Page 1

Pere Tobaruela para lectores expertos:

Na nosa biblioteca atoparás:

profesorado e familias Propoñémosvos algunhas das súas obras para xoves e adultos para que acompañemos aos nen@s na descuberta deste escritor.

www.blogoteca. com/bbs

14 de febreiro 2012


Quen é Pere Tobaruela?

Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965. Estudou Xeografía e Historia e traballou coma xornalista durante bastante tempo ata que, hai uns anos, decidiu dedicarse só á literatura.

Nalgunhas das súas obras infantís e xuvenís colabora con outras escritoras. Vouvos papar escribiuna con Luz Méndez, os títulos da colección Branco de Cores con Ana Boullón e as súas obras de misterio, Mortos de ningures e Desaparizión, con Ledicia Costas. Nestas dúas últimas novelas asinan cun acrónimo: Pereledi. Polo que temos escoitado a Pere tamén lle gustan os xogos de palabras.

Ilustran as súas obras...

Boa parte das obras infantís de Pere Tobaruela teñen coma ilustrador a Andrés Meixide. En Vouvos papar as ilustracións son de Daniel Xove. Agora tócache a ti. Escolle o teu personaxe favorito e debúxao.

INVENTAMOS ACRÓNIMOS O TEU PERSONAXE FAVORITO

A maior parte da súa obra está escrita en catalán aínda que duns anos a esta parte, desde que se afincou en Galicia, tamén escribe e publica en galego. A súa obra inclúe moitos xéneros diferentes: ensaio, entrevistas, biografía, cómic, literatura infantil, novela xuvenil e novela para adultos. Moitas das súas obras deixan ver a súa formación coma xeógrafo e historiador, como por exemplo, a colección Branco de Cores ou algunhas novelas xuvenís e de adultos con referenzas a viaxes ou a episodios da nosa historia.

A ver que tal se nos dan os acrónimos. Imaxina que tes que escribir un conto cun compañeiro ou compañeira da clase e asinar cun acrónimo. Pr o b a co n v ar ias posiblidades a ver cal queda mellor:

_____________________

______________________

_____________________

______________________

_____________________

______________________

www.blogoteca. com/bbs

Pere Tobaruela na BBS  

Tríptico preparatorio do encontro co escritor Pere Tobaruela na Biblioteca Brea Segade de Taragoña en febreiro do 2012.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you