Page 1

A I N R U T NOC Coru~na mutante

A revista de cultura e ocio de Nocturnia para a mocidade

Nº 6 OUTUBRO-DECEMBRO 2017

Laboratorios en rede Co_Lab e Coruña Dixital, dous proxectos de innovación social na túa cidade

Comunidade en código binario

Desenvolvemento e traballo colectivo no GPUL e o MOLAB

A Coruña, cidade de videoxogos Entrevista a David Martínez,

Comunicación de Gato Salvaje Studio

Unha nova xestión cidadá Entrevista a Alberto Fortes, voceiro de Proxecto Cárcere

Lánzate ao hiperespazo! Xornadas sobre xestión innovadora de espazos culturais e sociocomunitarios

Segue a pista a… Bea Lema CORUÑA XUVENTUDE

1


A I N R U T C NO Corun~a mutante

Chega á rúa o último número do ano de Coruña Mutante! Ademais, nesta edición, ademais de presentarche a programación de Nocturnia para os dous últimos meses de 2017, a revista pon nas túas mans a información sobre os proxectos de innovación social, cultural e creativa que che ofrece o teu Concello. Nestas páxinas podes (re)descubrir o CO-LAB, o laboratorio de innovación cidadán que entra nunha nova fase, desenvolvendo algunhas das iniciativas de mellora social para A Coruña propostas por grupos de traballo do proxecto. Estas están enfocadas cara á mellora dos barrios, ao reforzo do tecido asociativo, ao apoio ás persoas maiores e á apertura de novos espazos cidadáns. Unha grande oportunidade de desenvolvemento! Dentro dos contextos de innovación na cidade recordámosche tamén a existencia de Coruña Dixital e do recentemente creado Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC), que presenta atraentes actividades no vindeiro mes de novembro con charlas, encontros e obradoiros que lles ofrecen aos participantes a oportunidade de afondar nas posibilidades dos novos medios e da innovación audiovisual. Grazas a estes “laboratorios de ideas” existen iniciativas, empresas e proxectos do eido da innovación, que teñen apoios, recursos e novas oportunidades, e nas páxinas de Coruña Mutante presentámosche algunas delas. O equipo de Coruña Mutante somos:

E, como sabes, queremos escoitar o que pensas e o que queres, tanto para propoñer temas para o próximo número da revista como para desenvolver ideas para o crecemento da Coruña ou suxerir novas formas de aproveitamento dos espazos e recursos da cidade. Para isto último, precisamente, a Concellería de Culturas, Deportes e Coñecemento xunto á Concellería de Participación e Innovación Cidadá, organiza en novembro as xornadas Hiperespazos. A casa fóra da casa, que procuran reflexionar sobre a xestión innovadora de espazos culturais e sociocomunitarios. Neste sentido achegámosche o Proxecto Cárcere, que ten un gran plan para darlle un novo uso ao antigo presidio da Coruña durante o próximo ano. Por último, recomendámosche con fervor que lle sigas a pista a Beatriz Lema, unha deseñadora e ilustradora que este verán gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada con O corpo de Cristo, e que ademais resulta ser a primeira muller en recibir este galardón. Non te arrepentirás! Máis nada! Só lembrarche que, coma sempre, queremos que teñas voz no vindeiro número de Coruña Mutante, así que non tes máis que propoñernos temas para reportaxes, entrevistas, a quen seguir a pista… a través das redes sociais de Nocturnia (Facebook e Twitter). Bo final de ano, mutantes!

Edita: Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña - www.coruna.es/participacion Deseño, maquetación e contidos: The Office Comunicación - www.theofficeco.es Imprime: Gráficas Mera - www.graficasmera.com 2

Depósito legal: C-272-2016


E ti que pensas? comparte

#EuSonMutante Nocturnia

@Nocturniacoruna nocturniacoruna

Entre laboratorios anda o xogo 4-5 6 Entrevista a Gato Salvaje 7 Comunidade en código binario Actividades / calendario Nocturnia 8-11 Axenda cultural 12-13 Entrevista ao Proxecto Cárcere 14 lánzate ao hiperespazo! 15 Segue a pista a… Bea Lema 15

3


Entre laboratorios anda o xogo A transformación da túa cidade, da sociedade que a conforma, e o seu desenvolvemento e crecemento están nas túas mans. Unha responsabilidade que non ten que asustarte. O Concello da Coruña quere que a mocidade sexa protagonista deste cambio e soamente che pide participación, compromiso e ganas, moitas ganas, de facer da Coruña unha cidade socialmente innovadora. E como podemos conseguilo? De que xeito podes formar parte desta transformación? Pois observando, reflexionando, abrindo a túa mente e

Construción de lugares de encontro entre artistas e entidades

perdéndolle o medo a propoñer ideas! Porque a innovación non se aplica

para a mellora de recursos. Esta proposta traballa por un “gabinete de

unicamente á tecnoloxía, ás empresas ou á investigación científica, senón

imaxinación política” para que estableza espazos de reflexión entre

que tamén é fundamental o seu uso ao servizo da sociedade. Chámase

colectivos, entidades, cooperativas e grupos informais. O obxectivo

innovación social e consiste no desenvolvemento de novas ideas para

é que, a través da combinación das artes e das tecnoloxías sociais, estas

satisfacer as necesidades da sociedade, crear novas relacións sociais

agrupacións sexan dotadas de recursos para acadar maiores cotas de

e ofrecer mellores resultados. A chave está no traballo en comunidade,

autonomía, capacidade creativa e resiliencia.

porque non hai nada mellor para acadar a efectividade e a riqueza nun proxecto que rodearte de xente que achegue coñecemento e creatividade. Na túa cidade contas co Co-Lab, un proxecto de innovación que ten como misión mellorar a vida das persoas para acadar unha cidadanía máis igualitaria a través de mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables. É un programa transformador no

Desenvolvemento cultural, social e económico de Monte Alto. Mediante a metodoloxía OASIS, posta en marcha en máis de 350 cidades de 20 países, esta proposta quere transformar colectivamente o barrio mediante a participación da veciñanza,

que a veciñanza da Coruña participa activamente, nun espazo de reflexión,

comerciantes, hostaleiros e outros axentes sociais claves, e así

colaboración, coñecemento e experimentación, abordando en común

experimentar o poder do traballo colectivo, sendo eles mesmos

diversas problemáticas da cidade co fin de contribuír ao desenvolvemento

os suxeitos activos da transformación.

social, cultural e económico do municipio e da área metropolitana. O outono pasado daba comezo este laboratorio cidadán coa fase de investigación. Continuouse coa de territorialización, a de ideación e deseño para finalizar coa de prototipado, que deu paso á convocatoria de seis proxectos de innovación social dirixidos á mellora da calidade de vida da cidadanía coruñesa. Estes, que recibirán 10.000 euros cada un para o seu desenvolvemento no Co-Lab, enfócanse cara á mellora dos barrios,

Diagnose da situación actual das persoas maiores da cidade e contribución á mellora da súa situación. O proxecto pretende diagnosticar a situación deste sector da poboación para integrar os colectivos que colaboran e traballan con eles nunha iniciativa social de abordaxe e de mellora da súa realidade social.

ao reforzo do tecido asociativo, ao apoio ás persoas maiores e á apertura de novos espazos á cidade, entre outros. Deste xeito, os proxectos que albergará o Co-Lab neste 2017 son:

Plataforma de intercambio de bens para o seu mellor aproveitamento. Esta liña de traballo procurará obter recursos abertos

Creación de novos espazos de convivencia na Agra do Orzán.

e etiquetados con novas licenzas que permitan diferentes interaccións

Nun barrio cunha alta densidade de poboación e cunha baixa

e posibilidades sociais e culturais a persoas e organizacións interesadas

cantidade, e calidade, de espazo público, esta liña de traballo buscará

en compartir bens.

o uso dos patios dos quinteiros como novos lugares de convivencia.

4

Aprendizaxe e práctica para a resolución dos problemas

O Co-Lab ten programado máis de corenta accións durante

urbanos. Esta iniciativa busca achegar e compartir as

o último trimestre do ano: eventos de presentación, roteiros, encontros

consecuencias derivadas dos proxectos de crecemento da cidade

con diferentes persoeiros de referencia, posta en marcha de ferramentas

coa veciñanza, para que así poida avaliar, participar e cuestionar

virtuais, xogos colectivos… Presta atención á web colab.coruna.gal para

os procesos e operacións urbanísticas da Coruña.

estar ao tanto das actividades, as datas de celebración e toda a información!


