Page 1

Revista do centro

Andaina Fala

Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino

Anónimo

Curso 2016-2017

Este curso FOMOS... CÓMICS!!

SOMOS……. O Mar gaña as eleccións!

Índice

Rematou o curso e toca despedir a temática do cómic. Os maiores da etapa de primaria traballaron nos novos proxectos que máis poderían interesar. Xa nos últimos días de colexio e despois de rematada a tarefa de investigación, chegaron a estes tres temas, que foron entre os que tivemos que votar antes de marchar de vacacións: Culturas do Mundo, As Artes e o Mar. Feita a votación, por certo, bastante igualada, finalmente gañou“O Mar”.

Andaina,2 A Coruña,6 Galicia,7 Nacional,9 Internacional,10 Cultura,11 Deportes,13 Cine e TV, 15 Pasatempos,16

Redacción: Alex A., Sofía, Breixo, Gonzalo, Alicia, Samuel, Mar, Elsa, Ángel, Marcos C., Martín, Roi, Clara, Manuel, Inés, Noa, Pedro, Marcos L., Iago, Alex M., Brais, Luís, Adrián, Pablo, Antía, Marcela e Marta. Publicidade: Raul, Miguel e Xulia.


Andaina

Monólogos cómicos en Lingua Galega

Por: Elsa, Pedro e Antía.

Como xa é habitual dende hai uns cursos, aló polo mes de decembro; o alumnado de ESO de Andaina preparou os seus monólogos cómicos. Este ano a temática para os de 1º e 2º era: Xa non son un neno/unha nena ou O móbil: vicio ou necesidade. Para a os de 3º e 4º os temas a escoller eran entre Pois bórrote do meu Facebook/Instagram/Twiter ou Somos diferentes ou somos iguais? O certame celebrouse no teatro Rosalía de Castro e acudiron os compañeiros de: 1º ESO con dous grupos: Miguel Pujalte, Mar Brea e Brais Otero e outro grupo integrado por: Marcela Vázquez, Elsa Cabezas e Clara Cobas. 2º ESO con Mencia Fernández, Diego Vázquez e Morgan Rojas. 3º ESO, os habituais e por terceiro ano consecutivo gañadores da categoría B: David Gago e Juan Vázquez. Parabéns a todos por participar e aos gañadores polo seu novo premio. O que todos comentan é que o pasaron moi ben e que sen dúbida repetirán. Ánimo monologuistas!

Tíralle da Lingua O “Tíralle da lingua” é un concurso de relato oral que se celebra no mes de abril no Teatro Principal de Santiago. O seu obxectivo é o de potenciar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias. Os encargados de representar ao centro son sempre os compañeiros de 2 ESO, neste caso foron Mencía Fernández, Ariadna Díaz, Pablo Cachaza e Marta Martínez os alumnos que realizaron os relatos.

2


Andaina

Festa de Nadal Foi a primeira festa deste curso, que como sempre vivimos con moita ilusión: remata o primeiro trimestre, chegan as vacacións, os agasallos... Os alumnos de Infantil, moi nerviosos, agardaban impacientes a chegada do Apalpador, ese mítico carboeiro que dende a montaña luguesa vén visitarnos cada ano por estas datas para deixar, antigamente castañas; e na actualidade algúns agasallos aos nenos e nenas. Ademais desta visita, as tradicionais panxoliñas e os doces de Nadal completaron a festa dos máis pequenos do cole. A festa de primaria estivo presentada por Claudia e Isaac, dous alumnos de 6º que ían dando paso ás diferentes actuacións das aulas: a panxoliña en inglés, a frauta, bailes e un conto “Salvadores do Nadal” co que rimos moito. Para finalezar os compañeiros de teatro, déronnos unha sorpresa. A Ciencia na rúa é un evento que se celebra dende 1996 co obxectivo de animar aos máis pequenos a facer ciencia e a divertirse con ela. Os centros son os principais participantes e aí está Andaina, para participar como sempre!

