Page 1

TENDENCIAS GLOBAIS 2016 PRODUTOS ELABORADOS DE CARNE, PESCADO, OVOS E PRATOS PREPARADOS


ÍNDICE O MERCADO

PRODUTOS CÁRNICOS E AVÍCOLAS Clean label tamén en produtos cárnicos

2212

O boom dos snacks de carne

A conveniencia continúa dirixindo a

15

innovación Transparencia para gañar a confianza dos consumidores A innovación en sabor pode impulsar o consumo

SUBSTITUTOS DE CARNE Novas alternativas de proteínas As marcas diríxense aos consumidores máis novos

22

OVOS E DERIVADOS A produción responsable gaña importancia

17

Beneficiosos para a saúde

27

A conveniencia como base para a innovación Novos nichos de mercado para o ovo

ELABORADOS DE PESCADO Apostando pola sustentabilidade Practicidade e facilidade de emprego trala innovación Lavado de imaxe do pescado conxelado

5

Innovación en conservas e refrixerados

PRATOS PREPARADOS Eco – friendly

13

Sempre prácticos Innovacións Premium

30


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

OO sector mercado O mercado mundial de produtos elaborados de carne, pescado e pratos preparados no comercio polo miúdo O mercado polo miúdo de produtos elaborados de carne, pescado e pratos preparados a nivel mundial está liderado por China, o cal supuxo un volume de mercado no 2015 de 18.532 miles de toneladas destes produtos, e un valor de mercado de 135.380 millóns de euros. Aínda que no cómputo global China lidera nestes sectores, Estados Unidos ségueo facendo no sector de procesados cárnicos, no cal China se sitúa nun segundo lugar. O gasto por habitante en China está moi lonxe en comparación con outros países máis desenvoltos no sector de cárnicos, como é o caso de Estados Unidos. A pesar disto, a taxa de crecemento anual composta para o gasto por habitante estímase positiva, entre un 4,5 – 5%, para pescados e carnes, e nun 7,6%, para pratos preparados, entre 2016-2019. India e Indonesia son os dous países que se esperan que teñan maiores taxas de crecemento para o período entre 2016 e 2019. Sen embargo, o valor de ambos mercados é relativamente pequeno en comparación coa súa poboación, o que ten reflexo no gasto per cápita, os dous máis baixos de entre os países analizados. A parte do crecemento que se espera en países da zona Asia Pacífico no sector de procesados cárnicos, pescados e pratos preparados, tamén se estiman que terán unha taxa de crecemento composto considerable países do Sur de América como Brasil, Colombia, México ou Chile, así como en África, Sudáfrica, durante o período 2016-2019. Os países que se estiman taxas de crecemento negativas son principalmente, Países Baixos, cunha redución nas tres categorías comentadas, mentres que Xapón e Bélxica veranse reducidos en procesados de carne, Italia e España en procesados de pescado e, Estados Unidos, en pratos preparados. Os 15 países con maior tamaño de mercado de produtos elaborados cárnicos, pescado e pratos preparados no 2015 Gasto per cápita medio en 2015, euros/habitante

100

Reino Unido

90 Estados Unidos 80 70 60

Francia España Alemaña

Canadá Corea do Sur

50

Xapón Italia

40

Rusia

30

China Malasia

20

Tailandia Brasil

10

Indonesia 0 -5%

Fonte: Mintel

0%

5%

10%

15%

20%

Taxa de crecemento anual composta media (CAGR) entre 2015-2019, valor do mercado polo miúdo

3


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

O mercado

Evolución do mercado mundial dos produtos elaborados de carne, pescado e pratos preparados no comercio polo miúdo China sitúase como principal mercado polo miúdo, en termos de valor, no sector de procesados de carne, pescado e pratos preparados, e cunha previsión de Mintel de tendencia exponencial, nos próximos anos, aumentando considerablemente a súa diferenza co resto dos principais países. No resto de mercados estímase unha redución do valor do mercado de cara ao 2019, exceptuando Rusia e Francia que parece que se incrementarán pouco a pouco ano tras ano. Evolución do valor dos seis primeiros mercados polo miúdo de procesados cárnicos, pescados e pratos procesados 223,0 100 = 97.400 millóns de €

200,1 182,6

100 = 65.469 millóns de €

167,2 139,0

100 = 18.246 millóns de €

120,3

100 =15.986 millóns de € 100 = 18.890 millóns de € 100 = 15.301 millóns de €

100,0

113,6 105,2 101,2 86,8

2014

2015 China

EEUU

123,0

129,0 121,6

116,3

109,0 103,1

105,4 102,6 91,4

87,5

2016 Xapón

2017 Reino Unido

120,7 120,3 110,9 109,7

110,6 107,7 98,3 95,5

2018 Rusia

99,9 94,4

2019 Francia Fonte: Mintel

Os pratos preparados son os que presentan unhas maiores expectativas de crecemento de cara aos próximos anos, como consecuencia do crecemento do mercado chinés, que representa o maior volume de mercado de pratos preparados. Evolución do valor de mercado polo miúdo de elaborados de carne, pescado e pratos preparados a nivel mundial 181,8 167,3 100 = 86.514 millóns de €

145,9

100 = 16.1011 millóns de €

155,7 143,3

126,5

147,2

137,4 133,0

100 =67.936 millóns de €

119,6

121,2

121,7

124,2

124,4

112,9 100,0

2014

2015 Elaborados de pescado

2016

2017 Elaborados de carne

2018

2019 Pratos preparados Fonte: Mintel

4


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas Estratexias de posicionamento A análise realizada durante o 2015 amosa un pequeno incremento do número de lanzamentos con respecto ao 2014, dun 6,8%. Sen embargo, non se trata do que ten acostumado en anos anteriores con incrementos en torno ao 20%. Isto pode asociarse á procura das empresas de produtos substitutos de carne, co fin de satisfacer as necesidades dos consumidores que cada vez intentan reducir máis o consumo de carne por motivos éticos ou de saúde.

