Page 1

LOIA

COORDINADOR DA EDICIÓN

XOSÉ MANUEL PEREIRO

HOMENAXE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

MMXI


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 1


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 2


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Página 3

LOIA

COORDINADOR DA EDICIÓN

XOSÉ MANUEL PEREIRO


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 4

ISBN 978-84-92923-21-2

DEPร“SITO LEGAL C 918-2011


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 5

LIMIAR POR

RAMร“N VILLARES Presidente do Consello da Cultura Galega


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 6


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Página 7

Loia ou o fardel dos soños primeiros

Os galegos trasterrados levan consigo a saudade da terra que deixaron Tamén acontece no caso dos estudantes universitarios que, por non teren acubillo académico na súa terra, foron estudar a outros lugares E alí, fose en Madrid, Barcelona, Salamanca ou Roma, abrollaron espléndidas iniciativas culturais, en forma de publicacións, agrupacións culturais e literarias ou xermolos de futuros movementos políticos Un exemplo deste tipo de iniciativas é a revista Loia, obra dun fato de mozos instalados temporalmente no Madrid dos anos setenta, entre os derradeiros golpes do tardofranquismo e as primeiras badaladas do que logo se coñecería como “Transición democrática” Aqueles mozos, universitarios e inquedos, asomados á contracultura underground, urbana e universitaria do Madrid previo á “movida”, apostaron pola reflexión e pola acción, polas sinerxías de grupo e polo impulso colectivo, innovador e rupturista E así agromou Loia, unha publicación galega alternativa Foron catro números que viron a luz entre 1975 e 1978, que acolleron entre outras achegas as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro, prematuramente desaparecido, quen neste 2011 lle dá nome, rostro e obra ao Día das Letras Galegas Tal foi a vontade da Real Academia Galega de se sumar a esta recuperación dunha figura algo maldita e dunha xeración radical e urbana O Consello da Cultura Galega adoita sumarse cada ano á gran festa da lingua, a literatura e a cultura galegas cunha publicación facsimilar que vén a subliñar e divulgar algún trazo da obra da figura senlleira evocada na efeméride Neste ano pensamos en rescatar as páxinas de Loia, revista feita con escaseza de medios e con algúns, inevitables, soños rotos Pero tamén con talento, xenerosi7


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Página 8

dade e compromiso para abrir fiestras e albiscar rumbos e horizontes novos Quizais porque, como escribira o Lois, “precisabamos animar ao sol a saír” e “precisabamos animar á choiva a saír”. O Lois Pereiro andou por estas páxinas na compaña do seu irmán Xosé Manuel –moito agradecemos o seu apoio e axuda para dar a lume estas páxinas daquela revista–, de Manuel Rivas, Antón Patiño e Menchu Lamas, Delfín Mariño e dalgúns algo menos mozos ca eles (Fermín Bouza, Vicente Araguas), conformando un equipo novo e plural, no que artes e literatura, xornalismo e banda deseñada andaban de parcería Fica na memoria agora rescatada “O campo das ratas” e o arrepío núo da morte E a inevitable inadaptación dos novos naquela prolongación tan alongada e pétrea aludida, ou así, en “Dispois do tempo frío!”, poema en que Lois Pereiro sente que: Dispóis do tempo frío sabes que estamos perdidos entre un pouco de violenza. […] Pero dimpóis disto queda o silenzo en guerra.

Quince anos despois da desaparición física do poeta Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), este libro déixanos ver anacos dos seus comezos, que moi logo agromarían na efervescencia cultural dos anos 80 É obra individual e tamén grupal, que loitaba por sumarse ao inacabable diálogo coa contemporaneidade Con esta edición facsimilar queremos contribuír ao rescate da dimensión contemporánea e radical dun autor, individualista e escéptico, comprometido e distante, silandeiro e falador á súa maneira, finalmente convertido nun autor de culto que hogano, por decisión da RAG, pasará a ser autor medianamente popular Os textos que acompañan esta edición facsimilar contextualizan a revista e reviven unha parte daqueles soños primeiros dos que esta8


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Página 9

ban chamados a contribuír, xunto con outros grupos formados nas cidades de Vigo e d’A Coruña a darlles novos azos á cultura e á literatura galegas Algúns textos son obra dos promotores da revista (Pereiro, Rivas, Patiño), o que lles permite ollarse a si mesmos nun espello que ten máis anos dos que eles tiñan cando o construíron Outro texto é debido á pluma de Helena González, profesora de literatura galega na Universitat de Barcelona, que conxunta pericia profesional e sensibilidade de “residente ausente” No seu conxunto, textos e facsímile forman agora unha nova unidade que debe resistir máis comodamente o paso do tempo Como o resiste aquela obra auroralmente publicada en Loia por unha xente moza que non podía saber a onde chegaría, pero que era consciente de que debía cambiar o mundo Esta pouco coñecida revista é a mellor expresión daqueles soños e utopías que, polo menos en parte, se volveron realidade Non é pequena seitura poder comprobar agora que aquela fondura poética de Manuel Rivas ou do homenaxeado Lois Pereiro, as habilidades organizativas de Xosé M. Pereiro ou a capacidade creadora de Antón Patiño son agora froita ben madurecida no seo da cultura galega

9


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 10


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 11

UN ANTIMANIFESTO CHAMADO LOIA POR

XOSร‰ MANUEL PEREIRO


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Pรกgina 12


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Página 13

Na década dos 70, a poesía en Galicia era en certa forma −non na pexorativa− un koljós. Un campo común traballado individualmente, no que se mesturaban as referencias rurais, propias ou en homenaxe ao mundo que preservara o idioma, coa reivindicación social e nacional. Os mozos creadores formaban colectivos de axitación lírica e brandían manifestos, arremetendo contra o que había e reclamando o que debería de haber. Loia era todo o contrario, aínda que acabaría sendo o mesmo. Foi un antimanifesto que se converteu en manifesto. Quizais polas características dos integrantes. Unha revista de poesía feita en parte por xentes que non eramos poetas. Érao Lois Pereiro. Manuel Rivas érao, pero tamén narrador e xornalista. Non o eramos nin Antón Patiño, nin Menchu Lamas, nin eu. Fermín Bouza e Vicente Araguas tiñan días e algún colaborador, como Delfín Mariño, nin escritor era, aínda que resultou selo. É unha revista galega feita por xente que se coñeceu en Madrid (quitado a obvia excepción de Lois e eu). Manolo e eu atopámonos en 1973, acabados de chegar á Facultade de Ciencias de la Información, identificados −e mesmo acurralados− polo acento. Despois seguimos xuntos, protexéndonos lombo contra lombo, como nas películas, contra a realidade mediocre da universidade e do Madrid da época. Como eramos novos e tiñamos tempo, pensabamos que podiamos e debiamos saltar ese valo e ir máis alá. Argallabamos actos culturais, concertos (Miro Casabella, Benedicto e Bibiano) e representacións teatrais (Teatro Circo), vendiamos libros de Galaxia na Facultade…, todo con bastante ánimo e nulo beneficio. Un día ocorréusenos (penso que a el) que, como eu tiña un irmán poeta en Monforte, podiamos facer unha revista. A Manolo faláranlle dun rapaz tamén de Monforte (que eu non coñecía) que debuxaba moi ben. Chamábase Antón Patiño e resultou ter unha moza, Menchu Lamas, que tamén facía deseños. Quedamos unha tarde os catro no café Tambor, en Argüelles, un daqueles novos locais para xente enrollada, con cadeiras de 13


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:30

Página 14

enea e mesas de aglomerado pintado, que empezaban a agromar entre as cafetarías e snacks-bar de formica e cromados que constituían tamén o mediocre panorama hostaleiro da época (o que non impedía que no Tambor nos espetasen doce pesetas por un café con leite, como comprobamos con espanto de rústicos chegados á capital). Falamos e fumamos e seguimos falando e fumando (daquela fumabamos todos, e en todas as partes). Queriamos facer unha revista distinta, que tamén saltara os valos, aínda que fosen outros. Tiñamos claro o que queriamos, ou máis ben o que non queriamos. Non queriamos ser serios, nin épicos, nin marcar camiños polos que habían discorrer outros. Teño claro que Manuel Rivas era o ideólogo, o director implícito, que propoñía colaboradores. Lois mandaba os poemas e logo comentaba: “Umm... Quedou ben”, co seu sorriso tenro. Eu era o secretario de organización e capataz. Entre outras cousas, porque Rivas volveu a Galicia a traballar na metade da carreira, e foi facer o servizo militar a Donosti. Soamente ía a Madrid a examinarse ou dar unha volta, polo que o labor da redacción faciámolo por carta. Daquela, como eu vivía preto da facultade, debía de ser o único dos amigos da miña promoción que asistía ás 9 da mañá ás aulas da materia que pomposamente se chamaba “Tecnología de la Información”, e na práctica se reducía a aprender o uso do tipómetro −e por iso era coñecida como “la asignatura de la reglita”− para cadrar e compoñer textos. A iso se debeu que en Loia (como logo en La Naval), a miña tarefa principal fose o deseño gráfico. Antón Patiño e Menchu Lamas eran os encargados de darlle altura gráfica ao resultado, sancionar as miñas propostas e debater sobre deseño e o mundo en xeral, cousa que faciamos no micropiso que habitaban en Malasaña (tan micropiso que durmían debaixo do estaribel onde gardaban os cadros, co risco de morrer esmagados pola propia obra) e no que eu me presentaba estratexicamente un pouco antes da hora da merenda. Foi Manolo, que xa apuntaba a súa teima de incluír paxaros na súa obra, quen propuxo chamarlle Loia (prevendo sen dúbida que logo a compararía cun pardal no metro), presentando como argumento o dicionario galego-castelán de Galaxia, no que figuraba coas acepcións de “alondra”, “patraña, mentira inventada para engañar”, “rumor” e “alabanza”, polisemia ampla e contraditoria que nos seduciu de inmediato por axeitada ao obxectivo. 14


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 15

Cartas de Manuel Rivas a Xosé Manuel Pereiro, desde Galicia ou desde o cuartel de Donosti onde facía o servizo militar, con indicacións para a edición de Loia. 15


