Page 1

1


a curuxa REVISTA DO COLEXIO D. BOSCO Rúa Estrada, 5- 3609 Vigo Tlfn.: 986231149 http://centros.edu.xunta.es/cprdonbosco/ @SalesianasVigo

INDICE

25 ANOS E SEGUIMOS MEDRANDO, 4 TRABALLANDO EN COOPERATIVO, 6 A MAÑÁ QUE ALMORZAMOS NO COLEXIO OS NENOS DE 4º DE PRIMARIA, 7 AS EMOCIÓNS: CONCEPTOS INTANXIBLES?, 8 CELEBRANDO CON MÚSICA, 11 DÍA DA COMUNIDADE EDUCATIVA, 12 EL COLEGIO DE NUESTROS CORAZONES, 13 EXCURSIÓN DE PRIMARIA ÁS ILLAS CÍES, 15 GALECCIÓN, UN QUINTO CULTURAL., 17 LLEGÓ EL DÍA, 18 MANS QUE SALVAN VIDAS, 18 NOVAS RUTAS, 22 O PADRIÑO LECTOR (ALUMN@S DE SEXTO), 23 LEMBRAMOS O 180 ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO, 24 FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN EI, 25 ORLAS, 26 FACENDO MEMORIA, 28 ÁLBUM DE FAMILIA, 30

2


ADRO Outro ano máis, sae a Revista A Curuxa. Un clásico xa do noso cole e das publicacións locais relacionadas coa barriada de Coia. A través dos artigos que van presentando profresores, alumnos e demais membros da comunidade educativa imos facendo un percorrido sucinto do que foi o curso escolar. E a verdade é que dá vertixe. Cando botas a ollada cara atrás decátaste que ao longo destes meses foron moitas as vivencias, proxectos e situación que fomos desenvolvendo e experimentando. É bonito cando chega a nós a revista e lembramos todo o comentado, mais tamén cremos, é aínda máis bonito percibir a perspectiva de todos os números que foron saíndo ao longo destes anos que comparativamente, dan unha idea de como fomos evolucionando. Esta inclinación a fixar a atención ao pasado, á traxectoria cobra todo o sentido cando vemos que neste curso escolar celebramos o 25 aniversario da conversión en colexio de Primaria, máis tarde a chegada da ESO. Non é cuestión de poñérmonos morriñentos e desbotamos aquel dito de “calquera tempo pasado foi mellor”,; pois ao que nos move esta retrospectiva é a encarar o futuro con máis pulo, enerxía e ilusión. Xa sabedes: “Medra a vida” e con ela, a experiencia. Desexamos ferventemente que gocedes desta nosa humilde e ao tempo moi dinámica revista A Curuxa porque nela está presente, verquimos toda a ilusión para facermos, co noso graniño de área, deste mundo un lugar mellor.

3


25 ANOS E SEGUIMOS MEDRANDO

O sábado día 22 de abril tivo lugar a gran festa 25 aniversario do CPR Plurilingüe Don Bosco (Salesianas). A xornada tivo como eixo central facer memoria agradecida a estes 25 anos como escola de E. Infantil e Primaria e a súa continuidade como escola de E. Secundaria. Iniciamos os actos cunha Eucaristia na que participou toda a comunidade educativa nas diferentes lecturas, ofrendas, cantos etc. Unha das ofrendas máis simbólicas foi un arbusto de camelia e a cápsula do tempo con lembranzas de todos os cursos. Ao rematar a Eucaristia, plantouse a camelia no xardin que hai diante do centro, querendo así simbolizar que a vida crece, florece e permanece. Posteriormente, todos os convidados e convidadas degustaron un aperitivo que serviu tamén de tempo de convivencia, reencontro, intercambio de impresións, lembranzas, experiencias.... Isto tivo a súa continuidade no acto seguinte: unha mesa redonda con persoas representativas da gran familia salesiana. A moderadora foi a xornalista e antiga alumna Diana Amores, ela presentou a cada un dos membros da mesa e deu a palabra a cada un deles. Estaban presentes as dúas primeiras directoras do centro: Sor Felicidad Ruano (Feli) como representante do inicio da etapa de E. Primaria e Sor Dolores Núñez (Lola) como continuadora do proxecto e impulsora da etapa de E. Secundaria.

