Page 1

INFORME DE COMPETENCIA E TENDENCIAS DE CONSUMO DE PRODUTOS ALIMENTARIOS DO MAR


ÍNDICE O MERCADO Evolución do valor e do volume de mercado das principais rexións Segmentación do mercado

12 3

Participación no mercado

15

Visión global e gasto per cápita

CONSUMIDOR

7

NOVOS LANZAMENTOS Rexións máis innovadoras e estratexias de posicionamento Marcas Especies

TENDENCIAS

17

Apostando pola sostenibilidade

27

A trazabilidade e a orixe coma valor Orgánico e bio Natural e saudable Novos sabores Conveniencia Conservas con estilo Premium, produtos de calidade superior A nova dimensión de produtos gourmet

22

5 8 13 30 11


Informe de tendencias en produtos do mar

OOMERCADO sector Evolución do valor e do volume de mercado das principais rexións O valor do mercado a nivel global dentro da categoría de pescado procesado (entendendo todos aqueles produtos do mar frescos, refrixerados e conxelados) acadou aproximadamente uns 86.500 millóns de euros a nivel mundial no 2014, cifra que se estima que se incremente nos próximos anos. A súa evolución por rexións amósase a continuación:

100 = 7.882,6 millóns de €

167,0 155,4

164,3

100 = 2.791 millóns de € 100 = 53.594,3 millóns de €

128,9

141,1 124,8

126,5

126,6

120,2

100 = 20.452,2 millóns de €

126,4

117,6 115,8

100 = 255,2 millóns de €

102,8

132,5

117,8

109,0 103,6

100

105,9

107,3 100,4

109,3 102,8

96,2 90,2

100 = 2.084,5 millóns de €

98,7

100,4

94,9 91,5 85,3 2014

América do Norte Europa occidental

2015

81,8 2016

2017

Europa oriental África e medio oriente

2018

2019

Asia Pacífico América Latina

Evolución do valor do mercado de peixe procesado das principais rexións entre 2014 e 2019, en millóns de euros. Fonte: Mintel.

A rexión de Asia Pacífica é a que presenta un maior valor de mercado entre 2014 e o 2019, seguida de América do Norte e África e Oriente Medio. Para os próximos anos prevese que todas as rexións experimenten un incremento no seu valor de mercado, sendo este especialmente relevante en Asia Pacífico que rexistra unha taxa de crecemento do 10,8% entre o 2014 e o 2019. Noutro extremo, o caso de Europa, cuxa taxa de crecemento está preto do 0% posto que como observamos na gráfica, a súa evolución é máis ou menos constante, sen cambios significativos, durante o período analizado.

3


Evolución do volume de mercado 100 = 844,3 kTn 145,3 100 = 734,2 kTn

138,7

100 = 6.407,9 kTn

129,1 126,0 119,8

100 = 2.240,4 kTn

119,5 113,6 110,5

100 = 37 kTn

100 = 357 kTn

109,8 104,2 102,1 101,2

100

100,0 2014

100,0

2015

108,5

107,6 105,1

104,6 102,5

101,8 100,6 100,8

113,6

101,2 101,5

2016

2017

103,0 102,6 101,9

2018

América do Norte

Europa oriental

Asia Pacífico

Europa occidental

África e medio oriente

América Latina

103,9 102,6

2019

Evolución do volume do mercado de peixe procesado das principais rexións entre 2014 e 2019, en miles de toneladas. Fonte: Mintel.

Ao igual que no anterior caso, Asia Pacífico ocupa a primeira posición acadando un volume de mercado moito maior que o resto de países. A continuación, atopamos Europa occidental e América do Norte. As taxa de crecemento entre o 2014 e o 2019 é positiva para todas as rexións presentando valores que van dende o 0,5% (Europa Occidental) ata o 7,8% en Asia Pacífico.

4


Informe de tendencias en produtos do mar

Segmentación de mercado A segmentación do mercado do pescado procesado en tres subcategorías (conxelado, refrixerado e seco) nas diferentes rexións a nivel mundial no 2014, en termos de volume, amosa os seguintes datos:

América do Norte

Europa Oriental

Conxelado

26,8% 43,6%

Asia Pacífico

31,9% 41,1%

46,5%

41,3%

10,0%

Europa Occidental

43,0%

Seco

15,9%

África e Oriente Medio

Refrixerado

América Latina

31,0% 41,2%

44,6%

53,6%

56,1% 24,4%

46,4%

2,7% *A representación do pescado refrixerado é insignificante

En tres das rexións analizadas, América do Norte, Asia Pacífico e Europa Occidental, o pescado conxelado representa unha maior porcentaxe, aínda que na maioría tende a igualarse coa de pescado a temperatura ambiente. En América Latina e África e Oriente Medio a porcentaxe de pescado refrixerado é insignificante.