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 16

O primeiro resultado desa sobredose de fume, cafés e colacao con galletas, o número 1, saíu a fins de 1975. A portada era unha páxina coa filmografía de Tarzán, arrincada probablemente dunha das revistas de cine que mercaba Lois, na que o lugar das fichas das películas estaba intervido por unha serie de citas que a nós (nomeadamente a Manolo e a Lois) nos parecían significativas da nosa intención de despistar (Pound, Pessoa, Pasolini, Maiakovski) e polos créditos da autoría. Os catro de sempre, mais un amigo estudante de enxeñeiro, Delfín Mariño, que tiña o detalle de achegar xuntos debuxo e texto. Aparece mencionado Lois Caeiro, pero ao cabo non se incluíu a súa achega (penso que un texto en forma de carta) por motivos que non recordo. O mesmo erro repetiuse no número 2. Non foi o único caso de impublicado. Antón Lamazares pasounos un enorme poema −tamén no senso físico−, do que fomos adiando a súa inclusión por cuestións técnicas, e Xavier Seoane creo que mandou outro, ou iso anunciaba Rivas nunha carta. Deste número 1 debemos tirar arredor dun cento de exemplares, e o logotipo fixémolo á man, ou mellor dito, a peito, soprando tinta sobre unhas plantillas metálicas, seguindo a técnica do estarcido ou stencil, da que Patiño sempre foi moi devoto. O resto do curso botámolo (non exclusivamente) en facer o número 2, que datamos en xuño de 1976. A portada era a foto dun cuarto da nosa casa de Santa Cristina do Viso, no Incio, onde foramos pasar un días Manolo e eu, imaxino que nun intento meu de convencelo das bondades do campo (eu daquela era un militante ruralista, e el un afervoado urbanita). Foi un afondar nas teimas esbozadas no primeiro, fundamentalmente no uso de letras e tramas transferibles e na utilización de fondos extraídos das imaxes cotiás para contrastalos cos poemas, tentando crear así unha mensaxe nova, entre o irónico e o sorprendente, oposta á elegante soidade dos versos sobre fondo branco habituais nas publicacións e libros de poesía. Así, usamos desde unha páxina do recentemente aparecido daquela xornal El País (a da grella de televisión, a sección máis irrelevante e, ao tempo, máis pop) ata un daqueles esquemas de socioloxía marxista que proliferaban na época. Tamén unha colaxe feita a dúas mans, “¡Nós os inadaptados!”, que tentaba reflectir de forma non moi sutil como nos sentiamos naquel Madrid que acababa de despedir ao seu omnipresente veciño Francisco Franco: uns anacos da Galicia que botabamos 16


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 17

Orixinal en formato DIN A3 de Antón Lamazares que ao final non foi incluído na revista por dificultades no deseño. 17


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 18

de menos chantados nun mapa da cidade. Pero o máis relevante daquel Loia foi a inclusión dun colaborador de prestixio. Ou mellor, de dous: Patiño e Casal. De Reimundo Patiño, outro ao que non lle saïamos da casa, aproveitando ademais que os Pereiro nos mudaramos ao Paseo de Extremadura, onde el vivía, que nos ofreceu o tesouro dun dos contos, “O campo das ratas”, do seu amigo Xohán Casal, morto moi novo e sen publicar nada, e un debuxo que fixo Reimundo para ilustralo. O reloxo espertador que tamén ilustra o conto era, compróboo agora, o do aparador do cuarto da miña avoa Balbina. A imaxe das árbores, outro resultado da nosa excursión etnofotográfica ao Incio. O segundo número dunha publicación é a proba de que o primeiro non foi unha casualidade ou unha arroutada, de que hai proxecto. Así que nel cometemos o atrevemento editorial de numerar os exemplares e indicar a tiraxe cunha imprentiña de tampón. O terceiro número é o da consolidación. O Loia que acudiu por terceira vez á cita da fin de curso xa non estaba feito a fotocopia en calquera das copisterías ás que peregrinabamos na nosa condición de estudantes. Rexeitamos, temerosos, a oferta de facérnola de balde ás agachadas dalgún dos monfortinos que atendían tendas no Drugstore da rúa Fuencarral (unha das primeiras mostras que houbo, naquel Madrid da Transición, do cosmopolitismo rutilante e sedutor que existía polo mundo adiante), e acudimos a un establecemento que dispoñía do adianto chamado offset rápido, descuberto por Patiño/Lamas. Permitía unha maior calidade de impresión, mesmo usar unha cor a maiores do negro e un prezo axustado a partir de certa cantidade. Así que aquel número tres foi o primeiro en que non houbo contribucións manuais ao resultado final (e tamén introduciu a numeración das páxinas, impresión polas dúas caras e contraportada). A portada, en orgulloso pero discreto bitono, era unha páxina dunha revista literaria da emigración, posiblemente Céltiga, que Blanco Amor e Suárez Picallo dirixiron en Bos Aires de 1924 a 1932. Tamén por primeira vez o staff era desprazado ao interior. Eramos, segundo se detallaba nunha listaxe de clases e idades, 2 ensinantes (31 e 25 anos) [outra fichaxe, Fermín Bouza, e Delfín Mariño], 1 xornalista (19 anos) [que viña sendo Rivas], 1 obreiro (19 anos) [Manuel Casás, veciño de Manolo no Castro de Elviña], 1 estudante en paro (19 18


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 19

anos) [Lois], 1 pintor (20 anos) [Antón] e 1 estudante (20 anos) [eu]. Con todo, penso que na relación falta María Rivas, a irmá maior de Manolo, que achegara un debuxo cunha linguaxe de xeroglífico pel roxa, e que logo consolidaría a súa presenza como debuxante. Aquela edición (a única tamén que tivo título, S/n e outras rúas, que campaba no medio dunha homenaxe ao noso admirado Conan o Bárbaro) dobraba en páxinas as anteriores, e foi un dispendio colectivo: Antón Patiño facía xa debuxos e colaxes a toda páxina, Delfín Mariño afrontaba no mesmo número o relato e o ensaio, e o deseño afondaba xa na utilización case sarcástica dos vellos debuxos que atopabamos no Rastro e dos obxectos de uso cotián. Obxectos en senso estrito. As páxinas que levabamos a imprimir, ante o receo asombrado dos encargados, incluían plumas de avestruz procedentes dalgún sombreiro, follas secas ou bolsas de té. O cuarto número é o da fin de ciclo (seino por experiencia, todas as revistas en que participei, Loia, La Naval ou Bravú, tiveron a mesma secuencia, crecente pero limitada: catro números), e quizais por iso apostaba claramente polo clasicismo decadente (pero amodo) e polo reforzo das raíces. A portada era unha foto de estudo dos meus avós paternos co meu pai. A páxina de créditos usaba como fondo o carné de emigrante de Evaristo Pereiro, o irmán maior de meu avó Hermenegildo, que morreu en Cuba. Había unha chea de novidades. Nas primeiras páxinas incluímos un poema de Xosé Luís Bilbao (de quen hoxe non podería dar noticia); outro de Vicente Araguas (sobre o fondo do “catecismo” das Mocedades Galeguistas), que tamén traducía a Pound baixo o pseudónimo de Millán Neira; e os debuxos de María Rivas e de Pedro Iglesias, outro monfortino trasterrado. Tamén un relato de Fermín Bouza (un “proiecto”, como el salientaba, do que acabaría sendo o seu primeiro libro, Memorias do diaño, que eu deseñei logo) sobre o fondo do primeiro número de Faro de Vigo (facsímile que eu conservaba dunha excursión escolar) e outro, A minha catedral de menino, de João Guisán (que despois editaría nos Cadernos da Gadaña, de Reimundo Patiño, o seu primeiro libro, A orixe certa do faro de Alexandría). Rivas e eu demos saída á inmersión semiótica que daquela sufriamos na Facultade cunha análise paraacadémica da “Carballeira de San Xusto (a da folla revirada)”. Deste número penso que chegamos a editar 500 exemplares. 19


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 20

Orixinal de Fermín Bouza: Loia 4, p. 9.

20


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 21

Como se ve, levabamos camiño de constituír un grupo máis ou menos sólido e máis ou menos xeracional. Mesmo case todos nós sucumbimos ao engado necesario, daquela paralelo, de formar parte da mesma organización política. Pero a metade de nós non quedamos en Madrid, senón que fomos a Galicia a seguir as nosas vidas, afrontar outros ou semellantes proxectos e cometer parecidos erros. A revista morreu porque xa non podía medrar máis e porque unha tiraxe de medio milleiro de exemplares xa non se esgota vendéndollela aos amigos ou deixando pequenos lotes nalgunhas librarías. Mesmo non funcionou unha estratexia que emprendemos Rivas e eu, mandar cartas a xeito de imposto revolucionario (daquela aínda se podían facer bromas coas cousas serias) solicitando axuda a xente con diñeiro (nese tempo xente con diñeiro eran os amigos que tiñan un soldo xa consolidado, como Perfecto Conde, Pepe Caamaño ou Xan López Facal, que eu recorde). E, sobre todo, teño claro que morreu porque todo ten o seu comezo e o seu cabo, e tamén que o núcleo duro que fixo que hoxe se siga a falar de Loia eran aquela ducia de poemas que destilaban en cada número dous daqueles inadaptados orgullos de selo, Manuel Rivas e Lois Pereiro.

Carta remitida a Xosé Luís Méndez Ferrín con algúns exemplares de Loia. 21


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Pรกgina 22


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 23

LOIA NA LEMBRANZA POR

ANTÓN PATIÑO


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Pรกgina 24


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 25

As revistas literarias foron sempre un decisivo espazo no agromar dunha xeración, adoitan servir nese contexto de xermolo e aglutinante, facendo de eficaz elemento cohesionador. A humilde revista que fixemos en Madrid daquela (entre os anos 1975-1978) permitiu rexistrar, con moi poucos medios, aqueles soños primeiros. Alí están recollidas as primeiras entregas poéticas de Lois Pereiro e de Manuel Rivas, que son a cerna literaria da publicación. Loia foi como un contedor de inquedanzas colectivas, onde rexistrar escritos, soños, viñetas, deseños, anceios experimentais e xogos expresivos. A tiraxe era tan cativa que moi poucos privilexiados tiveron oportunidade de ter nas mans un exemplar orixinal da revista. Agás o derradeiro número, cunha tiraxe meirande e unha mellor calidade de edición, os outros anteriores coido que non chegaron a superar o cento de exemplares numerados, editados en fotocopias. Nalgures comentei a miña lembranza do primeiro encontro que tivemos para a revista, no café Tambor, situado na rúa Andrés Mellado, nunha xuntanza onde estiveron tamén Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Menchu Lamas. Lembro que naquel primeiro encontro non estivera Lois Pereiro. Non recordo como contactou Xosé Manuel Pereiro con nós, nin sequera quen propiciara a relación. X. M. Pereiro foi deseñador gráfico e alma mater, o que elaboraba a revista e a trataba amodo, con moito agarimo, coma se fose unha criatura doce e fráxil que cumpría coidar. Creo que foi o máis teimoso defensor do proxecto. Lembro unha chea de xuntanzas con Xosé Manuel Pereiro, nas que faciamos longos faladoiros, nun pequeno estudo que tiñamos na rúa San Hermenegildo, a carón da Glorieta San Bernardo. CARTOGRAFÍA DO DESARRAIGAMENTO Amosa o proxecto da revista Loia a fasquía da distancia, a tatuaxe do afastamento, a señardade daquel fato de rapaces galegos “trasterrados” á 25