REDES DE INNOVACIÓN E se falamos de proxectos de innovación na cidade non podemos esquecer Coruña Dixital. Este programa, promovido pola Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, traballa desde o pasado verán para difundir na cidade as novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais. Así facilítase a conexión das persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento

A Coruña rebelde Entre o 27 de outubro, Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, e o 4 de novembro, o LAIC desenvolverá o laboratorio transmedia A Coruña rebelde. Consistirá nun arquivatón, no que se creará un repositorio público de

arquivos multimedia, e nun hackatón de realidade aumentada, co obxectivo

de crear un prototipo de aplicación para móbiles e tabletas que relacione estes arquivos con distintos puntos da Coruña. A finalidade é recuperar o patrimonio e a memoria da cidade explorando as tecnoloxías emerxentes e as novas narrativas,

sustentable de proxectos innovadores e con capacidade

da man do enxeñeiro audiovisual Toño Cabanelas, do colectivo Bermudas.land.

transformadora, sexan da natureza que sexan.

Aventuras dunha youtuber legal

Así que, se pertences á comunidade tecnolóxica e dixital, e queres contribuír ao desenvolvemento da cidade, o teu proxecto de innovación é Coruña Dixital. Desde o seu nacemento realizáronse numerosas actividades, tales como un laboratorio de prototipado de tecnoloxías libres, un

Popathon de narrativas audiovisuais, Hackatóns e Hackatiños de datos abertos ou o Noroeste videocamp; colaboracións con agrupacións vencelladas ás tecnoloxías abertas, como o GPUL Labs, a OSHWDEM16 de Bricolabs e Esferobite; e, recentemente, a creación do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC). E é precisamente no LAIC onde se centra a programación de Coruña Dixital para este outono. Charlas, encontros e obradoiros ofrécenlles aos participantes a oportunidade de profundar nas posibilidades dos novos medios e da innovación audiovisual. Ata a data desenvolvéronse un curso Time Lapse, organizado pola Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA); o obradoiro Como publicar contidos

A formación sobre YouTube completarase o 2 de novembro coa charla Aventuras dunha “youtuber” legal, impartida por Bárbara Román e José Manuel Sendín, avogados de NoLegalTech, sobre as cuestións legais a ter en conta para evitar problemas se tes idea de publicar contidos nunha canle de YouTube.

Taller de narrativas populares contemporáneas O 18 de novembro, da man do colectivo sevillano ZEMOS98, o LAIC ofrece vinte prazas para o Taller de narrativas populares contemporáneas, dirixido a

persoas interesadas no uso crítico dos novos medios e na súa utilización para a creación, a educación e o activismo. Falarase de memética, folclore dixital, cultura da mestura e novas ferramentas de comunicación tales como GIFs e microvídeos.

Novos modelos profesionais para o audiovisual

Outro novo escenario será o que se trate na xornada Novos modelos profesionais

para o audiovisual, o 23 de novembro, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual. Analizarase a evolución experimentada polo sector trala irrupción de Internet e o xurdimento de novas oportunidades de traballo a partir de diferentes casos de éxito. Haberá unha sesión de contactos entre empresas e profesionais, así como outra de reflexión sobre as condicións de traballo neste sector para

audiovisuais con licenzas libres, impartido por Jorge Lama;

propoñer boas prácticas que combatan a precariedade.

un hackatiño de datos abertos –en colaboración co GPUL e co

Laboratorio de creación de videoxogos

Co-Lab- dedicado á mobilidade sostible; o obradoiro Supercine,

taller de cinema crowd, impartido polo cineasta Miguel Ángel Rolland, e o seminario Como profesionalizar a túa canle de

En colaboración coa Asociación Monkey Laboratory (MOLAB), o 24 de novembro levarase a cabo o Laboratorio de creación de videoxogos, un taller

de desenvolvemento colaborativo dirixido a creadores e creadoras de distintas

YouTube, que contou coa experiencia do booktuber

disciplinas que poidan unir o seu talento para xestar novos proxectos.

Sebas G. Mouret, creador de El Coleccionista de Mundos.

Interesante, non si? Pois, ademais, todas as actividades programadas polo

Pero aí non acaba a cousa! Ata finais de novembro Coruña Dixital dáche a oportunidade de participar nas seguintes actividades:

LAIC son gratuítas e desenvólvense en varios espazos da cidade, como Accede Papagaio, o Centro Cívico Cidade Vella, Centro Ágora, Quiosco Alfonso ou a Normal. O prazo para inscribirse na maioría das actividades xa está aberto. Apúntate e consulta toda a información en corunadixital.gal. 5


“A Coruña debería liderar a creación dA industria do videoxogo no Noroeste” entrevista a David Martínez da Costa, Estratexia dixital e comunicación en Gato Salvaje Studio

Sergio Prieto, Javier Vara e Javier Villar son os gatos fundadores. Aló polo ano 2010, tras rematar o Máster MA ISCA de Animación por ordenador da Universidade de Baleares, crean na Coruña Gato Salvaje, unha -xa non tan- pequena empresa desenvolvedora de videoxogos, que naceu cun investimento moi modesto e catro ordenadores. Desde entón pasaron sete años, con catro lanzamentos, unha exitosa campaña de Kickstarter (plataforma de crowdfunding) por medio, presenza en Steam -a distribuidora do sector máis grande do mundo-, e a sorte de coñecer e traballar con destacadas personalidades como Greg Rucka, guionista americano con catro premios Eisner, os Óscars do mundo do Cómic. Hoxe, traballan nun novo videoxogo, cun equipo xurdido nos propios cursos de formación para desempregados que impartiron en colaboración co Concello da Coruña.

Pasaron sete anos desde que naceu Gato Salvaje. Que foi o mellor e o peor do camiño?

Todo isto desde A Coruña. Entón, hai posibilidades de innovación e desenvolvemento aquí?

Participades nestes proxectos dando cursos gratuítos para desempregados. Como foi e está a ser a experiencia?

Cando naceu Gato Salvaje foi probablemente o momento máis cru da maior crise económica dos últimos 75 anos e, quizais, o menos indicado para emprender. Se a iso lle sumamos o nulo interese que espertaba daquela o sector dos videoxogos nas institucións, poderíase dicir que fundar un estudio de videoxogos era un acto temerario. Pero, unha vez capeado o temporal, sete anos despois Gato Salvaje é unha empresa recoñecida dentro da súa industria, e con algúns importantes galardóns no seu haber.

De seguro este é un momento moito máis estimulante para emprender no sector que o de 2010. E si, A Coruña é a cidade que debería liderar a creación dunha industria do videoxogo no noroeste, para o que xa se deron os primeiros pasos. En 2016 e 2017 colaboramos coa Área de Emprego e Empresa do Concello da Coruña mediante a realización de dous cursos de desenvolvemento de videoxogos para persoas desempregadas, aos que asistiron case 50 alumnos e alumnas, e dos que saíron varios proxectos como Wazzap Studio ou Vagalume, por exemplo.

A experiencia é moi grata, xa que a motivación do alumnado sempre foi altísima. É un grupo de xente moi heteroxéneo, con idades que abarcan desde os 19 ata os 48 anos, pero co denominador común dun interese desorbitado en traballar dentro do sector dos videoxogos. Estamos a traballar nun proxecto novo, do que polo de agora non podemos dar moitos detalles, pero que a nivel laboral e, en termos cuantitativos, vainos permitir incorporar a máis de 25 persoas dos dous cursos. Trátase dun proxecto moi ambicioso cuxo desenvolvemento levará non menos de 30 meses.

