Page 1

Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia

1


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia 1. Abecedario en castelán a b c d e f g h i j k l m n ñ o p q r s t u v w xy z 2. Abecedario en galego a b c d e f g h i

l m n ñ o p q r s t u v

x z

O abecedario sérvenos para buscar nun dicionario. No dicionario hai palabras que teñen máis dunha acepción (significado). Nós debemos escoller o que se corresponde co texto que estamos lendo. GRAMÁTICA a) Sílabas: As palabras están formadas por sílabas, que son os golpes de voz que se dan ao falar. As sílabas poden se átonas (as que se pronuncian con menos intensidade) e tónicas (as que se pronuncian con máis intensidade). Ex: ár- bo-re . Para separar as sílabas úsasen guións. Polo número de sílabas as palabras poden ser: Monosílabas: teñen unha soa sílaba (sol) Bisílabas: teñen dúas sílabas (ca-ma ; dú-as) Trisílabas: teñen tres sílabas (cá-ma-ra ; pa-ra-sol) Polisílabas: teñen máis de tres sílabas (mar-ga-ri-da). b) Ditongo ( en castelán diptongo): Tanto en galego como en castelán existen cinco vogais (a,e,i,o,u), das cales tres son fortes (a,e,o) e dúas débiles (i,u). Fórmase un ditongo cando van na mesma sílaba dúas vogais, que poden ser: •

Dúas vogais débiles (viu-da ; viú-va).

Unha vogal forte e unha débil (ca-mión; coi-do).

c) Hiato: Fórmase un hiato cando dúas vogais que están unha ao lado da outra, van en sílabas separadas. O hiato fórmase cando hai: • 2

Dúas vogais fortes xuntas : a-e-ro-na-ve ; po-e-ta.


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia •

Unha vogal forte e unha débil, pero faise forza na débil, por iso, a vogal débil sempre debe ir con til.

Dúas vogais débiles iguais: an-ti-in-fla-ma-to-rio

GRAMÁTICA b) O substantivo ( en castelán sustantivo) ou nome: Son palabras que usamos para referirnos, para nomear, a persoas, animais, vexetais, obxectos e lugares. Teñen xénero ( masculino ou feminino) e número (singular ou plural) . Os substantivos poden ser: Propios: Nomean a unha persoa, animal ou lugar concreto para diferencialos dos demais. Escríbense sempre con letra maiúscula. Ex : Ramón, Tobi, Coruña. Comúns: nomean a calquer persoa, animal, vexetal, obxecto ou lugar. Os nomes comúns poden ser: •

Individuais (en SINGULAR nomean unha soa cousa. Ex : casa, lapis) ou colectivos ( en SINGULAR nomean un grupo de cousas. Ex: equipo, bosque, cidade)

Contables (pódense contar. Ex: mesa, casa) ou incontables (non se poden contar. Ex: auga, aire, café).

Concretos (podemos percibilos polo sentidos. Ex: mesa, papel) ou abstractos (non se perciben polos sentidos, fan referencia a emocións ou conceptos que temos na mente. Ex : tristeza, nación).

c) Sinónimos: Son palabras que teñen un significado igual ou parecido. Ex: falar-charlar, gañador-campión. d) Antónimos: Son palabras que teñen significados contrarios. Ex: alto-baixo ; lento-rápido.

3


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia GRAMÁTICA d) O adxectivo: Son palabras que califican, é dicir, din como é o nome ou substantivo. Ex: O neno fermoso. GRAMÁTICA e) Os determinantes: son palabras que acompañan ao substantivo, concretándoo, é dicir, diferenciándoo do resto. Poden ser: Artigos: •

Poden ser determinados

GALEGO

o

a

os

as

Os artigos en galego pódense contraer coas preposicións:

artigos

o

a

os

as

a

ao/á

á

aos/ás

ás

con

co

coa

cos

coas

de

do

da

dos

das

en

no

na

nos

nas

Prepos.

CASTELLANO •

GALEGO

4

el

la

los

las

Poden ser indeterminados:

un

unha

uns

unhas


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia Os artigos en galego pódense contraer coas preposicións:

artigos

un

unha 2.

uns

unhas

con

cun

cunha

cuns

cunhas

de

dun

dunha

duns

dunhas

en

nun

nunha

nuns

nunhas

Prepos.

CASTELLANO

un

una

unos

unas

Demostrativos: indican proximidade ou distancia, sinalando.

GA LE GO

este, isto, ese, iso, aquel, aquilo esta, esa, aquela

CASTELLANO

estes, eses aqueles estas, esas, aquelas

este, ese, aquel esta, esa, aquella

estes, eses, aquellos estas, esas, aquellas

Posesivos: indican posesión.

