Page 1

RATA LINDA DE COMPOSTELA

Bernardino Graña

Adaptación e ilustración dos alumnos e alumnas de terceiro de Primaria Edicións Quintela Colección contos Decembro 2009


Al贸, no monte do Gozo, hab铆a un pazo cun pozo.


E polo pozo corrĂ­a unha Rata linda e fina.


Ă noite pasou Don Gato Dun bolso, sen velo, Caeulle a Don Gato un peso.


A Rata o peso atopou e unha prenda de adornar mercou.


No pazo foi a un espello e puxo o lazo no pelo. No pelo ben lle sentou e foi sentar ao balc贸n.


Chegou o can moi contento. “Ai, Rata, co lazo pareces guapa.Queres comigo casar?”

Rata Linda dille ao can: “E de noite, que farás?” “Guau-guau, guau-guau!” “Ai,non, que me asustarás!”


Despois chegou o burro. “Ai, Rata, co lazo pareces guapa.Queres comigo casar?”

Rata Linda dille ao burro: “E de noite, que farás?” “Ihá- ihá!” “Ai,non, que me asustarás!”


Despois viu chegar o grilo. “Ai, Rata, co lazo pareces guapa.Queres comigo casar?”

Rata Linda dille ao grilo: “E de noite, que farás?” “Cri-cri-cri.!” “Ai, non, que me asustarás!”


Despois chegou o gato. “Ai, Rata, co lazo pareces guapa.Queres comigo casar?”

Rata Linda dille ao gato: “E de noite, que farás?” “Estarei cada minuto sempre a durmir e calar!”


Rata Linda baixa axiña do balcón e xoga con el no pozo: “Xa es meu mozo. Contigo quero casar”.


Súpeto, o gato saca as uñas e dille: “Se o peso agora non dás, enteira heite papar”


A Rata, asustada,escapa: “O teu peso está nese pozo, dentro. Se asomas, aí o verás”


“Colle o teu peso!”

Di a Rata, empurrando por detrás. O gato caeu no pozo E non volveu nunca mais.


Quen volveu foi o Ratiño antes no pazo veciño que andara polo estranxeiro: “Ai, Rata, co lazo ou sen lazo es guapa! Queres comigo casar?”


Rata Linda dixo: “Claro� E a Santiago van andar por mirar a catedral.


FIN

Rata Linda  

Conto infantil