Hoxe contades con produtos en Steam, un deles (AR-K) no Top 10 de vendas en España con máis de 150.000 copias vendidas e o Mellor Videoxogo do Ano nos Premios DeVuego 2015. Como se consigue iso? O equipo que desenvolveu AR-K sempre foi moi pequeno, cun número que oscilou entre os catro integrantes da primeira entrega e os oito da última. Ademais de realizarse un traballo arduo, procurouse contar, a nivel externo, con grandes profesionais para as dobraxes en inglés, castelán e galego. E, sen dúbida, foi fundamental contar cun guionista internacional da categoría de Greg Rucka, quen pasou a colaborar con nós no terceiro episodio de AR-K e supuxo un valor engadido e un salto de calidade. Podemos dicir que é a suma de pequenos detalles, internos e externos, ademais da experiencia e de saber aprender dos erros, xa que se por algo se caracteriza Gato Salvaje é por prestarlle unha grande atención ás críticas dos nosos xogadores e xogadoras. 6

Industria, innovación, cultura, creación... que supoñen para Gato Salvaje estes conceptos? Poderiamos dicir que todos eles, en distintas proporcións, “mesturados, pero non axitados”, representan de forma moi fiel o que é o desenvolvemento de videoxogos. Como minipeme tecnolóxica, baseada na innovación e o desenvolvemento, que implican para vós proxectos de innovación cultural, creativa e social como Coruña Dixital ou CoLab? Sempre son iniciativas moi interesantes de cara a emprendedores en potencia e para atraer talento. Máis aló do mundo dos videoxogos, a denominada “industria 4.0” ou o “Internet das cousas” xa están aquí. Hai un gran número de estudos que proxectan cifras moi boas en canto a emprego e volume de negocio para as novas industrias dixitais, polo que sería un erro imperdoable non dispoñer de espazos e plataformas para que este tipo de proxectos xermolen na nosa cidade.

E que queda por facer? Creo que dentro de 30 meses estaremos en mellores condicións para responder esta pregunta, pero, ademais de embarcarnos neste novo proxecto, a curto prazo temos en mente sacar o cuarto e último capítulo de AR-K. Que lle dirías a eses mozos e mozas que soñan con introducirse no mundo dos videoxogos e o ven como algo lonxano ou case imposible? Que para nada é algo imposible, senón todo o contrario. Estamos nun momento moi bo para a xente nova que decida incorporarse ao sector. No plano formativo hai un gran número de alternativas a todos os niveis e, no caso de que desexen emprender, cada vez hai máis programas de axudas –autonómicas, estatais, europeas– que poden ser aproveitadas por unha start-up de

videoxogos. Ademais, a dos videoxogos é unha industria que xa está no punto de mira de grandes inversores privados, o cal é outra gran noticia.


C mun dade en c d g b nar Un caso claro telo no Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), xurdido na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Hai vinte anos os membros que o constitúen xuntáronse ao redor dun interese común, os sistemas operativos GNU/Linux e, pouco a pouco, convertéronse nos grandes defensores das ideas do software e da tecnoloxía libre na cidade. Para GPUL a comunidade, o traballo colectivo, é un factor diferenciador, unha vantaxe competitiva que os leva a crear conceptos, ideas e produtos únicos. A través dunha programación anual ofrecen conferencias, cursos, obradoiros… Con todo, o evento que se converteu no buque insignia –por méritos propios– é o GPUL Labs, que lle ofrece ao público charlas de profesionais e expertos sobre as máis actuais tecnoloxías –sempre libres e arredor do software libre–, xornadas e hackatóns onde poñer en práctica o aprendido en proxectos reais.

Pero… por que software libre?

Como din desde o GPUL “é fundamental que a persoa usuaria manteña o control do software que utiliza” e, se ese software é privativo, non se pode ver nin como está feito nin saber o que a aplicación está a facer realmente. Que o código sexa libre permite que calquera poida corrixir erros, engadir funcionalidades e, en definitiva, melloralo de forma colaborativa sen ter que depender do creador orixinal. Este feito repercute normalmente no aumento das posibilidades que ofrece o software, e na posibilidade de engadir as funcionalidades que precises.

Dentro das ferramentas que potencian a innovación social, cultural e dixital na Coruña atopamos o Co-Lab e Coruña Dixital. En pouco máis dun ano de vida convertéronse en dous proxectos que están a ser de utilidade para que iniciativas existentes ou potenciais da túa cidade, nadas no eido da innovación social, teñan un soporte, novos recursos etc.

Entón… que fai o GPUL?

As actividades de GPUL teñen un labor divulgativo, en numerosas ocasións de concienciación sobre a importancia de utilizar a tecnoloxía libre, e tamén formativo e de sensibilización dos novos profesionais aos que se lles mostra que a grande maioría das novas tecnoloxías empregadas a diario son software libre e, por iso, paga a pena apoialas e axudar a estendelas a toda a sociedade.

Mans á obra

Tras o descanso de verán, o GPUL volveu poñer en marcha a súa actividade e xuntou nas XIII Xornadas de introdución a GNU/Linux e ao “software” libre a desenvolvedores e desenvolvedoras e a todas aquelas persoas interesadas nas tecnoloxías e na cultura libre; realizou varias Install Party, coas que botou unha man a quen quixo instalar nos seus ordenadores un sistema operativo baseado en GNU/Linux, e un hackathiño de mobilidade sostible. Ademais, participou no maior evento de tecnoloxía libre aplicado ao mundo dos negocios, o LibreCon, celebrado o 20 de outubro en Santiago de Compostela, organizando un Hackathon para o desenvolvemento de prototipos de proxectos cos que mellorar a industria 4.0 e o sector primario. Pero, se xa te convenciches para apostar pola tecnoloxía colaborativa que abandeira o GPUL, aínda poderás participar no GPUL Labs, unha serie de meetups que traerán poñentes de grandes empresas e asociacións da contorna para falar das máis variadas tecnoloxías, sempre baixo o paraugas do software e hardware libre.

O GPUL Labs desenvolverase por terceiro ano consecutivo a partir de febreiro de 2018, e nel poderás acudir a unha charla semanal sobre algunha tecnoloxía Open Source e varios hackatóns temáticos. Este ano a temática xirará arredor de Internet of Things (“o Internet das cousas”), tratando múltiples tecnoloxías que poden ser de utilidade nun proxecto (desde hardware libre, por suposto, ata intelixencia artificial, pasando por análise de datos, xestión áxil de proxectos, desenvolvemento web ou aplicacións móbiles). A que soa xenial? Pois inclúe a web www.labs.gpul.org/ nos teus favoritos e presta atención ás datas e novidades.

O teu son os videoxogos?

Se o teu son os videoxogos, tes que achegarte a Monkey Laboratory (MOLAB), unha asociación creada por estudantes de Comunicación Audiovisual e Informática da Universidade da Coruña (UDC) que comparten a mesma paixón ca ti. O seu obxectivo é formar unha comunidade entre toda a xente que desexa dedicarse á industria dos videoxogos: persoas que deseñan, programan, escriben ou fan arte… e que poden abrirse un camiño profesional desde a colaboración entre distintas disciplinas. Para coñecer o traballo deste colectivo entra no seu grupo de Facebook, onde ademais de presentarte poderás coñecer as datas das próximas xuntanzas e as actividades que fan. Axiña comezarán a realizar actividades dirixidas á creación de novos contidos nas que poderás participar e sumarte ao proxecto. Anímate! 7


ACTIVIDADES NOCTURNIA ACTÍVATE BOOTCAMP ROLLER DERBY O bootcamp estará dedicado á ensinanza das habilidades mínimas en patín mais a estratexia básica para a práctica do Roller Derby como persoa xogadora ou persoal de arbitraxe. Sesións independentes. Dinamiza: As Brigantias Roller Derby IOGA TIBETANO E MEDITACIÓN Actividade baseada na práctica do ioga tibetano e a meditación, enfocada desde as tradicións orientais, que inclúe o mindfulness occidental, co obxectivo obxectivo de crear uns hábitos saudables por medio da práctica física, a interiorización e o coñecemento do funcionamento da nosa mente. Dinamiza: Segundo Rego RUTAS DE SENDEIRISMO NO MEDIO NATURAL Roteiros de sendeirismo por espazos naturais de montaña e costeiros nos que achegarnos á riqueza medioambiental, patrimonial e social de Galicia. As rutas propostas discorrerán por: - Ruta sendeirismo: Verdes, río de vida (Coristanco) - Ruta sendeirismo: Os camiños de Muxía, historia e tradicións (Muxía) - Ruta sendeirismo: Castro Lupario, paisaxes con historia (Rois) - Ruta sendeirismo: ruta da Pedra de Díaz Castro (Guitiriz) Dinamiza: Oxígeno Gestión INICIACIÓN AO SURF Unha forma de probar esta práctica deportiva que combina destreza, habilidade e coñecemento do mar. Imprescindible saber nadar. Dinamiza: Prado Surf INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO Unha forma de iniciarse na práctica deste deporte acuático que combina a destreza, a forza e o coñecemento do mar. Dinamiza: Sociedade Deportiva As Xubias TALLER DE BREAK DANCE Estilo de danza urbana que ten a rúa como principal escenario. Neste obradoiro coñecerase a dinámica dos pasos e o uso no freestyle. Dinamiza: Samuel Galán TALLER DE ARTE E DANZA Obradoiro que busca a expresión a través do movemento e da pintura; conectar a través da danza, a música, o xogo... Empréganse a comunicación non verbal e diferentes mater¡ais, así como técnicas propias da “Danza Movemento Terapia” e de relaxación para conseguir a integración corpo-mente. Dinamiza: Xanzá Movemento Eco Creativo INICIACIÓN AO QUIDDITCH É unha adaptación deportiva do quidditch, deporte ficticio creado por J.K. Rowling na saga de Harry Potter que mestura elementos de rugby, balonmán e balón prisioneiro. Dinamiza: Dementores Quidditch ZUMBA EXPERIENCE Música, fitnnes e... moito ritmo! son as claves desta proposta deportiva que axuda a activar o noso corpo e mente. Dinamiza: Iris Castro