CASTELLANO

5

mi, tu, su, mío, tuyo, suyo mía, tuya, suya nuestro, vuestro nuestra, vuestra

mis, tus míos, tuyos, suyos mías, tuyas, suyas nuestros, vuestros nuestras, vuestras


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia

GALEGO

meu, teu, seu miña, túa, súa noso, voso nosa, vosa

meus, teus, seus miñas, túas, súas nosos, vosos nosas, vosas

Numerais: Indican número. Poden ser: •

Cardinais: Indican cantidade: un, vinte, mil...

Ordinais: Indican orden : primeiro, quinto...

Indefinidos: Son determinantes que non indican cantidade exacta. Ex: algúns, moitos, bastantes... GRAMÁTICA b) O verbo: Son palabras que indican accións (xogar), procesos (medrar), estados (estar, permanecer, semellar) ou existencias (ser, haber). Os verbos teñen unha parte chamada raíz e outra chamadas desinencias. Ex: cant- ar

tem- er

sufr – ir

c) Conxugacións verbais: Os verbos rematados en -ar pertencen á 1ª conxugación, os rematados en -er pertencen á 2ª conx e os rematados en -ir pertencen á 3ª. d) Verbos regulares e irregulares: Regulares: Son aqueles nos que a raíz permanece sempre invariable. Tampouco varían cando os conxugamos Irregulares: Son aqueles nos que pode variar a raíz, as desinencias cando os conxugamos ou as dúas cousas. Para saberse un verbo é irregular partindo do infinitivo, conxugamos pasado, presente e futuro.

6


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia Poder

pod- er

Pasado

Presente

puiden

Futuro

podo

poderei

a) Formas non persoais dos verbos: Son Infinitivo: Os verbos rematan en -ar, -er, -ir ( é o nome do verbo). Ex : cantar, rir, querer. Xerundio: rematan en -ando, -endo- indo (é o adverbio do verbo) . Ex : correndo, cantando, rindo. Participio: rematan en -ado, -ido (é o adxectivo do verbo). Ex : cantado, rido GRAMÁTICA b) Pronomes persoais: Son palabras que substitúen aos nomes. En galego: eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas. En castellano: yo, tú, él/ella, nosotros/as, vosotros/as, ellos/as. GRAMÁTICA c) Conectores: Son palabras que serven para unir oracións

7

Galego

Castelán

Adición (suma)

Ademais, asemesmo, do mesmo xeito,igualmen te, tamén

Además, asimismo, del mismo modo, igualmente, también

Causa

A causa de, debido a, porque, xa que

A causa de, debido a, porque, pues, ya que

Condición

A menos que, sempre que, se

A menos que, siempre que, si

Consecuencia

Así, de aí,

Así, de ahí,


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia entón, por conseguinte, polo tanto, por iso, en consecuencia

entonces, por consiguiente, por lo tanto, por eso, en consecuencia

Finalidade

Coa intención de, para que, de modo que

Con la intención de, para que, de modo que

Ilustración

En efecto, noutras verbas, é dicir, ou sexa, por exemplo

En efecto, en otras palabras, es decir, o sea, por ejemplo

Oposición

Pola contra, ao contrario, sen embargo, non obstante

Al contrario, sin embargo, no obstante

Orden

Primeiro, despois, máis tarde, logo, finalmente, por último, sobretodo

Primero, después, más tarde, luego, finalmente, por último, sobretodo

Resumo

En resumo, para concluír, en definitiva

En resumen, para concluir, en definitiv

Temporalidade

Ao principio, dende entón, daquela

Al principio, desde entonces

GRAMÁTICA d) Campo semántico: Está formado por un grupo de palabras que comparten un significado común. Ex: Campo semántico de deportes: fútbol, baloncesto, tenis... (todos son deportes). 8


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia e) Familia de palabras: Son un grupo de palabras que teñen en común a mesma raíz. Ex: pan ( panadeiro, panadaría, panciño, empanada). f) Palabras polisémicas: Son palabras que teñen máis dun significado. No dicionario aparecen con máis dunha acepción. Ex: banco, rato... g) Prefixos: grupo de letras que se enganden antes das palabras (pre = primeiro) e que lle dan un novo significado. Ex: constante /inconstante. h) Sufixos: grupo de letras que se enganden ao final da palabra, dándolle un novo significado. Ex : can/canciño. i) Aumentantivos ( palabras que aumentan. Formánse engandindo sufixos. Ex: xigantón) e diminutivos (palabras que diminúen. Ex: pequeniño). j) Palabras compostas: Palabras que están formadas por outras dúas. Ex: sacarrollas, afilalápiz. GRAMÁTICA k) Enunciado: Grupo de palabras ordenadas e con sentido pero sin verbo ( Feliz cumpreanos!) l) Oración: Grupo de palabras ordenadas, con sentido completo e que teñen un verbo. As oracións poden ser: Enunciativas: afirman ou negan algo. Se afirman son afirmativas ( Hoxe vai frío) e se negan son negativas ( Non quero ir contigo). Interrogativas: Preguntan ( Cantos anos tes? ). Exclamativas: Expresan un desexo, sentimento... ( Que pena máis grande teño!) Imperativas: Ordenan ( Tes que traballar máis) Desiderativas: Expresan un desexo. (Oxalá aprobe o exame) m) Suxeito e predicado: Para diferenciar o suxeito do predicado seguimos estes pasos: Localizamos o verbo. Preguntámoslle ao verbo quen. A resposta e o suxeito e todo o demais é predicado. A miña nai cociña un doce. Chegaron tarde os meus avós. Hoxe irei ao cine ( Eu)