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 26

capital do Estado. Ten moito de emblema da situación anímica do exiliado o traballo conxunto que presentan Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas (case a xeito de poema visual) nunha colaxe que fixeran coa lenda: “¡Nós os inadaptados!”, salientando a cartografía do desarraigamento sobre un fragmento do mapa de Madrid. Con incrustacións do litoral galego sobrepostas. Tamén algunha foto reivindicativa. Un personaxe recortado dun debuxo de Xaquín Marín lanza aquela proclama de Vicente Risco. A lenda “¡Nós os inadaptados!” serve de metáfora expresiva daquel primeiro tempo de incerteza no asentamento inicial en Madrid. O irónico alcume Carallo 29 foi o que utilizaron para asinar aquela colaboración compartida. Asinaron outro texto de xeito conxunto Manolo Rivas e Xosé Manuel Pereiro ao redor da “análise semiótica dunha cantiga popular galega, o senso erótico e mais a relación co punk”, que expresa un contexto cultural ben preciso, onde a semiótica vai ter unha paródica reinterpretación nun simulacro ou irónico traballo de campo antropolóxico cheo de retranca. Conxurando talvez a sobredimensión asignada daquela á semiótica nos estudos de Xornalismo e noutras disciplinas. Este artigo permítenos falar doutro ingrediente moi presente na revista: o humor. O sentido do humor que desprende a portada do número 2, onde a cabeceira da revista está escrita xusto no penico da foto. Nese senso podemos considerar o humor como unha das ponlas creativas do proxecto, outra é a señardade, o pouso melancólico que vai pigmentar cada un dos números da revista. A poética de Loia está sustentada nun diálogo entre referentes da memoria cultural do noso país, xunto a imaxes de gravados modernistas e simbolistas (nun ecoar inzado da señardade do tempo pasado) coa pegada simultánea da inflexión moderna a través dunha morea de anacos de cómic, referentes de prensa, imaxes cinematográficas e doutros eidos. A mestura dunha xenealoxía antiga na procura das orixes e da identidade máis afastada en simbiose co cotián e mais a tatuaxe da modernidade. Tanto no eido literario como no ámbito visual acontece esa estratexia de curtocircuíto ou campo magnético de ingredientes afastados, onde coexisten referentes de distintas épocas. A xeito de impulso alegórico retroprogresivo. Coma se dous tempos estivesen a dialogar nun 26


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 27

mesmo espazo compartido. A xanela retrospectiva aberta ao mito, á novela familiar, coa pegada simbólica do tempo pasado como sedimento aboian a carón do contraste coa estética da abstracción e co fermento xestual nunha metamorfose excitada (que figura reverter polas marxes) tentando saír da páxina nun espazo all over, que semella mesmo rebentar as beiras, como fuxindo de calquera límite posíbel. A peculiar posición de Loia xorde desa irradiación: no enfrontamento de dous mundos. Coido que dun xeito intuitivo configurouse daquela unha virtual aliaxe, nunha insospeitada mestura de referentes culturais. Simbolicamente agroma o compromiso cos sinais de identidade da cultura propia e por outra banda a dinámica dos procesos contemporáneos que ían chegar a nós a través de moitas influencias contraditorias. Memoria da identidade e contemporaneidade xuntas. O proverbial eclecticismo como clave da época aboia a pouco que nos acheguemos a inventariar o contido dos distintos números. Tamén o transvasamento entre cultura de masas e a chamada alta cultura agroma como eficaz dialéctica. A utilización fragmentaria do cómic está preto dos situacionistas, en que con absoluta liberdade coexisten usos e instrumentalizacións heterodoxas de personaxes procedentes da banda deseñada máis popular (Conan) ou propostas de culto máis minoritarias (coma os debuxos de Jeff Jones para Idyl). ANOS CONVULSOS Loia permite reconstruír unha breve panorámica do Madrid daquela (xusto no esmorecer da ditadura). A revista aparece naqueles anos cruciais entre a morte do ditador e o comezo da Transición. Tempo convulso no que a rúa fervía en Madrid en manifestacións que pedían liberdade, amnistía e estatuto de autonomía. Proclamas que se escoitaban polas rúas céntricas, na Gran Vía, nas universidades, mobilizacións así mesmo a carón do cárcere de Carabanchel para que os presos políticos puidesen escoitar o ecoar daquela magnética ladaíña. Un tempo moi politizado na procura da recuperación das liberdades democráticas. Triunfaba o teatro de Bertold Brecht. A filmoteca era unha xanela aberta ao cine universal: Pasolini, Eric Rohmer, Robert Altman, Syberberg, Fritz Lang, Dreyer, Murnau… As sesións monográficas nos colexios maiores universitarios 27


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 28

Carta de Antón Patiño a X. M. Pereiro na que dá noticia da participación de Rompente na manifestación do 25 de xullo. 28


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 29

con ciclos dedicados a Bergman, Chaplin, Buster Keaton e outros directores de cine permitían facer un seguimento intenso. Definiu aqueles anos Lois Pereiro como unha enchente, un vórtice ou axitado remuíño de influencias. “Leonard Cohen, Lou Reed, o Rock, Alicia en ´Wonderland´, Arte ´dexenerada´, Expresionismo, comunismo surreal, o pesimismo terrorista literario e marxinal, os Clásicos, de Esquilo a Chejov, a Arte é Vida, formando todo un vértigo experimental que inundaba a alma pouco a pouco, e Shakespeare, Shakespeare, Shakespeare; as culturas indíxenas e os soños do aborixe australiano, a mestizaxe oriental, africana dos shamáns. E todo iso xirando e creando un vértigo cara a unha loucura suicida”. XOHÁN CASAL E REIMUNDO PATIÑO “A fraterna voce do luar/ na noite sacra”, con estes expresivos versos de G. Trakl encabezou Manuel Rivas o poema “Serpe con azas”, dedicado a Reimundo Patiño (publicado no derradeiro número de Loia). Un poema en que latexa o recendo dunha pintura de Reimundo Patiño titulada Samurai no luar, unha abstracción case vorticista de fluídos ritmos en espiral. O meu curmán Reimundo Patiño Mancebo representa na revista unha ponte coa xeración anterior, cos Brais Pinto. En moitos aspectos podemos considerar que entón, contra a metade dos setenta, houbo outra vez un reverdecer dos sinais culturais de Galicia na capital do Estado. Unha atmosfera de procura da liberade, na que a presenza de estudantes galegos desprazados era moi notábel nos actos culturais que se realizaban nun principio no Club de Amigos da Unesco, en Sargadelos, no Ateneo de Madrid, na Irmandade Galega ou en Lóstrego. Un ecosistema vibrante onde coexistían as inquedanzas políticas a través da militancia na ANPG e unha escisión súa, a APG, organización asemblearia de vida efémera na que estivemos integrados. Con Reimundo existía unha química especial, vivía a carón deles no Paseo de Extremadura e había xuntanzas moi divertidas nas que Reimundo estaba sempre a rir a cachón na compaña daquela nova xeración de rapaces. Mergullado na mesma atmosfera de reinvención de Galicia que tivera anos denantes cos seus amigos de Brais Pinto. Para o meu curmán foi motivo de fonda alegría o feito de se atopar cunha nova 29


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 30

xeración que dalgún xeito mantiña unha continuidade coas arelas de emancipación e loita galeguista. Figuraba un relevo xeracional co que foi estabelecer unha espontánea empatía. Daquela, nese contexto de profunda afinidade ideolóxica coa mocidade, achegou Reimundo o lendario poema de Xohán Casal titulado “O campo da ratas” sobre os asasinatos da Coruña no 36. Acompañado dun debuxo seu como imaxe arquetípica da represión. O maxistral poema de Casal permanecera inédito até entón. Reimundo, que participara na fundación da UPG, da que logo se afastaría, chegou a integrarse no contexto de animación daquela, contaxiado pola efervescencia da mocidade, na Asemblea Popular Galega. Foron moitas as promocións de estudantes e traballadores galegos que pasaron polo piso de Reimundo no Paseo de Extremadura, lugar de encontro, onde houbo intensos debates e faladoiros. De xeito que podemos considerar o labor de axitación cultural e dinamización política de Reimundo semellante ao que podían desenvolver mesmo os outros colectivos culturais e asociacións. O poeta Xavier Rodríguez Baixeras ten falado daqueles anos evocando unha viva lembranza da súa personalidade: “Durante un tempo, desembocamos todos na casa de Reimundo Patiño, onde aínda quecía o último remol da Brais Pinto. Patiño, ´raio tolo´, presenza arrebatadora, duradoira amizade”. Naquela altura (contra 1976) publica Xosé Luís Méndez Ferrín o seu memorábel Con pólvora e magnolias, que tivera unha acollida moi boa. Para Lois Pereiro foi un libro influente e coido que todos nós atopamos unhas claves simbólicas, políticas e literarias moi sedutoras naquela entrega. POEMAS DE LOIS PEREIRO A editorial Espiral Maior editou o libro Poemas para unha loia no ano da morte de Lois Pereiro. Un libro cun limiar de Manuel Rivas e outro de Manuel María. Foron editados os poemas de Loia na compaña tamén dun caderno en que se reproduce o seu manifesto “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”. A súa compañeira Piedad Cabo aparece en moitos dos poemas como interlocutora privilexiada. Formaron un tándem creativo nunha vida cun 30


