Page 1

Buscar a DIVERSIÓN na lectura é a mellor forma de aprender a LER.A lectura debe ser sempre un pracer e non unha obriga. Os adultos sodes un MODELO para os nenos e nenas. Lede e coidade os libros. Se vos o facedes eles tamén.

Todos os días debedes reservar un TEMPO para a lectura.Calquera momento é bo:despois da hora da merenda, despois de xantar, antes de deitarse...

Calquera LUGAR é bo para para a lectura: o salón, o cuarto... cuarto... Pero é conveniente reservar na casa un espazo accesible para os libros.

Escoitádeos!As preguntas dos nenos e nenas son importantes: Vós respondedes e eles e elas aprenden. Faládelle!Cantas máis palabras escoiten máis palabras coñecerán e empregarán. Non os corrixades corrixades constantemente!O importante é que lean. Seguídelle lendo! lendo! Cando xa saben ler gústalles que lle sigades lendo. Facédeo. Sodes o seu modelo. REGALADE LIBROS como regalades xoguetes. Calquera ocasión é boa para regalar un libro e máis nestas datas!

Axudádelle a elixir lecturas do seu interese! interese!Poden interesantes os cómics, contos, revistas,ciencia,arte,historia...

ser

Unha LECTURA COMPRENSIVA axudaraos noutras tarefas académicas. Axudarse dos debuxos e ilustracións permitiralles desenvolver o seu vocabulario.Ler Ler as mesmas historias varias veces resúltalles agradable e axúdalles a familiarizarse coa forma en que se contan e organizan.Facerlles Facerlles preguntas sobre o texto permítelles reflexionar sobre o lido.


Fiz, o coleccionista de medos

O neno que tiña medo dos robots

Fina Casalderrey & Teresa Lima Ed. OQO

Miguel VázquezFreire, José Tomás Ed. Rodeira

Fiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo! Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día.

Dous libros nun, dúas historias, dous protagonistas, dúas portadas, dous títulos… para un mesmo tema. O medo ao diferente, o temor ao descoñecido, contado dunha maneira moi sinxela e de tal forma que non nos queda máis remedio de enfrontar o problema e poñer a imaxinación a traballar, porque a continuación da historia está nas nosas mans.

Os mil brancos dos esquimós Isabel Minhós Martins & Madalena Matoso Ed.OQO

Neste conto agárdannos chairas inmensas, baleiras e brancas, polas que vagan os osos…Nese lugar tan afastado, vive un pequeno neno esquimó que nos vai deixar ver o mundo a través dos seus ollos. E cal será a nosa sorpresa, cando descubramos que os esquimós son capaces de distinguir mil tons de brancos, tan diferentes uns doutros, como o amarelo e o azul. Branco pinga, branco folerpa, branco nube…

Antón e o Apalpador Manuel Castro, Mar Ameixeiras e Francisco Ameixeiras Ed. Barafunda

Conta a historia de Antón, un neno da cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. O que non imaxina son as aventuras que lle esperan e os fantásticos personaxes que coñecerá, como o Apalpador, un vello carboeiro que na noite de Nadal baixa polas aldeas a apalparlles os bandullos aos nenos para ver se están ben mantidos e deixarlles un feixe de castañas. O conto incorpora tamén seis páxinas de xogos.

O nacemento do dragón Marie Sellier, Wang Fei e Catherine Louis Ed. Factoría k

Antano, hai xa moito tempo, nos días en que non existían os dragóns, os homes, as mulleres e os nenos da China cazaban, pescaban e vivían en tribos baixo a protección de espíritos benévolos...

Dos lobos blancos Antonio Ventura e Teresa Novoa Ed. Edelvives

Dous lobos desvían a súa marcha cara o cumio da montaña ao oír no val invernal un oubeo.Unha loba ferida e o seu lobezno necesitan axuda. Dezaséis pegadas aparecerán marcadas no manto da neve.

Mi primer viaje a Europa/ Mi primera vuelta al mundo Hedelin, Pascale; López de Abechuco;Wendy P.

A guerra dos Números Juan Darién. Ed OQO

UNO era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle uns planos para construír un arma terrible: o Signo MENOS…

Ed. SM

A través de diferentes mapas e ilustracións, realizaremos fantásticos viaxes e coñeceremos o máis pintoresco de cada un dos países do mundo. Descubriremos de onde vén Papa Noel, onde viviu o Conde Drácula o en que países están os ríos, montañas ou bosques máis grandes do mundo"


1º ciclo nadal  

Calquera ocasión é boa para regalar un libro e máis nestas datas! interesantes os cómics, contos, revistas,ciencia,arte,historia... Faládell...

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you