Día da Ciencia na rúa

Este curso presentamos uns cantos proxectos como o de ver microorganismos que viven na charca do noso patio, o péndulo, separación de osíxeno e hidróxeno, exposición de aves... Outras actividades que alí fixemos foi a de pintura de graffitis e avións de papel. Este acto celebrouse o sábado 6 de maio dende as 9 da mañá do ata as 7 da tarde e resultou un día moi divertido. Si, si, puidemos ver moi preto, na biblioteca do noso centro, algunhas das obras de Andy Warhol e prestadas por unas horas polo Centro de Arte Atlántica. Entre elas, algunhas das máis coñecidas como o retrato de Mick Jagger e a lata da sopa Campbell´s.

Andy Warhol en Andaina!

3


Andaina

Entroido Infantil Preparados, listos xaaa... As aulas, van entrando de forma ordenada, como sempre. Os pais van disfrazados igual que os nenos e todo relacionado coa temática do centro, como sempre. Este curso... María presenta a festa, isto é novo! Recibimos a visita dunha escritora que nos conta como escribe os seus contos e poemas. Empezan os rapaces de 5 anos B cantado unha canción, as nais tamén fan unha representación. A aula de 5 anos A canta a canción “A nosa heroína, María Pita” acompañados dunha violinista. A aula de 4º A “ Cántame, cántame cousas de plantas” acompañados dunha coreografía, os nenos de 4 anos B cantan unha canción acompañados dun pai violinista e cunha pequena coreografía e os máis pequenos, de 3 anos, cántannos unha canción acompañados de todos os pais. Cantos artistas temos en Andaina!

Andaina deseña e constrúe o espazo exterior As etapas de Infantil e Primaria nas sesións do Proxecto Arquitectura Participativa remodelan as zonas de xogo.

4

Entroido Primaria A clase de GARFIL (4º primaria) son os encargados da presentación da festa. Intercalan entre cada actuación unha rolda de chistes. O alumnado de MARCOPOLA (2º primaria) e ONE PIECE fan unha obra conxunta na que rematan cantando un rap feito por eles. Deseguido a aula de primeiro recitan en modo de poesía as características de HILDA. A aula de MAFALDA fan unha curtametraxe sobre os cómics no que os protagonistas son eles mesmos! Entra a clase de terceiro cun baile sobre a vida de TINTÍN que fixeron coa axuda de Rocío, a nosa “profe marchosa” de Educación Física. Para rematar e antes de degustar os doces de Entroido, os pais e nais da ANPA cantan unha canción que trata do colexio, igual que a de infantil.

Obradoiro de Cómic A ANPA patrocinou dentro das actividades do proxecto SOMOS, un obradoiro de cómic para os alumnos da ESO.


Internacional Andaina

A ESO en Asturias e Madrid Realizamos as saídas da etapa no mes de marzo, este curso antes das vacacións de Semana Santa. A saída de 1º e 2º foi a Asturias, concretamente instalámonos en Cangas de Onís e dende alí desprazámonos aos diferentes lugares para a realización das actividades: multiaventura, visitas aos lagos de Covadonga, descenso do Sella en canoa, visita ás Cuevas del Pando, ao Museo do Jurásico e rematamos o último día parando na cidade de Oviedo. Os compañeiros de 3º e 4º foron a Manjirón, na Serra do Guadarrama, en Madrid. Esta saída fíxose este curso por vez primeira; e polo que nos contaron os compañeiros, gustou moitísimo. Coma nós, fixeron: multiaventura, rutas pola serra e… nevando! Tamén visitaron Madrid e Segovia. Como nos gustan estas saídas!

Letras Galegas 2017. Obradoiros O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística de Andaina puxo en marcha no mes de maio, dous obradoiros co obxectivo de normalizar o uso do galego no centro e ademais homenaxear ao escritor Carlos Casares. As actividades consistían en xogar cos personaxes do conto A galiña azul e a realización de marcapáxinas. Foron todo un éxito e case todos e todas temos fotos coa galiña azul ou con outros personaxes do conto. 5


A Coruña

A praza de María Pita

Por: Samuel, Iago e Marta.

