Page 1

INDUSTRIA A L I M E N T A R I A


INDUSTRIA ALIMENTARIA 4,0

ÍNDICE 4 5

18 Robots

16

Big Data

Personalización de Simulación produtos

6 Realidade aumentada

Loxística 4.0

14

8

Fabricación aditiva

Internet das cousas Sensórica

12

Simulación

10


INDUSTRIA ALIMENTARIA 4,0

PANORAMA As esixencias dos novos consumidores, a búsqueda de maior competitividade e as novas tecnoloxías son algunhas das razóns que están levando á industria agroalimentaria a ser parte da cuarta revolución industrial. Trátase de unificar e facer converxer os sistemas de produción con instalacións intelixentes, xerando unha sinerxia dixital entre industria, os negocios e as funcións internas e procesos, todo isto interconectado e facendo uso do Big Data como base de traballo. Ten lugar un cambio de paradigma, unha nova forma de entender a industria e a súa relación co mercado, o consumidor, o provedor, os sistemas de produción, a tecnoloxía, entre outros onde todo está interconectado. A industria alimentaria pode ter un gran peso e relevancia, dadas as súas características e as interrelacións creadas cos consumidores, cada vez máis esixentes, críticos, exclusivos e demandantes de produtos personalizados e basados nas súas necesidades habituais ou estilo de vida. Os beneficios da Industria 4.0 son importantes e supoñen unha gran oportunidade para a industria alimentaria. Todas as partes da cadea de valor poderán interactuar

a tempo real, cunha transmisión de datos que permita a toma de decisións inmediatas, o cal poderá xerar grandes beneficios na relación empresa - provedor – distribuidor mercado. Entre outros, os beneficios poderíanse referir á trazabilidade, xestión de producións, planificación de subministros cos provedores a tempo real, fabricación de produtos personalizados, mellora da planificación e xestión da produción, todo isto encamiñado á optimización de custos e incremento da productividade e rentabilidade das empresas. Nun sector onde os factores limitantes son a lexislación, as crises alimentarias, a garantía de seguridade alimentaria, a presión comercial, marxes e competencia, entre outros, este novo paradigma de concepto de empresa aportará ao consumidor un incremento da confianza, seguridade, satisfacción e cumplimento das expectativas. Entre os conceptos tecnolóxicos relacionados da industria 4.0 inclúense aqueles directamente relacionados coa xestión da información e do coñecemento e coa idea de dixitalización. A clave para esta nova paisaxe industrial é conectar tódalas unidades de produción nunha economía.

Revista 4 0  
Revista 4 0  
Advertisement