Ano 2020. Revista Informativa Municipal do Concello da Baña. Inclúe reportaxes e resumo das actividades e iniciativas desenvolvidas polo Concello durante o ano 2020. Entre outras, recolle as seguintes informacións: Sendeiros para descubrir a calquera idade • Máis familias no proxecto Apego, que tamén medra en actividades • Compartas e carrozas da Baña destacan nun Entroido multitudinario • Apoio á veciñanza e aos autónomos para facerlle fronte á covid-19 • Máis usuarios no Comedor sobre rodas e no Servizo de Axuda no Fogar, o cal reduce agardas.