Quen era María Pita? María Mayor Fernández de Cámara Pita (Sigrás,1565 a 1643), coñecida como María Pita, foi unha heroína da defensa de A Coruña de 1589 contra a armada Británica. O 3 de maio de 1589 as tropas inglesas chegan A Coruña ao mando de Francis Drake. Os ingleses abriron a muralla e comezaron a asaltar a cidade vella matando ao mozo de María Pita; ela moi enfadada colleu a bandeira de Inglaterra e matou ao irmán do xefe dos ingleses. Na Coruña recordan a vida desa heroína, no solar que se levantou no século XVI, unha vivenda do mozo de María Pita. Na praza que leva o seu nome hai unha estatua feita por Xosé Castiñeiras que mide 9,31 e pesa 30 toneladas.

Historia da praza A praza foi proxectada polo arquitecto Juan de Ciórraga en 1877 tras o derrubamento da muralla co fin de resolver o paso da cidade vella á Pescadería. Antigamente recibiu o nome de Praza de Alesón, liberdade e derribo. A praza ten forma dun gran rectángulo de máis de 10.000 metros cadrados. Nunha das súas frontes atópase o Palacio do Concello, rodeado nas outras tres partes por edificios con galerías, típicas da arquitectura galega. No centro, a estatua de María Pita da que xa falamos anteriormente. Baixo os soportais dos edificios hai locais de hostalería, principalmente. Na parte exterior dos soportais existen unhas terrazas pechadas e acristaladas que utilizan estes locais.

Avenida Alfonso Molina Quen non sufriu algún atasco nesta avenida? O 15 de setembro de 1957 foi inaugurada a Avenida de Alfonso Molina, tres día despois produciuse o primeiro accidente e un home foi atropelado por un carro tirado por mulas. Ese día non houbo atascos; pero dende os anos 60, con cada accidente, partido de fútbol e acto multitudinario, repetiranse sen excepción. Sabedes que hai semanas onde se producen de tres a catro xornadas con caravanas quilométricas? A avenida pasou por diversas ampliacións pero o tráfico de vehículos sempre desborda a capacidade aportada por esa melloras. Dende finais do 90, estaban previstas obras de ampliación, dúas décadas despois continuamos esperando, o último plan leva atrancado dende o 2013. Teremos que ser pacientes e continuar paseniño o camiño por esta avenida.

6


Galicia Por: Sofía, Inés e Ángel.

O Día da Ciencia en Galego Vivimos nunha sociedade na que todo ten o seu día de festa, aí van algunhas: festa da filloa, festa do salmón, festa do cocido, do marisco, do polbo... Na actualidade hai algo ao que debemos logrosO tan importantes como por exemplo que a nosa expectativa de vida se alargase notablemente, que podamos viaxar comodamente a diferentes lugares do mundo, que nos podamos comunicar cos demais en calquera momento e lugar, que poidamos ver en directo o que ocorre en calquera punto do planeta e... tantas cousas máis que configuran o que hoxe coñecemos como benestar social. De todo isto ten moita culpa ese sistema de coñecemento que se chama ciencia. O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal. A primeira edición do Día da Ciencia en galego celebrouse en 2010 con temáticas como as matemáticas, a muller na ciencia, a luz, os sensores... Adícase cada ano a dous científicos, un galego e un estranxeiro. Algúns ilustres intelectuais homenaxeados foron: Ramón María Aller, Isaac Díaz Pardo, Isidro Parga Pondal, Ramón Verea, Marie Curie, Leonardo da Vinci, Isaac Newton... No último ano, adicouse este día ao investigador químico Ignacio Ribas que centrou as súas investigacións na obtención de produtos naturais procedentes de plantas autóctonas e da cortiza, co obxectivo de identificar novas substancias e poñelas en valor. Este labor foi o que lle valeu o maior recoñecemento a nivel internacional e o que creou unha escola con numerosos discípulos en Santiago.

7


Galicia

O inverno que non é inverno Dende as doce do mediodía ata as cinco da tarde, Galicia chegou a valores extremos na súa temperatura nos primeiros meses do ano. Os meses de decembro e febreiro foron cálidos, mestras que o mes de xaneiro foi frío. As máximas superaron as alcanzadas no 2009 que tamén fora considerado un inverno cálido. Lourizán, unha localidade de Pontevedra, alcanzou o 22 de febreiro de 2017 un máximo de 23,2 graos un valor superior ao 2009 que foi de 21,8 graos e á temperatura do ano 2000 que foi de 20,1. Ao sur de esta franxa superaron os 20 graos e moitos rexistraron valores próximos aos 22 graos. Sobre as precipitacións, dicir que o inverno foi moi seco e a primavera tampouco mellorou as precipitacións. Decembro tivo os terceiros números máis baixos da historia, só por detrás dos meses de decembro de 1991 e 1988, aínda que febreiro foi húmido.

