Issuu on Google+

Revista do centro

Andaina Fala

Contáronmo e esquecino; vino e entendino; fíxeno e aprendino

Anónimo

curso 2012-2013

Índice Andaina, 2 A Coruña, 5 Cultura, 7 Galicia, 10

Este curso SOMOS...

OS DEPORTES. Esta é a temática na que todo o centro se implica durante o curso e que resulta, principalmente para os máis pequenos, moi significativa. Decidir os nomes das nosas aulas é algo importante, aquí os tedes: carreira de obstáculos, salto altura, lanzamento de xavelina, waterpolo, natación, baloncesto, hóckey, loita galega, taikwondo, parkour, salto base, skate e BTT. Que seremos o vindeiro curso?...

Nacional, 11 Internacional, 12 Deportes, 13 Pasatempos, 15 Cine e TV, 16

Redacción: Lupe, Matilda, Ana C., Ane, María, Carlos R., Nicolás, Sofía, Paula, Ana Q., Laura, Santi, Cris, Óscar, Samuel, Carlos F., Álvaro R., Sara e Marina. Publicidade: Santi Caeiro, Álvaro Castro e Sofía Villar.


Andaina Fala

Andaina Lupe, Matilda e Ana C.

Concurso de monólogos Este curso, ao igual que no anterior, Andaina tamén participou no concurso de monólogos que organiza o Concello da Coruña. Nesta ocasión estivemos representados por dous grupos do 1º ciclo de secundaria: Cristina Blázquez, Sofía Villar e Matilda Filgueira de 1º ESO. Ana Rascado Mencía Baños e Candela Souza de 2º ESO. Grazas pola vosa participación e entusiasmo.

O Apalpador volve a Andaina Outro ano máis o Apalpador volveu baixar das montañas do Caurel a visitar aos máis pequenos do colexio. O Apalpador subido no seu trono contoulles de onde viña e cal era o seu traballo. Os nenos déronlle as súas cartas e fixéronse fotos con el. Pero antes de chegar o Apalpador, tamén houbo panxoliñas e, como non!, a directora da orquestra… Carmen Colinas. Para rematar… uns doces de Nadal.

Reformas na sala de garda Os alumnos e alumnas de secundaria, contamos desde hai uns meses cunha sala de garda dedicada ao traballo individual daquel alumnado que non poda traballar na aula cos demais compañeiros e profesor correspondente da área. Din as malas linguas que nela hai que escribir moito, non aconsellamos o seu uso. Así que xa sabedes, a traballar na clase!

2


1 2

Andaina

Andaina Fala

Saída a La voz de Galicia Este ano os alumnos e alumnas de 1º da ESO, encargados da realización do xornal, visitamos o lugar onde se realiza La Voz de Galicia. Vimos a redacción, todas as máquinas e almacéns onde se gardan cantidades moi grandes de papel e tamén visitamos o plató de V Televisión. Para rematar, visitamos o museo da Voz onde había periódicos antiquísimos e máquinas que se utilizaban antes. Unha saída que nos gustou moito!

Festa de entroido Coma sempre, a gran festa! Neste ano, foi Sonia a que presentou os pequenos do centro. 1º de primaria fixo unha obra de teatro e os de 2º acompañáronos cunhas preciosas diapositivas. Ao rematar a obra apareceu Tito o galo, que quería aprender sobre os deportes de cada aula. Como agasallo, cada unha cantoulle unha canción sobre o seu deporte e amosoulle un vídeo sobre o seu adestramento. Despois de aprender o que era cada aula e saber en que consistía cada deporte, preguntoulles se querían que fose a súa mascota para as olimpíadas. Sonia, a presentadora, explicoulle a Tito que os nenos eran demasiado pequenos e que xa irían máis adiante. E coma sempre ao rematar non faltou a lupanda!

Loita galega Entrevistamos aos compañeiros da aula de 5º primaria, que nos deron información sobre a Loita galega. A que non sabiades nin que existía este deporte? Pregunta.- Que é? Resposta.- É un deporte que practicaban hai moitos anos os mariñeiros, parécese ao sumo pero provén de Galicia . P.- En que consiste? R,. Consiste en gañar puntos tirando

ao contrario dun circulo no chan, e dependendo de como el caia súmanse máis ou menos puntos. P.- Que vestimenta usan? R.- Levaban uns pantalóns remangados e unhas faixas e lóitase descalzo. Os homes loitaban sen camiseta e as mulleres e nenos e nenas pequenos con ela. P.- Hai competicións? R.- Habitualmente non, pero no Club Cambadela (que recuperou esta loita) fan algunhas competicións e exhibicións.