8

INICIACIÓN Á ESCALADA EN ROCÓDROMO Unha oportunidade para tomar contacto co mundo da escalada en rocódromo sen necesidade de ter coñecementos ou experiencia previa. Dinamiza: Agrupación de Montañeros Independentes INICIACIÓN AO BOXEO SEN CONTACTO O boxeo é un dos deportes máis antigos que se coñecen. Neste curso márcase como obxectivo facer unha primeira achega ao mundo do boxeo sen contacto, tanto á técnica coma ás regras para poder practicar esta disciplina. De 16 a 30 anos. Dinamiza: Guantes De Oro Boxing Club CAPOEIRA Introdución á arte de orixe afrobrasileira, onde un número de persoas se reúnen nunha roda e, mentres dous simulan unha loita, os outros tocan instrumentos, dan palmas e cantan. Dinamiza: Capoeira Coruña PILATES Unha forma de achegarnos a esta actividade que consiste nun conxunto de exercicios pensados para fortalecer e tonificar os músculos na procura do benestar. Dinamiza: Iris Castro INICIACIÓN AO FÚTBOL GAÉLICO Xornada de iniciación ao fútbol gaélico, un deporte de orixe irlandesa que congrega aspectos de diferentes deportes como o fútbol, o rugby ou o baloncesto. Dinamiza: Cascarilha Club Fútbol Gaélico DANZAS POLINESIAS Unha oportunidade para coñecer a cultura polinesia a través da súa danza e música, aprendendo a base, técnica e coreografías tradicionais das illas. Dinamiza: Escuela Ora Tahití Galicia FOOTBALL FLAG Trátase dun deporte sen contacto, moi estratéxico e apto para todo o mundo. É ideal para todas as persoas que desexen descubrir unha actividade nova ou iniciarse no mundo do fútbol americano. Dinamiza: Towers Football FREESTYLE SCOOTER DAY Nesta actividade con scooters poderás iniciarte na rodada e facer trucos incribles con módulos de skate park para pasar unha tarde facendo trucos incribles. Dinamiza: Galicia Rollers TAI JITSU: DEFENSA PERSOAL O Tai-Jitsu é unha arte marcial clásica xaponesa, cuxa orixe se remonta ao século XVI. O seu espírito de defensa persoal é unha característica significativa, aínda que non a súa finalidade máis importante. Unha das súas vantaxes é que favorece o autocontrol e autoestima de quen o practica. Dinamiza: Oxígeno Gestión.

Descubre ROTEIROS CIDADE E HISTORIA Percorridos dinámicos pola cidade que permiten mergullarse en diferentes épocas, espazos, personaxes e anécdotas que forman parte da historia da nosa cidade. Os roteiros desta edición son:

- Roteiro: Unha torre de lenda - Roteiro: Personaxes coruñesas II - Roteiro: A Coruña en imaxes: a cidade do século XX - Roteiro: Os misterios do palacio de María Pita Dinamiza: Asociación Cultural Scénica ROTEIRO EN FEMININO Un percorrido por puntos emblemáticos da Coruña lembrando mulleres que contribuíron a conformar a historia colectiva e a identidade tanto dos barrios como da cidade da. Dinamiza: Argallando Mil NA PROCURA DE COGOMELOS Obradoiro para iniciarse na micoloxía e aprender claves de identificación, a recoñecer os grupos máis importantes de fungos, boas prácticas recolectoras, as diferenzas entre especies comestibles e tóxicas… Dinamiza: Oxígeno Gestión TALLER DE ARQUITECTURA: INTERPRETANDO A CIDADE Taller que pretende fomentar desde o lúdico a creatividade e a imaxinación a través do espazo arquitectónico, desenvolvendo a sensibilidade e a capacidade crítica e facéndonos conscientes da cidade que habitamos en termos de mobilidade, natureza, saúde, xénero, ética e estética. Actividade de continuidade: 2 sesións. Dinamiza: Ana Gallego e Paula Mouzo

Crea TALLER DE DESEÑO E ESTAMPACIÓN EN PAPEL Neste obradoiro coñeceremos o mundo da estampación, aproveitando e reinventando materiais para realizar con eles o noso papel estampado. Dinamiza: Empaquetando Ando TALLER DE MICROENCADERNACIÓN Con este taller iniciarémonos en técnicas sinxelas de encadernación vista, onde o cosido ten unha función estética, ademais de necesaria para construír o soporte dos nosos cadernos artesanais, realizados a partir de materiais reutilizados. Dinamiza: Tocamadera TALLER ESCULTURAS MÓBILES Achegarémonos á arte de Alexander Calder, en particular ás súas esculturas cinéticas, de modo que cada asistente fará o seu propio móbil con materiais reciclados. Dinamiza: Manchea TALLER PERSONAXES READY MADE Neste obradoiro aprenderemos a descubrir pequenas historias que nos leven cara a creación das nosas personaxes. Traballando coas mans, e a través do descubrimento, dotaremos diferentes obxectos de calidades escultóricas e discurso narrativo. Dinamiza: Plano Pementa AERÓGRAFO PREHISTÓRICO O obradoiro ten como obxectivo achegar a arte rupestre experimentando coa técnica do estarcido, mediante réplicas e a utilización e construción dun aerógrafo, a partir dun par de palliñas e unha cunca. Dinamiza: Árbore Arqueoloxía


TALLER AGASÁLLATE A charla, de carácter principalmente práctico, está deseñada para mostrar multitude de ideas para regalar o teu tempo a través de proxectos e agasallos, sendo ecoloxicamente responsables e fomentando o espírito creativo. Dinamiza: Totem Gestión TALLER DE CALIGRAFÍA CHINESA Introdución á cultura chinesa a partir do coñecemento da súa escritura e caligrafía. O obxectivo é fomentar o intercambio cultural e espertar o interese por diferentes culturas. Dinamiza: Xing fu TALLER CREATIVO: CREANDO CON PERCHAS Un espazo no que descubrir novas formas e obxectos que se poden facer transformando as perchas de arame e dándolles un novo e creativo uso. Dinamiza: Argallando Mil TALLER DE SCRAPBOOKING: CREANDO AXENDAS Utilizando a técnica do scrapbooking deseñaremos e crearemos de forma totalmente personalizada unha axenda para prepararnos de cara ao vindeiro ano. Dinamiza: Asociación Xiradoira TALLER DE PERSONALIZACIÓN DE GORRAS Neste obradoiro de personalización de gorras trucker deseñaremos letras e graffitis para debuxar no frontal, dándolle ás gorras un estilo propio e único. Dinamiza: Asociación Cultural Vella Escola TALLER DE ESTAMPACIÓN GYOTAKU Un espazo no que achegarse a unha forma distinta de estampaxe natural de maneira amena e vinculando o mar e as artes. O Gyotaku é un tipo de estampación (monotipo), un método tradicional artístico orixinario do Xapón. Dinamiza: Taller de Polo TALLER DE COMPLEMENTOS CON COIRO Con ferramentas artesanais, as nosas propias mans e moita creatividade, as persoas participantes aprenderán as técnicas básicas para traballar o coiro e elaborar pequenas pezas e obxectos. Dinamiza: Dinamo Xestión TALLER DE ESTAMPACIÓN CON CERAS Este taller pretende desenvolver a creatividade e animar os/as participantes a reflexionar sobre a cantidade de residuos téxtiles que xera a industria da moda. A idea é ser conscientes de que podemos reducir o problema reutilizando roupa que xa non usamos cunha sinxela técnica como é o estampado para que volva estar á moda.Dinamiza: Oxígeno Gestión OLEIROS DO PASADO A cerámica é un dos maiores inventos da humanidade, modificou hábitos de vida e facilitou actividades cotiás. Neste obradoiro coñeceremos a importancia da cerámica para envasar alimentos, gardar auga, cociñar… e elaboraremos unha peza tradicional! Dinamiza: ÁrboreArqueoloxía TALLER DE BIXUTERÍA ECOLÓXICA CON PAPEL Neste taller crearemos diferentes elementos decorativos facendo uso de papel de xornal e folletos publicitarios que manipularemos para elaborar contas, coas que, posteriormente, formaremos distintos deseños e composicións. Dinamiza: Tocamadera

