Page 1

NOVAS 102_A3 12/06/18 10:39 Página 1

Novas

Deputación, Concello e Xunta implícanse na posta en valor do castelo de Naraío Trampeos de inverno contra da Avespa Asiática

O pleno da Deputación da Coruña aprobou recentemente unha subvención nominativa de 151.000 euros para o rematar a consolidación e acondicionamento do castelo de Naraío. Esta achega cubre o 80% dos custos da obra, cifrados en 188.750 euros -o 20% restante porao o Concello-, que se destinarán principalmente aos accesos e ao afirmado de elementos da fortaleza. A execución desta última fase da posta en valor do castelo contará, ademais, coa colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, quen xa está redactando o proxecto de toda a intervención. Declarado Ben de Interese Cultural, na actualidade o castelo de Naraío non ten todos os seus elementos protexidos, nin pode ser visitado polo público en xeral con garantías de seguridade, xa

Concello de San Sadurnino O Casal 16 15560 San Sadurnino T. 981 490 474

Nº 102 Xuno | Xullo 2018 Envio sen enderezo postal

que carece de accesos axeitados. De feito, os elementos de protección que presenta son unicamente os que quedaran da anterior obra, rematada hai anos. O proxecto cofinanciado pola Deputación consolidará e protexerá a fortaleza, ademais de convertela nun lugar do que todas e todos poidamos disfrutar. Hai que lembrar ademais que o de Naraío é o único castelo da Casa dos Andrade que non está rehabilitado nin se pode visitar, como si se pode facer nos castelos e as torres de Pontedeume, Moeche ou Vilalba.

de San Sadurniño

O Concello ofrécelle asesoramento gratuíto á veciñanza afectada polo “catastrazo”

Nova etapa do Novas O boletín Novas leva case dez anos chegándoche á casa para informarte de axudas, prazos, eventos culturais, festas e outros asuntos de interese relacionados coa administración ou co tecido social do concello. Hai algunhas semanas que publicamos a edición nº 100 e por iso quixemos darlle unha pequena volta ao deseño e aos seus contidos. Desta maneira queremos que o Novas siga sendo un referente informativo para a veciñanza e que, ademais, sexa máis atraente e cómodo de ler. Lembrámosvos que no boletín tamén teñen cabida os actos organizados polas entidades do municipio, como son as asociacións veciñais, as culturais, os clubes e as comisións de festas. Por iso, se queredes dárlle Este boletín conta con finanzamento da

difusión aos eventos que fagades, só tedes que enviar un correo á conta xenérica correo@sansadurnino.gal indicándonos de que se trata, as datas e horarios, o lugar e, se son actividades que requiren inscrición previa, tamén os prezos e maneiras de contactar con vós para que a xente se poida apuntar. Nese correo podedes adxuntar fotos ou carteis para ilustrar a información, que tamén se publicará na web municipal, no Facebook e máis no Twitter do Concello (@concellosansa). Se vos é máis cómodo podedes enviarnos a información nunha mensaxe a través da nosa páxina en Facebook. Por certo, tamén estamos en Instagram (@concellosansa) e en Youtube.

Durante estes días están empezando a chegar as notificacións do Catastro referidas ao proceso de regularización de bens iniciado de oficio por este organismo dependente do Ministerio de Facenda. A regularización coñecida como “catastrazo” supón a alta automática daqueles inmobles -ou as variacións feitas neles- que non constasen nas bases de datos do ente estatal e, ao mesmo tempo, a obriga de pagar 60€ por cada ben dado de alta, ademais da contribución dos últimos catro anos. No noso concello esas notificacións son arredor de 700 de diverso tipo e, ademais, poden vir con erros ou con información equivocada. Por exemplo, nunha fotografía tomada a grande altura unha simple lona no chan pode ser confundida cunha nova construción. Naraío fai 25 festivais ao pé do río Castro

Lamas lévanos de excursión

Para que a veciñanza poida defender os seus dereitos perante o Ministerio de Facenda, o Concello puxo en marcha unha oficina a través da que solventar dúbidas e preparar as alegacións das persoas afectadas. Trátase dun servizo gratuíto que atende os luns, mércores e venres entre as 10 e as 15.00h. na oficina situada ao pé do salón de plenos. De cara a revisar as cartas e presentar as posibles alegacións é moi importante que os usuarios e usuarias fagan o seguinte: por unha banda imprimir a información integrada no Código CSV da Sede electrónica do Catastro ao que fai referenza a notificación, xa que ese código é o que permite acceder á información de todo o expediente; e, por outra banda, levar á oficina habilitada polo Concello dúas copias de toda a documentación á que se refire o punto anterior.