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 31

pronunciado recendo literario, no que o posicionamento estético ten unha dimensión asemade moi importante. O cinema compartido nas longas sesións monográficas foi unha aprendizaxe veloz da modernidade. En Loia hai un poema homenaxe á película Dyn-Amo de Steve Dwoskin. Existen unha chea de poemas dedicados a Piedad Cabo: “Encontro con Piedad. Volta e retorno do sol. Eu amo, ti amas, il ama”. Cunha ben expresiva dedicatoria intemporal (como definitiva e concluínte sentenza): “A Piedad, sempre”, coma no radical pacto contra a morte do romanticismo. Amor eterno, alén da morte. A iconografía do “eterno feminino” acompaña moitos dos seus poemas. Nótase ben que o poeta participou na escolla de moitas daquelas imaxes. Os poemas son reinterpretados na páxina a través da maquetación do seu irmán. O poema “Leonora en confidencia” está dedicado a Geluca, unha amiga de Monforte de Lemos. A presenza da morte, mesmo algún poema en que fala do suicidio. As palabras do poema “Conspiración contra Lois” figuran predicir case a ladaíña de fatalidade da que ía ser lendaria vítima o noso poeta. Auténtica encrucillada doente no corpo propio (cerimonial existencial da dor biográfica). Cartografía insomne da dor: espectro, trazo, rastro. Caixa de Pandora da dor: como pecha o seu poema “Proposición”. Figura predestinado Lois Pereiro cara a asumir os pasos dun malditismo inelutábel. Exprésase cunha voz misteriosa, amosando o hermetismo do enigma, nunha tona oracular característica na súa escrita. Amoreando ingredientes do simbolismo nun ecoar de tráxicos latexos. Vida-morte como emblema dende o romanticismo, habitando na tensión extrema das coordenadas límite. Conspiración contra Lois Non podemos alongar a nosa eisistencia. A morte non sabe perdoar. Maiacovski

E ti (crávate ben nos ollos esa imaxe) a solución etérea do suicidio 31


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 32

Manuscrito orixinal de Lois Pereiro: “Desfile sobros pasos brilantes e cadavres”, Loia 4, p. 21; “Helena Brigador, terror dos santos”, Loia 4, p. 24. 32


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 33

Mecanoscrito de Lois Pereiro: “Helena Brigador, terror dos santos”, Loia 4, p. 24; “Desfile sobre pasos brilantes e cadavres”, Loia 4, p. 21; “Proposición”, Loia 4, p. 24. 33


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 34

Existen tamén outras tensións preto da vehemente chamada do vorticismo, no ronsel do seu admirado Ezra Pound (“Deus Pound”: nas súas palabras). A poesía nútrese das texturas da vida e da propia literatura coma liñaxe reinventada. Xenealoxía libertaria en que a solemnidade non refuga intersticios irónicos. Nunha loita psíquica de cara a xerar un espazo imaxinario. Fusión espírito-corpo na procura dunha sublimación da angustia derivada da percepción nihilista. O mapa do simbolismo intensificou o herdo romántico nun mundo agónico. Tamén está o balbordo aleatorio, a condensación simbólica que opera unha peneira no fluxo do real. Daquela vai facer ensamblaxes baseadas no encontro de dinámicos intersticios e retallos aleatorios. Cumpriría talvez achegármonos con detalle á xénese dalgún verso, para amosar dese xeito un exemplo desta práctica (onde o azar vai ter cabida). Os materiais con que se constrúe o poema son diversos. Distintas fontes están presentes. Podemos aplicar unha lente de aumento concentrada nunha das ringleiras dun poema seu de cara a albiscar a construción da imaxe poética en Lois Pereiro, onde ás veces poden ter cabida elementos alleos, citas ou enxertos que incorpora ao escrito. Un dos versos do seu poema “Rosa intransixente co poder” (“e os da gabardiña que disparan”) está relacionado cos sucesos de Montejurra no ano 1976. O día 9 de maio daquel ano, na xornada da tradicional romaría carlista, morreron dúas persoas e houbo outros tres feridos de bala polos disparos á multitude duns individuos armados (que ían vestidos con gabardina). Aquela tráxica nova tivo moita repercusión. Unha clave de contexto que permite recoñecer unha das imaxes dos versos que, se non, ficaría totalmente hermética. Vén sendo case unha cita literal extraída da tráxica actualidade, dos medios de comunicación de masas, que vai ser logo incrustada no poema. Expresa tamén unha estratexia creativa no xeito de desenvolver ás veces o poeta o seu labor por amoreamento sincrético de distintas imaxes. O poema nace coma un palimpsesto de sentido, nos socalcos dos distintos sedimentos fusionados. Unha imaxe da avoa Balbina a carón dunha nova mediática, a xeito de fragmentarias evocacións mesturadas. Existe unha curiosa simetría conceptual de xeito que no poema “Cobalto e profesor Tornasol” aparece outra vez o mesmo verso repetido (“e os da gabardiña que disparan”). As mortes de Montejurra tiveron un grande impacto 34


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 35

mediático daquela, no contexto da Transición democrática. Este suceso aconteceu xusto o día en que celebrabamos o lendario “Festival de los Pueblos Ibéricos”, que tivera lugar no campus da Universidade Autónoma de Madrid cunha presenza de máis de corenta mil persoas. POEMAS DE MANUEL RIVAS Os poemas de Manuel Rivas sorprenden así mesmo pola fonda madurez que reflicten na súa feitura. Como acontece en Lois Pereiro, son propostas poéticas ben estruturadas, nas que aparece unha voz propia, cun acento persoal moi sedutor. Non amosan tampouco nin rastro da fasquía inexperta que asociamos ás obras primeiras; de feito, podemos considerar ambas as entregas caracterizadas pola sorprendente precocidade dos seus autores. Non son ensaios tatexantes (existen abofé traballos previos inéditos nos que puideron facer a travesía experimental da aprendizaxe e toma de contacto inicial co medio). As de Loia son composicións depuradas e moi ben elaboradas, cun manifesto control dos recursos expresivos e cunha boa asimilación das influencias temperás. Comparten ambos os poetas paixón polas claves alegóricas co uso da elipse e acadan unha clara beleza formal na radical economía expresiva, na condensación, misterio e capacidade evocativa, unha tendencia asemade cara ao hermetismo, que no caso de Loisón vai ser logo unha das características máis singulares do seu labor. Define con precisión Xosé Manuel Pereiro aquela primeira entrega poética de Rivas (que logo ía incorporar ao Libro do entroido): “Os poemas de Manolo Rivas levan a mundos fermosos e antigos que din que non existen, pro eu vinos en Tolkien e Cunqueiro e nas historias de Corto Maltés. Ademais, teñen a particularidade de reflexar unha fonda pasión polas viaxes e de semellar ser ditos por unha voce colectiva, é decir, unha voce individual feita de inflexións múltiples, de tonos infindos, de ecos solidarios”. Na temática de Manuel Rivas predomina unha expresión emocional de raizame intimista, nun mundo interiorizado a xeito de universo de seu, produto do soño creador. Unha substancia peneirada dende o real, facendo logo da metáfora unha suxestión hipnótica. A palabra axexa no contemplativo, no misterio en transformación, no devalo do estrañamento 35


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Pรกgina 36

Manuscrito orixinal de Manuel Rivas: Loia 3, p. 7.

36


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 37

como vitalista relampo verbal. Milagre recobrado na metamorfose da linguaxe. Estalo poético en que as palabras viaxan estabelecendo renovadas aventuras. Trátase dun espazo poético que ao tempo amosa unha nidia preocupación social. Unha fala plural fica peneirada no remuíño da conciencia. Debulla con naturalidade unha intensidade comunitaria, na procura dunha senlleira comunicación dende o eido das emocións máis intensas. Impresións persoais peneiradas á procura da alteridade (nunha casa común da humanidade) como na busca dun afastado paraíso primeiro. Unha vontade transpersoal, en que o autor deixa atravesar a conciencia propia por unha realidade múltiple e inestábel, na fluidez das sensacións humanizadas (sempre a través da convicción libertaria na maxia da palabra primeira). Interioridade psíquica e mundo exterior enxergan unha relación dialéctica, case a xeito de haiku (metade paisaxe / metade emoción). Alquimia poética entre conciencia e realidade. Dende o poema xorden imaxes-emoción á procura dun destino aberto. OUTRAS COLABORACIÓNS Foron importantes tamén en Loia outras achegas, como as entregas de Delfín Mariño, que colaborou en varios números con relatos, un cativo ensaio e unha homenaxe aos tranvías de Vigo. Fermín Bouza Álvarez cun sinxelo poema dedicado á illa libertaria de Ons e mais á Compostela en feira. João Guisán Seixas, que publicou un longo e suxestivo relato titulado “Varias catedrais e un sono de pedra”. Vicente Araguas cunha evocación paisaxística pautada na expresividade dos lugares da infancia (fixo tamén traducións de Ezra Pound). Reimundo Patiño entregara daquela, como xa salientamos, o extraordinario texto inédito de Xohán Casal nun acto cheo de simbolismo. Renace a memoria do seu grande amigo morto coa publicación do poema prohibido a través dun fato de mozos. Outros traballos foron asinados por Lois Caeiro e Manuel G. Casas. Imaxinativos debuxos de liña elaborados por Pedro Iglesias, Delfín Mariño e María Rivas. Existe un eclecticismo visual, efecto de contraste entre a tipografía stencil dos estarcidos e mais a resonancia da letra gótica. Fotos e gravados antigos coa pegada simbolista art nouveau a carón de retallos de cómic ou grafismos excitados. Unha peculiar mestura que 37


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 38

Orixinal de Vicente Araguas con probas de caligrafía de Manuel Rivas: Loia 4, p. 3.

