Page 1

sindicato nacional de ccoo de galicia comisión executiva nacional secretaría de emprego, política institucional e acción sociopolítica

Medidas que afectan á protección por desemprego Recóllense as modificacións que afectan ao sistema de protección por desemprego. Ponse de manifesto como o nivel contributivo se debilita bastante máis alá do que informara o Goberno. Redúcense todas as prestacións por desemprego vixentes e futuras co cambio na cotización de seguridade social e castígase a quen sofre un contrato a tempo parcial, que vai ter maiores dificultades para acceder á acción protectora por desemprego. O nivel asistencial (subsidios) é duramente retocado. Castígase de xeito sorprendente o colectivo de máis idade e que demostra maiores dificultades para encontrar emprego. Tamén aquí se discrimina e debilita a protección para as persoas que proceden dunha relación a tempo parcial. E aplícase un cambio drástico nas condicións de acceso á renda activa de inserción, que recortará de forma importante a cobertura que facilitaba. Por último, hai un grupo de decisións que cambian de forma substancial a orientación no traballo que debe desenvolverse desde o Servizo Público de Emprego Estatal e mesmo desde os Servizos Autonómicos de Emprego. O control, a sanción e a flexibilización dos criterios para dar ampla cabida a eses dous aspectos é o común denominador dunha serie de artigos do RDL.

Prestación contributiva  Redúcese a porcentaxe de aboamento a partir do día 181 de prestación por desemprego, pasando do 60% ao 50% da base reguladora (Art. 17. catro).  Endurécese a cotización á seguridade social de quen percibe unha prestación contributiva. Se ata agora a cota do traballador ou traballadora estaba reducida nun 35%, de agora en diante a persoa desempregada aboaraa na súa totalidade (4,7% da base reguladora) coa conseguinte diminución do importe da súa prestación (Disposición derrogatoria 3.b).  Debilítase a prestación no caso de varios contratos a tempo parcial. Modifícase o criterio para o cálculo do período de ocupación que serve para determinar o tempo que se protexerá por desemprego nos casos de contratos a tempo parcial. Se ata agora se totalizaban todos os períodos cotizados desde a data en que perdía un contrato a tempo parcial, a partir do R. D. Lei totalizaranse só os do contrato que se perde (Art. 17.Tres).  Modifícase o criterio de cálculo da base reguladora en caso de ter dous contratos parciais e perder un deles. Desde este momento, farase a media das bases de ambos os contratos para determinar a base reguladora de desemprego. Ata o de agora só se tiña en conta a do traballo que se perdía (Art. 17.Once).


sindicato nacional de ccoo de galicia comisión executiva nacional secretaría de emprego, política institucional e acción sociopolítica

Subsidios por desemprego  Elévase a idade de acceso ao subsidio que permite chegar ata a xubilación pasando de 52 anos a 55 anos (Art. 17.Sete).  Tamén se endurecen os criterios de finalización do subsidio de maior de 52 anos (agora de 55 anos). A súa duración será ata a data en que o traballador/a poida xubilarse por calquera das modalidades existentes. Ata agora, o traballador/a elixía a mellor opción de xubilación e, mentres non optaba por xubilarse, seguía cuberto por este subsidio. A partir da entrada en vigor deste R. D. Lei poden producirse ou ben períodos sen cobertura de desemprego ou ben a obriga de acceder a unha xubilación con coeficientes redutores (Art. 17.Oito).  Empobrécese a cotización por xubilación no subsidio de maior de 55 anos, pasando a ser a contía a do tope mínimo de cotización vixente cando, ata o de agora, era do 125% (Art. 17.Dez). Esta rebaixa na cotización tamén afecta a quen, sendo fixo-descontinuo, perciba calquera tipo de subsidio ao que ten dereito. Se antes, a partir de contar con 52 anos, cotizaban por xubilación e cunha base do 125% do tope mínimo, agora esa cotización pasará a realizarse a partir dos 55 anos e por un total de só o 100% do tope mínimo (Art. 17.Dez).  Redúcese a protección facendo desaparecer o subsidio especial para maiores de 45 anos cunha duración de 6 meses. Este subsidio alcanzaba tanto a persoas sen cargas como con elas. Neste segundo caso, podía mellorar a contía que percibía por riba dos tradicionais 426 euros (Disposición derrogatoria 3 a).  Discrimínase as persoas que accedan ao subsidio procedentes dunha relación laboral a tempo parcial. A partir de agora, a contía que percibirán deixará de ser do 100% e pasará a ser a da porcentaxe coa que se traballou a tempo parcial (Art. 17. Nove).  Un voluminoso colectivo quedará fóra da renda activa de inserción ( RAI). Se ata o de agora non existía requisito de que se accedera previamente a unha prestación ou subsidio, agora será indispensable para as persoas paradas de longa duración e as persoas discapacitadas. Emigrantes retornados e mulleres vítimas de violencia libran da dita obriga (Art. 21.2). A mera saída ao estranxeiro interromperá o cómputo dun ano inscrito como demandante de emprego, que é un requisito ineludible para quen o solicita sobre a base de ser unha persoa parada de longa duración (Art. 21.1).  Modifícase o criterio para o cálculo de rendas. A partir da entrada en vigor do RDL, consideraranse rendas os rendementos que poidan deducirse do importe económico do patrimonio aplicando ao seu valor o 100% do tipo de xuro legal do diñeiro. Exceptúase a vivenda habitual. Ata o de agora era o 50% do tipo de xuro (Art. 17.Sete).