4


As dúas comentaron como foi o proceso burocrático coa Administración Educativa, o gran apoio ofrecido polas familias do alumnado e a dedicación do profesorado. Tamén relataron as súas lembranzas con gran emotividade e cariño Emilia Estévez (Milucha) no seu labor atendendo o comedor do colexioGuillermo Romero, como un dos primeiros representantes da ANPA; Xosé Ramón Alonso, membro e iniciador do Centro Xuvenil, expuxo o significado e peso que ten na súa vida o feito de ser monitor de tempo libre nun centro salesiano; Joaquin Vilar (profesor do centro) relatou os seus inicios e o paso destes anos mentres que Francisco Nores, antigo alumno, nos entretivo con anécdotas que fixeron lembrar moitos bonitos momentos vividos no centro e fixo presente a algún membro da comunidade educativa que xa non está connosco. A seguir, houbo dúas actuacións de danza, unha acrobática a cargo de dúas alumnas de educación primaria, cuxa entrenadora é unha antiga alumna, e outra de danza moderna, presentada por un grupo de alumnas de ESO. E por último, o cantante e antigo alumno do centro Juan José Rodal deleitounos coa súa magnífica voz ao interpretar dúas cancións que serviron para pechar estes actos repletos de emoción e alegría.

5


TRABALLANDO EN COOPERATIVO

Para acadar o traballo cooperativo o grupo clase ten que deixar de ser unha simple «colectividade» (unha simple suma de individuos) que, no mellor dos casos, comparten só o mesmo espazo e, no peor, están divididos e con moitas tensións entre eles, e ha de pasar a ser unha pequena «comunidade». Empeza a selo no momento en que os que o forman interésanse uns por outros; danse de conta de que hai un obxectivo que os une –aprender os contidos escolares– e que conseguen este obxectivo máis fácilmente si se axudan uns a outros. Nun aula transformada nunha pequena «comunidade de aprendizaxe», a aprendizaxe cooperativa é o uso didáctico de equipos reducidos de alumnos (o número oscila entre 3 e 5) para aproveitar ao máximo a interacción entre eles co fin de maximizar a aprendizaxe de todos. Os membros dun equipo de aprendizaxe cooperativa teñen unha dobre responsabilidade: aprender o que o profesor lles ensina e contribuír a que o aprendan tamén os seus compañeiros de equipo.

Un grupo cooperativo

6


A MAÑÁ QUE ALMORZAMOS NO COLEXIO OS NENOS DE 4º DE PRIMARIA Unha mañá do segundo trimestre, tivemos a oportunidade de almorzar no colexio, con motivo da campaña “ALMORZO SAUDABLE”. Primeiro tivemos unha parte teórica, na que nos amosaron a importancia dun almorzo equilibrado, para o desenvolvemento e funcionamento do noso día a día e os nutrintes que deben formar o mesmo. Como xa estudaramos en Ciencias Naturais, un bo almorzo debe estar composto por os tres nutrintes máis importantes: construtores, enerxéticos e reguladores. Despois fomos ao comedor a poñer en práctica o aprendido. Tivemos a oportunidade de degustar un amplo e variado almorzono que non faltaba ningún dos nutrintes dos que falaramos antes na aula. Como nos explicaran previamente, os nenos e as nenas da nosa idade teñen un gasto enerxético moi grande, por iso é tan importante un almorzo completo, variado e equilibrado. Tivemos a oportunidade de degustar unha ampla variedade dos principais compoñentes: -

-

-

Construtores, tiñamos o leite e os seus derivados máis importates, coma iogures e varios tipos de queixo. Todos eles imprescindibles para construír e formar o noso corpo, grazas ó aporte das proteínas que conteñen. Enerxéticos, puidemos tomar unha grande variedade de pans, cereais, froitos secos e aceite. Tan necesarios para cargar o noso corpo de enerxía e superar con forza a dura xornada escolar. Reguladores, tiñamos diante de nós, froita moi variada, zumes e tomates, dos que demos conta xunto co pan. Estes alimentos apórtannos vitaminas e minerais, imprescindibles para o noso corpo.