38


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 39

nos leva dende La Ilustración Española y Americana até a pegada vorticista ou o dramático ecoar expresionista nun alto contraste. Estabelecendo curtocircuítos perceptivos. A memoria da familia, O Incio, a casa dos antergos, os documentos e fotos esvaídas do pasado. O misterio da novela familiar na brétema do tempo. AMÁLGAMA VISUAL A noción de montaxe coido que define con precisión o labor de Xosé Manuel Pereiro como maquetista e deseñador da publicación. A colaxe e mais a montaxe son estratexias creativas moi vinculada aos tempos da modernidade. Talvez o recurso máis innovador na representación artística, a partir da creba radical que representou o movemento cubista. Sabemos do éxito da montaxe así mesmo como estratexia central na linguaxe do cinema. Gran parte da arte máis radical da modernidade estabelece unha relación consubstancial coa dinámica de xustaposición. En literatura así mesmo é un método que tivo prolongada fortuna (só temos que pensar no remuíño vorticista). Se cadra a fasquía singular de Loia ten moito que ver coa idea de montaxe, en que a través de intuitivas aliaxes paradoxais se estabelece un ritmo visual propio. Cada número xera un relato visual aparentemente espontáneo ou aleatorio que marca unhas pautas de conxunto (unha determinada narración) mais sempre a partir dunha destacada heteroxeneidade dos contidos. Con mensaxes, obxectos, imaxes e presenzas que se incorporan, extraídas dende outras situacións. Unhas transferencias materiais que teñen un contido simbólico e xeran novas lecturas e anovadas posibilidades de interpretación a partir dos sedimentos de orixe. Fica unha evocación da orixe e pasan a cumprir unha nova función. A montaxe reflicte un mundo en tránsito, en metamorfose, en continua transformación. Unha realidade mudábel en que unha enerxía centrífuga semella manter a incesante rotación entre os elementos preexistentes. Montar, construír, unir, xuntar, engadir, combinar, fusionar, mesturar pasan a ser as manifestacións clave duns conceptos que se expresan a punta de tesoiras ou coa nidia rotundidade dun cúter. Cerimonia de descontinuidade ou reinvención conxunta segundo salientemos o aspecto 39


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 40

disgregador ou subliñemos a montaxe como reconstrución e reinvención da representación. Arredar e xuntar han ser procesos complementarios na psicoloxía do bricoleur cultural. Dúas accións que xeran intersticios ou suturas na procura de novos sentidos e renovados postulados creativos. A imaxe xorde desas aliaxes mais tamén a literatura (como amosa a deconstrución) debulla renovados vieiros na metamorfose intertextual. Apuntamentos manuscritos, debuxos de liña, uso puntual do spray e de aerógrafos, tramas de letraset de puntos (aparecen de cando en vez), tipografía stencil, enxertos de citas dos mass media (prensa e cómic), que coexisten con evocativas imaxes camp de época. Gravados procedentes dalgún exemplar da La Ilustración Española y Americana que mercaramos no Rastro. Fotografías e diagramas esquemáticos. Configura todo unha desconcertante panorámica que fala de distintos mundos e diferentes épocas. Nostalxia da inocencia fronte a un presente fragmentado. Un tempo dentro doutro. Nese senso cada número de Loia é unha viaxe paradoxal (dende o intimismo poético á reivindicación social). Un vaivén dende o gravado máis minucioso dun mundo pretérito, ben afastado xa na lembranza, ao impacto do grafismo xestual, case como ferida na percepción. Tivo cabida un amplo rexistro de comunicación visual en que distintas tentativas gráficas atoparon acougo. Os imaxinativos debuxos de María Rivas, Pedro Iglesias e Delfín Mariño, como intimistas viñetas intemporais que transmiten unha inxel autenticidade. Están tamén moi presentes en Loia as miñas esculcas visuais daquela, a través dos debuxos inzados de grafismos fragmentarios. Unha iconografía convulsa en que aparecen rostros e torsos humanos, autorretratos, berros visuais, barrocas composicións abstractas e outros elementos. Daquela teimaba nunha estética do refugallo que reflectise a desorde urbana dos obxectos ciscados nunha inestábel amálgama vibrante. Esmigallados grafismos ingrávidos enchen a páxina dun singular horror vacui. Hai tamén unha pegada pop nas imaxes procedentes dos medios de comunicación, détournements coa estética publicitaria, rostros de feridos inspirados nun vello libro de tapas de coiro con fotografías de operacións médicas na Segunda Guerra Mundial. Debuxos de liñas con caveiras acompañando algún dramático poema de Lois Pereiro. O sinal co xe da tipografía esquemática serve de representación dos ósos a carón dos 40


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 41

cranios repetidos. A palabra “morte” en grandes letras xa daquela aparece tatuada como estigma ou inquietante gravitación existencial. As letras stencil tatúan a palabra morte nunha irónica representación recorrente a xeito de grafito, coas ringleiras de caveiras feitas con debuxos de liña. Xavier Seoane falou de: “Ilustracións que asimilaban elementos conceptuais, expresionistas e sígnicos, en base a unha temática urbana impregnada coa problemática da sociedade de consumo e a agresión da mesma ao home. O rostro ou torso humanos eran frecuentemente obxectos da súa digresión debuxística. O cómic ‘Esquizoide’ (1978), unha experiencia-límite dentro do cómic, presentando un forte carácter experimental, sen palabras, como unha narración meramente visual. Era un cómic que equilibraba o abstracto e conceptual, no que se presentaba unha visión da violencia e o absurdo no contexto do mundo urbano contemporáneo, e no que a desfeita, a incomunicación e o caos presentábanse, entre outros significantes, como claves ou recorrencias temáticas. A nivel expresivo, elementos sígnicos e expresionistas, con barroquismo de formas e ritmos violentos, sincopados. As formas rompíanse. Xurdían códigos escritos inintelixíbeis. Toda unha poética do baleiro e da destrución, da alienación e do caos, cun fondo de rebeldía, de denuncia e de catarse”. Unha recente mostra que tivo lugar en Vigo, Crónica do artista adolescente, recolleu este momento. Son os anos en que con Jorge Agra, Menchu Lamas e Carlos X. Berride (o amigo arquitecto falecido hai pouco) creamos o Colectivo da Imaxe. Existe unha relación estética evidente entre as ilustracións feitas para Loia e o catálogo da miña primeira exposición individual en Vigo (Animais, minerais e vexetais), que tivo a compaña da música de Enrique X. Macías (“Cariátides”) e o poema de Reixa titulado “A desfeita da Collona”. Con relación á revista Loia e contexto (o espazo cultural que a nutre) cómpre falar da pegada múltiple, da superposición de referentes nunha opción sincrética. Ese inconfundíbel aire de familia que o paso do tempo marca como un zeitgeist ou sinal ben elocuente dunha sensibilidade estética compartida. O remuíño do eclecticismo penso que é unha gravitación central daquela, coma unha tensión centrífuga caracterizada pola chea de inquedanzas diversas amoreadas. Unha complexa enchente que xira 41


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 42

ao redor da literatura, da arte, do cine e mais da música. Coido que a ebriedade do eclecticismo é un paradigma senlleiro da tardomodernidade que tivo unha intensa pegada entre nós. Loia e despois Rompente, en que o aspecto visual nos espectáculos e nos libros tamén foi moi importante. Quero sinalar que para min as aventuras de Loia, Colectivo da Imaxe e Rompente forman unhas coordenadas decisivas daquel tempo de experimentación á procura de novos vieiros de expresión.

42


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 43

LOIA, O GZINE UNDERGROUND ENTRE A MEMORIA BÁSICA E O PUNK POR

HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Pรกgina 44


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 45

«TARZAN THE APE MAN. NON, NON É POSÍBEL QUE ISTES VELLOS NOS COMPRENDAN. CASTELAO» Enréstrase a referencia a Loia no feixe de publicacións, antoloxías e colectivos literarios da Transición para demostrar o chamado cambio de rumbo que se produce na poesía galega. Esa procesión de diversos explica a mingua da produción poética no soporte convencional do libro e demostra que a escrita vizosa estaba a acontecer fóra das canles editoriais, na autoedición, que viña a ser aquel non-lugar en que se escribía sen cancelas. Desde Loia gardábase a memoria das orixes, como en ¡Máis alá!, pero, sobre todo, había vontade de facerse cargo do seu tempo e do mundo, mostrando esa necesidade cíclica de superar a tentación autocentrada da acosmia que pexa a crítica da cultura galega. Nunha época marcada pola utopía da revolución, tanto no político como no social, a cultura que emerxía non podía perpetuar os ritos, como se afirma no manifesto-colaxe que abre este gzine, cortado e pegado derriba das referencias á saga fílmica de Tarzán: «non é posíbel que istes vellos nos comprendan» (Loia 1: 1). Escribían no non-lugar, que é un lugar, alí onde converxen sen regras as linguaxes artísticas e os discursos políticos, o repertorio da high e da low culture, a memoria da nación e a intervención, a cultura underground (sexo, drogas, rock & roll, moita poesía e pensamento, e un tantiño de punk) cos mitemas identitarios da nación, a memoria lúdica da infancia coa deconstrución lúcida do adulto, a política co cómic, o verso coa colaxe, o pensamento crítico coa parodia e o humor. Ese non-lugar estourou simultaneamente en Madrid, no circuíto de estudantes e artistas galegos de Loia, e mais nas rúas, bares e escenarios do Vigo de Rompente. Loia non é unha revista literaria senón iso que os estudos culturais denominan zine, ou fanzine: unha publicación alternativa en papel, autoeditada (DIY, do-it-yourself), autodistribuída, sen finalidade comercial, 45


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 46

movida polo entusiasmo, a cabalo entre a experimentación dun grupo de creadores novos e a afirmación da rebeldía contra o pensamento dominante (Duncombe 1997: 1-16). Botando man da creación verbal, pódese dicir que Loia é un gzine, unha «publicación alternativa galega», e, daquela, un enxerto, un híbrido, como o foron necesariamente todas as prácticas de vangarda onda nós: resistentes pero localizadas nunha cultura e nun marco nacional emerxente. Xorde das formas e actitudes da contracultura underground, urbana e universitaria, que aquela mocidade atopa en Madrid, e ao tempo da súa pescuda nas raíces, digamos, étnicas. Por iso, botando man da parodia, pode transitar sen prexuízos entre codificacións do popular que parecen contrapostas, como se pode ver na análise «académica» da cantiga «Carballeira de San Xusto» de Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, que se ilustraba con esquemas de pasos de baile e debullaba as diverxencias na codificación do eros e do metal (a navalla) na cultura punk fronte á cultura tradicional galega. A parodia construíase sobre un comparatismo paradoxal: «Por exemplo, pra un punk de Vallecas (P.V.) [...]. Pola contra, pra un paisano galego medio (P.G.M.)» (Loia 4: 10). Velaí outro alcouve desa estética da retranca que ha caracterizar o cambio de rumbo na cultura desde a Transición. A tinta lúcida deste gzine sitúase na resistencia e nesa ética irredenta que caracteriza a mocidade dos 70, mergullada en profundas mudanzas e abundancia de zines de todo tipo, marcada polo activismo político contracultural. O proxecto de Loia gardaba algunhas semellanzas co de Rompente nos seus obxectivos, na súa actitude, na súa posición ideolóxica. Os dous grupos de mozos asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos, escollen a autoedición para crear unha estética de seu que os afirma e lles permite compor ese produto cultural e político creado no non-lugar e os dous medraron co apoio directo e a ascendencia de membros de Brais Pinto. En Vigo con Méndez Ferrín, en Madrid con Reimundo Patiño. Este último «fixo ise papel de vencello coa xeración da República. Testemuña do fío de resistencia na cultura» (Patiño 2002: 246). El foi o referente decisivo para un grupo de xente nova que quería ver, ler, saber, escribir, debuxar, publicar, e por iso lles ofrece, para o gzine, un poema inédito de Xohán Casal. Ademais de elo xeracional foi tamén unha fonte de experiencias imprevistas e curiosas, 46


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

P谩gina 47

Orixinal de X. M. Pereiro e M. Rivas con indicaci贸n para a composici贸n de texto: Loia 4, p. 10.

