cunha meta común, é un carisma que nos une e nos lanza sempre mais alá. Di tamén M. L. Kim: “Aprendemos a voar coma os paxaros e a nadar coma os peixes, pero non aprendemos a sinxela arte de vivir xuntos como irmáns”. No Tui 2018 –e non é o único ano – diríamos que desminte esa percepción do noso amigo. É o froito dun ir facendo experiencia, no día a día, de que “SE COMPARTES, MULTIPLÍCASE”. Así foi como iniciamos a nosa Eucaristía, despois da ruta turística que nos fixo disfrutar de Tui City: pans e peixes, producto do traballo de todo este curso, sazonados co sal da graza e a alegría salesiana, co aceite necesario para facer a convivencia cada día mais cómoda para todos e todas. E por suposto coa auga que une todos os compoñentes, pois a nosa meta sempre é acabar o curso mais cohesionados, como familia salesiana.


Recoller este pan e compartilo foi o que nos levou o domingo 17 de xuño a ese rincón tan bonito que os Irmáns Maristas poñen cada ano a nosa disposición para unha entrañable convivencia: nenos e nenas –tamén bebés- e maiores, familias, profes, sores… desfrutamos desta xornada de convivencia como despedida do curso que enfornamos.

Os nenos e nenas desde o comezo co seu canto, déronnos a nota coa que deberíamos entonar o noso día de convivencia: estar alegres e….. conseguímolo!. Desfrutamos compartindo unhas pizzas, as olivas ou a tortilla de pataca. Moitos cun bo baño na piscina para sacudir a calor que subiu bastante ese día ! E outros moitos coas piraguas, Miño abaixo, grazas ao ánimo de Javi, que non se deixa nunca vencer polo cansazo. Disfrutamos todos do sol e a natureza, da compañía e a conversa, disfrutamos de estar xuntos como comunidade

educativa que é o mellor do colexio D. Bosco. Os nenos

expresábannolo ao final da Eucaristía: Grazas, Señor, porque non camiñei só. Grazas porque sentín a proximidade dos meus profesores e da miña familia. Grazas, Señor, pola túa presenza nas nosas vidas.


Profile for cprdonboscoprofes

Revista curuxa  

RESUMO DO CURSO 2017-18

Revista curuxa  

RESUMO DO CURSO 2017-18

Advertisement