A piscina municipal abre o día 18

O Concello prepara varias propostas deportivas para o inicio do verán

NOVAS 102_A3 12/06/18 10:39 Página 2

Novas

Novas

Mercado Local nos xardíns municipais

Licitadas en 76.000 euros as obras do Plan de mellora de camiños municipais da AGADER

Domingo 24 de xuño, 10.00h.

O Perfil de Contratante do Concello de San Sadurniño publicou recentemente o procedemento mediante o que se contratará a reposición do firme en dúas vías municipais. Concretamente nas pistas entre o Vilar e Vilanova, en Lamas, e entre A Penamoura e a Fontela, en Naraío.

Xestionemos os resíduos como é debido

O Concello fixou a principios de ano o calendario de mercados locais, que quedou establecido nos últimos domingos dos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro. Ademais, a área de Desenvolvemento local tamén busca enriquecer a variada oferta con actos culturais e de dinamización complementarios. Para este mercado de xuño contaremos coa animación de Pedro Brandariz e o seu espectáculo de rúa "Os outros feirantes", inspirado no universo máxico de Álvaro Cunqueiro. No mercado do día do San Xoán poderemos atopar nos xardíns municipais produtos de temporada e alimentos transformados, planta, artesanía e artigos de segunda man a moi bo prezo. O período de solicitude de participación para comerciantes está aberto ata o día 20 de xuño, presentando na Casa da Cultura ou no Rexistro municipal a ficha dispoñible en www.sansadurnino.gal.

Segundo a lexislación vixente, as persoas responsables do lixo son aquelas que os producen ata que entran no circuíto de tratamento e reciclaxe. Por iso, como usuarias e usuarios temos a obriga de separar ben en orixe as fraccións de cartón-papel, envases, vidro e resto e, posteriormente, botar as bolsas pechadas DENTRO DOS COLECTORES que hai repartidos polo territorio. Remarcamos o DENTRO DOS COLECTORES, xa que non está permitido deixar as bolsas ao seu carón, como se ve nesta imaxe tomada na illa do Centro de Saúde. Recordamos tamén que, para todos aqueles refugallos voluminosos que non poden ir aos colectores -mobles, electrodomésticos e incluso plásticos agrícolas- temos un servizo gratuíto de recollida. Abonda con chamar ao 981 490 027 para coordinar que nolos veña buscar o camión municipal, aforrándonos o traballo de tiralos en calquera sitio, algo que tamén é sancionable.

Os traballos están orzamentados en 76.552,99 euros e as empresas que queiran optar a executalos poderán presentar as súas propostas até o día 21 de xuño. O importe total destas dúas obras financiarase con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019 da AGADER, que lle asignou ao consistorio unha cantidade lixeiramente superior aos 64.000 euros.

Cambio nos horarios de atención do Rexistro Civil e do Xulgado de Paz

O Concello reforzará a rede de abastecemento de auga potable cunha nova canalización ata Vilafiúnce San Sadurniño destinará algo máis de 37.000 euros á construción dunha nova conexión hidráulica entre a potabilizadora da Agra de Arriba e o lugar de Vilafiúnce. A obra conta con finanzamento do Fondo ambiental e permitirá reforzar o abastecemento na zona e tamén na de Cornide, ademais de axudar a mellorar a xestión de toda a rede de subministración no centro urbano e nos lugares dos arredores. O novo ramal de abastecemento busca dotar dun maior caudal e presión a zona pola que discorrerá, así como sectorizar a zona da Agra, do Campo da Feira e de Vilafiúnce para non ter que cortar toda a rede se se produce algunha avaría. Por outra banda, a condución servirá tamén para dotar de maior capacidade de subministración a Cornide, algo que notarán especialmente as vivendas máis elevadas do lugar. Desde comezos do mes de xuño, o servizo de Rexistro Civil e do Xulgado de Paz atenderá os mércores de 8.30 a 14.30h. As xestións poderán facerse onde sempre, no Rexistro Municipal, só que agora calquera trámite relacionado con este servizo haberá que solicitalo nese día. O cambio encádrase na reordenación do funcionamento da atención ao público co obxectivo de facela máis eficiente.