TALLER DE PAUS DE CHOIVA Neste obradoiro descubriremos como fabricar este este instrumento musical artesanalmente, ao mesmo tempo que axudamos ao medio ambiente ao reducir resudios e reciclar materiais dándolles unha nova vida coa creación dun novo elemento. Dinamiza: Xanzá Movemento Eco Creativo CARVADO DE SELOS E ESTAMPACIÓN Con este taller aprenderemos a técnica artesanal do tallado de selos que nos permitirá, sen necesidade de maquinaria nin tecnoloxía, mergullarnos no mundo do gravado e a estampación. Dinamiza: Tocamadera TALLER DE CADERNOS DE VIAXE Nesta sesión aprenderemos a confeccionar os nosos propios cadernos de viaxes, utilizando diversos materiais, ferramentas e técnicas sinxelas para realizar fundas ou cubertas que albergarán no seu interior unha serie de pequenos cadernos. Dinamiza: La Bagatela Encadernación TALLER DE ANIMACIÓN EN DEBUXO Este obradoiro propón unha introdución ao debuxo animado a través da concepción dun storyboard e da realización dunha secuencia animada. Dinamiza: Marco Moreira TALLER DE ENCADERNACIÓN CREATIVA Neste obradoiro achegarémonos á encadernación artesanal, empregando varias modalidades de cosido, que utilizaremos para facer os nosos propios cadernos. Dinamiza: Manchea

Experimenta INTRODUCIÓN AOS XOGOS DE ESTRATEXIA Xornada de xogos de estratexia para xerar un espazo de ocio e de intercambio de experiencias con xente que comparte os mesmos gustos e afeccións. Dinamiza: Asociación Draco INTRODUCIÓN AOS XOGOS DE TABOLEIRO Xornada baseada en partidas e torneos de diferentes xogos de taboleiro para coñecer as súas dinámicas e estruturas. Dinamiza: Asociación Draco INTRODUCCIÓN AOS XOGOS DE ROL Estes xogos consisten en contar unha divertida historia na que un/unha xogador/a (director/a de xogo), describe os feitos e reacciona ante as decisións das demais persoas que actúan no rol dos protagonistas. Dinamiza: Asociación Draco TALLER DE TEATRO, XOGO E IMPROVISACIÓN O taller ten como finalidade última procurar un crecemento expresivo e persoal a través do teatro e o xogo dramático, respectando sempre as posibilidades de cada participante en particular. Dinamiza: Martín Melinski INICIACIÓN AO CLOWN Todas e todos temos un pallaso dentro de nós. Neste obradoiro traballaremos as técnicas para atopar o clown, para que cada persoa atope a súa identidade cómica.Dinamiza: Dinamo Xestión /Pedro Brandariz

3, 2, 1 IMPRO Un achegamento á improvisación, a habilidade de contar historias que se crean e desenvolven no instante mesmo de de actuar. Esta técnica axuda ao enriquecemento persoal, xa que desenvolve a capacidade de adaptación , escoita e aceptación, estimula a imaxinación e as habilidades narrativas e predispón ao traballo en equipo. Dinamiza: Marta Iglesias APPLÍCATE NA SEDUCCIÓN Na actualidade, o contacto mediante as redes sociais e apps móbiles é tendencia, polo que as formas de relacionarse e os ritmos tenden a ser diferentes. Neste obradoiro propoñemos traballar a autoestima, as habilidades sociais, a expresión emocional, a sexualidade e as estratexias de sedución á hora de relacionarnos dunha forma lúdica e participativa, poñendo en valor a diversidade extraída das dinámicas propostas. De 18 a 30 anos. Dinamiza: Centro Quérote+ TALLER DE SLACKLINE Neste obradoiro achegarémonos ao mundo da “corda frouxa” (slackline), experimentaremos a sensación de desprazarnos sobre un soporte móbil en suspensión ao mesmo tempo que descubrimos diferentes trucos e técnicas. Dinamiza: Asociación Cultural Vella Escola TALLER DE COCIÑA VEXETARIANA Con este taller pretendemos incentivar o consumo de produtos vexetais entre a mocidade, ademais de animala a meterse máis na cociña, axudala a mellorar os seus hábitos e a previr trastornos alimentarios.Dinamiza: Oxígeno Gestión TALLER COCIÑA TRADICIONAL CHINESA Introdución á cultura chinesa a través da cociña tradicional, co obxectivo de fomentar o intercambio cultural espertar o interese por diferentes culturas. Dinamiza: Xingfu TALLER NATURALMENTE: ZUMES VERDES Xornada na que coñeceremos os ingredientes esenciais para unha vida saudable. Ademais adentarémonos no mundo dos “alimentos verdes” estimulando a mente a través dos produtos que atopamos no noso día a día. Dinamiza: Cornelia Crafts TODO O MUNDO Á MESA Taller nutricional (lúdico e educativo) encamiñado a mellorar os hábitos alimenticios e a espertar, a través dos sentidos, o pracer de comer. Aprenderemos a ver os alimentos desde un ángulo diferente, apreciándoos, tocándoos, cociñándoos e probándoos. Dinamiza: Olga Rodríguez Comí TALLER DE REPOSTERÍA SAUDABLE SEN AZUCRE A repostería asóciase indubidablemente ao azucre, pero hai outras formas de adozar as nosas receitas sen usar azucres refinados. Neste taller coñeceremos as alternativas saudables que hai fronte á repostería caseira típica ou industrial. Dinamiza: Oxígeno Gestión

9


actividades nocturnia nocturnia é o programa de ocio para a xuventude do servizo de mocidade da concellaría de participación e innovación democrática. este ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente nova, de entre

12 e 30 anos, as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana.

outubro 2017 Venres 27 Saída desde o CIAV da Torre de Hércules 20.00 - 22.00 h

ROTEIRO UNHA TORRE DE LENDA Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 23.00 h

BOOTCAMP ROLLER DERBY Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 23.00 h

IOGA TIBETANO E MEDITACIÓN Sábado 28 Saída do Fórum Metropolitano 9.00 - 20.00 h

RUTA SENDEiRISMO: VERDES, RÍO DE VIDA (CORISTANCO)

Pazo dos Deportes de Riazor 20.30 - 22.30 h

INICIACIÓN Á ESCALADA RUTA SENDEiRISMO: EN ROCÓDROMO OS CAMIÑOS DE MUXÍA, HISTORIA E TRADICIÓNS (MUXÍA) Praia de Oza 11.30 - 13.30 h

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO Espazo de Iniciativas Xuvenís 17.00 - 21.00 h

INTRODUCIÓN AOS XOGOS DE ESTRATEXIA Centro social Sagrada Familia 18.00 - 20.00 h

Venres 17

Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

AERÓGRAFO PREHISTÓRICO Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

INICIACIÓN AO CLOWN Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

TALLER DE BREAK DANCE

TALLER NATURALMENTE: ZUMES VERDES

Venres 10

Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 23.00 h

TALLER DE ESTAMPACIÓN CON CERAS

Saída Praza de María Pita 21.00 - 23.00 h

Sábado 18

TALLER DE ARTE E DANZA

ROTEIRO PERSONAXES CORUÑESAS II

Espazo de Iniciativas Xuvenís 20.00 - 22.00 h

Espazo de Iniciativas Xuvenís 21.00 - 23.00 h

RUTA SENDEiRISMO: CASTRO LUPARIO, PAISAXES CON HISTORIA (ROIS)

Praia de Bastiagueiro 11.00 - 13.00 h

INICIACIÓN aO SURF Espazo de Iniciativas Xuvenís 20.00 - 22.00 h

TALLER DE DESEÑO E ESTAMPACIÓN EN PAPEL

NOVEMBRO 2017 Venres 3 Saída Praza de María Pita 20.00 - 23.00 h

ROTEIRO EN FEMININO Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

TALLER DE MICROENCADERNACIÓN Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

