Page 40

36

Ma Jesús Botana Vilar

rativa deste grupo social, especialmente porque recaía sobre eles a acusación de deicidio (cfr. Partidas, VII, Título XXIV, Introducción e Ley I), o que aparece claramente na representación visual da Crucifixión da CSM 140 (viñeta 5); así mesmo, na mentalidade medieval tamén son asociados a crimes rituais, a maxia e as crenzas supersticiosas (Cfr. Partidas, VII, XXIV, II), e caracterizados pola súa usura e falsidade. Exemplos de todo isto non faltan no cancioneiro, pero tamén hai casos de reconversións (CSM 025; 085; 089; 107). En conclusión, todos os personaxes que funcionan como antagonistas son instrumentalizados polo demo para sementar e espallar o mal e a discordia entre os homes, á vez que favorecen o xermolo da coita, ca os diabos son monteyros de Deus, segund’ Escritura (392:8)49 . Pero tamén é certo que serven para exaltar aínda máis os milagres marabillosos de María e os beneficios da crenza cristiá. Sen embargo, será a Regina mundi, a Madre d’ Adonay a que, mediante a forza redentora do amor, libere os homes do fatídico camiño a que conduce o pecado, pois como auxilium christianorum que é foi chamada Ficella Moysy (...) e desta jaz escrito en libro Genesy que seu fruito britas[s]’ o dem[o] brav’ e felon (270:34, 36-37). E por iso mesmo os pecadores acoden ao seu amparo para protexerse do dem’ en que todo mal jaz (074:31), daquel que é o máximo xerador da coita humana, que manipula e tenta bifurcar os camiños da peregrinaxe cristiá, tal e como recoñece, por exemplo, a moller que queria fazer amadoiras a seu amigo, cando suplica a María, “Sennor de prez, / non cates a meu pecado que mi o demo fazer fez” (CSM 104:63); ou tamén nalgunhas das cantigas de loor, en que ben Afonso é o que solicita para si mesmo, ou para todos os homes (350, 401, 414), que nos defenda do dia’ e de sas tentações (085:60) porque sabe que é enganador (356:9), que está chẽo de mal e arteiro (067:36) e que nos agasalla coa coita mayor (350:23).

49 Metáfora que para nós pode ser susceptíbel de dúas interpretacións: a primeira, e tendo en conta a primeira acepción que aporta o Diccionario de Autoridades, IV, p. 1734, s. v. montero, “El que busca, y persigue la caza en el monte, o la oxea hácia el sitio en que la esperan para tirarla”, cremos que fai referencia a que o demo está sempre espreitando as súas presas para atacalas e levalas ao inferno; a segunda, relacionada coa acepción de ‘oficio honorífico’, pode suxerir a idea cristiá do concepto do demo como o ‘señor das tebras’ ou o ‘rei dos infernos’, o que desde o seu ponto de vista se identifica co ter a honra de ser o gran inimigo de Deus.

www.clepul.eu

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

Profile for clepul
Advertisement