Ruta de sendeirismo por Naraío Sábado 23 de xuño, 10.00h.

Lembrade tamén que o Concello ten un convenio con Narón para utilizar o Punto Limpo do Río do Pozo, de maneira que calquera persoa de San Sadurniño pode deixar alí voluminosos, electrodomésticos e mesmo restos de pequenas obras. Este servizo tamén é gratuíto.

Luns 25 de xuño, 18.00h.

Charla sobre normativa forestal e de prevención de incendios na Casa da Cultura A vaga de lumes de 2017 espertou o debate sobre a xestión forestal tanto na opinión pública como na axenda política. Neste sentido, a Xunta de Galicia anunciou que vai modificar o Plan forestal, e que vai exercer as súas competencias no sector con máis celo. Igualmente, o goberno galego aprobou nos últimos meses unha serie de textos legais que veñen modificar a normativa do sector forestal. A Lei 5/2017, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, modificou o referente ás autorizacións de corta e a Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, veu

mudar a antiga lei de prevención dos incendios, variando distancias e requisitos nas franxas de protección. Debido a que o forestal é un dos sectores máis importantes do municipio, vaise organizar unha charla informativa sobre a repercusión destes cambios lexislativos e sobre cal ser a política de control da Xunta para que se cumpra a normativa. Na charla do luns 25 de xuño contaremos con persoal técnico do Distrito forestal de Ferrol, que é o organismo encargado da xestión das autorizacións e do control das medidas contraincendios.

A primeiros de mes arrancou o programa "Xuño Deportivo" ofrecendo surf e paddle surf en Pantín o domingo 10 e a Roda Cicloturista en Familia o domingo 17, das que informamos a través das redes sociais e da web municipal. Como peche deste programa teremos unha ruta de sendeirismo que sairá do local social de Naraío o sábado 23 para dar unha volta duns 15 quilómetros subindo á Louseira, pasando logo ao Forgoselo e collendo despois polo sendeiro do Castro con rumbo de novo ao local social. Ofértanse un máximo de 50 prazas que se cubrirán por orde de ins-

crición, que deberá facerse na Casa da Cultura como moi tarde o xoves 21 ás 14.00h. Pola distancia e polo trazado en si, na actividade só poderán participar persoas maiores de 9 anos e que, en calquera caso, teñan costume de andar. Recoméndase levar roupa transpirable, calzado cómodo -que non sexa de estrea e que protexa os nocellos-, e tamén auga e produtos comestibles de pequeno tamaño e alto valor enerxético, como por exemplo barriñas de cereais.

NOVAS 102_A3 12/06/18 10:39 Página 3

Novas

Novas

Clausura das escolas municipais de música na Casa da Cultura Do 1 ao 31 de xullo Sábado 30 de xuño, 18.00h.

A piscina municipal inicia temporada o 18 de xuño Estamos a piques de estrear temporada estival na piscina municipal de Corrás, un servizo que estará aberto desde o 18 de xuño até o 16 de setembro, ambos días incluídos, aínda que con horarios ampliados os festivos e durante a fin de semana. Ademais, o vaso tamén acollerá cursos de natación e ofrécese a posibilidade de mercar distintos bonos para que os baños nos saian máis a conta. Os prezos son practicamente os mesmos có ano pasado e só se incrementaron coa suba do IPC. Horarios do vaso: A piscina estará aberta para baños libres de 15.00 a 21.00h. pola semana e de 12.00h. a 21.00h. os sábados, domingos e festivos. Horarios e días para cursos: As actividades da escola municipal de natación desenvolveranse os luns, mércores e venres de 11.00 a 14.00h.

