O Muíño de Sustilade Brais Ortigueira 3ºB Martín Fungueiriño 3ºA
A entrevistada Nome: María del Carmen Touceda Duarte
Idade: 80 anos Relación: Familiar (Brais) Domicilio: Guldrigáns Nº30
O muíño
O muíño Sustilade atópase en Guldrigáns, unha aldea da parroquia de Troáns, en Cuntis. Este muíño estivo en activo ata o ano 2000, máis ou menos. Aínda que se remodelou non hai moito tempo. O nome de ‘Sustilade’ venlle do sitio no que se atopa. Este muíño atópase á beira do río Souto.
O muíño
O muíño era comunal, pertencía a sobre unhas 28 familias. Para ir a moer, establecíanse quendas: Dúas veces por semana e dábanche un prazo de horas.
A moenda
Cando se ía a moer non disponías de todo o tempo que quixeras ter, senón que che daban un certo tempo e ti ías moer. Non podías ir noutras horas, xa que podía corresponder a quenda doutra familia Trasladábanse a pé, xa que só había uns 700 metros de distancia. Durante a moenda, ou ían ás súas casas ou quedaban contando contos, anécdotas…
As cantigas 1) Unha noite no muíño, unha noite non é nada Unha semaniña enteira, esa si que é unha muiñada. 2) Esta noite fun ao muíño, cun fato de nenas novas, elas todas en camisa e eu no medio en cirolas.
As cantigas
3) Ao muíño do meu pai Eu ben lle sei o tempero Eu bótolle o gran enriba E moe o muíño lixeiro
Partes do muíño 1) 2) 3) 4) 5)
Parte Inferior: Canle: Presa por onde circula a auga que fai mover o rodicio. Mesa: Está debaixo do rodicio. Ran: Está entre o rodicio e a mesa. A modo de rodamiento. Rodicio: Contra el bate a auga e faino andar arredor. Beo: Transmite a forza do rodicio á capa.
A canle e o rodicio
Partes do muíño
1) 2)
3) 4)
Parte intermedia: Pé: Pedra circular fixa sobre a que se coloca a capa. Segorella: Pon en movemento a capa. Peza de unión entre o beo e a capa Capa: Pedra que xira e moe o grano. Ollo: Burato no centro da capa por onde entra o grano para ser moído.
O pĂŠ, a capa, o ollo e a segorella
Partes do muíño
1) 2)
3)
Parte superior: Muega: Caixa de madeira que contén o gran. Quenlla: Especie de canaleta donde cae o grano da muega ata o ollo. Varilla: Pau colocado na quenlla que roza contra a capa facendo caer o grano mediante a vibración producida.
A muega, a quenlla e a varilla
Outras partes
Á esquerda está a chave da porta do muíño Á dereita temos unha especie de manivela, que, ao tirar por ela permite o paso da auga dende a canle ata o rodicio.
Materiais e utensilios Materiais: Ferro Pedra Madeira
Utensilios: Escoba: Serve para xuntar a fariña que está no solo Pala: Emprégase para recoller a fariña