3


1 2

Andaina

Andaina Fala

Iria Grandal visita Andaina Iria Grandal veu visitar os máis pequenos de infantil. O acto comezou coa presentación de cada aula; Iria tamén se presentou xunto ao seu adestrador chamado Anxo. Os nenos e nenas fixéronlle algunhas preguntas como: Pregunta: Onde gardas os arcos e as frechas? Resposta: Nunha maleta. P: Canto pesa o arco? R: O que uso eu, pesa 2,5 quilos .

P: Gañaches medallas de ouro? R. Si, nos campionatos de España e Galicia. P: Cantas medallas tes? R: Máis de dez. P: Onde gardas as medallas? R: As máis importantes enmarcadas e as outras na casa. Logo de facerlle moitas preguntas Iria ensinoulles como era un arco e como eran as frechas.

Campaña proba unha lingua Co motivo da celebración das Letras Galegas 2013, o Equipo de Normalización Lingüística de Andaina, como vén sendo habitual nos últimos anos; puxo en marcha unha campaña co obxecto de coñecer as numerosas linguas que hai no mundo e tamén promover o uso do galego. O título da campaña foi Proba unha lingua e estaba dirixida a toda a comunidade educativa, que podía participar deixando unha palabra ou expresión moi breve en calquera lingua, coa correspondente tradución ao galego. Coas palabras recollidas, o alumnado das etapas de infantil e primaria, elaboraron galletas con sorpresa que degustaron todos, incluídas as familias, ao remate da xornada escolar. Xa o dicía o título da campaña Proba unha lingua… con moito gusto!!

Ciencia na rúa O pasado sábado, día 4 de maio, celebrouse o Día da Ciencia na Rúa, no parque de Santa Margarita. Andaina, como outros cursos, estivo presente con actividades como: o Ludión de Descartes, o vaso de Tántalo, a ponte de Pitágoras, efectos visuais, unha maqueta feita polos companheiros de 5º de primaria sobre unha cidade ecolóxica, uns microscopios para ver os microorganismos da nosa charca e a prensa hidráulica. Estivo moita xente na nosa “carpa”, principalmente no horario de mediodía. E... ata Martín, Ana e Rober, falaron na radio!

As monologuistas atacan de novo O día 25 de abril celebrouse en Santiago a edición XIII do “Tíralle da lingua”. Este concurso de relato oral pretende a promoción da lingua galega entre a xente nova. Ata Santiago foron os alumnos de 2º ESO, conseguindo o grupo formado por. Emma Fernández, Ana Sánchez e Ana Rascado o segundo premio.

Comisión, cámara e acción! A comisión está preparando unha curtametraxe, polo que nestas últimas semanas estiveron os actores e actrices coas probas de casting para distribuír os papeis;

4

foron moitos os alumnos que se presentaron! A proba consistía en ler un anaco dun texto da obra. Ánimo a todos!


1 2

A Coruña

Andaina Fala

Ane, María e Carlos R.

O Muncyt A sede coruñesa do MUNCYT, Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía, está situada no edificio Prisma de Cristal. A misión do MUNCYT consiste en contribuír a educación científica e tecnolóxica da sociedade española. Os obxetivos principais do museo é: contribuír a popularizar a ciencia e mellorar a educación científica da cidadanía. Realízanse conferencias, actividades lúdicocientíficas, obradoiros didácticos, e colabórase na formación do profesorado das ciencias, publícanse catálogos e obras da divulgación, entre outras iniciativas. O MUNCYT conserva obxetos entre instrumentos científicos, aparatos tecnolóxicos, vehículos de transporte, máquinas e ferramentas industriais. A maioría das pezas proceden dos colexios e centros de ensinanza secundaria, universidades e institucións científicas, coleccións particulares e doazóns. O programa de difusión do MUNCYT inclúe o deseño e produción de exposicións obxectuais, que perseguen o ben particular

da posta en valor do patrimonio científico e tecnolóxico que asesora, e outras exposicións de carácter conceptual, co compromiso xeral de difundir a ciencia, a tecnoloxía e fomentar a cultura científica entre a cidadanía. Na actualidade o museo conta con dúas sedes, o Prisma de Cristal (A Coruña) e o centro provisional, as Fiestras do MUNCYT.