Veña ao noso restaurante!!!! Ultimamente perdemos visitas porque a xente dicía que a nosa comida non era sa; pero agora cambiámola por unha tenda de comida saudable. Temos ensaladas e mais alimentos sans, de esos que sabemos que vos gustan. VEÑA XA, POR FAVOR!!!!!!! ADAPTÁMOSLLE O MENÚ)

8


Nacional Por: Marcos C., Noa e Marcos L.

Cataluña quere a independencia? O independentismo catalán di que o pobo de Cataluña ten unha historia, cultura, lingua propia e pensa que non alcanzará a súa plenitude cultural, social e económica formando parte de España. Como ocorre noutros movementos independentistas de dentro e fóra de España, existen fortes debates entre quen o defende e que se opón a el. Tamén son frecuentes as confrontacións entre uns e outros partidos políticos. Argumentos a favor da independencia: 

Maior autogoberno: ao ter un goberno propio con soberanía plena, os cataláns terán máis capacidade para decisión sobre os asuntos propios do pobo catalán.

Cultura: a independencia permitiría preservar a cultura catalá, menosprezada, polos estados español e francés.

Economía e presuposto público: o estado catalán podería recadar a totalidade dos seus impostos e administralos segundo os seus criterios sen ter que aportar ao resto do estado español polo principio de solidariedade, polo que as comunidades máis ricas adican parte do que recadan a financiar comunidades máis pobres. Unha parte importante dos cataláns no se senten españois, e atoparíanse máis a gusto nunha Cataluña independente.

Argumentos en contra da independencia: 

Continuidade histórica: Cataluña é parte de España dende hai séculos, polo que a súa separación non ten xustificación histórica

Acción inconstitucional: de acordo coa Constitución de 1978, aprobada pola gran maioría dos españois (incluído un 90% dos cataláns), a decisión de que unha rexión se independice non corresponde aos habitantes desa rexión senón ao conxunto da cidadanía española. A secesión debilitaría e prexudicaría tanto a Cataluña como ao resto de España a diversos niveis: xeopolítico, económico, industrial, deportivo, cultural...

  

Coa independencia, Cataluña quedaría fóra da Unión Europea, perdendo poder económico. Maiores gastos: o novo Estado catalán tería que asumir a totalidade do custe de servizos como Facenda, diplomacia, defensa o seguridade entre outros, actualmente centralizados e financiados polo conxunto dos españois.

9 En breve, haberá un referéndum e veremos o que deciden os cataláns! Agora toca esperar.


Internacional Por: Clara, Alex M. e Marcela.

A Nasa descobre7 exoplanetas que poderían albergar vida. En febreiro, o mundo enteiro fíxose eco do descubrimento dun sistema solar no que a 40 anos luz se atopan sete planetas do tamaño da terra que orbitan ao redor dunha estrela anana ultrafría chamada TRAPPIST-1º. O máis extraordinario é que tres deles están en zona habitable, rexión na que se dan as condicións adecuadas para que exista auga líquida na súa superficie. Un dos obxectivos principais do telescopio espacial James Webb é precisar se un exoplaneta é apto de albergar algunha forma de vida. Para iso, empregarase a espectroscopia, un método que a través do análise da luz, permítenos identificar os compoñentes da atmosfera. Dende o centro de “Vuelo Espacial Goddard”, no que traballan no desenvolvemento do telescopio, apuntan que "aumentará moitísimo a información que temos sobre estes mundos", xa que grazas a el seremos quen de pescudar se as súas atmosferas conteñen auga, metano, osíxeno, CO ou CO2.