O importante é que ademais de almorzar, aprendemos a importancia que ten a primeira comida do día, o almorzo, que ten que ser completo, variado e equilibrado.

7


AS EMOCIÓNS: CONCEPTOS INTANXIBLES?

Pensaron algunha vez atopar unha forma gráfica de explicarlle as emocións os nenos? Seguro que, se están lendo este artigo, si. Temos moitos recursos que nos poden axudar: no fantástico libro de Anna Llenas O monstro de cores, que narra a lea en que se atopa un monstro ao ter todas as súas emocións desordenadas ; a espectácular película de Pixar ”Del revés” mundialmente coñecida, auténtica obra de arte na que se reflicte como funcionan as emocións na nosa mente; a extensa bibliografía de Begoña Ibarrola na que se encontra unha infinidade de estratexias e relatos para transmitir calquera emoción a adultos e pequenos; en Cuentos para educar con inteligencia emocional de Clara Peñalver, nos que non só se relatan contos senón que se explica como facelos para que a lóxica e a emoción poidan ser un equipo etc. Todos estes recursos son moi valiosos, sen dúbida, pero máis potente aínda que todos eles é facer sentirlle ao alumnado cada unha das súas emocións e que recoñezan as do resto. Este concepto que non se pode tocar nin ver, ten unha forma eficaz de se interiorizar, de se facer palpable: sentilo e regulalo. Con isto volvo á pregunta formulada ao comezo deste artigo enfocada doutra maneira: Temos nós como pais/nais ou profesorado unha forma gráfica de explicarnos a nós mesmos as emocións? Pode ser que sí. Seguramente moitos de nós temos traballado de forma consciente estas particularidades da esencia do ser humano ou, simplemente, pola experiencia ao longo da vida, vivímolas e incorporámolas á nosa forma de ser e actuar case sen darnos conta. Neste artigo imos presentar un recurso gráfico que facilita a interiorización das emocións, a visualización da súa autorregulación e o máis importante, ímolas vivir nas diferentes situacións de aprendizaxe que desenvolvamos co noso alumnado. Este é o bus das emocións.

8


Imaxinemos que cada un de nós no canto de corpo temos un bus, que o noso cerebro é o seu condutor e as emocións pasaxeiros que viaxan nel. Vaiamos un pouco máis aló. Imaxinen que vostedes están a conducir o seu bus e que se están dirixindo a un lugar concreto. Van con toda a seguridade e a tranquilidade. Saben cal é o camiño a seguir, o tráfico é fluído e van en tempo e hora. Todo vaticina que chegarán ao lugar que programaron tranquila e serenamente. De súpeto, unha das emocións, o medo, ponse á beira de cada un de vostedes, os choferes, e quere conducir o bus. Que o medo conduza o bus sería unha boa idea? Por que? Se a resposta é non, que farían con esa emoción? Baixaríana do bus ou mandarÍana sentar no seu sitio? Evidentemente, se o medo decide controlar o que queremos facer, moi probablemente non elixamos a decisión axeitada. O medo non nos permitiría pensar con claridade e serenidade e elixir a opción máis adecuada da situación que estamos a enfrontar no momento de facelo a non ser que se trate de atoparnos ante un león famento que vén cara a nós. Nese caso o medo sería unha emoción que provocaría que o noso cerebro primitivo mandase a orde de saír fuxindo e salvarnos a vida. Normalmente non nos atopamos leóns dos que fuxir, polo que as situacións de medo afrontámolas enfrontándonos a elas, dicíndolles que se coloquen no seu sitio do bus. Por suposto poden vir connosco, pero sentadas no seu sitio porque os que eliximos o camiño a seguir somos nós e non as nosas emocións. Nós autorregulámonos e non nos deixamos levar polas emocións. Esa é a resposta axeitada. As emocións non teñen que saír do bus cando non nos gustan ou nos incomodan, poden estar connosco pero sentadas no seu sitio. E é isto o que os nenos poden aprender como recurso gráfico para poder acudir a este cando se enfronten a momentos de angustia, raiba, euforia, tristeza etc. Como se pode traballar isto cos nenos e nenas? Facilmente. Primeiro, podemos conseguir un bus ou os nenos poden deseñar un, para si mesmos, para a casa ou cada equipo dentro da aula. Segundo, podemos presentar cada emoción que vaiamos tratar mediante a lectura dun conto, a visualización dunha imaxe ou a escoita activa dunha audición. Na presentación da emoción non se lle dirá aos nenos de cal se trata. En primeiro lugar sentirán empatizando co personaxe principal do conto presentado, co que lle evoque a imaxe vista ou coas sensacións transmitidas a través da música seleccionada.

