Issuu on Google+

REVISTA EDUCATIVA DE DIVULGACIÓN Rudolf Steiner, creador da Metodoloxía Waldorf

RUDOLF STEINER

“Meniñeiros de Friol” un exemplo na nosa comunidade

Proxectos de prensa dixital con nenos e nenas de ed. primaria

Nª 1 Revista Educativa de Divulgación. Lugo. 2011


A NOSA REVISTA!

R

udolf Steiner (1861-1925), doutor en Filosofía e Letras austrohúngaro. Estudou tamén ciencias experimentais e arte. Foi un dos pensadores máis orixinais do século XX e creador dunha filosofía

Rudolf Steiner

espiritual chamada “antroposofía” .

Dende as súas investigación espirituais suxeriu renovar algunhas das actividades máis importantes: agricultura, medicina, economía, arquitectura, ciencia, filosofía, relixión, arte e o que nos acada a nós, a educación. Así naceu a Universidade Libre de Ciencia Espiritual chamada Goetheanum na honra de Johann Wolfgang von Goethe que tamén fora científico, filósofo e humanista

Sabías

que..?

entre outras cousas, e ao cal Steiner estudara. Este centro atópase en Basilea, Suíza, onde asisten estudantes de

Hoxe en día o método Waldorf para a

todo o mundo aos seus seminarios e talleres de

ensinanza está recoñecido pola UNESCO, é apoiado por gobernos como o de Alemaña,

distintas especialidades.

debido en parte ó seu valor como metodoloxía renovadora, e en parte, polo seu compromiso por xerar interese nos valores universais como educación para a paz, Dereitos Humanos ou o

A partir desto nace posiblemente a obra máis

exercicio da cidadanía.

importante de Rudolf Steiner: a pedagoxía Waldorf, como forma de renovación da educación. Trátase dunha educación do neno e do mozo cara á liberdade, dentro dunha continua renovación da sociedade.

Ademais Rudolf Steiner foi un autor prolífico, con 30 libros publicados e máis de 6000 conferencias nas que expoñía as súas ideas por toda Europa. Estas conferencias están recollidas en 325 libros.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 2


A NOSA REVISTA!

BASES PEDAGÓXICAS DA METODOLOXÍA WALDORF Recoñecemento da natureza individual de cada neno e nena.

O plan de estudos e os métodos de ensinanza utilizados son adaptados ás etapas evolutivas e á natureza psíquica e individual de cada nena e neno.

As materias teñen a mesma importancia curricular sexan intelectuais, artísticas ou artesanais.

O eixo fundamental da pedagoxía Waldorf está en que os nenos e nenas relacionen o que aprenden ca súa propia experiencia, así mostran máis interese, énchense de vitalidade e interiorízano, é dicir, o que aprenden fano seu. Así as escolas Waldorf están deseñadas para desenvolver este tipo de aprendizaxe.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 3


A NOSA REVISTA!

AS FAMILIAS NA ESCOLA WALDORF. Unha escola Waldorf é un lugar onde a participación é imprescindíbel, e por iso tanto pais e nais, coma mestres e mestras involúcranse seriamente na educación facendo deste tipo de escolas unha especie de “asociacións conxuntas de nais, pais, mestres e mestras”. Por unha banda créase un “Consello de Administración” para a xestión e administración do centro, sendo asesorado e axudado este

SABÍAS QUE…?

consello por diversas comisións de pais e nais, que ademais asumen funcións como a creación de talleres, organización de

O centro constitúe unha parte da sociedade, é unha peza do seu entorno, así os vecinos das escolas son benvidos á hora de facer concertos, talleres artesanais, festas, cursos ou conferencias.

festas ou administración de mantemento e obras. Por outra banda tanto mestres e mestras como nais e pais colaboran na elaboración do programa escolar. Fan reunións mensuais onde os proxenitores poden expoñer as súas ideas e opcións de mellora.

