Issuu on Google+

Ecuador Ecuador é un país situado na parte noroeste de América do Sur e cruzado polo ecuador, que lle dá o seu nome. Limita ao norte con Colombia, ao sur e ao leste con Perú, e ao oeste co Océano Pacífico.

A bandeira de Ecuador consiste en bandas horizontais de cor amarelo (dobre ancho), azul e vermello.

O país ten unha extensión de 256.370 km e unha poboación de máis de 14 millóns de habitantes.

División administrativa.


Ecuador ten 24 provincias, divididas en cantóns, que se dividen en parroquias. As ciudades máis importantes son: Quito (a súa capital), Guayaquil (a cidade con máis poboación)

Quito

Guayaquil

Economía Ecuador é un país con grandes recursos naturais, de explotación aínda moi insuficiente. Pese ao crecemento das exportacións de petróleo o país segue sendo básicamente agrícola e gandeiro. Un sector con importantes posibilidades e ata o de agora pouco explotado , é a pesca.

Refinerías en Esmeraldas

Dende o ano 1998 a 2002 o Ecuador atravesou unha grave crise económica, que provocou que o Sucre (a antiga moeda ecuatoriana) se devaluara a niveis nunca antes presentados, provocando a sua desaparición e que o país adoptará como moeda válida o dólar americano. Esta medida afectou directamente a á clase máis desfavorecida da sociedade, provocando o crecemento dos niveis de pobreza e indixencia e incrementando o desemprego no país. Gran parte dos ecuatorianos optaron por emigrar a varios países de Europa e a os EEUU.

Rexións naturais: Ecuador presenta tres grandes rexións claramente diferenciadas:


A llanura costeira: é unha llanura que dende a fronteira de Colombia á de Perú, exténdese ao longo de 800km abarcando unha superficie de 80000km2 , surcadas por unha serie de alturas que se elevan de 500 a 700m, e cuxas ramificacións alcanzan o litoral. A rexión andina: Os Andes penetran no Ecuador bifurcados en dúas cadenas. Entre ambas cadenas exténdese unha meseta moi elevada que os ecuatorianos denominan “la sierra”. A cuenca do río Amazonas: constituída por unha serie de escabrosas montañas e escarpados desfiladeros polos que se despeñan numerosos e caudalosos torrentes.

O punto máis alto do Ecuador é o volcán Chimborazo, con 6313 m e cuxa cima é o lugar máis lonxano ao núcleo da Terra debido á forma elíptica do planeta.

Clima Debido a presenza da cordilleira dos Andes e según a influenza do mar, o Ecuador continental atópase climatoloxicamente fragmentado en diversos sectores. Ademáis, a causa da súa ubicación ecuatorial, cada zona climática presenta só duás estacións definidas: a húmeda e a seca, chamadas erróneamente «inverno» e «verán» respectivamente. O clima ecuatoriano é, en xeral, caluroso e subtropical. As temperaturas promedian en xeral van desde os 0° C nas cimas dos Andes ata máis de 30° C na Costa, Galápagos e as llanuras da Amazonía.

Flora e fauna Posúe unha rica flora e fauna, polo que se encontra dentro da lista de países megadiversos. Ao Norte da provincia de Esmeraldas nun lugar coñecido como Majagual, encóntranse os manglares máis altos do mundo.


Gastronomía A gastronomía ecuatoriana ten características comúns ás demáis da costa do Pacífico sur americano: abundantes sopas e emprego de millo. Entre os pratos máis típicos figuran os llapingachos (tortillas de puré de patacas recheas con queixo raiado e cebola).

Turismo Ecuador, tamén chamado “o camino do sol”, é un territorio no que contrastan densas selvas, montañas de picos nevados e cálidas praias. En Ecuador están as praias más amplias do Pacífico sur: por exemplo Salinas, que é o principal centro turístico do país (regatas e veleiros). No itinerario das ciudades destaca Quito, coa súa parte colonial e cargada de tesouros artísticos e xoias precolombinas. Para os namorados da natureza, é obrigado a viaxe ás illas Galápagos, pois ofrecen a máis rica e extraña flora e fauna do mundo. Son famosas as súas tartarugas xigantes.

Música.

Me estás matando da banda ecuatoriana starquad.

Me estas matando - Starquad.mp3


ECUADOR