Page 26

Ma Jesús Botana Vilar

22

e habilitaron para o sentido orixinario outros termos como admiror8 . Magicus procede da voz latina măgĭcus ‘propio de o perteneciente a la magia’, ‘mágico’, e esta do grego magikós9 . A lingua da Igrexa fixou miraculum (‘cousa asombrosa’) como ‘prodixio, milagre’ e tamén posibilitou o uso de mirabilis (‘que se pode contemplar con admiración’), e en particular o do plural mirabilia. Entendemos, como Le Goff, que a diferenza fundamental entre mirabilis e miraculosus está en que as ‘marabillas’ supoñen unha multiplicidade de forzas e os ‘milagres’ teñen un autor único que é Deus. Neste sentido, afirma tamén D. Kuntsmann que “La merveille est le miracle (. . . ), c’ est-à-dire suivant la définition scolastique ‘ce qui est effectué par Dieu en dehors des causes qui nous sont connues’ (illa quae a Deo fiunt praeter causas nobis notas miracula dicuntur)”10 . No caso do cancioneiro afonsino, veremos como magicus aparece ‘relacionado co sobrenatural maléfico, satánico’, isto é, as más artes do demo, e mirabilia-miraculosus como feitos procedentes dunha forza híbrida resultante de Deus e María11 . E neste espazo do magicus é onde ten o seu foco de acción o demo, figura que non só funciona como antagonista daquela que é refugium peccatorum e advocata (guarda do peccador, CSM 350:46), senón tamén como eixo vertebrador da dor, xa que unha vez que sementa a tentación no home, xermola nel o pecado e condúceo á autodestrución. O noso trobador expresa o amor pola súa dama xogando cos clixés formais da cantiga de amor e fusionándoos nunha espléndida harmonía conceptual coa teoloxía. No noso cancioneiro o poeta pode amala e servila sen prexuízos porque sabe que nunca vai ser rexeitado pola Regina Coelorum e que aqueles temores e reticencias que xurdían na cantiga de amor non se manifestarán, polo menos causados pola sennor. Ora ben, o que a Fror das frores nunca sexa 8

Mercedes Brea, “Milagros prodigiosos y hechos maravillosos en las Cantigas de Santa María”, Revista de Literatura Medieval, V, Madrid, Universidad de Alcalá, 1993, pp. 48-49; A. Blánquez Fraile, Diccionario latino-español, 3 vols., Barcelona, Ed. Ramón Sopena, 1982, II, op. cit., p. 1052, s. v. mīrābĭlis, p. 1053, s. v. mīror, mīrus. 9 A. Blánquez Fraile, II, op. cit., p. 1007, s. v. măgĭcus. 10 Pierre Kuntsmann, Vierge et merveille. Les miracles de Notre-Dame narratifs au Moyen Âge, Paris, Seuil, 1981, pp. 12-13. 11 Para máis información sobre este aspecto pode consultarse Mercedes Brea, “Milagros prodigiosos. . . ”, op. cit., pp. 47-61; Jacques Le Goff, Lo maravilloso... , op. cit.

www.clepul.eu

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

O monstruoso na literatura e outras artes  

Entre 20 de outubro de 2017 e 9 de fevereiro de 2018 realizou-se um Ciclo de Conferências, dedicado à temática da representação do monstruos...

Profile for clepul