cos grupos habituais de prenatación, iniciación e perfeccionamento. Iso si, para que se forme cada un deles será necesario que haxa un mínimo de inscricións, que poden facerse desde o 18 de xuño na Casa da Cultura. Os cursos comezarán o 2 de xullo e rematarán o 31 de agosto. Prezos para cursos e baños libres: As entradas individuais para baños libres deberán collerse cada día na cantina da piscina. Porén, os abonos para a temporada e a participación en cursos hai que adquirilos na Casa da Cultura en horario de 8.30 a 14.00h. os luns, mércores e venres. O abono é unha opción certamente interesante xa que, por exemplo, unha persoa adulta que merque tique para toda a tempada -29,23 €- terao descontado en tan só 10 baños. A solicitude de abono pode facerse desde o 11 de xuño.

Concepto Importe Entrada individual diaria de persoas adultas 3,30 € Entrada individual diaria de persoas menores de 14 anos 1,66 € Abono de tempada para persoas adultas empadroadas (maiores de 18 anos) 29,23 € Abono de tempada para persoas adultas non empadroadas (maiores de 18 anos) 37,58 € Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales o 50% ou máis estean empadroados no Concello) 52,20 € Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales menos dos 50% estean empadroados no Concello) 62,64 € Abono de tempada familiar, por cada persoa a partires da 5.ª (independente do empadroamento) 5,22 € Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas empadroados (ata 14 anos) 12,53 € Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas non empadroados (ata 14 anos) 15,66 € Abono mensual para cursos de natación para persoas maiores de 14 anos empadroadas no Concello 20,88 € Abono mensual para cursos de natación para persoas maiores de 14 anos non empadroados no Concello 26,10 €

Concerto de música de cámara na Casa da Cultura

A Casa da Cultura volverá encherse de música á semana seguinte na tradicional clausura das escolas de música que imparte o Concello. Neste caso actuarán as agrupacións de pandeireta e de gaita xunto coa masa coral formada polo alumnado de Lamas e San Sadurniño. O seu repertorio estará composto principalmente por pezas do repertorio vocal e istrumental galego. A entrada no acto é de balde.

Exposición de fotografías da V Carreira popular de San Sadurniño Galería do concello, do 8 ao 29 de xuño A mostra compóñena unha vintena de instantáneas correspondentes á última edición da popular de San Sadurniño, celebrada o pasado 27 de maio. As imaxes -publicadas aquel mesmo día no Facebook do Concello- reflicten a alta participación no evento e o ambiente lúdico en que se desenvolveu. A exposición fotográfica pode visitarse nos horarios habituais de apertura da casa consistorial, é dicir, de luns a venres de 8.30 a 14.30h.

A mostra de fotografías da carreira popular cederalle o espazo á obra do pintor Antón Meizoso, que nos traerá unha escolma dos seus traballos máis representativos. Bota man da acuarela e das estampacións para recrear paisaxes e retratos difusos que, en moitos casos, forman parte de coleccións de todo o mundo. Os horarios de apertura: de luns a venres de 8.30 a 14.30h.

Apertura do prazo para participar na “Aldea de Verán” durante o mes de agosto A Aldea de Verán é un recurso socioeducativo ofrecido polo Concello de San Sadurniño co que se pretende facilitarlles ás familias unha opción máis de conciliar a vida laboral coa atención dos nenos e nenas durante as vacacións estivais. Este servizo vai dirixido a rapazada de 3 a 12 anos e desenvolverase entre os meses de xullo e agosto.

Lembremos os prezos:

Tralo peche do prazo de solicitude para xullo -ou para os dous meses-, agora abre un novo período de solicitude para a segunda quenda, a do mes de agosto. De novo terán prioridade no acceso as familias empadroadas en San Sadurniño.