A nosa torre Torre de Hércules: Faro romano dono de lendas lexendarias. Foi proclamada patrimonio da humanidade no 2009 pola UNESCO xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Zona Vella de Santiago. Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa e onde enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás persoas do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar onde enterrou a cabeza, mandou poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por debaixo dela, a caveira de Xeríon. 5


1 2

A Coruña

Andaina Fala

A Coruña será candidata a capital europea A Coruña será candidata a converterse en capital europea da xuventude do ano 2016. O que pretende o Concello con esta iniciativa é fomentar o traballo relacionado cos rapaces e rapazas da cidade. A candidatura conta co apoio da Xunta e da Deputación. O título de capital europea concédeo o European Youth Forum, organización internacional que agrupa a 95 países. Durante o período dun ano, brinda a

oportunidade de organizar diferentes actividades culturais, sociais e políticas relacionadas coa xuventude. De prosperar a iniciativa municipal, A Coruña converteríase na primeira cidade española en disfrutar do título. A primeira criba na carreira das cidades aspirantes será a comezos do mes de abril e, dela, sairán 5 candidatos finais. Ao final do ano, en novembro, coñecerase cal é a elixida.

Comidas típicas nesta cidade A Coruña é unha provincia de mar e nas súas comidas destaca o marisco e o peixe. Peixes e mariscos: O prato por excelencia é a ”caldeirada”que pode levar todo tipo de peixe e marisco, adóitase facer de pescada ou peixe sapo. Entre os peixes destacan as sardiñas que poden ser preparadas de moitas maneiras, sardiñas con cachelos, empanadas de xouba (un tipo de sardiñas pequenas). O prato estrela entre ós mariscos é o polbo (á galega, con allada...). Aínda que non podemos esquecernos de mencionar as centolas, os lagostinos, as nécoras... cos que se preparan as famosas ``MARISCADAS´´. Carnes: Podemos destacar as carnes de interior e de porco do que se aproveitan todas as súas partes que serven para preparar lacón, friame e tamén a moi popular empanada de raxo (Lomo de porco)´´. Verduras e froitas: A verdura mais popular é o pemento de Padrón que se adoita preparar asado con sal, tamén se cultiva o millo que se pode preparar asado, así como a pataca, uns dos ingredientes principais para á preparación do caldo galego. Repostería: O protagonismo de repostería lévao a Torta de Santiago, aínda que tamén cabe descartar as filloas e a torta de queixo.

6


1 2

Andaina Fala

Roberto Vidal Bolaño Precisáronse tres horas para que o plenario da Real Academia Galega acordase por maioría que o día das Letras Galegas do 2013 fose dedicado a Roberto Vidal Bolaño, aínda que ata setembro non se cumprirán os dez anos dende a súa morte. Roberto Vidal Bolaño naceu no barrio de Vista Alegre, un barrio de Santiago de Compostela. A infancia de Vidal Bolaño transcorre entre a escola e o cinema. De mozo cursa bacharelato por nocturno e combina os estudos co traballo. Primeiro emprégase de administrativo e logo de dependente. Deseguida conecta co mundo do teatro e no ano 1974 participa na fundación do novo proxecto teatral de Antroido Laudamuco, señor de ningures (1977), a esta peza séguena Ladaiñas pola morte do Meco, Memorias de mortos e ausentes e Xáxara. O autor é despedido do seu traballo como funcionario da banca en 1978 e este feito leva consigo a súa dedicación profesional e integral ao teatro. Co chamado teatro do Estaribel, levará a escena a obra Bailadela da morte ditosa, galardoado co Premio Abrente. A continuación seguenlle dúas obras de rúa, con carácter marcadamente infantil, son: Ruada das pepas e do unto e Touporroutou da lúa e do sol. O ano 1984 é un ano decisivo para a historia do teatro galego pois fúndase o Centro Dramático Galego. Nesta etapa estreará a obra Agasallo de sombras, escrita e dirixida por Roberto Vidal Bolaño, logo estrea a obra Caprice de dieux na que

Cultura Nicolás, Sofía, Paula e Ana Q.