TALLER COCIÑA TRADICIONAL CHINESA 10

Sábado 4 Saída do Fórum Metropolitano 9.00 - 20.00 h

BOOTCAMP ROLLER DERBY

TALLER PERSONAXES READY MADE Espazo de Iniciativas Xuvenís 21.00 - 23.00 h

tALLER DE TEATRO, XOGO E IMPROVISACIÓN Sábado 11 Saída do Fórum Metropolitano 10.00 - 14.00 h

NA PROCURA DE COGOMELOS Pazo dos Deportes de Riazor 20.30 - 23.30 h

iNICIACIÓN AO QUIDDITCH

Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 22.00 h

zUMBA EXPERIENCE

Saída do Fórum Metropolitano 9.00 - 21.00 h

Espazo de Iniciativas Xuvenís 17.00 - 21.00 h

iNTRODUCIÓN AOS XOGOS DE TABOLEIRO Espazo de Iniciativas Xuvenís 17.00 - 21.00 h

TALLER AGASÁLLATE Pazo dos Deportes de Riazor 20.30 - 22.30 h

CAPOEIRA Pazo dos Deportes de Riazor 20.30 - 22.30 h

PILATES Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 23.00 h

INICIACIÓN AO FÚTBOL GAÉLICO


1. Bota un ollo a todas as actividades e fíxate nas que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis a idade dentro de cada tramo. 2. Mira as datas, os lugares e as horas en que teñen lugar. Fíxate tamén no número de sesións. 3. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos indicados e consulta toda a información do Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 23.00 h

TALLER DE DANZAS POLINESIAS

programa en www.coruna.es/participacion. Abrimos inscricións os luns ás 16.00 h, e pechamos os xoves, ás 12.00 h ou ao esgotar as prazas. Ah! Se as actividades son de continuidade, só tes que inscribirte unha vez. 4. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

DECEMBRO 2017

TALLER DE ESTAMPACIÓN GYOTAKU

21.00 - 23.00 h

Centro Ágora

TODO O MUNDO Á MESA

Centro Quérote+

Centro Ágora

19.00 - 21.00 h

21.00 - 23.00 h

Centro Ágora

CARVADO DE SELOS E ESTAMPACIÓN

21.00 - 23.00 h

Centro Ágora

TALLER DE CALIGRAFÍA CHINESA

21.00 - 23.00 h

Centro Ágora

TALLER DE CADERNOS DE VIAXe

21.00 - 23.00h

Centro Ágora

TALLER DE COCIÑA VEXETARIANA Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

21.00 - 23.00 h

TALLER DE ARQUITECTURA: INTERPRETANDO A CIDADE

TALLER CREATIVO: CREANDO CON PERCHAS

Saída desde os Xardíns de Méndez

Centro Deportivo A Sardiñeira

ROTEIRO A CORUÑA EN IMAXES: A CIDADE DO SÉCULO XX

20.00 - 22.00 h

INICIACIÓN AO BOXEO SEN CONTACTO

21.00 - 23.00 h

Saída do Fórum Metropolitano

Fórum Metropolitano 19.30 - 21.30 h

oLEIROS DO PASADO Fórum Metropolitano 19.30 - 21.30 h

tALLER DE BIXUTERÍA ECOLÓXICA CON PAPEL Fórum Metropolitano 19.30 - 21.30 h

TALLER DE PAUS DE CHOIVA Espazo de Iniciativas Xuvenís 19.30 - 21.30 h

3, 2, 1 IMPRO

21.00 - 23.00 h

TALLER DE COMPLEMENTOS CON COIRO Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

TALLER DE SLACKLINE Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

TALLER DE ARQUITECTURA: INTERPRETANDO A CIDADE Pazo dos Deportes de Riazor 21.00 - 23.00 h

FOOTBALL FLAG

Núñez (palco da música)

Sábado 2

Sábado 25

Centro Ágora 21.00 - 23.00 h

Centro Ágora

Venres 1

Venres 24

APPLÍCATE NA SEDUCIÓN

Venres 15

9.00 - 20.00 h

RUTA SENDEIRISMO: RUTA DA PEDRA DE DÍAZ CASTRO (GUITIRIZ) Espazo de Iniciativas Xuvenís 17.00 - 21.00 h

Sábado 16 Palacio de María Pita 11.00 - 13.00 h

ROTEIRO: OS MISTERIOS DO “PALACIO” Pazo dos Deportes de Riazor 18.00 - 21.00 h

fREESTYLE SCOOTER DAY Pazo dos Deportes de Riazor 20.00 - 22.00 h

TAI JITSU: DEFENSA PERSOAL Centro Ágora

- 23.00 h INTRODUCIÓN AOS XOGOS DE rol 19.00 TALLER DE ANIMACIÓN EN DEBUXO Espazo de Iniciativas Xuvenís 19.00 - 21.30 h

Centro Ágora

TALLER DE SCRAPBOOKING: CREANDO AXENDAS

20.00 - 22.00 h

Centro social Sagrada Familia

Centro Ágora

17.00 - 21.00 h

20.00 - 22.00 h

TALLER DE PERSONALIZACIÓN DE GORRAS

TALLER DE ENCADERNACIÓN CREATIVA TALLER DE REPOSTERÍA SAUDABLE SEN AZUCRE 11


AXENDA A CORUÑA OUTUBRO-DECEMBRO 2017 Ata o 30 de outubro Aquarium Finisterrae

Exposición: Fotógrafos da natureza 2017 Ata o 30 de outubro Casa Museo María Pita

Exposición de Esther Domíguez Egana

28 de outubro Centro Ágora. 18.30 h

Artes escénicas: Ciclo Todo público: Bala perdida, de Títeres Cachirulo Do 1 de novembro ao 31 de decembro Casa Museo María Pita

23 de novembro Coliseum. 20:15 h

Música: Concerto de Shakira, xira El dorado 23 de novembro Fórum Metropolitano. 20.30 h

Artes escénicas: Anónima18, de Ditirambo Teatro

Exposicións da XXXV 24 de novembro Centro Ágora. 21.00 h Edición do Certame OUTONO Exposición de Gustavo Música: Concerto de Susana FOTOGRÁFICO García Roig Seivane, proxecto FA Do 1 de novembro ao 31 de decembro Ata o 5 de novembro Casa Museo Casares Quiroga Sala de exposicións 25 de novembro Salvador de Madariaga Planetario da Casa das Ciencias Exposicións da XXXV Exposición: Dessins en Edición do Certame OUTONO 11.00 h: proxección O ceo para enterados liberté (Alianza Francesa) FOTOGRÁFICO 12.00 h: proxección Ata o 19 de novembro 3 e 4 de novembro Kiosco Alfonso O ceo do mes Teatro Rosalía Castro. 20.30 h Exposición: Fernando Rey. Artes escénicas: Ciclo Do 28 de novembro ao 4 de decembro Fórum Metropolitano Cabaleiro do cinema Principal: Todo el tiempo Exposición fotográfica: (1917-2017) del mundo , de Pablo Messiez Aprende a mirar Ata o 25 de novembro Ata o 30 de outubro Casa Museo Casares Quiroga

Fórum Metropolitano. 20:30 h

7 de novembro Centro Ágora. 20.00 h

Artes escénicas: Ciclo Sen Audiovisual: O DOCUMENTAL numerar. Outono 2017 DO MES: Amazona, de Clare Ata o 16 de decembro Teatro Rosalía Castro. 20:30 h Weiskopf Artes escénicas: Ciclo Do 7 de novembro ao 14 de decembro Museo de Arte Contemporánea Gas TRC danza 2017 Natural Fenosa - MAC Ata o 31 de decembro Casa das Ciencias Obradoiro: Técnicas avanzadas con After ExposiciónS: Effects - Visións do futuro 11 de novembro - A astronomía como Centro Ágora. 20.00 h cha contan Artes escénicas: Ciclo Ata o 31 de decembro Fundación Luis Seoane Ilusiooóh!: Tresperté, Exposición: Luis Seoane. de Antonio J. Gómez Módulo didáctico Do 16 de novembro ao 21 de decembro Ata o 6 de xaneiro de 2018 Sede Afundación

Exposición: A arte no cómic 28 de outubro Planetario da Casa das Ciencias 11.00 h: proxección

O ceo para enterados 12.00 h: proxección

O ceo do mes 12

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa - MAC

Obradoiro: Oratoria: aprehender a transmitir 17 e 18 de novembro Teatro Rosalía Castro. 20.30 h

