Page 38

34

Ma Jesús Botana Vilar

chus negros que Satanas. . . (185:2)38 . E outro dos casos é o do uso de Locifer, onde se insiste na grande victoria do Reino do ceo sobre o das Tebras: Non devemos por maravilla tẽer / d’ a Madre do Vencedor sempre vencer (027:R). Pero atopamos tamén as designacións de dragon (< lat. draco < gr. δραχων)39 , proviço40 , maestre (lat. măgĭster, -tri) ‘maestro, médico, maestre’, ‘diestro, entendido’41 e sennoria (der. de sennor < lat. sĕnior, -ŏris, comparativo de senex ‘anciano’) 42 . A primeira relaciónao coa animalidade e brutalidade, pois o dragon é interpretado “esencialmente como un guardián severo o como un símbolo del mal y de las tendencias demoníacas (. . . ) se identifica con la serpiente”43 ; a segunda, coa idea da sabedoría ligada ás súas mañas e capacidades estratéxicas para o engano; e a terceira, relacionada coa idea de ser o señor que tenta exercer o poder na terra e conducir os cristiáns ao inferno (antítese do Paraíso), ou reino dos mortos no que só hai escuridade (hebr. sěol, no AT en 65 ocasión) 44 . E non podemos esquecer o papel de mescrador que o demo asume en CSM, así como aqueles personaxes que por antonomasia son identificados como secuaces do maligno na xeración do mal e da controversia e, por tanto, actuando como os cousidores da lírica profana. En CSM aparecen ambas familias 38 Como Santa Maria amparou o castelo que chaman Chincoya dos mouros que o querian fillar (185:Rúbrica). 39 DME, p. 973, s. v. draco, dracho, drago, dragon [Martín Alonso, Diccionario medieval español. Desde las Glosas Emilianenses y Silenses (s. X) hasta el siglo XV (2 vols.), Universidad Pontificia de Salamanca, 1986]; Diccionario de Autoridades, III, 1732, onde se define como ‘Serpiente de muchos años, que con el tiempo crece, y tiene un cuerpo grande y gruesso’. 40 Voz certamente curiosa que segundo Joseph M. Piel provén do lat. PRO -VIDĒRE na acepción literal ‘ver diante de si’, que entraría na lingua a través dun derivado en -ĪCIU (*PROVĪS -ĪCIU ou *PROVID -ĪCIU). Vid. Piel, “Um problema de demonologia linguística: gal. proviso, port. proviço, cast. provizo ‘diabo’mais proviceiro / provicero ‘feiticeiro”’, Verba 5, Universidade de Santiago de Compostela, 1978, pp. 5-11. 41 CGC, II, p. 787, s. v. maestre, meestre, maestra; Teresa García-Sabell, Léxico francés nos cancioneiros galego-portugueses, Vigo, ed. Galaxia, 1991, p. 238, s. v. mestre, maestre, meestre. 42 CGC, II, p. 1184, s. v. senor, senhor, señor. 43 Jean Chevalier, J., Alain Gheerbrant, Diccionario de los símbolos [traducción de M. Silva e A. Rodríguez], 8.a ed., Barcelona, ed. Herder, 2007, p. 428, s. v. dragón. 44 Diccionario de la Biblia, op. cit., p. 1828, s. v. sěol. Ofrécese unha completa descrición do sěol na p. 1829. Para a conformación do inferno como un lugar relacionado coa idea de remuneración e consecuente compartimentación dos bos e os maos, vid. pp. 899-901.

www.clepul.eu

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

Profile for clepul
Advertisement