Participación no mercado

Top empresas con maior volume de mercado de pescado procesado por países. Fonte: Mintel.

5


Informe de tendencias en produtos do mar

Visión global e gasto per cápita

Gasto per cápita medio en 2015, euros/habitante

Gasto per capita (€) de pescado procesado en relación coa taxa de crecemento anual composta (2015-2019), en función do valor do mercado dos países de estudo. Fonte: Mintel.

Gasto alto Baixo crecemento

Corea do Sur

Gasto alto Alto crecemento

Noruega

España Francia

Dinamarca Portugal

Finlandia

Xapón Suecia Canadá

Reino Unido Italia

Alemaña China

Australia EEUU

Gasto baixo Baixo crecemento

Gasto baixo Alto crecemento

Rusia Brasil México -2% -1% 0%

1%

2%

3%

Indonesia 4%

5%

6%

7%

8%

9% 10% 11% 12% 13% 14% 15% 16% 17%

Taxa de crecemento anual composta media (CAGR) entre 2015-2019, valor do mercado polo miúdo * Taxa de crecemento anual composta (CAGR): promedio de crecemento anual do valor de mercado.

En xeral, todos os países de análise presenta perspectivas de crecemento nos próximos anos, agás Australia, Corea do Sur e Reino Unido que rexistran unha taxa de crecemento negativa entre 2015-2019. Indonesia, pola contra é o país que presenta maiores expectativas de crecemento cunha taxa do 16,4%, seguido de China, país que presenta o maior valor de mercado con gran diferenza sobrepasando os 49.000 millóns de euros. España, Francia e Xapón, presentan perspectivas de crecemento máis baixas, posto que se aproximan ao concepto de mercados maduros. O maior gasto per cápita en produtos do mar rexístrase en Corea de Sur chegando aos 96 euros. A continuación aparece Noruega (85 euros), España (81 euros) e Francia (74 euros).

6


Informe de tendencias en produtos do mar

dos consumidores a nivel global OPreferencias CONSUMIDOR Os consumidores europeos seguen tendo especial interese por coñecer a procedencia dos produtos do mar, onde polo xeral, a comunicación a través do envase é escasa. Os consumidores esixen máis claridade sobre a orixe.

O uso intelixente das tecnoloxías dixitais mellora o coñecemento sobre a procedencia do produto, permitindo que as marcas cheguen aos consumidores para que teñan un control sobre a cadea de distribución dende o punto orixinal.

Con tantas formas de comunicación do envase, as marcas deben seleccionar aquelas sinais e certificacións que os consumidores as perciban como máis fiables.

Por outra parte, os deseños de envases creativos e ilustracións ofrecen un maior atractivo para os consumidores da xeración Millennial que son máis sensibles á transparencia.

Aptitudes do consumidor cara o pescado e o marisco (2014) É importante ter información detallada sobre onde provén o pescado Confio na miña tenda por ofrecer produtos de pescado e marisco sosteñibles para a venda

61% 19%

Estou comendo máis pescado e marisco por razóns de saúde Estou preocupado pola seguridade do pescado (por exemplo, debido á salmonela)

27%

27%

20%

42%

37% 27%

26%

24%

25%

27%

63%

39%

52%

41%

O pescado e o marico son difíciles de preparar 15%12% 17% 13% Francia

Alemaña

En canto ás preferencias en función da preparación do pescado a maioría dos consumidores decántase polo pescado/marisco rebozado, seguido das conservas, agás en Polonia onde esta última opción representa a porcentaxe máis alta. 26% 30%