Pacífico (21,2%). Norteamérica (11,3%), Latinoamérica (8,8%) e, finalmente, Oriente Medio e África (3,6%). En canto aos países que máis produtos cárnicos lanzaron ao mercado durante o 2015 está Alemaña, cun 8% das innovacións. Ségueno Reino Unido (7,4%), Francia (7,3%), Estados Unidos (6,4%) e España (5,1%). Os claims “Apto para” (30,2%), “Práctico” (29,9%) e “Natural” (21,2%) son as categorías nas que se produciron máis lanzamentos durante o 2015.

Europa segue liderando as innovacións no 2015, onde representa máis da metade dos lanzamentos (55,1%), seguido de Asia

Posicionamento

Baixo en/sen graxa

Envase práctico Facilidade de uso

Ético – Envase respectuoso co medio ambiente

Calidade Superior Apto para microondas

Baixo en/sen axentes alérxicos

Fonte: Mintel.

Sen glute

Halal

Sen aditivos/ conservantes

Top empresas con maior número de lanzamentos en 2015 a nivel mundial

5


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas

Clean Label tamén en produtos cárnicos Porcentaxe anual de lanzamentos de produtos cárnicos en Estados Unidos con distintos claims

36,3% 30,9%

31,1%

37,8%

31,9% 26,5%

21,2%

2012

18,0%

2013

2014

2015

2012

Sen aditivos/ Conservantes

2013

2014

2015

Sen glute

17,7% 14,6% 11,7%

11,9%

9,4%

10,7%

7,1% 3,8%

2012

2013

2014

2015

2012

Todo natural

2013

2014

2015

O interese do consumidor en etiquetas limpas aumentou de maneira considerable, en concreto no Norte de América. Máis consumidores evitan produtos que eles consideran que son indesexables tales como colorantes artificiais, saborizantes e conservantes. Outros tamén están evitando produtos con máis dun certo número de ingredientes ou ingredientes que descoñecen. Isto deu lugar a un incremento de produtos con diversas afirmacións naturais. Declaracións como “Sen aditivos/Conservantes”, “Minimamente procesados” e “Orgánicos” están sendo utilizadas polas marcas, de forma específica no envase, para disipar os temores dos consumidores con respecto á produción, formulación e fabricación. Se ben o posicionamento “minimamente procesado” emprégase sobre todo en EEUU, tamén se está extendendo a Asia, América Latina e Europa.

Libre de hormonas

Fonte: Mintel.

Minimamente procesado

Dinamarca: Hormel Natural Choice. Lonchas de pavo 100% naturais e minimamente procesadas. Sen glute, ingredientes artificiais e sen conservantes.

6

Sen antibióticos nin hormonas

Estados Unidos: PRE Just the Good. Carne de vacún picada procedente de animais alimentados con pasto e non conteñen nin hormonas nin antibióticos engadidos.

Orgánicos, criados con humanidade

Estados Unidos: True Story. Hot Dogs de polo orgánicos. Os polos son criados con humanidade en granxas sostibles, sen antibióticos, hormonas, nitritos ou nitratos, glute, soia ou MSG.


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas

O boom de snacks de carne Marcas reinventadas

O que antes era unha categoría que se comercializaba para os Millennials agora estase redirixindo cara atletas e consumidores conscientes da saúde.

Os snacks de carne creceron ao longo dos últimos cinco anos e estanse convertendo máis competitivos, con reclamos como alto valor proteico, totalmente natural e sen glute. Segundo Datamonitor, os snacks de carne atópanse en segundo lugar tras as barriñas proteicas en termos de vendas para snacks con alto valor proteico. Novos sabores, formatos e envases están impulsando a demanda destes snacks onthe-go altos en proteínas. A fonte de ingresos de snacks de carne prevese que medre a unha taxa do 1,7% anual en promedio a 1,3 billóns de dólares en 2019, segundo un estudio realizado por Nielsen.

Estados Unidos: Oscar Mayer. Kraft Foods lanzou recentemente unha gama de snacks de tiras de polo altas en proteínas, dirixido a adultos, en dúas salsas: Hickory e Teriyaki. Ofrece 10g de proteína por ración.

20% Principais reclamos

Canadá: Piller’s Skinny Bites Minis. Salchichas cun 23% de proteína cárnica, libres de glute e MSG.

Incremento da categoría de snacks de carne no 2015 con respecto ao 2014

Estados Unidos: Epic Bites. Gama de snacks de carne (polo, bisonte, vaca e porco) sen estimulantes de crecemento, ingredientes artificiais, antibióticos engadidos, glute ou soia. Minimamente procesados e carnes 100% naturais.

7


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas

A conveniencia innovación

continúa

dirixindo

A conveniencia segue desempeñando un papel importante no mercado das carnes. O ritmo rápido da vida moderna fai que os consumidores midan máis o seu tempo. Produtos “Listos para cociñar” envasados en bandexas de aluminio con aromas e outros ingredientes xa mesturados están tendo un gran crecemento particular en Europa. Isto reduce o tempo de preparación e de calquera limpeza necesaria, posto que se pode tirar a bandexa tras a preparación. Unha das novidades é a cocción en formato bolsa, que ata agora era soamente popular na categoría de pescados. Estas bolsas ofrecen comodidade e conteñen mellor o aroma.