arremete contra a clase política dominante e que lle vale unha etapa dun certo esquecemento. Serán anos nos que o autor se dedica á dobraxe na recentemente aparecida Televisión de Galicia e anos nos que raballará como actor en cine e televisión. Lembremos a súa actuación en 1989 na película de Chano Piñeiro Sempre Xonxa. No ano 2000 o CDG estrea A burla do galo, obra que supón unha versión galega de mito de Don Xoán. En 2001 escribe Mar revolto, obsérvanse xa os primeiros sinais da súa doenza, pero Roberto Vidal Bolaño non se retira dos escenarios, segue a representar algunhas das súas obras. A súa última obra é Integral. O 9 de setembro de 2002 ingresou no hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a causa do cancro de pulmón, doenza que padecía dende había dous anos; falece tres días máis tarde, o 11 de setembro. O seu corpo é velado no escenario do Salón Teatro de Santiago por desexo dos seus compañeiros de profesión. Sobre a tumba foron depositados o nariz de pallaso e o chapeu. 7


Andaina Fala

Entrevista: Xosé Xoán Cabanas Cao

Cultura Xosé Xoán Cabanas Cao Pioneiro na produción de cinema en galego e amigo de Roberto

Os alumnos de 6º EP, entrevistamos a Xosé Xoán Cabanas Cao por mor da celebración das Letras Galegas; el coñeceu a Roberto Vidal Bolaño e contounos deste autor moitas cousas interesantes que nos axudaron a coñecer un pouco máis o personaxe homenaxeado. Amosámosvos aquí algúns anacos da entrevista: Como e cando coñeceches a Roberto Vidal Bolaño? Pois estamos falando do 1984 en Compostela, a súa cidade. Eu entón traballaba na produtora de cine e televisión chamada Galaxia-CTV. Aquí foi cando comecei a tratalo con máis asiduidade, pois coñecíao de antes de cando Roberto estaba nunha anterior produtora de cinema chamada Equipo Lupa xunto con Euloxio Ruibal e Félix Casado, entre outros. Que foi o que máis te chamou a atención del nese primeiro momento? Era moi singular. O nariz de pallaso co que sae en moitas imaxes creo que era característico da súa personalidade. Aínda que non o tivese posto a min dábame a sensación de que sempre o levaba con el. Para moita xente podía parecer arisco, distante ou incómodo pero iso era unha apariencia externa, porque para os que tivemos a sorte de tratalo persoalmente era moi tenro. Destacaría tamén que era moi áxil de pensamento, moi intelixente e moi curioso. ¿En que momento da túa vida o trataches máis? Cando tivemos un trato máis continuado foi cando fixemos a película “Novo de Parmuíde” baseada nun relato dunha serie de contos de Álvaro Cunqueiro incluídos nos libros Os outros feirantes e Escola de menciñeiros. Roberto dirixiu a adaptación cinematográfica. Que rasgos destacarías da súa personalidade? O outro día o seu fillo Roi dixo algo que me pareceu moi acertado e moi definitorio da personalidade de Roberto. Dixo que hoxe Roberto sería un “indignado con dignidade”. Eu persoalmente, destacaría tamén o seu compromiso co que facía, o seu rigor e entrega. Era moi serio e traballador. Tiña un forte compromiso coa lingua galega e a cultura galega: de onde cres que lle viña ese compromiso? Ten moito que ver co que vos contaba antes da súa prsonalidade e o compromiso cos desfavorecidos. O galego como lingua desprezada polasclases máis podentes, polas “elites”. El quería demostrar que co galego se pode estar no mundo: que podes traballar, amar, vivir en galego. Tiña un compromiso enorme coa lingua galega, a lingua do pobo, non o podedes imaxinar ata que punto. Quería que se empregase o galego en tódalas linguaxes: a teatral, o cinema ...

Ilustración cedida para esta publicación por Xosé Xoán Cabanas Cao

Como cres que lle gustaría que o lembrásemos? Eu penso que podería ser así, (sinalando a caricatura-debuxo co nariz de pallaso). Como unha persoa comprometida co seu tempo pero que soubo reflectir ese compromiso con sentido do humor, con retranca, sabedes o que é a retranca?

8


1 2

Andaina Fala

Cultura

Beatriz Maceda e Laura Veleiro, autoras de Man, o alemán de Camelle Entrevistamos a Bea e laura, logo de saír á rúa o seu libro. As dúas, moi coñecidas en Andaina e nais durante anos de alumnos do noso centro. Ola,boas tardes, queriamos facervos unhas preguntas sobre o libro que escribistes, Man o alemán de Camelle. Comezamos preguntando a Bea, como se che ocorreu escribir sobre Man?