9


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia

10


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia ORTOGRAFÍA n) Uso do punto (tanto en galego como en castelán): As oracións son un grupo de palabras ordenadas, con verbo e sentido. Un grupo de oracións que transmiten a mesma idea, chámase parágrafo. Punto e seguido: Separa dúas oracións do mesmo parágrafo. Punto e aparte: Separa dous parágrafos. Punto e final: Escríbese ao final dun texto. o) Uso da coma: Úsase para: Separar elementos dunha serie. Ex: Teño caramelos, chicles e piruletas.Antes ou despois das persoas ás que nos diriximos. Ex: Sabela, queres vir comigo?. a) Dous puntos: Úsase: Antes dunha serie. Ex: Necesitamos os seguintes ingredientes: fariña, ovos, leite e levadura. No saúdo dunha carta. Ex : Queridos avós: Para introducir palabras que di alguén. Ex: Miña nai dixo: “Quero que vaias á tenda” b) Uso do punto e coma: Úsase: Para separar os elementos dunha enumeración. Ex: Cada equipo irá por un lado: o primeiro, pola esquerda; o segundo, pola dereita e o último, de frente. Diante de conectores como : sin embargo (castellano), con todo, aínda

que, pero, máis... c) Uso do trazo (guión): Úsase: Para facer aclaracións. Ex : A ensalada -que é unha comida moi sa- está na mesa. Cando nun conto ou obra de teatro fala un personaxe. 11


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia Para facer un listado. Ex : Para facer o pastel preciso: - leite -fariña d) Uso do paréntese: Úsase: Para intercalar datos. Ex : A capital de Galicia (Santiago) está preto da Coruña. Para facer acotacións (indican o que fai cada personaxe) nas obras de teatro. b) Uso dos signos de interrogación e exclamación. Os signos de interrogación úsanse cando se fai unha pregunta. EN CASTELLANO se escriben al comienzo y al final de la pregunta. EN GALEGO, escríbense só ao final.Ex: ¿Quieres una taza de café? Queres unha taza de café? Os signos de exclamación úsanse para expresar sentimentos. EN CASTELLANO se escriben al principio y al final de la oración. EN GALEGO só se escriben ao final. Ex: ¿Qué calor hace! Que calor fai! FÍXATE BEN ONDE LEVAN O PUNTO AO COMEZAR E AO REMATAR!

ORTOGRAFÍA c) Clasificación de palabras polo lugar onde levan a sílaba tónica. Agudas: A sílaba tónica é a última que pronunciamos. ACENTÚANSE SÓ

cando rematan en vogal, en -n ou -s. Ex : ca-mión, ca-fés, so-fá, mantel. Graves ou llanas: A sílaba tónica é a que pronunciamos en penúltimo lugar. ACENTÚANSE cando rematan en consoante que non sexa -n ou -s (ao revés que as agudas). Ex: crá-ter ; lá-piz: la-pis; to-ma.

12


Caderno de Gramática e Ortografía - CEIP Sagrada Familia Esdrúxulas: a sílaba tónica é a que pronunciamos en antepenúltimo lugar (as palabras esdrúxulas teñen que ter como mínimo tres sílabas).

ACENTÚANSE sempre. Ex: pró-xi-mo.

ORTOGRAFÍA b) Uso de c/z/q O son K, escríbese : ca, co , cu , que, qui. O son z, escríbese: za, zo,zu, ce, ci. c) Uso de r/rr (con son forte): Úsase só unha r ao comezo de palabra e dúas no medio de vogais. Ex: rato, carro. d) Se escriben con g todos los verbos acabados en -ger, -gir, excepto TEJER, CRUJIR. e) Se escriben con H las palabras que empiezan por HIE- , HUE- y el verbo HABER Y HACER. Se escriben con b todas las terminaciones de los verbos acabados en -ABA (cantaba, choraba...)

13

Gramatica 2  
Gramatica 2  
Advertisement