8

Canadá: Cardinal Ready. Gama de produtos cárnicos (polo, tenreira e porco) lanzados recentemente en distintas salsas, nun envase flexible reciclable listo para quentar no microondas.

a


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas

Transparencia para gañar a confianza dos consumidores A trazabilidade para reforzar a calidade

En Europa, as preocupacións pola integridade da carne tras o escándalo da carne de cabalo, incrementaron a necesidade do consumidor de obter información detallada sobre a orixe do produto. As marcas teñen unha crecente presión en informar sobre a orixe e a integridade da carne, o que incrementou a demanda de produtos con normas de benestar animal máis altos. Porcentaxe de lanzamentos de produtos cárnicos ca afirmación “Ético – Animal” a nivel mundial 4,8%

3,3% 2,6%

1,6%

2012

Estados Unidos: Just Bare. Filetes de polo, con certificado American Humane, trazables ata as familias gandeiras.

2013

2014

2015 Fonte: Mintel

Máis aló da procedencia e trazabilidade, os consumidores seguirán facendo presión para obter información sobre as condicións agrícolas reais nas que se crían os animais, dando máis peso ás normas éticas dos provedores nas decisións de compra.

Benestar animal

Reino Unido: Daylesford. Salchichas de porco, criados ao aire libre respectando o benestar animal.

Francia: La Vie Claire. Xamón cocido. Os animais son criados respectando o benestar animal e tratados con métodos preventivos naturais como a fitoterapia e a homeopatía.

Alemaña: Pro Sus. Chuletas de lombo de porco. Os animais son observados por un código ético e cada paso da cadea de subministro está garantido.

9


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas

A demanda de información non só se limita a Europa. Os estadounidenses...

68%

62%

Interesados en coñecer a orixe dos produtos

Interesados en saber como foron criados os animais

Creatividade para comunicar a orixe A marca noruega adoptou un enfoque distinto para comunicar a orixe da súa gama de produtos curados. O deseño do envase consta de dous traballadores da fábrica de carne que manteñen unha conversa sobre os seus produtos e sobre o envase ao mesmo tempo. Jan & Gisles é único no sentido de que se dirixe a un público máis novo que os seus competidores.

Noruega: Jan & Gisles.

O papel do envase combina o aspecto tradicional da carnicería xunto coas ilustracións.

Irlanda: Farmers to Market.

Outras marcas optan por contar a historia da procedencia ou da granxa no propio envase, moitas veces incluíndo a imaxe do produtor, de forma que ao consumidor lle transmite unha maior confianza.

“Os nosos polos campeiros son criados por un grupo de 12 agricultores irlandeses. Os polos son libres de vagar polos pastos verdes, onde crecen lentamente e felizmente, para obter un mellor sabor”.

10


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Produtos cárnicos e avícolas

A innovación en sabor pode impulsar o consumo Sabores innovadores Recentes marcas ofrecen aos consumidores produtos cárnicos envasados que están parcialmente preparados e son fáciles de empregar na casa. Parte desta preparación é a creación de sabores que os consumidores non poden facer facilmente na casa ou soamente poden atopar nos restaurantes. A categoría de carne evolucionou nos últimos anos co fin de atraer a un público xeneralizado. As marcas están lanzando produtos con sabores étnicos, picantes e afumados que permiten aos consumidores facer pratos creativos na casa. Os sabores étnicos incrementáronse en produtos cárnicos e isto podería axudar a chegar aos consumidores Millennials que están dispostos a experimentar ao redor de sabores.

RibWorld lanzou recentemente unha gama de carnes en Alemaña (porco, tenreira e polo) con Jim Beam salsa grellada. A gama está aromatizada co bourbon número un do mundo, proporcionando un gran golpe de sabor en cada bocado.

Sabores étnicos, picantes e afumados

Estados Unidos: Kroger. Carne de tenreira cociñada ao estilo coreano en salsa Kalbi.

11

Reino Unido: Iceland. Peitugas de polo con salsa picante ao estilo mexicano e recuberto de tortilla e copos de millo.

Alemaña: Henry Denny. Xamón cociñado lentamente durante máis de sete horas e afumado sobre ascuas de carballo.


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Substitutos de carne Estratexias de posicionamento Os substitutos de carne están en auxe nos últimos anos , intensificados por factores económicos, de saúde e éticos. O número de lanzamentos incrementouse nun 39,3% no 2015 con respecto ao ano anterior, e un 58,4% se o comparamos co 2013.

preto Francia (10,2%) e España, en menor medida (5,1%). Cabe destacar o incremento da innovación de substitutos de carne en países coma Australia e Dinamarca, que supuxo aumentos do 474,3% e 402,5%, respectivamente.

Europa continúa liderando a innovación, con máis da metade dos lanzamentos en 2015 (61,4%). A este séguelle Asia Pacífico (22,2%), Norteamérica (8,1%), Latinoamérica (7,0%) e África e Oriente Medio (1,4%). Con relación aos países, Alemaña encabeza o ranking con 19,4% dos novos lanzamentos no 2015, segue de

Na categoría xeral de claims, os produtos “Apto para” (73,6%) representaron un amplo número dos lanzamentos levados a cabo no 2015, seguidos de “Natural” (60,2%) e “Práctico” (32,3%).

Posicionamento Orgánico/Biolóxico Vexetariano

Medios Sociais

Ético – Envase Respectuoso co medio ambiente

Libre de OMG Baixo en/Sen axentes alérxicos

Sen aditivos/Conservantes

Facilidade de uso Vegan

Sen ingredientes Animais

Top empresas con maior número de lanzamentos en 2015 a nivel mundial

12

Fonte: Mintel


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Substitutos de carne

Novas alternativas de proteínas O tofu foi durante moito tempo unha alternativa popular á carne , pero agora afróntase a unha forte competencia por parte doutros ingredientes debido ao crecente interese polas proteínas non cárnicas.

As proteínas que están dominando actualmente o mercado de substitutos de carne son as da semente de soia e as de trigo. Sen embargo, a proteína de ovo tivo un crecemento rápido nos últimos anos, cun incremento do 57,3% no 2015, se comparamos co ano anterior. Polacos

Proteína de ovo e chícharos

Países Baixos: AH Proviand. Taquiños estilo bacon elaborados a partir de vexetais e proteína de chícharos. Libres de glute, leite e soia.