As familias que non o fixesen aínda poderán solicitar a matrícula de agosto entre o 2 e o 16 de xullo. Só poderán efectuar o pagamento da cota aquelas que figuren empadroadas en San Sadurniño. Finalizado o período de matrícula, as familias de fóra do municipio tamén poderán satisfacer a cota unha vez que os servizos técnicos municipais lles confirmen a praza. Pódese obter máis información na oficina de Servizos sociais e Igualdade -Programa de Educación familiar- ou chamando ao 981 490 027 ext. 1.

Sábado 23 de xuño ás 12.30h.

O alumnado do CPI de San Sadurniño que asiste ás clases da familia Keilin pechará curso cun concerto onde mostrará todo o que aprenderon durante os últimos meses. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Exposición “Camiños da cor”, de Antón Meizoso, na Galería do Concello.

O horario global das actividades é de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres dividido en dous turnos: un de 8.30 a 10 e outro de 10 a 14.30 horas. Hai 45 prazas dispoñibles, aínda que para o primeiro turno, o máis madrugador, só se ofertan 10.

de 8.30 a 14.30h

1º Membro da unidade familiar 90€ 2º Membro da unidade familiar 60€ 3º Membro da unidade familiar 30€

de 10.00 a 14.30h.

60€ 40€ 20€

Vacacións do IMSERSO Desde o departamento de Servizos sociais tamén informan que a partir do 15 de xuño poderá presentarse a documentación para solicitar praza na segunda quenda do programa vacacional do IMSERSO dirixido a persoas xubiladas, que oferta estadías na costa mediterránea, nas illas e tamén turismo de interior. A persoa solicitante poderá viaxar acompañada da súa cónxuxe ou pare-

lla de feito aínda que esta non cumpra cos requisitos de idade para estar xubilada e cobrar pensión. Ademais, tamén poderán levar canda si un fillo ou unha filla con minusvalía igual ou superior a un 45%. As peticións poden tramitarse a través da oficina municipal desta área en dúas quendas, unha entre o 16 de maio e o 14 de xuño e outra desde o 15 de xuño ata o 26 de febreiro.

NOVAS 102_A3 12/06/18 10:39 Página 4

Novas

Novas

Axenda veciñal Se sodes unha asociación veciñal, un club, unha comisión de festas, etc., podedes facernos chegar os vosos eventos a través do correo xenérico correo@sansadurnino.gal para que lle deamos difusión a través do Novas, da web municipal ou das redes sociais.. Incluíde no correo unha foto ou o cartel anunciador e datos básicos como a data, o lugar de celebración, os prezos ou os teléfonos de contacto para apuntarse.

Excursión a Pontevedra da A.VV. Xuntanza de Lamas Domingo 1 de xullo, todo o día

Naraío promete sorprender na 25ª edición do Río Castro Sábado 7 de xullo Naraío celebra 25 edicións do seu festival de música ao pé do río que, con motivo deste aniversario, virá cargado de moitas sorpresas e dun cartel que lle rende tributo a aquel primeiro festival do ano 1994. A festa abrirana Sérralhe-aí cunha animada sesión vermú que practicamente encadeará coa sesión de xogos tradicionais da AGXPT. Ao seu remate actuarán para a cativería os Picompé -Xabi Picos e Pepablo Patinho- e á tardiña desenvolveranse os campionatos de chave, tronzador e tiro á corda por equipos. Os concertos da noite iniciaranse a iso das 22.00h. coas escolas de gaita, pandeireta e acordeón que se imparten en Naraío. Logo actuarán os regueifeiros Josinho da Teixeira e Lupe Blanco, a asociación folclórica Berce, Os Carunchos e, como remate apoteósico, Os Tres Trebóns con Xurxo Souto á cabeza. O festival está organizado pola Asociación Veciñal O Castelo de Narahío con colaboración económica da área de Cultura da Deputación da Coruña, do Concello de San Sadurniño e da Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios. Hai máis información no blog riocastro.blogspot.com e nas redes sociais da entidade.

Sábado 23 de xuño, 18.00h.