O novo presidente de EEUU: Donald Trump Donald Trump gaña as eleccións estadounidenses! As claves da súa vitoria foron Florida, Carolina del Norte, Wisconsin, Ohio e Pensilvania. O millonario sumou 289 delegados o que foron 19 máis dos necesarios para facerse coas chaves da Casa Blanca, fronte aos 218 de Hillary Clinton. Ademais os republicanos manteñen o control do Congreso e do Senado. Realmente Trump non gañou as eleccións, porque Hilary o superou en 220.000 votos; pero Trump gañou por estados. É dicir, gañou nos estados considerados máis importantes. As súas ideas na campaña eran claras:  Construír un muro que os separase dos mexicanos, a quen considera dunha clase inferior.  As torturas serán legais en todo o país.  Estará prohibida a entrada aos inmigrantes que non teñan papeis. Nestes momentos Trump é o home máis poderoso do mundo; en 2016 tiña ingresados 45.000 millóns. Tivo tres mulleres e varios fillos, dous coa primeira; unha filla con Ivanka e por último ten un fillo con Melania, a súa muller actual.

10


Cultura Por: Alex A. e Pablo

Letras Galegas 2017: Carlos Casares Carlos casares(1941-2002), naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941 e faleceu en Nigrán o 9 de marzo de 2002. Foi un escritor da lingua galega, crítico literario e político . Estudou en Santiago de Compostela onde entrou en contacto con representantes do galeguismo, foi director da editorial Galaxia e da revista Grial . Falando da súa familia, os seus pais eran Francisco Casares Dacal e Manuela Mouriño Pérez. Tiña dous irmáns, nunha familia de clase media. Con só tres anos mudouse a Xinzo de Limia onde seu pai era mestre e onde naceu o seu irmán pequeno Xavier en 1945. Ao acabar os seus estudos fixo a carreira de filosofía. En 1971, nun tren que se dirixía a Santiago de Compostela, coñece a Kristina Berg, unha rapaza sueca da que se namora e coa que casará ao pouco tempo.

Tamén escribiu algunhas obras para os máis pequenos como: A galiña azul O can Rin e o lobo Crispín As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Lolo anda en bicicleta

Carlos Casares escribiu moitas obras, entre elas: Vento ferido (1967) Cambio en tres (1969) Os escuros soños de Clío (1979) Ilustrísima (1980) Deus sentado nun sillón azul(1996) O sol do verán (2002)

CALVAS DE SILICONA Canso de ter unha longa melena, sendo vell@??? Non se preocupe, porque pode mercar aquí a súa calva de silicona! Pode elixir o deseño: toda calva ou pelo polos lados

11

!!

TENDA GÓTICA Ven xa á nosa tenda gótica!!! Temos de todo e é todo neeegrooo: maquillaxe, roupa, mobles…


Cultura

400 anos dende a morte de Cervantes Co gallo de conmemorar o IV centenario da morte de Miguel De Cervantes, o máis célebre escritor en lingua galega de todos os tempo; fixéronse no ano 2016 e principios do 2017 diferentes actividades entre as que destacan: visitas guiadas, actuacións musicais, conferencias académicas e exposicións, chegándose a presentar unha moeda conmemorativa ao escritor. Participou en moitas destas actividades a Real Academia Española (RAE) Pero... que sabemos de Miguel de Cervantes? Cervantes naceu en 1547 en Alcalá de Henares. Residiu en varias poboacións de España, probablemente pola profesión do seu pai, era cirurxián. Sábese pouco dos seu estudos, aínda que puido estudar en Valladolid, Córdoba e Sevilla. Saíu de España a causa dalgún problema coa xustiza, instalándose en Roma e participou na batalla de Lepanto en 1571. Cando regresaba a España, a nave na que viaxaba foi abordada por piratas turcos que o apresaron e venderon como escravo en Argel ata que a súa familia logrou pagar o rescate esixido polos raptores. En 1584 casou con Catalina Salazar e tras conseguir algo de cartos, viaxou a Madrid onde comezou a escribir a novela La Galatea que publicaría en 1585.

Posteriormente trasladouse a Sevilla e remataría no cárcere por un malentendido; parece ser que nese momento empeza a escribir El Quijote. O éxito deste libro foi inmediato, pero non o fixo saír da miseria, aínda que si publicar outras obras como Las novelas exemplares, El viaje del Parnaso e Comedias y entremeses. Meses antes da súa morte, enviou á imprenta o segundo tomo de El Quijote, quedando completa a obra. Finalmente morre o 22 de abril de 1616.