Alemaña: Landhof Die Ohne. Salchichas elaboradas con proteína de ovo e leite. Está libre de soia e glute.

Porcentaxe de proteínas empregadas en substitutos de carne no 2015

32,7% Semente de soia

22,2% Trigo

8% Ovo

6,9% Chícharo

6% Leite

13


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Substitutos de carne

Algas Proteínas de orixe vexetal As algas son ricas en minerais, fibra, vitaminas e algunhas especies son ricas en proteínas. Un exemplo de algas con alto contido proteico son as algas nori, onde máis dunha cuarta parte do seu contido son proteínas.

Quinoa

Estados Unidos: Sweet Earth Natural Foods. Hamburguesas á grella en salsa teriyaki elaboradas con algas nori e cereais como quinoa, sésamo ou linaza.

Grans tradicionais A crecente demanda de alimentos altos en proteínas motivou ás marcas de substitutos de carne a formular con grans antigos coma a quinoa, que é unha fonte natural rica en proteínas. Este tipo de innovación suscitou a un interese pola promoción de grans antigos como alternativas libres de glute. Francia: Ma Vie Sans. Hamburguesa de quinoa orgánica, libre de glute. Son ricas en fibra e fonte de proteínas.

Froitos secos Outra das tendencias son os froitos secos. Algúns produtores están comezando a empregalos para potenciar o contido en proteínas.

Anacardos

Reino Unido: Artisan Grains. Rebandas feitas con anacardos e arandos, sen glute.

14


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Substitutos de carne

As marcas diríxense aos consumidores máis novos Éticos

Posto que os consumidores máis novos son máis propensos a ser atraídos por estilos de vida vexetariano/vegano, as marcas están facendo un esforzo para comunicar os beneficios para a saúde que conlevan os seus produtos, así como innovar en sabores e formatos. A xeración Millennial tamén está preocupada polos OGM e os produtos sen glute.

Polacos

A motivación ética prevalece para a xeración máis nova As consideración éticas son un factor clave para a elección dos consumidores novos. En Alemaña, o 30% dos consumidores de entre 16-24 anos de idade afirman comer substitutos de carne por razóns éticas. Aínda que a maioría das marcas escollen comunicar o seu punto de vista ético de forma explícita no envase, moitos deixan de amosar o seu compromiso ético con tanto detalle.

Estados Unidos: Pacific Organic. Seitán elaborado cunha mestura de proteína de trigo, fabas vermellas e lentellas xerminadas. O produtor asegura ingredientes de alta calidade e de provedores próximos para garantir a seguridade e trazabilidade de cada ingrediente. Ademais, emprega prácticas sostibles que reducen os impactos sobre a terra.

39,3%

Incremento do claim Ético e Ecolóxico entre 2014-2015

Plus

Credenciais de saúde para atraer aos máis novos A percepción de saúde xoga un papel importante no consumo das alternativas de carne. No último ano, gran parte das innovacións presentan algún tipo de claim “plus”. Destacan os beneficios nutricionais como por exemplo proteínas, calorías, graxa e contido de vexetais de maneira explícita nos envases.

Países Baixos: Vivera Vega. Albóndegas vexetarianas. Fonte de fibra, vitamina B12 e ferro.

39,3% Incremento do claim Plus entre 2014-2015

15


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Substitutos de carne

Novas texturas

Sabores culturais no punto de mira A textura e o sabor son, probablemente, o maior obstáculo para os consumidores máis novos na elección de alternativas de carne. De feito, soamente o 14% dos consumidores alemáns de entre 16-24 anos gozan do sabor dos substitutos de carne. As marcas que ofrecen unha maior variedade de sabores amosan un maior atractivo para as novas xeracións. O desenvolvemento de sabores étnicos coincide co incremento do uso de chili. Os sabores picantes incrementáronse no 2015, con marcas que destacan a variedade de chiles empregados de forma explícita no envase. Outra das influencias que continúan sendo populares en Europa é a India.

Estados Unidos: Upton’s Naturals. Esta empresa americana promove a súa máis recente alternativa á carne vexetariana, con sabores e texturas similares á carne real. Estes produtos elabóranse con jackfruit baseándose en carne picada. Está dispoñible en sabores como: Bar – B –Que, Chick Seitán, Chorizo Seitán e Chili Lime Carnitas.

Sabores étnicos

Holanda: Bonduelle Borrelbites. Snacks de verduras rebozados inspirados en tres rexións, e cada un con tres variedades distintas: Amazing Asia (Curry tailandés, Nepalí Dal, Curry Indio), Lovely Latina (envoltura mexicana, chimichurri arxentino, surinam Roti) e Sunny South (Ratatouille francés, tortilla española, taxín marroquí).

16


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Ovos e derivados Estratexias de posicionamento Os niveis de innovación continúan a ser escasos no sector dos ovos debido a ser un produto tradicional que se prefire consumir do xeito máis natural posible. Aínda así, no 2015 o número de lanzamentos de novos produtos no mercado mundial dos ovos incrementouse un 23% con respecto a 2014.

rexión que máis crecemento experimentou foi Norteamérica, cun 17,3%. Por países, Rusia (6,6%) situase á cabeza dos lanzamentos, seguida de Reino Unido (6,2%) e Estados Unidos (5,5%). Indonesia foi o país que rexistrou un maior crecemento interanual en canto a novos lanzamentos, cun incremento do 216,1%.

En canto aos lanzamentos por rexións, Europa ocupa o primeiro posto cun 45,6%, seguida de Asia-Pacífico (31,9%) e Latinoamérica (10,3%). Norte América e África e Oriente medio tan só representan o 8,0% e o 4,2%, respectivamente. A

Na categoría xeral de claims, os produtos “Ético e Ecolóxico” representaron un 45,9% dos lanzamentos, seguido de “Natural” cun 27%.