40% 13% 50%

36%

20%

38%

33% 33% 44%

36%

27%

21%

22%

29%

45%

34%

30%

27%

Rebozado

Marinado, confitado, sazonado

Afumado, curado

Conservas de pescado ou marisco

Polonia

España

Italia

Alemaña

Francia

Italia

España

Por outro lado, os consumidores europeos experimentados están abertos a unha maior variedade e alternativas de sabores e gustos. Nos Estados Unidos, os consumidores guíanse por outros principios. O principal interese é a salubridade. A pesar dos esforzos por parte dos fabricantes en etiquetaxe seguen existindo posibilidades de desenvolvemento neste campo, que aborden os problemas de saúde dos consumidores a través de formulacións simplificadas e un etiquetado claro. Esixen transparencia en materia de ingredientes e comunicacións dos beneficios nutritivos nos produtos. Outros dos factores clave que inflúe á hora de mercar estes produtos é o tempo ou velocidade de preparación. Os produtos “Easy to Cook” ou “Ready to cook” son os máis demandados, pero sempre que manteña o sabor e a textura.

Fonte: Mintel.

7


Informe de tendencias en produtos do mar

NOVOS LANZAMENTOS Rexións máis innovadoras e estratexias de posicionamento O número de lanzamentos de produtos pesqueiros incrementouse tan só un 3,8% en 2015 con respecto ao 2014, unha cifra moi baixa se comparamos con respecto aos anos anteriores, con incrementos en torno ao 20%.

A Europa séguenlle Asia Pacífico (24,7%), Latinoamérica (8,2%), Norteamérica (6,6%) e Oriente Medio e África (5,1%). Por países, Francia (9,9%) lidera con maior número de produtos de pescado, seguida de Alemaña (6,9%), Italia (5,6%) e España (5,5%). Latinoamérica foi a rexión que máis viu a súa actividade incrementada, sendo Colombia (189%) e Perú (146,9%) os países con maior aumento.

Sen embargo, o 2016 presenta unhas mellores expectativas de crecemento en termos de innovación, onde no primeiro semestre a actividade innovadora aumentou nun 26,5% con respecto ao 2015.

Na categoría xeral de claims, os produtos “Ético e Ecolóxico” representaron un 34,1% dos lanzamentos, seguido de “Práctico” cun 31,4% e “Natural” cun 19,7%.

Europa é a rexión líder en lanzamentos de novos produtos do mar, representando en 2015 máis da metade do total de produtos (55,3%).

Posicionamento Ético – Envase Respectuoso co medio ambiente

Sen Glute

Todo Natural Baixo en/Sen Axentes Alérxicos Halal

Envase Práctico

Apto para microondas Baixo en/Sen Graxa

Ético - Animais

Calidade Superior

Medios sociais

Tempo/Velocidade

Ético – Produto Respectuoso co medio ambiente

Sen Aditivos/Conservantes

Facilidade de uso

Fonte: Mintel.

Porcentaxe de produtos de pescado segundo a categoría 2.238

2.061 1.857

1.785

1.719 1.478

1.440

1.492

1.453

1.207 872

2012 Conxelado

Fonte: Mintel.

8

1.008

2013 2014 Temperatura Ambiente

2015 Refrixerado

Os produtos de pescado conxelado ocupan a maior parte dos novos lanzamentos (40,8%) entre 2012 e agosto de 2016. Todas as categorías se viron en aumento nos últimos anos, sen embargo, os produtos de pescado refrixerado foi a que percibiu un maior incremento, dun 66,6%.


Informe de tendencias en produtos do mar

Marcas As marcas de fabricante son as que teñen maior actividade de innovación, sen embargo, as distribuidoras van recortándolle terreo. O número de lanzamentos de produto de pescado con marca de distribuidora incrementouse entre 2012-2015 nun 66,5%.

6,9%

7,6%

15,9%

16,1%

2014

2015

5,5% 4,5%

10,9%

2012

13,2%

2013 Distribuidor

Fabricante

Fonte: Mintel.

Top 10 marcas en 2015

A pesar de que os fabricantes presenten un maior volume de lanzamentos, no top 10 de marcas, as marcas brancas son as dominantes. 42

Cabe destacar a fabricante alemana Lidl que lanzou ao mercado no 2015 preto do 4% dos produtos baixo marcas como Sol & Mar ou Deluxe, entre outras.

39

A francesa Labeyrie foi a marca con maior actividade innovadora no 2015. Presenta unha ampla gama de produtos, dende pratos preparados, pratos de pescado, patés, aperitivos ou caviar.

35

35

32

32

30

28

26

25

Fabricante

Distribuidor

Fonte: Mintel.

