Restauración dos retablos da Capela Xeral de Ánimas en Santiago de Compostela

Page 82

con etanol a policromía circundante a cada zona tratada, para evitar que quedase na superficie calquera resto de produto. Habitualmente o silicato de etilo ofrece resultados a partir de tres semanas. Porén, nesta obra, ben sexa porque as condicións de temperatura e humidade non sexan óptimas para o correcto funcionamento do produto ou por outras causas, non se obtiveron os resultados esperados. Por este motivo na zona inferior do retablo R2 realizáronse probas con oxalato de amonio e con hidróxido de bario, para comparar resultados cos obtidos co silicato de etilo, pois estes tres produtos foron os aplicados polos técnicos do OPD de Florencia. fig. 31. Aplicación de CALOSIL® en dous anacos de estuco atopados baixo o banco de altar.

fig. 32. Retablo 3. Limpeza dos restos de adhesivo sobre a película cromática.

Á vista dos resultados, que non satisfacían as nosas expectativas, buscáronse outras opcións, de natureza mineral, que lograsen unha consolidación máis efectiva. Decidiuse aplicar CALOSIL®, que pola súa composición a base de hidróxido de cal sería un material totalmente idóneo. As probas realizáronse en dous anacos de estuco, atopados no chan ao retirar a mesa de altar, de imposible recolocación. Non se probou directamente na obra, pois ao ser un composto novo descoñeciamos os seus tempos de actuación e as proporcións en que sería eficaz. Escolléronse dous anacos de estuco xa que o produtor nos ofreceu dúas modalidades: CALOSIL-E® e CALOSIL-IP®. Na ficha informativa deste produto sinálase unha maior efectividade en uso combinado cun éster silíceo que, á súa vez tamén se presenta en dúas modalidades: FUNCOSIL 100® e FUNCOSIL 300®. Desta maneira comparáronse ambas pezas para medir o resultado de cada tipo de CALOSIL®, e dentro de cada anaco comparamos a eficacia do uso combinado do éster [fig. 31]. Os resultados foron óptimos conseguindo un grao de cohesión que permitiu a posterior adhesión da película cromática. II  Fixación da película pictórica

82

fig. 33. Retablo 3. Aplicación de presión e calor con espátula térmica.

Para a readhesión da película pictórica utilizouse PRIMAL E-330® ao 5% en etanol. Previamente se humectou a zona con etanol ao 80% en auga desionizada. O uso desta resina deu un resultado moi satisfactorio. Ademais a súa aplicación en tan baixa proporción favorece a súa rápida absorción e limpeza dos posibles restos que poidan quedar en superficie [fig. 32]. Nalgunhas zonas foi necesario o uso da espátula térmica, interpoñendo papel Melinex® [fig. 33], ben para garantir unha total adhesión naquelas partes nas que a capa pictórica alcanzaba un grosor maior, ou ben para conseguir unha superficie continua onde a policromía amosaba multitude de craqueladuras.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.