Posicionamento Medios Sociais Sen aditivos/conservantes

Sen glute Baixo en/Sen axentes alérxicos

Libre de OMG

Ético-Produto respectuoso co medio ambiente Orgánico/Biolóxico

Libre de hormonas Ético-Animais

Fonte: Mintel.

Ético-Envase respectuoso co medio ambiente

Top empresas con maior número de lanzamentos en 2015 a nivel mundial

17


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Ovos e derivados

A produción responsable gaña importancia Número de lanzamentos de ovos e derivados

A principal tendencia no sector está relacionada coa produción ética ou responsable, tanto cos animais como co medio ambiente. Os consumidores, especialmente os europeos, esixen que a produción de ovos se realice de maneira sostible, cun impacto ambiental baixo e cun control sanitario e de benestar dos animais. Isto reflíctese no incremento dos lanzamentos de ovos orgánicos, campeiros e naturais.

366

290 174

230

184

158 117

91

2012

2013

2014

2015

Ético - Animais Ético - Envase Respectuoso co Medio Ambiente

Fonte: Mintel.

Galiñas criadas en liberdade

Ademais, co fin chamar a atención dos consumidores preocupados polo benestar dos animais e polo medio ambiente, os produtores están a facer constar nos envases información sobre a orixe e o proceso de produción.

Con historia Estados Unidos: Vital Farms. Ovos de galiñas criadas en liberdade, con zonas de abrigo e de descanso. A súa dieta non inclúe antibióticos. Conta co “Certificied Humane”.

Australia: Egg Farmers of Victoria.

Alemaña: Mobile Hennen. Ovos frescos orgánicos recollidos man a man para garantir a calidade de cada ovo. Conta co certificado ecolóxico da UE e o orgánico Naturland.

18

“Ola, o meu nome é Joanne Tamvakis. O meu marido Con e máis eu somos a segunda xeración Gippsland de produtores de ovos. Se coma nós, vostede está preocupado polo emprego de pesticidas e herbicidas na produción de alimentos, pode estar seguro de que as nosas galiñas teñen unha alimentación controlada a base de grans soamente puros e orgánicos. A elas encántalle a súa comida, e a vostedes gustaranlle os seus ovos”.


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Ovos e derivados

Beneficiosos para a saúde Os ovos foron demonizados nas últimas décadas con falsos mitos que rodeaban o colesterol e as enfermidades cardiovasculares. Actualmente coñécense os múltiples beneficios que ofrecen polo que as empresas aproveitan para comunicalo a través do envase.

As propiedades do ovo varían, en menor ou maior grao, en función da alimentación das galiñas, polo que moitas marcas están a lanzar gamas de produtos con diversas propiedades destacadas.

O número de lanzamentos de ovos co claim “Plus” foi o que máis se viu incrementado con respecto ao 2014, cun aumento dun 30,1%, con afirmacións como “fortalecido en vitaminas e minerais” ou “alto en proteínas”. Tamén se incrementaron aqueles con reclamos funcionais.

A empresa india Suguna Foods conta cunha liña de ovos de alta calidade. Ofrece catro categorías de ovos con valor engadido, fortificados con vitaminas e nutrientes específicos, para axudar a manter unha dieta equilibrada e saudable para persoas de todas as idades e condicións de saúde.

DHA, selenio orgánico e vitamina E

Fortalecidos e Funcionais

Vitamina D, proteínas e calcio

Destinado a nenos, adultos, mulleres embarazadas, nais lactantes e para os que teñen un estilo de vida activo e requiren de nutrición adicional.

Contribúen a potenciar a memoria, o desenvolvemento visual, o rendemento físico e a estabilidade emocional.

Carotenoides, vitamina A, luteína, zeaxantina, calcio e fósforo

Axuda a construír e reparar as células dos músculos e outros tecidos do corpo.

Fortalece os ósos, dentes e o sistema inmune, reduce o risco de ter hipertensión e diabetes, esencial para a absorción do calcio, mellora a saúde muscular e reforza o músculo, desempeña un papel integral no crecemento de células da pel, protección e rexuvenecemento.

Omega 3 e vitamina E Destinado a persoas conscientes da saúde.

Axudan a unha maior lonxevidade e saúde do corazón. Contén un 24% menos de colesterol.

19


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Ovos e derivados

A conveniencia como base para a innovación Cocidos A pesar de que o ovo é un produto tradicional e natural, existen novos formatos, principalmente de conveniencia, para a presentación do produto.

Nova Zelanda: Delicato. Ovos cocidos, sen pelar.

Reino Unido: Pandora. Ovos cocidos envasados en vinagre de malta.

A necesidade de axilizar a realización de pratos fai que se desenvolvan produtos listos para usar. Existe unha gran variedade, dende ovos xa cocidos ideais para snacks ou para acompañar pratos, ata ovos líquidos para empregar en repostaría.

Repostaría A marca grega Avgodiatrofiki Eggpro presenta unha gama de produtos de ovo líquido pasteurizado para empregalo como queiras de forma fácil, rápida e totalmente hixiénica.

Xema de ovo líquida ideal para receitas de repostaría ou como base para salsas.

20

Clara de ovo líquida ideal para crear o merengue perfecto, un delicioso xeado ou unha tortilla sen graxa.

Ovo enteiro líquido pasteurizado ideal para facer tortillas.


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Ovos e derivados

Novos nichos de mercado para o ovo Na actualidade existe un forte enfoque na proteína dentro da industria de alimentos e bebidas, con produtos orientados máis aló dos fanáticos do deporte que están buscando nutrientes para impulsar as súas dietas. Os consumidores chegan a ver as proteínas como unha ferramenta de control de peso eficaz, así como un factor importante nos estilos de vida saudables.