9


Informe de tendencias en produtos do mar

Especies O salmón foi a especie máis empregada nos novos lanzamentos de produtos do mar ente 2012 e agosto de 2016 a nivel mundial. Entre as distintas variedades, o Salmón Atlántico foi a máis presente, cun 7,4% das innovacións, a cal se viu en incremento nun 144,2% nos últimos anos. A este seguiríalle o atún co 7,7% dos produtos. O eperlano, da familia tamén dos salmóns, é unha das especies que máis incrementou a súa presenza en novos produtos, cun aumento do 1.200%. Outros como a xarda do Atlántico (1.066,7%) ou as vieiras peruanas (700%) tamén se viron en aumento.

Gama de salmóns do Atlántico de Torclan, Italia.

Porcentaxe de especies máis empregadas nas categorías de pescado a nivel mundial (2012- 2016). Fonte: Mintel. Tilapia Abadexo Vieira Panga Mexillón Surimi Gamba Branca Merluza Salmón Atlántico Salmón Lagostinos Calamar Abadexo do Pacífico Bacallau Gamba

1,6% 2,0% 2,1% 2,5% 2,6% 2,9% 3,5% 3,5% 3,6% 5,0% 5,7% 5,9% 6,1% 7,0% 11,6%

Conxelado

1.000% Aumento da presenza do mexillón azul en conxelados, entre 2012-2015

Burro Troita Gamba Branca Xarda Cangrexo Calamar Surimi Anchoa Troita arcoiris Lagostino Gamba Bacallau Arenque Salmón Salmón Atlántico

1,4% 1,4% 1,7% 1,8% 2,0% 2,4% 2,4% 2,7% 3,1% 3,1% 3,7% 4,6% 6,4%

Ameixas Bacallau Salmón rosado Gamba Salmón Calamar Mexillón Arenque Atún branco Anchoa Atún de aleta amarela Xarda Atún Barrilete Sardiña 12,8% Atún 20,8%

Refrixerado

0,9% 1,0% 1,3% 1,7% 2,0% 2,3% 2,6% 2,9% 3,6% 3,9% 4,9% 6,6% 6,8% 11,1% 21,8%

Temperatura ambiente

Reino Unido: Tesco. Filetes de soia rebozados.

1.600% Aumento da presenza da xarda do Atlántico en conservas, entre 2012-2015

800% Suecia: Coop. Mexillón azul sen cuncha.

10

Aumento da presenza da soia en refrixerados, entre 2012-2015

Alemaña: Saupiquet Rio Mare. Filetes de xarda do Atlántico en salsa barbacoa.


Informe de tendencias en produtos do mar

TENDENCIAS Apostando pola sustentabilidade Os océanos están sufrindo unha perda masiva de biodiversidade a unha velocidade vertixinosa, onde a pesca xoga un papel decisivo. A sobrepesca así como o emprego de métodos de pesca destrutivos, pesca non selectiva ou a pesca pirata son algúns dos problemas existentes. A pesca sostible convértese nunha necesidade para poder conservar o medio mariño, polo que cada vez son máis as compañías que se suman a esta solución. Aquelas que continúan empregando métodos de pesca agresivos están no punto de mira da sociedade e de organizacións coma Greenpeace ou WWF. Unha das recentes campañas opta por concienciar aos consumidores sobre os impactos medio ambientais que isto supón así como promover a elección de produtos certificados con selos de sustentabilidade, como é o caso da campaña lanzada por WWF a finais do 2015, na que editaron unha guía destinada aos consumidores para saber como escoller o pescado sostible.

As cadeas de distribución tamén se suman a este tipo de iniciativas, coma WholeFoods USA só vende mariscos e peixes das pesqueiras que están certificadas coma sustentables polo Marine Stewardship Council (MSC) ou asignada unha cualificación verde ou amarelo por outras entidades independentes. Non vende ningún dos produtos do mar da categoría categorizados en vermello.

11


Informe de tendencias en produtos do mar

Todas estas campañas favorecen a que cada vez máis empresas se posicionen coma respectuosas co medio ambiente e se lancen ao mercado novos produtos con certificados sostibles. O número de lanzamentos de produtos de pescado co claim Ético e Ecolóxico está á alza nos últimos anos, con afirmacións como “Produto Respectuoso co Medio Ambiente”, “Envase Respectuoso co Medio Ambiente” e “Ético – Animais”. O MSC (Marine Stewardchip Council) é, sen dúbida, a certificación ambiental máis comunmente empregada para os peixes capturados na natureza, de conformidade coas normas ambientais de pesca.