“Tanto pais e nais coma o corpo docente elaboran o programa escolar” Ademais nais e pais poden ir ás clases de cando en vez, e participar de forma activa en festas e actividades de toda índole como o mercado de Nadal onde fan preparativos e venden. Neste mercado véndense os obxectos feitos polos nenos nos talleres desenvolvidos en todo o curso.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 4


A NOSA REVISTA!

MESTRES

E

MESTRAS

WALDORF. Para comezar con este apartado daremos a coñecer unha das cousas máis básicas para os docentes Waldorf: “o mestre actúa con liberdade na súa aula xa que é un gran coñecedor de todos e cada un dos seus alumnos e sabe como fomentar o seu desenvolvemento”. Isto débese por unha banda a que o mestre titor acompaña aos seus alumnos de 1º a 8º de Básica, e por outra banda pola estreita colaboración cos pais e nais dos alumnos.

DESTACADO!!

O obxectivo básico dun mestre Waldorf é o de espertar as facultades do neno e equilibrar as tres forzas interiores: pensamento, sentimento e vontade.

A importancia das materias é relativa, é dicir, un docente Waldorf busca una acción conxunta das aptitudes que se desenvolven nos diferentes campos da ensinanza. Neste sentido, co programa Waldorf preténdese equilibrar a adquisición de coñecementos con prácticas artísticas e artesanais de xeito que estas actividades e as materias intégranse nun mesmo conxunto. Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 5


A NOSA REVISTA!

Os mestres titores traballan por períodos de 3 a 4 semanas unha materia na denominada “clase principal” que ten lugar todos os días lectivos e dura aproximadamente dúas horas. Máis tarde comezan cas clases artísticas, artesanais e rítmicas que se dan en días estipulados de maneira continuada.

Para rematar falaremos da continua reciclaxe a que se someten estes mestres e mestras con reunións periódicas e cursos:

O “claustro” reúne unha vez por semana a todo o persoal do centro, sexan docentes, administrativos ou empregados de áreas como mantemento. Nestas sesións falan de algún neno ou nena con problemas, de métodos pedagóxicos ou mesmo de problemas de organización. Existen máis reunións, como por exemplo a dos docentes das distintas áreas ou ciclos para a creación dos programas.

O “claustro” nomea por períodos unha equipa directiva para as funcións de responsabilidade dos aspectos educativos da escola. O consello de administración delega nesta Xunta de Profesores as xestións habituais.

Por último as mestras e mestres Waldorf participan unha ou dúas veces ao ano en cursos internacionais cos seus homólogos de outros países e de escolas tanto públicas como privadas.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 6


A NOSA REVISTA!

HIMNO GALEGO ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 7


A NOSA REVISTA!

FABRICACIÓN DE QUEIXO E PAN. A elaboración do pan: Dende tempos ben antigos, queixo e pan, conforman dous elementos básicos da Humanidade. No noso concello son exaltados cada mes de marzo cunha feira anual, a cal se converteu nun dos certámenes agroalimentarios máis coñecidos na provincia e na Comunidade Autónoma.

A elaboración do pan: os compoñentes deste produto son a fariña de trigo ou centeo , auga e sal. O proceso comeza co amasado nunha artesa, que consiste en mesturar, con moito coidado, a fariña con auga morna, sal e fermento. Unha vez conseguida esa substancia viscosa, comeza o verdadeiro amasado, tarefa que consiste en remover coas mans estendidas e logo cos puños pechados esa mezcla, engadindo algo de fariña ata conseguir unha masa espesa e elástica,da que logo se farán os bolos. Déixase repousar durante dúas horas para que a masa levede, é dicir,

que actúen as bacterias do fermento, que farán que se espila.Pasado o tempo de lévedo empézase a roxar o forno, que consiste en facerlle o lume. Os fornos soen ter na boca unhas pedras de granito, que serven de medidores de temperatura e , cando se poñen blancas, enténdese que este está suficientemente quente.Logo coa a axuda dun rodo de madeira procédese a retirar o borrallo e varrer o forno cun vasallo de xesta ou loureiro.