Aqueles que afirmaron que estaban incorporando máis proteínas na súa dieta que no 2014 son...

43%

43% Polacos

Polacos

Por ese motivo as marcas están buscando sacar proveito da apelación de saúde e saciedade da proteína, experimentado con novas formas de mellorar o contido de proteína.

36% Españois

Mentres que a maioría das bebidas de proteínas continúan baseándose en produtos lácteos, o mercado europeo tamén está vendo un xurdimento de alternativas a base de ovo, dirixidas polas marcas dos produtores de ovos nórdicos.

32% Italianos

Austria: Toni’s Smoothie. Toni’s Smoothie lanzou unha gama de bebidas vitais que combina todas as propiedades positivas nutricionais - fisiolóxicas do ovo converténdose nunha bebida que aporta enerxía, fortalece o cerebro e, incluso, é embelecedora. Estes smoothies conteñen 6 vitaminas, 2 minerais e son unha fonte natural de proteína pura. O contido de proteína (con 100% valor biolóxico) de ovos de curral en combinación con numerosos antioxidantes como o selenio fan esta bebida moi valiosa dende o punto de vista nutricional e fisiolóxico.

Alemaña: White. Outra das empresas que entrou no mercado de bebidas con base de proteína de ovo é DAVA Foods. Presenta unha liña de bebidas de sabores elaboradas a base de claras de ovo. Son ricas en proteínas de alta calidade, conteñen aminoácidos e rivoflabina.

21


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Elaborados de pescado Estratexias de posicionamento O número de lanzamentos de produtos pesqueiros incrementouse nun 3,8% con respecto ao 2014, unha cifra moi baixa se comparamos con respecto aos anos anteriores, con incrementos en torno ao 20%. Isto é consecuencia da redución da actividade por parte da rexión máis innovadora que é Europa, que aínda que lidera co 55,4% dos lanzamentos, no 2015 rexistráronse un 1,2% menos de produtos con respecto ao 2014.

e Oriente Medio e África (5,1%). Por países, Francia (9,9%) lidera con maior número de produtos de pescado, seguida de Alemaña (6,9%), Italia (5,6%) e España (5,5%). Latinoamérica foi a rexión que máis viu a súa actividade incrementada, sendo Colombia (189%) e Perú (146,9%) os países con maior aumento. Na categoría xeral de claims, os produtos “Ético e Ecolóxico” representaron un 34,1% dos lanzamentos, seguido de “Práctico” cun 31,4% e “Natural” cun 19,7%.

A Europa séguenlle Asia Pacífico (24,6%), Latinoamérica (8,3%), Norteamérica (6,7%)

Posicionamento

Apto para microondas

Ético – Envase Respectuoso co medio ambiente

Sen glute Envase Práctico

Calidade Superior Ético - Animais Baixo en/Sen axentes alérxicos Ético – Produto Respectuoso co medio ambiente

Facilidad de Uso

Fonte: Mintel.

Top empresas con maior número de lanzamentos en 2015 a nivel mundial

22

Sen Aditivos/Conservantes


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Elaborados de pescado

Apostando pola sustentabilidade As empresas que continúan empregando métodos de pesca agresivos están no punto de mira da sociedade e de organizacións. Unha das recentes campañas contra a sobrepesca é “Monster Boats”, lanzada a finais do 2014 por Greenpeace. Outras campañas optan por concienciar aos consumidores sobre os impactos medio ambientais que isto supón así como promover a elección de produtos certificados con selos de sustentabilidade, como é o caso da campaña lanzada por WWC a finais do 2015.

Porcentaxe de lanzamentos de pescado con claims éticos 18,2%

20,2%

19,1%

14,1% 11,1%

12,5%

12,9%

9,1% 6,9%

2012

9,2% 8,4%

2013

7,7%

2014

2015

Ético - Producto Respetuoso con el Medio Ambiente Ético - Envase Respetuoso con el Medio Ambiente Ético - Animales

O número de lanzamentos de produtos de pescado co claim Ético e Ecolóxico está á alza nos últimos anos, con afirmacións como “Produto Respectuoso co Medio Ambiente”, “Envase Respectuoso co Medio Ambiente” e “Ético – Animais”. A afirmación ética con maior incremento no 2015 con respecto ao 2014 foi “Carbono Neutral”. Por outra parte, cada vez hai máis produtos que presentan códigos QR para que os consumidores poidan facer un seguimento da procedencia do produto.

Fonte: Mintel.

Produto Respectuoso

Ético Animais

Carbono neutral

Estados Unidos: Pole & Line. Atún branco pescado polo método seguro e sustentable de cana. Conta cos certificados Dolphin Safe e MSC.

Francia: Delpeyrat. Salmón irlandés criado respectando os ciclos de vida e o benestar dos peixes. Conta co código QR de trazabilidade.

Alemaña: Frosta. Filetes de abadexo 100% naturais procedentes de pescas certificadas MSC. O envase presenta o certificado FSC e presenta baixa pegada de carbono. Ademais conta cun código QR.

23


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Elaborados de pescado

Practicidade e facilidade de emprego trala innovación

Ao igual que ocorre coas carnes, a comodidade segue sendo o motor clave para a innovación. Os consumidores buscan produtos que lles faciliten cociñar e aforrar tempo na cociña. Os formatos máis comúns para os produtos de pescado son as bandexas así como bolsas flexibles listas para quentar no microondas ou no forno.

Reino Unido: The Saucy Fish Co. Presentan unha gama de produtos de pescado preparados en distintas salsas, listos para quentar no microondas, en diversos formatos, tanto en bandexa como en bolsa. Nos envases empregan reclamos como “sen contacto, sen olor, sen problemas” ou “listo para gozar”.