San Xoán no local social de Naraío A Asociación Veciñal O Castelo de Narahío volve organizar a súa tradicional Salta do San Xoán propoñéndonos un programa de actividades que comezarán a iso das 18.00h. cun obradoiro dirixido á rapazada no que se recollerán flores e plantas aromáticas para decorar o local social da Veiga. Posteriormente, sobre as 22.00h. servirase unha cea a base de empanada, churrasco con patacas e crioulos, sobremesa e café. Os prezos son de 10€ para persoas socias, de 15€ para non socias e de 5€ para a rapazada ata 11 anos. Para inscribirse hai que chamar antes do día 21 ao 981 490 302.

O día primeiro de xullo, véspera de festivo local, a asociación veciñal de Lamas propónnos visitar a fermosa vila de Combarro, ademais de dar un paseo en barco pola ría de Pontevedra -cunha degustación abordoque finalizará na illa de Tambo. Á volta da illa tamén se visitará o casco histórico da cidade.

Axudas publicadas no Diario Oficial de Galicia Todas estas axudas e convocatorias podedes localizalas no buscador por data de www.xunta.gal/diario-oficial-galicia. Para aclarar dúbidas ou ampliar información falade co técnico de Desdenvolvemento local chamando ao 981 490 027.

O prezo da viaxe son 35€ para persoas socias e 40€ para non socias e nel inclúese tanto o transporte como o xantar, consistente en lagostinos, merluza con ensalada, codillo ao forno con gornición, sobremesa, sidra e café.

DOG núm. 92, do 15/05/2018 Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma. Período de cobertura: dende o 01/11/2017 ata o 30/09/2018.

Hai que apuntarse antes do 24 de xuño chamando aos teléfonos 637 837 541 ou 618 838 760.

DOG núm. 92, do 15/05/2018.Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo. Prazo de solicitude: ata o 30/07/2018.

A asociación tamén nos informa que o 28 de xullo ás 9 da noite farán no local de San Xiao unha cea a base de sardiñas, liscos, sobremesa e café cun prezo de 10€ para persoas socias e de 15€ para quen non forme parte da entidade. Podedes apuntarvos neses mesmos teléfonos.

DOG nº 95 do 21/5/2018. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. Prazo de solicitude: ata o 22/06/2018.

DOG núm. 100, do 28/05/2018. Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal. Prazo de solicitude: 28/06/2018. DOG núm. 101, do 29/05/2018. Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para persoas emigrantes de orixe galega, así como para os seus fillos e fillas. Prazo de solicitude: ata o 30/11/2018. DOG núm. 105, do 04/06/2018. Programa do bono para persoas autónomas, cunha subvención dun 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros, para estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa, ou para complementar o programa Re-Acciona. Prazo de solicitude: ata o 30/07/2018.

NOVAS 102_A3 12/06/18 10:39 Página 4

Novas

Novas

Axenda veciñal Se sodes unha asociación veciñal, un club, unha comisión de festas, etc., podedes facernos chegar os vosos eventos a través do correo xenérico correo@sansadurnino.gal para que lle deamos difusión a través do Novas, da web municipal ou das redes sociais.. Incluíde no correo unha foto ou o cartel anunciador e datos básicos como a data, o lugar de celebración, os prezos ou os teléfonos de contacto para apuntarse.

Excursión a Pontevedra da A.VV. Xuntanza de Lamas Domingo 1 de xullo, todo o día

Naraío promete sorprender na 25ª edición do Río Castro Sábado 7 de xullo Naraío celebra 25 edicións do seu festival de música ao pé do río que, con motivo deste aniversario, virá cargado de moitas sorpresas e dun cartel que lle rende tributo a aquel primeiro festival do ano 1994. A festa abrirana Sérralhe-aí cunha animada sesión vermú que practicamente encadeará coa sesión de xogos tradicionais da AGXPT. Ao seu remate actuarán para a cativería os Picompé -Xabi Picos e Pepablo Patinho- e á tardiña desenvolveranse os campionatos de chave, tronzador e tiro á corda por equipos. Os concertos da noite iniciaranse a iso das 22.00h. coas escolas de gaita, pandeireta e acordeón que se imparten en Naraío. Logo actuarán os regueifeiros Josinho da Teixeira e Lupe Blanco, a asociación folclórica Berce, Os Carunchos e, como remate apoteósico, Os Tres Trebóns con Xurxo Souto á cabeza. O festival está organizado pola Asociación Veciñal O Castelo de Narahío con colaboración económica da área de Cultura da Deputación da Coruña, do Concello de San Sadurniño e da Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios. Hai máis información no blog riocastro.blogspot.com e nas redes sociais da entidade.