9


Posteriormente xogarase a adiviñar que emoción hai agochada tras ese conto, imaxe ou canción. Os nenos e nenas por grupos poderán porse de acordo e dicir aquela que pensan que é. Unha vez recollidas as propostas de todos os grupos procederase a dicirlles aos nenos que pechen os ollos e presentarase a emoción no bus. Esta parte crea moitísima expectación e cando conseguen vela emociónanse enormemente. Agora o alumnado sabe que emoción se vai traballar e é neste momento no que podemos lanzar as preguntas que anteriormente lles fixen a vostedes como adultos: 1ª.- Que pasaría se o medo (neste caso) quixese conducir o bus? 2ª.- Que facemos co medo? Dicímoslle que se baixe do bus ou mandámolo sentar no seu sitio? Por que? Estas preguntas activan na mente do alumnado ideas sobre que acontece cando o medo se instala no noso corpo. Xa estamos a traballar de xeito subrepticio o coñecemento da emoción. Así mesmo, cando finalmente revelamos que a emoción que esteamos a tratar pode ir no bus e non é necesario botala, estamos a ensinarlle a opción da autorregulación ao noso alumnado: a emoción pode estar no bus pero nós somos quen ao conducimos e quen decidimos onde ir, esta terá que estar sentada no seu sitio e ir onde nós marquemos no noso percorrido. A partir de entón, na situación de aprendizaxe que se comece a abordar, traballaremos a emoción descuberta para facer que o alumnado a sinta e procure a maneira de autorregulala. Espero que co recurso presentado neste artigo se nos aclare a cuestión que expón o título: “As emocións: conceptos intanxibles?” Cada persoa pode facer a súa propia reflexión e sacar dela novas maneiras de converter as emocións en algo próximo para si mesmo e para o alumnado. A súa aprendizaxe e ensino é moi importante. Diso depende que cada individuo sexa dono de si mesmo e escolla as opcións máis idóneas en cada momento en beneficio propio e dos demais.

10


CELEBRANDO CON MÚSICA

Este ano como novidade no cole, un grupo de nenos e nenas comezaron unha preciosa aventura; formaron un grupo marabilloso chamado O Coro de Don Bosco. Este grupo de rapaces, por agora pequeno pero en aumento, reúnese na hora do recreo para preparar moitas cancións, tocar a guitarra e distintos instrumentos de percusión. Tiveron o súa primeira actuación no Festival de Nadal e durante o resto do curso foron os encargados de animar as celebracións coma a do 25º Aniversario ou María Auxiliadora botándolle ritmo e enchéndonos de alegría coas súas cancións. Traballando con moita ilusión imos consolidando o grupo preparando diversas cancións e presentando a posibilidade de ter algunha actuación fóra do noso centro.

