PTSC PAGUS PaisaxelaCaixa Guia

Page 66

Niveis de dificultade Este xogo de simulación deseñouse para que poidan xogar tanto alumnos de primaria como de secundaria, así como calquera usuario interesado na planificación dunha paisaxe. Por iso programáronse tres niveis de dificultade moi diferenciados. Hai un primeiro nivel que podemos cualificar de “demo” que serve como introdución ao xogo. Neste nivel simplifícase o xogo eliminando os seguintes elementos: - Enerxía. - Mantemento. 66

Ademais, non se ten en conta o consumo de recursos á hora de colocar os elementos sobre o territorio. Para rematar de facilitar o xogo, o nivel 1 non contempla os ciclos. Todo se produce nunha única xogada na que o usuario planifica o seu territorio completo. Con iso, pretendemos tamén ofrecer unha versión rápida do xogo, que permita aos profesores formular a actividade nunha clase de 50 minutos. No nivel 1, o alumnado pode crear a súa propia paisaxe nuns 20 minutos (non é necesario que encha todo o territorio). Para iso, conta cunha versión reducida do catálogo de elementos e poderá incorporar todos os elementos que considere necesario, sen se preocupar polo seu custe económico. Unha vez planificado o territorio, pode premer o botón de resolución e obterá un informe detallado cos resultados da súa paisaxe. Este informe foi programado para que sirva de guía orientativa sobre como xogar nos seguintes niveis. Con este informe e coa función de imprimir territorio que incorpora o xogo, o profesor poderá comentar en clase os resultados dos alumnos e orientalos sobre como lograr unha paisaxe sostible.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.