Que fixo Man por Camelle? Laura.- Man foi un home libre que buscaba, como di Bea no libro, o seu lugar no mundo e atopouno en Camelle. A beleza da natureza, o mar e as rochas permitíronlle crear un universo propio que legarnos aos demais. Crear un museo vivo que perdurase no tempo. Seguro que moita xente escoitou falar de Man, nestes últimos tempos, pero quen era Man en realidade?

Bea.- Boas tardes, eu coñecín a Man en vida e Bea.- Man era un home de pareceume un home moi orixe alemán que quedou especial; cando sucedeu a orfo moi novo e que a súa catástrofe do Prestige eu nova madrasta non lle Portada do libro Man, o alemán de Camelle traballaba na costa da gustaba moito. De feito Morte e impresionoume todo aquilo. Co paso era un neno bastante solitario de pequeno. do tempo lembrei a súa figura e deime conta Parece que foi pasteleiro, dos bos; pois de que os nenos da vosa xeración non o gañou incluso premios. Sendo novo aínda, coñecerades, polo que pensei escribir a súa emprendeu unha viaxe por Europa ata historia. chegar a Camelle, cunha mochila e sen saber falar nin galego nin castelán. Alí fai Estes debuxos son moi orixinais, en amigos e atopou a forma de vivir de acordo que pensaches para facelos así? consigo mesmo. Laura.- A figura de Man para os nenos era un tanto complexa de realizar, porque tiña moitas connotacións tristes e eu estaba moi decidida a amosar a súa beleza e creatividade dun xeito positivo e alegre. Nestes últimos tempos a figura de Man esqueceuse un pouco, credes que este libro fará que se lembre? Bea.- Si, por suposto, de feito neste décimo aniversario da súa morte algunhas das súas peticións xa foron cumpridas: agora repousa no seu museo, e parece que van intentar arranxar a súa cabana.

Xa para finalizar, unha última pregunta. Sobre que ano chegou Man ás costas galegas? Bea: Foi nos anos 60, de feito chega a Camelle cando son as festas do Santo Espírito do ano 1961. Vestido con traxe, garabata e cun dicionario nas mans para poderse entender coa xente. Xa vedes como cambiou! Moitas grazas por atendernos e ata outra. Bea e Laura.- Moitas grazas a vós e esperamos que vos guste o libro.

9


1 2

Andaina Fala

Galicia Laura, Santi e Cris

A política Galega A dificultade da sociedade galega para atopar algunha maneira de recuperación económica vai da man coa preocupación con que divisa a situación política. A enquisa de Sondaxe revela que sete de cada dez galegos cren que a situación política é: mala (39,5 %) moi mala (26,1 %) para o 13,2 % é regular. Só o 17,5% cren que é boa ou moi boa. O peor é que, como sucede coa economía dos petos, os galegos tampouco teñen esperanzas de que a política evolucione. Sete de cada dez entrevistados cren que: A situación manterase igual (36 %). Que empeorará (33 %). Unicamente o 20,4 % pensan que o panorama político vai mellorar. O 10,6 % restante non se pronuncia. Vaia ánimos temos!

A fala galega Nunca te preguntaches canta xente fala galego? Aquí mostrámosche unha gráfica na que se indica como a fala do galego foi baixando respectivamente cada ano. Agora, a pouca porcentaxe restante, fálase prioritariamente nas vilas, aldeas, e lugares afastados das cidades céntricas. No centro da provincia, na cidade, séguese falando a nosa lingua, pero menor proporción coas vilas, aldeas, cos lugares etc; ca outros anos; como por exemplo no ano 2003, cun 41,70%.

Disfraces Low-cost Habería que buscar á primeira persoa que tivo a idea de facer disfraces con bolsas de lixo de cores porque se merece un premio á creatividade. Calquera indumentaria se pode elaborar por este sistema low cost que arrasa nos colexios de Galicia ata o punto de que son minoría os que non se decantaron xa por el. Este ano, os centros apostaron por damas antigas, chineses, domadores, exipcios... e ata Peter Pan, que atopa acomodo nun saco verde convenientemente adornado. Estes disfraces teñen dúas claves: a primeira é económica, porque «custan, de media, uns catro ou cinco euros por persoa», confirma Raquel Núñez, da Súper Papelería, que atende pedidos «de centos de colexios da Coruña e incluso doutras provincias». O prezo do disfrace tradicional 10

quintuplica ás veces esa cifra, aínda que a diferenza se reduce se hai que agregar un polo de cor. «Todo se debe ao enxeño dos profesores resalta Raquel-, que son os que inventan os modelos». E aí entra en xogo a segunda clave: é un xeito excelente de facer manualidades, de traballar en grupo e involucrar na tarefa aos alumnos e aos pais. O resultado son sorprendentes creacións que propician un Entroido colectivo. Polo de agora no noso centro, aínda non nos apuntamos a esta moda.