Porcentaxe de lanzamentos de pescado con claims éticos

18,4%

20,1%

19,2%

14,1% 11,3%

12,6%

13,1%

9,1%

9,2% 8,4%

6,9%

2012

2013

7,7%

2014

2015

Ético - Produto Respectuoso co Medio Ambiente Ético - Envase Respectuoso co Medio Ambiente Ético - Animais

Fonte: Mintel.

Outros selos que certifican unha pesca sostible:

Declaracións sostibles

Bélxica: Boni Selection. Sardiñas procedentes dunha pesca sostible que respectan a poboación de peixes, o impacto ecolóxico, a política de pesca e o benestar animal.

12

Estados Unidos: Market Pantry. Mexillóns en salsa de curry. Contan co certificado Best Aquaculture Practices.

Reino Unido: Artic Royal. Bacallao con orixe nas zonas de pesca con certificado MSC. O fabricante afirma que os seus produtos son de fontes responsables e que protexe o ecosistema mariño circundante.


Informe de tendencias en produtos do mar

A trazabilidade e a orixe coma valor A trazabilidade

España: La Tarifeña. Filetes de xarda. IGP Caballa de Andalucía. Alimentos de Andalucía.

Existe unha demanda dos consumidores de información transparente, atractiva e próxima mediante a incorporación ou asociación de mensaxes e historias aos produtos alimentarios. Esta mensaxe aporta un valor engadido inconfundible a produtos, marcas e fabricantes. No caso de produtos do mar ten un valor especialmente destacado ao asociarse non á autenticidade e á sustentabilidade dos produtos. A política europea de calidade permite protexer a orixe, en Europa hai actualmente 53 denominacións de orixe certificadas de produtos do mar.

13 13

Existen xa varios sistemas que permiten valorizar peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal, marcando e trazando de forma individual cada unidade que se comercializa. É, ademais, unha potente ferramenta de marketing dos pescados e mariscos etiquetados. Con este sistema os produtos pesqueiros quedan identificados baixo unha imaxe ao longo de toda a cadea comercial, favorecendo o seu recoñecemento no mercado e creando valor engadido dende a orixe. O consumidor final pode comprobar a procedencia do produto e o resto das características a través dunha web desenvolta para este fin. A aparición das tecnoloxías dixitais de rastrexo combinado co alto uso dos teléfonos intelixentes por parte dos consumidores crea novos métodos de procura ao instante da procedencia dun produto na tenda antes de compralo. Algunhas empresas están empregando o método “Track and Trace”, códigos QR que dan acceso aos consumidores para consultar os produtos de orixe.

13


Informe de tendencias en produtos do mar

Orgánico e bio Na categoría de pescado e marisco, a afirmación “orgánico” incrementouse nos últimos anos, acadando unha presenza en torno ao 3% dos produtos lanzados en 2016. Aínda que esta porcentaxe non é moi representativa, é moi probable que aumente a súa presenza nun futuro debido ao desenvolvemento de novos e innovadores produtos por parte dos principais procesadores de pescado sostible. O logotipo da Folla Verde da Unión Europea identifica a esta categoría de produtos, indicando que o produto está en conformidade coas condicións e regulacións establecidas .

Alemaña: Followfish. Dous filetes naturais de salmón de acuicultura orgánica. Véndense nun envase reciclable cun código e os logotipos de FSC, Debio e a Folla Verde da UE. O fabricante indica que o pescado provén de pesca sostible.

As novas normas tamén inclúen a produción mediante acuicultura orgánica de peixes, moluscos e algas, establecendo condicións en toda a Unión Europea para o medio, a densidade máxima de peixe e alimentación. A biodiversidade debe ser respectada en todo momento.

Suecia: Garant. Filetes de bacallau empanado. O produto de Krav-certificación faise con pescado capturado con cana. Conta co logotipo FSC, Garantía Ambiental Domstein, MSC e código QR.

En Alemaña, esta tendencia xa acada unha presenza do 10,6% dos produtos lanzados entre 2012 e xullo de 2016, esperando que se estenda ao resto de países.

