Issuu on Google+

A CHINOTECA


Hoxe dicímoslle adeus a unha exposición que estivo no centro desde o día 18 deste mes de novembro: “ A CHINOTECA” Unha aportación da Asociación Cultural Qu Yuan (ACEQUYUAN) a quen lle temos que agradecer o préstamo dos seus libros. Así mesmo, agradecerlles tamén a aquelas persoas, pais, nais e compañeiras e compañeiros do centro, que aportaron o seu grao de area para facer realidade este proxecto. Libros, xornais, parasoles, papaventos, algo de roupa, sombreiros, unha escultura en xade, monecas e un oso panda, un pergamino, música e algunhas cousas máis foron expostas na nosa querida biblioteca. Visitada por todo o alumnado do centro e cantas familias quixeron acudir, acercounos un pouco á cultura en China, o seu idioma, aos seus contos... Pero tamén nos acercou ao mundo da adopción, da tolerancia, da diversidade, do respecto á diferencia. Valores que hoxe, máis ca nunca, debemos cultivar. Un primeiro paso que, esperamos, poda ter continuidade en próximos cursos.



Exposicion a chinoteca