47


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 48

como a famosa anécdota que lle aconteceu a Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro cando o foron visitar ao banco onde traballaba: «Gracias a Reimundo, nós vimos Blade Runner, o filme de Ridley Scott, antes de que fora feito» (Patiño, 1999: 55). O outro fío de unión entre os de Madrid e Vigo é o outro Patiño –Antón–, autor de moitos debuxos para o gzine e, como integrante do Colectivo Imaxe, creador da gráfica de Rompente. Os de Loia e Rompente compartían interese, como era de prever, por certos autores: da vangarda, os poetas malditos e bohemios, os teóricos revolucionarios, un mangado de clásicos galegos e, entre eles, Manuel Antonio, que se recupera no intertexto de poemas de 1977 de Manuel Rivas e Lois Pereiro (Loia 3: 23 e 27, respectivamente). O rianxeiro, referente como autor dun manifesto vangardista, dunha escrita radical, dunha poesía levada ás estremas, convértese en tótem para as xeracións de escritores mozos cadrando coas Letras Galegas de 1979, e coido que o boletín Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio de Rompente non foi de balde. Agora, coas Letras Galegas de 2011 seica está a acontecer o mesmiño con Lois Pereiro. Había semellanzas e algúns fíos compartidos entre estes dous non-lugares e eran, porén, ben diferentes. Loia constrúese como o proxecto dun grupo de creadores que teimaba no recoñecemento autorial, por iso se asinan as «letras» (Lois Pereiro, Manuel Rivas, logo Fermín Bouza e outros), os debuxos (Antón Patiño, Delfín Mariño) e a maqueta (Xosé Manuel Pereiro). Apostou pola periodicidade, e polo formato underground, que muda pouco durante catro números, aínda que vaia medrando a nómina de colaboradores (Lois Caeiro, Vicente Araguas, Xosé Lois Bilbao, João Guisán Seixas, María Rivas...), porque o proxecto que materializa o seu encontro era o gzine. Pola contra, Rompente, cunha vertente política moito máis activista –o seu non-lugar non era o «exilio» de Madrid senón un Vigo convulso–, tiña unha concepción integral da creación e mudan a miúdo o formato das súas publicacións porque estas acompañan a transformación mesma do grupo, desde a inicial asemblea de poetas aos «tres tristes tigres»: empezan por unha antoloxía con voces diversas, á que lle seguen as Follas de resistencia poética e, finalmente, o boletín Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio, con aspecto de zine ben impreso, e varios libros-caderno. A dinámica de Rompente alanca 48


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 49

cara á creación dun colectivo xeracional e artístico, mentres que Loia é un proxecto materializado nunha publicación, por iso teñen dinámicas diversas (Acuña, 2000; González Fernández, 1997 e 2002; Patiño, 2010; Valverde, 2004). Malia as súas diferenzas, andando o tempo estes dous proxectos han ser o estripeiro en que prenden outras manifestacións da movida, a crítica da cultura dos 80 e 90, o movemento bravú (música, revistas, programas infantís...) e unha sorte de cultura da arroutada que, como afirmaba Miguel Anxo Murado (2008: 101), é o concepto máis achegado ao punk que se pode atopar nun dicionario galego. E Loia, o gzine, deu en ser unha primeira experiencia á que lle seguirían outros zines e revistas promovidos por M. Rivas e X. M. Pereiro xa en Galicia: La Naval, Luzes de Galiza: revista de liberdades, crítica e cultura –neste caso o z ten algo da rebeldía radical do k do punk– e, co tempo, Bravú: revista que sae cando a situación o require. Nas tres aparecen colaboracións de Lois Pereiro, formando parte do proxecto, aínda que sexa «desde fóra». O zine é o continuador, na clave da cultura de masas, das vangardas do século

XX,

tanto das chamadas vangardas históricas (Maiakovski, Paul

Éluard) coma as da década de 1960 (Pasolini). O zine fai callar unha forma autónoma de expresión da mocidade galega comprometida coa creación e a nación, que escribe desde a idea da cultura viva, alternativa ao pensamento dominante. A afirmación xeracional é o punto de partida destes mozos que se autoproclaman, esta vez sobre un plano de Madrid, “¡Nós os inadaptados!” (Loia 2: 10), ou que describen os seus colaboradores por idade e profesión. Porque non é o contido senón a actitude o que singulariza un zine dos setenta. «TARZAN AND THE GOLDEN LION. ¡NON CREMOS NO BOLETÍN OFICIAL! MAIACOVSKI» Unha maneira de abordar a creación con vontade de intervención precisa formas que axuden a crear identidade e a subliñar as diferenzas. Loia, no que ten de contracultura, refuga o concepto de «boletín oficial». Nin os discursos oficiais nin os formatos estabelecidos cadran coa súa idea de produción nova, alternativa, resistente, por iso elixe a estética 49


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 50

contracultural. A colaxe, o emprego de papeis timbrados e impresos demostran que calquera material e forma do discurso dominante pode ser reciclado, manipulado, mesturado e pirateado a vontade. Pola súa banda, a defensa da arte/sanía, do cortar-e-pegar e mais o recurso ao texto manuscrito mostran a resistencia á expresión sometida á mecanización e ás industrias da cultura. Esta combinación calla nunha estética que recupera a idea de creación ceiba e autoafirmativa de revistas, folletos e manifestos das vangardas. O primeiro dos números de Loia, que marca o ton característico deste gzine, responde ás expectativas dunha publicación deste estilo, e, daquela, combina textualidade e visualidade. Ábrese coa devandita cuberta-manifesto feita a colaxe a partir da saga fílmica de Tarzán. Composta coa narrativa do cómic, as referencias ao heroe de aventuras da infancia acompáñanse con citas impostadas de Castelao, Maiakovski, Marx, Pasolini, Pessoa e un Bardo. A parodia, só aparentemente inocente, compón un manifesto en que se afirma o rexeitamento dos totalitarismos, o rexeitamento da morte como forma de opresión, a oposición ao discurso oficial, a conciencia de clase, o desconcerto do suxeito moderno, a defensa activa da lingua e, infírese, da nación. As pegadas do cómic reapareceran en moitas ocasións na revista, pero interesan particularmente as do número 3. Neste caso a parodia parte do eros e os heroes, é dicir, da narratividade erótico-sentimental e mais a de aventuras, cos seus roles de xénero estereotipados. No canto de Tarzán agora aparece Conan o Bárbaro, que afirma un cambio de época, unha masculinidade que perde a inocencia sabendo a súa vulnerabilidade: eles non son superheroes «duros e audaces» (Loia 3: 2 e 5). O emprego iconográfico do corpo das mulleres, como representación do eros, da orixe, da orde, da terra, ou como elemento decorativo, daría para unha análise de seu pero marca unha distancia significativa con respecto á tradición extraordinariamente pudorosa das publicacións galeguistas ilustradas –censura franquista mediante, é certo– que debe ser entendida como unha forma de permeabilidade á cultura popular e ás transformacións sociais do seu tempo. Loia, unha publicación feita por un equipo de mozos, non pretende ser espello da revolución sexual e moito menos da liberación das mulleres mais hai algunhas pegadas, sobre todo nos textos poéticos, que mostran un cambio na mirada masculina. Nos textos de 50


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 51

Lois Pereiro aparece de forma recorrente Piedad como interlocutora, e non só como obxecto dos seus textos. Nun dos seus poemas, «Anoitece en Irlanda», aparece o retrato de Virginia Woolf ocupando un lugar protagónico na páxina e nese mesmo número Manuel Rivas abre un poema cunha cita da mesma autora tirada, coido eu, de As ondas (Loia 3: 4 e 23). Sorprende esta referencia a Virginia Woolf, que non é unha das autoras habituais no canon de lecturas dos escritores galegos, pero si nos ambientes feministas do momento. Agora ben, non todos os referentes femininos aparecen como representación da muller, construción do desexo e da discursividade que crea a diferenza sexual. Lois Pereiro codifica o feminino máis aló desa razón de xénero, porque, cal é a nova amante do seu poema «Rosa intransixente co poder» e de «Cobalto e o profesor Tornasol»? (Loia 3: 9 e 19).

Manuscrito orixinal de M. Rivas: Loia 3, p. 5. 51


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 52

«THE SON OF TARZAN. –¿QUÉ? –NON SEI. –EU TAMPOUCO. PRO NOS CAMIÑOS CEIBES FALLA XENTE. V.M.» Lois Pereiro e Manuel Rivas son os poetas que vertebran a revista cos seus textos, e nestas páxinas podemos ver as súas primeiras, e interesantísimas, abordaxes. Andando os números, haberá lugar para outras voces da mesma xeración que hoxe coñecemos (F. Bouza, V. Araguas...), mais unha das achegas máis relevante vén da reivindicación dun escritor da xeración anterior. Xa se dixo que Reimundo Patiño lles ofrece un poema inédito do seu amigo Xohán Casal, «O campo das ratas», no que se tratan os asasinatos da represión franquista, e nese momento, en 1976, ese texto ten un claro significado político e de recuperación da chamada «memoria básica» (Rivas, 2009: 16-17; Loia 2: 2-4). O texto é francamente impresionante e cadra con esoutra liña de preocupación política e existencial, de facerse cargo en serio do mundo, que tamén conforma Loia. O poema, ilustrado, vai acompañado por unha nota manuscrita explicativa e demostra o seu papel de elo interxeracional, como formador de conciencias e intereses artísticos desde a complicidade que deixará fascinados a aqueles estudantes (Patiño, 1999: 84-85): «Reimundo era un nigromante que atravesaba fronteiras na noite e ía on the road coa beat generation e coas ovellas metálicas da science fiction e cos argonautas futuristas de Moebius [...] e percorría os calexóns da Cidade Vella de Coruña-Praga co seu amigo Kafka, tamén coñecido como Xohán Casal, e xuntos recitaban a Georg Trakl», explica Rivas (1999). A conciencia histórica fai mudar o ton paródico do zine, e as primeiras páxinas dese número 2, incluídos os poemas de Lois Pereiro e Manuel Rivas, están marcadas pola gravidade. A necesidade de recuperar a «memoria básica» lévaos no número 3 a recuar aínda máis atrás para recompoñer o discurso da nación, por esa razón a portada reproduce publicacións de antes de 1936 con textos de Noriega Varela e Núñez Búa e a característica decoración modernista. A chiscadela paródica, que nos fai lembrar que non se trata de páxinas interiores dunha revista do primeiro terzo do