1 de cada 3 Consumidores alemáns afirma que orgánico é unha cualidade importante á hora de mercar este tipo de produtos

Deutsche See é a empresa líder en Alemaña neste mercado, xa que apoia a piscicultura sostible e ética coa súa gama de produtos orgánicos que consisten exclusivamente en peixes e mariscos de piscifactorías orgánicas.

14


Informe de tendencias en produtos do mar

Natural e saudable Co incremento do interese pola saúde, o benestar e a preocupación pola calidade dos ingredientes alimentarios, que transmiten unha mensaxe máis san aos consumidores, as afirmacións naturais resoan ben entre os consumidores preocupados pola saúde . As afirmacións con maiores porcentaxes no lanzamento de produtos en 2015 foron “sen aditivos/ conservantes”, “todo natural” e “baixo en/ sen graxa”. Comparando o 2012 e o 2016, destacan os incrementos das afirmacións “libre de hormonas” (47%) e “baixo en/ sen calorías” (23%).

Top afirmacións

1,7% 3,4% 3,4% 2,7%

1,8%

1,5% 3,1%

3,7%

3,3%

2,9%

3,0%

3,2%

13,5%

14,4%

2012

2013

16,2%

15,0%

2014

2015

Baixo en/Sen Graxas Trans

Libre de OMG

Baixo en/Sen Graxa

Todo Natural

Nova Zelanda: Sealord. Filetes de pescada con textura zumenta e crocante. Son fonte de omega-3 e non contén conservantes nin colorantes artificios.

Sen graxas

Francia: Fleury Michon. Surimi con 0% de graxa.

2,9%

4,1%

Sen Aditivos/Conservantes

Sen aditivos/ conservantes

1,8% 2,2%

Fonte: Mintel.

Baixo en Sodio

Estados Unidos: StarKist. Atún baixo en graxa, colesterol e en sodio recomendado pola American Heart Association.

Coa obesidade infantil en aumento, marcas estadounidenses como Dr. Praegers encontran que é fundamental ofrecer alternativas de alimentos saudables para nenos.

Estados Unidos: Dr. Praeger’s Sensible Foods Kids. Sticks de abadexo de Alaska, libres de glute, totalmente naturais e sen graxas saturadas, sen graxas trans e baixos en colesterol.

Polo tanto, anímase aos vendedores a centrarse nos beneficios nutritivos dos seus produtos e comunicalo con claridade no envase, para que os pais se sintan cómodas coas súas compras.

15


Informe de tendencias en produtos do mar

Saúde activa O consumidor de hoxe é cada vez máis esixente cos alimentos, espera máis deles; ademais de que sexan de calidade, que coiden a súa saúde (coa mellora no valor nutricional) e melloren o seu benestar. A industria alimentaria responde a estas expectativas destacando na comunicación os nutrientes máis significativos ou creando uns alimentos máis sans coa reformulación de moitos outros cara a ese mesmo fin.

Alto en proteínas

Francia: Fleury Michon. Kids. Surimi recheo de queixo. Fonte de proteínas.

Rico en Omega 3

España: Angulas Aguinaga. Polbo cocido. Fonte natural de ácidos graxos Omega 3 e Alto en proteínas.

Rico en Omega 3

Reino Unido: Glenryck. Sardiñas en tomate. Alto contido en Omega3 que axuda a manter a función normal do corazón. Inclúe semáforo nutricional no frontal da etiqueta.

Etiquetado limpo Mais aló da saúde os consumidores europeos cada vez prestan máis atención á composición dos produtos alimentarios que compran e tamén a como se comunica esta no envase. Prefírense alimentos máis naturais, menos procesados e elaborados con ingredientes de orixe natural que contribúan a unha etiqueta limpa. Como se indicou, evitar os aditivos converteuse ademais nunha prioridade para moitos consumidores e valórase a transparencia así como valores artesanais dos alimentos e bebidas. Os fabricantes de alimentos e bebidas déronse conta da importancia deste fenómeno Clean Label e moitos deles están a situar os seus novos lanzamentos nesta tendencia.

16

Dinamarca:Larsen Pure .Gama de produtos sen glute, sen lactosa, sen colorantes, sen sabores artificiais ou potenciadores do sabor.


