Issuu on Google+

Buscar a DIVERSIÓN na lectura é a mellor forma de aprender a LER.A lectura debe ser sempre un pracer e non unha obriga. Os adultos sodes un MODELO para os nenos e nenas. Lede e coidade os libros. Se vos o facedes eles tamén.

Todos os días debedes reservar un TEMPO para a lectura.Calquera momento é bo:despois da hora da merenda, despois de xantar, antes de deitarse...

Calquera LUGAR é bo para para a lectura: o salón, o cuarto... cuarto... Pero é conveniente reservar na casa un espazo accesible para os libros.

Escoitádeos!As preguntas dos nenos e nenas son importantes: Vós respondedes e eles e elas aprenden. Faládelle!Cantas máis palabras escoiten máis palabras coñecerán e empregarán. Non os corrixades corrixades constantemente!O importante é que lean. Seguídelle lendo! lendo! Cando xa saben ler gústalles que lle sigades lendo. Facédeo. Sodes o seu modelo. REGALADE LIBROS como regalades xoguetes. Calquera ocasión é boa para regalar un libro e máis nestas datas!

Axudádelle a elixir lecturas do seu interese! interese!Poden interesantes os cómics, contos, revistas,ciencia,arte,historia...

ser

Unha LECTURA COMPRENSIVA axudaraos noutras tarefas académicas. Axudarse dos debuxos e ilustracións permitiralles desenvolver o seu vocabulario.Ler Ler as mesmas historias varias varias veces resúltalles agradable e axúdalles a familiarizarse coa forma en que se contan e organizan.Facerlles Facerlles preguntas sobre o texto permítelles reflexionar sobre o lido.


Ás de mosca para Anxo Genealogía de una bruja Benjamin Lacombe, Sébastien Perez Ed. Edelvives

Fermosísimo estoxo de coleccionista que contén dous libros:”La pequeña bruja y Brujas y Hechizos”.Neles coñecemos a Lisbeth, unha rapaza diferente ás demais que, grazas a un antigo libro que atopa no faiado da avoa, descubre que ela mesma pertence a unha longa xenealoxía de meigas.

Casalderrey, Fina; Uhía, Manuel Ed. Xerais

Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferenzas de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio, demostrará aos seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.

Barro de Medellín Alfredo Gómez Cerdá Ed. Edelvives

O carteiro de Bagdag Marcos S. Calveiro Ed. Tambre

Estamos en Bagdad, a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos das mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa nos xogan na rúa. Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.

Os 5 narradores en Bagdag Fabien Velhmann,Frantz Duchazeau Ed. Factoría k

A historia é un conto ao estilo das mil e unha noites que se inicia “fai moito tempo” cando o Califa de Bagdad organiza un gran concurso de contos, no cal os participantes terán tres anos para preparar a súa mellor historia, que logo será contada en público, coa promesa de fama e riquezas para o gañador.

Para Camilo e Andrés os días transcorren po las rúas do seu barrio en Medellín. Camilo ten claro que cando sexan maiores dirixirán unha banda de ladróns. Pero Andrés de ningún xeito quere selo. Iso sí, eles sempre estarán xuntos. O que non imaxinan é que a súa entrada ao Parque Biblioteca poida chegar a cambiar as súas vidas.

A lagoa das nenas mudas Fina Casalderrey Ed. Xerais

Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente.

Los gigantes de la luna Moure Trenor, Gonzalo, Martín Godoy, Fernando Ed. Edelvives

Pablo coñecerá da man de Naisma as dificultades que atravesa o pobo saharaui e tamén un sentimento descoñecido por el ata o memento:o amor …


3º ciclo nadal