Os snacks de pescado son outra das tendencias, con formatos on the go, individuais para comer en calquera momento. Para facer os pratos de pescado máis convenientes, os produtores están agregando cada vez máis sabores inspirados noutras culturas, facilitando aos consumidores recrear os seus pratos favoritos na casa.

España: FishSnack’s. Savia Natura S.L. é unha empresa dedicada á elaboración de snacks derivados de peixe. Contan cunha gama de produtos de tiras de pel de bacallau fritos en aceite vexetal alto oleico con distintos sabores: wasabi, orixinal, curry, barbacoa, ao punto de sal, oriental picante e mediterráneo. Actualmente están investigando outras liñas con novas especies coma a sepia e lura. A empresa alemán Feinkost Reich presenta unha gama de cremas de pescado ideais para canapés ou para condimentar numerosos pratos. Conta con variedades de pasta de anchoas, salmón, arenque e bacallau, con distintos sabores.

24

Recentemente lanzaron outra gama “Fish and Chips”, con tiras de pel de bacallau e maruca fritos en aceite de xirasol con patacas fritas.


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Elaborados de pescado

Lavado de imaxe do pescado conxelado Os produtos de pescado conxelado tiveron ata agora unha imaxe pouco saudable en comparación co pescado fresco. Sen embargo, a categoría de conxelados foi incrementándose nos últimos anos con novos lanzamentos de produtos con claims máis naturais e saudables para atraer aos consumidores. Alemaña ten o maior mercado de alimentos conxelados en Europa, segundo o German Frozen Foods Institute (DTI). As tendencias en innovación que están marcando céntranse en produtos orgánicos

certificados, así como na calidade dos ingredientes alimentarios que transmiten unha mensaxe máis san aos consumidores. Os fabricantes de pescado empanado están buscando novas maneiras de interactuar co público cada vez máis consciente da saúde, innovando con rebozados a base de pan rallado 100% integral , fariña de millo orgánica, ou incluso sen glute.

Outra das tendencias é a incorporación de vexetais.

Naturais e saudables

Alemaña: Followfish. Filetes de salmón de Alaska sen espiñas, os cales proveñen dunha acuicultura orgánica. Non conteñen aditivos nin ingredientes OGM.

Austria: Iglo. Fish fingers de bacallau, procedente do Pacífico Ártico, empanados con pan rallado 100% integral.

Francia: Findus. Pescada ao estilo Florentino cunha capa de espinacas e bechamel. Produto sen colorantes, conservantes ou aceite de palma.

131,1% Increméntase o número de lanzamentos de produtos de pescado conxelado entre 2012-2015

25

25


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Elaborados de pescado

Innovación en conservas e refrixerados Envases vintage Conservas Cada vez son máis os produtores de conservas que se unen á moda de envases con estilo vintage. Ofrecen unha imaxe tradicional cun toque moderno que transporta aos consumidores a tempos pasados. Por outra parte, cabe destacar, que nos envases continúase realzando o emprego de aceite de oliva, como símbolo da calidade dos ingredientes.

Italia: Nataline. Sardiñas portuguesas en aceite de oliva.

Tartar Refrixerado Francia: Carrefour. Tartar afumado de salmón especiado con chalote, ceboliño, rallado de limón e eneldo. Pódese servir como entrante, prato lixeiro ou para picotear entre horas.

En pescado refrixerado existe unha tendencia cara o formato tartar. Incrementouse o número de lanzamentos de produtos de pescado cru picado, que poden estar elaborados con salsas ou condimentos. Estes produtos ofrecen un toque gourmet sen necesidade de ningunha elaboración adicional, de forma rápida e sinxela. As marcas brancas tamén se suman a este novo formato.

26


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Pratos preparados Estratexias de posicionamento O número de lanzamentos de novos produtos de pratos preparados reduciuse no ano 2015 un 0,22% con respecto ao ano 2014, un descenso debido á caída dos lanzamentos de case o 22,7% en Norteamérica. Por rexións, Europa acumulou o 46,5% dos lanzamentos mundiais en 2015, Asia Pacífico o 33,5%, Norteamérica o 11,4%, Latinoamérica o 5,8% e, por último, Oriente Medio e África co 2,8%. Con relación aos países, Xapón (11,2%), Reino Unido (9,6%), Francia (9,0%) e Estados Unidos (7,4%) sitúanse á cabeza do total de produtos lanzados.

Todos eles viron reducido os seus lanzamentos con respecto a 2014, exceptuando Reino Unido e Francia, que experimentaron un crecemento do 86,1% e 6,5%, respectivamente. En canto aos tipos de envase, destaca o emprego de envases flexibles, nun 28,5% dos lanzamentos, seguido de bandexas cun 25,9%, da cubeta cun 16,5% e do cartón cun 15,1%. Na categoría xeral de claims, os produtos “prácticos” (60,2%) representaron un amplo número dos lanzamentos levados a cabo no 2014, seguidos de “natural” (31,1%) e “ético-ecolóxico” (26,9%).

Posicionamento Tempo/Velocidade Apto para microondas

Baixo en/Sen axentes alérxicos

Sen glute

Baixo en/Sen graxa

Baixo en/Sen graxa Trans

Vexetariano

Funcional Adelgazante

Medios Sociais Facilidade de uso Halal

Ético – Envase Respectuoso co medio ambiente

Ético – Produto Respectuoso co medio ambiente Sen Aditivos/Conservantes

Calidade Superior

Fonte: Mintel

Top empresas con maior número de lanzamentos en 2015 a nivel mundial

27


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Pratos preparados

Eco - friendly Envases verdes A preocupación que os consumidores teñen polos efectos que os envases poden provocar no seu entorno, está a producir que nos últimos anos se incremente a utilización de envases respectuosos co medio ambiente nos pratos preparados, polo que a afirmación “Ético – Envase Respectuoso co medio ambiente” viuse incrementada nun 15,5% con respecto ao 2014.