Informe de tendencias en produtos do mar

Novos sabores Os sabores asociados con China, India e Vietnam están a estenderse no mercado occidental. Algunhas marcas están cambiando o seu foco cara unha maior variedade de sabores específicos e de cociñas rexionais de Asia. Os sabores picantes tamén se están a incluír nos novos lanzamentos deste tipo de produtos, reflexando a influencia tanto de Asia como de Latinoamérica. As marcas que están a experimentar con este tipo de sabores intentan destacar resaltando a procedencia e a variedade dos chiles. Estas innovacións realízanse co obxectivo de chamar a atención dos millenials, os cales son máis arriscados á hora de experimentar coas diferentes opcións de alimentos e bebidas.

Afumados

A marca Jonh West lanzou unha nova gama de conservas de xarda empregando sete tipos diferentes de salsas exóticas como por exemplo salsa teriyaki, korma, con chile ou ao estilo mexicano.

Aderezos

Os sabores afumados están a gañar maior espazo no retail. Estes produtos tamén se están a converter máis específicos en termos da madeira empregada para outorgarlle ao produto o sabor afumado que se busca.

Canadá: High Liner. Filetes de linguado rebozados e aderezados con limón e pementa.

Nova Zelanda: Sealord. Atún sabor afumado, preséntase con galletas para un aperitivo saudable.

España: Isidro. Filetes de lubina ás finas herbas para preparar en poucos minutos no forno ou o microondas.

17


Informe de tendencias en produtos do mar

Conveniencia A comodidade segue sendo o motor clave para a innovación. Os consumidores buscan produtos que lles faciliten cociñar e aforrar tempo na cociña. Os formatos máis comúns para os produtos de pescado son as bandexas así como bolsas flexibles listas para quentar no microondas ou no forno.

Reino Unido: The Saucy Fish Co. Presentan unha gama de produtos de pescado preparados en distintas salsas, listos para quentar no microondas, en diversos formatos, tanto en bandexa como en bolsa. Nos envases empregan reclamos como “sen contacto, sen olor, sen problemas” ou “listo para gozar”.

Facilidade de emprego A reivindicación de facilidade de emprego estivo presente nunha quinta parte dos lanzamentos e mostrou certo crecemento dende 2011. A empresa John West, con sede en Reino Unido, comercializadora de produtos de pescado, lanzou novos envases con deseños innovadores fomentando a facilidade de emprego, apertura e conservación.

A empresa alemá Feinkost Reich presenta unha gama de cremas de pescado ideais para canapés ou para condimentar numerosos pratos. Conta con variedades de pasta de anchoas, salmón, arenque e bacallau, con distintos sabores.

18


Informe de tendencias en produtos do mar

Formatos convenientes

España: Angulas Aguinaga Krissia de Alaska lanzou uns paliños de surimi que poden estar fóra da neveira durante 8 horas, facéndoos ideais para fiambreiras e picnics. Son ricos en proteínas e fonte natural de ácidos graxos omega 3.

Australia: John West. Snack de atún “tuna to go”, produto a base de atún con snacks pensado para comer en calquera sitio. Non precisa cociñado.

Reino Unido: Young's. Filete de bacallau con allo, herbas e tomate, en bolsa, que permite cociñalo directamente e asegura que o produto conserve as súas propiedades.

Os snacks de pescado son outra das tendencias, con formatos on the go, individuais para comer en calquera momento.

España: FishSnack’s. Savia Natura é unha empresa dedicada á elaboración de snacks derivados de peixe. Contan cunha gama de produtos de tiras de pel de bacallau fritos en aceite vexetal alto oleico con distintos sabores: wasabi, orixinal, curry, barbacoa, ao punto de sal, oriental picante e mediterráneo. Actualmente están investigando outras liñas con novas especies coma a sepia e lura.

Recentemente lanzaron outra gama “Fish and Chips”, con tiras de pel de bacallau e maruca fritos en aceite de xirasol con patacas fritas.

19


Envases innovadores As empresas están innovando entorno aos envases para facilitar o emprego destes así como poder alongar a vida útil dos produtos. En Francia, a empresa Food Partners, deseñou un envase atendendo as necesidades dos consumidores, como é a conveniencia. Este envase, apto para o microondas, presenta unha válvula integrada na película de plástico da bandexa que pita cando o prato está no seu punto. Un concepto innovador que permite conservar a calidade do sabor.

Francia: Food Partners. Filete de linguado patacas e gambas.

con

Maior vida útil

Marks & Spencer é o primeiro minorista en Reino Unido que conta co packaging innovador Halopack®. A gama de pescados conxelados e refrixerados Fish & Chips, lanzados ao mercado a mediados do 2015, preséntanse nun envase de cartón sostible e recuberto con papel de periódico. Conta cunha barreira EVOH que estende a vida útil do produto.

