Page 1


Este ano celebramos a Paz no noso centro coa temática A PAZ NO MUNDO. Plantexámonos: Para lograr a Paz no mundo, que podemos facer nós? A partir diso traballamos nas diferentes etapas educativas do noso centro, poñendo as nosas MANS PARA A PAZ. EDUCACIÓN INFANTIL Cada neno fai a súa man e dentro dela colorea a palabra PAZ ou en cada man unha letra de P, A, Z. Nunha cartolina farase un mural, unindo 3 mans que teñan cada unha dela unha das letras da Paz para expoñer na Biblioteca e nos corredores


PRIMEIRO CICLO Decálogo de 10 palabras relacionadas coa Paz. Cada alumno colorea a súa man e dentro unha das palabras relacionadas coa Paz. Colorear debuxos dados sobre a Paz ou elaboración dos seus propios debuxos. Nunha cartolina montaranse as palabras relacionadas coa Paz e as mans dos nenos e nenas. Elección dalgúns debuxos para montar na cartolina e poñelo na Biblioteca; co resto fíxose un mural para os corredores.


SEGUNDO CICLO Decálogo de mans para a Paz: dez frases relacionadas coa Paz. Cada alumno colorea a súa man e dentro unha das frases do decálogo. Colorear debuxos dados sobre a Paz ou elaboración dos seus propios debuxos. Nunha cartolina montouse o decálogo da Paz con algúns debuxos das mans para colocalo na Biblioteca o resto púxose nos corredores


TERCEIRO CICLO PRIMARIA

Caza do Tesouro: “A PAZ NO MUNDO” (elaboración do equipo)

Obxectivo: Búsqueda de información sobre la celebración do día da Non violencia escolar e da Paz: cando se celebra, a quen vai adicado… Elaboración de frases ou slogans relacionados coa Paz Realización de murais cos slognas Realización de poesías con palabras relacionadas coa PAZ


ACTO DO DÍA DA PAZ Breve introducción sobre Ghandi Contacontos elixidos para cada ciclo relacionados coa Paz Lectura das frases e palabras relacionadas coa Paz Erguemos as nosas mans para a Paz Lectura de poemas relacionadas coa Paz Peche do acto da biblioteca cunhas imaxes de reflexión axeitadas a cada ciclo. Peche da conmemoración cunha CARREIRA SOLIDARIA Participaron tódolos nenos e nenas facendo relevos por cursos e utilizando unhas pombas da Paz como testemuñas. A recadación (900 euros) entregouse na Cociña Económica de Ferrol


Presentaci贸n para o d铆a da Paz


Debuxo e poema sobre a Paz escrito polo alumnado de 5 anos


Realizados polo alumnado do 3ยบ ciclo de Primaria do CEIP Isaac Peral 2009


A AMIZADE

A UNIÓN

Se tes respecto,

Somos moitos países

conseguirás amizade.

neste mundo. Para ter comprensión,

Se tes valor,

necesitamos unión.

un mundo mellor.

Precisamos unha linguaxe, a linguaxe da amizade,

Se tes un bo corazón,

terás paz a “mogollón”; conseguirás tranquilidade e moita felicidade.

Grupo 1 de 6º B: Sara Doval, Alberto, Gabriel, Miguel Prol y Laura Lorenzo.

para poder parar, a guerra e a maldade. Tamén precisamos, se queremos amor, usar o corazón.

Grupo 2 de 6ºB: María, Alex, Andrés, Sonia y Carlos


COLABORACIÓN

ESFORZO E GOZO

Se na casa as de axudar,

Cando hai esforzo,

na clase tamén colaborar.

no noso traballo,

Sempre unidos, a traballar!

sentímonos completados.

A felicidade é un sentimento

Debemos ser bos,

que viaxa coma o vento

para así conseguir

e que medra co tempo.

paz e moito amor.

Se escoitas aos teus amigos,

A paz é coma a

sentirás amizade, e

amizade, hai que

respectándoos, moita felicidade.

coidala para conservala.