11


DÍA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Este, abofé, foi un ano moi intenso en canto a celebracións. Lembremos: Don Bosco, 25 aniversario do cole, Día da Familia, María Mazzarello, María Auxiliadora e xa en xuño o Día da Comunidade Educativa. Cada unha destas datas implica unha organización, unha preparación e, polo que vimos, ese traballo arduo e tenaz transformouse nun gran éxito na respectivas convocatorias. O Día da Saída da Comunidade Educativa foi un pouco frouxo. Ademais das celebracións precedentes hai que engadir o feito de que este ano, non sabemos moi ben por que, coincidiu na fin de semana máis dura, en plena etapa de exames finais. Nin que dicir que se notou na asistencia, mais, os que fomos, mantivemos o espíto doutros anos, felices de xuntármonos nun evento que non fose o estritamente académico. Moito admiramos e agradecemos o esforzo do profe Javi. Non chegándolle con dirixir a andaina por ese Tui fermoso que tanto quere, pola tarde, organizou a saída en piraguas polo río Miño. Neste día, só con seguir a Javi tes o divertimento asegurado. Agora ben, os máis preguiceiros para o deporte tiveron oportunidade de ir á eucaristía, moi brillantemente dirixida, ante a ausencia de Sor Corona, pola profe María. Despois compartimos un xantar moi entretido e a guinda a puxo a posibilidade de bañarnos na piscina do colexio Marista. Estámoslle moi agradecidos. O alumnado do colexio Don Bosco asociamos este colexio con diversión. O ano que vén, con moita máis xente será aínda máis espectacular. Animádevos!

12


EL COLEGIO DE NUESTROS CORAZONES

Suena la alarma, me levanto, preparo el desayuno, se me cae la tostada por el lado de la mantequilla… y mientras hago un esfuerzo por recogerla derramo medio cola-cao… ¡Comenzamos bien el día! .Me paso media hora pensando en el mal día que llevo, veo el reloj, se me hace tarde. Cojo la mochila y me voy rápidamente. Saco la tarjeta del bus como si fuera una reliquia, el conductor hace el amago de arrancar, entro de un salto. Todos me miran y de repente todas sus miradas se fijan en la tele. Interrumpen las noticias para dar una de última hora: -“Se cierra el colegio Don Bosco- Salesianas de Vigo”. Del susto se me revuelve el cola-cao y el cuarto de tostada que me he tomado. Me quedo patidifusa, boquiabierta, poco después habíamos llegado al destino. Salgo del autobús como una exhalación. Compruebo las puertas y… ¡Estaban cerradas y precintadas con cuatro guardias en la puerta principal! Me acerco a uno de ellos, pero ralentizo el paso al ver su cara de malhumorado, le pregunto sobre lo sucedido; me mira con cara de repugnancia insinuando que no era asunto mío. Llamo a mi madre me apresura para que vaya a casa. Ya en casa, vuelven a interrumpir las noticias para explicar lo sucedido-“Se cierra el colegio Don Bosco debido a la compra del terreno de una empresa asiática para construir un gran bazar chino XL llamado “Pineapple Pen”. No sabía por qué lo iban a hacer, a lo mejor por su intención compulsiva por dominar el mundo pero… ¿Quién sabe? Al día siguiente difundí la noticia entre mis amigos, llegamos a un mutuo acuerdo: ¡CONVOCAR UNA HUELGA! A la mañana siguiente todos estábamos en el comienzo de la calle Estrada, después del aviso de la monja Pentapolina del Arre, empezamos a desfilar y manifestar nuestra opinión sobre el cierre del colegio. Tal y como se esperaba, pronto llegó la policía. Se pusieron todos en fila obstaculizándonos el paso con sus placas relucientes, cuanto más grande era su rango mayor era la placa. Nos empezaron a meter un poco de miedo, pero no fue suficiente. Nuestro interés por recuperar el colegio de nuestros amores no tenía fin. Tras unos días de reflexión, cincuenta pelis de aventuras, cien horas en el sofá, llegué a una conclusión: LA UNIÓN HACE LA FUERZA. Teníamos que reunir a todas las personas del cole.

