Issuu on Google+

4-ALGUNHAS NORMAS Debes coidar os libros. Evita dobralos ou manchalos. Ti es responsable do libro que levas. Devolve os libros ou materiais que tes en préstamo dentro do prazo. Pensa que outras persoas poden querer usalos. Na biblioteca debes estar en silenzo para non molestar aos demais. Se ordenado/a. Deixa os libros onde os atopaches. Usa o teu marcador personalizado (ou o de cor laranxa se fas uso da biblioteca polas tardes). 5-SUXESTIÓNS Temos unha caixa de suxestións na mesma entrada da biblioteca. Alí poderás depositar títulos que che gustaría atopar nela, ideas para levar a cabo...

6-ACTIVIDADES Desde a bliblioteca promóvense diferentes actividades ao longo do curso: Conmemoracións: día da Paz, día do libro, semana das bibliotecas escolares, Letras Galegas, semana da poesía... Apoio ao currículum e aos proxectos desenvolvidos no centro. Exposición e presentación de materiais, traballos, novidades...

A NOSA biblioteca

Formación de usuarios: guías de lectura, recomendacións... Fomento da lectura: Sesións de contacontos. Charlas de autores e ilustradores. Mochilas viaxeiras. O cine e a literatura. Contos dos maiores para os máis pequenos... E... moitas cousas máis.

CEIP “FONTIÑAS” Guía de usuarios

Suxestións

SUXESTIÓNS

ceipfontinhas@edu.xunta.es

DE

Se queres consultar o catálogo da nosa biblioteca podes facelo a través da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rbgalicia.org), no apartado de “sedes web” e dentro das “bibliotecas escolares”.

Ceip fontiñas r/ roma nº 21 santiago de compostela

CAIXA


1-USUARIOS: Son todos os alumnos/as do centro así como os profesores/as. Esperamos que en pouco tempo cada un dispoña dun carné de usuario que lle permita acceder ao préstamo de libros. 2-HORARIOS: A biblioteca permanece aberta durante todo o horario lectivo e todas as tardes de 16:00 a 18:00 (agás os martes). Cada grupo de alumnos, co seu titor ou titora dispón dunha hora semanal para utilizar os seus servizos. Polas tardes permanece aberta para a lectura, os préstamos e a realización de traballos escolares.

Na parte superior leva outro adhesivo coa cor correspondente ao nivel lector. PRIMEIROS LECTORES LECTORES INICIADOS LECTORES AUTÓNOMOS

KNI Tres primeiras letras do apelido do autor/a.

kik

Tres primeiras letras do título.

UN

1. As cores identifican os grupos lectores. Buscaredes o libro que mais se axeite a vosa idade ou nivel. Vermello para E.I. e 1º ciclo Verde para o 1ºe 2º ciclos Azul para o 2º e 3º ciclos

2. Dentro de cada grupo lector diferenciamos libros en galego ou en castelán. 3.Por último buscaredes unha editorial ou unha colección.

3-ORGANIZACIÓN: Os libros están colocados en andeis estándose a catalogar a través do programa informático MEIGA segundo a Clasificación Decimal Universal (DCU). Cada un leva un adhesivo branco na parte inferior do lombo que contén datos que serven para identificar o libro e a súa ubicación. 82-N G Narrativa. L. galega

COMO LOCALIZAR LIBRO DE LECTURA?

Ademais da narrativa podedes atopar na nosa biblioteca seccións de poesía, teatro, manualidades e expresión plástica, lingua inglesa, relixión-valores, cómics, enciclopedias... Non esquezas consultar co teu profesor/a ou encargadas da biblioteca cando teñas algunha dúbida.

E non esquezades deixar o voso marcador personal. Deste xeito poderedes devolvelo ao seu lugar cando rematedes a lectura.


GUÍA DE USUARIOS 2010-2011