Cambios na orientación do servizo público


sindicato nacional de ccoo de galicia comisión executiva nacional secretaría de emprego, política institucional e acción sociopolítica

 Dótase o organismo da capacidade de adoptar medidas preventivas se non se presenta a documentación requirida, autorizando a suspensión cautelar de calquera dereito económico [Art. 17.Seis].  O organismo poderá suspender cautelarmente 0unha prestación, se existen indicios suficientes de fraude no curso das investigacións realizadas polos órganos competentes en materia de loita contra a fraude (Art. 17.Doce).  Establécese como obriga a comunicación do cambio de domicilio e oriéntase a que as comunicacións poidan efectuarse a través de medios electrónicos (Art. 17.Trece), todo isto dirixido a facilitar o inicio dos procesos sancionadores (Art. 20 que modifica a Lei de sancións e infraccións na orde social).  A partir da publicación do RDL, nace a obriga de presentar ao SPEE ou aos servizos autonómicos de emprego, os elementos que demostren que se efectuaron actuacións tendentes á busca activa de emprego, reinserción laboral ou mellora de ocupabilidade. De non se acreditar, considerarase o incumprimento do compromiso de actividade (Art. 17.Trece). Na mesma liña, introdúcese unha modificación na Lei de emprego na que se recolle a obriga deste tipo de control e a base para que o SPEE inicie o procedemento sancionador (Art. 18).  Elimínanse espazos de incerteza dentro do proceso sancionador, e garántese a consideración de perceptor de prestacións tanto durante o prazo de solicitude de prórroga como durante as suspensións cautelares ou definitivas (Art. 20.Catro).  Tras unha sanción, a persoa perceptora de prestacións deberá estar inscrita como demandante de emprego para reiniciar o dereito de oficio. En caso contrario, será convocada polo SPEE e non se realizará o reinicio ata que se presente. Ata agora sempre se facía de oficio; con este esquema, a sanción pode prolongarse ata que non se corrixa a inscrición na demanda de emprego (Art. 17.Cinco).

Outras cuestións fóra do SPEE  As prestacións de FOGASA debilítanse de forma intensa, tanto en duración como en contía. O máximo de días de salario pendentes de pagamento pasa de 150 a 120. A contía máxima rebáixase desde o triplo ao dobre do SMI (Art. 19.1).  En relación co aboamento e indemnizacións, establécese un salario máximo para a base do cálculo de dúas veces o SMI en vez das tres que estaba vixente antes da publicación do RDL (Art. 19.2 e 3).  Salarios de tramitación. Cando a sentenza estableza a improcedencia dun despedimento e se dite transcorrido un prazo superior aos 90 días hábiles desde que se presentou a demanda, o empresario poderá reclamar ao Estado o aboamento da percepción económica que corresponda ao tempo que supere eses 90 días. Ata a entrada en vigor do RDL eran 60 días (Disposición final cuarta).

Medidas que afectan á prestación por desemprego  

Resumo das medidas adoptadas polo goberno de Mariano Rajoy que afectan á prestación por desemprego.