13


Me pasé un fin de semana entero creando grupos de whatsapp y buscando los teléfonos de las monjas, la verdad es que llamarlas y contarles todo lo sucedido no era fácil ya que algunas no creían en conseguirlo, pero poco a poco las fui convenciendo. Mis padres eran ateos a mi plan, ya me estaban buscando un colegio para reanudar los estudios. Llegó el gran día, todos estábamos enfrente del colegio. Llegó el director de la multinacional asiática y después de muchos intentos le convencimos. Dijo: “Soy multimillonario, no necesito estas tierras, veo que este colegio significa mucho para vosotros. Durante estos días os he visto pelear y luchar por lo que más os importaba, y por eso os dejamos este colegio para que sigáis aprendiendo y dándolo todo” Se dio la vuelta y se llevó a las máquinas de demolición con él. Veinte años después de lo sucedido el colegio Don Bosco ha ampliado sus instalaciones creando una zona de guardería y el grado académico de bachillerato en el terreno donde antiguamente se situaba el circo. En esta breve historia os queremos demostrar lo importante que es este colegio para nosotros. Después de 25 años de historia este colegio sigue igual y no queremos que cambie. Disfrutar de este bonito día y el día de la familia, que en realidad todos nosotros somos una.

BY: Pablo Castro García, Clara Pereira Nodar y Tomás Calvar Fernández. 1º de la ESO curso 2016/17

14


EXCURSIÓN DE PRIMARIA ÁS ILLAS CÍES

A etapa de Primaria, para celebrar o día de María Mazzarello, e aproveitando que coincide co vintecinco aniversario do cole, decidimos buscar un lugar especial onde festexalo… e que mellor lugar que as paradisíacas Illas Cíes…? Tivemos que cambiar a data debido á climatoloxía e a verdade é que fixo un tempo perfecto, unha temperatura idónea para levar a cabo as diferentes andainas. A travesía en catamarán estivo amenizada polos monitores, que nos fixeron bailar a pequenos e maiores. Unha vez na illa de Monteagudo distribuímonos nos diferentes grupos e partimos cara ao camping para deixar alí as mochilas e poder facer as seguintes rotas: os nenos de primeiro e segundo fixeron unha rota pequena e os demais cursos foron ata a Illa do Príncipe. Xantamos, bañámonos, xogamos… O regreso foi a ritmo de diferentes coreografías que tiñan preparadas para nós os monitores. Quedámonos con moi bo sabor de boca. Repetiremos!!!!

15


3ยบ PRIMARIA

16


GALECCIÓN, UN QUINTO CULTURAL. PROXECTO DE COMPRENSIÓN, EP

Os proxectos de comprensión están baseados na metodoloxía innovadora da Universidade de Harvard que se artellan a través do Proxecto Zero, fundamentado no traballo das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner. A súa finalidade é facer que os alumnos leven a cabo unha diversidade de accións ou tarefas (desenvolvementos) que amosen que os alumnos entendan o tema proposto (tópico xenerativo) e ao mesmo tempo o amplie e sexa quen de asimilar o seu coñecemento e utilízalo noutras ocasións. Por todo isto, o noso colexio intenta levar a cabo proxectos de comprensión interdisciplinar que amosen aos nosos alumnos temas de relevancia na súa realidade cercana. O proxecto “Galección. Un quinto cultural” xorde coa idea de acercar Galicia os nosos nenos. Durante o mes de febreiro o alumnado de 1º e 5º de Educación Primaria, xunto cos seus profesores, realizamos este proxecto no cal afondamos na nosa cultura compartindo actividades e experiencias onde pequenos e maiores puideron sentirse realizados nas súas tarefas, gozando e aprendendo á vez. “Ir xuntos é comezar, manterse xuntos é progresar, traballar xuntos é triunfar.”