Porcentaxe de lanzamentos de pratos preparados con envases respectuosos co medio ambiente

23,1%

18,9% 20,0% 14,5%

Moitos dos fabricantes xa non só indican se o envase é reciclable, senón que a miúdo especifican o contido reciclado, así como o emprego de materiais renovables ou biodegradables. 2012

Os materiais de envase máis empregados son o plástico tanto PP, PET e PS e o cartón (cartón plastificado, cartón con forro branco e forrado con kraft marrón).

Canadá: President’s Choice Blue Menu. Mestura de arroz e quinoa con trozos de peitugas de polo e vexetais. Preséntase nun envase de cartón 100% reciclable cun contido post - consumo mínimo do 35%.

2013

2015

Ético-Envase Respectuoso co medio ambiente

Fonte: Mintel.

Estados Unidos: Three Bridges. Pasta con salchichas e “jalapeño” en salsa de queixo. O fabricante emprega tintas de soia no envase e enerxía 100% renovable.

Algunhas das medidas adoptadas polos fabricantes son…

28

2014


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Pratos preparados

Produtos respectuosos co medio ambiente Están incrementándose as comidas preparadas con valores éticos, sobre todo en Europa, onde se elaboran respectando tanto o medio ambiente como a integridade do produto. As marcas intentan reducir as emisións de carbono reducindo as distancias a percorrer para conseguir as materias primas ou, directamente, empregan ingredientes locais para elaborar os produtos. Moitos dos consumidores consideran un factor importante se o produto está elaborado no propio país. O 38% dos consumidores británicos teñen en conta isto á hora de realizar a compra.

Reclamos medio ambientais

Reino Unido: Cloughbane Farm Shop. Polo ao forno con brócoli. Os animais son criados en Reino Unido e Irlanda, polo que os alimentos percorren pouca distancia e redúcense as emisións de carbono. O fabricante emprega electricidade procedente de fontes renovables.

Suecia: Felix. Hash sueco elaborado con polo picado, cenoria e perexil. O fabricante afirma coidar o medio ambiente e reutiliza a monda da pataca para producir biogás.

Ingredientes locais

101,2% Incremento de pratos preparados co claim “Produto respectuoso co medio ambiente” (2012-2015)

Irlanda: Innocent Veg Pot. Mestura de verduras en salsa. Elaborado con ingredientes 100% “non-airfreighted”.

Estados Unidos: Café Spice. Arroz con vexetais especiados. Elabórase con ingredientes naturais e de produción local.

29


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Pratos preparados

Sempre prácticos

A comodidade é unha das razóns principais polas que os consumidores compran pratos preparados, e é probable que esta característica siga sendo importante nesta categoría. O tempo é esencial cando se trata de preparar comidas para moitos consumidores, e os pratos preparados tenden a converterse nas solucións ideais. As reclamacións máis empregadas nesta categoría son “Apto para microondas”, que representa a gran parte dos lanzamentos no 2015 (41,4%), seguido por “Tempo/Velocidade” (17,8%) e “Facilidade de Uso” (17,6%). Os fabricantes están innovando en envases on the go ou ata envases intelixentes que te avisan cando están listos.

30

Reino Unido: Tesco. Arroz ao estilo indio con vexetais e peituga de polo en formato takeaway.

Francia: Chatka. Filete de linguado con patacas e gambas, listo para quentar no microondas. Presenta unha válvula integrada na película de plástico da bandexa que asubía cando está listo.


Tendencias en elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados 2016

Pratos preparados

Innovacións Premium Unha das tendencias que máis importancia está a cobrar é a de produtos inspirados na dieta de determinadas culturas, con ingredientes e sabores propios dun determinado estilo de vida. Por outro lado, os consumidores están a demandar pratos elaborados con receitas gourmet e de alta calidade.

disposto a pagar máis por produtos elaborados con ingredientes Premium. Outra das grandes tendencias son os medios sociais, polo que cada vez son máis empresas que as utilizan como forma de darse a coñecer e de publicitarse. A afirmación “Medios Sociais” incrementouse un 38,5% con respecto ao 2014.

O 56% dos europeos opinan que os pratos preparados son unha boa forma de probar novos sabores e receitas, e o 20% está

Estados Unidos: Lean Cuisine Marketplace. Nestlé USA presenta unha gran variedade de pratos preparados inspirados en distintas culturas, elaborados con carne premium de alta calidade. Ademais, están activos nas redes sociais, contan cunha páxina en Facebook. Entre as variedades atópanse: Sweet Sriracha Braised Beef, Spicy Beef & Bean Enchilada, Sweet & Spicy Korean – Style Beef e Ranchero Braised Beef.

503,3% Incremento das marcas de pratos preparados activas nas redes sociais, entre 2012 2015

31


CLUSTER ALIMENTARIO DE GALICIA

Transforma visións e plans en accións, para desenvolver novas ideas, coa sofisticación de estratexias empresariais e creando solucións para abordar a mellora da posición competitiva dos seus asociados

CONSUMER Sistema de análise do comportamento do consumidor e as tendencias do consumo relacionados cos produtos e que afectan á toma de decisión de compra

MARKET INSIGHTS: SISTEMA DE VIXILANCIA COMPETITIVA

Sistema de vixilancia competitiva que busca identificar elementos do entorno que poden influír no desenvolvemento do mercado coa finalidade de facilitar a toma de decisións estratéxicas

GLOBAL

Máis información en: info@clusaga.org www.clusteralimentariodegalicia.org Cluster Alimentario de Galicia Edificio FEUGA ofc. 21 – Campus Vida 15705 Santiago de Compostela

INSIGHTS: TENDENCIAS DE CONSUMO

Revista produtos elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados  
Revista produtos elaborados de carne, pescado, ovos e pratos preparados  
Advertisement