Page 33

A figura maléfica do demo nas «Cantigas de Santa Maria»: o ‘magicus’ versus o ‘miraculosus’

29

Figura 1. – CSM 010, Códice Rico, Escorial T.I.1., viñetas 5 e 6, f. 18r27

Esta excelencia de María fronte ás demais mulleres terreais materializarase a través da paronomasia Ave/Eva que adoptará múltiplas fórmulas expresivas en CSM, pero de maneira xeral AVE simbolizará a pureza e a alegría en plenitude, e EVA o resto das mulleres, proclives por natureza a ser pecadoras28 . Aínda que a manifestación hierofánica de María é posíbel grazas ás virtudes especiais, goyos, que o seu Fillo lle brinda (CSM 001), tamén o é que a exerce por libre vontade e decide cando e como debe intervir perante Jhesu-Cristo, o Sennor dos sennores (257:26; 370:5). É por iso que na Petiçon, cantiga persoal do rei-trobador, este, consciente do papel mediador da Virxe adquirido polas súas merçees, solicítalle que Deus na terra mi acorra en mias coitas (401:98) e quando for alá / no parayso, veja / a ti sempr’ (401:96-97); na mesma composición, Afonso tamén recoñece que o auténtico poder procede de Deus (401:91-94). Máis alá do xogo poético, podemos presupor o palpábel influxo desa percepción negativa da muller ao longo do medioevo e presente noutras obras afonsinas, pois a súa fraxilidade e inferioridade convertíaas nun 27 Todas as imaxes das Cantigas de Santa María reproducidas ao longo deste traballo proceden da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. 28 Dicotomía presente en varias composicións de loor: 040:30-32 (da mui gran locura / que fez Eva, e vencisti / o que nos vencia); CSM 060 (Entre Av’ e Eva / gran departiment’ á); CSM 320 (Santa Maria leva / o ben que perdeu Eva); 340:18-20 (que perdeu por sa loucura / Eva, que tu, Virgen pura, / cobraste porque es alva).

www.lusosofia.net

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

Profile for clepul