17


LLEGÓ EL DÍA

Llegó el día, 19 de junio del 2017, hace 2 años cuando empezamos a caminar juntos parecía que tardaría en llegar…pero ya está aquí y como es obvio, este día no se volverá a repetir en el calendario…por eso y como todos los días del año y de todos los años tenemos que vivirlo intensamente y buscando la felicidad y el éxito…el nuestro y el de los demás. Cuando estudiaba magisterio teníamos que definir qué es la educación y hubo compañeros que rellenaron folios…yo escogí una frase de PauloFreire : “la educación permite al hombre ser sujeto y no un objeto”… creo que eso es mucho… porque los objetos fueron creados, inventados para ser usados y las personas para ser amadas y uno de los problemas del ayer y de hoy es que lo entendemos al revés: amamos los objetos y usamos a las personas… De ahí que traté, más que enseñaros matemáticas ( que también) enseñaros a pensar. Esa asignatura tan difícil de llevar a la práctica pero tan valiosa que os permitirá no ser manipulados y ser vosotros mismos…auténticos, irrepetibles, exclusivos… dueños de vuestras vidas. Y hablando de las matemáticas recordaréis el problema de fracciones sobre cuánto pasaba un señor de 75 años dormido si lo hacemos 8 horas, es decir, un tercio de nuestra vida…el resultado os sorprendió verdad: 25 años, casi nada…por eso permitirme un consejo: soñad hasta de día, soñar las 24 horas del día y de la noche …

MANS QUE SALVAN VIDAS

“Cando se é novo, un cre que é invencible, e en xeral é verdade que as enfermidades máis mortais prodúcense de moi pequenos ou xa logo dos 40”. Pero a realidade é outra, tres titulares actuais indican que en España existe unha porcentaxe elevada de mortes por paradas cardiorrespiratorias: En España prodúcense 30.000 mortes por paradas cardiorrespiratorias cada ano. 18


A morte súbita: cóbrase a vida dun mozo español menor de 25 anos cada 4 días. A morte súbita do lactante en España, estímase que se dan 100 casos ao ano. Con isto en mente, no noso cole consideramos capital remangarnos e “poñernos ao choio”. Facer do noso centro un lugar seguro é unha tarefa que nos preocupa e nos ocupa. Para isto deseñamos un programa de formación en primeiros auxilios onde o eixo central foi a Reanimación Cardio Pulmonar. Levámolo a cabo co alumnado de Secundaria, co profesorado e organizamos un obradoiro para as familias levado a cabo polos mozos e mozas xa formados. Consideramos que a xente nova son axentes excepcionais de transformación dos adultos. Cando aprenden algo novo na escola, coméntano, e o amplifican na familia. A Reanimación Cardio Pulmonar (RCP) non se atopa fóra disto, e a súa aprendizaxe impacta neles, tal como sucede con outros ensinos. Así mesmo, cando se introduce un tema como a RCP na escola, despois é moito máis doado de adestrar e ir incrementando progresivamente o nivel de coñecemento no estado adulto. A proposta nace das inquedanzas do departamento de Educación Física, a iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o proxecto RCP na aula proposto pola Xunta e Urxencias Sanitarias 061. Tras un proceso de formación do profesorado responsable, impartimos unha unidade didáctica en 3º e 4º ESO. Os obxectivos principais eran dotalos das ferramentas axeitadas para: -

Dar resposta dunha maneira satisfactoria a calquera incidencia coa que se puideran atopar.

-

Activar, de maneira inmediata, a cadea de supervivencia

-

Adestralos nos protocolos de actuación recomendados.

Os contidos básicos que foron postos en práctica son os seguintes: -

Pautas xerais de actuación (PAS)

-

A cadea de supervivencia

-

Valoración inicial do paciente

-

Reanimación Cardiopulmonar Adultos, nenos e lactantes

-

Obstrución da vía aérea (Manobra de Heimlich)

-

Manexo do Desfibrilador Semiautomático (DESA)

Fixeron prácticas con maniquís, aprenderon a pór e usar o desfibrilador de adestramento, resolveron diferentes supostos prácticos nos que foron os protagonistas, fixeron e gravaron simulacros de emerxencias e prepararon un tríptico no que recolleron a información máis relevante para o obradoiro coas 19


familias. Algúns deles foron formadores durante o curso do profesorado en primeiros auxilios. E outro grupo preparou con moito esmero e ilusión o obradoiro para facer coas familias.