Sábado 23 de xuño, 18.00h.

San Xoán no local social de Naraío A Asociación Veciñal O Castelo de Narahío volve organizar a súa tradicional Salta do San Xoán propoñéndonos un programa de actividades que comezarán a iso das 18.00h. cun obradoiro dirixido á rapazada no que se recollerán flores e plantas aromáticas para decorar o local social da Veiga. Posteriormente, sobre as 22.00h. servirase unha cea a base de empanada, churrasco con patacas e crioulos, sobremesa e café. Os prezos son de 10€ para persoas socias, de 15€ para non socias e de 5€ para a rapazada ata 11 anos. Para inscribirse hai que chamar antes do día 21 ao 981 490 302.

O día primeiro de xullo, véspera de festivo local, a asociación veciñal de Lamas propónnos visitar a fermosa vila de Combarro, ademais de dar un paseo en barco pola ría de Pontevedra -cunha degustación abordoque finalizará na illa de Tambo. Á volta da illa tamén se visitará o casco histórico da cidade.

Axudas publicadas no Diario Oficial de Galicia Todas estas axudas e convocatorias podedes localizalas no buscador por data de www.xunta.gal/diario-oficial-galicia. Para aclarar dúbidas ou ampliar información falade co técnico de Desdenvolvemento local chamando ao 981 490 027.

O prezo da viaxe son 35€ para persoas socias e 40€ para non socias e nel inclúese tanto o transporte como o xantar, consistente en lagostinos, merluza con ensalada, codillo ao forno con gornición, sobremesa, sidra e café.

DOG núm. 92, do 15/05/2018 Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma. Período de cobertura: dende o 01/11/2017 ata o 30/09/2018.

Hai que apuntarse antes do 24 de xuño chamando aos teléfonos 637 837 541 ou 618 838 760.

DOG núm. 92, do 15/05/2018.Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo. Prazo de solicitude: ata o 30/07/2018.

A asociación tamén nos informa que o 28 de xullo ás 9 da noite farán no local de San Xiao unha cea a base de sardiñas, liscos, sobremesa e café cun prezo de 10€ para persoas socias e de 15€ para quen non forme parte da entidade. Podedes apuntarvos neses mesmos teléfonos.

DOG nº 95 do 21/5/2018. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. Prazo de solicitude: ata o 22/06/2018.

DOG núm. 100, do 28/05/2018. Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal. Prazo de solicitude: 28/06/2018. DOG núm. 101, do 29/05/2018. Axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario para persoas emigrantes de orixe galega, así como para os seus fillos e fillas. Prazo de solicitude: ata o 30/11/2018. DOG núm. 105, do 04/06/2018. Programa do bono para persoas autónomas, cunha subvención dun 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros, para estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa, ou para complementar o programa Re-Acciona. Prazo de solicitude: ata o 30/07/2018.

NOVAS 102_A3 12/06/18 10:39 Página 1

Novas

Deputación, Concello e Xunta implícanse na posta en valor do castelo de Naraío Trampeos de inverno contra da Avespa Asiática

O pleno da Deputación da Coruña aprobou recentemente unha subvención nominativa de 151.000 euros para o rematar a consolidación e acondicionamento do castelo de Naraío. Esta achega cubre o 80% dos custos da obra, cifrados en 188.750 euros -o 20% restante porao o Concello-, que se destinarán principalmente aos accesos e ao afirmado de elementos da fortaleza. A execución desta última fase da posta en valor do castelo contará, ademais, coa colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, quen xa está redactando o proxecto de toda a intervención. Declarado Ben de Interese Cultural, na actualidade o castelo de Naraío non ten todos os seus elementos protexidos, nin pode ser visitado polo público en xeral con garantías de seguridade, xa