Todos xuntos unámonos con moita responsabilidade para que vivamos con tranquilidade

Grupo 3 de 6ºB: Sara González, Ángel, Icía, Sendoa y Sergio Santos

Coidémola todos, vale a pena o esforzo para sentirmos gozosos.

Grupo 4 de 6ºB: Sergio Santalla, Carolina, Iván, Alexis y Susana


UN CAMBIO

Hai horrores polo mundo: a fame, as guerras; haiche moitas miserias neste, o noso planeta. Queremos cambiar o mundo, pero non podemos sos, necesitamos axuda, dános colaboración. Este é un cambio moi brusco, debemos ter tranquilidade,

coa túa gran axuda, teremos felicidade Grupo 5 de 6ºB: Alejandro, Naomi, Érik, Laura Díaz y Miguel A. Grandal.


O RESPECTO Respecto e amizade; dúas palabras clave. Se ti queres a PAZ valas ter que utilizar.

Respecto é a base dunha boa convivencia. Se ti o mostras terás limpa a conciencia. Amizade son amigos, dos bos, de verdade. Todo o mundo os necesita

COMPRENSIÓN Unión, sinónimo de amizade. Comprensión, sinónimo de felicidade. Se desexas estes valores, píntaos con todas as cores. Non te rendas nunca, nin perdas a esperanza, pois anhelamos algo máis, que unha pequena lembranza

para vivir con felicidade

Grupo 1 de 6ºA: Aroa, Lucía, Manuel, Óscar y Miguel Martínez.

Grupo 2 de 6ºA: Irene, Andrés, Antón, Jorge e Isabel.


FELICIDADE O poema que che vou contar,

traerate felicidade sen parar. Se no mundo houbera responsabilidade, todo sería felicidade. Imos as guerras afastar Para que o mundo teña PAZ Eu berro P A Z, palabra moi fermosa,

que cada vez quero máis. As guerras non gustan, todas as loitas desgustan;

AMOR A dozura e o amor, representan a paixón; a paz e a alegría, representan a boa vida. O egoísmo non é nada, resulta unha parvada; pero o esforzo ten valor, e ten moitas razóns. A dozura, o amor, o esforzo e a alegría; todo xunto nos dá PAZ á nosa vida

a amizade e a xustiza, son o fundamental para non pasalo mal

Grupo 3 de 6ºA: Xoán Blanco, Pedro, Clara, Esther y Carlos M Grupo 4 de 6ºA:Carla, Guillermo, Julio, Luís y Laura


TRANQUILIDADE

Coa nosa colaboración podemos axudar a moita xente desta civilización. A tranquilidade de moitos países non so depende de nós, senón de toda a humanidade. Colaboración e tranquilidade son dúas palabras que non temos que esquecer, aínda que moitos países estano a facer

Grupo 5 de 6ºA: Xoán Carneiro, Miguel de Juan, Cintia, Camila y Anxo


POEMAS COAS PALABRAS COLABORACIÓN E TRANQUILIDADE Un día soñei cun mundo, un mundo feliz, sen mortes que lamentar, sen inimigos contra os que loitar. Nese mundo a xente colaboraba, colaboraba para obter tranquilidade; era un mundo onde reinaba a felicidade. Un día soñei un mundo, un mundo de paz, onde toda, toda a xente colaboraba para obter tranquilidade.

A colaboración é algo moi valioso, únenos uns aos outros, fainos máis persoas. Fainos ser máis felices na vida, enchéndonos de afectividade, tendo tranquilidade e igualdade. Colabora, axuda! sen pedir nada a cambio. Cintia Couto

Miguel de Juan

Colaboración significa axudar; tranquilidade, significa calma. Obter esas dúas cousas, significa... Vivir en paz e amor. Camila De Piero

Se queremos paz e amizade, hai que mostrar responsabilidade. Aos demais hai que respectar, aínda que teñan distinta forma de pensar. Cos que menos teñen, colaboración, e así teremos un mundo mellor. Anxo López


Así conta o noso alumnado como viviu a celebración do DÍA DA PAZ


Traballos Paz 09  

Día da Paz 09