2 1

Nacional

Andaina Fala

Sara, María e Ana Q.

Recortes na educación Ao longo dos dous últimos anos a Educación Pública sufriu un recorte de 3.400 millóns de euros nos seus presupostos. Cos novos recortes anunciados a caída da inversión na educación vai superar os 7 millóns de euros. Por outra parte o sistema educativo deberá atender o próximo curso a máis de medio millón de alumnos. Isto tradúcese nunha caída do investimento por alumno de máis do 25% nun período de catro anos. Estes son algúns dos recortes na Educación: 1. Aumento do 20% no número de alumnos por clase ( de 25 a 30 en primaria e de 30 a 36 en secundaria). 2. As baixas do profesorado non serán cubertas durante as dúas primeiras semanas. 3. Reduciranse ou desaparecerán dos centros algúns programas educativos específicos. 4. Desaparecerá o plan de creación de escolas infantís para menores de tres anos. 5. Reducirase o numero de profesores. 6. Recúrtase en cada centro a oferta de estudos postobrigatorios. 7. Redución drástica das rutas do

transporte escolar, fundamentais para os alumnos dos núcleos de menor poboación. 8. Os alumnos que o próximo curso se incorporen á Universidade verán como as taxas de matrícula, actualmente en torno aos 1.000 euros. subirán ata os 1.600 euros. 9. Dificúltase de acceso ás bolsas. 10. A piques está o goberno de reunirse para aprobar a LOMCE ou tamén “Lei Wert” (este é o nome do ministro de Educación).

Fashion Week Madrid Os deseñadores que participaron na semana da moda de Madrid desvelaron as novas tendencias para a temporada outono-inverno 2013-2014. Nesta edición participaron novos deseñadores como: Rabaneda, Moisés Nieto,Etxebarría... Máis de corenta deseñadores mostraron as súas coleccións na Merdedes Benz Fashion Week , do 18 ao 22 de febreiro, unha edición coa ausencia do veteráns Fernando Lemoniez, Carlos Píez e Kina Fernández. Andrés Sardá foi o encargado de inaugurar a 57 edición da moda madrileña cunha edición ideada para unha muller amante do luxo. Os vestidos foron os protagonistas absolutos da colección de Miguel Palacio, inspirándose do mundo do Jazz. Barros presentou unha colección con siluetas

lixeiramente entalladas, confeccionadas en la, seda e gasa. Tamén participaron Ailanto, Roberto Torretta, Roberto Verino, Victorio e Luchino... Reserva foi o título da colección de Juan Duyos, costureiro que se inspirou en España e nos seus recordos da infancia para confeccionar prendas con siluetas fluídas que recordan á danza. E para finalizar a Fashion Week Madrid 2013, EGO presentou as coleccións de dez xóvenes talentos emerxentes do deseño español. Nesta edición da Fashion Week unha das novidades foi o premio Mercedes Benz- Fashion Week Talent, un premio para o mellor deseñador de EGO que poderá promocionarse internacionalmente desfilando noutro país.

11


1 2

Andaina Fala

Tensións en Corea. Haberá guerra?

O goberno de Kim-Jong-Un, recomenda que debido a tensión que hai en Corea do Norte fronte a Corea do Sur todos os enviados para evitar a guerra marchen das dúas Coreas pois non quere que “ocorran accidentes” e que as dúas Coreas solucionen as súas diferenzas. Hai que recordar que a ONU xa sancionou a Corea do Norte por facer varias probas nucleares que desataron as hostilidades. Hai que lembrar que legalmente as dúas Coreas están en guerra pois na Guerra Fría se separaron e so están nunha tregua; pois non se firmou nunca a paz. Estados Unidos ademais non contribúe a calmar os ánimos pois agora manda aos seus avións furtivos voar en terreo sur e nor Coreano que fan que cheguen centos de ameazas da capital nor coreana. O presidente de China, aliado de Corea do Norte, pide calma e que as diferenzas se solucionen negociando na mesa. Tamén o primeiro ministro ruso pide que se pense que se vai facer, pois toda a parte asiática do Pacífico podería verse afectada por este conflito.