XX

senón

dun gzine de finais dos setenta, está no titular da sección: «Nuestros colaboradores literarios en Galicia». Como xa se adiantou, ese é o número en que aparecen as referencias a Manuel Antonio. 52


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 53

Manuscrito orixinal de Lois Pereiro: “Ein Mensh-Heitsbuch”, Loia 4, p. 11 e “1859 a 1861”, Loia 4, p. 12. 53


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 54

Nos zines a compoñente visual soborda a función de simple ilustración. Os rotulados, os debuxos, as cores, as texturas, as tiras de cómic e as fotos deberían terse en conta na lectura destes poemas, aínda que isto desestabilice a idea de «autor» e sexa a persoa que fai a maqueta a que interveña, a posteriori, nun texto de creación. De feito, a lectura parte dunha textualidade que se constrúe sobre o código do zine, non é un libro de poesía publicado en colección convencional. A relevancia da maqueta neste formato é tanta ou máis ca a das colaboracións de creación convencional, textual ou plástica. O maqueteiro, como se denomina Xosé Manuel Pereiro, encárgase de darlle unidade gráfica, incorpora os traballos de autor nun deseño que dota de nova significación as achegas individuais e confírelle a aparencia que, nunha simple ollada, determinará o pacto de lectura. O deseño interior de Loia era o resultado da suma de diversos –e iso resulta ben significativo–, pero as portadas, tan diferentes entre elas, xogaban sempre coa sorpresa, avisaban de que o ton dominante ía ser a parodia e incluía formas ou contidos que remitían á memoria das orixes (infancia, casa, nación, familia) e evidenciaba que se trataba dun gzine que apostaba por certa idea da cultura e certa idea da nación. Neses anos X. M. Pereiro tamén colaborou na edición dos Cadernos da Gadaña con Reimundo Patiño, «para logo acadar de xeito inevitábel o alcume de Johnny Rotring na súa etapa de deseñador-roqueiro en A Coruña» (Patiño, 1999: 85), así que, como se ve, a súa achega non é invisíbel ou accesoria, pois con ese traballo gráfico o zine colle corpo, logo existe, e encamiña cara a un pacto de lectura determinado. Os poemas, mirando cara aos caligramas que tanto marcaron as formas da vangarda, combinaron a miúdo textualidade e visualidade (en realidade calquera texto escrito está dotado dunha compoñente visual, claro). Así Lois Pereiro incorpora un poema sobre a utopía a un diagrama da estrutura e do desenvolvemento social, «Dispois do tempo frío», o devandito «Anoitece en Irlanda» cédelle o lugar central da páxina a un retrato de Virginia Woolf e en «Señora Posesa» o texto ocupa o seu lugar na retícula compositiva, entre bolsas de tés diversos (Loia 2: 10; 3: 4, 17). Pola súa banda os poemas de Rivas xogan, e moito, con esa visualidade significativa. Un que trata sobre a infancia acompáñase cun retallo dunha lección de xeografía, outro titulado «Televisión» escríbese a partir da pro54


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 55

gramación publicada nun xornal, «Idyl» intercálase nun cómic erótico e en «Abre os ollos ás cousas» os versos enmárcanse cun trazado manuscrito. Ten un interese singular a páxina en que publica «O destino está no aer» e «Metamorfosis», onde revisa a idea do flâneur entre a vangarda e o existencialismo mecanicista. Sobre o debuxo da organización dunha orquestra sinfónica (metáfora da organización harmónica) insírense os dous poemas que matinan arredor do suxeito e a cidade, con referencias á Nadja de André Breton e á soidade do home perdido no labirinto mecánico da cidade que remite, ao fondo do túnel, ao Gregor Samsa de Kafka (Loia 1: 7; 2: 6; 3: 5, 23; 4: 6, respectivamente). Tamén dous dos poemas de Fermín Bouza, os que remiten á patria da infancia, aparecen nunha folla arrincada dun caderno, sobre notas e debuxos (Loia 3: 24). Mención de seu merecen os ilustradores, particularmente as figuras humanas de Antón Patiño coas súas pescudas e transformacións anatómicas, concretamente nos rostros, e mais Delfín Mariño coas súas máquinas imaxinarias, porque se presentan como ensaios debuxados sobre o suxeito na sociedade industrial e as sociedades utópicas (proben a mirar por xunto estas series). As «letras» e mais os debuxos de Delfín Mariño máis interesantes están no número 3 do gzine. Ocupa o seu interese a crítica aos totalitarismos e fai defensa da revolución como o motor evolutivo das sociedades humanas. Jules Verne e, en particular, o seu Capitán Nemo son o referente expreso do seu texto de creación e das súas máquinas imaxinarias (Loia 3: 10-13, 21). É, porén, Antón Patiño, o que achega unha colección de ilustracións máis relevante, en particular coa súa serie sobre o corpo e o rostro como territorio do eu, que vai do berro expresionista á metamorfose, dos estudos ilustrados de anatomía ao desmantelamento do suxeito incómodo e incomodado co seu contorno, un suxeito concibido como mecano biomecánico e cun punto monstruosamente humano que o achega a Frankenstein. Non hai na súa proposta representación senón reflexión, abstracción do corpo como lugar do suxeito, como el ben explica: «Todo rostro guarda siempre un enigma. Hay rostros inestábeis que parece que se desvanecen, se convierten en paisajes; es entonces el rostro un escenario de metamorfosis incesantes» (Penelas 1997: 48). O berro e as bocas abertas constitúen o punto de partida do seu ensaio visual, a resposta necesaria a uns tempos en que se tomaba con55


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 56

ciencia da opresión (Patiño e Penelas, 2010: 30; Loia 3: 8, 18, 20, 26, 28; 4: 2, 7, 8, 18, 20). «TARZAN THE MIGHTY. EISISTEN ESPLOTADOS I ESPLOTADORES. POIS BEN, TANTO PIOR PRA OS ESPLOTADORES. PASOLINI» Alén das definicións máis ou menos ortodoxas, o que realmente caracteriza este tipo de zines é a vontade de crear un espazo para a experimentación creativa e constituír unha idea de comunidade lectora seareira que participa das claves interpretativas que xera a propia publicación (os explotados, os perdedores, o underground). Serve, logo, como medio de expresión autoafirmativa e non mediada, e nese sentido é un interesante antecedente a moitos blogs e e-zines que na actualidade ofrecen ferramentas ben máis lustrosas para a creación alternativa grazas á accesibilidade da tecnoloxía dixital. O zine crea ilusión de comunidade autoafirmada arredor dos manifestos e lemas, símbolos e formas, á marxe do poder, á marxe do pensamento dominante. E de feito a afirmación grupal naquel lúdico, case inxel, «¡Nós os inadaptados!» a estourar sobre o plano de Madrid, marca unha sucesión xeracional dentro da mesma comunidade, un tránsito que vai desde as orixes cara a un público que comparte a receita nación/modernización. Loia, como as accións e proxectos das vangardas, procura prender nun público lector colaborativo, activo e emancipado, aplicando a idea do rizoma á comunicación dun pensamento e dunhas formas artísticas híbridas. Non hai interacción visíbel co público lector pero o texto pide complicidade xa na súa estética para a decodificación paródica, para poder botar unhas risas contra o sistema e ao mesmo tempo sentir a radical chamada da emoción. Ese público implícito, que participa da estética da retranca que alanca entre o punkismo e a veciñanza, sitúase a carón dos que non teñen poder, dos que participan da utopía e da revolución. Citábase Loia case sempre de oído, sen coñecer a colección completa. Este é o gzine duns artistas que cando eran novos vivían en Madrid e desde alí se fixeron cargo do fervellar do cambio. Escrita, debuxo e maqueta callaban nun facerse cargo do mundo contra o herdo e en plena Transición: «todo o que viamos fronte nosa, aí, a carón, era unha realida56


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 57

de mediocre e censurada, e buscabamos impetuosamente todo o que de novo se abría ante os ollos, todo aquilo que supuxera unha ruptura coa pobre realidade das novas vidas cotiáns [...]: o mundo fervía en calquera parte, en inglés, en alemán...» (Lois Pereiro, en Rivas, 1997: 7). Paradoxos das culturas que se articulan despregando sucesivos paraugas para poder abranguer cantos máis mellor, agora moitos daqueles estudantes que botaron a andar esta Loia deron en ser nomes-columna do tecido intelectual, artístico e institucional, se cadra porque, malia os avances na creación de institucións e industria cultural, unha parte importante da renovación, da afouteza e da capacidade de crear e pensar desde a retranca radica precisamente en que a nosa aínda ten moito de cultura DIY. Esta debe ser unha das singularidades da nosa tribo e por iso podemos recuperar a comunicación efémera de Loia antes de que sexa unha momia ou apenas un resto. Este facsímile permite que nos debrucemos nas páxinas dos catro míticos números publicados entre 1975 e 1978, contra o mes de xullo, mais deberían ler nel coma nun zine. Porque esas páxinas aínda nos interpelan.

57


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 58

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS ACUÑA, Ana: «Poesía galega en Madrid: o grupo poético Bilbao», en Dieter Kremer (coord.), Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos. Universidad de La Habana, vol. 2, Trier, Ediciós do Castro/Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Trier, 2000, pp. 515-532. Reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/87> DUNCOMBE, Stephen: Notes from underground. Zines and the politics of alternative culture, Londres/Nova York, Verso, 1997. GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Helena: «Rompente, “poderosa pomada”», Anuario de Estudios Literarios Galegos (1997), pp. 47-84. — «Bolígrafo/pincel simultáneo», en Atlántica Vigo 1980-1986, Vigo, Museo de Arte Contemporánea, 2002, pp. 588-590. LOIA, Madrid, 1-4 (1975-1978). MURADO, Miguel Anxo: Otra idea de Galicia, Barcelona, Random House Mondadori, 2008. PATIÑO, Antón: «Reimundo Patiño», en Reimundo Patiño: a explosión dun mundo, Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, 1999, pp. 17-103. — Lois Pereiro. Radiografía do abismo, Madrid, Espiral Maior, 2010. PATIÑO, Antón e Seve PENELAS: «Cinco anos e cinco preguntas de protohistoria + Coda para un Recinto», en Antón Patiño 1974-1979. Crónica do artista adolescente, Vigo, Concello, 2010, pp. 29-30. PENELAS, Severino: «Teoría del rostro. Conversación con Antón Patiño = Théorie du visage. Conversation avec Antón Patiño», en Antón Patiño, Théorie du visage, Vigo, Galerie Zôgraphia/Antón Patiño, 1997, pp. 41-47. RIVAS, Manuel: «Lois Pereiro: Iste é un povo que sabe suicidar-se», Luzes de Galiza, 0 (1985), pp. 7-9. — «Lois Pereiro. A derradeira entrevista. Apostei a carta máis alta», Luzes de Galiza, 28 (1997), pp. 6-10. — «O que pasou a liña», en Antón Patiño, Reimundo Patiño a explosión dun mundo, Santiago de Compostela, Auditorio de Galicia, 1999, p. 15. — A boca da literatura. Memoria, ecoloxía, lingua, A Coruña, Real Academia Galega, 2009. VALVERDE, Alberte: «A performance en Rompente», Anuario de Estudos Literarios Galegos (2004), pp. 96-105.