Mentras se quenta o forno, procédese a tender o pan, tarefa que consiste en cortar anacos de masa dándolles forma redonda, deixando eses bolos encima dunha mesa para que sigan levedando. Chega entón o momento de enfornar, é dicir, meter o pan no forno, tarefa que se realiza cunha pá de rabo longo para non queimarse. Pasadas unhas dúas horas, o pan xa está cocido e sácase do forno.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 8


A NOSA REVISTA! se calle e darán un queixo máis ou menos dun quilo de peso.

Unha vez que esa mestura está callada, vaise exprimindo coas mans para escurrirlle o soro. Pouco a pouco váiselle dando a forma circular propia do queixo desta zona.Rematada a súa elaboración, colócase nun sitio plano e átase cunha cinta para que non se deforme.

A elaboración do queixo: unha vez muxida a vaca e coado o leite, cóllense sete ou oito litros, engádeselles un chorriño de auga dos queixos, e bótanse nun cazo que, quentado encima da prancha da cociña fará que o leite

O queixo de Friol ten forma cilíndrica e pode consumirse fresco, semicurado ou curado. A curación é bastante laboriosa; debe colocarse nunha superficie plana, nun lugar fresco e mentres non se seca debe lavarse a diario para sacarlle os fungos que se lle depositan na cortiza. Unha vez curado, ten unha cortiza fina de cor amarela. A pasta interior é de cor branca marfil, sen gretas e con algúns ollos pequenos, angulosos e redondeados, con sabor lixeiramente salgado e de acidez media. Este queixo pertence á denominación Arzúa-Ulloa, que ten, dende o ano 1989, a etiqueta de Produto Galego de Calidade.

VIAXE Á FORTALEZA. O día 9 de abril, os alumnos e alumnas de 2º ciclo de Primaria fomos visitar a Fortaleza de San Paio de Narla en Xiá. Cando chegamos recibiunos Paquita, a guía.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 9


A NOSA REVISTA! Contounos a historia da Fortaleza e a lenda da Cova da Serpe.

Pasamos entón a visitar a primeira planta, onde había aparellos que usaban labregos, criados e artesáns e algúns dos seus traballos, como cestos e zocas. Noutro local, unha antiga corte, había dúas carrozas de man, varias cadeiras de montar e cornos para distintos usos.

Nunha pequena adega vimos utensilios relacionados co viño como cestos para as uvas, aparellos para pisalas, barricas, o pelello dunha cabra para transportalo…

Logo subimos á segunda planta onde estaba a cociña, na que había unha gran lareira con cambota, un forno para cocer o pan, un banco con capoeira e moitos utensilios para cociñar.Nunha esquina puidemos ver un retrete de madeira.

A continuación, vimos un gran salón, o despacho onde o señor cobraba aos labregos e o dormitorio principal.

Despois fomos a planta onde estaban as armas brancas, as de fogo e a entrada á mazmorra.

Máis tarde subimos á torre de Homenaxe pasando polo dormitorio do garda onde había unha gran cama, unha silla-urinario…

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 10


A NOSA REVISTA! Paquita contounos que nunha ocasión os criados e os labregos se enfadaran moito co amo, pelexaron e destruíron esa torre. Por último, baixamos ata a entrada e visitamos a Capela da Fortaleza adicada a San Paio. Alí había imaxes de santos, un órgano, misas en latín… Rematada a visita despedímonos da guía e volvemos ao colexio baixo unha intensa choiva.

O PATRIMONIO CULTURAL DO NOSO CONCELLO, FRIOL. Coa implantación da nova Lei de Educación desenvolveuse, en primeiro de ESO, un proxecto interdisciplinar que baixo a coordinación dos departamentos de L.Galega, Bioloxía e Xeografía, e Historia levou como título: “O patrimonio cultural do concello”.