Chega o papa Francisco

12

O Papa Benedicto XVI sorprendeu a comunidade católica anunciando a súa dimisión que sería efectiva o día 28 de febrero, ás 20.00 horas. Un feito nada

Internacional Nicolás e Álvaro R. común na historia da Igrexa católica. Cumpridos os prazos pertinentes e chegados todos os cardenais, procedeuse a elección dun novo Papa. Non foi moi longa, en menos de dous días xa había un novo Papa, de orixe arxentino que tomou o nome de Francisco. Xa leva feitos moitos actos públicos, pois a súa entrada coincidiu coa celebración da Semana Santa. Ademais o Papa Francisco pediu que todos os pobos, creran no que creran, esquecesen as súas diferenzas e traballasen pola paz. Este Papa ademáis é da orde dos xesuítas e parece que xa é moi querido pola súa comunidade.

Guerra en Siria

Xa van máis de dous anos con esta terrible guerra, que xa leva unhas 70.000 vítimas. A ONU vese atada a non axudar aos rebeldes pois Rusia di que hai que ser neutral. Sen embargo USA xa ten un plan para adestrar aos rebeldes sempre e cando este adestramento só sexa para loitar contra Bashar Al-Assad, ditador de Siria. Ademais centos de ONG pídenlle ao ditador que deixe de matar ao seu pobo. A isto, o ditador fai supostas treguas que logo non cumpre. Nas rúas das principais cidades sirias, como Alépo e Damasco os edificios están derruídos e os nenos non poden ir á escola. Esta guerra está causando moita miseria onde xa había, e por desgraza, todavía lle queda!, pois como di a ONU os rebeldes sós non poderán co vello réxime que aínda que lles une o odio polo ditador, os seus costumes están divididas e fai que custe traballar en equipo.


1 2

Andaina Fala

Deportes Óscar, Samuel e Carlos F.

Valerón, un xogador de primeira A sección de deportes deste xornal, sempre en busca da noticia, fíxolle esta entrevista a Valerón no mes de abril, no café Tatone da Coruña. Pregunta: Cal foi o primeiro equipo no que xogaches a nivel profesional? Resposta: Unión Deportiva Las Palmas. P: Cantos partidos disputaches como internacional? R: 46 partidos e cinco goles. P: Cal sería o teu soño deportivo neste momento? R: Quedar en primera co Depor. P: Como te calificarías como xogador? R: Unha das miñas carecterísticas principais é dar bos pases. P: Cal foi o partido máis importante que xogaches? R: O do ascenso a primeira co Depor. P: Cal foi o título máis importante que gañaches?

R: A Copa do Rey contra o Madrid. P: Como te sentes na Coruña? R: Moi feliz. P: Que pensas facer cando remates a túa carreira deportiva? R: Non o teño claro aínda,pero algo vinculado ao fútbol. Grazas por atendernos Valerón, e oxalá consigas o teu soño!

Falando con Rocío P: A que idade comezaches a interesarte polo voleibol? R: Aos oito anos, cando era alumna nun colexio de primaria en Lugo. P: Cantas horas adestras á semana? R: Dez horas por semana. P: Cal sería o teu soño deportivo? R: Xogar nas Olimpíadas. P: Cales son os títulos máis importantes que gañaches? R: Fomos campioas galegas catro anos cando eramos cadetes e xuvenís, subcampioas de España. E esta tempada fomos campioas galegas.

P: Cres que este ano poderiades ascender de categoría? R: Este ano cre que non P: Cal foi o teu récord de puntos nun partido? R: non o sei; en todos os partidos non se toman estatísticas. 13


Deportes

Andaina Fala

Mundial de balonmán 2013

No mundial de balonmán celebrado este ano 2013 en España, a nosa selección de balonmán fixo un gran torneo e sobrepasou a unha Croacia moi inferior en xogo; gañamos por 3519. Trala vitoria, España é a selección que con máis goles de diferenza gañou unha final dun mundial. (+16). É o segundo mundial que gaña España na historia do balonmán.