Concello de San Sadurnino O Casal 16 15560 San Sadurnino T. 981 490 474

Nº 102 Xuno | Xullo 2018 Envio sen enderezo postal

que carece de accesos axeitados. De feito, os elementos de protección que presenta son unicamente os que quedaran da anterior obra, rematada hai anos. O proxecto cofinanciado pola Deputación consolidará e protexerá a fortaleza, ademais de convertela nun lugar do que todas e todos poidamos disfrutar. Hai que lembrar ademais que o de Naraío é o único castelo da Casa dos Andrade que non está rehabilitado nin se pode visitar, como si se pode facer nos castelos e as torres de Pontedeume, Moeche ou Vilalba.

de San Sadurniño

O Concello ofrécelle asesoramento gratuíto á veciñanza afectada polo “catastrazo”

Nova etapa do Novas O boletín Novas leva case dez anos chegándoche á casa para informarte de axudas, prazos, eventos culturais, festas e outros asuntos de interese relacionados coa administración ou co tecido social do concello. Hai algunhas semanas que publicamos a edición nº 100 e por iso quixemos darlle unha pequena volta ao deseño e aos seus contidos. Desta maneira queremos que o Novas siga sendo un referente informativo para a veciñanza e que, ademais, sexa máis atraente e cómodo de ler. Lembrámosvos que no boletín tamén teñen cabida os actos organizados polas entidades do municipio, como son as asociacións veciñais, as culturais, os clubes e as comisións de festas. Por iso, se queredes dárlle Este boletín conta con finanzamento da

difusión aos eventos que fagades, só tedes que enviar un correo á conta xenérica correo@sansadurnino.gal indicándonos de que se trata, as datas e horarios, o lugar e, se son actividades que requiren inscrición previa, tamén os prezos e maneiras de contactar con vós para que a xente se poida apuntar. Nese correo podedes adxuntar fotos ou carteis para ilustrar a información, que tamén se publicará na web municipal, no Facebook e máis no Twitter do Concello (@concellosansa). Se vos é máis cómodo podedes enviarnos a información nunha mensaxe a través da nosa páxina en Facebook. Por certo, tamén estamos en Instagram (@concellosansa) e en Youtube.

Durante estes días están empezando a chegar as notificacións do Catastro referidas ao proceso de regularización de bens iniciado de oficio por este organismo dependente do Ministerio de Facenda. A regularización coñecida como “catastrazo” supón a alta automática daqueles inmobles -ou as variacións feitas neles- que non constasen nas bases de datos do ente estatal e, ao mesmo tempo, a obriga de pagar 60€ por cada ben dado de alta, ademais da contribución dos últimos catro anos. No noso concello esas notificacións son arredor de 700 de diverso tipo e, ademais, poden vir con erros ou con información equivocada. Por exemplo, nunha fotografía tomada a grande altura unha simple lona no chan pode ser confundida cunha nova construción. Naraío fai 25 festivais ao pé do río Castro

Lamas lévanos de excursión

Para que a veciñanza poida defender os seus dereitos perante o Ministerio de Facenda, o Concello puxo en marcha unha oficina a través da que solventar dúbidas e preparar as alegacións das persoas afectadas. Trátase dun servizo gratuíto que atende os luns, mércores e venres entre as 10 e as 15.00h. na oficina situada ao pé do salón de plenos. De cara a revisar as cartas e presentar as posibles alegacións é moi importante que os usuarios e usuarias fagan o seguinte: por unha banda imprimir a información integrada no Código CSV da Sede electrónica do Catastro ao que fai referenza a notificación, xa que ese código é o que permite acceder á información de todo o expediente; e, por outra banda, levar á oficina habilitada polo Concello dúas copias de toda a documentación á que se refire o punto anterior.

A piscina municipal abre o día 18

O Concello prepara varias propostas deportivas para o inicio do verán

Boletín Novas nº 102 - Xuño/xullo 2018  
Boletín Novas nº 102 - Xuño/xullo 2018  
Advertisement