1 e 2 de decembro Teatro Rosalía Castro. 20.30 h

Artes escénicas: Ciclo Principal: Lorca, la correspondencia personal, de Federico García Lorca, por Histrión Teatro 2 de decembro Fórum Metropolitano. 18.30 h

Artes escénicas: Ciclo Todo público: La gallina de los huevos de oro, de Zum-Zum Teatre 5 de decembro Centro Ágora. 20.00 h

Audiovisuais: O Documental DO MES: Free Lunch Society, de Christian Tod 5 e 6 de decembro Teatro Rosalía Castro. 20.30 h

Artes escénicas: Ciclo Principal: Normas para saber Artes escénicas: Ciclo vivir en la sociedad actual, Principal: Resaca, de Tito Asorey e Ana Carreira de Jean-Luc Lagarce


NON PERDAS... Do 7 ao 10 de decembro Pazo da Ópera. Varios horarios

Un outono de teatro Sen numerar

Artes escénicas: Priscilla Reina del Desierto, el musical

Desde principios de outubro ata mediados de decembro o Fórum Metropolitano acolle a programación dun ciclo, que Coruña Mutante che recomenda non perder para estar ao tanto do que acontece sobre os escenarios locais e estatais. Este é Sen numerar, e complementa a actividade de artes ao vivo ofrecida desde a área de Culturas no Ciclo Principal do Teatro Rosalía Castro e a través de iniciativas como Fórumáxico ou Ilusiooóh! Non te vas aburrir este outono na Coruña!

Do 14 de decembro ao 2 de febreiro Sala de Exposicións Salvador de Madariaga

Coa representación de Goldi Libre, do Grupo Chévere, deu comezo o 7 de setembro unha programación, que este ano ten a temática social como fío condutor. Goza de cada función no Fórum Metropolitano ás 20.30 h!

Exposición: Coruña gráfica

16 de decembro Centro Ágora. 20.00 h

Artes escénicas: Ciclo Ilusiooóh!: Up2Down, de Marta Alonso e Paula Quintas 16 de decembro Fórum Metropolitano. 18.30 h

Artes escénicas: Ciclo Todo público: Lágrimas de cocodrilo, de La Pera Limonera 21 de decembro Teatro Rosalía Castro. 20.30 h

Artes escénicas: Ciclo Principal: Castrapo, de Os Náufragos 22 e 23 de decembro Teatro Rosalía Castro. 20.30 h

Artes escénicas: Ciclo Principal: La ternura, de Alfredo Sanzol 30 de decembro Planetario da Casa das Ciencias 11.00 h: proxección

_ 27 e 28 de outubro. Mosca, de Sudhum Teatro. Esta peza trae a escena o acoso escolar. _ 10 de novembro. Helena, xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco. Teatro do Atlántico reivindica con esta obra a dignidade da muller. _ 25 de novembro. España Ingobernable, con Alberto San Juan e Fernando Egozcue. San Juan, acompañado da guitarra de Egozcue, pon de manifesto a loita cidadá na historia do Estado desde a II República ata a actualidade a través de textos e cancións.

Un universo de vangarda sobre as táboas A danza contemporánea ten o seu lugar cada tempada no Teatro Rosalía grazas a TRC danza, que busca poñer en valor a danza e as artes en movemento ao tempo que lle descobre ao público grandes creacións contemporáneas. Ofrécense dez espectáculos ao longo do ano e agora chega ao seu final con catro actuacións que non podes perder. Anota na túa axenda, no Teatro Rosalía Castro ás 20.30 h. _ 28 de outubro. Lur away, de Sra Polaroiska. En Lur away, Sra. Polairoska propón un dispositivo coreográfico onde se xera unha relación directa co público e coa figura do espectador dentro da escena onde se configura a obra. _ 11 de novembro. Kokoro, de Laly Ayguadé. A creadora e bailarina catalá Lali Ayguadé, amósanos en Kokoro catro brillantes intérpretes –Anna Calsina Forrellad, Nick Coutsier, Sergi Parés e Diego Sinniger de Salas– con catro identidades en transformación. _ 24 de novembro. Áureo, de Dantzaz Elkartea. Áureo é un conxunto de cinco pequenas pezas con distinta linguaxe, que conforman un “menú degustación” asinado polos coreógrafos e coreógrafas Itzik Galili, Lukas Timulak, Jone San Martín, Christine Hassid e Judith Argomaniz. _ 16 de decembro. 20.30 h. El quinto invierno, de Mal Pelo. Mal Pelo é unha das compañías máis sólidas do Estado, galardoada co Premio Nacional de Danza pola súa traxectoria, creada por María Muñoz e Pep Ramis. En El quinto invierno preséntannos a relación entre dúas persoas nun espazo onde “agardan en silencio” a que pase outro inverno.

O ceo para enterados 12.00 h: proxección O ceo do mes

13


proxecto cárcere A xuventude é unha etapa de participación, acción e descubrimento Hai oito anos que o cárcere da Coruña pechaba as súas portas definitivamente. O edificio singular, primeiro centro penal e logo centro de reinserción social, cunhas vistas privilexiadas da Torre de Hércules, quedaba abandonado á súa sorte á procura dun uso que, co andar dos anos, non chegaba. Case de forma paralela comezou a traballar Proxecto Cárcere, unha plataforma cidadá, agora asociación sociocultural, que mantén a reivindicación da apertura do cárcere para uso da poboación da Coruña e baixo a xestión dos propios usuarios e usuarias. Agora celebran que a súa proposta de conversión do cárcere nun centro sociocomunitario e de memoria, con xestión e participación cidadá, foi escollida polo Concello da Coruña para xestionar o espazo durante un ano. E non lles faltan forzas, ganas e ilusión. Falamos con Alberto Fortes, un dos voceiros da plataforma, quen sinala a mocidade da Coruña como un dos piares fundamentais para que o espazo do presidio teña vida e uso continuo.

Tedes un ano por diante para levar a cabo o proxecto de “Proxecto Cárcere”. En que consistirá?

A proposta presentada ao Concello da Coruña para a xestión do espazo incorpora todo o traballo feito nestes sete anos de investigación, xunto con propostas concretas das persoas que se foron sumando nesta última etapa. O principal obxectivo é que o espazo sexa utilizado gradualmente e se lle dea uso de acordo coas necesidades da xente. Por iso, expomos un modelo de xestión onde as portas estean sempre abertas á cidadanía e, especialmente, a aqueles proxectos e iniciativas que poidan encontrar máis dificultades de realización noutros espazos máis convencionais.

Proxecto Cárcere é unha entidade aberta e, como tal, pode colaborar calquera persoa. Existen diferentes modos de intervención, que van desde a incorporación ao proceso e a participación activa nas asembleas mensuais e nos grupos de traballo, para colaborar na xestión, na comunicación, na formación e na creación e realización dos proxectos, á presentación dunha iniciativa concreta para desenvolver no antigo presidio ou a visita ás exposicións e a participación nas actividades programadas. A mocidade que queira incorporarse, colaborar co proxecto ou, simplemente, propoñer algunha actividade no edificio pode contactarnos a través das redes sociais ou do correo electrónico.

Quen pode sumarse ao proxecto e que se pode achegar?

Como é este modelo de autoxestión de espazos e que supón?

Calquera persoa pode sumarse. Nós facemos asembleas, distribuímos o traballo por grupos en base ás distintas necesidades do proxecto e particípase segundo a dispoñibilidade de cadaquén. Agora que se vai abrir o cárcere, seguro que vai facer falla levar a cabo outras tarefas máis concretas e serán necesarias persoas que colaboren. O mellor é que nos escriban a proxectocarcere@gmail.com e se acheguen sen compromiso.

Ten a mocidade da cidade un papel importante nesta iniciativa?

A mocidade é un dos colectivos máis activos que pode existir na cidade e cremos que pode ser un dos piares fundamentais para que o espazo do cárcere teña vida e uso continuo. A da xuventude é unha etapa de participación, acción e descubrimento, características que están dentro do proceso de Proxecto Cárcere.

14

Como pode participar?

O modelo que se levará a cabo céntrase na xestión cidadá dos espazos, sen tutela da administración. A autoxestión, na que todos os procesos son decididos asembleariamente por consenso e sen inxerencias externas, será o modelo a abordar, promovendo a confianza, o respecto e o coidado das relacións que teñan lugar no cárcere. A veciñanza ten a opción de, se o desexa, participar na xestión e decidir sobre o devir do espazo. É unha posibilidade, que non unha obriga, porque tamén se pode simplemente asistir como público ás actividades que alí teñan lugar ou participar dunha forma menos activa. Ademais, búscase un sistema aberto de avaliación cidadá que permita analizar o traballo desenvolvido para poder realizar melloras.