Esta é a nosa selección, a que gañou o mundial de 2013:

14

nº 2

Xogador Alberto Entrerríos Rodríguez

192

102

Equipo 36 Nantes

Posicion Lateral

4

Albert Rocas Comas

189

80

30

FC Barcelona Intersport

Extremo

5

Jorge Maqueda Peña

197

105

25

Nantes

Lateral

8

Víctor Tomás González

178

89

28

FC Barcelona Intersport

Extremo

11

Daniel Sarmiento Melián

188

85

29

FC Barcelona Intersport

Central

12

José Manuel Sierra Méndez

194

92

34

Paris Saint Germain Handball

Portero

13

Julen Aguinagalde Akizu

195

116

30

At. de Madrid

Pivote

16

Arpad Sterbik Capar

200

119

33

FC Barcelona Intersport

Portero

21

Joan Cañellas Reixac

198

100

26

At. de Madrid

Central

22

Ángel Montoro Cabello

210

102

23

FC Barcelona Intersport

Lateral

24

Viran Morros de Argila

197

92

29

FC Barcelona Intersport

Lateral

25

Carlos Ruesga Pasarín

184

96

28

Reale Ademar León

Central

26

Antonio García Robledo

191

99

29

Paris Saint Germain Handball

Lateral

28

Valero Rivera Folch

189

90

28

Nantes

Extremo

29 30

Aitor Ariño Bengoechea Gedeón Guardiola Villaplana

185 199

80 103

20 28

FC Barcelona Intersport Rhein-Neckar Lowen

Extremo


Andaina Fala

Pasatempos Samuel, Ă“scar e Ana C.

Encontra as 8 diferenzas

Colorea este debuxo

15


Pasatempos

Andaina Fala

Cine e TV

Busca 10 instrumentos musicais A

T

D

I

S

J

U

V

E

M

E

R

M

V

D

I

S

N

U

A

N B

O M

E X

D O

R T

O S

C O

A G

S M

E

P

U

L

N

E

I

B

M

E

Y

A

P

Y

P

O

T

N

G

R

J

A

A

T

X

A

I

M

Ñ

N

R

T

E

E T

S C

A B

Laura, Marina e Lupe

Películas máis vistas

C F

O A

R A

W T

G A

S

C

M

I

O

I

A

C

T

I

M

T

S

J

A

T

S

B

D

Ñ

G

N

T

R

T

O

I

V

D

T

I

O

I

A

N

U

S

A

S

Y Z

L O

S B

D A

U M

T S

M I

R V

X I

O M

W

E

I

N

T

F

R

A

U

T

A

X

C

V

U

E

C

B

X

E

G

I

Realizamos unha enquisa nos dous últimos ciclos de primaria e nalgúns cursos de secundaria para pescudar que películas son as que máis lle gustaron ao alumnado este ano. En primaria resultaron ser: Los croods, Piratas del caribe e Dando la nota. En secundaria foron: Dando la nota, el Hobbit e Los juegos del hambre.

Atopa 10 nomes de animais

16

T

I

G

R

E

A

S

J

T

Ñ

U

O

T

D

R

M

N

O

K

I

Y

J

G M

S

A Ñ

I

L

A

G

T

Z

I

V

A

C

B

W

X

X

S

V U

W

E

R

L

S

A

O

J

B

C

A

N

R

C

M

D

I

E

S

T

F

G

H

L

A

I

T

J

X

K

S

L

A

T

M

O

A

N

I

Ñ

I

I

Q

O

L

P

R

Q

I

T

R

E

S

R

M

T

V

D

U

A

V

X W

N

U

X

S

Y

J

Z

U

E

A

T

O

R

B

A

C

F

G

D

I

O

E

H

F

G

S

G

Y

C

A

H

M

I

A

G

J

S

T

K

D

L

A

F

M

S

O

T

N

U

Ñ

P

G

K

H

A

T

X

X

X

V

C

I

R

O

W

L

E

O

N

X

L

G O

Q

M

O

N

O

L

C

Series de TV que preferimos en 1º ESO Como era de esperar por goleada, gústanos La que se avecina, serie de tele 5 que repiten noutras cadeas; trátase dunha urbanización que ten uns veciños moi tolos, nacional e moi cómica. A seguinte serie que nos gusta é Como conocí a vuestra madre, outra comedia de Neox. Xa por último, tamén somos seguidores de Modern Family, outra das comedias da Fox.


Revista Andaina Fala 2012-2013