Foi todo un éxito xa que verse no rol de profesor empodera ao alumnado e faise plenamente consciente dos logros acadados. Ademais faino participar activamente no proceso de ensinanza-aprendizaxe, atopando e dotando de significatividade o que está aprendendo.

20


21


NOVAS RUTAS

Este ano o grupo de Novas Rutas fixemos varias convivencias nas que coñecimos a moitos nenos e nenas coma nós, grupos doutras cidades que teñen as mesmas inquedanzas e cos que compartimos moi bos momentos. Entre as saídas que fixemos recordamos con especial agarimo a nosa convivencia cos nenose nenas do colexio de Caldas de Reís, que nos acolleron e nos fixeron sentir parte do seu grupo. Moitas grazas! Alí digamos, coñecimos xente nova e novos lugares, pero sobretodo puidemos achegarnos un pouco mais á vida de Don Bosco e Madre Mazzarello. Grazas de todo corazón por deixarnos forma parte desta gran familia que é Novas Rutas!

22


O PADRIÑO LECTOR (ALUMN@S DE SEXTO)

Neste último trimestre fixemos unha actividade na que todos aprendemos moito. Chámase o padriño lector, os rapaces e rapazas de 6º fomos á clase de infantil, en cinco anos, a ler un libro con eles. Pasámolo moi ben, foi un bo divertimento o estar cos máis cativos. A actividade rematou cun debuxo que cada un/unha tiña que facer sobre o conto ou historia que acababa de escoitar. A verdade é que todos o fixeron moi ben e estiveron moi atentos, algúns dos debuxos sonauténticas obras de arte… As dúas clases interactuamos moi ben, por unha xornada fixemos de Mestres. Xa sabemos que a lectura é a mellor aventura, e certamente así foi, alí tivemos a sorte de comprobalo. Agardamos repetilo nos vindeiros anos.

23


Lembramos o 180º Aniversario de Rosalía de Castro

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria dende a materia de Lingua Galega rendéronlle unha homenaxe a Rosalía de Castro polo seu 180º aniversario. E qué mellor forma que reinterpretar unha das súas obras máis famosas Adiós ríos, adiós fontes, pero dun xeito diferente.... empregando pictogramas para así chegar a toda diversidade que hai no centro. Primeiro o alumnado afondou na vida de Rosalía de Castro,decatándose como as súas obras son un fiel reflexo dos seus sentimentos por estar lonxe da súa terra, Galicia, e neste caso, no poema Adiós ríos, adiós fontes. Para que os rapaces e rapazas do centro coñecesen un chisquiño máis a figura de Rosalía, cada equipo da clase encargouse de “converter” os versos de cada estrofa en pictogramas coa axuda de dúas ferramentas interactivas: o Pictotraductor e Arasaac. E por outra banda, plasmar os bocexos de pictogramas en papel e enchelos de cor.

Unha vez rematado o traballo foi exposto no corredor de Primaria e Infantil para que os compañeiros e compañeiras da escola puideran gozar do seu traballo. Parabéns Rosalía!!

Laura Mateos Alonso

24


FESTEXANDO O DIA DAS LETRAS GALEGAS NA ETAPA DE INFANTIL Esta ano, os nenos e nenas de infantil tivemos unha celebración moi especial para o día das Letras Galegas. Un grupiño de pais e nais fixéronnos unha representación de tres contos en galego : “Orellas de Bolboreta”, “Que fai falta ??” e “A Galiña Azul”. Este último, do autor homenaxeado nesta edición, Carlos Casares. Pasámolo en grande, cantamos, bailamos e rimos a cachón.

25


GRADUACIÓNS 2017 Parabéns!

26


27


FACENDO MEMORIA

FACHADA POR RÚA SALVATERRA

FACHADA POR RÚA ESTRADA

28


NA PISCINA NA AULA

NA AULA

PATIO EXTERIOR

29


ÁLBUM DE FAMILIA

30


31


32


33


34


35


36


37


38


39


40


41

Profile for cprdonboscoprofes

Revista a curuxa 17  

Revista a curuxa 17  

Advertisement