Page 30

26

Ma Jesús Botana Vilar

para designar o ser maligno por excelencia: demo (< lat. daemon ‘un espíritu, un genio’; ‘demonio, ángel malo, el genio del mal’ < gr. δαµων) “expresa originariamente potencia sobrehumana, y, consiguientemente, también incluye lo divino; pero, en la fe popular griega, demonio indica los espíritus malos. . . ”)19 e diabo (< lat. dĭăbŏlus ‘el diablo, el espíritu de la mentira’ < gr. διαβoλoς ‘calumniador’, ‘acusador’)20 . É no NT onde se inclúen os demos na esfera da moral, na loita contra Deus e o seu reino, e onde os homes se liberan do temor aos diabos por medio da fe21 . A designación máis usada, tanto na lírica profana como na mariana, é demo, aínda que existen outras formas ao longo da Idade Media como diabo, diaboo, diabre, diabro, diablo22 . En CSM, e dentro do campo semántico do sufrimento, é moi produtiva a presenza desta familia léxica, especialmente a forma demo23 : • Demo [292 – 0,038%] 010:22, 020:39, 090:9, 090:16, 090:30, 090:37, 160:21, 160:23, 170:22, 190:3, 210:28, 270:10, 270:37, 280:12, 350:22, 360:12, 19

Cfr. Ramón Lorenzo, CGC, II, p. 433, s. v. demo ‘diablo’: La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla (2 vols.), vol. II: Glosario, Orense, Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”, 1977; João Pedro Machado rexistra as formas demo e demónio, DELP, II, p. 299 (s. v. demo, datado no séc. XIII) e p. 300 (s. v. demónio, cuxo primeiro rexistro o data no séc. XV): Dicionário etimológico da língua portuguesa, Lisboa, ed. Confluência, 1952; Joan Corominas, José Antonio Pérez Pascual, DCECH, vol. II, p. 441, s. v. demonio: Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, 6 vols., Madrid, ed. Gredos, 1991; A. Blánquez Fraille, I, op. cit., p. 515, s. v. daemon, onis. 20 Lorenzo, CGC, II, p. 481, s. v. diaboo, diabre ‘diablo’; DELP, II, p. 332, s. v. diabo (o primeiro rexistro dátao no séc. XIV; DCECH, II, p. 486, s. v. diablo, onde propón o mesmo étimo e di que o grego δαιβoλoς ‘el que desune o calumnia’ procede de διαβαλλειν ‘separar, sembrar discordia, calumniar’; A. Blánquez Fraille, I, op. cit., p. 565, s. v. dĭăbŏlus, i. 21 Máis información sobre isto en Haag et al., Diccionario de la Biblia, Barcelona, ed. Herder, 2005, pp. 450-453, s. v. demonio, p. 467, s. v. diablo. Tamén en J. Burton Russell, El Diablo. Percepciones del mal, de la Antigüedad al Cristianismo primitivo, Barcelona, Laertes, 1995 [especialmente interesante o capítulo 6, “El diablo en el Nuevo Testamento”, pp. 222-249]. 22 Para a produtividade de todos estes termos ao longo da Idade Media, pode consultarse a base de datos TMILG [http://ilg.usc.es/tmilg/]. 23 Os datos presentados resultan dun traballo previo de transcrición de todo o corpus, a partir do texto de Mettmann, e a posterior codificación para poder traballar a partir do programa Unitex.jar. Isto permítenos non só procurar calquera vocábulo, indicándonos cantiga e verso, senón que nos aporta o número total de aparicións e a porcentaxe de uso dentro do devandito corpus.

www.clepul.eu

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

Profile for clepul
Advertisement