Este modelo poderíase extrapolar a outros espazos?

Por suposto. Nós cremos que este modelo non é válido só para o cárcere, senón que moitos outros espazos poderían ser xestionados pola veciñanza de forma verdadeiramente horizontal. Sería interesante,

por exemplo, a creación dun rexistro de espazos de propiedade pública sen uso para poñelos a disposición daquelas persoas ou colectivos que precisen dun lugar ou que se comprometan a darlles vida e poñelos ao servizo da comunidade. Hai uns anos, Proxecto Cárcere fixo a convocatoria fotográfica “Coruña baleira”, precisamente para visibilizar os edificios sen uso na cidade, na súa grande maioría sen ningún tipo de mantemento ou conservación. Existen modelos de xestión veciñal ou de autoxestión anteriores a Proxecto Cárcere que nos serviron de modelo, como Can Batlló en Barcelona, a Tabacalera en Madrid e a Casa Colorida en Nigrán.

Cando se poderá ver o froito deste traballo e que imos atopar no cárcere?

Na actualidade estamos á espera de saber como se están a desenvolver as obras de rehabilitación do cárcere, que, se supón, rematarán a finais de ano. Neste período de tempo estarase a traballar para que materialicen algunhas das propostas realizadas inicialmente: creación dunha biblioteca, dunha escola cidadá e dunha radio, dun lugar de reunión para asociacións e doutro de autorreparación de bicicletas...

Que resposta agardades?

Desexamos que coa apertura da prisión a veciñanza do barrio de Monte Alto, a cidadanía da Coruña e da contorna poidan utilizar os espazos do edificio, descoñecidos para moitos e moitas, e que estes lles dean resposta ás necesidades de persoas e colectivos que ata o de agora non dispoñían dun lugar axeitado para desenvolver as súas actividades.


Deixa atrás o convencional e lánzate ao hiperespazo! Se por algo nos caracterizamos os e as mutantes é en que nos gustan os cambios, os que son para ben e os que melloran as nosas vidas, as da nosa veciñanza e a da nosa cidade. Por iso sabemos que che vai gustar esta nova travesía na que as Concellerías de Participación e Innovación Democrática e a de Culturas, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña te invita a participar. Pon atención e toma nota das próximas “Xornadas sobre xestión innovadora de espazos culturais e sociocomunitarios.” Que cousas imaxinas que poderían suceder no centro municipal do teu barrio? Que proxectos che gustaría levar a cabo na cidade? Queres coñecer dimensións paralelas? Pois anímate a participar nas xornadas Hiperespazos. A casa fóra da casa, que terán lugar os días 21, 22 e 23 de novembro no Centro Ágora. Esta cita ten como obxectivo a reflexión conxunta sobre os usos e a forma de xestionar os espazos e equipamentos institucionais existentes na cidade da Coruña. Ademais, poderanse coñecer exemplos inspiradores da península que funcionan de xeito innovador arredor de diferentes conceptos como os de residencia artística, planificación e uso integral de espazos culturais e sociocomunitarios e aposta polo talento artístico e polo desenvolvemento da creatividade de cada territorio. O que che propón con estas xornadas o teu Concello é que te lances ao hiperespazo. Que que é isto? O hiperespazo é a indefinición, o misterio, o infinito, o que non ten fronteiras e, polo tanto, é un lugar onde podemos reinventarnos ou repensarnos. E isto é no que se converterá o Centro Ágora en novembro, nun lugar preparado para a experimentación, nun espazo baleiro, flexible e aberto, disposto a ser habitado de tal xeito que poida darse ese paradoxo tan especial e inspirador: o de sentirse como na casa, aínda estando fóra da casa. A cidade da Coruña quere imaxinar alén do xa coñecido e contar coa túa axuda para comezar a bosquexar conxuntamente coa cidadanía un horizonte aberto, libre e plural para a convivencia e o desenvolvemento creativo dentro dos equipamentos municipais. Así que toma nota e apunta na axenda a data das xornadas sobre residencias artísticas e xestión innovadora de espazos culturais e sociocomunitarios Hiperespazos, a casa fóra da casa. Non queda moita máis que dicir, polo que, mutantes, ide ao hiperespazo! Porque, como din desde a organización desta actividade: “Sodes o futuro mutante que aínda ninguén entende, pero que xa existe, e a vosa mirada é fundamental para crear unha galaxia monstruosamente diversa e multiforme”. Nós non a imos perder!

SIGUE A PISTA de...

SIGUE A PISTA de...

bea lema

Bea Lema (A Coruña, 1985) naceu, creceu e segue residindo en Monte Alto. Amante do seu barrio, da danza clásica e contemporánea (que practica), das camiñadas polo monte e das xornadas interminables de praia, cultiva a súa inquedanza cultural e artística como unha constante na súa vida. De pequena xa lle fascinaba debuxar, ata o punto de facelo de forma obsesiva! Estudou Deseño de Produto “polo de facer algo que teña saída”, o que a levou a traballar en Sargadelos e a participar na creación do proxecto Leledacuca, onde deseñaba produtos que mesturaban o deseño contemporáneo coa artesanía tradicional. En 2015 descubriu as feiras de autoedición, un sector no que atopou moita frescura e positivismo pola posibilidade de crear só con ideas, papel e lapis. Así que retomou a súa vocación, aquela que a levaba de nena a forrar as paredes da casa coas súas particulares obras de arte, e comezou a debuxar de novo. E menos mal!, porque vén de gañar o Premio Castelao de Banda Deseñada que desde hai doce anos outorga a Deputación da Coruña. Un “xute de enerxía que fixo que confíe máis no meu traballo, que me ilusione e que siga adiante con máis forza”. Premiárona pola súa primeira novela gráfica O Corpo de Cristo, na que segue a traballar para publicala na vindeira primavera. Pero, ademais, trátase da primeira muller que recibe este galardón, o que cualifica como “unha realidade agridoce, xa que pon de manifesto que as mulleres seguimos sen estar representadas de maneira paritaria en numerosos ámbitos. Pero a parte positiva do titular é que cada vez somos máis conscientes da falta de representación feminina, así que é cuestión de tempo chegar a participar de maneira igualitaria na sociedade. Estamos no camiño”. E está claro que Bea deu un primeiro e importante paso para que sexa deste xeito. E agora que? Pois ademais de traballar en O Corpo de Cristo, prepara unha colaboración co proxecto de Programación Expandida TRC Danza, onde ofrecerá a súa visión da danza desde o debuxo. Podes ver e seguir o seu traballo na web www.bealema.com/ ou no seu Instagram. Pero, primeiro, coñécea un pouco mellor coas súas respostas ao cuestionario mutante.

Unha ilustradora ou ilustrador?

Unha inspiración?

Unha novela gráfica?

Un recordo da nenez/ adolescencia...?

Saúl Steinberg

R.I.P., de Alfonso Almendros

Un libro?

El drama del niño dotado, de Alice Miller

Unha película?

El Sirviente, de Joseph Losey

As bibliotecas son para min un lugar onde inspirarse

Os veráns da infancia en que tiñas tempo de aburrirte das vacacións

Unha inquedanza? Viaxar

Un sono feito realidade?

Unha canción?

Pintar unha superficie grande, concretamente un coche

Unha rede social?

Un asunto pendente

Instagram

Aprender inglés

Un adianto tecnolóxico?

Unha elección

Tres veces te engañé, de Paquita la del Barrio

IPad Pro + Apple Pencil + Procreate. Todo o que necesitas para debuxar na tableta

Un recuncho da Coruña para escapar? A contorna da Torre de Hércules

Un recunho da Coruña para divertirse? A Nave 1839

Vivir aquí

Se non foses ilustradora/ autora, serías…? Bailarina

O teu próximo proxecto?

A miña primeira novela gráfica O Corpo de Cristo, que se editará en primavera

Alguén a quen mereza a pena seguirlle a pista? Santiago Sierra

15


CORUÑA XUVENTUDE

Revista coruña mutante_06  
Revista coruña mutante_06  

Chega á rúa o último número do ano de Coruña Mutante! E é que, ademais de presentarche a programación de Nocturnia para os dous últimos mese...

Advertisement