Este proxecto que pensamos seguir desenvolvendo en cursos vindeiros estanos proporcionando unha chea de informacións e vainos permitir o “reescribir” a intrahistoria do nosos concello dende a nosa óptica de cidadáns da sociedade da información.

Ao longo do curso na sesión semanal fóronse recollendo todo tipo de informacións, tanto orais como gráficas e escritas, relacionadas co pasado milenario do nosos contorno.

Actualmente, realizamos dúas saídas co obxectivo de recoñecer o patrimonio que non valoramos nos seus xustos termos.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 11


A NOSA REVISTA! Ao mesmo tempo estas saídas foron tamén de “investigación” para tratar de localizar restos de outras culturas presentes na nosa bisbarra.

Hai que agradecer o interese amosado polos alumnos e alumnas de 1º na procura de dita información e dos veciños que de diferentes maneiras colaboraron.

Estamos barallando a posibilidade de continuar o curso que ven co citado proxecto e así, entre outras actividades, temos previsto: a) A montaxe dun vídeo recollendo todos os elementos que consideremos importantes para o coñecemento do pasado do concello. b) A continuación da investigación para tratar de dar a coñecer tanto ao alumnado e Comunidade Educativa a importancia e a riqueza dos nosos bens culturais… c) Tratar de influír positivamente no respecto por todo patrimonio cultural e histórico.

O martes día 3 de xuño fixemos unha saída para visitar algunhas zonas de importancia do noso concello. A primeira visita que fixemos foi a Cerracín (Vilalvite) e visitamos un dos carballos máis vellos de Galiza, cuxo perímetro é de 7,10 m.

Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 12


A NOSA REVISTA! Despois na Muruxosa (Cotá), paramos para ver unha anta (dolmen) que case está completa, parece unha pequena casiña. Ten unha altura de 1,60 m. A continuación pasamos, de novo, á parroquia de Vilalvite, pois fomos a Castrodá. Chámanlle así porque hai un castro, no que atopamos anacos de cerámica que tentaremos clasificar. Logo chegamos A Ferreira (Serén) vimos a Pena do Caldeiro e unha fonte. Dispuxémonos a subir ata unha medorra. Despois pasamos ás Penas do Gas e baixamos ata Guldriz pola Boleta. En Guldriz repuxemos forzas, pois na casa de Laura de 1ºA déronnos de beber.

que tiñan algunha enfermidade eran lavados no sartego e despois ían ata a fonte da igrexa de Carlín para ver de curalos. A continuación fomos a unha casa ver un escudo. Despois tivemos que camiñar un pouco para ir ver unha pena chamada Pena Bicuda sobre a que hai unha lenda que fala dunha señora que levaba unha pedra encima da cabeza e que lle caeu matándolle á súa filla, polo que lle lanzou a pedra á pena, dicíndolle: “Pena bicuda heiche ceibar unha pedra que te a partir do rabo á orella” e así, ves a fenda na pena.

Por último fomos a Santalla da Devesa e localizamos unha casa con dous escudos que case non se ven e nas Casas do Burgo atopamos outra cun escudo. Tamén vimos o Pazo de Trasmonte. Logo, preguntándolle á xente, localizamos unha pontella romana no río. E para chegar á pontella tivemos que camiñar pola calzada romana. O día 10 de xuño fixemos outra saída á parroquia de Trasmonte. Tiñamos que realizar unhas investigacións para as que empregamos uns mapas e tamén tivemos que preguntarlle aos veciños.

Finalmente, o último lugar e, despois de dar tantas voltas, foi o castro de Trasmonte. Cando rematamos de velo dirixímonos ata o autobús con destino ao colexio.

O primeiro que fomos visitar foi a igrexa de Fontao, onde vimos un sartego do século VII. Os nenos e nenas Revista Colexio Friol, Nº 1 |Metodoloxía Waldorf 13


revista educativa de divulgación