PIANOS A DOMICILIO Compra xa o teu piano a domicilio! Non tes que preocuparte do ascensor; nós, ocupámonos de todo. Podes elixir a cor e o tamaño; ata podes elixir se é eléctrico, de parede ou de cola!!

Deportes

12


Deportes Por: Breixo, Martín e Manuel.

O baloncesto O baloncesto é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor James Naismith, Consta de dous equipos, formados por cinco xogadores que deben pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador considere necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivote e pivote. O que dirixe o xogo é o base. Os xogadores poden camiñar na pista sempre que boten contra o chan a pelota a cada paso dado. Tamén é posíbel dar un pase, ou sexa, lanzar a pelota en dirección a un compañeiro de equipo. Cesta ou canastra é o nome dado comunmente ao tiro de facer a pelota pasar por ese aro; entón márcanse puntos: -

Dous puntos no caso do lanzamento entre a liña de fondo e a chamada liña dos 3 puntos.

-

Tres puntos se o lanzamento vén de fóra desa área.

-

E un punto cando o lanzamento viñer dun tiro libre.

O baloncesto é o deporte máis practicado en América no que a media de espectadores dun partido é de 84000. A NBA é a liga estadounidense de baloncesto profesional que conta cos xogadores de maior poder defensivo e de forza; mentres que a Euroliga que é a competición de clubs de baloncesto de Europa conta con xogadores máis cerebrais e técnicos.

13

En España, a nosa liga de baloncesto é a ACB Nesta competición levan participado setenta e cinco equipos diferentes, pero só tres permanecen na categoría dende a súa primeira edición baixo o nome de Liga nacional, trátase do Real Madrid, o Estudantes e o Joventut de Badalona. A comunidade autónoma que máis participantes aportou na historia da liga é Cataluña, seguida da Comunidade de Madrid, o País Vasco e Andalucía. Na nosa comunidade temos algún equipos que nos representan como o Obradoiro, o Básquet Coruña, o Breogán e Club Ourense Baloncesto. Tamén temos que destacar a selección española de baloncesto feminino que foi medalla de prata nos xogos olímpicos de Río de Janeiro no 2016. Hai unha variedade que é o baloncesto en cadeira de rodas para as persoas discapacitadas e tamén existe o O Mini Baloncesto que é a forma de disputa do deporte para nenos con menos de 12 anos.


Deportes

Coñecemos os deportes que practican os compañeiros Alex Montes: Alex Montes gañou en dous mil catorce o campionato de España.Tamén ten 15 medallas no campionato de Galicia e 6 medallas mais unha da copa de España. A súa proba favorita é bandeiras, na que sempre consegue quedar no primeiro ou segundo lugar.

Manu Fernández: O ano pasado Manu gañou tres probas do circuíto galego ; quedou campión galego sub-12 e quedou segundo empatado co primeiro en sub-14 no seu deporte que é o surf.

Martín Illich: Martín leva dende os catro anos facendo judo. No Campionato galego do anterior domingo quedou de quinto, gañando un combate e perdendo dous. Noutras probas como por exemplo o Migueliño, nos anos anteriores quedou sempre primeiro.

CREMA FACIAL Se estás farto deses grans que che estragan o día. Atrévete con esta crema sen ningún material que dane a túa cara. 14

GALLETAS PRINCESA Imaxino dar unha galleta princesa ao meu pai. Seguro que a abrirá e gozará das galletas princesa coma min e divertirémonos xuntos. Imaxina dar unha GALLETA PRINCESA!!!


Cine e TV

Cine e TV

Por: Gonzalo, Roi e Brais.

