Page 36

32

Ma Jesús Botana Vilar

verbal como pictórico, vemos o triunfo da Virxe sobre o demo. Nunha estrutura de rondel, coa inserción de e per esta maneira en cada quinto verso para incidir nesa derrota, e o paralelismo conceptual continuado no sexto verso de cada estrofa (o demo destroiste. . . jaz o demo na grade. . . ten o dem’ en vessadre. . . jaz o demo nas pallas. . . jaz o demo na lama), lógrase focalizar semanticamente na idea de que ela é a fonte do ben, el a representación do mal; ela é a vida, el a morte; ela é o celestial, o cristián é o terreal, o demo o infraterreal; e, así mesmo, tamén se logra a descalificación total da figura deste mediante o uso de metáforas construídas con vocábulos e expresións de carácter popular. O diabo aparece deseñado en forma humanoide pero con cornos e coa típica cor escura para realzar a súa bestialidade e fealdade. Efectivamente, a figura do demo vén acompañada ao longo do cancioneiro por trazos pexorativos ou calificado polas súas accións deshonestas, e disto dan conta gran cantidade de expresións34 . Ademais, todas as actividades relacionadas co demo connotan esa firme tendencia a ‘interferir para causar coita’ no cristián: enartar, nozir, tentar, aguillar, fillar, fillar atrevemento, matar, non dar lezer, querer espantar, tentar, mal obrar, pagar-se pouco de virgĩidade, assannar-se, fazer enfermar, torvar, levar a sas barreiras, revolver, meter en tentaçon, traballar per como o enganar, tormentar, domar, mal bailir. Outra das características do demo son os seus olores fétidos, especialmente o relacionado co suffre, aspecto que o liga cos xudeus, pois estes olen mal porque están desprovistos da unción do crisma no bautismo. Por tanto, o olor converterase nun elemento adicional de oposición entre xudeus e cristiáns35 . 34

O demo sen vergonna (007:8); denodado demo (011:94-95); demo tal come pez (219:33); demo mao, negro chus ca pez (298:65); demo...chus negro ca pez (068:44); demo mais negro ca pez (044:77); gran sabedoria que eno demo jaz (047:5-6); tomador de almas e de corpos (298:67); peor que can (298:70); peor que golpello (237:53); demo mayor (017:25); demo mui festỹo (026:29); demo arteiro (047:19); demo chẽo de mal e arteiro (067:36); demo falss’ e de sas falsidades (067:87); demo mais feo d’outra ren (074:10); demo malvaz (082:39); demo enganador (096:19); o demo de mal chẽo (115:120); mai-lo demo mui sotil (115:286); o demo chẽo de enveja (184:22); Assi que do demo felon (239:83); diaboo. . . que é nossa contralla (178:49); diaboos, uus negros e outros cornudos (119:34); diabo... e de ssa perffia (222:53); diabo chẽo de traiçon (284:43); diabo felon (298:31); o diabo, que trilla (343:16); diabo que sempre punna de nos meter en errores (384:28). 35 Lembremos que o mesmo Xesucristo foi identificado como un Ser de natureza aromática (CSM 419:81-83; 128:52-55), o que está directamente relacionado co olor de santidade, indicio ‘tanxíbel’ daqueles que gozan dunha enerxía ou forza (virtus) que só posúen os homes máis

www.clepul.eu

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

Profile for clepul
Advertisement