Glosario da arte contemporánea glosario da arte universidade de vigo

Page 17

inestimable supervisión do director do proxecto, experto no traballo con córpora paralelos e comparables. Esperamos que nunha versión futura poidamos contar en primeiro lugar con máis tempo, e en segundo lugar coa colaboración de expertos non só en arte contemporánea, mais tamén en terminoloxía.

6. Tratamento e resolución dos casos problemáticos

Foron numerosos os problemas confrontados durante a realización do traballo. A escasa presenza do galego en internet dificultou grandemente a obtención de textos para elaborar os córpora. Isto resulta evidente estatisticamente cando consideramos os datos proporcionados por Guinovart (2003) no seu estudo sobre a utilización da lingua galega en internet, onde o uso do galego só representaba nesa data o 0,014% do número de páxinas indexadas para a lingua galega (efectuado polo buscador Alltheweb, o cal xa non permite a utilización do galego como criterio de filtraxe). Independentemente destes datos, que resultaron patentes durante o proceso de compilación de textos, esta ausencia do galego en internet foi aínda máis evidente no relativo á disciplina que nos ocupa. Por exemplo, no CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual) só o 7,06% do corpus está dedicado á área temática da cultura e das artes, dentro da cal se atopa a subárea das artes gráficas e plásticas. En canto á pescuda de textos electrónicos para elaborar os córpora, resultou unha gran limitación a imposta polo devandito, isto é, a inexistencia de motores de procura que permitisen utilizar a lingua galega como criterio de filtraxe. Decidiuse finalmente utilizar google como ferramenta de traballo e incluír palabras que se utilizan unicamente en galego, como “unha”, “cos”, “coas”, etc., xa que a inexistencia de portais de arte na nosa lingua obrigounos a levar a cabo unha procura xeral de textos escritos en galego sobre a arte contemporánea. Resultaron bastante útiles na

nosa

tarefa

páxinas

como

www.vieiros.com,

www.culturagalega.org

ou

www.compostelacultura.org, posto que tratan sobre a actualidade en Galicia e acostuman incluír seccións que informan sobre a inauguración de exposicións e eventos culturais e artísticos. Como xa mencionamos repetidas veces, a escasa utilización do galego en internet en comparación co inglés resultou evidente durante a realización do glosario. Existen poucas ou ningunha páxina web dedicadas á arte escritas integramente en galego, agás as páxinas web de galerías, salas de exposicións e museos galegos (MARCO, CGAC, A Chocolataría, etc.) e isto dificultou enormemente o proceso de 16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.