Para este xornal 2016-2017 fixemos unha enquisa aos alumnos e alumnas de 1º ESO sobre que películas orixinais viron no cine no 2016. Os resultados foron:

1º “Animales Fantásticos y dónde encontralos” Animales Fantásticos y dónde encontrarlos (Fantastic Beasts and Where to Find Them) é unha película baseada no libro de mesmo nome, escrito por J.K Rowling, unha muller británica coñecida principalmente pola saga Harry Potter, con sete entregas e oito adaptacións ao cine. Foi dirixida por David Yates, é o guión foi escrito pola mesma autora do libro, J.K Rowling, sendo o seu primeiro guión cinematográfico. Aínda que algúns din que é un adianto á saga de Harry Potter, J.K Rowling confirmou o contrario, que é unha historia no mesmo mundo máxico só que con personaxes distintos. Estreouse o 18 de novembro de 2016, en Estados Unidos. A súa primeira fase de produción iniciouse o 17 de agosto de 2015 nos Warner Bros. Studios en Leavesden, Inglaterra. O primeiro tráiler foi lanzado o 15 de decembro de 2015, e un segundo tráiler no 10 de abril de 2016, durante a gala de MTV Movie Awards. A primeiros, anunciouse que sería unha saga de tres películas, pero máis tarde J.K Rowling confirmou que serían cinco películas, sendo a segunda entrega o 16 de novembro de 2018 e a terceira o 20 de novembro de 2020. O formato en libro publicouse un día despois da estrea da película, o 19 de novembro de 2016.

2º “Zootrópolis” Zootrópolis (Zootopia) é unha película de animación e comedia-aventura producida por Walt Disney Studios e dirixida por Byron Howard e Rich Moore. A película trata sobre unha coella chamada Judy Hopps que soña desde pequena con ser policía. Aínda que sae da academia con grandes méritos, é relegada ao deber de estacionamento polo xefe Bogo, quen a menospreza. Despois de ser estafada por unha parella de raposos e abandonar o seu posto para arrestar a un criminal, o xefe Bogo despídea. Pero aínda así, Judy acepta un caso de desaparición, o cal é observado con boa vista pola presidenta. O xefe Bogo vese obrigado a volvela a contratar, pero cunha condición: se non resolve o caso en menos de corenta e oito horas, despídea de novo. A partires de aquí comeza a aventura de Judy e Nick Wilde, un dos raposos que a estafou.

3º Buscando a Dory Buscando a Dory (Finding Dory) é unha película de animación e comediadrámatica producida por Pixar e dirixida por Andrew Stanton. É a secuela da famosa película Buscando a Nemo (Finding Nemo), dirixida tamén por Andrew Stanton. As dúas películas foron distribuídas por Walt Disney Pictures. Estreouse o 16-6-2016. Buscando a Dory trata sobre Dory, un pez que fai un viaxe para reunirse cos seus pais. No camiño, captúrana e a levan a un acuario público en California, onde Marlin e Nemo (os protagonistas de Buscando a Nemo) tratarán de rescatala. 15


Pasatempos

Diferenzas

Por: Alicia, Mar e Luís.

Hai sete diferenzas que debes atopar. Ánimo!

SORTEAMOS UNHA CEA CO/COA ACTOR/ACTRIZ DE CINE QUE ELIXAS. NIN TE PREOCUPES POLO PAÍS NO QUE VIVA, XA NOS ENCARGAMOS NÓS DE TODO!!!! ;)

16


Pasatempos

Labirinto Resolve o seguinte labirinto dende o cadrado verde ata o vermello:

GOCE DUNHAS VACACIÓNS NA SÚA ILLA PRIVADA!!! O XORNAL ANDAINA SORTEA UNHAS VACACIÓNS PARA 8 AFORTUNADOS NA ‘ILLA PARAÍSO’. TERÁ MOITAS PERSOAS AO SEU SERVIZO, E NON SE TERÁ QUE PREOCUPAR POR NADA. CHAME PARA CONSEGUILO AO NUMERO DE ANDAINA: 3141592653589793238462643

17


Pasatempos

Sopa de letras Atopa os nomes das aulas de primaria. Poden estar en vertical, horizontal, ao revés e en diagonal.

R D W L O A

R S O A

C O P L

O P N G

P A I E

O S E F

L K N U

A S D O

W A P S

Y S O N

L A U Y P A S

Q V Q S N A I

P C U T U F L

A R F I E L D

L S I N T D A

P Z K T E A O

M I Ñ I H E N

B E E N J P I

A U B C F E C

M Y M R E R O

M A

F A M E E N H

Sacamos un novo coche da nosa serie. Ten exactamente o mesmo que o anterior, só que o guiador é dourado. Chamámolo Fail Gold. Necesítalo, ti xa o sabes!

18

Xornal 2017  
Xornal 2017  
Advertisement