20

A empresa americana Pier Fish Company, Inc. emprega o sistema ao baleiro Darfresh® que permite aos minoristas comprar o pescado conxelado, logo desconxelalo e vendelo fresco, todo no mesmo embalaxe. O envase presenta un sistema que permite purgar a auga do desconxelado. Desta forma esténdese a vida útil mantendo a frescura do produto envasado.


Informe de tendencias en produtos do mar

Conservas con estilo Cada vez son máis os produtores de conservas que se unen á moda de envases con estilo vintage. A nostalxia polo pasado segue facendo que todo aquelo que transmite un aire retro triunfe entre os produtos de alimentación e bebidas.

Neste senso, o produto cun packaging “de toda a vida” pode atraer a consumidores que normalmente se decantan por un produto máis alternativo ou diferente. Este tipo de envases reforza así a idea de que se trata dun produto que mantén a calidade de antano.

Portugal: Bom Petisco Sabores. Atún en aceite virxe extra e orégano.

Portugal: Minerva. Sardiñas portuguesas sen pel e sen espiña en aceite picante.

Francia: Conserverie La Belle-Iloise. Sardiñas en aceite de oliva.

Filipinas: Porthos. Sardiñas portuguesas en aceite vexetal picante.

21


Informe de tendencias en produtos do mar

Premium, produtos de calidade superior Os consumidores son cada vez máis esixentes, polo que os produtos Premium teñen cada día mellor acollida no mercado. Reflexo disto foi o continuo incremento de lanzamentos que experimentaron os produtos desta categoría, pois dende xaneiro de 2012 ata agosto de 2016, as innovacións en produtos Premium aumentaron nun 22,5%. Calidade Superior é, dentro da categoría Premium, a afirmación que conta con maior número de referencias mais a que experimentou un crecemento superior foi Edición Limitada.

2.086 produtos Calidade Superior é a afirmación máis empregada na categoría Premium

Europa é a zona onde se lanzan máis produtos de pescado cualificados como Premium, xa que algo máis da metade das innovacións foron levadas a cabo nesa rexión (51,2%).

Reino Unido: John West Reserve. Colaboración co famoso chef James Martin para crear unha nova gama de receitas saborosas utilizando a súa gama Salmon Reserva Vermello.

Croacia: Adriano. Sardiñas Premium en aceite con limón. O produto está libre de glute, aditivos e conservantes. Contén ácidos omega 3 e véndese nun envase de fácil apertura.

Australia: Superior Gold Connoisseur Cuts Smoked Salmon. Porcións de salmón afumado australiano do atlántico, de alta calidade. Curado lentamente en sal mariña da zona e azucre de Bundaberg, antes de ser afumado.

22


Informe de tendencias en produtos do mar

A nova dimensión dos produtos gourmet Para facer os pratos de pescado máis convenientes, os produtores están agregando cada vez máis valor aos produtos frescos do mar, mentres manteñen as propiedades naturais con novos métodos de conservación e presentación. Asemade, os produtos resaltan a frescura e calidade con envases con fiestras e deseños premium.

Karmøy Laks é un produtor ben respectado do salmón noruegués Premium. No perfil da empresa afirman: "Non pode ser máis especial e non se produce en calquera outro lugar, usando métodos antigos, tradicionais receitas e elaboración artesanal”. Nesta liña de diferenciación redeseñou o embalaxe.

Pittman lagosta Chez Vous é pescado ao longo da costa canadiense, é tratada con auga de ultra alta presión logo da pesca, e conxelados rapidamente. Con esta nova técnica, a lagosta preserva a súa textura e sabor de lagosta fresca e pódese preparar doadamente.

Outro bo exemplo de adaptación é o packaging presentado pola empresa francesa de ostras Seven. O envase contén un pack de sete ostras de cultivo orgánico de alta calidade, nunha caixa de madeira cun deseño diferente e innovador. O produto foi premiado con Seafood Prix d’Elite, premio especial á saúde e á nutrición.

23


Informe de Competencia de Tendencias de Consumo de Produtos Alimentario do Mar  
Informe de Competencia de Tendencias de Consumo de Produtos Alimentario do Mar  
Advertisement