58


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 59

UNHA LUZ DE TREBOADA AÍNDA MÁIS PÁLIDA POR

MANUEL RIVAS


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Pรกgina 60


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 61

Este é un anaco dunha carta que Paul Celan escribiu a Hans Bender, en 1960, en resposta a un convite para participar nunha antoloxía titulada O meu poema é o meu coitelo: “Un oficio manual é cousa de mans. E esas mans pola súa vez pertencen unicamente a unha soa persoa, ou sexa, a un ser amado singular e mortal, que busca un camiño coa súa voz e a súa mudez. Só mans verdadeiras escriben poemas verdadeiros. Non vexo ningunha diferenza de principio entre o apertón de mans e o poema [...]. Os poemas son tamén agasallos; agasallos para aqueles que están atentos. Agasallos que levan consigo destino”. Ben sei por que me lembrei dela, da carta, e fun na súa procura. Esa idea das mans. Fálase moi poucas veces do escribir como un oficio manual. E sorprende esa idea tan radical da anatomía poética: “Só as mans verdadeiras escriben poemas verdadeiros”. Tamén na pintura, nos obradoiros flamencos, circulaba a idea da “man sincera”. Eu coñecín a Lois Pereiro sendo el cristaleiro. Nada máis chegar a Madrid, na nova Facultade de Ciencias de la Información, en outono de 1974, o primeiro día de clase, que foi tamén o da primeira asemblea, unha casual causalidade levoume a cruzar unhas palabras con quen resultou ser Xosé Manuel Pereiro. Aqueles monosílabos, tipo Vladimir e Estragón, foron a consigna para pór en marcha unha amizade que tamén se constituíu dende o comezo como un obradoiro. Eu fora buscar a Xosé Manuel para logo irmos xuntos ao Incio. Para el era unha ocasión de volver á casa vella de Santa Cristina, a súa aldea cósmica, a A de Meu, mais para min, o mozo coruñés, cascarilleiro, era unha experiencia excitante, a descuberta das “montañas máxicas” do Oriente galego, do Incio e O Courel. Ía facer antropoloxía nun mundo descoñecido: o propio país. Mais quen está no obradoiro, de verdade, agora mesmo, arredor da Semana Santa de 1975, é Lois Pereiro. Traballa co vidro. É mais novo ca min, mais xa entón o vin como alguén “doutro tempo”. E iso non signifi61


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:31

Página 62

ca pasado nin futuro. Significa “outro tempo”. O xeito pousado do falar, esa linguaxe do murmurio que envolve un silencio fértil, xerminal. Está entre unha materia transparente que envolve escuridade á espreita. Está entre espellos que multiplican metamorfoses. Sempre o lembrarei así, de entrada, naquel lugar do encontro. Os dedos longos, vimbios de óso, que escriben con unllas de diamante. A idea de obradoiro ten de ver moito con Loia. O obradoiro é un lugar en movemento. Se Loia ten algunha importancia, ademais de chanzo no andar da biografía sentimental dos que viviron a experiencia, é por esa dobre condición de lugar obradoiro na diáspora. Dun lugar bulicioso onde agroma o canto. E, sen dúbida, a máis abraiante especie, o abruño que medrou, o máis innovador no eido da expresión literaria foron os poemas de Lois. Despois da súa tempada de cristaleiro, viaxou a Madrid para estudar idiomas, canda Piedad, o seu amor siamés. E semellaba que nalgún recanto da equipaxe traía a punta de diamante: “Hai un certo punto de espírito dende o cal a vida e a morte, o real e o imaxinario, o pasado e o futuro, o comunicábel e o que non se pode comunicar deixarán de ser percibidos contraditoriamente” (André Bretón). E dende logo traía o máis importante que posibilitaría esa tarefa: a man sincera para trazar agasallos que levan sentido. O que hoxe coñecemos como Poemas de Loia. Así que Loia foi, antes que nada, un lugar de encontro. Había moitas outras estacións e fogares nómades naquel Madrid que bulía. Un mapa de unidades de emoción e ambiente. Así que Loia, ese lugar portátil que chamaremos Loia, non tiña nada de espazo de morriña ou de reduto castrexo no corazón da capital do imperio. Non naceu dun programa nin dun manifesto explícito. Non era unha proposta xeracional. Non pretendiamos ocupar nada. A razón de ser de Loia foi ese carácter psicoxeográfico. Se nos valemos da oración de Aquilino, ter un alpendre onde soñar e un carreiro de vagalumes. Un máis. Así que o máis importante de Loia non era o que a revista era, senón o que ocorría nela como espazo habitado. Loia era, máis que nada, unha cita. Unha clave para un intre de felicidade clandestina. Ninguén ía esixir nada, ninguén ía dar ordes, ninguén ía dominar. Era un obradoiro, si, mais onde o dereito á preguiza era res62


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

12:14

Página 63

pectado e onde a produción do invisíbel era se cadra o máis importante. Había unha desculpa e esa era Loia, pero a intención verdadeira era partillar información básica en circos concéntricos. Información, en primeiro lugar, sobre o acontecer inmediato, naquel tempo de vertixe, onde un pé pisaba no perigo e outro na esperanza. Todos os que alí estabamos citados por Loia tiñamos razóns para andar á espreita, vixiantes. Mais, a diferenza doutros grupos poéticos ou de vangarda artística da época, a composición era inusitadamente plural. Eramos poucos, si, mais de diferente procedencia, idade e oficio. Así que, ademais de partillar información de urxencia, ás veces moi boa información, sobre o acontecer nas trincheiras políticas dese tempo pútrido do tardofranquismo, había outros estratos de información

Manuscrito orixinal de Manuel Rivas: Loia 3, p. 25. 63


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Página 64

Carta gráfica dos irmáns Rivas a X. M. Pereiro na que describen a súa vida cotiá en Compostela.

64


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Página 65

esencial que nos abría a clave de Loia. O que de verdade foi a súa razón de ser. Se o que máis se asemella á felicidade é o rescate das faíscas de esperanza da humanidade, segundo unha das teses de Walter Benjamin, nós tivemos a felicidade clandestina de encontrar dous rescatadores e fornecedores ideais de faíscas: Reimundo Patiño e Fermín Bouza Álvarez (o primeiro faleceu en 1985, e o segundo segue a transmitir faíscas). A parte máis visíbel e rechamante hoxe de Loia, o que ten como documento dunha certa vangarda, coido que é a poesía de Lois e o grafismo de Antón. Mais está estoutra dimensión invisíbel, o que Loia era como un lugar de rescate, como unha patria portátil de encontro soterrado, underground. Reimundo Patiño e Fermín Bouza (con todos os fíos e conexións que eles tiñan) eran a un tempo vixías e vedoiros, mensaxeiros que falaban decote nese “outro tempo”, que non era pasado, senón un presente lembrado. Ou unha “melancolía activa”, na expresión de Van Gogh. Eles eran, dalgún xeito, enlaces de todas as vangardas. Das mellores procuras éticas e estéticas da humanidade. Sempre falabamos en galego, e sempre en internacionalista. Un día “visitábanos” Karl Kraus con Philip K. Dick. Outro Grosz con Frida Khalo. Georg Trakl con Flannery O’Connor. Miles Davis e George Brassens. Luís Seoane e Dashiell Hammett. María Luisa Bombal e Juan Rulfo. Pratt e Moebius. Jean Vigo e Pasolini... Sempre, o marxismo crítico e o pensamento libertario. Sempre, o surrealismo e o situacionismo. Galicia era un local universal. A portátil nación republicana do exilio, a diáspora e os mártires da liberdade. Un día Reimundo Patiño abriunos unha caixa de cartón, das dos zapatos, e dentro estaban os manuscritos de Xohán Casal. Un deles titulábase “O campo das ratas”. Tamén para iso naceu Loia. Para que vise a luz ese texto estarrecedor que semella bíblico. Nunha homenaxe literaria na cidade libre hanseática de Bremen, en 1958, Paul Celan dixo: “Pensar (denken) e agradecer (danken) son na nosa lingua alemá palabras dunha mesma orixe. Quen segue o seu sentido entra no eido de significación de gedenken, ‘pensar en, lembrar’, eigedenk sein, ‘lembrar’, Andenken, ‘lembranza’, Andacht, ‘meditación, recollemento, oración’”. Amén, Loia. 65


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Página 66

Cartel deseñado por X. M. Pereiro para un recital de Manuel Rivas na Coruña.

66


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Página 67

Cartel deseñado por X. M. Pereiro para un recital de Manuel Rivas na Coruña.

67


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Pรกgina 68


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Página 69

SUMARIO 5 LIMIAR POR RAMÓN VILLARES

11 UN ANTIMANIFESTO CHAMADO LOIA POR XOSÉ MANUEL PEREIRO

23 LOIA NA LEMBRANZA POR ANTÓN PATIÑO

43 LOIA, O GZINE UNDERGROUND ENTRE A MEMORIA BÁSICA E O PUNK POR HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

59 UNHA LUZ DE TREBOADA AÍNDA MÁIS PÁLIDA POR MANUEL RIVAS


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Pรกgina 70


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Pรกgina 71

ESTE LIBRO ACABOUSE DE IMPRIMIR EN MAIO DE 2011, ANO DEDICADO A LOIS PEREIRO


ESTUDO LOIS revisado2.qxd

14/04/11

10:32

Pรกgina 72


LOIA

COORDINADOR DA EDICIÓN

XOSÉ MANUEL PEREIRO

HOMENAXE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

MMXI

Loia : Estudo crítico  

#1035 http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/CCG_2011_Loia-Estudo-critico.pdf

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you