Issuu on Google+

AS BOLSAS DOS TESOUROS


“ AS BOLSAS DOS TESOUROS” A Pescadora de Historias, dende a nosa biblioteca, inicia a actividade de “As bolsas dos tesouros” que consiste en que os nenos e nenas escollan tres documentos da biblioteca (libros, CDs, vídeos, etc): ♣Un libro para ler eles (conto, poesía, novela, cómic) ♣Un documento sobre algún tema do currículo para compartir cos seus pais, nais ou titores. ♣Un documento sobre arte, música ou cine para disfrutar en familia. OBXECTIVO. Facilitar un espazo de lectura compartida en familia. TEMPORALIZACIÓN. A bolsa estará na casa durante unha semana. Chegará os mércores e haberá que devolvela o mércores seguinte. CONTIDO DA BOLSA. Dentro da bolsa irá, ademais dos “ tesouros” (documentos da biblioteca obxecto de lectura), un “Caderno de bitácora” para recoller os comentarios e tamén e suxerencias de pais, nais ou titores e alumnado.


NORMAS Dentro da bolsa irá unha copia do listado de documentos que o alumno levará á casa. É importantísimo que se respecten os tempos de empréstimo (de mércores a mércores) para que outras familias podan gozar destes tesouros. Non son “deberes”, é unha actividade de ocio en familia. Como “tesouros” que son, deberanse coidar e tratar co respecto que se merecen.



As bolsas dos tesouros